excursiÓn a santiago -...

12
28 EXCURSIÓN A SANTIAGO O día 28 de Xaneiro os alumnos/as de 6º e de 5º de primaria fomos de excursión a Santiago. A saída do colexio foi ás 9:30 e a chegada a Santiago foi ás 10:15. Na Alameda estabamos esperando unha monitora do Concello de Santiago chamada Marta que nos levou a dar un paseo pola cidade.Entramos pola Porta Faxeira no Casco Antigo que é unha das sete portas que tiña o Santiago medieval. Fomos ata a Praza do Toural onde está o Pazo de Bendaña á rúa e á igrexa de Santa e de alí María Salomé, que ten unha Virxe embarazada na súa portada. Despois chegamos á Praza da Quintana e explicaráronnos moitas cousas sobre a Torre do Reloxo, tamén chamada Torre de Berenguela, como que era de estilo Barroco, ou que a fixera Domingo de Andrade. Tamén vimos os 24 santos da Porta Santa. Logo fomos ata a Praza das Praterías e entramos directamente á Catedral. Entramos ata o cruceiro que é de prata de cruz latina. Fomos dar unha volta por cerca do Apóstolo e de alí ó Pórtico da Gloria que é unha xoia do estilo románico xa que as figuras por primeira vez teñen expresións e movementos naturais (cabezas movidas cara un lado, sorrisos,...) Esta grandísima obra é do Mestre Mateo. Tan famosa que nos contaron que este pórtico en principio era policromado pero no século pasado permitíronlle ós ingleses facer un molde en xeso que lle eliminou tódalas cores. O Obradoiro, famosa praza compostelá rodeada por catro magníficos edificios de estilos diferentes: Catedral,barroco ; Hostal dos Reis Católicos, plateresco; Pazo de Raxoi, hoxe c a s a d o concello, neoclásico; e mosteiro de S.Xerome, gótico. Aquí despedímonos da monitora e dirixímonos ata o parque de Bonaval. Este parque era a antiga horta e cemiterio do mosteiro de Bonaval hoxe recuperada polo arquitecto portugués Alvaro Siza. Desde aquí hai unha boa vista das torres da catedral e tamén vimos unha obra do escultor Eduardo Chillida. Despois asistimos a unha representación teatral dunha compañía catalana. A obra trataba da reciclaxe do lixo e era moi divertida. Ó rematar os actores e actrices falaron con nós e puidemos facerlles preguntas.O que nos pareceu máis gracioso era o que facía o personaxe que se chamaba “Aspirina”.Ó saír do teatro como chovía tivemos que ir comer a Área Central. Pasámolo moi ben e portámonos bastante ben. Manuel Rodríguez , David Vilas 6ºB

Upload: others

Post on 27-Sep-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: EXCURSIÓN A SANTIAGO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef_doc/xolda/... · EXCURSIÓN Á CORUÑA Saímos ás7:45 da mañá. Logo fomos a buscar

��������������������������������������� �����������

�������������

28

EXCURSIÓN A SANTIAGOO día 28 de Xaneiro os alumnos/as

de 6º e de 5º de primaria fomos deexcursión a Santiago.

A saída do colexio foi ás 9:30 e achegada a Santiago foi ás 10:15. NaAlameda estabamos esperando unhamonitora do Concello de Santiago chamadaMarta que nos levou a dar un paseo polacidade.Entramos pola Porta Faxeira noCasco Antigo que é unha das seteportas que tiña o Santiagomedieval.

Fomos ata a Praza doToural onde está o Pazo deBendaña á rúa e á igrexa deSanta e de alí María Salomé, queten unha Virxe embarazada nasúa portada.

Despois chegamos áP r a z a d a Q u in t a na eexplicaráronnos moitas cousassobre a Torre do Reloxo, taménchamada Torre de Berenguela,como que era de estilo Barroco, ou que afixera Domingo de Andrade.

Tamén vimos os 24 santos da Porta Santa.

Logo fomos ata a Praza das Praterías eentramos directamente á Catedral. Entramosata o cruceiro que é de prata de cruz latina.Fomos dar unha volta por cerca do Apóstoloe de alí ó Pórtico da Gloria que é unha xoiado estilo románico xa que as figuras porprimeira vez teñen expresións emovementos naturais (cabezas movidas caraun lado, sorrisos,...)

Esta grandísima obra é do Mestre

Mateo. Tan famosa que nos contaron queeste pórtico en principio era policromadopero no século pasado permitíronlle ósingleses facer un molde en xeso que lleeliminou tódalas cores.

O Obradoiro, famosa praza compostelárodeada por catro magníficos edificios deestilos diferentes:

Catedral,barroco ; Hostal dos Reis Católicos,plateresco; Pazo de Raxoi, hoxec a s a d oconcello, neoclásico; e mosteirode S.Xerome, gótico.

Aquí despedímonos damonitora e dirixímonos ata oparque de Bonaval. Este parqueera a antiga horta e cemiterio domosteiro de Bonaval hoxerecuperada polo arquitectoportugués Alvaro Siza. Desdeaquí hai unha boa vista dastorres da catedral e tamén vimosunha obra do escultor Eduardo

Chillida.

D e s p o i s a s i s t i m o s aunha representación teatral dunha compañíacatalana. A obra trataba da reciclaxe do lixoe era moi divertida. Ó rematar os actores eactrices falaron con nós e puidemos facerllespreguntas.O que nos pareceu máis graciosoera o que facía o personaxe que se chamaba“Aspirina”.Ó saír do teatro como chovíativemos que ir comer a Área Central.Pasámolo moi ben e portámonos bastanteben.

Manuel Rodríguez , David Vilas 6ºB

Page 2: EXCURSIÓN A SANTIAGO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef_doc/xolda/... · EXCURSIÓN Á CORUÑA Saímos ás7:45 da mañá. Logo fomos a buscar

����������������������������������������������� �����������

�������������

29

EXCURSIÓN Á CORUÑASaímos ás7:45 da mañá. Logo fomos a buscar os rapaces de Urdilde. Na Coruña

recollemos unha monitora que nos explicou e contou cousas da Coruña.

Primeiro fomos ó “Domus” e vimos cousas como: aparellos de tensión, para medirse, parapesarse... O que máis destacou foi unha moza que nos ensinou as partes do corazón dun porco

Máis tarde dirixímonos ó Aquarium Finisterrae onde vimos cabaliños de mar de diferentesclases. Despois fomos comer e ó terminar fomos visitar tódalassalas. Tamén vimos como lle daban de comer ás focas, e taménpolbos. Antes de irmos algúns pasámonos pola tenda doAquarium e compramos algo.

Logo fomos á Casa das Ciencias. Alí había catroplantas pero só vimos tres. Onde máis estivemos foi nasegunda, na dos xogos. A verdade é que eran impresionantes.

Na terceira planta había cousas como colmeas, incubadora conpitos a nacer, etc...

Na primeira había cousas do espacio: o traxe espacialcun can que viaxou ó espacio, comida espacial, ...

Unha vez terminada a visita, demos unha volta por unparque que estaba preto de alí. E despois ás 17:30 marchamospara o colexio moi cansados.

Alumnos de 6ºA

VISITA A CAMILO VILASO día 18-12-02 fomos de excursión

á fábrica de Camilo Vilas, na Peruca.

Saímos do colexio ás dez. Primeiroían os de 6º A; e detrás os de B. Detrás de 6ºía 5º A e despois 5ºB.

A camiñata levounos media hora.

Primeiro entraron os de sexto;mentres os de 6º estaban na fábrica, os de 5ºsubimos ás oficinas, onde nos amosaronvarios modelos para facer nun papel. Nas

pantallas dos ordenadores estaba Pikachu

Na nave ensináronnos a facer unPikachu nun papel.

Cando xa visitaramos todas asinstalacións, dirixímonos ó colexio. Alí osprofes repartiron os pikachus que nos fixeranna fábrica. Quedamos moi contentos da nosavisita á fábrica de Camilo Vilas.

Carlos Freire, Manuel Bouzas, Alberto Carro, RamónManeiro 5ºA

Page 3: EXCURSIÓN A SANTIAGO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef_doc/xolda/... · EXCURSIÓN Á CORUÑA Saímos ás7:45 da mañá. Logo fomos a buscar

��������������������������������������� �����������

�������������

30

O NADAL NO NOSO COLEXIO

O día 28 de Decembro de 2002 celebramos o Nadal no noso colexio. Este anoorganizamos un festival no que participamos todos.

Sandra e Ismael (4ºESO), representaron unha obra de teatro, chamada Pepiño e Maruxiña,nela nárranse a vida dunha parella que ten un muíño e que vive del. Pero un día o muíño ardeu,e para conseguir cartos Pepiño tivo que emigrar a Colombia.

Pasado un tempo, Maruxiña recibiu unha carta de Pepiño na que dicía que volvía aGalicia, entón Maruxiña púxose moi contenta. Todo volvía a ser coma antes. Agora eran felicesos dous xuntos.

A obra, contada por don Anxo, ía aparecendo en diapositivas e mentras os fotos aparecíancada curso , cantaba, tocaba ou bailaba a parte da historia que lle tocou.

Por exemplo: Cando Pepiño marchou os alumnos de 6º cantaron a canción de “Ai PepiñoAdeus”, ó son das frautas dos alumnos de 3º.

O festival rematou á 1:30 e todos marchamos para a casa moi contentos porquecomezaban as vacacións de Nadal.

Paula Sánchez

A CADEA HUMANAO día 22 de xaneiro,

algúns dos alumnos do CPI-dos Dices, fomos facer unhacadea humana en Camariñas.

Marchamos do colexioás 9:45, e chegamos o nosodestino sobre as 11:45. Habíaun montón de xente da nosaidade e todos dispostos a formar uinha grancadea humana, e así manifestarnos contra oPrestige e o goberno.

Para isto contamos coa axuda depancartas como: NUNCA MÁIS; ASGALLETAS DE FUEL QUE AS COMADON MANUEL; O DO BIGOTE QUELIMPE O CHAPAPOTE...

E tamén coa voz, berrando:

O POBO UNIDO XAMAIS SERÁVENCIDO

Tan pronto comochegamos a Camariñas,andamos por un camiñoenorme, ata atoparnos conoutros rapaces, e despoisdémonos a man, para formar acadea, que aínda que ointentamos non fomos capaces

de estar unidos, tan só un momento.

Alí puidemos ver, como estabaaquilo, o chapapote e os voluntarios emilitares que estaban limpando.

A esta cadea asistiron milleiros depersoas e centos de autobuses demostrandodeste xeito que a guerra contra o Prestigecontinuará moito tempo, pero nos non nosrendiremos nunca.

Montse Busto

Page 4: EXCURSIÓN A SANTIAGO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef_doc/xolda/... · EXCURSIÓN Á CORUÑA Saímos ás7:45 da mañá. Logo fomos a buscar

����������������������������������������������� �����������

�������������

31

O ANTROIDOEste ano o antroido chegou ó colexio

algo manchado, porque según dicía el, antesde chegar ó colexio fora pola Costa da Mortepara ver como estaba aquilo.

Pero aínda así, manchado comoestaba alegrounos a semana como só el sabíafacelo (quen di el, di Loli máis el).

Este ano o día do antroido fixemos honra ócómic.

Cada día o antroido mandounos vir ó colexiodunha forma especial:

-O luns: O luns pese o frío que facía,mandounos vir coas pernas ó aire, e por isoviñemos as rapazas con saia e os rapaces conpantalón curto, excepto algúns que seatreveron a traer saia como as mulleres (paraque logo digan que no noso colexio non hai

igualdade entre homes e mulleres)

-O martes: O señorito fíxonos traer a roupado revés, e nos como somos tan obedientes,¡veña, coa roupa do revés !.

-O mércores: Todos ó cine, a ver Mortadeloe Filemón, pero como este pillabán tenautoridade sobre nós, aínda fóra do colexio,mandounos levar coletas e coloretes, fomostodos o cine con coletas e mofletes.

-O xoves: O xoves para a nosa comodidade

tivemos que levar pixama. Non todos olevamos, pero, iso si, os que o levarontivérono posto todo o día, e senón que llepregunten a Loli a ver se o sacou ou non.

-O venres: O venres estivo calado pola contaque lle tiña; e disfrazámonos. Como llefaciamos honra o cómic: uns foron deAxterix e Obélix, outros de Lucky Luke, deBlade, dos Simpson, da familia Adams...

Fixemos un desfile e cantamos coplascriticando ós profesores.

Cando xa desfilamos todo fixemos oxuízo ó meco aínda que este ano non sepuido queimar porque choveu moito.

Montse Busto

Page 5: EXCURSIÓN A SANTIAGO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef_doc/xolda/... · EXCURSIÓN Á CORUÑA Saímos ás7:45 da mañá. Logo fomos a buscar

��������������������������������������� �����������

�������������

32

ANDORRA: A Semana BrancaEra sábado 1 de febreiro cando dá

comezo a incrible aventura que nos agardabaen Andorra -na estación de Soldeu-el Tarter

Ese día reunímonos todos ás 10:30 ólado da piscina municipal para marchar,gardámo-las maletas e partimos camiño deAndorra.

A viaxe de ida foi moi longa e dura,durou aproximadamente 16 horas. Cadacatro horas facíamos unha pequena parada,para poder despexarnos un pouco, xa que nobus non se podía durmir por culpa dunscantos elementos simpáticos que utilizabanpinta labios e polvos pica-pica para botarlleá xente que quedara durmida.

Cando chegamos a Andorra fomosdeixa-las maletas ó hotel “Griu”, e

repartímonos nas habitacións.

Unha vez que nos asentamos no hotele cambiamos de roupa, fomos a Canillo paraaluga-los esquís. Baixabamos do autobús engrupos de quince, probabámo-las botas e,unha vez que as tiñamos, dábanno-los esquíse bastóns axeitados para cada un.

Ó rematar volvemos para o hotel,ceamos ás 8:00 e fomos para a cama arecuperar enerxías, ¡que boa falta nos facía!

O LUNS:

O luns foi o día no que comezaron asaventuras. Levantámonos co tempo xustopara ir almorzar ás 8:00, así que ás 8:30estabamos listos para colle-lo autobús (cadadía ut ilizabamo-lo autobús paradesprazarnos dende o hotel ata a estación)

Cando chegamos á estacióncoñecémo-los monitores, e por grupos fomos

Page 6: EXCURSIÓN A SANTIAGO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef_doc/xolda/... · EXCURSIÓN Á CORUÑA Saímos ás7:45 da mañá. Logo fomos a buscar

����������������������������������������������� �����������

�������������

33

aprender a esquiar (ata as 12:00). Ó rematar,estivemos esquiando ata as 12:50 e despoisfomos comer.

Rematamos de comer as 2:30, edende esa hora ata as 4:30 estivemosesquiando pola nosa conta. Ás 4:30baixamos no telesilla para colle-lo bus e irpara o hotel.

Unha vez queest abamos no ho telbañámonos, e descansamosata as 8:00 que baixamospara cear. O luns foi un díano que aprendemos cousassobre o esquí, pero a partirdese día tamén soubemoscal era a comida típica deAndorra: as patacasfritidas. Tódolos días queestivemos en Andorratomamos patacas fritidas desegundo prato á hora decomer e a hora de cear. Órematar de cear algúnssaíron a dar unha volta eoutros quedaron no hotel.

O MARTES:

Pódese dicir que o martes non foi undos mellores días: levantámonos un cuartode hora antes para poder chegar máis cedo áestación e non ter que facer cola para subir ótelesilla, pero por desgracia estaba nevandoe cando chegamos á estación non puidemosesquiar, así que regresamos ó hotel.Estivemos toda a mañá alí e pola tarde,como tiñamos previsto ir ó balneario,aproveitamos e saímos algo antes, para darunha volta por Andorra.

Quedamos de vernos na porta dobalneario ás 5:15, entramos , e unha azafataindicounos como nos tiñamos que

comportar. Entramos e comezamos adisfrutar deses marabillosos baños, aíndaque parece ser que o máis gustou foi unhapiscina de auga morna (tirando a quente) naque estivemos case todos, a maioría dotempo tentando afogarnos uns ós outros.

Cando chegamos do balneario,comezouse a nota- lo sprimeiros síntomas dos quemáis tarde, pasariamos achamar (cariñosamente) “osintoxicados”; a uns doíalle-lacabeza, a outros a barriga, aoutros as gorxas...

O MÉRCORES:

Levantámonos tamén ámesma hora que o martes,pero aínda seguía a nevar e,a d e m a i s , h a b í a 2 0“intoxicados” contando cos deDodro. Así que os quepodiamos esquiar tivemos queesperar ata as 12:00 para ir áestación, e os outros quedaronno hotel agardando polomédico, que non chegou ata ascatro da tarde (dende logo, que

médico tan desconsiderado, os pobres dosintoxicados xa podían estar a morrer queel...nada..., con tranquilidade, e aínda porriba sen termómetro, nin nada).

Os que fomos esquiar xantamos tanpronto como chegamos á estación, e despoispola tarde puidemos esquiar malamente,porque de vez en cando viña un vento moiforte con neve e non nos deixaba case ninmovernos.

Ese día, ó igual que o martes, nonfomos ás clases de esquí, o martes porquenon se podía, e o mércores porque chegamostarde. Foi unha pena porque seguro que

Page 7: EXCURSIÓN A SANTIAGO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef_doc/xolda/... · EXCURSIÓN Á CORUÑA Saímos ás7:45 da mañá. Logo fomos a buscar

��������������������������������������� �����������

�������������

34

aprenderiamos algo máis.

Agora xa só quedaban dous días, quetiñamos que disfrutar a tope, xoves e venres,aínda que o mércores non rematara, así que

sigo contando:

Cando chegamos ó hotel vímo-losintoxicados, que agora xa melloraran,despois fomos cear e ó rematar, fomos a darunha volta polas rúas.

O XOVES:

O xoves levantámonos, almorzamos,e como facía bo día fomos esquiar. O xovesfoi o mellor día: quentaba o sol e, como xasabiamos esquiar mellor, andamos todo o díasubindo e baixando pistas.

As 5:00 chegaron de seguida, peronos seguiamos contentos porque ás 10:00 danoite iamos patinarsobre xeo, ó Pazo deXeo.

Penso que estefoi un día bastanteimp o r t a n t e p a r aRodrigo porque tódolos rapaces de 3º e 4ºque fomos á excursión quixémoslle

agradece-lo ben que se portara con nós etodo o traballo que levou día a día, para quepuidesemos disfrutar desta incrible viaxe.Así que, coa axuda de Cèline, regalámoslleun YETI de peluche moi grande para quenon se esquecera de nós nunca. Candoestaba a patinar, dous alumnos de 4º foronbuscalo e démosllo alí, na pista de xeo.

De todo isto hai que dicir que ópobre Rodrigo... ¡caéronlle as bágoas coaemoción!

Ás 12:00 da noite volvemos para ohotel.

O VENRES:

¡Oh, non!, non queremos que sexavenres, non por favor, aínda non, queremosquedar máis días.

Era venres, o último día esquiando,así que o único que podiamos facer eraaproveitar ó máximo o tempo que nosquedaba, e iso foi o que fixemos, esquiamosata máis non poder.

Ó que cerraronás pist as, fomosdevolve-los esquís átenda na que osalugamos e despoisf o mo s b u s c a - l a smale t as ó ho t el.T i ñ a m o s t o d o s m o i t a sg a n a s d e s a í r d eAndorra. Nesta viaxe tamén paramos cadacatro horas, pero como moitos iamosdurmindo, non baixamos do autobús.

Ás doce chegamos a Padrón, ondenos agardaban as nosas nais e pais.

Montse Busto

Page 8: EXCURSIÓN A SANTIAGO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef_doc/xolda/... · EXCURSIÓN Á CORUÑA Saímos ás7:45 da mañá. Logo fomos a buscar

����������������������������������������������� �����������

�������������

35

AS INUNDACIÓNS DE TÓDOLOS ANOSNo mes de Outubro, ó igual que o ano pasado e

moitos outros anos anteriores, chegaron as chuviastorrenciais ó noso centro e inundárono-lo edificio deSecundaria.

Xa afeitos a esperar este día tódolos anos ó comeza-lo curso escolar, esta vez estabamos preparados para aacción:

Unha hora mais tarde da apertura do centro e dodescubrimento do desastre, convocouse unha reuniónextraordinaria do Concello Escolar da que saíu a resoluciónde suspende-las clases por tres días para facer presión áConsellería e que dunha vez por todas tomase medidas.

Ó mesmo tempo falábase coa prensa e coa televisiónpara informar desta resolución e intentar así acadar máisatención a través das páxinas dos xornais. Coma sempre, osda TVG chegaron ó día seguinte ó centro, pero xa os

axentes de limpeza do concello recolleran toda a auga e non había nada que ver. Afortunadamenteo equipo gráfico do centro,armado con cámara de fotose vídeo, inmortalizou oscorredores e as aulas condous e máis centímetros deauga.

Ás 12 da mañátódolos profesores foronxuntando ós rapaces nabiblioteca para deixarllestraballo para facer na casadurante eses tres días. Osprofes permaneceron nocentro durante todo o seuhorario lectivo e os tres díasnos que se pechou oedificio de secundaria.

O peche tivo o seu efecto: ó día seguinte viñeron os da consellería, os do concello e os daconstructora e dúas semanas despois comezáronse as obras necesarias para evitar futurasinundacións. Esperemos que iso sexa certo e non haxa que voltar a pecha-lo colexio nunca máis.

Susana

Page 9: EXCURSIÓN A SANTIAGO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef_doc/xolda/... · EXCURSIÓN Á CORUÑA Saímos ás7:45 da mañá. Logo fomos a buscar

��������������������������������������� �����������

�������������

36

EXCURSIÓN A PORTOO día 1 de Abril os alumnos de 2º da

ESO fomos de excursión a Porto.

A saída do colexio foi ás 8:00. Todosagardabámo-la chegada do autobús e dosprofesores, con impaciencia e tremendo -unspolo frío que facía e outros polo ansiososque estabamos.

Otraxecto foia l g olongo,dunhast r e shoras emediaaproxim a d amente.

P e r oo sprofespensab

an en todo; puxéronnos un vídeo do Señordos Aneis e o camiño fíxosenos máis curto:cando nos decatamos xa estabamos enValença do Minho.

En Valença paramos uns vinteminutos para descansar e ve-la fortaleza.Agora íamos rumbo ó Porto.

¡Por fin chegamos! O primerio quefomos ver foi a cámara municipal, (o queaquí lle chamamos concello), e alí Xabiersacounos unha foto a todos.

Mais tarde fomos ver a “Torre dosClérigos” e posteriormente fomos ver a

“Livraría Lello e Irmâo”; unha libreríaimpresionante e interesantísima, na que haiun montón de libros de tódolos temas.

Despois de visitar a librería fomosrepoñer forzas, e tamén aproveitamos para

comprar algún obxecto de recordo dePortugal para levar para as nosas casas.

Xa coas forzas repostas, empeza acamiñada, (andamos uns 6 Km., máis oumenos) ata chegar á “Fundación Serralves”,na que unha guía portuguesa, (moi amableela) nos ía explicando todo o que iamosvendo.Despois saímos ós inmensos xardínsda Fundación Serralves que teñen unhas 18hectáreas.

Saímos dos xardíns e collemos oautobús para regresar á nosa terra. Paramosen Valença do Minho para merendar edespois fomos sen parar ata Rois.

Ó final, o autobús foinos deixandonas paradas corespondentes. ¡Foi un díainesquecible!

Silvia López 2º eso B

Page 10: EXCURSIÓN A SANTIAGO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef_doc/xolda/... · EXCURSIÓN Á CORUÑA Saímos ás7:45 da mañá. Logo fomos a buscar

����������������������������������������������� �����������

�������������

37

O MAGOSTOO MAGOSTO EN GALICIA

O magosto é unha festa que seprepara con certa antelación, por grupos nosc a l e s c a d a q u é n d e be a p o r t a rfundamentalmente castañas ou viño (aíndaque nalgúns lugares complétano conchourizos, churrasco,...).

Tamén esta celebración ten a súahonra, o Magosto tradicional esténdese comounha merenda-cea no mes de novembro nosdías próximos ó día de defuntos ou polo SanMartiño. Despois de xantar, a partir das trescomézanse a face-los preparativos. Iníciasea andaina camiño do monte, encontrándosecon outras familias ou grupos de amigos,búscase o lugar axeitado (descampado,encrucillada, longa laxa de pedra, onde olume non poida facer mal), todos van

cantando e desfrutando do día de outono.Búscase pica, fentos secos, piñas ou pallapara prende-lo lume.

Acéndese o lume, inicialmenteproduce moito fume pero logo a laradaaumentará de volume e todos se achegaranenfeitizados polo seu embruxo. Pícanse ascastañas para que despois non rebenten nolume.

Cando o lume se apaga por si só,amoréanse as brasas, ponse unha grella enela unha lata con buratos na que se iráncolocando as castañas xa picadas.Daránselles voltas cun pao ata que estean noseu punto, ben asadas pero non totalmentetorradas.

Mentres isto non se vai facendo, osdemais participantes preparan o sitio onde asvan comer e fan cornetes con papel parapoder levalas. A festa non sería tal sencontar con xogos populares, bailes, contos,cántigas...

É común emborrallarse a cara uns ósoutros cos restos da fogueira e saltala paraque dea boa sorte.

O MAGOSTO NO NOSO COLEXIO

Os magostos que se celebran portoda Galicia son moi parecidos pero noniguais.

No noso colexio celebrámo-lomagosto o 18 de novembro de 2002. Eraluns. Nos tamén comezamos esta festa óredor das tres da tarde.

Os profesores que se encargaron deasa-las castañas foron os primeiros encomezar; o resto estivemos xogando (xogostradicionais deste día: a carreira de sacos, a

Page 11: EXCURSIÓN A SANTIAGO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef_doc/xolda/... · EXCURSIÓN Á CORUÑA Saímos ás7:45 da mañá. Logo fomos a buscar

��������������������������������������� �����������

�������������

38

culler...).

No magosto deste ano, ademais detodo isto, tamén houbo música, músicainterpretada por Loli, Duyos e por Patiñoque acompañaban a esta celebración congaita, guitarra, pandeireta e cantando (algoque nos sorprendeu moito a todos os que

estabamos).

Pero a festa non se ía rematar alí,pois quedaba o mellor.

Unha vez que as castañas estaban

asadas, empezaron a voar os cornetes, osrapaces deixamos de xogar, e cando por fincada un de nos tiñamo-lo noso cucurucho eempezamos a comer as castañas, os máisespelidos foron buscar tizón. ¡A ver agoraquen ía poder come-las castañas tranquilo!Así que, cun par delas dixeridas, pasamosdas castañas e fómonos poñer negros deferruxe.

Montse Busto

Page 12: EXCURSIÓN A SANTIAGO - centros.edu.xunta.escentros.edu.xunta.es/cpidosdices/webantiga/docum_pdef_doc/xolda/... · EXCURSIÓN Á CORUÑA Saímos ás7:45 da mañá. Logo fomos a buscar

����������������������������������������������� �����������

�������������

39

¿Por onde crebará a corda?

Vendo os muíños do Treito

Coastwatch e Prestige xuntos

O día do deporte

Exposición de instrumentosartesáns

Día da Muller

Solidariedade cos afectados do“Prestige”

Semana micolóxica

Destreza co Diábolo

O NOSO COLEXIO EN FOTOS