#ereforemgalicia nota de prensa 12/09/12

1
Solicitamos se lle dea máxima difusión: Mañá xoves13 de setembro, a asamblea de traballadoresas de ForemCCOO, concentrarase diante do edificio do SN de CCOO de Galicia pedindo á dirección desta fundación que rexeite o ERE de extinción proposto por esta dirección e se avenga a negociar un ERE de reducción de xornada para todosas osas traballadoresas. Os representantes legais dos traballadores da Fundación Formación e Emprego (FOREM) do SN CCOO denuncian a dificultade de negociación. Si ben a dirección e o presidente do padroado están dispostos a reunirse tódolas xornadas que entendamos necesarias, non van mudar a súa proposta inicial deixando na rúa a 24 traballadoresas dos 35 que compoñen o total de estructura. As causas alegadas son a "previsión de perdas económicas" e o que queren facer é: Peche de 3 centros: Cervo, Ferrol e Ourense 24 despidos 20 días de indemnización Movilidad funcional e xeográfica das persoas que quedan Reducción salarial Todo isto tradúcese na aplicación da "explendida" reforma laboral do PP, que facilita argumentos e medios aos patronos do SN de CCOO de Galicia para a aplicación extrema da súa finalidade; que non é outra que facilitar o despido e a impugnación das conquistas sociolaborais (Desaparición do convenio colectivo). Os traballadores entendemos que a situación provocada é arbitraria e de extrema gravidade ó considerar que tales medidas abocan ó desmantelamento desta fundación a favor dos intereses económicos que para o sindicato de CCOO de Galicia esta situación conleva; antepoñendo así os seus intereses aos dos seus traballadores e afiliados, aos que deixa na indefensión máis absoluta. A proposta dos traballadores de manter todos os postos de traballo aceptando reducións temporais de xornada é xusta, lóxica e viable e exisimos que sexa estudada. Representación Legal dos Traballadores de Forem Galicia CCOO

Upload: ereforemgalicia

Post on 05-Aug-2015

374 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: #ereForemGalicia Nota de Prensa 12/09/12

Solicitamos se lle dea máxima difusión:  Mañá xoves13 de setembro, a asamblea de traballadores‐as de Forem‐CCOO, concentrarase diante do edificio do SN de CCOO de Galicia pedindo á dirección desta fundación que rexeite o ERE de extinción proposto por esta dirección e se avenga a negociar un ERE de reducción de xornada para todos‐as os‐as traballadores‐as.  Os representantes legais dos traballadores da Fundación Formación e Emprego (FOREM) do SN CCOO denuncian a dificultade de negociación.  Si ben a dirección e o presidente do padroado están dispostos a reunirse tódolas xornadas que entendamos necesarias, non van mudar a súa proposta inicial deixando na rúa a 24 traballadores‐as dos 35 que compoñen o total de estructura.  As causas alegadas son a "previsión de perdas económicas" e o que queren facer é:  ‐      Peche de 3 centros: Cervo, Ferrol e Ourense ‐      24 despidos ‐     20 días de indemnización ‐      Movilidad funcional e xeográfica das persoas que quedan ‐      Reducción salarial  Todo isto tradúcese na aplicación da "explendida" reforma laboral do PP, que facilita argumentos e medios aos patronos do SN de CCOO de Galicia para a aplicación extrema da súa finalidade; que non é outra que facilitar o despido e a impugnación das conquistas socio‐laborais (Desaparición do convenio colectivo).  Os traballadores entendemos que a situación provocada é arbitraria e de extrema gravidade ó considerar que tales medidas abocan ó desmantelamento desta fundación a favor dos intereses económicos que para o sindicato de CCOO de Galicia esta situación conleva;  antepoñendo así os seus intereses aos dos seus traballadores e afiliados, aos que  deixa na indefensión máis absoluta.  A proposta dos traballadores de manter todos os postos de traballo aceptando reducións temporais de xornada é xusta, lóxica e viable e exisimos que sexa estudada.    Representación Legal dos Traballadores de Forem Galicia ‐ CCOO