entrevista xosé monteagudo

10
Xosé Monteagudo Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Xosé Monteagudo Folgar (Moraña, 1965). Trátase dun narrador contemporáneo galego que se deu a coñecer coa súa novela As voces da noticia (2002) coa que obtivo o “Premio Blanco Amor de novela”. Posteriormente acadou o “Premio de Novela Manuel García Barros” coa novela Un tipo listo (2009). Recentemente acaba de publicar a súa novela Todo canto fomos. lunes 13 de febrero de 2017

Upload: asnosasletras

Post on 13-Apr-2017

51 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Entrevista xosé monteagudo

Xosé Monteagudo

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Xosé Monteagudo Folgar (Moraña, 1965). Trátase dun narrador contemporáneo galego que se deu a coñecer coa súa novela As voces da noticia (2002) coa que obtivo o “Premio Blanco Amor de novela”. Posteriormente acadou o “Premio de Novela Manuel García Barros” coa novela Un tipo listo (2009). Recentemente acaba de publicar a súa novela Todo canto fomos.

lunes 13 de febrero de 2017

Page 2: Entrevista xosé monteagudo

Xosé Monteagudo

1. Xa estamos ben afeit@s a nos encontrar coa precocidade literaria na nosa literatura contemporánea, mais como explicar que Xosé Monteagudo comece a figurar na nosa literatura, cando menos a nivel de publicación, alá polos trinta e pico de anos?

As circunstancias creativas son diferentes en cada persoa. En case todas as ordes da vida eu sempre fun bastante serodio. Na creación literaria, tamén. Quero dicir que a madurez creativa, ou polo menos un grao mínimo de calidade literaria para publicar, só o acadei máis alá dos trinta anos. Fun sempre un bo lector e escribo desde que era adolescente, pero ata pasar dos trinta non tiven seguridade ningunha no que escribía, non tiña ningún dominio da técnica e tampouco non souben o que quería contar.

2. O seu recoñecemento literario comezou coa súa participación nun certame de narracións curtas (Modesto R. Figueiredo”) e concretamente co relato O engado do triángulo. Puido ser isto o que o incentivou cara a novela longa ou xa esta andaba nas súas actividades literarias?

Cando obtiven un accesit por ese relato, no ano 2001, eu xa estaba escribindo a que logo sería a miña primera novela, As voces da noticia. Pero o recoñecemento por ese relato, aínda que non tivo maior repercusión, a min supúxome un gran estímulo persoal para seguir co que estaba. Deume seguridade, ilusión, e máis ganas de seguir coa novela que levaba a medio escribir.

lunes 13 de febrero de 2017

Page 3: Entrevista xosé monteagudo

Xosé Monteagudo

3. E un ano máis tarde xa lle chegou o éxito como gañador dun dos maiores certames de narrativa en galego, o “Premio Blanco Amor”, coa súa novela As voces da noticia... Que se sente ao se ver nese degrau literario tan de súpeto?

O primeiro que sentín foi un bloqueo emocional moi forte. Eu son, ou era daquela unha persoa moi tímida. Tímido ata estremos case patolóxicos. Non me gustaba nada falar en público, que os demais se fixasen en min, concitar atención... Ademais, eu non lle dixera a ninguén que escribía nin que me gustaba escribir. Sabíano moi poucas persoas do meu entorno. A noticia do accésit polo relato, o ano anterior, eu ocultáralla a todo o mundo. Así que cando de súpeto saíu nos medios a noticia de que gañara o “Blanco Amor”, para case todos os que me coñecían foi un sorpresa maiúscula. Para min, aqueles días foron perturbadores e estraños. Chamábanme dos xornais, das radios, para entrevistarme, e non podía negarme, pero ao mesmo tempo, enfrontábao coma un enorme sacrificio persoal. Estiven varios días sen comer, atenazado polos nervios. Adelgacei varios quilos e daquela saín cunha mentalidade diferente á que tivera ata entón. Houbo un momento no que tomei conciencia de que se escribir era o soño que tivera sempre, aquelas cousas (entrevistas, charlas, coloquios, etc), era o prezo que debía pagar por conseguilo. Pasado o tempo, algunhas desas cousas, coma a de falar en público, deixou de ser un sacrificio e converteuse na actividade pracenteira que é hoxe para min. 4. E falando desta obra, como definila? Como unha novela policiaca, de suspense, de intriga...?

Coido que é unha novela que trata de retratar unha época e unhas formas de vida que xa se foron para sempre. É a vida rural que eu coñecín na miña nenez e adolescencia en Moraña, onde nacín. Os costumes, os medios e as formas de relacionarse, as mentalidades e as aspiracións vitais das persoas do rural nesa época eran moi diferentes ás de hoxe. A novela trata de retratar todo iso nun momento en que está desaparecendo. E como todo mundo que desaparece, faino ás veces con episodios traumáticos coma o do crime que ocorre na miña novela. A intriga ou o suspense que poida percibirse na estrutura da novela é só un envoltorio para facer máis atractivo e interesante o que de verdade conta a novela.

5. Tamén nos choca abondo que teña que investigar un crime un xornalista e non un profesional... por moito que isto se vexa noutras novelas de noso... por que esta elección deste personaxe principal?

Moitas veces un escritor non sabe por que escolle un personaxe e non outro, máis alá da atracción ou da intuición que esperta nel o interese por un carácter e non por outro. De todos xeitos, non é que o xornalista investigue na novela un crime que está sen resolver, porque o xornalista vai á aldea dez anos despois de que ocorreron os feitos, pero non para descubrir o culpable do crime, senón para explicar nunha reportaxe para o xornal as circunstancias que rodearon ese crime, o mundo no cal que cometeu, e que pode explicar algún dos porqués dos feitos que foran noticia de primeira páxina dez anos antes.

lunes 13 de febrero de 2017

Page 4: Entrevista xosé monteagudo

Xosé Monteagudo

6. Cando un escritor acada axiña un recoñecemento como Vostede, impón continuar a narrar ou máis ben este éxito supón un pulo e unha seguridade para seguir a facelo?

Para min supuxo un pulo e tamén me deu maior seguridade da que tiña entón. Ver recoñecido por outros o traballo que un fai en silencio, sen que haxa ninguén que o poida xulgar, porque no meu caso eu non lle dera a ler o meu texto a ninguén, supón un estímulo. Ademais, o xurado que me concedeu o premio valorou o texto sen saber quen era o autor, porque as novelas presentábanse de xeito anónimo, sen ningún dato do autor. Iso deume moita confianza.

7. Avogacía, axencia tributaria... supoñemos que con estes principios polo seu maxín xurdirán de contino novas historias para novelar, non?

Eu comecei a estudar a carreira de Dereito sen ningunha vocación, sen ningunha afección polo Dereito. A min o que me gustaba desde a adolescencia era a literatura, ler, escribir relatos, novelas... Pero sabía que con iso era moi difícil que puidese gañar para vivir, e por iso fixen a carreira de Dereito coa idea de traballar despois como funcionario. Fóra dese motivo máis práctico, debo recoñecer que co tempo lle gañei afección ao mundo xurídico. Creo incluso que estudar as leis e a súa aplicación me deu unha visión diferente da realidade. Fíxome ver que as persoas se moven por soños, desexos e sentimentos, pero que os seus actos para conseguir o que queren teñen consecuencias no mundo real e que ese mundo real que está regulamentado conforme a unhas leis. E as leis ordenan a realidade conforme tamén a unha orde social que responde aos desexos dos que as fan ou dos que poden influír nos que as fan. Desa forma, prodúcense ás veces conflitos que poden xerar triúnfos ou fracasos para as persoas. Moitos dos meus personaxes móvense nese mundo e as tramas das miñas novelas a miúdo teñen que ver coa aplicación das leis a unha situación que perturba ou da que se aproveita un personaxe.

8. E xa no ano 2009 Xosé Monteagudo volve a se ver no cume da onda literaria ao acadar outro dos grandes premios galegos de narrativa -o García Barros- coa obra Un tipo listo. Isto xa é un claro asentamento na nosa narrativa contemporánea. Que supuxo para Vostede este novo recoñecemento?

Despois de gañar o Blanco Amor, eu pasei tres anos ata publicar a seguinte novela, Esta historia. Foi unha novela que tivo pouca repercusión, e iso converteu nun reto persoal a seguinte, que foi Un tipo listo. Cando a presentei ao premio García Barros, dalgunha maneira quería confirmar, tanto persoalmente, coma no eido da literatura galega, que o éxito que obtivera coa primera novela non fora unha casualidade. Así que gañar ese premio supuxo esa confirmación como escritor.

lunes 13 de febrero de 2017

Page 5: Entrevista xosé monteagudo

Xosé Monteagudo

9. Un tipo listo...Unha novela de suspense ou máis ben unha novela que procura unha reflexión verbo dunha realidade social, unha sátira dun éxito turbio de determinadas capas sociais? Para min Un tipo listo é unha novela que pretende retratar a realidade social dunha época. Tal como me ocorrera con As voces da noticia, a trama de suspense que lle dá forma á novela é só un envoltorio para contar dun xeito que esperte o interese do lector o que en realidade quero narrar: a vida duns personaxes, dunha familia, onde o valor supremo é o económico, fronte ao cal se desprezan e incluso de negan todos os demais. É o retrato dunha época do noso país, da que logo derivou toda a enxurrada especulativa que nos conduciu á época actual.

10. Vemos que se sente a gusto creando a intriga, o suspense no lector... Pero, hai outro tipo de novelística en Xosé Monteagudo?

Como digo, a intriga para min non é unha fin en si mesma, senón que sempre está ao servizo de algo máis. O que me interesa é debullar a vida dos personaxes que son o reflexo dunha época ou dunha situación. Pero as historias non se poden contar dun xeito cronolóxico, coma no século XIX. Se un escritor pretende espertar o interese do lector debe amosarlle os feitos que forman parte do relato dun xeito diferente. Debe crear unha intriga, comezar unha novela provocando que o lector se faga preguntas, e senta curiosidade por seguir lendo. Por iso as informacións que dá unha novela no comezo deben ser fragmentarias e diverxentes do xa coñecido. Eu intento que no comezo das miñas novelas apareza un personaxe con algunha característica estraña, diferente, ou algún episodio misterioso da súa vida. A partir de aí xa podo contar o que queira, adiante e atrás na orde cronolóxica da vida dese personaxe ou de quen o rodea. O lector só vai coñecer as claves do comportamento do personaxe cando remate de ler a novela. E mentres o lector está interesado en coñecer esas claves, eu podo contar o que quero, retratar os diferentes personaxes, argallar a historia, darlle corpo contando detalles e máis detalles...

lunes 13 de febrero de 2017

Page 6: Entrevista xosé monteagudo

Xosé Monteagudo

11. Nestes últimos meses vimos o nacemento dun novo fillo literario de Xosé Monteagudo, Todo canto fomos, moitas historias, un tempo histórico moi longo... Pretende amosar que ao mellor o dito aquel de “outros tempos foron mellores” non está tan desnortado ou máis ben que temos que reflexionar sobre o pasado para construírmos un mellor futuro?Non son unha persoa especialmente nostálxica do pasado. Gústame vivir o presente e mirar cara o futuro. Pero ás veces o pasado pode darnos certas leccións sobre como facer ou como non facer as cousas. Por iso creo que hai que coñecer o pasado para aprender del. Coñecer a Historia válenos para vivir mellor no futuro. O coñecemento individual configura o coñecemento colectivo, que é a ferramenta fundamental para que unha comunidade decida máis atinadamente o tipo de existencia que quere como pobo. Dito isto, a miña novela Todo canto fomos é un relato que retrata unha época longa da nosa historia que vai desde finais do século XIX ata hoxe. Quixen facelo cunha trama que empeza creando a intriga por medio da estrutura, alternando cinco historias diferentes que transcorren en épocas distintas ao longo dese periodo, pero que conflúen nunha trama única. Dese xeito, pretendía que o lector estivese interesado desde a primeira páxina por saber como encaixaría no conxunto o que estaba lendo. O lector está preguntándose en todo momento que ten que ver cada unha das historias coas demais, pero iso só o vai ir descubrindo pouco a pouco ata as revelacións finais que pechan a novela. Desde o punto de vista da historia que se conta, hai dúas cousas que me interesaban especialmente cando a escribín. Unha é o retrato dos personaxes, de determinadas mulleres e homes que viviron noutra época e foron esquecidos por boa parte da memoria colectiva. Con eles, co seu retrato, pretendía tamén dar a coñecer determinados feitos e circunstancias que forman parte da Historia de Galicia como pobo, e que se cadra non son demasiado coñecidas. Se Todo canto fomos é unha novela que deleita ó lector mentres a le e despois de lela o fai reflexionar e lle procura un mellor coñecemente do noso pasado, a novela terá cumprido todos os obxectivos cos que eu a escribín.

12. E claro, supoñemos que para elaboración da trama novelesca desta obra a documentación historico-social foi fundamental, ao revés de anteriores novelas, non?Si que foi fundamental a documentación para escribir Todo canto fomos, pero tampouco estaba ausente das anteriores o traballo documental previo. Quizais na última ese traballo foi máis importante e levoume máis tempo porque tiven que documentarme sobre momentos e circunstancias moi diferentes. Tiven que ler libros e recorrer a persoas que coñecían épocas moi distintas, desde o proceso do curtido a finais do século XIX ou como eran as técnicas de pesca a principios do século XX ata a historia do galeguismo nos anos vinte e trinta ou como se desenvolvía a vida en Pontevedra nos anos cincuenta e sesenta. Foi preciso facelo porque a credibilidade dunha novela, dun relato, xógase nos detalles miúdos. Contar o que o lector non sabe é algo que lle outorga maior verosemellanza a unha novela. Contar nun relato o que xa sabe o lector de antemán, paradoxalmente, réstalle credibilidade a ese relato, fai que pareza falso o que se nos conta. De aí a importancia para un escritor de documentarse ben sobre as realidades das que vai escribir. En Un tipo listo tamén tiven que documentarme sobre a práctica bancaria e sobre determinados procedementos xudiciais para non dicir cousas incoherentes ou falsas. Pero o traballo foi menor nese senso, estaba circunscrito só a esas dúas cuestións.

lunes 13 de febrero de 2017

Page 7: Entrevista xosé monteagudo

13. Vostede é un escritor que adoita impartir obradoiros literarios... non cre que as/os nosas/-os creadoras/-es debesen de se involucrar ben máis nesta actividade como pulo á nosa futura creación literaria?

A min gústame impartir obradoiros sobre narrativa e creo que podo explicar e transmitir algunhas técnicas que teñen interese nese eido para quen gusta da escritura. Desde o punto de vista da persoa que aspira a escribir relatos ou novelas, coido que é importante asistir a algún obradoiro literario, porque se quen o imparte ten coñecementos da materia e unha idea esixente da calidade literaria que debe ter unha obra, vaille evitar ao aprendiz de escritor que perda o tempo en camiños equivocados. Por suposto, a escribir apréndese coa práctica persoal, cometendo erros e caendo en pequenos fracasos. Pero se hai un escritor, unha escritora, que valora e corrixe algún traballo de quen está aprendendo, o camiño da aprendizaxe será máis curto. De todos xeitos, un escritor nunca deixa de aprender. Para escribir ben hai que ler moito. A lectura de obras con calidade literaria é fundamental para quen desexa escribir. E logo hai que corrixir moitísimo o que un escribe. Quizais porque non tiven a sorte de asistir a ningún obradoiro literario cando eu era mozo e quería ser escritor, son capaz de aprezar hoxe máis a súa función. Pero esta actividade non creo que deba esixírselle a todo escritor, porque cada escritor decide libre e persoalmente as súas metas creativas, e non todos queren ou se senten capaces para impartir un obradoiro literario. Nesta cuestión, coma en case todo o que se fai no eido creativo, o máis importante é facer as cousas con ilusión, e non por un compromiso ou por unha obriga imposta.

Xosé Monteagudo

14. E xa para rematarmos, temos que concibir a Xosé Monteagudo soamente como narrador ou tamén lle gustaría mergullarse noutros xéneros, se non o ten feito xa?

Fundamentalmente son un narrador. Teño escrito algún texto breve de ensaio sobre cuestións literarias, e non desboto escribir algunha cousa máis longa nese eido ou xuntar as miñas reflexións literarias nun libro, pero antes ca nada son un narrador, e se se me apura un pouco diría que primordialmente son un novelista.

alumnas de literatura galega cos escritores Anxos Sumai e Monteagudo

lunes 13 de febrero de 2017

Page 8: Entrevista xosé monteagudo

CUESTIONARIO

lunes 13 de febrero de 2017

Page 9: Entrevista xosé monteagudo

A torre Eiffe

lUn monumento

salientábel?

Antón Riveiro Coello.

“Laura no deserto”.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Fabricio do Dongo (da “Cartuxa de

Parma”)

Un personaxe literario co que

se identifique?

As lecturas e a conversa con amigos.

Cal é a súa fonte de inspiración?

“Érase unha v ez en América”

Unha película de cine?

Unha obra teatral?

“Hamlet”

Karl Ove Knausgard. “Un home namorado”

Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros?

Balbino (de “Memorias dun neno labrego”). O narrador (de “En busca do tempo perdido”)

lunes 13 de febrero de 2017

Page 10: Entrevista xosé monteagudo

Converterme nun escritor

universalmente recoñecido.

Un anceio por realizar?

Urbano. Costa máis ca praia.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

París. As Landas (no sur de Francia)

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A Revolución Francesa

Un feito histórico?

Un mundo onde só exista

a democracia e o respecto

ás liberdades e aos dereitos

humanos

Unha utopía?

Unha hamaca á sombra dunha

árbore no verán.

Un lugar axeitado para a lectura?

Música pop. “No, Je ne regrette rien” (Édith Piaf)

Un tipo de música? Unha canción?

William Faulkner

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

O cine.

Outro entretemento ademais da lectura?

lunes 13 de febrero de 2017