estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles · b3.1. evolución histórica da...

12
BIOLOXÍA-XEOLOXÍA BACHARELATO 1. Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe B7.2. Estrutura do interior terrestre: capas que se diferencian en función da súa composición e da súa mecánica. BXB7.2.3. Analiza o modelo xeoquímico que achega cada un deles ao coñeceme B7.4. Evolución das teorías desde a deriva continental ata a tectónica de placas. BXB7.5.1. Identifica os tipos de bordo asociados a eles. B7.6. Minerais e rochas: conceptos. Clasificación xenética das rochas. BXB7.7.1. Identifica as aplicacións d determinados tipos de minerais e rocha B8.2. Riscos xeolóxicos: vulcanismo e sismicidade BXB8.5.1. Analiza os riscos xeolóxicos in B9.1. Estratigrafía: concepto e obxectivos. Principios. Definición de estrato. BXB9.1.1. Interpreta e realiza mapas top B4.1. Clasificación dos seres vivos. BXB4.1.1. Identifica os grandes grupos t B4.2. Concepto de biodiversidade. Índices de biodiversidade. BXB4. 3.1. Coñece o concepto de biodiv B4.7. A evolución como fonte de biodiversidade. Proceso de especiación. CCEC BXB4.9.2. Identifica o proceso d individual como factores clave no aume B1.1. Niveis de organización dos seres vivos. B1.2. Características dos seres vivos: funcións de nutrición, relación e reprodución. BXB1.1.1. Describe as características d relación e reprodución B1.6. Relación entre estrutura e funcións biolóxicas das biomoléculas BXB1.5.1. Asocia biomoléculas coa súa estrutura tridimensional. B2.2. Modelos de organización celular: célula procariota e eucariota; célula animal e célula vexetal. BXB2.1.2. Perfila células procariotas e eu B2.3. Estrutura e función dos orgánulos celulares. BXB2.2.1. Representa esquematicamen orgánulo coa súa función ou coas súas fu B2.5. Ciclo celular. División celular: mitose e meiose. Importancia na evolución dos seres vivos. BXB2.4.1.Selecciona as analoxías e difer B5.5. Fotosíntese. BXB5.5.1. Detalla os principais feitos fotosíntese e asocia, a nivel de orgánulo B6.4. Transporte de gases e respiración. Tipos de aparellos respiratorios. Respiración celular. BXB6.8.1. Diferencia respiración celular biolóxico de respiración celular. 1. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, repaso, reforzo, e no seu caso, ampliación) Actividades Actividades de recuperación Tarefa de investigación guiada de Xeoloxía “INVESTIGANDO O PLANETA TERRA: ESTRUTURA, COMPOSICIÓN, DINÁMICA E A SÚA HISTORIA”.

Upload: others

Post on 27-Jan-2021

29 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • BIOLOXÍA-XEOLOXÍA 1ª BACHARELATO

    1. Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles

    Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe

    B7.2. Estrutura do interior terrestre: capas que se diferencian en función da súa composición e da súa mecánica.

    BXB7.2.3. Analiza o modelo xeoquímico e xeodinámico da Terra e contrasta o que achega cada un deles ao coñecemento da estrutura da Terra.

    B7.4. Evolución das teorías desde a deriva continental ata a tectónica de placas.

    BXB7.5.1. Identifica os tipos de bordos de placas e explica os fenómenos asociados a eles.

    B7.6. Minerais e rochas: conceptos. Clasificación xenética das rochas. BXB7.7.1. Identifica as aplicacións de interese social ou industrial de determinados tipos de minerais e rochas

    B8.2. Riscos xeolóxicos: vulcanismo e sismicidade BXB8.5.1. Analiza os riscos xeolóxicos internos. Vulcanismo e sismicidade.

    B9.1. Estratigrafía: concepto e obxectivos. Principios. Definición de estrato.

    BXB9.1.1. Interpreta e realiza mapas topográficos e cortes xeolóxicos sinxelos.

    B4.1. Clasificación dos seres vivos. BXB4.1.1. Identifica os grandes grupos taxonómicos dos seres vivos

    B4.2. Concepto de biodiversidade. Índices de biodiversidade. BXB4. 3.1. Coñece o concepto de biodiversidade

    B4.7. A evolución como fonte de biodiversidade. Proceso de especiación.

    CCEC BXB4.9.2. Identifica o proceso de selección natural e a variabilidade individual como factores clave no aumento de biodiversidade.

    B1.1. Niveis de organización dos seres vivos.

    B1.2. Características dos seres vivos: funcións de nutrición, relación e reprodución.

    BXB1.1.1. Describe as características dos seres vivos: funcións de nutrición, relación e reprodución

    B1.6. Relación entre estrutura e funcións biolóxicas das biomoléculas BXB1.5.1. Asocia biomoléculas coa súa función biolóxica de acordo coa súa estrutura tridimensional.

    B2.2. Modelos de organización celular: célula procariota e eucariota; célula animal e célula vexetal.

    BXB2.1.2. Perfila células procariotas e eucarióticas e nomea as súas estruturas

    B2.3. Estrutura e función dos orgánulos celulares. BXB2.2.1. Representa esquematicamente os orgánulos celulares e asocia cada orgánulo coa súa función ou coas súas funcións.

    B2.5. Ciclo celular. División celular: mitose e meiose. Importancia na evolución dos seres vivos.

    BXB2.4.1.Selecciona as analoxías e diferenzas entre a mitose e a meiose.

    B5.5. Fotosíntese. BXB5.5.1. Detalla os principais feitos que acontecen durante cada fase da fotosíntese e asocia, a nivel de orgánulo, onde se producen.

    B6.4. Transporte de gases e respiración. Tipos de aparellos respiratorios. Respiración celular.

    BXB6.8.1. Diferencia respiración celular e respiración, e explica o significado biolóxico de respiración celular.

    1. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, repaso, reforzo, e no seu caso, ampliación)

    Actividades

    Actividades de recuperación

    Tarefa de investigación guiada de Xeoloxía “INVESTIGANDO O PLANETA TERRA: ESTRUTURA, COMPOSICIÓN, DINÁMICA E A SÚA HISTORIA”.

  • Tarefa de investigación “EVOLUCIÓN E BIODIVERSIDADE” Cuestionario. Actividades de autocorrección

    Actividades de repaso e reforzo

    Mapas conceptuais, actividades sobre contidos básicos e vídeos sobre os seguintes temas: “EVOLUCIÓN E BIODIVERSIDADE”e

    “NIVEIS DE ORGANIZACIÓN DOS SERES VIVOS E COMPOSICIÓN QUÍMICA DA VIDA”.

    Excursión virtual ao Museo de Nacional de Ciencias Naturais e ao Museo de Historia Natural de Londres

    Videoconferencias (principais contidos e dúbidas)

    Actividades de ampliación

    “Actividades de profundización sobre BIOMOLÉCULAS E CÉLULAS”e “INTRODUCIÓN AO METABOLISMO CELULAR”, centrándose en na respiración celular e fotosíntese: Mapas conceptuais, cadros resumo, actividades e visualización de vídeos.

    “Experimentos na cociña ” Extracción do ADN do tomate” e “cromatografía de pigmentos fotosintéticos” .

    REPRODUCIÓN CELULAR: MITOSE E MEIOSE Esquema e vídeos. Traballo de investigación: “COVID-19”.

    Edición colaborativa e/ou realización dun mural dixital.

    ” Videoconferencias (principais contidos e dúbidas)

    Metodoloxía (alumnado con conectividade e sen conectividade)

    Todo o alumnado ten conectividade, aínda que ás veces limitada:

    A principal forma de de contacto será por Gmail, que tamén se usará para a entrega de tarefas.

    Usaremos as videoconferencia Cisco- Webex para explicar os contidos máis importantes e resolver dúbidas

    Aportación progresiva de información e contidos na aula virtual. Con todo, sempre contarán como recurso básico o libro de texto.

    Materiais e recursos e Comunicación

    Presentacións de aula, esquemas , vídeos, Webquest.

    Museos virtuais, microscopio virtual da uVigo, xornais dixitais, revistas

  • Información por medio de Abalar, aula virtual e web do Centro

    1. Avaliación e cualificación

    Procedementos:

    A avaliación realizarase en base a contidos e estándares mínimos e imprescindibles.

    Alumnado que teña aprobadas as dúas primeiras avaliacións: A avaliación final terá en conta o conxunto a primeira e segunda avaliación, e as actividades de ampliación desenvolvidas durante o terceiro trimestre,. sempre e cando servan para mellorar a cualificación o nota final.

    Alumnado coa primeira e/ou segunda avaliación suspensa:

    O obxectivo prioritario é que non perda o curso e poida continuar avanzando na súa formación. A súa avaliación realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas na 1ª e 2ªav e actividades de recuperación, repaso e reforzo das aprendizaxes anteriores que se desenvolvan durante o terceiro trimestre, sempre e cando se beneficie ao alumnado.

    Instrumentos:

    Tarefa de investigación relacionando os contidos de distintos temas.

    Actividades de recuperación ,repaso e reforzo realizadas ou de ampliación.

    Cuestionario.

    Cualificación final

    Ni Ningún alumn@ que teña aprobadas as dúas primeiras avaliacións suspenderá, nin verá a súa nota empeorada polo traballado nesta 3ª avaliación.

    Cualificación final= Nota media 1ª e 2ª AV + máx.2 punto(actividades 3ªav)

    O alumnado que teña aprobadas as dúas primeiras avaliacións. O traballo realizado na 3ª avaliación servirá, para mellorar a súa nota como máximo un punto.

  • O alumnado coa primeira e/ou segunda avaliación suspensa:

    a súa cualificación realizarase tendo en conta as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres e as actividades de recuperación, repaso e reforzo das aprendizaxes desenvolvidas durante o terceiro trimestre, sempre e cando se beneficie ao alumnado.

    Proba extraordinaria de setembro

    - O alumnado que non supere a materia en Xuño, realizará unha

    proba extraordinaria en Setembro baseada nas actividades de

    recuperación, repaso e reforzo propostas.

    Podería ser unha proba telemática, se a situación sanitaria non permite a realización de probas presenciais.

    A cualificación da avaliación extraordinaria de Setembro será a nota

    obtida nesa proba.

    INFORMACIÓN E PUBLICIDADE

    Manterase en todo momento a comunicación cos alumnos polas vías habituais do Departamento e tamen información pública cara os pais na páxina web do Centro.

  • CULTURA CIENTÍFICA 1º BACHARELATO

    1. Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles

    Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe

    B1.1. Obter, seleccionar e valorar informacións relacionadas con temas científicos da actualidade.

    CCIB1.1.1. Analiza un texto científico e valora de forma crítica o seu contido CAA, CCL

    B1.2. Valorar a importancia da investigación e o desenvolvemento tecnolóxico na actividade cotiá

    CCIB1.2.1. Analiza o papel da investigación científica como motor da nosa sociedade e a súa importancia ao longo da historia. CAA, CCEC

    B2.2. Explicar a tectónica de placas e os fenómenos a que dá lugar, así como os riscos como consecuencia destes fenómenos.

    CCIB2.2.1. Utiliza a tectónica de placas para explicar a expansión do fondo oceánico e a actividade sísmica e volcánica nos bordos das placas. CMCCT

    B2.3. Orixe da vida na Terra.

    CCIB2.4.1. Coñece e explica as teorías acerca da orixe da vida na Terra.

    B2.4. Do fixismo ao evolucionismo. Evolución a debate: teorías científicas e pseudocientíficas sobre a evolución. Evolución do ser humano.

    CCIB2.5.2. Enfronta as teorías de Darwin e Lamarck para explicar a selección natural.

    B3.1. Evolución histórica da investigación médica e farmacéutica CCIB3.1.1. Coñece a evolución histórica dos métodos de diagnóstico e tratamento das doenzas

    B3.3. Valoración crítica da información relacionada coa medicina. Uso responsable dos medicamentos. Patentes.

    CCIB3.6.1. Discrimina a información recibida sobre tratamentos médicos e medicamentos en función da fonte consultada

    B4.1. Revolución xenética. Xenoma humano. Tecnoloxías do ADN recombinante e enxeñaría xenética. Aplicacións.

    CCIB4.2.1. Sabe situar a información xenética que posúe calquera ser vivo, establecendo a relación xerárquica entre as estruturas, desde o nucleótido ata os xenes responsables da herdanza.

    CCIB4.4.1. Describe e analiza as aplicacións da enxeñaría xenética na obtención de fármacos, transxénicos e terapias xénicas

  • 1. Avaliación e cualificación

    Avaliación

    Procedementos:

    A avaliación realizarase en base a contidos e estándares mínimos e imprescindibles.

    Alumnado que teña aprobadas as dúas primeiras avaliacións: A avaliación final terá en conta o conxunto a primeira e segunda avaliación, e as actividades de ampliación desenvolvidas durante o terceiro trimestre,. sempre e cando servan para mellorar a cualificación o nota final.

    Alumnado coa primeira e/ou segunda avaliación suspensa:

    O obxectivo prioritario é que non perda o curso e poida continuar avanzando na súa formación. A súa avaliación realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas na 1ª e 2ªav e actividades de recuperación, repaso e reforzo das aprendizaxes anteriores que se desenvolvan durante o terceiro trimestre, sempre e cando se beneficie ao alumnado.

    Instrumentos:

    Tarefa de investigación relacionando os contidos de distintos temas.

    Actividades de recuperación ,repaso e reforzo realizadas ou de ampliación.

    Cuestionario.

    1. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, repaso, reforzo, e no seu caso, ampliación)

    Actividades

    Actividades de recuperación Non procede, 100% aprobados.

    Serían realmente actividades de reforzo (pois todos os alumnos estan aprobados menos un co que traballaremos de xeito diferenciado) básicamente en torno ao tema “ORIXE E EVOLUCIÓN DA VIDA”.

  • Actividades de repaso e reforzo

    “A ORIXE E EVOLUCIÓN DA VIDA”.

    Ideas claves sobre as teorías evolutivas.

    Tarefa de investigación guiada sobre evolución. Excursión virtual ao Museo de Historia Natural de Londres. Videoconferencias (principais contidos e dúbidas)

    Actividades de ampliación

    Esquemas , vídeos, exercicios libro de texto sobre os temas: “AVANCES DA BIOMEDICINA e REVOLUCIÓN XENÉTICA”.

    Traballo de investigación: “COVID-19”.Edición colaborativa e/ou realización dun mural dixital.

    Metodoloxía (alumnado con conectividade e sen conectividade)

    Todo o alumnado ten conectividade, aínda que ás veces limitada:

    A principal forma de de contacto será por Gmail, que tamén se usará para a entrega de tarefas.

    Usaremos as videoconferencia Cisco- Webex para explicar os contidos máis importantes e resolver dúbidas.

    Aportación progresiva de información e contidos na aula virtual. Con todo, sempre contarán como recurso básico o libro de texto.

    Materiais e recursos

    Presentacións de aula, esquemas , vídeos, Webquest.

    Museos virtuais, xornais dixitais, revistas e artigos de divulgación científica.

    Libro de texto

    INFORMACIÓN E PUBLICIDADE

    Por medio do correo electrónico, a plataforma ABALAR e os datos detallados subidos

    periódicamente á páxina web do Instituto.

  • ANATOMÍA APLICADA 1º BACHARELATO

    1. Avaliación e cualificación

    Avaliación

    Procedementos

    Seguindo as instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de

    Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o

    desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos

    centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, a avaliación das

    aprendizaxes desenvolvidas a partir da suspensión das actividades

    lectivas presenciais será continua e so poderá ter valor positivo para a

    cualificación do alumnado ata un máximo de 2 puntos.

    A avaliación basearase fundamentalmente na cualificación dos traballos

    establecidos.

    Tamén se terá en conta a realización con puntualidade dos traballos

    propostos e máis o interese e acerto nos mesmos

    Instrumentos:

    .Presentación de traballos

    1. Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles

    Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe

    1. Diferenciar entre alimentación e nutrición.

    1.Discriminar os nutrientes enerxéticos dos non enerxéticos, en relación

    cunha dieta sa e equilibrada.

    2. Recoñecer e diferenciar macronutrientes e micronutrientes indispensables para o mantemento dunha boa saúde corporal

    2. Relacionar a hidratación co mantemento dun estado saudable

    calculando o consumo de auga diario necesario en diferentes circunstancias ou actividades

    3.Valorar os hábitos nutricionais que inciden favorablemente na

    saúde e no rendemento das actividades corporais

    3. Elaborar dietas equilibradas, calculando o balance enerxético entre

    inxextión e actividade, e argumentar a súa influencia na saúde e no rendemento físico

    4.Constar as distintas necesidades nutricionais en función da

    actividade realizada

    4. Recoñecer hábitos alimentarios saudables e perxudiciais para a saúde

    e sacar conclusións para mellorar o benestar persoal

    5.Identificaros transtornos do comportamento nutricional máis

    comúns e que efecto teñen sobre a saúde 5. Identificar os principais transtornos do comportamento nutricional e

    argumentar os efectos que teñen para a saúde

  • .Elaboracións multimedia

    Proxectos persoais ou grupais

    Cualificación

    final

    O traballo feito no terceiro trimestre non será avaliado do mesmo xeito

    que a avaliación presencial do primeiro e segundo trimestre. O traballo

    do terceiro trimestre servirá, exclusivamente, para recuperar as

    avaliacións pendentes ou mellorar a cualificación final.

    A nota final será a media aritmética das obtidas na primeira e na

    segunda avaliacións máis a engádega da puntuación obtida polos

    traballos presentados na terceira

    As materias non superadas da primeira e/ou da segunda avaliación

    poderán recuperarse co traballo e as probas que se poidan facer durante

    o terceiro trimestre

    Proba

    extraordinaria

    de setembro

    De darse o caso de ter algún membro do alumnado coa necesidade de

    recuperar a materia en setembro, realizará un exame da materia dada

    durante o tempo no que a docencia foi presencial, é dicir, a materia

    impartida antes do 14 de marzo do 2020

    Alumnado de

    materia

    pendente

    Criterios de avaliación: Non temos alumnado nesa circunstancia

    Criterios de cualificación: Non temos alumnado nesa circunstancia

  • 1. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, repaso,

    reforzo, e no seu caso, ampliación)

    Actividades

    A maior parte do alumnadode Anatomía Aplicada ten ás dúas

    primeiras avaliacións aprobadas e con boas notas, polo que, de

    común acordo decidimos seguir avanzando na materia.

    O escaso alumnado con algunha das avaliacións non superada (

    cinco dun total de vintecinco) vanse realizar tarefas de repaso e

    reforzo. As actividades de repaso consistirán na realización dos

    exercicios de cada unidade e realización de esquemas dalgúns dos

    temas.

    Metodoloxía

    (alumnado con

    conectividade e

    sen conectividade)

    Todo o noso alumnado conta cos recursos necesarios para participar

    en calquera das plataformas on line utilizadas dende o Departamento.

    Clases on line utilizando: -videoconferencias utilizando a plataforma

    Cisco meeting

    -audios de whasp para a resolución de dúbidas puntuais

    -Procura de información en internet orientada e supervisada pola

    profesora

    -Utilización de recursos didácticos en formato dixital, especialmente a

    través de internet

    -resolución de cuestións teóricas

    -resolución de exercicios prácticos sobre o tema de estudio

    -estimularase a comunicación escrita en galego, sen ser nunca este

    aspecto un factor para a cualificación

    -velarase pola corrección e eficacia na expresión escrita.

    -utilizaranse cando sexa necesario materiais en linguas

    estranxeiras, especialmente inglés, estimulando ao alumnado

    á súa lectura e comprensión

    -procurarase un achegamento ao portugués a través de materiais

  • nesta lingua

    Materiais e

    recursos

    Os materiais usados neste período especial pódense casificar en:

    aqueles de caracter tecnolóxico e práctico: ordenador persoal

    télefono

    conexión a internet

    distintas plataformas

    e os materiais e recursos didácticos: Libros de texto relacionados coa

    disciplina e o nivel

    Materiais didácticos audiovisuais, sobretodo, procedentes de

    internet .

    INFORMACIÓN E PUBLICIDADE

    Se terá en todo momento informados aos alumnos por medio do correo electrónico e as

    sesións de videoconferencia. Tamen poderase consultar a páxina web do Centro.