empresarios de galicia 118 - fundación galicia...

27
EMPRESARIOS DE GALICIA

Upload: hoangkhanh

Post on 09-Nov-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

EMPRESARIOS DE GALICIA

MANUEL ÁLVAREZ PÉREZ

1904-1975

MOISÉS ÁLVAREZ O’FARRILL

1873-1938

Cando en marzo de 2002 se apagaron os for-nos e se detivo a produción nas fábricas do Grupode Empresas Álvarez (GEA), non só desaparecía daárea viguesa unha industria cunha traxectoria de se tenta e cinco anos, senón que tamén centosde traballadores vían como se esvaecían as esperanzas de manter a activi-dade produtiva e asegurar o seu futuro laboral. Iniciábase así, o derradeirocapítulo dun pasamento longo tempo anunciado que ía poñer fin a unhasingular experiencia empresarial iniciada en 1927, cando Manuel Álva-rez Pérez fundara a sociedade Manuel Álvarez e Hijos, S.L., que logrouintroducirse con éxito no pechado universo industrial vigués. Este empre-sario puxo os cimentos e marcou a orientación do que co paso dos anoschegaría a converterse nun dos principais complexos fabrís de Galicia, líderna produción e na venda de artigos de vidro, louza e porcelana en España. No presente artigo temos como obxectivo presentar algúns trazos da

vida e da obra de dous empresarios galegos, unidos por lazos familiares epola súa especial dedicación á empresa Manuel Álvarez e Hijos (MAH),trátase do fundador Manuel Álvarez Pérez (1873-1938) e do seu fillo Moi-sés Álvarez O’Farrill (1904-1975). Interésanos amosar a traxectoria vitaldos que poderiamos cualificar como dous grandes xefes de empresa, se lleaplicamos o adxectivo empregado por moitos dos que con eles comparti-

Ana María Navas NovasProfesora do IES Politécnico de Vigo

A GRANDE EMPRESA GALEGADO VIDRO E DA CERÁMICA

ron vida e traballo. E tamén, interésanos presentar o resultado do seu tra-ballo, a súa obra, ese conxunto fabril que, no momento da súa máximaexpansión, estivo integrado por nove fábricas, trinta e seis tendas e variosmiles de traballadores.

De emigrante en Cuba a industrial en Vigo: a peripecia empresarial de Manuel Álvarez Pérez

Manuel Álvarez Pérez (1873-1938), naceu en 1873 en Gomesende,Ourense, emigrou a Cuba, como outros moitos milleiros de galegos daépoca, aos 18 anos.1 Os seus comezos na illa caribeña foron humildes echeos de dificultades, exerceu varios oficios ata que fundou un pequenoserradoiro destinado á preparación da táboa fina que se empregaba paraa embalaxe do tabaco, unha actividade esta última que lle permitirá aca-dar un certo desafogo económico. Fixará a súa residencia en Santa Clara,casará coa cubana D.ª Clara O’Farrill O’Farrill e alí nacerá a súa nume-rosa descendencia. O seu fillo Moisés recordará os anos da súa nenezcubana, «a nosa casa era de madeira e tiña un pequeno soto para evitar ahumidade, porque estaba en zona lamacenta»,2 e describirá o seu paicomo un «humilde emigrante que con moito sacrificio conseguiu reunirunha pequena fortuna e dedicou canto gañou en remotas terras ao enri-quecemento daquela onde naceu».3 D. Manuel regresará a España contoda a súa familia, e asentouse en Vigo a finais de 1918, «acabada derematar a primeira gran guerra».4Vigo era naquel intre unha cidade en plena efervescencia económica,

consecuencia tanto do pulo que a neutralidade española na Primeira Gue-rra Mundial lles dera ás súas modernas industrias marítimas asentadas unpar de décadas antes, coma da irrupción dunha man de negocios especu-lativos relacionados directamente coa guerra. Nun destes últimos, o da

320Empresarios de Galicia

1 ABC, 24-XII-1972, p.19. Entrevista a Moisés Álvarez.2 Íbidem.3 Arquivo da Empresa (AE), Carpeta Plan de Desenvolvemento, carta a López Rodo,

24-IV-1963.4 ABC, 24-XII-1972, p. 20. Entrevista a Moisés Álvarez.

especulación en divisas, investiría precisamente o emigrante retornadounha parte importante dos seus aforros e dos doutros emigrantes que lloencomendaron, unha aventura que puido converterse no seu primeiro eúltimo negocio en España porque a brutal depreciación do marco dosanos seguintes ao remate da guerra estivo a piques de levalo á ruína. Ma-nuel Álvarez Pérez demostrou aquí unha extraordinaria perspicacia paratransformar unha ameaza nunha oportunidade, pois á vista da negativatendencia da moeda alemá desprazouse velozmente a Silesia empregandoos marcos adquiridos na compra dun gran lote de porcelana, louza e cris-tal na fábrica de Koenigszelt,5 no que sería así o seu primeiro contacto cunsector ao que lle dedicaría o resto da súa vida empresarial. Cun importantestock destes produtos e cun certo capital pero aínda sen a experiencia eos contactos precisos no sector, Manuel Álvarez asociarase cun comer-ciante local que si os tiña, Manuel Rey Vázquez,6 e fundaría a sociedadeÁlvarez y Rey, S.L., constituída en Vigo o 26 de xaneiro de 1922,7 dedicadaá importación e á exportación de artigos de cristal e porcelana. Segundorecorda o seu fillo Moisés, «o meu pai, Manuel Álvarez, comezou comer-cializando louza e porcelana, aló polo 1925, nun local de Policarpo Sanz».8Tras cinco anos de funcionamento,9 os socios emprenderán camiños se-parados dentro do mesmo sector e actividade. Manuel Rey formará a so-ciedade Manuel Rey y Compañía, con domicilio na rúa de Urzaiz10 men-tres que Manuel Álvarez constituirá Manuel Álvarez e Hijos, S.L. Nestanova sociedade, escriturada o 8 de xullo de 1927, cun capital social de700.000 pesetas, o antigo emigrante será o único socio capitalista, terá a

321Manuel e Moisés Álvarez

5 Silesia foi alemá ata 1945 e posteriormente pasou a integrarse en Polonia. A fábricade Koenigszelt creada en 1860, mantivo ese nome ata 1945. Entre 1956-1961 realizará aampliación e modernización das instalacións e comezará unha nova etapa baixo a denomi-nación actual de ZPS Karolina. Consultado o 3 de decembro de 2004 en http://www.Karo-lina.info.pl

6 Importante empresario que, entre outras, creará a fábrica de gomas estabelecida en1941 en Coia, REYMAN.

7 Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra (AHPPO): G-11.334.8 Faro de Vigo, 3-VIII-1973, p. 14.9 AHPPO: G-11.334 10 AHPPO: L-7.637

Imaxe da páx. seguinte:Factorías e vivendas

obreiras de Manuel Álvareze hijos en Cabral (Vigo).

Folleto propagandístico daempresa, realizado co galloda inauguración da sucursalde Establecimientos Álvarez

en Oviedo, ano 1956

322Empresarios de Galicia

323Manuel e Moisés Álvarez

administración e a firma mentres que os seus fillos, Manuel e Moisés que-darán como socios industriais. Instalados agora na rúa Victoria, preto dapraza de Compostela de Vigo, comercian principalmente con louza brancae darán os primeiros pasos cara á actividade industrial incorporando un pe-queno taller de decorado de louza branca cunha mufla elemental;11 destexeito unirán a transformación industrial á actividade comercial. Pero opaso de comerciantes a fabricantes esixía máis espazo e instalacións espe-cializadas, polo que Manuel Álvarez decide desprazar a actividade cara áperiferia da cidade, concretamente ao barrio de Casablanca, unha zonaque a comezos dos anos trinta estaba sen urbanizar.12 En novembro de 1930MAH compra neste barrio tres soares, nos que ao ano seguinte inicia a«construción dun almacén e despacho de louza de porcelana»,13 e logoa vivenda familiar, os talleres de decorado, os almacéns e unha primeirafábrica de vidro, nun proceso de sucesivas ampliacións e engadidos á ini-cial construción de 1931. En 1933 Manuel Álvarez tiña ademais dos ta-lleres de tallado de cristal e de decorado de louza, porcelana e cristal, quetraballaban sobre pezas adquiridas a outras fábricas, catro tendas de vendapolo miúdo. Eran estas auténticos bazares, nos que ademais dos produtosde MAH se vendían outros moitos: gramófonos e discos, perfumaría, pa-pel para decorar, obxectos en prata e relixiosos.Cando en xullo de 1936 estoura a Guerra Civil, tiña a empresa 77 tra-

balladores, na súa meirande parte mulleres empregadas nos obradoiros dedecoración de louza e porcelana, que era xa a principal actividade á quese dedicaba a empresa. A contenda, que implicou a ruptura do mercadoespañol en dúas áreas incomunicadas, supuxo nos primeiros intres un durogolpe para os Álvarez, pois as principais áreas urbanas —as máis consu-midoras de cerámicas decoradas— mantivéronse na zona fiel á legalidaderepublicana. Mais unha que Manuel Álvarez fixo gala do seu fino olfactopara a procura de novas oportunidades reorientando a empresa familiar

324Empresarios de Galicia

11 Faro de Vigo, 3-VIII-1973, p. 14. A mufla é un forno para cocer porcelana.12 Tanto era así que as rúas se denominaban Transversal A (actual rúa Ecuador) e

Transversal B (actual rúa Venezuela).13 Arquivo Municipal de Vigo (AMV): IND-12, Expediente por pedimento de D.

Manuel Álvarez, para construír un almacén de louza na rúa Ecuador, 28-IV-1931.

cara a dúas novas actividades destinadas a tirar da ruptura do mercado,que inicialmente lles fora adversa, unhas vantaxes superiores aos iniciaisinconvenientes. A empresa entraría así, moi logo do comezo da guerra,na fabricación de xoguetes e na elaboración de vidro, dúas industrias lo-calizadas case que exclusivamente en zona republicana, e practicamenteinexistentes nas áreas sublevadas. Sobre todo a segunda acadaría axiña

unha importancia notábelata se converter moi logo naactividade principal da em-presa, tal como se pode verna táboa 1. A decisión de montar a

fábrica de cristal foi explicadapolo propio Moisés Álvarez:«D. Carlos de Andrés, direc-tor duns grandes laboratoriosestranxeiros,14 veu a Vigo eencargounos un millón defrascos para facelos en noven -ta días. Comprometémonossen saber se poderiamos fa-celos».15 O empresario non

deixará escapar a oportunidade, poñerá en marcha os seus contactos enAlemaña e antes do verán de 1937 o seu fillo Moisés desprazarase a Dres-den e conseguirá que o enxeñeiro Sauerlach, proxectista de máquinas devidro, realice os planos da fábrica axustados ao curto presuposto16 do quedispón. Tamén en Dresden, guiado polo seu carácter impulsivo aprovei-

325Manuel e Moisés Álvarez

Táboa 1Evolución do emprego de Manuel Álvarez e Hijos, S.L. durante a Guerra Civil

Xullo de 1936 Novembro de 1938

Operarios de louza e porcelana 50 55

Dependentes de bazares 20 14

Oficinistas 7 7

Operarios fábrica de cristal - 181

Operarios fábrica de xoguetes - 34

Albaneis, carpinteiros e peóns - 171

Mulleres empregadas 45 71

Homes empregados 32 391

Total xeral 77 462

Fonte: AE, Carpeta de Subsidio ao Combatente. Elaboración propia

14 Trátase dos Laboratorios Merck, ABC, 24-XII-1972, p. 20. A firma Merck, estabele-cida en 1891 nos EUA como Merck & Co., Inc., foi nos seus inicios unha empresa de pro-dutos químicos que a comezos dos anos trinta deu inicio á súa liña de investigaciónfarmacéutica. Consultado o 8-12-2004 no seguinte enderezo: www.msd.com.hk/about_us/e_history_of_merck.html.

15 Faro de Vigo, 3-VIII-1973, p. 14.16 Íbidem. Conseguiron un crédito do Banco de España.

tará para contactar coa firma ceramista Dorst17 e acadará a súa colabora-ción na montaxe dunha fábrica de porcelana, co envío de maquinaria.Con grande entusiasmo e moita improvisación conseguirán cumprir cospedidos e captar nova clientela, «fabricamos o millón de frascos a pesetae pedímoslle ao señor de Andrés que nos procurase clientela. Fixemoscanas para cervexa e botellas para anís, millóns de canas e de botellas».18A fábrica de vidro estabeleceuse de forma acelerada a carón dos obra-

doiros que a empresa tiña en Casablanca. Na súa instalación participarontécnicos alemáns, e alemá foi taména maquinaria e parte das materiasprimas que se empregaron nos pri-meiros momentos de funcionamento.Os permisos necesarios así coma ou-tras moitas facilidades resultaron doa -dos de acadar pola «imperiosa ne-cesidade para hospitais, farmacias elaboratorios» dos frascos de vidro quea nova planta planeaba fabricar, unargumento este que Álvarez esgrimíanas súas solicitudes de apoio e que re-sultaba difícil ser desatendido.A medida que avanzaba a guerra

a demanda para os produtos de Álva-rez seguiu crecendo, o que animaríaa empresa a proxectar a construción dunha nova fábrica en Cabral,unhas instalacións que o fundador xa non vería, pois Manuel ÁlvarezPérez, falecerá o 15 de decembro de 1938. Á súa morte, traballaban parael 462 empregados, entre os que a maioría estaba constituída polos ope-rarios da fábrica de cristal de Casablanca, pero que tamén incluía os dostalleres de cerámica e xoguetes e os albaneis e carpinteiros que estabantraballando xa na construción do novo centro de Cabral.

326Empresarios de Galicia

17 Este contacto foi decisión propia xa que non se atreveu a dicirlle nada ao seu pai ataque «chegou de Alemaña o primeiro envío de maquinaria», ante o que o pai «se indignoucomigo» pero non impediu a montaxe dos primeiros fornos. ABC, 24-XII-1972, p. 20.

18 Faro de Vigo, 3-VIII-1973, p.14.

Cerámicas Álvarez.Arquivo Pacheco

O traslado a Cabral e os problemas de sucesión empresarial (1938-1952)

A espléndida marcha da empresa durante a Guerra Civil animara xana primavera de 1938 a estudar a ampliación das dúas plantas industriais,obxecto sumamente difícil no barrio de Casablanca, moi próximo ao centroda cidade. No entanto, comezara xa daquela a merca de leiras nos barriosde Barreiro e Sello do Concello de Lavadores, onde axiña comezaríanas obras. O primeiro forno do novo complexo acendeuse xa en maio do1939 e a finais deste ano funcionaban xa as seccións de vidro e louza. Perose a guerra fora unha conxuntura sumamente favorábel para Álvarez, opráctico peche do mercado español que se produce ao seu remate abreá empresa novas perspectivas. Álvarez concibirá a idea de estabelecertamén no seu novo complexo unha terceira fábrica, a de porcelana, unproduto que tradicionalmente se viña importando en España, pero quenas condicións enormemente restritivas que o comercio exterior sofre nosanos da posguerra poñía o mercado interior nas mans das empresas na-cionais. Deste xeito, en 1941 comeza a traballar Porcelanas Santa Clara,a carón das novas fábricas de louza e cristal situadas agora en Cabral, quetraballaban respectivamente baixo as marcas comerciais de Royal Chinae Casablanca. En 1944 Manuel Álvarez e Hijos tiña tres liñas de produtoprincipais: a fabricación de porcelana, a de louza de mesa (cuncas, pratos,etc.) e a de vidro (frascos, botellaría e servizos de mesa). A construción docomplexo continuou durante toda a década e non se deu por concluídaata 1951, ano no que Suances prende o acendedor dos fornos túnel con-tinuos para a cocción de porcelana dura. Durante os anos corenta as ins-talacións de Casablanca seguirían fabricando en pequena escala as pezasde cerámica máis manuais ou artísticas. Tras o seu peche a comezos doscincuenta quedarán practicamente abandonadas durante vinte anos, atao intre no que El Corte Inglés adquiriría os soares sobre os que en 1975inauguraría a súa primeira sucursal en Galicia. Ademais de ampliar as instalacións existentes e entrar nunha nova liña

de fabricación, a da elaboración de porcelana, a empresa realiza nos anoscorenta un amplo esforzo por integrar verticalmente a distribución —ouunha parte dela— a través da creación dos denominados EstablecimientosÁlvarez, tendas propias da empresa que comercializan os seus produtos.O uso desta canle comezara xa durante os anos anteriores á guerra, coa

327Manuel e Moisés Álvarez

apertura das tendas de Vigo, de Ourense e da Coruña,pero sería, tal e como se pode ver na táboa 2 durante osanos inmediatamente posteriores a ela cando esta opciónadquire importancia, pois o quinquenio 1940-1945 éno que esta variábel rexistra unha maior taxa de crece-mento. O pasamento do fundador non foi, xa que logo, óbice

para a continuación do forte crecemento da empresa du-rante os intres finais da guerra e máis da década posteriora ela. Pero, en todo caso, e malia as escintilantes aparencias, os problemasde sucesión típicos dunha empresa familiar como era o caso si que sig-nificaron importantes problemas financeiros e de xestión que marcaríano futuro do importante complexo vitrocerámico.Ao pasamento de Manuel Álvarez Pérez a viúva e os nove fillos que-

daron con dereitos sobre a empresa familiar. A fórmula elixida para garan-tir a súa continuación foi a transformación da antiga sociedade limitadana que o fundador detiña as 700.000 pesetas de capital fundacional nou-tra nova con capital de dez millóns na que se daba entrada a todos os her-

328Empresarios de Galicia

Táboa 2Evolución do número de sucursais

de Establecimientos Álvarez1940 2

1945 12

1950 14

1955 181960 26

Fonte: AE. Folleto Conocimiento da empresa

O servizo médico de ManuelÁlvarez e hijos ocupaba aplanta baixa dun edificio daBarriada de Álvarez

deiros. Os dous antigos socios industriais, Manuel e Moisés entraban conmillón e medio cada un, e o resto en cantidades lixeiramente inferiores.Esta transformación da sociedade familiar, que se escritura no ano 1942,recoñécelles aos dous irmáns citados o carácter de xerentes da empresa,que en realidade xa viñan exercendo. Manuel preferentemente noámbito da fabricación e Moisés no das relacións externas, que tan impor-tantes foran para o crecemento da empresa durante a guerra. Moiséstivera un papel xa decisivo nas xestións das primeiras semanas da GuerraCivil para a subministración da zona caída nas mans dos sublevados, asícoma na importación de tecnoloxía desde Alemaña a onde se desprazaraen varias ocasións durante os anos 1937 e 1938.A transformación da sociedade familiar non foi senón o comezo

dunha loita polo control da empresa que se prolongaría durante unhadécada e que remataría coa vitoria de Moisés, que se faría coa propieda-de de todo o capital. En 1945 abandonarían a empresa Clara O’Farrill eseis dos fillos, en 1950 faríao Manuel, e finalmente Julio ao ano seguinte.Ademais dunha man de problemas derivados dunha dirección bicéfala e sen coordinación durante toda a década, Moisés tivo que facerllesfronte a uns desembolsos polo abandono do resto dos socios que descapi-talizaron gravemente a empresa nun intre no que precisamente estabarealizando fortes investimentos tanto en equipamento técnico coma enapertura de sucursais.19 Desde o punto de vista de Moisés, que foi o queen todo momento tomou a iniciativa, era preciso asumir os custos derematar coa dirección bicéfala, pois esta facía inviábel a empresa, unhaposición esta que explicaría nunha conferencia posterior:

Varias direccións, equivalen a ningunha. Fai falta unha soa man queempuñe o temón; un único cerebro que impoña o rumbo. Pero, cal? Nono elixe ninguén, non existe nomeamento por acordo previo. Pero de xeitoautomático, un de entre eles vaise alzando como o sucesor directo dopai.20

329Manuel e Moisés Álvarez

19 A instalación dos fornos túnel que inaugura Suances en 1951 custara vinte millóns,e a sucursal de Madrid, once.

20 Arquivo da Cámara de Comercio de Vigo: Conferencia de Moisés Álvarez, Proble-mas de crecimiento en la empresa familiar. Primer Symposium sobre problemas actuales de laEmpresa Española, Madrid, 2-XII-1959, p. 3.

Moisés Álvarez: paradigma de empresario do franquismo

Moisés Álvarez álzase así como único propietario e xerente daempresa de Cabral no ano 1952. Nacera en Cuba no ano 1904 e, malestudante como el mesmo recoñecía, aprendera as artes da cerámica enSilesia, na fábrica de Koenigszelt, da que era seareiro oseu pai, baixo a tutela dun coñecido ceramista de ape-lido Erichohn. Pero tras do impoñente complexo indus-trial que pasaba a rexentar agochábase xa unha situaciónfinanceira cando menos atípica. Cuns recursos propiosque practicamente se igualaban ao capital, o que é dicirdez millóns de pesetas, Álvarez tiña unha débeda congarantía hipotecaria no Banco de España de cincuentamillóns e diversas débedas bancarias, principalmente coBanco Pastor, de máis de trece; dun pasivo total deoitenta e dous millóns de pesetas, os recursos propiossituábanse por debaixo do 13%. Os primeiros problemasque Moisés terá que abeirar na súa nova xeira empresa-rial serán, xa que logo, non técnicos como lle gustaría,senón de saneamento dunha empresa que é máis dosbancos ca súa.Aos poucos días da súa toma de control da empresa,

Moisés Álvarez verase forzado a adaptarse á Lei regula-dora do réxime xurídico das sociedades anónimas de1951, que lles impoñía con carácter obrigatorio a ditaforma ás sociedades que, ademais de limitar a responsa-bilidade, tiveran un capital social superior a cincomillóns de pesetas,21 polo que con data 26 de marzo de1952 se transforma en Manuel Álvarez e Hijos S.A.22 Atransformación en sociedade anónima foi en realidade o preámbulo paraa intervención polos bancos acredores, que, ante a falta de liquidez daempresa para atender os créditos esixen a cesión dunha maioría do capi-

330Empresarios de Galicia

21 Gabinete Xurídico Administrativo do BOE (1970), p. 19. Lei do 17 de xullo de1951.

22 AHPPO: G-11.334

331Manuel e Moisés Álvarez

tal e a constitución dun consello de administración controlado por eles.Nunha xunta xeral extraordinaria celebrada en setembro do mesmo anopasa este a contar con once conselleiros, dos que catro son impostos poloBanco Pastor, tres polo Banco de España e só outros catro polo propioMoisés Álvarez. Nos meses seguintes Marcelino Martínez Moras, direc-tor da sucursal viguesa do Pastor substitúe a Moisés como director xerenteda empresa e Andrés Pardo Hidalgo como presidente do seu consello deadministración.

O grupo empresarial intervido polos bancos a co-mezos dos cincuenta non só tiña problemas financeirossenón tamén tecnolóxicos, de custos e de demanda, pro-blemas que lle afectaban especialmente á fábrica de vidrooco, especializada en frascos e botellaría, produtos nosque o combustíbel e o transporte do produto tiñan maiorpeso na formación do prezo final. A isto sumábanse osconflitos cos almacenistas que consideraban os estabele-cementos de venda polo miúdo integrados na empresavitrocerámica como competencia desleal. Segundo uninforme de 1954 do gobernador civil de Pontevedra, durante a intervención bancaria MAH continuou sendoun negocio ruinoso e «soamente o desexo de evitar unhacatástrofe laboral, e de salvar no posíbel esta importanteindustria, é o que mantén a Banca cubrindo o pago denóminas».23 Os xestores acometerán, durante os anos daintervención, unha continuada redución de persoal coaautorización da Delegación Provincial de Traballo, talcomo se reflicte na táboa 3. A carón disto, a empresa vaiabandonando a fabricación de frascos e botellaría e cen-

trándose na fabricación de servizos de mesa tanto no ámbito da cerámicacoma no do vidro.As estratexias seguidas por Moisés Álvarez para recuperar o seu con-

trol da empresa constitúen un exemplo paradigmático de utilizacióndos mecanismos do réxime político ao servizo dos intereses empresariais.

23 SEPI. Arquivo do INI, rexistro de entrada núm. 8.891, 13-IX-1954, p. 2.

Táboa 3 Evolución do emprego nas fábricas de

MAH de Cabral 1951-1963

Ano Núm. de traballadores

1946 1.331

1951 2.914

1952 3.033

1953 2.723

1954 2.293

1955 2.026

1956 1.981

1957 1.875

1958 1.814

1959 1.788

1960 1.634

1961 1.644

1962 1.8791963 2.110

Fonte: AE, Carpeta Polo de Desenvolvemento Industrial, anexoMemoria Explicativa Industria, outubro de 1963.

332Empresarios de Galicia

24 Seica a relación entre ambos viña de cando, en plena Guerra Civil, o goberno deSalamanca tiña falta de certos elementos esféricos de vidro necesarios para a fabricación debombas; recibe a información de que en Vigo hai unha fábrica que se pode facer cargo.Moisés, chamado desde Salamanca, entrevistarase con Franco e conseguirá a encarga paraMAH de fabricar unha especie de acuarios de vidro. Esta encarga terá enormes dificultadestécnicas debido á ausencia de moldes, pero con enxeño farán os moldes con madeira traídade Portugal, de cada bóla de madeira saían 7-8 acuarios e conseguirán subministrar opedido. Franco nunca esquecerá esa colaboración de MAH.

25 Unha das obras máis importantes das factorías foron as vaixelas para a Casa Real,cada unha tardaba un ano en facerse xa que a súa realización era tan esixente que de cada8 pratos só 1 era válido. Tamén fixeron unha artística mesa redonda de cerámica comoregalo para o Caudillo para colocala no Pazo de Meirás, a tapa da mesa estaba formada porpezas que representaban mulleres vestidas cos traxes rexionais. Información tomada nasconversas con J. Fuentes, quen fora xefe do taller de decorado artístico de MAH.

26 Hoja del Lunes, 4-VI-1962, páxina especial.27 Sur, 10-XII-1957.

Conservador de inclinación máis ben monárquica, admirador do sistemapolítico norteamericano e do empresariado alemán, e desconfiado da Fa-lange e mais do Movimiento contou, no entanto Moisés, xa desde os anosda guerra cunha excelente relación non só con Juan Antonio Suances,senón co mesmo xeneral Franco e mais coa súa esposa.24 De feito, estaúltima foi asidua non só da inauguración das principais instalacións in-dustriais do empresario vigués senón mesmo de varias das súas sucursaiscomerciais; Franco visitara varias veces o complexo de Cabral e Suancesinauguraba en 1951 os seus fornos continuos. Os dirixentes das principaisinstitucións e as autoridades civís, militares e eclesiásticas estarán presentesnos actos de inauguración de fábricas, sedes comerciais, nova maquinaria,etc. e todos recibían no Nadal un prato de Álvarez como felicitación.25A relación de Moisés Álvarez co réxime non só se facía patente co gallode inauguracións e outras solemnidades senón tamén na vida cotiá da em-presa. Nas sucursais de Establecimientos Álvarez por toda España, xuntoao retrato do fundador, estaba o de Franco. Nos seus discursos haberá con-tinuas referencias ao Caudillo, «que nos alenta co seu exemplo»,26 e in-cluso nas tendas colgará nas paredes imitacións artísticas de pergamiñonas que estaban escritos lemas alusivos aos esforzos realizados pola em-presa: «Franco e o seu goberno marcan a nosa pauta para o engrandece-mento de España. Nós, procuraremos seguilo».27 De xeito un tanto para-

333Manuel e Moisés Álvarez

28 SEPI, carta a Suances, 22-IX-1956, p. 3.

doxal, estabeleceu unha certa amizade con Fidel Castro, talvez pola súacomún orixe cubana. Fidel Castro, ao coñecer os apuros económicos daempresa, propoñeralle que vaia para Cuba e que instale alí as súas fábricas.Cando comentaba este tema con algún dos seus colaboradores, D. Moisés,dicía que xa nesa etapa da súa vida non podería facer semellante pirueta,porque... que faría con Franco?Moisés Álvarez non se resignou á intervención da súa empresa polos

bancos e non descansou na mobilización das súas influencias. Ao seuamigo Suances pediríalle en 1956 «que lles axude a liberarse das garras fi-nanceiras que tan inxustamente fixeran presa na súa gorxa».28 E, final-mente, tras unha entrevista co propio Franco, consegue que o Banco deEspaña e o Banco Pastor acepten un convenio para amortización do cré-dito, co conseguinte alzamento da intervención. Unha parte relevantedesta amortización realizaríase co importe dun novo crédito outorgadopolo Banco de Crédito Industrial. En febreiro de 1957 Moisés Álvarez

Feira de Hannover 1962.Momento de descanso dopersoal de MAH asistente a

tal evento. O cuarto pola dereita é Moisés

«Sito» Álvarez

recuperaba así, grazas aos seus bos contactos co réxime o control da em-presa creada polo seu pai. Unha anécdota narra a animadversión paracos banqueiros, xa que cando liquidou a súa débeda co Pastor, enviou aalguén a pagar o último millón en moedas rubias, o que motivou unhachamada de Barrié de la Maza pedíndolle explicacións, ao que D. Moisésrespondeu que «acaso non eran cartos legais?, pois que os contaran».29

Personalismo e paternalismo: o estilo empresarial de Moisés Álvarez

Acenos como o citado do pago dun millón de pesetas en moedas depeseta poñen sobre as pegadas dun dos trazos do estilo empresarial deMoisés Álvarez: a súa teatralidade e o uso dela tanto para xerar confianzano mercado como adhesión nos seus subordinados. No primeiro destessentidos, a exhibición de signos externos de prosperidade resultaba espec-tacular: coches impresionantes para a España da época, choferes unifor-mados, casa en Vigo, piso en Madrid, chalé na praia América,30 investi-mentos inmobiliarios por gran parte da xeografía española, aloxamentonos hoteis máis luxosos, etc. Na etapa final da súa vida, cando non podíapagar as cargas sociais das súas empresas e lle pedía moratorias á Seguri-dade Social, acometerá a construción dunha casa na leira Altomira doCastro en Vigo,31 auténtica fortaleza de formigón que causará un forteimpacto na opinión pública tanto polo seu deseño anovador coma poloseus numerosos cuartos de baño de deseño italiano, billas automáticas,ascensor, pararraios moderno, vasos da dinastía Ming, importante pina-coteca, un museo cerámico, todo isto cun investimento de 100 millónsde pesetas de finais dos anos sesenta.

334Empresarios de Galicia

29 Anécdota contada polo Sr. M. Mallo.30 Lugar de veraneo da alta sociedade da época. Nos primeiros anos cincuenta acostu-

maban facer unha Tómbola Benéfica todos os veráns, na que se rifaban obxectos achegadospolos veraneantes habituais, D. Moisés adoitaba entregar unha peza especial da súa fá-brica. Un ano esa peza foille encargada a D. José Fuentes daquela debuxante artístico na fábrica, consistía nun gran prato no que estaba pintado o Templo Votivo de Panxón e nunhacunca grande tipo ouriñal, na que estaba pintada a praia América. O traballo tivo tanto éxitoque D. Moisés subiulle o soldo mensual a 1000 pesetas. J. Fuentes, conversa 3-XII- 2004.

31 Hoxe en día, propiedade do Concello, é a sede do Conservatorio Superior deMúsica de Vigo.

No interior da empresa combinaba tamén estes golpes teatrais comoa diaria entrada na fábrica nun Mercedes conducido a maioría das vecespolo seu chofer austríaco32 co seu talante de xefe amábel e accesíbel aoque lle gustaba referirse á empresa como a unha familia, da que en certosentido se sentía patriarca, e que daba persoalmente todo tipo de consignase anuncios pola megafonía da empresa. A combinación destas caracterís-

ticas así coma o seu forte liderado per-soal producían no persoal das súas em-presas un respecto case reverencial. O carácter paternalista da súa xestión

estendeuse ao ámbito das relacións labo-rais e da vida cotiá dos seus empregadosseguindo as orientacións coas que o NovoEstado trataba de compensar a falta deliberdades sindicais. Os irmáns Álvarezdesenvolverán dúas destas políticas, coasque obterán un forte impacto social nacidade. Dunha banda, a de sobordar aestrita relación laboral, organizando aempresa algúns dos espazos da vida cotiádos operarios: actividade do tempo libre,de equipos deportivos, corais e gruposfolclóricos (Trío Santa Clara, RondallaRoyal China), capela dentro das instala-cións fabrís e Igrexa na Barriada. Daoutra, a dotación dun conxunto de ele-mentos asistenciais para os traballadores,acordes coas orientacións do réxime, des-tinados tanto á mellora das condiciónsde vida como a xerar lazos de fidelidade

335Manuel e Moisés Álvarez

32 Este chofer austríaco era un dos nenos vieneses recollidos en España durante a gue-rra, que fora adoptado por un notario catalán e empregado despois por D. Moisés porquefalaba alemán. Deste chofer procede o dato de que cando D. Moisés comprou o seu Merce-des só había tres en España: o seu, o de Eduardo Barreiros e outro en Cataluña.

vertical e mellorar a disciplina produtiva. O Grupo de Vivendas SantaClara, composto por 17 bloques cun total de 96 vivendas comezaría aconstruírse en 1944 e, coñecida popularmente como Barriada de Álvarez,pasou axiña a constituír un elemento esencial da nova paisaxe dun barrioque mudaba a súa tradicional presenza campesiña por unha nova indus-trial. As escolas Santa Clara foron unha combinación da política empre-sarial e da obriga legal na época na que as empresas con máis de 100traballadores e cun censo de poboación infantil dependente de máis de30 nenos proveran locais e servizos para unha escola pública na que o es-tado provía o mestre.Como adoita resultar común, o paternalismo ía acompañado dun

forte personalismo, dunha forte incapacidade para delegar. Os seus cola-boradores explican que trataba de intervir nos máis pequenos detalles, oque coartaba a iniciativa dos seus directivos que non se atrevían a tomardecisións autónomas sen o visto e prace de D. Moisés. Os principaisdirectivos non sabían o que era ter vacacións continuadas, gozaban só dal-gunha fin de semana longa, interrompida moitas veces por chamadasdiúrnas ou nocturnas do xefe.A continua reivindicación do seu viguismo e dun rexionalismo de

corte decimonónico foron finalmente outras constantes da súa actuación.Dará numerosas mostras do primeiro situando o escudo de Vigo no ves-tíbulo das sucursais e, cando un xornalista o presente como un home deempresa de España, responderá con modestia, «Por Deus!; como moito,un home de empresa de Vigo!». A carón do viguismo, Moisés Álvarez in-cluía continuamente a súa tarefa empresarial como parte dunha angueiradestinada a evitar o estancamento económico de Galicia e a evitar a emi-gración, reclamando que recursos como a enerxía eléctrica ou o caolín dei-xasen de favorecer o desenvolvemento económico doutras áreas e non daGalicia que os producía. Preséntabase a si mesmo como continuadordunha tradición ceramista que se remonta á época de Sargadelos.

336Empresarios de Galicia

O Polo de Desenvolvemento e os últimos proxectos de Moisés Álvarez

Lonxe de tirar leccións de prudencia da experiencia da intervenciónbancaria sobre a súa empresa, a angueira de Moisés Álvarez non foi a dereforzar esta desde un punto de vista financeiro, senón máis ben a de pro-curar novos recursos e fórmulas para seguir crecendo. Comprobada napráctica a eficacia das relacións co réxime para a progresión da empresa,comezaría esta nova xeira, que coincidiría cos comezos da relativa libera-lización da política económica franquista de remates dos cincuenta, condous tipos de miras; unha, a de tratar de aproveitar dun xeito mais inten-sivo as posibilidades de utilizar os recursos públicos como fonte de finan-ciamento; a outra, a de diversificar riscos e multiplicar as posibilidades decaptación de vantaxes políticas a través da segregación en empresas dis-tintas das novas actividades que ía emprender. Demostración palpábel dos seus obxectivos é o feito de que no intre

no que se levanta a intervención sobre Manuel Álvarez e Hijos xa tiñaposta en marcha a constitución dunha nova empresa destinada á constru-ción en Pontesampaio dunha fábrica de louza fina vitrificada para servi-zos de mesa. A sociedade comezaría a operar en marzo de 1957 e tiñacomo socios a dous enxeñeiros madrileños cos que xa traballara anterior-mente (Carlos Abollado e Abelardo Martínez) e a un ceramista do lugar,Antonio Medal. Alfares de Pontesampaio, máis coñecida como PON-TESA, foi inaugurada oficialmente polo propio Francisco Franco ensetembro de 1961 e visitada pouco máis tarde polo ministro de Industriae un dos artífices da política de desenvolvemento dos anos sesenta, Gre-gorio López Bravo. En 1963 amplía capital a 30 millóns, e acto seguidoconsegue un crédito do Banco de Crédito Industrial doutro tanto. PON-TESA significaba un esforzo por saltar a segmentos superiores dademanda así coma por orientarse ao mercado internacional. Por estemotivo, tanto para a fábrica de Pontesampaio coma para varias das quefalaremos a seguir, Moisés Álvarez tratou de incorporar a última tecnolo-xía existente, contratou técnicos estranxeiros e acadou acordos conempresas de prestixio como por exemplo o que mantería coa turinesaRichard Ginori.O estabelecemento na área de Vigo-O Porriño dun polo de desenvol-

vemento no ano 1964 foi o resorte que lle permitiu a Moisés Álvarezdesen volver a súa política de salto cara diante. Os polos estabelecían faci-

337Manuel e Moisés Álvarez

lidades para a expropiación dos terreos, exención de impostos, subven-cións en función do investimento previsto e preferencias para a obtenciónde crédito oficial.33 Moisés Álvarez lanzouse de xeito decidido sobre asfacilidades concedidas pola liña rexional da política de desenvolvementoinspirada e executada polos novos tecnócratas, e converteuse axiña noempresario galego máis beneficiado por esta política. O conxunto dosproxectos aprobados dentro do marco do Polo de Desenvolvemento deVigo-O Porriño nos anos 1964-1966, que se atopaban en construción no

Nadal de 1966, representaban un investimento total previsto de 2061millóns de pesetas. O 46% destes investimentos pertencíanlles ás empre-sas de Moisés Álvarez. En termos de postos de traballo de creación pre-vista a cifra era do 40%.34As empresas do grupo acollidas aos beneficios do Polo de Desenvol-

vemento situábanse todas dentro do círculo de dedicación tradicional dogrupo, pero introducían novas liñas de produto. Así Vidrios Automáticos

338Empresarios de Galicia

33 Richardson, Harry W. (1975)34 Banco de La Coruña (1966).

Pratos pintados a man noTaller Artístico de MAH

del Noroeste dedicaríase en Cabral á fabricación de servizos de mesadeste material, e especialmente dos denominados Dural, irrompíbeis emoi de moda naquela altura, que seguían o ronsel do afamado Duralex;35Moisés Álvarez e Hijos, S.A., con instalacións en Coruxo pasaba a espe-cializarse en louza monococción de prezo reducido con destino a cole-xios, cuarteis, etc.; Porcelanas Sanitarias de Pontesampaio, estabelecidano Porriño, tiña como obxectivo inicial a fabricación de material sanita-rio (pratos de ducha, lavabos, bañeiras, bidés, etc.), unha actividade naque a competencia de Roca e unha chea de problemas na subministra-ción dalgún elemento de fabricación obrigaron a reorientar cara a pro-dutos en certo sentido redundantes cos doutras instalacións do grupo. Acarón destas plantas, que foron as principais iniciativas dos anos sesenta,Moisés Álvarez emprendeu outras de menor calado como PorcelanasVigo (Povisa) ou Refractarios Álvarez (Realsa), destinadas á fabricaciónde calcomanías e de refractarios utilizados nos procesos de cocción.Finalmente, algúns dos proxectos publicitados non pasaron do papel, talcomo foi o caso de Cromolito, S.A. ou, sobre todo, Azulejos de Galicia,S.A., sociedade esta última incluída no Polo de Desenvolvemento doPorriño, cun investimento previsto que era o segundo en tamaño de todosos incluídos no polo, pero que nunca chegaría a funcionar.O caso de Azulejos non foi en todo caso o máis teatral dos emprega-

dos para captar subvencións. Neste sentido é ilustrativa a anécdota querelata a solemne inauguración da Central de Distribución e Almacén deMAH para toda España,36 á que asistiu toda a plana maior franquista. Osfeitos aconteceron en 1974 e foron os seguintes: D. Moisés compraraunha fábrica en Madrid, situada no Polígono Industrial de Manoteras,na que planeaba producir lámpadas, tubos de neon e outros elementosluminosos, pero nin sequera rematara as instalacións. Tiña, iso si, unhafermosa nave con amplas cristaleiras, na que MAH montará unha exposi-ción con todo tipo de produtos levados das fábricas de Vigo artistica-

339Manuel e Moisés Álvarez

35 A marca Dural poi patentada por Álvarez antes de que a casa Saint-Gobain estabele-cera en España a fabricación do seu produto Duralex. A semellanza do nome producíu ten-sións entre as dúas empresas.

36 En teoría ía ser o gran centro loxístico de MAH.

mente situados entre flores. A inauguración do novo centro de traballo foiun éxito social tanto pola escollida asistencia coma pola repercusión naprensa e polo habitual regalo de pratos; aínda que industrialmente foi unproxecto non-nato, xa que ao pouco tempo se venderon os terreos.37En 1970 Moisés compra tamén La Ibero Tanagra, unha antiga e

obsoleta fábrica de Santander que tiña a súa principal liña de produto nafabricación de ouriñais de louza, e como principal seareiro a RENFE.Esta fábrica pertencera ao seu irmán Manuel e estaba naquela altura enquebra, e como tal foi posta en venda polo Banco de Crédito Industrial.Moisés realizará unha oferta esaxerada, de acordo coas autoridades eco-nómicas, para desprazar unha empresa alemá interesada na poxa; chegoua un acordo posterior co Banco para reducir o prezo.O complexo industrial de Álvarez á altura de abril de 197338 agluti-

naba 9 fábricas, que ocupaban unha superficie de 480.312 m2 de terreose 105.158 m2 de edificios, cun cadro de persoal de 4200 traballadores, aosque lles pagaba unha nómina de 515 millóns de pesetas anuais. A redecomercial Establecimientos Álvarez, estendíase por 36 sucursais e ocu-paba un total de 52.866 m2 para exposición e vendas. O grupo empresa-rial de Moisés Álvarez era, por tamaño, o segundo de España no ámbitoda fabricación do vidro, só por detrás dos dous estabelecementos dogrupo francés Saint Gobain. Segundo era igualmente no ámbito da cerá-mica, só por detrás da catalá Roca. Dentro de Galicia, o conxunto dogrupo era quinto no que atinxe ao cadro de persoal e sétimo pola súa cifrade negocio. A comezos dos sesenta o grupo comezara a exportar louza eporcelana, cun relativo éxito, aos países do Mercado Común.Pero detrás dun xigante industrial, seguía agoniando un endebeda-

mento crónico, cada vez máis difícil de manter baseándose nas relaciónspolíticas. Os problemas de liquidez empezaron a manifestarse de novo en1969 xa que se fixo preciso o recurso a unha moratoria da Seguridade So-cial. As moratorias seguirían acumulándose ata 1977, ano no que unha

340Empresarios de Galicia

37 Faro de Vigo, 3-11-1974 e conversa con J. Fuentes, este aínda recorda a preocupa-ción dos empregados ante semellante escenografía, por se alguén pretendía visitar os inexis-tentes almacéns.

38 AE, Carpeta Seguridade Social, instancia que lle dirixiu Moisés Álvarez ao directorxeral da Seguridade Social.

auditoría do INI detecta unha débeda co Instituto Nacional de Previsiónque só nos estabelecementos comerciais chega a un total de 104,4 millónsde pesetas. A situación empeoraría ademais a partir de 1972 por mor dasfolgas de setembro daquel ano, que provocaron un quebranto económicode 52 millóns de pesetas, e polas alzas salariais conseguintes, todo iso coin-cidía cun plan de investimento a curto prazo de 100 millóns de pesetaspara cambiar os fornos eléctricos por outros de combustión a propano. No medio dunha situación financeira desesperada e nun novo marco

político onde as manobras resultaban máis difíciles os Álvarez deciden re-organizar o seu grupo empresarial mediante procedemento legal de con-centración de sociedades. Deste xeito, constitúese en agosto de 1975 oGrupo de Empresas Álvarez, S.A.39 (GEASA), que reunirá a parte indus-trial da empresa e quedará integrado por: Alfares de Pontesampayo, S.A.(PONTESA), Vidrios Automáticos del Noroeste, S.A. (VANOSA) e MoisésÁlvarez e Hijos, S.A (MOAHSA), mentres que Manuel Álvarez e Hijos, S.A.quedará como sociedade independente que pasará a ocuparse da comer-cialización dos produtos de GEASA a través dos seus 33 estabelecementosde venda polo miúdo. O pasamento de Moisés Álvarez en outubro do 1975deixará a xestión de GEASA nas mans dos seus fillos Alberto e Moisés, que,sen os resortes de antano e a pesar de se ter entrevistado con seis minis-tros, se verán forzados a admitir poucos meses máis tarde a entrada do ca-pital público na ata entón empresa familiar. O Consello de Ministros acordará encomendarlles ao INI e a SODIGA

a adquisición de accións de Manuel Álvarez e Hijos, S.A., Grupo deEmpresas Álvarez, S.A., Porcelanas de Vigo, S.A. e La Ibero Tanagra,S.A.,40 unha compra que se faría efectiva o 18 de decembro de 1976. Osector público convertíase en primeiro accionista da empresa, cun 45%(10% INI e 35% SODIGA), seguido da propia familia Álvarez, que conser-vaba un 29%, e dos principais bancos acredores (Banco Hispano Ameri-cano 10%, Caja de Ahorros de Vigo 6%, Banco Pastor 5% e Banco deBilbao 5%).

341Manuel e Moisés Álvarez

39 A expresión GEA, será usada nos documentos da empresa, anos antes da fusión dassociedades. Constituída o 8 de agosto de 1975, cun capital de 1.100.000.000 de pesetas.

40 Arquivo Xeral da Administración (AXA): caixa (13)1.10SIG71/9230.

Intervención do INI (1976-1991), reprivatización e peche definitivo (1991-2002): Álvarez despois de Álvarez

O INI está autorizado a tomar medidas transitorias para a continua-ción das actividades das empresas, así coma para encargar a súa valora-ción a unha auditoría independente, esta foi finalizada en setembro de1977 estimou as perdas acumuladas, na data de entrada do INI nas men-cionadas empresas, en 2122 millóns de pesetas, 632 millóns por enriba dasuma do capital social e reservas contábeis o 18 de decembro de 1976,data na que o número de traballadores era de 3414. Ao superar os 2/3 dopatrimonio neto e como transcorreu 1977 sen recuperación, procede re-estruturar o capital social, segundo o art. 99 da Lei de sociedades anó-nimas. O INI presentará en outubro de 1977 un plano de reestruturacióneconómica e financeira das empresas que se aplicará entre 1977-1980, nomomento de recibir o encargo do Goberno para a reestruturación doGrupo a situación das empresas era insostíbel económica e financeira-mente; por este motivo tivéronse que efectuar por parte do Instituto con-tribucións financeiras por un total de 3856 millóns de pesetas entre 1977e 1979. A pesar diso e como consecuencia dos defectos estruturais de orixeanterior á integración no Instituto, concretados fundamentalmente nunhadeficiente estrutura financeira e nun exceso de persoal, o grupo experi-mentou perdas de 2000 millóns no trienio 1977-1979. Por iso ao rematedo exercicio 1978 a sociedade GEA atopábase na situación de disoluciónprevista no apartado 3 do artigo 150 da Lei de sociedades anónimas, e pro-cedeuse a unha reposición de capital. Así mesmo, a cifra prevista de perdasa finais do exercicio de 1979 colocaría, de concretarse novamente, o gruponesta situación. Debido a todas estas circunstancias, o consello INI nassúas reunións do 11 e 12 de febreiro de 1980 autorizou a posta en marchadun plan de viabilidade que debía poñer en explotación rendíbel a em-presa nun horizonte de cinco anos, o dito plan supoñía a aplicación defondos no quinquenio 1980-1985, por valor de 5192 millóns dos que 1763millóns eran para investimentos e 3369 millóns para amortizar a débeda.O proceso de reestruturación necesaria de GEA tamén implicaría sacri-ficios importantes por parte do persoal, en termos de redución de traba-lladores e de moderación salarial. Durante todo este proceso, as tendas deEstablecimientos Álvarez, que estaban en locais alugados, foron vendidasao ano seguinte da intervención e as que estaban en locais que pertencían

342Empresarios de Galicia

á empresa, só catro, serán vendidas a partir de novembro de 1982 candoo Consello de Ministros aprobe a venda da rede de estabelecementos co-merciais que aínda pertencía ao INI. Todos estes plans e inxección defondos non conseguirán que a industria se recuperase.O fracaso da actuación do INI, logo dun investimento de máis de

20.000 millóns de pesetas, as esixencias da Unión Europea e o desexo doGoberno de liberarse desa carga, serán as causas da reprivatización daempresa en 1991, cando contaba con 1.060 traballadores. Entre 1991 e2001, sucederanse tres empresarios valencianos, Francisco Jiménez Am-bell, Enrique Tatay Huici e Carlos Pérez-Manglano Rodrigo, os resulta-dos non mellorarán e en marzo de 2001 este último presentará a decla-ración de suspensión de pagos. Os intentos de evitar o peche coaconstitución da Sociedade Anónima Laboral (SAL), Alfares Santa Clara,formada por parte dos traballadores, non terá éxito, a situación será insos-tíbel e en marzo de 2002 apáganse os fornos de VANOSA e cesa a activi-dade industrial no grupo GEA; deste xeito, iníciase o complexo camiño para a liquidación dos seus bens, proceso que aínda hoxe en día non está pechado.

343Manuel e Moisés Álvarez

BibliografíaAbreu Sernández, F. (1983): «Formaciónde capital en la ría de Vigo (1880-1940):el sector naval y la industria conservera»,Facultade de Ciencias Económicas eEmpresariais, Santiago de Compostela,tese de doutoramento inédita.

Babiano Mora, J. (1998): Paternalismo in-dustrial y disciplina fabril en España(1938-1958), Madrid. Consejo Econó-mico y Social.

Banco de la coruña (1966): Informe Eco-nómico, A Coruña.

Carmona Badía, X. (1998): «A “gran em-presa», en Galiza: un primeiro achegoaos cambios no grupo das maiores em-presas non financieiras entre 1930 e1973», en J. De Juana, e X. Castro

(dirs.): X xornadas de Historia de Galicia,Ourense, Deputación de Ourense, 151-174.

González Fuste, P. (1944): «La industriade la cerámica en la provincia», en De-legación Provincial de Sindicatos deFET y de las JONS, I Consejo EconómicoSindical de Pontevedra, Pontevedra.

Isasi, L. M. (1944): «La industria del vidrioen la provincia», Delegación Provincialde Sindicatos de FET y de las JONS, IConsejo Económico Sindical de Ponteve-dra, Pontevedra.

Richardson, H. W. (1975): Política y planifi-cación del desarrollo regional en España,Madrid, Alianza.