el abuelo que salto
DESCRIPTION
Información club de lectura Arao. Biblioteca IES Pedra da Aguia.TRANSCRIPT
CLUB DE
LECTURA ARAO
XREFERENCIAS AOS CONFLITOS E PERSONAXES DO SÉCULO XX
PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL
Coñecida tamén co nome de Gran Guerra, tivo lugar entre os anos 1914 e 1918. Está
considerada como a máis grande das guerras da historia.
Participaron todas as potencias mundiais aliñadas en dous bandos. O detonante foi o
asasinato do archiduque de Austria en Sarajevo.
O imperio alemán invadiu Bélxica, Luxemburgo e Francia. Rusia declaroulle a guerra a
Alemaña. Van incorporándose novos países á guerra como Turquía, Italia, Bulgaria, Rumanía.
En 1917 Rusia abandona a guerra debido á Revolución de Outubro. No ano seguinte entra na
guerra Estados Unidos en apoio dos Aliados da Fronte
occidental, facendo retroceder a Alemaña, que aceptou
o armisticio despois da Revolución de Novembro que
forzou a abdicación do Káiser.
Neste conflito foron mobilizados máis de 70
millóns de militares. Morreron máis de 9 millóns de
persoas, debido aos avances tecnolóxicos da industria
armamentística, que foi utilizada contra a infantería de
forma masiva e temeraria.
Como consecuencia da guerra desaparecen os imperios alemán, austro-húngaro,
otomano e ruso. O mapa de Europa Central queda totalmente modificado mediante unha serie
de tratados. Polo de Versalles, firmado en 1919, o imperio alemán foi cortado en dous. Este
feito foi a semente do segundo conflito mundial.
“La tecnología de guerra, en la Primera Guerra Mundial”
https://www.youtube.com/watch?v=nCvnx8WF7GM
A REVOLUCIÓN BOLCHEVIQUE
Nicolás II foi o último zar de Rusia obrigado a abdicar despois da Revolución de Febreiro, o 15 de marzo de 1917. As sucesivas derrotas do exército ruso durante a Primeira Guerra Mundial propiciaron esta revolución. El e a súa familia foron apresados e despois do trunfo da Revolución de Outubro foron executados polos bolcheviques en xullo de 1918.
A revolución de Outubro foi liderada polos bolcheviques baixo a dirección de Vladimir Lenin e foi a primeira revolución socialista do século XX.
Vladimir Lenin foi un político ruso e ideólogo comunista, principal dirixente da Revolución de Outubro e o primeiro dirixente da Unión Soviética.
A GUERRA CIVIL ESPAÑOLA. FRANCO
SEGUNDA GUERRA MUNDIAL
Tivo lugar entre 1939 e 1945.
Comezou coa invasión pola Alemaña de Hitler do territorio polaco o día 1 de setembro.
Participaron neste conflito exércitos de máis de 70 países agrupados en dúas frontes: as potencias aliadas (sobre todo EE.UU., Gran Bretaña e a Unión Soviética) e as do Eixo (Alemaña, Italia e Xapón).
Entre as causas deste conflito están o peche en falso da I Guerra Mundial cun tratado de paz humillante para Alemaña e o trunfo do fascismo en Alemaña, Italia e Xapón, co telón de fondo da profunda crise económica que sucedeu ao crack bursátil de 1929.
A guerra rematou coa victoria das potencias aliadas e a creación das Nacións Unidas, así como coa emerxencia de EE.UU. e a Unión Soviética como grandes superpotencias.
A consecuencia do conflito morreron 60 millóns de persoas, a maioría civís.
Informe Semanal. 50 aniversario da Segunda Guerra Mundial.
http://www.rtve.es/alacarta/videos/informe-semanal/informe-semanal-50-aniversario-
segunda-guerra-mundial/550141/
A BOMBA ATÓMICA – Oppenheimer
Físico estadounidense que durante a Segunda
Guerra Mundial traballou na consecución da primeira
bomba nuclear no laboratorio de Os Álamos, en Novo
México.
Tras coñecer que os nazis estaban facéndose con
todo o uranio que podían na antiga colonia belga do
Congo, un grupo de científicos persuadiron a Albert
Einstein para que firmase unha carta
dirixida ao presidente Roosevelt na
que se lle advertía do perigo de que
os alemáns crearan unha bomba con
gran poder destrutivo.
Roosevelt incrementou as
investigacións sobre fisión nuclear a través da creación do Proxecto
Manhattan para construír unha arma de destrución masiva antes de que
o fixeran os alemáns. J. Robert Oppenheimer foi o director desta
investigación.
“Hiroshima. La bomba atómica”. Documental de BBC
http://www.youtube.com/watch?v=CAmPpZG-
Bns&feature=youtu.be
Harry Truman
Presidente de EE.UU. de 1945 ata 1952. Ocupou a
vicepresidencia con Roosevel nas eleccións de 1944. A
morte repentina de Roosevelt aos 82 días de gañar as
eleccións, colocouno ao fronte do país nun momento moi
delicado.
Estaba completamente desinformado do Proxecto
Manhattan, que estaba a punto de probar a primeira
bomba atómica do mundo.
En agosto de 1945 autorizou o lanzamento das
bombas atómicas sobre Xapón.
Chiang Kai-shek
Militar e estadista chino, líder do Partido
Nacionalista Chino Kuomintang. Foi o líder máximo da
República de China establecida en Nankín en 1927.
Despois da derrota dos nacionalistas polos comunistas en
1949 refuxiouse na illa de Taiwán, gobernando de forma
autoritaria ata a súa morte en 1975. Sempre mantivo a
esperanza de que o comunismo caera e que reconquistaría
o China continental.
A súa muller Song May-ling participou
activamente na política china.
Mao Tse-tung
Máximo dirixente do Partido Comunista Chino. Fíxose co
poder en 1949, proclamando a República Popular China,
provocando a fuxida de Chiang Kai-shek e converténdoo no líder
máximo de China ata a súa morte en1976.
O comunismo de Mao outorga un papel central á clase
campesiña como motor da revolución e non aos traballadores
urbanos como sucedía na Unión Soviética.
A súa cuarta esposa Jiang Qing dirixiu a Revolución
Cultural no plano artístico. Formou parte da denominada Banda
dos Catro, encargados de defender os principios do maoismo.
A GUERRA DE COREA
Tivo lugar entre 1950 e1953. Iniciouse entre
Corea do Sur e Corea do Norte, pero rapidamente se
converteu nunha guerra internacional que
involucrou a Estados Unidos e á ONU apoiando a
Corea do Sur, mentres que China, coa acuda da
Unión Soviética, apoiaban a Corea do Norte. Foi un
enfrontamento derivado da Guerra fría.
Os motivos de Corea do Norte para invadir
Corea do Sur tiveron que ver coa fronteira
establecida entre ambas no paralelo 38 ao final da
Segunda Guerra Mundial, así como coas propias
circunstancias internacionais.
Winston Churchill
Unha das figuras clave de s. XX. Elixido diputado e 1904 e
Primeiro Ministro en 1951. Xogou un importante papel na Segunda
Guerra Mundial, dirixindo ao Reino Unido na súa loita contra
Hitler.
Buscou desde o principio a alianza cos Estados Unidos e a
súa relación persoal con Roosevelt facilitou a implicación
norteamericana. A pesar do seu anticomunismo non dubidou en
buscar a alianza con Stalin. Foi, en resumo, quen propiciou a “Gran
Alianza” que levou aos aliados á victoria nesta guerra.
“Valor é o que se necesita para erguerse e falar; pero tamén é o que se require
para sentarse e escoitar” (Winston Churchil)
Stalin
Ditador soviético fillo dun zapateiro de Xeorxia, rexión que
estaba sometida baixo o poder dos zares de Rusia.
Despois do trunfo da revolución bolchevique dáselle o
sobrenome de Stalin (home de aceiro). A lealdade a Lenin
convérteno en 1922 en Secretario Xeral do Partido Comunista.
Impúxose a Trotski na sucesión de Lenin facéndoo asasinar.
Instaurou unha sanguenta ditadura militar desde os anos 30 ata a
súa morte, implantando o rexime máis totalitario que existiu xamais.
Conseguiu converter á Unión Soviética nunha gran potencia
que compartiu cos Estados Unidos a hexemonía mundial.
A resistencia norteamericana dou lugar á “guerra fría” que perduraría ata a
desaparición da URSS.
“A violencia é o único medio de loita, e o sangue o carburante da historia…”
(Josef Stalin)
Albert Einstein
Considerado como o científico máis importante do s.
XX. Era pacifista convencido. Co auxe do nacional-socialismo
alemán abandonou o seu país e adoptou a nacionalidade
estadounidense en 1940.
Einstein, que sente desprezo pola violencia e as
guerras, é considerado por algúns como o “pai da bomba
atómica”, pois a súa famosa fórmula sobre a enerxía serviu de
base para a fabricación da bomba atómica.
“Cando me preguntaron sobre algunha arma capaz de contrarrestar o poder
da bomba atómica eu suxerín a mellor de todas: a paz”.(Albert Einstein)
BALI – GUERRA CIVIL EN INDONESIA
Nos anos 1965 e 1966 tivo lugar un conflito interno
en Indonesia. Baixo o pretexto de deter un golpe de estado
comunista, o presidente Sukarno foi
derrocado e subiu ao poder o
presidente Suharto en 1967 apoiado
pola CIA. A limpeza posterior a este
conflito saldouse coa morte de
moitísimas persoas.
O ditador Suharto encabezou a lista dos dirixentes máis
corruptos. F oi o segundo presidente de Indonesia e estivo no poder ata
o ano 1998.
CHARLES DE GAULLE - MAIO DO 68 – PARÍS Durante o mes de maio e xuño de 1968 tiveron lugar en París
unha serie de protestas iniciadas polos estudantes de esquerdas, ás que
se foron unindo os obreiros, os sindicatos , o Partido Comunista Francés,
que deron lugar á maior folga xeral da historia de Francia. Estes sucesos
estendéronse por outros países de Europa e América.
Estas protestas puxeron contra as cordas ao Presidente Charles
de Gaulle. As protestas finalizaron coa convocatoria de eleccións xerais a
finais de xuño.
O impacto social destas revoltas foi moi importante, marcaron o
paso dunha sociedade conservadora a unha moral máis liberal baseada na igualdade, na
liberación sexual e o respecto polos dereitos humanos.
“La noche temática: Mayo del 68”
http://www.youtube.com/watch?v=wk_6xaQPE-8
A GUERRA FRÍA
Chámase Guerra Fría ao enfrontamento ideolóxico producido desde o fin da Segunda Guerra Mundial ata o fin da URSS. Este enfrontamento entre dous bloques: o occidental-capitalista, liderado por Estados Unidos, e o oriental-comunista, liderado pola Unión Soviética.
Este enfrontamento marcou significativamente gran parte da historia da segunda metade do s.XX. Os límites temporais do conflito sitúanse entre 1945 e 1991.
Chamouse “guerra fría” porque nunca un dos bloques realizou acción directas contra o outro, pero as guerras de Corea, Vietnam e a Crise dos Misís con Cuba (1962) sitúanse dentro deste conflito.
Suharto
GUERRA DO VIETNAM – Lindon B. Johnson
Conflito bélico que entre 1964 e 1975
enfrontou a Vietnam do Sur, apoiada por Estados
Unidos, con Vietnam do Norte, apoiada pola Unión
Soviética, no contexto xeral da Guerra Fría. Finalizou
cun armisticio que supuxo a primeira derrota bélica
dos Estados Unidos.
Caracterizouse polo uso masivo de
bombardeos e armas químicas. Os medios de
comunicación denunciaron frecuentes violacións dos
dereitos humanos polos dous bandos.
Segundo os organismos internacionais esta guerra causou un número de
mortos entre 3,8 e 5,7 millóns de persoas, a maioría delas civís e
orixinou graves danos medioambientais.
O presidente Lyndon B. Johnson foi quen comprometeu
profundamente aos Estados Unidos nesta guerra, da que o país sairía
moitos anos despois derrotado e afectado por unha profunda crise, polo
que Johnson renunciou a presentarse á reelección en 1968,
sucedéndolle Richard Nixon.
Leonidas Brézhnev
Foi Secretario Xeral do Comité Central do Partido Comunista da Unión Soviética, presidindo o país desde 1964 ata a súa morte en 1982. En política exterior defendeu a “coexistencia pacífica” co bloque capitalista, xustificada polo estancamento económico que imposibilitaba a competencia cos Estados Unidos. Pero a pesar de impulsar o desarme nas negociacións cos Estados Unidos, mantivo a agresividade sobre os países da súa área de influenza (Primavera de Praga en 1968), convertendo aos países socialistas do leste de
Europa en satélites semicoloniales da URSS. A súa última decisión importante foi a invasión de Afganistán en 1979, no intento de apoiar militarmente ao goberno prosoviético nun país clave para a seguridade das fronteiras
da URSS polo sur.