enerxía hidráulica

68
a enerxía hidráulica

Upload: monadela

Post on 24-May-2015

181 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Enerxía hidráulica

a enerxíahidráulica

Page 2: Enerxía hidráulica

É a enerxía que producen as correntes de auga. As correntes de auga conteñen enerxía potencial (pola diferencia de altura entre dous puntos) e enerxía cinética (polo movemento).É unha enerxía renovable que depende do sol (ciclo da auga).

Page 3: Enerxía hidráulica

Para aproveitar a enerxía da auga utilízase unha roda hidráulica que funciona como un torno. A auga golpea nos puntos exteriores producindo un movemento de rotación que se transmite ao eixo.

As rodas de empuxe superior instálanse en lugares con pouca cantidade de auga porque aproveitan para producir o movemento a diferencia de peso que orixina nun dos lados da roda a auga almacenada nos caixóns.

As rodas de empuxe inferior instálanse en lugares con auga rápida e caudal abundante.

Page 4: Enerxía hidráulica

A roda pode ir conectada directamente co resto dos aparellos ou precisar un sistema de operadores que cambien a dirección do movemento.

Page 5: Enerxía hidráulica

A potencia dun aproveitamento hidráulico depende da altura e do caudal (volume de auga que circula nun punto na unidade de tempo.

Os Peares (Miño)

Page 6: Enerxía hidráulica

O aproveitamento da enerxía hidráulica ten a súa orixe nas rodas chinesas de acción, hai máis de 4.000 anos. Os gregos utilizárona para mover mecanismos (muíños) de roda horizontal e máis adiante os romanos perfeccionaron a técnica e aplicaron a roda vertical para elevar auga e mover muíños e engadíronlle engranaxes para desenvolver unha maior velocidade de rotación.

Roda para elevar auga de orixe romana que aínda segue a funcionar en Hama (Siria)

Muíños romanos de Barbegal (Francia)

Page 7: Enerxía hidráulica

maqueta do muíño de Vitruvio

Enxeños romanos para bombear auga das minas

Page 8: Enerxía hidráulica

Os árabes difundiron e perfeccionaron o uso da roda para elevar auga (nora)

Grabado árabe do século VI onde se aprecia unha gran roda que se empregaba para sacar auga do Guadalquivir.

Page 9: Enerxía hidráulica

En 1086 o chinés Su Song deseñou un reloxo que marcaba o tempo e os movementos dos astros. Medía 6 m de altura e foi destruído cen anos máis tarde polos tártaros.

Page 10: Enerxía hidráulica

Muíño de arroz chinés.

A partir da Idade Media empregáronse aparellos movidos por rodas hidráulicas compostos por rodas e mazos: para purificar o arroz, para machacar minerais, para fabricar papeis e panos, para triturar distintas substancias.

Monjolos brasileiros

Page 11: Enerxía hidráulica

Muíño de Juanelo

Page 12: Enerxía hidráulica

Antigo batán de panos. Toledo

Batán para mazar febras para facer papel. Alemania

Page 13: Enerxía hidráulica

Batáns para papel

Page 14: Enerxía hidráulica

Muíño

Page 15: Enerxía hidráulica

Leonardo Da Vinci fixo diversos deseños de enxeños hidráulicos con distintas aplicacións. Os enxeñeiros italianos JUANELO e RAMELLI proxectaron e construíron artificios hidráulicos moi admirados na súa época, moitos baseados nos deseños de Leonardo.Na Idade Moderna utilizouse a enerxía hidráulica para facer funcionar as máquinas industrais como as de tecidos.

Sistema para elevar auga desde o río Texo ata o Alcázar de Toledo, salvando unha altura de 90 m.Deseñado e construído por Juanelo Turriano no século XVI.

Page 16: Enerxía hidráulica

Sistema de rodas de auga e bombas deseñado no 1682 para levar auga aos xardíns de Versalles.

Ilustración do século X onde se poden ver muíños instalados en barcos no río Sena para poderen seren trasladados ao lugar máis axeitado en cada momento.

Page 17: Enerxía hidráulica

Antiga ferrería

Trado para perforar tubos de madeira (1666).

Page 18: Enerxía hidráulica

A decadencia da enerxía hidráulica comezou no século XIX coa chegada do vapor e completouse coa aparición dos motores.Neste século aparecen as primeiras turbinas: a de Fourneyron (1827) a turbina de reacción Francis (1848), a turbina de impulsión de Pelton (1880), e a turbina Kaplan (1920). Estas tres últimas son as máis usadas na actualidade.Na actualidade a enerxía hidráulica úsase case exclusivamente para a xeración de enerxía eléctrica.

A primeira central que se construíu en Galicia foi a de Segade no Río Umia (1874)

Antiga central eléctrica de Miudiña, en Tui.

Page 19: Enerxía hidráulica

ENERXÍAHIDRÁULICA

Enerxía mecánica

Enerxía eléctrica

Muíños Batáns, mazos…

Serradeiros Noras

Page 20: Enerxía hidráulica

USOS TRADICIONAIS DA ENERXÍA HIDRÁULICA EN GALICIAGalicia é un país percorrido por máis de mil ríos e regatos e as nosas xentes souberon construír diversos enxeños para aproveitar a enerxía da auga, tanto nos grandes ríos como en calquera pequena corrente. Os máis abundantes son os muíños, dos que hai varios milleiros. Nas zonas mineiras de ferro abondaban as ferrerías e espallados por moitas zonas atópanse tamén batáns para mazar la e serrerías. No seculo XIX funcionou algunha fábricas textil con enerxía hidráulica como a Isabel II en Neda e muíños de papel. En algúns muíños e ferrerías instalábanse xeradores para producir “luz”.

Page 21: Enerxía hidráulica

MUÍÑOSMecanismos para moer. Utilízanse para triturar distintos materiais: cereais, febras, cana de azucre...A enerxía da auga move o rodicio que por medio do eixo fai xirar a moa.

Page 22: Enerxía hidráulica

A auga pódese captar directamente dun río ou facer unha pequena presa ou estanque e logo conducir a auga por unha canle ata a entrada.

Page 23: Enerxía hidráulica

En lugares con pouco caudal constrúese un depósito (cubo ou pozo) en forma de funil no que se almacena auga para que gañe enerxía potencial.

Page 24: Enerxía hidráulica

A maioría dos muíños son de rodicio horizontal, situado nun oco inferior chamado inferno, debaixo da estancia onde está o aparello de moer.

Page 25: Enerxía hidráulica

PARTES DUN MUÍÑO

Page 26: Enerxía hidráulica

canles e aliviadoiros

Page 27: Enerxía hidráulica

aparellos de moer

Page 28: Enerxía hidráulica

muíños co tremiñado de madeira

Page 29: Enerxía hidráulica

muíño co tremiñado de pedra

Page 30: Enerxía hidráulica

Muíño do Burato (Allariz)

Page 31: Enerxía hidráulica

Conxunto de muíños do Folón (O Rosal).

Conxunto de muíños do Barosa (Barro).

Page 32: Enerxía hidráulica

Os muíños de roda vertical ou bruia son menos abundantes. Xeralmente estaban situados en ríos de moito caudal.

acea en Ourense

Page 33: Enerxía hidráulica

Os muíños situados en ríos de moito caudal teñen forma de barco coa proa orientada á corrente para resitir ás enchentas

acea de Vella, Ourense

Page 34: Enerxía hidráulica

Antiga acea en Nogueira de Ramuín

Restos dunha acea en Moraña

Page 35: Enerxía hidráulica

Ferrería de Seoane. O Courel.

FERRERÍASSon instalacións adicadas ao traballo e transformación do ferro. Naceron na Idade Media e foron moi abundantes no Caurel, en Riotorto, A Pontenova, O Incio, A Fonsagrada...Utilizaban a forza da auga para mover grandes mazos cos que se traballaba o ferro, os foles para avivar o lume da fragua, as rodas de puír e afiar para rematar as ferramentas, as prensas para dar formas e os tornos para facer os mangos. As máis recentes tiñan machucos máis lixeiros movidos por correas de trasmisión.

Page 36: Enerxía hidráulica
Page 37: Enerxía hidráulica

O eixo da roda (árbore) leva uns saíntes (malumbreiros) que obrigan a levantar o mazo. Este cae polo seu propio peso e golpea o ferro (quentado previamente na fragua) contra a ingre.

Page 38: Enerxía hidráulica

O banzado é un depósito de auga situado na parte alta da instalación. Desde el a auga baixa polo chifrón para mover a roda.

Mazo de Bogo, A Pontenova.

Page 39: Enerxía hidráulica

Interior do mazo da Porteliña (A Fonsagrada), un dos poucos que aínda funcionan.

Page 40: Enerxía hidráulica

Restos dos mazos de Riotorto.

Page 41: Enerxía hidráulica

Mazo de Santa Comba. Lugo

Ferrería de Penacova. Bóveda.

Page 42: Enerxía hidráulica

Para insuflar o aire utilizaban varios sistemas: foles (accionados manualmente ou cunha roda hidráulica), trompas de auga ou émbolos.

Page 43: Enerxía hidráulica

moa de afiar

Mazo hidráulico de Penacova.

Page 44: Enerxía hidráulica

BATÁNSUsábanse para mazar os tecidos de la. Os panos, despois de tecidos, colocábanse en pías con auga onde se golpeaban para estreitar e enlear as febras e darlles corpo e suavidade.

Page 45: Enerxía hidráulica
Page 46: Enerxía hidráulica

SERRERÍASInstalacións para cortar madeira. As máis sinxelas tiñan unha serra simple. As máis complexas utilizaban a auga para facer funcionar serras, tornos e cepilladoras mediante rodas de diferente tamaño e correas de trasmisión.

Serrería en Maceiras (Covelo)

Page 47: Enerxía hidráulica

Serrería en Maceiras

Page 48: Enerxía hidráulica

RODAS DE AFIARUsábanse para facerlle o fío ás ferramentas.

Page 49: Enerxía hidráulica

FÁBRICAS DE PAPELUsában a auga para mazar as febras.En Galicia houbo varias: Arenteiro, Lousame, Faramello…

Fábrica de Papel de Domingo Fontán, en Vilacova

Arenteiro

Page 50: Enerxía hidráulica

MAZO DO LIÑOUtilizábase para mazar o liño.

Mecanismo para mazar o liño (reconstrucción). Museo Casa do Patrón. Doade (Lalín).

Page 51: Enerxía hidráulica

ESPANTAPAXAROS OU PETACÁNCurioso enxeño que se instalaba nos regos de auga para espantar os paxaros producindo ruídos.

Page 52: Enerxía hidráulica

CENTRAIS HIDROELÉCTRICASTransforman a enerxía potencial da auga encorada en enerxía cinética, e esta en enerxía mecánica de rotación no alternador para producir enerxía eléctrica.

A enerxía eléctrica que producen as centrais non se almacena, xérase en función da demanda.

Page 53: Enerxía hidráulica

As primeiras centrais hidroeléctricas, máis coñecidas como fábricas de luz, eran de pequenas dimensións e subministraban corrente eléctrica a lugares próximos.A primeiras construídas en Galicia foron a de Segade no río Umia (Caldas, 1874) e a de Caldas-Cernadas no río Anllóns (1897).

Fábrica de luz en Codeseda, no Umia.

Page 54: Enerxía hidráulica

A primeira presa importante foi construída en A Capela, no río Eume (1898), e tamén no Eume se construiu en 1960 a primeira central de bóveda do Estado Español.

Presa no Eume (A Capela)

Page 55: Enerxía hidráulica

Presa das Portas, no Camba.

Page 56: Enerxía hidráulica

Encoro de Belesar, no Miño, o máis grande de Galicia.

Page 57: Enerxía hidráulica

Encoro de Prada, no Xares.

Page 58: Enerxía hidráulica

Presa no Xallas

Page 59: Enerxía hidráulica

Turbina Francis

Turbina Pelton

TIPOS DE TURBINASTurbinas de acción: empregan so a velocidade do fluxo da auga (Pelton, Ossberger e Bauki-Michell).Turbinas de reacción: empregan tanto a presión como a velocidade (Francis, Helice e Kaplan).

Page 60: Enerxía hidráulica

SISTEMA XERADOR DE CORRENTE:O rodete da turbina está unido por un eixo ao rotor do alternador. O rotor (parte que xira) contén un groso electroimán (un bloque de material magnético envolto nunha serie de espiras condutoras) e ao xirar cos polos excitados por unha corrente contínua, induce unha corrente alterna nas bobinas do estátor (parte fixa) do alternador. Esta corrente é de media tensión e de baixa intensidade. Mediante un transformador convértese en corrente de baixa intensidade e alta tensión para poder ser trasladada aos centros de distribución e consumo.

Page 61: Enerxía hidráulica

Xerador da Central de Velle, no Miño (Ourense)

Page 62: Enerxía hidráulica

Transformadores

Exterior do xerador

Cableado

Page 63: Enerxía hidráulica

Central no Navea

Page 64: Enerxía hidráulica

Central no Tambre

Page 65: Enerxía hidráulica

Minicentral no Landro

Minicentral en Belesar Río Arnoia

AS MINICENTRAIS teñen unha potencia inferior aos 5.000 kW.

Page 66: Enerxía hidráulica

Dinamos conectadas nos mecanismos dos muíños

Page 67: Enerxía hidráulica

VANTAXES INCONVENIENTES

-Renovable-Non produce emisións á atmosfera-Pódese almacenar

-Alteracións ecolóxicas nos ríos: modificacións na canle, no caudal e na acción xeolóxica; eutrofización da auga.-Variación das condicións climáticas nas zonas do encoro: aumento da humidade e da nubosidade.-Asolagamento de terreos, xeralmente os de maior rendemento agrícola.-Interferencia no desenvolvemento dos animais e plantas acuáticas.-Desaparición de ecosistemas asociados ás canles fluviais.

Page 68: Enerxía hidráulica

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Internet.DEBUXOS: Mon Daporta