edición - inicio. museo do pobo galego€¦ · uso do patrimonio cultural como recurso...

64

Upload: vuonghanh

Post on 30-Apr-2018

218 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

1

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

2

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

EdiciónMuseo do Pobo GalegoAsociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA)

CoordinaciónDepartamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego

AutoríaCarme Campo Martínez eBeatriz Rey Mourellepara o Museo do Pobo Galego

Corrección lingüísticaAna García Lenza

DeseñosXoán Ramón Marín Martínez

Deseño e maquetaSacauntos Cooperativa Gráfica

PatrocinaConcellaría de Acción Cultural de Santiago de Compostela

ColaboraXunta de Galicia

ISBN-13 978-84-88508-56-0

LicenciaCreative Commons Atribución-Non comercial-Compartir igual 3.0 España (CC BY-NC-SA 3.0 ES)

Versión1.2.0

29 de Agosto de 2017

3

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

ÍNDICE

ORGANIZACIÓN DA GUÍA: FUNCIÓNS COGNITIVAS » 1/2

FESTAS E CELEBRACIÓNSExercicio 1......................................................................................31Exercicio 2......................................................................................33Exercicio 3......................................................................................34Exercicio 4.....................................................................................35Exercicio 5......................................................................................36Exercicio 6.....................................................................................37

MÚSICAExercicio 1......................................................................................39Exercicio 2......................................................................................40Exercicio 3......................................................................................41Exercicio 4.....................................................................................42Exercicio 5......................................................................................43Exercicio 6.....................................................................................44

ORALIDADEExercicio 1......................................................................................47Exercicio 2......................................................................................48Exercicio 3......................................................................................49Exercicio 4.....................................................................................50Exercicio 5......................................................................................52Exercicio 6.....................................................................................53Exercicio 7......................................................................................54Exercicio 8.....................................................................................55

8. ANEXOS8.1. Láminas para colorear...........................................................578.2. Imaxes para elaborar puzles.............................................58

9. AGRADECEMENTOS...................................................................59

10. BIBLIOGRAFÍA.............................................................................61

1. LIMIARESAsociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer.................................................4Museo do Pobo Galego................................................................5

2. ACTIVANDO A MEMORIA: o patrimonio inmaterial desde o museo mediador....................................6

3. A QUEN SE DIRIXE?....................................................................8

4. OBXECTIVOS..................................................................................8

5. CEREBRO, INTELIXENCIA, CONDUTA: da normalidade á demencia......................................................9

6. ORGANIZACIÓN6.1. Recursos do folclore..............................................................136.2. Funcións cognitivas...............................................................146.3. Estrutura dos exercicios......................................................166.4. Táboas asociativas entre recursos e funcións cognitivas....................................................................17

7. EXERCICIOSBAILE

Exercicio 1......................................................................................22Exercicio 2......................................................................................24Exercicio 3......................................................................................27Exercicio 4.....................................................................................29

4

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

A Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con De-mencia Tipo Alzhéimer (AGADEA) é unha asociación sen ánimo de lucro constituída o 25 de marzo de 1994.

Está formada por un grupo de familiares de enfermos e enfer-mas de alzhéimer, para buscar xuntos respostas, compromi-sos, apoios e recursos necesarios para coidar mellor, e con menos dificultades, os seus familiares afectados desta doenza.

O labor de persoas como o Dr. Alfredo Robles Bayón (presiden-te), Antonio Andión López (vicepresidente) e Pilar Payo Soen-gas (secretaria) foi o impulso que deu lugar á creación desta entidade. Tal e como se expresa na acta de constitución, "lé-vaos a crear tal asociación o feito de [...] non haber en Galicia ningunha con estes fins".

AGADEA foi creada tendo como sede inicial o Hospital Xeral de Galicia (Servizo de Neuroloxía). Foi no ano 2005 cando AGADEA comezou a desenvolver terapias de estimulación cognitiva e psicomotriz para persoas con deterioro cognitivo lixeiro e per-soas con alzhéimer e outras demencias en grao leve e modera-do. Ademais, creou outras iniciativas como grupos de axuda para familiares, programas de voluntariado, formación, apoio psicosocial, orientación sobre axudas e apoio legal.

Foi declarada de utilidade pública no ano 2008 polo Ministe-rio do Interior.

En 2009 asentouse no concello de Ribeira, comezando a reali-zar alí terapias de estimulación cognitiva e psicomotriz; pero non foi ata o ano 2010 cando se iniciou a xestión do Centro de

Día de Alzhéimer e outras Demencias Neurodexenerativas da Rede Pública Galega de Alzhéimer, acadando a certificación do sistema de control de calidade conforme á norma ISO 9001:2008 en 2013. Nese mesmo ano acreditouse como centro de servizos sanitarios.

Desde 2012 AGADEA leva a cabo o Programa de Envellecemen-to Activo e Saudable, dirixido a persoas maiores interesadas en previr a perda de memoria ou doutras capacidades intelec-tuais como consecuencia do envellecemento. Este programa comezouse a desenvolver na Casa das Asociacións de Benestar Social de Salgueiriños (Santiago de Compostela) dous días á semana durante dúas horas; debido ao éxito de asistencia, tamén se iniciou no Centro Sociocultural do Ensanche no ano 2014, coa mesma temporalización. En 2015 AGADEA colaborou coa Universidade de Santiago de Compostela na elaboración e posta en marcha dunha investigación sobre envellecemento activo neste programa.

Así mesmo, en 2012 AGADEA inicia un programa pioneiro so-bre intervencións asistidas con animais; a partir desta expe-riencia edítase un libro titulado Manual para implementar las intervenciones asistidas con perros en el ámbito de la demen-cia tipo alzheimer y otras demencias: marco teórico y ejerci-cios prácticos.

En 2014 AGADEA, en colaboración co Concello de Noia, dá un paso máis, desenvolvendo nese municipio aulas de estimula-ción integral para persoas con alzhéimer e outras demencias. No ano 2015 AGADEA segue avanzando e comeza no concello da Estrada un programa denominado Aulas de Estimulación Integral para Persoas con Alzhéimer e outras Demencias.

Isabel Gey, presidenta de AGADEA

LIMIARESAGADEA1

LIMIARES: AGADEA » 1/1

5

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

U nha das misións que os museos, como organizacións de carácter social, teñen encomendadas é a de traba-llar para poñer a cultura e o coñecemento ao alcance

dunha sociedade de mulleres e homes libres.

A materia dos museos é o patrimonio, que coleccionan, con-servan, estudan e difunden para devolvelo ao seu lexítimos propietario, o pobo, en forma de exposicións permanentes e temporais, actividades de coñecemento e divulgación enca-miñadas a toda a cidadanía e a cada unha das persoas que a compoñen, sen exclusión ningunha.

A idea ilustrada dos museos como institucións dedicadas á fe-licidade dos pobos é hoxe máis posible ca nunca, grazas aos recursos que neles se invisten, á capacitación das persoas que neles traballan e ás facilidades que a nosa sociedade móbil e comunicada pon ao alcance dos usuarios e das usuarias, pres-tando especial atención ás demandas daqueles colectivos máis desfavorecidos, ou con necesidades especiais.

Temos a obriga de esforzarnos para ofrecer ao público, con in-dependencia das súas capacidades, unhas condicións de acce-sibilidade física e cognitiva ás instalacións, contidos e actividades do museo, a través dunha oferta de servizos e pro-dutos integradores.

Estamos lonxe aínda de conseguir a plena accesibilidade en condicións de igualdade para todas as persoas, en cumprimen-to dos principios de non discriminación, igualdade de oportu-nidades, vida independente, normalización, participación e

integración, establecidos pola lei de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social. O ámbito da diversida-de intelectual é prioritario, para garantir a participación na vi-da cultural de quen se encontra nesta situación.

Esta é a razón pola cal, conscientes da insuficiencia dos nosos propios medios e da necesidade de actuar en común para po-der achegarnos gradualmente a aqueles obxectivos, o Museo do Pobo Galego, como asociación civil de utilidade pública, vén colaborando con AGADEA, a través do Departamento de Educación e Acción Cultural, para poñer os seus recursos a disposición dos e das profesionais que atenden as persoas con demencia tipo alzhéimer.

A Dirección do Museo do Pobo Galego

LIMIARESMUSEO DO POBO GALEGO1

LIMIARES: MUSEO DO POBO GALEGO » 1/1

6

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

A ctivando a memoria desde o Museo do Pobo Galego: o fol-clore como recurso para a estimulación cognitiva é froito dun traballo desenvolvido durante anos desde o DEAC

(Departamento de Educación e Acción Cultural) do Museo do Pobo Galego, dedicado ao servizo á comunidade.

O traballo do DEAC enmárcase na educación patrimonial como ferramenta para coadxuvar na cohesión e a integración sociais, o que comporta a accesibilidade integral aos espazos e aos con-tidos do Museo. Unha accesibilidade universal que non se refi-re tan só á eliminación das barreiras físicas, senón á superación paulatina das barreiras comunicativas, cun traballo que promo-va a igualdade de oportunidades no acceso ao patrimonio cul-tural e o deseño de programas que contemplen todas as audiencias, considerando os distintos perfís e coñecendo as ca-racterísticas e as necesidades de cada un deles.

Un dos colectivos que ten cada vez máis peso na nosa socie-dade é o das persoas afectadas por algún tipo de deterioro cognitivo ou demencia asociada ao envellecemento, entre as cales a de tipo alzhéimer é a máis común. Pola súa dimensión, este é un problema de saúde que implica a toda a sociedade, tanto na prevención e cura como, sobre todo, na comprensión e o apoio ás persoas afectadas.

En 2005 a Xunta de Galicia presentou unha iniciativa para o uso do patrimonio cultural como recurso terapéutico na me-llora da calidade de vida das persoas afectadas polo alzhéimer e dos seus familiares. Esta iniciativa, denominada Lembrar no museo, consistía na realización dunha serie de obradoiros en

que os e as participantes recreaban a historia da súa vida a través de murais elaborados a partir da visita a tres museos da provincia de Ourense: o Museo da Escola e da Infancia da Po-bra de Trives, o Museo do Xoguete de Allariz e o Museo Et-nolóxico de Ribadavia, entidade que continuou co programa ata 2011. Foi o coñecemento desta experiencia e a relación coa Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia Ti-po Alzhéimer (AGADEA) o que nos levou a unha primeira cola-boración en 2006, que consistía nunha visita específica con persoas usuarias da asociación.

A partir dunha selección de obxectos da colección permanen-te, e usando a psicoestimulación cognitiva e a técnica da re-miniscencia, tratábase de desencadear nas persoas participantes na visita, a lembranza de vivencias que, a través do motor emocional, estableceran pontes entre o pasado e o presente. A actividade, que, aínda que con algunhas interrup-cións, continuou nos anos seguintes, foi incorporando elemen-tos materiais e inmateriais do patrimonio etnográfico; todo co obxectivo de facilitar as conexións e as narracións persoais, es-pertando recordos de maneira non traumática e propiciando o diálogo e a interacción no Museo.

As educadoras que estabamos a cargo da proposta sabiamos que os efectos eran positivos, pero necesitabamos demostralo con datos obxectivables que avalaran a intervención. Deste xeito, en 2013, e de novo en colaboración con AGADEA, deseña-mos un proxecto coa idea central de avaliar o uso do patrimo-nio etnográfico como recurso na terapia con persoas afectadas. Os obxectivos eran extraer resultados e conclusións

ACTIVANDO A MEMORIAO PATRIMONIO INMATERIAL DESDE O MUSEO MEDIADOR2

O PATRIMONIO INMATERIAL DESDE O MUSEO MEDIADOR » 1/2

7

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

que nos permitisen sistematizar o traballo, darlle credibilida-de ás accións desenvolvidas ata o momento, consolidar o pro-grama e realizar unha guía de recursos do Museo para a terapia fronte as demencias tipo alzhéimer.

Deseñamos varias sesións para desenvolver nas instalacións do Museo ao longo de nove meses, cun grupo controlado for-mado por usuarias de AGADEA en etapa leve-moderada da doenza. Cada sesión tocaba un tema distinto de entre os con-tidos nas salas da colección permanente. Utilizáronse diferen-tes recursos e dinámicas coa finalidade de comprobar os efectos sobre a activación da memoria, o reforzamento das ca-pacidades cognitivas e tamén sobre as emocións.

A medida que se foron desenvolvendo as actividades co grupo controlado, observamos que os elementos do patrimonio cul-tural inmaterial (PCI), como os ditos, os contos e as lendas, a música e as cancións, as receitas, os usos sociais ou os aconte-cementos festivos da cultura popular galega, obtiñan mellor resposta á hora de reactivar episodios biográficos e de refor-zar a identidade e a autoestima. O manexo destas manifesta-cións do noso folclore provocaba estímulos auditivos, psicomotrices e visuais e posibilitaba o traballo sobre a me-moria, incorporando así as voces das persoas participantes no relato do Museo.

Unha característica máis destes elementos do PCI é, precisa-mente, o seu carácter inmaterial, que facilita a súa utilización fóra do espazo museístico. Internet e as novas tecnoloxías, ademais, permiten un fácil acceso a este tipo de recursos, o que fai que un traballo baseado neles poida ser aproveitado por outras entidades similares, polos centros de atención ás persoas afectadas e incluso no ámbito doméstico.

Coa guía de recursos como un dos obxectivos do proceso, Bea-triz Rey Mourelle, terapeuta de AGADEA, e Carme Campo Martínez, educadora do Museo e mestra de baile galego, de-señaron unha serie de actividades usando estes elementos do folclore, memoria colectiva e viva de galegos e galegas, que es-taban a funcionar tan ben coas participantes no noso proxec-to, tomando como base as estratexias terapéuticas non farmacolóxicas de abordaxe da doenza.

O resultado é unha publicación que procura experiencias sig-nificativas para un colectivo específico, sendo parte do nece-sario empoderamento das persoas afectadas e de quen as atende. Á vez, é unha reflexión crítica sobre o papel dos mu-seos como ferramenta de transformación social, imprimindo novos significados ao patrimonio que custodian.

Departamento de Educación e Acción Cultural do Museo do Pobo Galego

O PATRIMONIO INMATERIAL DESDE O MUSEO MEDIADOR » 2/2

ACTIVANDO A MEMORIAO PATRIMONIO INMATERIAL DESDE O MUSEO MEDIADOR2

8

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

3

Activando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. O folclore como recurso para a estimulación cognitiva, diríxese a persoas con deterioro cognitivo, a persoas usuarias de programas de envellecemento activo e a aquelas persoas maiores en xeral que queiran exercitar as súas funcións cognitivas.

Os exercicios presentados están pensados para que as per-soas destinatarias sexan estimuladas a partir da interven-ción doutra, ben alguén da familia, ben alguén profesional (do coidado, dos servizos á comunidade, dun programa de envellecemento activo ou de áreas socioculturais), que con-sidere de utilidade as propostas que recolle esta guía.

A maioría dos exercicios poden realizarse cun mínimo de dous participantes (a persoa maior e a encargada de levar a cabo a estimulación), aínda que outras son actividades en grupo pensadas para levarse a cabo entre as persoas usua-rias dalgún servizo á comunidade, como un centro de día ou unha asociación.

Utilizar o folclore galego como ferramenta de traballo para os programas de envellece-mento activo.

3

A QUEN SE DIRIXE?

4 OBXECTIVOS

1Posibilitar que as persoas maiores sexan esti-muladas cognitivamente a partir dos seus costumes e das súas vivencias.

2 Crear materiais adaptados á idade e á cultu-ra das persoas maiores.

4Ofrecer materiais baseados no folclore galego, para integralos en programas de estimulación de persoas con deterioro cognitivo.

5 Visibilizar as diferentes potencialidades que ofrecen os recursos do patrimonio.

A QUEN SE DIRIXE? / OBXECTIVOS » 1/1

9

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

CEREBRO, INTELIXENCIA, CONDUTADA NORMALIDADE Á DEMENCIA5

O sistema nervioso consta de dúas partes: sistema ner-vioso central e sistema nervioso periférico. O primei-ro deles comprende o encéfalo, que se localiza na

cabeza, dentro do cranio (caixa ósea), e a medula espinal, que ocupa o interior da columna vertebral. Estas estruturas conec-tan con todas as demais partes do organismo a través dos ner-vios periféricos (figura 1).

O encéfalo inclúe tres fragmentos: o cerebro, o tronco encefá-lico e o cerebelo (figura 1).

No encéfalo hai aproximadamente 170.000 millóns de células: a metade delas son neuronas e a gran maioría das restantes son células gliais (figura 2). As neuronas procesan informa-ción: dirixen e regulan todas as funcións do corpo, como o movemento, os sentidos, a actividade intelectual, os sentimen-tos e as emocións. As células gliais, que se atopan entre as neuronas, sérvenlles de soporte estrutural e achéganlles nu-trientes e outros elementos químicos e inmunolóxicos nece-sarios para a súa actividade e a súa reparación.

A maior parte das neuronas xa están presentes desde o nace-mento, pero nese momento son pouco operativas. Durante va-rios anos maduran e establecen conexións (sinapses) con outras células. Tras algunhas remodelacións, nalgún momento da se-gunda ou terceira década da vida alcánzase un número de en-tre 100 e 1000 billóns de sinapses eficientes. A densidade sináptica en cada área do cerebro é un dos marcadores do seu desenvolvemento, e determina que as funcións reguladas por esa zona do cerebro se exerzan con maior ou menor eficacia.

O grao de desenvolvemento das diferentes rexións cerebrais depende, por unha parte, de pautas programadas nos xenes que herdamos. Ademais, inflúe o grao de adestramento a que se sometan eses circuítos neuronais (por exemplo, os respon-sables da linguaxe, a memoria, as habilidades matemáticas, a música, a danza etc.). En terceiro lugar, é importante que as estruturas cerebrais se manteñan sas e ben nutridas, para manter indemne a súa capacidade.

Ao avanzar a idade redúcese lentamente o número de neuro-nas do cerebro, aínda que nalgunhas zonas, como os hipocam-pos (estruturas esenciais para rexistrar nova información na memoria), o descenso é máis lento porque continúan apare-cendo novas neuronas (neuroxénese): aproximadamente un-has 700 cada día.

O cerebro comprende unha rede complexa de circuítos nervio-sos, compartimentada en áreas especializadas interconectadas. No ámbito intelectual (ou cognitivo), identifícanse áreas que teñen especial relevancia en funcións concretas, como a lin-guaxe, a memoria, o cálculo aritmético, funcións visoespaciais, razoamento lóxico, iniciativa ou autocontrol (figura 3). O exer-cicio dunha función estimula a produción e aumenta a eficien-cia das sinapses nos circuítos activados. Todo o desenvolvemento alcanzado que exceda o imprescindible para desenvolverse no contorno social e laboral representa unha "reserva" cognitiva.

Esta "reserva" pode servir para levar a cabo actividades com-plexas que melloren a calidade de vida ou a competitividade profesional e, ademais, serve de "colchón" para amortecer os

CEREBRO, INTELIXENCIA, CONDUTA » 1/4

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

10

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

oAc

tiva

ndo

a m

emor

ia d

esde

o M

useo

do

Pobo

Gal

ego

CEREBRO, INTELIXENCIA, CONDUTADA NORMALIDADE Á DEMENCIA5

efectos de calquera enfermidade ou lesión que atente contra circuítos cerebrais responsables da cognición. Por exemplo, unha gran reserva cerebral pode permitir que unha persoa asuma un maior grao de responsabilidade no seu traballo, ou que goce nas súas horas libres doutra actividade cualificada (artística, deportiva etc.); ademais, se comeza unha enfermida-de dexenerativa, que consume progresivamente sinapses e neuronas nunha parte do seu cerebro, dilátase o intervalo que transcorre ata a aparición dos primeiros síntomas; se sofre le-sións, como as ocasionadas por unha trombose cerebral ou un traumatismo cranial grave, haberá menos secuelas que noutra persoa con escasa reserva cerebral.

Cando unha persoa non alcanza un de-senvolvemento das funcións intelec-tuais que se aproxime ao que se produce na maioría da poboación, é probable que experimente dificultades para asumir responsabilidades de tipo la-boral ou na vida social e persoal; incluso pode que precise axuda para levar a cabo algunhas activi-dades necesarias da vida diaria e lle resulte imposible vivir de forma independente. A esta situación, que se fai aparente dentro das dúas primeiras décadas da vida, aplícaselle o nome de discapacida-de intelectual ou trastorno do desenvol-vemento intelectual.

Por outra parte, calquera persoa pode experimentar un deterioro de fun-

cións cognitivas a partir do grao de desenvolvemento intelec-tual alcanzado. Ao avanzar a idade, é natural que se produza un declive lixeiro, lentamente progresivo. Sen embargo, diver-sos trastornos provocan que nun momento da vida apareza un deterioro máis acusado. Se este deterioro é prolongado pe-ro non intenso, de modo que a persoa que o padece pode per-

manecer autónoma nas actividades diarias habituais, denomínase deterioro cognitivo li-

xeiro ou trastorno neurocognitivo lixeiro. Se o trastorno é máis intenso e provoca a ne-cesidade de supervisión ou axuda nalgun-ha das actividades diarias, chámase

demencia ou trastorno neurocognitivo maior.

Existen varias decenas de posi-bles causas do deterioro cogni-tivo lixeiro e da demencia, que poderían dividirse, en termos xerais, en enfermidades dexene-

rativas e non dexenerativas (táboa 1). No caso das enfermidades dexenerativas demenciantes, nun

momento da vida aparece espontaneamente no ce-rebro unha proteína anormal (ou máis dunha) que xeralmente forma agregados daniños para as célu-

las nerviosas, de modo que estas deixan de funcionar ben e, posteriormente, morren e desaparecen. Estas proteínas anómalas son diferentes segundo a enfermidade de que se trate; cada proteína afecta preferente-

CEREBRO, INTELIXENCIA, CONDUTA » 2/4

11

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

oAc

tiva

ndo

a m

emor

ia d

esde

o M

useo

do

Pobo

Gal

ego

CEREBRO, INTELIXENCIA, CONDUTADA NORMALIDADE Á DEMENCIA5

mente a determinadas zonas do cerebro e, por tal motivo, ten-do en conta a especialización funcional das súas distintas par-tes (figura 3), os síntomas difiren en cada enfermidade, aínda que haxa aspectos en común entre unhas e outras (táboa 2). En todo caso, nas variantes coñecidas de cada enfermidade de-xenerativa, as manifestacións evolucionan seguindo uns patróns predicibles. Noutras persoas enfermas, o trastorno causal non é unha enfermidade dexenerativa (táboa 1); nestes casos, a intensidade e o perfil de alteración das funcións cog-nitivas é moito menos predicible.

As enfermidades dexenerativas son progresivas e irreversibles, polo momento. Cando a causa é doutra natureza, a evolución pode ser progresiva, estacionaria ou flutuante, e a veces rever-sible. Se se segue a evolución dun grupo de persoas con dete-rioro cognitivo lixeiro durante cinco anos, ao final dese período un de cada tres terá pasado á situación de demencia, outro persistirá con deterioro lixeiro e un terá revertido a un-ha situación que se considera normal para a súa idade. Unha vez que se ten demencia, so é reversible unha pequena por-centaxe dos casos (aproximadamente 3 %), aínda que na maioría pode lograrse melloría dos síntomas e da calidade de vida se se aplican os tratamentos coñecidos para a enfermida-de de base e para corrixir outras complicacións que actúan frecuentemente agravando a situación.

A demencia é tanto máis frecuente canto máis avanzada é a idade, de maneira que en 8 de cada 10 casos comeza despois dos 65 anos. A probabilidade de desenvolver demencia duplí-case por cada intervalo de aproximadamente 4,5 anos de au-

mento da idade. Na poboación de 30 a 64 anos hai uns 50 casos de demencia por cada 100.000 persoas, mentres que en-tre os maiores de 64 anos hai 6500 por cada 100.000.

Desde hai varios anos, en todo o mundo investíganse fárma-cos que logren previr, ou ben frear ou deter, a progresión das enfermidades dexenerativas demenciantes. Mentres os inves-tigadores traballan, debemos aproveitar os coñecementos ac-tuais para adoptar medidas que reduzan a probabilidade e atrasen o momento inicial dos síntomas. Neste sentido, é aconsellable realizar con regularidade un bo grao de activida-de intelectual e física ao longo de toda a vida, como método de adestramento dos diferentes circuítos cerebrais. É necesa-rio manter hábitos dietéticos adecuados, para conservar me-llor a "reserva cerebral" (dieta variada sen excesivas calorías, con froita, verdura e peixe), así como evitar o consumo de sus-tancias tóxicas, como tabaco e exceso de alcohol. As medidas que axuden a previr o traumatismo cranial tamén son impor-tantes, porque as contusións graves da cabeza implican redu-ción de facultades mentais.

Se xa son evidentes síntomas na esfera cognitiva ou condu-tual, hai fármacos dispoñibles para atenualos. Ademais, exis-ten procedementos non farmacolóxicos que son coadxuvantes do tratamento farmacolóxico. Neste apartado inclúense técni-cas de estimulación cognitiva (orientación á realidade, esti-mulación da memoria por reminiscencia etc.), tratamento ocupacional (tarefas de artesanía, de horticultura, de mano-bras sinxelas abotoar, pegar selos etc. e outras), estimulación dos sentidos básicos (musicoterapia, aromaterapia, masoterapia,

CEREBRO, INTELIXENCIA, CONDUTA » 3/4

12

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

oAc

tiva

ndo

a m

emor

ia d

esde

o M

useo

do

Pobo

Gal

ego

CEREBRO, INTELIXENCIA, CONDUTA » 4/4

CEREBRO, INTELIXENCIA, CONDUTADA NORMALIDADE Á DEMENCIA5

luminoterapia ou estimulación multisensorial [snoezelen]) ou a través de observación e expresión en diversas disciplinas artís-ticas (arteterapia), actividade física (andar, bailar, realizar exercicios), relacións sociais (encontros con persoas directos ou a través de fotos, vídeos ou gravacións sonoras ou con mascotas), ás veces en espazos naturais ao aire libre, ou técni-cas de modificación da conduta (procedementos de distrac-ción, con reforzo ou recompensa das condutas desexables). Todas estas técnicas logran ralentizar a perda de capacidade funcional da persoa enferma, reforzan a súa orientación, me-moria e autoestima, melloran o humor e reducen as altera-cións da conduta e a necesidade de usar fármacos psicoactivos e analxésicos. Ademais, producen melloría no estado psicoló-xico e na calidade de vida das persoas coidadoras.

Finalmente, debemos ter presente que o deterioro cognitivo lixeiro e a demencia reducen capacidade intelectual e funcio-nal, pero non dignidade nin dereitos. Na medida en que unha persoa non sexa quen de comprender o significado ou as im-plicacións de determinadas situacións, ou non poida executar cun mínimo de seguridade actividades concretas, precisará su-pervisión ou suplencia para tomar as correspondentes deci-sións ou realizar as tarefas referidas. Non obstante, en cada momento da evolución da enfermidade deberá respectarse o dereito a que tome as decisións que as súas facultades men-tais lle permitan. Ademais, se é coñecida a súa ideoloxía e as súas preferencias, ou as deixou plasmadas nun documento de instrucións anticipadas, deberán acatarse cando xa non sexa quen de decidir por si mesmo ou mesma.

Alfredo Robles BayónNeurólogo

Unidade de Neuroloxía CognitivaHospital La Rosaleda

Santiago de Compostela

13

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

As festas funcionaron como marcas no tempo. É frecuente oír ás persoas de máis idade falar dos meses nomeando a

festa máis importante que se celebraba en cada un (por exemplo, en lugar de falar do mes de xuño, refírense a el como "mes de san Xoán"). Isto débese á concepción circular do tem-po, baseada no ciclo da natureza: igual que nela se repiten as es-tacións ou o ciclo de vida das plantas, para organizar o tempo recórrese a unha serie de festas de celebración periódica.

Temos diferentes tipos de festas: as cíclicas, como Nadal, Reis, Entroido, Semana Santa, Corpus, san Xoán e Defuntos, fes-tas que, aínda que con particularidades locais, se celebran igual en todas partes; as patronais, que se celebran normalmente nos meses do verán e que honran ao santo ou santa titular da pa-rroquia; as romarías, que son celebracións na honra dun santo, santa ou virxe, nas cales se acode en peregrinación á ermida ou igrexa onde se atopa a imaxe, normalmente localizada nalgun-ha paraxe natural afastada; as laicas, xurdidas ao redor dos tra-ballos comunais, como a malla ou a esfolla, ou de produtos alimenticios que a natureza ofrece.

ORGANIZACIÓN DA GUÍA6.1. RECURSOS DO FOLCLORE6

O baile é a expresión do corpo ante a música, de maneira espontánea e sen ningún significado aparente. É executado co obxectivo de divertirse nun contexto lúdico-social;

compasadamente, pero sen seguir normas ríxidas. É aberto, sen límite de idade e apréndese por observación e imitación, permitindo a liberdade individual de estilos e a libre creación, polo que vai variando co paso dos anos. En Galicia existen va-rios xeitos de bailar: o agarrado, como o pasodobre (que se baila en parella, agarrándose), e o solto, como a muiñeira (que tamén se baila en parella, pero sen agarrarse). Tamén pode-mos bailar a partir de xogos que inclúen cantos e pasos de baile para o divertimento: un exemplo é o que incluímos nun dos exercicios desta guía, o chotis.

Diferenciamos dentro do baile as danzas, cun significa-do ou orixe de tradición moi antiga, e que posúen unha coreografía, unha indumentaria e unha data de celebra-ción marcadas e fixas; interprétanse acompañadas de ele-mentos vistosos como poden ser as fitas, os arcos, os paus, as espadas ou as castañolas.

Por oralidade entendemos o conxunto formado por di-ferentes expresións orais, como son os contos, as adi-viñas, os refráns, as coplas, os romances ou as lendas,

que se van herdando xeración tras xeración, compartíndose e transformándose en resposta ao seu contorno. A súa prác-tica continuada transmite estruturas e coñecementos so-ciais e emocionais, así como moitas lembranzas que alicerzan a existencia das persoas e forman parte da memo-ria viva, axudándonos a entender formas de vida do pasado que teñen significado no noso presente.

A música pode xurdir con calquera utensilio, se queremos darlle ese uso: podemos facer música co noso corpo, por exemplo coa voz ou coas mans; con instrumentos musicais

creados para tal fin, como gaitas ou pandeiretas; ou con uten-silios que orixinalmente tiñan outra función, pero que tamén valen para emitir sons, como garrafas, latas ou cunchas.

A música sérvenos para expresar sentimentos, xogar, acompañar traballos, divertirnos ou bailar a partir de me-lodías e cancións.

ORGANIZACIÓN DA GUÍA: RECURSOS DO FOLCLORE » 1/1

14

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

ORGANIZACIÓN DA GUÍA6.2. FUNCIÓNS COGNITIVAS6

A s funcións cognitivas son aqueles procesos mentais a través dos cales unha persoa adquire, procesa, almace-na, transforma, recupera e xestiona información do

seu propio organismo e procedente do contorno. Grazas a elas, a persoa pode executar as actividades da vida diaria de forma autónoma e competente, e ten capacidade para apre-ciar aspectos da súa existencia persoal e para manter relacións sociais satisfactorias. Entre as funcións cognitivas encóntranse a atención, a memoria, a gnosia, a praxia, a linguaxe, a orienta-ción e o cálculo aritmético. Tamén existen unhas funcións executivas, que serven para que as funcións cognitivas actúen dunha maneira coordinada e eficaz.

ORGANIZACIÓN DA GUÍA: FUNCIÓNS COGNITIVAS » 1/2

A MEMORIA é o proceso neuropsicolóxico que posibilita a aprendizaxe e a utilización de información memorizada cando é necesaria. Distínguense dous grandes tipos de memoria: a implícita e a explícita. A primeira garda a información de actos que, por efecto da repetición, se executan de forma automáti-ca, sen ter que realizar un esforzo de atención; por exemplo, as manobras necesarias para andar en bicicleta, ou conducir (can-do xa hai unha certa experiencia), ou para interpretar unha me-lodía cun instrumento (por un músico habituado a ela).

A segunda, a memoria explícita, permite reter información asociada a eventos concretos (memoria episódica) ou ao sig-nificado de obxectos ou feitos non relacionados con situa-cións concretas (memoria semántica). A memoria episódica de corto prazo permite recordar que hai poucos días acudi-mos a unha consulta médica, ou nos visitou un amigo, ou fo-mos ao cine. A memoria semántica serve para saber que unha culler é un utensilio para comer, que un peite se usa no aseo, que unha catedral é un edificio dedicado ao culto relixioso, ou que animal é un concepto que abarca tipos moi diversos de seres vivos, por nomear algúns exemplos. Cando os recor-dos da memoria explícita se fixan no cerebro de forma per-manente, constitúen a memoria de longo prazo, onde se encontran, entre outros, os recordos autobiográficos.

A ATENCIÓN é a habilidade mental de manter un estado de activación adecuado que permita o procesamento da in-formación. Supón un requisito para iniciar as actividades e para manter a súa execución ata que finalicen. Sen atención é imposible a aprendizaxe de coñecementos.

A PRAXIA é a habilidade para executar as accións motoras aprendidas, de forma voluntaria e coordinada. A persoa con apraxia non ten alteracións da forza, a sensibilidade ou o equilibrio que lle impidan realizar a acción e, de feito, execútaa ben espontaneamente; non obstante, é incapaz de levala a cabo cando se lle ordena ou cando se propón reali-zala a partir dunha vontade consciente. As persoas enfermas con apraxia xestual non poden realizar xestos simples, como por exemplo despedirse coa man ou peitearse. Cando sofren apraxia construtiva son incapaces de elaborar un debuxo ou encaixar pezas para montar un obxecto. Se a apraxia é idea-toria, non poden realizar actos que requiran unha secuencia coordinada de accións máis elementais, xeralmente median-te o uso de obxectos; por exemplo, vestirse, prender unha vela, preparar unha carta para enviala por correo (tendo a folla escrita, o sobre e un selo) etc.

15

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

ORGANIZACIÓN DA GUÍA6.2. FUNCIÓNS COGNITIVAS6

Ao realizar a maioría das actividades cotiás non utilizamos un-ha soa función cognitiva, senón varias á vez. Por exemplo, can-do cruzamos unha rúa e debemos esperar a que o semáforo se poña en verde, estamos usando a atención, porque debemos fixarnos en cando cambia de cor; a memoria, porque debemos recordar que só podemos cruzar cando o semáforo está en ver-de; usamos ao mesmo tempo a gnosia, porque debemos re-coñecer a figura do semáforo e diferenciar as cores, e a orientación, para saber cara a onde nos diriximos.

ORGANIZACIÓN DA GUÍA: FUNCIÓNS COGNITIVAS » 2/2

A GNOSIA é a capacidade de recoñecer as características e o significado básico dos estímulos que se perciben no cerebro, a onde chegan a través das vías sensoriais (de visión, oído, tac-to, gusto e olfacto). Refírese ao recoñecemento de rostros, ob-xectos, colores, figuras xeométricas, sons, aromas etc.

A LINGUAXE é un sistema de códigos utilizado polas per-soas para comunicarse. Pode ser oral (emisión de sons en forma de palabras e frases) ou escrita (representación gráfi-ca dos sons). Tamén existe unha linguaxe corporal ou xes-tual, que se manifesta a través de movementos, xestos e posturas. Os procesos que interveñen nas principais fun-cións da linguaxe son a comprensión oral, a expresión oral, a lectura, a comprensión do lido e a escritura.

A ORIENTACIÓN é a capacidade de tomar conciencia da propia persoa, así como do espazo e do tempo en que se atopa. Alguén con boa orientación é capaz de indicar onde se encontra (cidade, rúa), o momento actual (día, hora, mes, estación, ano) e datos sobre a súa identidade (nome, idade).

O CÁLCULO é a capacidade de manexar números. Permite contar, realizar operacións matemáticas, utilizar medidas ou diñeiro etc. A imposibilidade para o cálculo chámase acalcu-lia. Esta alteración pode formar parte dun trastorno da lin-guaxe (non se comprenden os números) ou da praxia (non se poden manexar números usando bolígrafo e papel).

As FUNCIÓNS EXECUTIVAS serven para integrar funcións cognitivas, para a execución ben modulada dunha actividade complexa. Inclúen o razoamento abstracto, a capacidade de iniciar e deter unha acción cando é procedente, de cambiar de tarefa cando é preciso, de inhibir estímulos distractores, de planificar accións, de organizar mentalmente actividades, de executalas na secuencia adecuada etc. Por exemplo, as funcións executivas permiten planificar a organización dun-ha festa de aniversario, ou que facer cando se pica unha roda do coche.

16

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

ORGANIZACIÓN DA GUÍA6.3. ESTRUTURA DOS EXERCICIOS6

A guía organízase a partir de recursos asociados ao folclore, como son o baile, as festas e celebracións, a música e a oralidade. Os exercicios que propomos con cada recurso organízanse en catro apartados:

ORGANIZACIÓN DA GUÍA: ESTRUTURA DOS EXERCICIOS » 1/1

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADEAquí explicamos os diferentes pasos para a realización do exercicio.

Na maioría dos casos presentamos suxestións de adaptación, para po-der adecuar as actividades ao perfil da persoa con quen traballemos.

1FUNCIÓN COGNITIVA PRINCIPAL QUE SE TRABALLA NA ACTIVIDADENeste apartado nomeamos a función cognitiva principal que se estimula coa actividade.

Hai exercicios en que, cun mesmo recurso, estimulamos varias fun-cións cognitivas, que na guía aparecen organizadas como A e B. Por exemplo, co chotis (un baile) propomos dúas actividades: unha para tra-ballar a orientación (A) e outra para traballar o cálculo (B).

2FUNCIÓNS COGNITIVAS QUE SE ESTIMULAN DE MANEIRA SECUNDARIAOs exercicios están pensados para estimular unha función cognitiva concreta, pe-ro ao realizalos trabállanse de maneira transversal outras funcións que denomi-namos secundarias.

MATERIAS NECESARIOS PARA A ACTIVIDADEFacilitamos neste apartado as ligazóns aos textos, imaxes, deseños, sons ou me-lodías necesarios para levar a cabo os exercicios.

3

4

17

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

ORGANIZACIÓN DA GUÍA: TÁBOAS ASOCIATIVAS ENTRE RECURSOS E FUNCIÓNS COGNITIVAS » 1/3

ORGANIZACIÓN DA GUÍA6.4 TÁBOAS ASOCIATIVAS ENTRE RECURSOS E FUNCIÓNS COGNITIVAS6

A mosamos a continuación táboas cos exercicios de cada recurso, indicando con P as funcións cognitivas que se traballan de maneira principal e con S as que

se estimulan de forma secundaria.

Queremos aclarar que estes exercicios foron pensados a mo-do de orientación para traballar funcións cognitivas concre-tas, mais isto non quere dicir que cun recurso con que nesta guía se estimula, por exemplo, o cálculo non se poidan esti-mular outras funcións cognitivas distintas. De feito, consi-deramos que a meirande parte dos recursos do patrimonio inmaterial e do folclore serven para estimular case todas as funcións cognitivas e, especialmente, a memoria, pois en moitos casos forman parte da experiencia vital dos destina-tarios e as destinatarias desta guía. A partir destes recursos podemos afondar nas súas experiencias, preguntándolles so-bre como viviron eles e elas o baile, as festas, a música ou os diferentes elementos da nosa oralidade, como os contos ou as lendas.

18

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

ORGANIZACIÓN DA GUÍA6.4 TÁBOAS ASOCIATIVAS ENTRE RECURSOS E FUNCIÓNS COGNITIVAS6

ORGANIZACIÓN DA GUÍA: TÁBOAS ASOCIATIVAS ENTRE RECURSOS E FUNCIÓNS COGNITIVAS » 2/3

19

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

ORGANIZACIÓN DA GUÍA6.4 TÁBOAS ASOCIATIVAS ENTRE RECURSOS E FUNCIÓNS COGNITIVAS6

ORGANIZACIÓN DA GUÍA: TÁBOAS ASOCIATIVAS ENTRE RECURSOS E FUNCIÓNS COGNITIVAS » 3/3

20

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o EXERCICIOS

21

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o BAILEEXERCICIOS

22

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

EXERCICIOS / BAILE 17Praxia, ao executar de maneira voluntaria e coordinada o acto motor que se indica en cada paso.

» Atención, ao manter un estado de activación mental adecuado.

» Gnosia, ao recoñecer o seu propio corpo para executar os movementos.

» Orientación, ao ser capaces de situarse no espazo.» Linguaxe, ao comprender as instrucións.» Memoria, ao almacenar e reter a información o tempo

necesario para poder executar o baile.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

Disporémonos de pé por parellas colocadas fronte a fronte e en dúas filas paralelas. Explicaremos que imos facer paseo de muiñeira, é dicir, camiñar cara a un lado e cara ao outro seguindo o ritmo da muiñeira: daremos catro pasos nun sentido e catro pasos no sentido oposto, iniciando o move-mento cun pé e continuando co outro. O movemento das dúas filas realizarase en espello; é dicir, as dúas filas move-ranse no mesmo sentido. Para facilitar a orientación, pode-remos tomar como referencia obxectos que se atopen no lugar onde levemos a cabo a actividade, dicindo, por exem-plo: "Todos e todas cara aos libros" ou "Todos e todas cara á porta".

MODOS DE ADAPTACIÓN

a) Incorporaremos unha palmada no cuarto paso; é dicir, marcarán camiñando os catro pasos ("un, dous, tres, ca-tro") e no cuarto darán unha palmada.

b) Prescindiremos do movemento en espello para mover-nos todos e todas cara á dereita ou cara á esquerda. Ao terse colocado en dúas filas paralelas enfrontadas, o mo-vemento resultante será similar ao dunha serra.

Este exercicio inspírase no baile solto, que se caracteriza por executarse en parellas que bailan sen agarrarse e que poden conformar un grupo; as parellas colócanse fronte a fronte en filas ou en roda. A muiñeira e a xota son exemplos deste tipo de baile.

A súa estrutura adoita constar de tres partes: o paseo, o punto e a volta. Nos exercicios centrarémonos nun paseo e nun punto, este último adaptado ao colectivo.

DESCRICIÓN

EXERCICIOS: BAILE 1 » 1/2

FUNCIÓN COGNITIVA PRINCIPAL PASEO

23

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

MODOS DE ADAPTACIÓN

a) Realizaremos os movementos cos brazos erguidos e esti-rados, como se fai no baile tradicional galego.

b) Prescindiremos do movemento en espello. A persoa que narra o punto dará as seguintes instrucións:

1. Coa perna dereita: paso adiante, paso atrás, paso adiante. Co pé dereito: tacón, punta, tacón.

2. Xúntanse os pés.3. Repítense os mesmos movementos coa perna es-

querda (adiante, atrás, adiante) e co pé esquerdo (tacón, punta, tacón).

MATERIAIS NECESARIOSVídeo da execución

do punto

EXERCICIOS / BAILE 17

EXERCICIOS: BAILE 1 » 2/2

Disporémonos en dúas filas, cara a cara con cadansúa pare-lla. Unha persoa narrará os movementos que as demais terán que executar; esta narradora colocarase no comezo das filas e entre ambas.

Antes de comezar cos movementos, indicará que estes se realizarán en espello; é dicir, a fila da dereita (en relación coa narradora) executará os movementos coa perna derei-ta e a fila da esquerda, coa perna esquerda.

Os movementos son:

1. Coa perna (fila dereita, coa perna dereita; fila esquerda, coa perna esquerda): paso adiante, paso atrás, paso adiante.

2. Co pé (fila dereita, co pé dereito; fila esquerda, co pé es-querdo): tacón, punta, tacón. Trátase de que toquen o chan primeiro co tacón, despois coa punta do pé e por último de novo co tacón.

3. Xúntanse os pés.4. Repítense os mesmos movementos coa outra perna e co

outro pé; é dicir, a fila da dereita realizará os movemen-tos coa perna e o pé esquerdos e a fila da esquerda, coa perna e o pé dereitos.

PUNTO

Vídeo da execución do paseo

24

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

EXERCICIOS / BAILE 27» Cálculo, ao ir contando os pasos que se deben realizar.» Praxia, ao executar de maneira voluntaria e coordinada o

acto motor que se indica en cada paso.

» Atención, ao manter un estado de activación mental adecuado.

» Gnosia, ao recoñecer o seu propio corpo e mais as cores.» Orientación, ao seren capaces de situarse no espazo.» Linguaxe, ao comprender as instrucións.» Memoria, ao almacenar e reter a información o tempo

necesario para executar o baile.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

2. Feito o círculo, colocarémonos por parellas mirándonos cara a cara. As persoas que forman cada parella deixarán unha distancia entre si de dous pasos e cada parella es-tará a unha distancia de catro pasos da seguinte.

3. Con estes cálculos, realizados contando os pasos, podere-mos marcar no chan a posición de cada parella (por exemplo con xiz, marcando "1" na primeira parella, "2" na segunda e así sucesivamente).

4. A continuación repartiremos as fitas, que serán de dúas cores (por exemplo, unhas fitas serán vermellas e outras, azuis), de forma que a unha persoa de cada parella corresponderalle un-ha fita de cor azul e á outra, unha fita vermella. Deberá coin-cidir que todas as persoas que miran cara a un sentido da roda teñan unha cor (por exemplo, a azul) e todas as que miran ca-ra ao outro sentido terán a outra cor (a vermella).

5. Explicaremos que todas as persoas que miran cara a un lado (e que teñen a fita da mesma cor) se moverán nese sentido da roda, mentres que as que miran cara ao outro lado (e que teñen a fita da outra cor) se moverán cara ao outro sentido, polo que estarán facendo dúas rodas, é di-cir, dous círculos concéntricos.

6. Unha vez explicado todo isto, comezará o movemento:Marcaremos os pasos e o ritmo contando ata catro, di-

cindo: "Un, dous, tres, pausa": o "un" corresponderase co

EXERCICIOS: BAILE 2 » 1/3

FUNCIÓNS COGNITIVAS PRINCIPAIS

DESCRICIÓNO exercicio parte da adaptación dunha danza de fitas. A danza de fitas era executada antigamente por algúns gre-mios como ofrenda ao seu santo ou virxe protectora. Na ac-tualidade é danzada por ranchos de Reis no tempo desa festividade, principalmente na zona sur da provincia de Pontevedra.

1. Dispoñerémonos ao redor do pau das fitas para, a partir del, afastarnos oito pasos. O resultado é un círculo máis ou menos perfecto co pau no centro.

PASOS QUE HAI QUE SEGUIR

25

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

8. Cunha nova parella, repetirán os pasos 6 e 7, e así sucesi-vamente ata chegaren ao lugar de partida, onde se ato-parán de novo coa súa parella.

9. Unha vez que as persoas usuarias comprendan a dinámi-ca da danza, poderán ser eles e elas as que vaian contan-do en alto os pasos, dicindo: "Un dous, tres, pausa, un, dous, tres, pausa, un, dous, tres, pausa..."

Ao ir contando de catro en catro estamos marcando o ritmo da muiñeira, que é o que segue esta danza. Recomendamos utilizar a música só unha vez que as persoas usuarias teñan totalmente interiorizados os movementos.

Como van cruzándose coas fitas na man, estarán a for-mar un debuxo sobre o pau, como unha especie de trenza-do simple.

EXERCICIOS / BAILE 27

EXERCICIOS: BAILE 2 » 2/3

primeiro paso, que darán coa perna dereita; o "dous" será o segundo paso, que darán coa esquerda (achegando o pé es-querdo ao pé dereito, que iniciou o paso); o "tres" será o ter-ceiro paso, coa perna dereita; e o "pausa" será o cuarto paso, onde pararán, volvendo ter os pés xuntos. Con estes catro pa-sos deberían colocarse na posición onde estaba a súa parella.

As persoas que camiñan no sentido contrario ao das agullas do reloxo darán estes catro pasos polo círculo de fóra, pasando a súa cinta por riba da parella, mentres que esta camiñará polo círculo de dentro, pasando a cin-ta por baixo.

7. A continuación volveremos contar ata catro dicindo "un, dous, tres, pausa": as parellas camiñarán catro pasos, pe-ro, en lugar de ir xuntando os pés, darán pasos longos; é dicir: o "un" correspóndese co primeiro paso, que damos co pé dereito avanzando sobre o pé esquerdo; o "dous", co pé esquerdo que avanza sobre o pé dereito; o "tres", co pé dereito que avanza sobre o esquerdo; e o "pausa" indica que avanza o pé esquerdo ata o lugar onde parou o pé dereito, de maneira que queden os pés xuntos. Con estes catro pasos longos chegarán ata a posición onde es-taban as parellas que tiñan ao lado e cambiarán, loxica-mente, de parella.

As persoas que camiñan no sentido contrario ao das agullas do reloxo darán estes catro pasos polo círculo de fóra, pasando a súa cinta por riba da súa parella, mentres que esta pasará a cinta por baixo.

26

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

MATERIAIS NECESARIOSPara esta danza son necesarios un pau de 2,5 metros de lon-xitude e varias fitas (lazos) de tea de dúas cores diferentes. Tamén cómpren xiz, papel e lapis.

Vídeo executando a danza

a) Realizaremos a danza seguindo os pasos anteriormente descritos. Antes de comezar, faremos fincapé na necesida-de de que presten atención ás formas que resultan ao exe-cutala (rodas, liñas etc.).

Unha vez rematada, repartirémoslles lapis e papeis, on-de terán que debuxar as diferentes formas xeométricas que describiron bailando e tamén o deseño que resultou no pau coas fitas (unha circunferencia, un círculo concén-trico e un trenzado).

b) Prescindiremos dalgúns movementos da danza e adapta-remos outros da seguinte forma:1. Colocarémonos por parellas ao redor do pau.2. Cada parella collerá unha cinta.3. Contando ata catro ("un, dous, tres, pausa"), daremos ca-

tro pasos longos separándonos do pau, que quedará ás no-sas costas. O paso "un" darémolo coa perna dereita; o "dous", coa esquerda, avanzando sobre a dereita; o "tres", coa dereita, avanzando sobre a esquerda; e co "pausa" achegaremos a perna esquerda ata a dereita, acabando cos pés xuntos.

4. Xiraremos contando ata catro para quedar mirando ca-ra ao pau.

5. Repetiremos o movemento 3 para achegarnos ao pau.

EXERCICIOS / BAILE 27

EXERCICIOS: BAILE 2 » 3/3

MODOS DE ADAPTACIÓN

27

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

EXERCICIOS / BAILE 37A » Orientación, ao situarse no momento presente.B » Cálculo, ao realizar as operacións matemáticas.

» Atención, ao manter un estado de activación mental ade-cuado.

» Linguaxe, ao comprender cada unha das preguntas for-muladas.

» Memoria, ao recordar que os días da semana son concep-tos que marcan o paso do tempo.

» Funcións executivas, ao exercitar a capacidade de razoa-mento para asociar os días da semana cos números co-rrespondentes.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

Nesta actividade facilitaremos o recordo dos días da sema-na e exercitaremos a secuencia numérica dos mesmos.O primeiro que faremos será escoitar a gravación, onde a letra di:

Luns e martes e mércores, tres;xoves e venres e sábado, seis.Un, dous, tres,un, dous tres,un, dous, tres, catro, cinco e seis.

Após escoitar a canción, asociaremos cada día da semana co seu número correspondente (luns=1, martes=2 etc.). A conti-nuación formularémoslles diversas preguntas coa finalida-de de estimular a lembranza dos días da semana e chegar á conclusión do día en que nos atopamos. Propomos algúns exemplos:

- Luns, martes e mércores, tres; xoves, venres e sábado, seis: que día falta?

- Luns e martes, dous: que día segue?- Sábado, domingo, sete: o luns que número é?- Se o luns se corresponde co primeiro día, cal é o quinto día?- Un, dous e tres, que días da semana son?- Cales son os días da semana e cantos días hai?- Hoxe é o segundo día da semana: que día é hoxe?

MODO DE ADAPTACIÓNNon achegamos ningunha proposta.

EXERCICIOS: BAILE 3 » 1/2

FUNCIÓNS COGNITIVAS PRINCIPAIS A » PARA A ORIENTACIÓN

DESCRICIÓNO exercicio inspírase no chotis, un baile-xogo en grupo existente en diferentes puntos da península Ibérica, así como en Europa e América.

28

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

EXERCICIOS / BAILE 37A partir da audición do chotis, fomentaremos operacións de cálculo simples cos números dos días da semana. Por exem-plo: "Martes 2 e domingo 7: canto suman 2+7? Canto resul-ta a resta? E a multiplicación?"

Tamén podemos facer operacións de cálculo con pregun-tas deste tipo: "Se hoxe estamos no segundo día da semana, a que día me estou a referir se digo de hoxe en 8 días?"

MODO DE ADAPTACIÓN

Ditarémoslles a canción para que escriban os números que se cantan nela. A partir de aí, formaremos grupos numéri-cos para que os digan. Por exemplo, dirémoslles: "O 1 e o 2 que número forman?", ao que terían que contestar "doce".

B » PARA O CÁLCULO MATERIAIS NECESARIOSA melodía deste exercicio pódese atopar no libro Para cantar e bailar de Luís Prego, editado por Cumio (2008).

EXERCICIOS: BAILE 3 » 2/2

29

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

EXERCICIOS / BAILE 47» Linguaxe, ao comprender as preguntas formuladas e ex-

presar a resposta.» Memoria, ao almacenar e reter a información o tempo

preciso para responder ás cuestións formuladas.

» Gnosia, ao recoñecer obxectos, formas, cores, sons etc.» Atención, ao manter un estado de activación mental ade-

cuado.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

» Que cores se perciben ao longo do vídeo?» Que elementos recoñecen?» En que lugar se produce o encontro da xente?

FUNCIÓNS COGNITIVAS PRINCIPAIS

DESCRICIÓNUtilizaremos un vídeo en que aparece xente bailando como punto de partida para preguntarlles sobre o que ven.

SOBRE O CONTORNO DO BAILE

SOBRE A MÚSICA» Que instrumentos ven?» Cantas persoas os están a tocar?» Que sons recoñecen?» Identifican de que tipo de peza musical se trata?

» Cantas persoas bailan?» Como se colocan para facelo?» Que fan cos brazos?» Que formas trazan ao bailar? (filas, rodas...)

SOBRE O BAILE E A SÚA COREOGRAFÍA

MODOS DE ADAPTACIÓNa) Despois disto, podemos pedirlles que nos describan con

detalle todo o que viron, facendo alusión a como reaccio-nan as persoas nun primeiro momento, en que espazo se encontran, de onde saen... Ademais intentaremos que ex-presen o recordo que lles puido espertar a visualización do vídeo.

b) Mostrarémoslles o vídeo e preguntarémoslles que nos conten o que ven, sen facer preguntas concretas e dei-xando liberdade de expresión.

MATERIAIS NECESARIOSGravación dun grupo de xente a bailar realizada por Mercedes Peón en Bardaos (Tordoia, A Coruña).

EXERCICIOS: BAILE 4 » 1/1

30

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

EXERCICIOS

FESTAS E CELEBRACIÓNS

31

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

EXERCICIOS / FESTAS E CELEBRACIÓNS 17» Praxia, ao executar as accións motoras requiridas, entre

as que están recortar coas tesoiras, copiar os padróns, pegar os pétalos etc.

» Gnosia, ao recoñecer as cores e as formas.

» Atención, ao manter un estado de activación mental adecuado.

» Linguaxe, ao comprender as instrucións.» Memoria, ao almacenar e reter a información.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

1. O primeiro paso consistirá en pedirlles que agrupen as flores por cores e que vaian quitándolles os pétalos dun en un, agrupándoos tamén por cores. No caso de os faceren de papel, pedirémoslles que copien a forma dos pétalos, para posterior-mente recortalos e clasificalos por cores.

2. O seguinte paso será confeccionar os mol-des do deseño, para o que lles daremos un padrón (modelo 1). Primeiro terán que pintar o contorno do debuxo e despois re-cortalo seguindo as liñas: así conseguire-mos que o debuxo se transforme nun oco baleiro para, chegado o momento, enchelo de pétalos. Recomendamos usar cartolina para mellorar a consistencia do padrón.

3. No terceiro paso deberán pór eses moldes recortados enriba de papel mural (pódense suxeitar cuns anacos de cinta adhesiva para evitar que se movan), colocado sobre unha mesa longa ou un taboleiro. Disporanse nunha liña formada por dous padróns (un á dereita e outro á esquerda), co obxectivo de que poida traballar unha persoa a cada lado da mesa e, á vez, que resulte a forma dunha alfombra alongada.

EXERCICIOS: FESTAS E CELEBRACIÓNS 1 » 1/2

FUNCIÓNS COGNITIVAS PRINCIPAIS

DESCRICIÓNInspirándonos nas alfombras florais que se confeccionan nalgunhas zonas de Galicia na festa de Corpus, propomos este exercicio de composición de alfombras con pétalos de flores ou, no seu defecto, con anacos de papeis de cores imitando pétalos.

MÉTODO

32

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

4. No penúltimo paso numeraremos cada un dos ocos balei-ros do padrón, para que saiban que orde deben seguir á hora de enchelos con pétalos. Tamén lles indicaremos a cor dos pétalos en cada oco (suxírese marcar os ocos con xices das cores que se van empregar), ou deixaremos liber-dade a cada persoa para que escolla a cor que prefira.

5. No último paso irán enchendo os ocos do padrón, poñendo neles os pétalos das flores seguindo a orde numérica e as co-res marcadas con anterioridade. Ao rematar, retirarán os moldes (cara arriba para non estrar os pétalos), de maneira que só queden no papel mural os debuxos formados polos pétalos pegados.

7 EXERCICIOS / FESTAS E CELEBRACIÓNS 1

EXERCICIOS: FESTAS E CELEBRACIÓNS 1 » 2/2

MODO DE ADAPTACIÓNEvitaremos o proceso de elaborar o padrón, ou ben re-cortándoo e póndoo nós sobre a mesa, ou ben debuxando directamente o deseño do padrón sobre o papel mural. Eles e elas terán que encher os debuxos cos pétalos de flores se-guindo as indicacións proporcionadas.

MATERIAIS NECESARIOSPapel de embalar, xices, tesoiras, pétalos de flores ou, no seu defecto, papeis de diferentes cores para recortalos a modo de pétalos.

Deseños para elaborar a alfombrarealizados por Xoán Ramón Marín Martínez.

33

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

EXERCICIOS / FESTAS E CELEBRACIÓNS 27» Gnosia, ao recoñecer visualmente os alimentos.

» Atención, ao manter un estado de activación mental adecuado.

» Linguaxe, ao comprender as instrucións e expresar a súa opinión.

» Orientación, ao situar os alimentos nas diferentes épocas do ano.

» Memoria, ao recordar conceptos (textura, sabor e cheiro) asociados a cada un dos alimentos.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

Prescindiremos das imaxes e preguntarémoslles por comi-das que adoitan ou adoitaban preparar nas diferentes cele-bracións do ano. A partir das súas respostas, pedirémoslles que describan o sabor, a textura e o cheiro deses alimentos.

EXERCICIOS: FESTAS E CELEBRACIÓNS 2 » 1/1

FUNCIÓN COGNITIVA PRINCIPAL

DESCRICIÓNO exercicio consiste en recoñecer alimentos que se adoitan consumir en determinadas festas ao longo do ano para, a partir deles, recordar e describir o seu sabor e o seu cheiro.

Primeiro amosarémoslles diferentes fotografías de, por exemplo, un roscón, bacallau con coliflor, filloas ou sardiñas con pan de millo, entre outras.

Con cada imaxe deberán identificar o alimento en cues-tión e lembrar o seu sabor (salgado, doce, acedo ou amar-go), a súa textura (branda, crocante, dura, líquida…) e o seu cheiro.

Para rematar, terán que indicar en que festa se adoita comer.

MODO DE ADAPTACIÓN

MATERIAIS NECESARIOSA continuación móstrase un exemplo da relación entre alimentos e as festas en que se adoitan consumir. Podemos aumentar o número de asociacións en función do grupo de persoas co cal levemos a cabo a actividade:

» Castañas e viño: magostos» Cabazas: noite de Defuntos» Bacallau con coliflor: Noiteboa» Roscón: Reis» Filloas: Entroido» Rosca ou ovos de chocolate: Pascua» Sardiñas con pan de millo: San Xoán» Carneiro ou cabra: festas patronais» Rosquillas: romarías» Polbo: feira

34

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7» Gnosia, ao recoñecer as cores.

» Atención, ao manter un estado de activación mental adecuado.

» Linguaxe, ao comprender a actividade proposta e nomear as cores.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

FUNCIÓN COGNITIVA PRINCIPAL

DESCRICIÓNNeste exercicio iremos amosando unha por unha imaxes de distintas máscaras do Entroido galego. Eles e elas terán que identificar e nomear as cores que perciben en cada unha das máscaras.

MODO DE ADAPTACIÓNIremos nomeando as cores para que as identifiquen nas distintas zonas das máscaras.

MATERIAIS NECESARIOSMáscaras de Entroido da colección do Museo do Pobo Galego, fotografadas por Juan Feáns e Tino Viz.

EXERCICIOS: FESTAS E CELEBRACIÓNS 3 » 1/1

EXERCICIOS / FESTAS E CELEBRACIÓNS 3

35

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7» Praxia, ao elaborar un debuxo a partir dun modelo.

» Atención, ao manter o estado de activación mental necesario.

» Linguaxe, ao comprender as indicacións da actividade.» Gnosia, ao recoñecer as formas das máscaras.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

FUNCIÓN COGNITIVA PRINCIPAL

DESCRICIÓNNeste exercicio traballaremos a capacidade de debuxar me-diante copia e por simetría. Achegamos a metodoloxía para traballar con dous tipos de láminas:

» Láminas para debuxar unha máscara mediante copia: Presentaremos a fotografía ou debuxo dunha máscara (modelo 1) e pedirémoslles que intenten debuxala.

» Láminas para debuxar unha parte dunha máscara, por simetría: Neste caso, presentarase a lámina da másca-ra cortada pola metade (modelo 2), para completaren a outra metade.

MODO DE ADAPTACIÓNNaqueles casos en que sexa necesario proporcionar un fa-cilitador, poderase marcar o contorno da máscara con puntos para unir, ou con números que deberán seguir de forma secuencial.

EXERCICIOS: FESTAS E CELEBRACIÓNS 4 » 1/1

EXERCICIOS / FESTAS E CELEBRACIÓNS 4

MATERIAIS NECESARIOSDebuxos de máscaras realizados por Xoán Ramón Marín Martínez:

Modelo de lámina para debuxar mediante copia.

Modelo de lámina para debuxar por simetría.

PROGRAMAS INFORMÁTICOS» No caso de que teñamos a imaxe copiada nun documento

de texto, debemos pinchar sobre ela para activar a barra de ferramentas de imaxe. Unha vez activada, pinchamos en "Formato" e despréganse as diferentes barras que nos per-mitirán dar ao debuxo o aspecto desexado.

» No caso de que a imaxe estea en formato .jpg, podemos copiala nun documento de texto e seguir os pasos indica-dos anteriormente, ou abrila cun programa de edición gráfica (p. ex. Paint) e realizar as modificacións oportunas sobre ela.

» Cando teñamos a imaxe rematada, debemos copiala nun documento de texto para darlle o formato de lámina.

36

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7» Cálculo, ao manexar os números e seguir a secuencia

numérica.» Praxia, ao executar o acto motor de forma coordinada.

» Atención, ao manter o estado de activación mental necesario.» Linguaxe, ao comprender a actividade.» Memoria, ao lembrar os diferentes conceptos

matemáticos aprendidos.» Funcións executivas, ao activar a capacidade de

razoamento lóxico e abstracto.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

FUNCIÓN COGNITIVA PRINCIPAL

DESCRICIÓNO exercicio consiste en confeccionar un colar cun feixe de zonchos1 que lles proporcionaremos. Os zonchos estarán numerados e as persoas que participan na actividade de-berán ir uníndoos pola orde numérica que lles indiquemos. Por exemplo, terán que unir os zonchos por orde do primei-ro ao último, ou do último ao primeiro; terán que unir pri-meiro os pares e despois os impares etc.

MODO DE ADAPTACIÓNa) Darémoslles indicacións que induzan ao cálculo para a

confección do colar de zonchos. Por exemplo, a unha per-soa dirémoslle que ten que facer un colar para un neno ou unha nena de tres anos; a outra, para unha persoa adulta e forte; a outra, para unha delgada etc. Eles e elas deberán calcular cantos zonchos necesitan para o colar e que tamaño de fío cómpre para envolver o colo da per-soa a quen vai dirixido.

b) Indicarémoslles que deben confeccionar un colar de zon-chos para si, uníndoos aleatoriamente sen seguir ningun-ha secuencia numérica.

EXERCICIOS: FESTAS E CELEBRACIÓNS 5 » 1/1

EXERCICIOS / FESTAS E CELEBRACIÓNS 5

MATERIAIS NECESARIOSTeremos que conseguir as castañas e cocelas. Tamén preci-saremos fío de la ou do que se usa para atar os chourizos, e agullas grosas para furar as castañas.

1 Os zonchos, tamén chamados mamotas, son castañas que se cocen coa casca e un chisco de sal, para comelas despois. Estas castañas, unha vez cocidas, únense a xeito de colar furándoas polo medio cunha agulla e pasándolles un fío groso.

37

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7» Cálculo, ao efectuar as operacións matemáticas precisas.» Funcións executivas, ao planificar a celebración.

» Atención, ao manter o estado de activación mental necesario.

» Linguaxe, ao comprender a actividade.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

FUNCIÓNS COGNITIVAS PRINCIPAIS

DESCRICIÓNO exercicio consiste en poñernos na situación de comprar os alimentos necesarios para a celebración da festa patro-nal. Para iso, primeiro facilitarémoslles os prezos de cada alimento e despois darémoslles un presuposto para facer a compra; por exemplo:

Van preparar churrasco con patacas e ensalada para 20 persoas. Os prezos (que poderían indicarse tamén en pese-tas) dos alimentos necesarios son:

» Cada tira de churrasco dun quilogramo custa 5 €.» O quilo de patacas, 2’5 €.» A unidade de leituga, 0’70 €.» A unidade de cebola, 0’50 €.» O quilo de tomates, 3’5 €.

EXERCICIOS: FESTAS E CELEBRACIÓNS 6 » 1/1

EXERCICIOS / FESTAS E CELEBRACIÓNS 6

MATERIAIS NECESARIOSPrecisaremos lapis, gomas de borrar e folios.

Se contan con 100 € para facer a compra, cantos quilos de carne comprarían?; canto diñeiro gastarían para compralo?; canto diñeiro lles quedaría despois de comprar a carne? O mesmo sucesivamente con todos os alimentos.

Se se considera oportuno, pódense utilizar folletos publi-citarios con prezos de alimentos para entregar a cada per-soa que participe da actividade, coa finalidade de que sexa ela quen consulte os prezos.

MODO DE ADAPTACIÓNDarémoslles unha receita concreta que se pode preparar para a festa patronal e serán as persoas as que deberán pensar nos ingredientes precisos e calcular as cantidades que haberá que comprar.

38

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

EXERCICIOS

MÚSICA

39

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7» Orientación, ao situarse nas diferentes épocas do ano.

» Atención, ao manter o estado de activación mental nece-sario para a actividade.

» Linguaxe, ao comprender a letra da canción e as instru-cións, e mais ao expresar o contido da canción.

» Memoria, ao identificar a letra da canción e asociala á época do ano.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

FUNCIÓN COGNITIVA PRINCIPAL

DESCRICIÓNUtilizaremos a música como medio para orientarnos tempo-ralmente na época do ano en que nos encontramos. En cada unha das celebracións cíclicas (Nadal, Reis, Entroido, Semana Santa) escoitarán unha canción asociada á festa concreta que se celebra neses días. A continuación preguntarémoslles de que fala a canción e se saben por que a escoitamos nesas da-tas, co fin de incidir na época do ano en que nos atopemos.

MODOS DE ADAPTACIÓNa) Despois preguntaremos polas evocacións que estas pezas

cantadas puidesen causarlles: se saben algunha outra do mesmo tipo, como celebraban esa festa, que comían, en que época do ano ten lugar, que tempo vai daquela, que tipo de roupa vestían...

b) Mostrarémoslles unha imaxe representativa da festa ao mesmo tempo que escoitan a canción.

EXERCICIOS: MÚSICA 1 » 1/1

EXERCICIOS / MÚSICA 1

MATERIAIS NECESARIOSPezas musicais recompiladas no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego:

NADALPanxoliñas:» Texto e audio de

"Festiñas de Nadal"

» Texto e audio de "San José lavaba"

Aninovo:» Texto e audio de

"Ano novo, ano novo"

Reis:» Texto e audio de

"San José e mais María"

ENTROIDO» Texto e audio de

"O antroido deste ano"

SEMANA SANTA» Texto e audio de

"Jueves santo de la cena"

40

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7» Gnosia, ao recoñecer as melodías.» Memoria, ao recordar a letra da canción que está asocia-

da a cada melodía.

» Atención, ao manter o estado de activación mental pre-ciso para escoitar as diferentes melodías.

» Linguaxe, ao expresar de forma verbal a letra da canción.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

FUNCIÓN COGNITIVA PRINCIPAL

DESCRICIÓNExplicarémoslles que imos escoitar cancións populares para ver se son capaces de lembrar a letra, pois só oiremos a me-lodía. Cando a música soe, poderán comezar a cantar a letra da canción.

MODOS DE ADAPTACIÓN

EXERCICIOS / MÚSICA 2

MATERIAIS NECESARIOSAs melodías encóntranse recollidas no cancioneiro popular Eu non canto por cantar de Manuel Rico Verea e Antón San-tamarina Fernández, dispoñible na web do Museo do Pobo Galego e clasificado por capítulos que conteñen as melodías das cancións, os textos e as partituras.

Desta antoloxía podemos escoller aquelas cancións que consideremos máis apropiadas, a partir do noso coñece-mento persoal e das experiencias compartidas cos e coas participantes.

EXERCICIOS: MÚSICA 2 » 1/1

a) Pedirémoslles que, cando escoiten e recoñezan a me-lodía, non canten a letra, senón que a escriban.

b) Se non son quen de reproducir a letra, comezaremos nós a cantala para tentar que eles e elas continúen.

41

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7A » Gnosia, ao recoñecer os sons de cada instrumento.B » Praxia, ao realizar os xestos que se executan ao tocar o

instrumento.

» Atención, ao manter o estado de activación mental pre-ciso para realizar a actividade.

» Linguaxe, ao expresar de forma verbal o nome do instru-mento.

» Memoria, ao recordar diferentes instrumentos musicais e o modo de tocalos.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

FUNCIÓN COGNITIVA PRINCIPAL

MATERIAIS NECESARIOSA » Para a gnosia: Sons de instrumentos

dispoñibles na sala de música do Museo do Pobo Galego.

B » Para a praxia: Non son precisos materiais de apoio.

EXERCICIOS: MÚSICA 3 » 1/1

EXERCICIOS / MÚSICA 3

DESCRICIÓN » A » PARA A GNOSIAIremos escoitando os sons correspondentes a cada un dos instrumentos para que os identifiquen e nomeen.

MODO DE ADAPTACIÓN

En lugar de escoitar os sons individualizados, poderemos facerlles oír varios instrumentos á vez.

Traballaremos o modo de tocar diversos instrumentos, pedíndolles que intenten reproducir os movementos que se executan ao facelo. Cando sexa posible, pedirémoslles que, ao mesmo tempo, traten de imitar coa voz o son do tal ins-trumento. Por exemplo, se están a imitar o xesto de tocar a gaita, simultaneamente poden dicir: "Tirulí, tirulí..."

MODO DE ADAPTACIÓN

No caso de ser necesario, utilizaremos a imitación para orientar sobre como se tocan os instrumentos. Para isto, darémoslles as seguintes instrucións: "Fíxate ben no xesto que realizo e intenta facer o mesmo."

DESCRICIÓN » B » PARA A PRAXIA

42

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7» Cálculo, ao contar as veces que se repite cada parte dun-

ha melodía.» Gnosia, ao recoñecer as diferentes partes dunha melodía.

» Atención, ao manter o estado de activación mental pre-ciso para realizar a actividade.

» Linguaxe, ao comprender as instrucións.» Memoria, ao recordar as diferentes partes da melodía,

para poder identificalas e contar as veces que se repiten.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

FUNCIÓNS COGNITIVAS PRINCIPAIS

DESCRICIÓNAs melodías das pezas musicais teñen partes diferenciadas. Por exemplo, se escoitamos esta peza, comprobamos que consta de dúas partes distintas, que se van alternando e, por tanto, se repiten unha serie de veces. Así, se vos fixades nes-te exemplo, a parte A soa seis veces e a parte B, cinco veces.

O exercicio consiste en diferenciar de cantas partes cons-tan as melodías das pezas que propomos no apartado "Mate-riais necesarios para a actividade" e, á vez, contar cantas veces se repite cada unha.

MODO DE ADAPTACIÓNRealizarán a actividade coa axuda de papel e lapis, para po-der ir anotando as veces que soan as partes da melodía e non teren que facer o cálculo mentalmente.

EXERCICIOS: MÚSICA 5 » 1/1

EXERCICIOS / MÚSICA 4

MATERIAIS NECESARIOSPezas gravadas para o Pro-jeto Não Lugar, realizado por Tiago Pereira e produ-cido por Aitana Eanes, Da-vide Salvado e MPAGDP:

Maneo de CambrePeza de dúas partes que se

alternan sucesivamente.

Muiñeira de Santa Marga-rita de Montemaior

Peza cunha parte unica-mente, onde se repite a

última frase.

RumbaPeza de dúas partes, das ca-

les a primeira se repite dúas veces antes de dar pa-so á seguinte e ten varia-cións libres na segunda

repetición; a segunda parte repítese unha vez só e dura

menos que a primeira.

A miña burriñaPeza con dúas partes que se alternan sucesivamente.

Pezas recollidas no proxecto Ronsel: Portal do Patrimonio Cultural Inmaterial de Gali-cia:

43

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7» Praxia, ao realizar xestos simples.» Memoria, ao aprender a asociación entre cada xesto e

unha acción cotiá.

» Atención, ao manter o estado de activación mental preciso para realizar a actividade.

» Linguaxe, ao comprender as instrucións e a letra da canción.» Funcións executivas, ao activar a capacidade de razoamento

para asociar cada acción cotiá cun xesto concreto.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

FUNCIÓNS COGNITIVAS PRINCIPAIS

DESCRICIÓNO exercicio utiliza cancións que falan de accións da vida diaria. Antes de oílas, consensuaremos entre todos e todas un xesto relacionado con cada unha desas accións cotiás que aparecerán nas cancións (por exemplo, que xesto exe-cutarán ante as accións de beber, arrolar, bicar etc.). Des-pois escoitaremos a canción e, no momento en que se faga referencia a cada acción, deberán executar o movemento correspondente.

MODO DE ADAPTACIÓNa) Ao rematar a actividade, preguntarémoslles cales eran as

accións con que se asociaban os xestos; para iso, executa-remos o movemento e terán que dicir a palabra que de-signaba a acción.

b) No momento en que se faga referencia a cada acción (arrolar, bicar, beber...), facilitarémoslles o recordo execu-tando o xesto correspondente.

EXERCICIOS: MÚSICA 5 » 1/1

EXERCICIOS / MÚSICA 5

MATERIAIS NECESARIOSAchéganse cancións que fan referencia a diferentes accións. Foron extraídas do cancioneiro popular dispoñible na web do Museo do Pobo Galego, Eu non canto por cantar, de Ma-nuel Rico Verea e Antón Santamarina Fernández:

» Cantar , bailar, comer e beber.» Bicar / abrazar: Dame un bico Maruxiña» Cantar: Has de cantar á beira do río» Bailar: Baila, nena, baila, nena » Durmir: Fun ó muíño con Paula » Despedir: Adeus, adeus ti non mo digas» Chover: Como chove miudiño» Arrolar: A canción que se achega é un canto de berce

utilizado para arrolar as crianzas. Pódese buscar unha palabra chave para marcar a xesticulación do arrolo ou, simplemente, arrolar durante toda a canción. Letra.

44

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7» Memoria, ao aprender os retrousos e as palabras que se

repiten ao longo das cancións.

» Atención, ao manter o estado de activación mental necesario.

» Linguaxe, ao expresar as palabras que se repiten.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

FUNCIÓN COGNITIVA PRINCIPAL

DESCRICIÓNO exercicio consiste en cantar cancións para memorizar os retrousos e os versos que se repiten. Propomos unha can-ción que contén coplas repetitivas onde se van acumulan-do e repetindo palabras, así como outras dúas pezas con retrousos repetitivos.

EXERCICIOS: MÚSICA 6 » 1/2

EXERCICIOS / MÚSICA 6

CON ACUMULACIÓN DE PALABRASIndicarémoslles que imos escoitar varias veces unha can-ción que repite acumulativamente as mesmas frases. Terán que aprendelas, xa que nas palabras que se repiten apaga-remos o son e serán eles e elas as que completen a canción, dicindo as palabras que faltan (e que están indicadas nos textos do apartado "Materiais necesarios para a activida-de"). Para executar a tarefa reproduciremos a canción as ve-ces que sexan necesarias.

MODOS DE ADAPTACIÓN

a) Indicarémoslles que escoitarán a canción dúas ou tres veces. Na última audición, intentarán cantar a última es-trofa sen a axuda da gravación.

b) Axudarémoslles na repetición das palabras indicándolles a primeira sílaba das mesmas. Por exemplo, na segunda copla:

Muller miña, non bebas viñoque che hei de mercar unhas bragas.—Eso, non, MA___ [maridiño], non.Cachas delgadasnon queren as bragas,as pernas FE____ [feas]non queren as ME___ [medias]e os pés TOR___ [tortos]non queren os ZO___ [zocos]e veña VI___ [viño]pra os nosos COR____ [corpos].

CON RETROUSOS REPETITIVOSEscoitaremos dúas ou tres veces cada canción. Seguidamen-te, explicarémoslles que volveremos reproducila, pero que a cortaremos nos retrousos (partes da canción que se repiten), pois teñen que cantalos eles e elas sen a axuda da gravación.

MODO DE ADAPTACIÓN

Poderemos indicarlles a primeira frase do retrouso.

45

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

MATERIAIS NECESARIOSCancións recompiladas no Arquivo do Patrimonio Oral da Iden-tidade (APOI) do Museo do Pobo Galego:

7 EXERCICIOS / MÚSICA 6

EXERCICIOS: MÚSICA 6 » 2/2

CON ACUMULACIÓN DE PALABRAS

» Texto e audio de "Muller miña, non bebas viño"

CON RETROUSOS REPETITIVOS

» Texto e audio de "Se non tedes sacho"

» Texto e audio de "Ven bailar, Carmiña"

46

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

EXERCICIOS

ORALIDADE

47

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7» Linguaxe, ao comprender as adiviñas.» Gnosia, ao recoñecer as diferentes imaxes.

» Atención, ao manter o estado de activación mental nece-sario.

» Funcións executivas, ao activar o razoamento abstracto para descubrir o significado de cada adiviña.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

FUNCIÓNS COGNITIVAS PRINCIPAIS

DESCRICIÓNLeráselles unha adiviña para que encontren a imaxe que se corresponde coa súa solución, de entre tres posibles que se lles presentarán. As tres imaxes estarán encima dunha me-sa para facilitar a súa localización visual.

MODOS DE ADAPTACIÓNa) Presentarémoslles máis de tres imaxes, para que teñan

que escoller entre un maior número de opcións.b) Asociaremos a cada adiviña só dúas imaxes.

EXERCICIOS: ORALIDADE 1 » 1/1

EXERCICIOS / ORALIDADE 1

MATERIAIS NECESARIOSAdiviñas e imaxes das solucións pertencentes ao proxecto didác-tico As adiviñas na fala viva do CEIP A Cristina, de Carballo.

Nel, os textos e as imaxes están unidas, polo que, para levar a cabo o exercicio, teremos que separalos cortándoos pola metade.

48

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7» Linguaxe, ao realizar tarefas de lectura e de escritura.

» Atención, ao manter o estado de activación mental necesario.

» Memoria, ao reter a información lida o tempo necesario para poder responder ás cuestións.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

FUNCIÓNS COGNITIVAS PRINCIPAIS

DESCRICIÓNO exercicio parte de lendas sobre o mundo simbólico gale-go, todas relacionadas con lugares, formacións xeolóxicas ou seres da mitoloxía. As persoas que realicen a actividade terán que ler en voz baixa estes textos e ir respondendo por escrito ás preguntas que se lles presentan ao final de cada un.

MODOS DE ADAPTACIÓNa) En lugar de entregarlles o texto para que o lean indivi-

dualmente, o texto será lido en voz alta por unha tercei-ra persoa.

b) En lugar de ler a lenda completa e contestar a todas as preguntas ao final, cada pregunta irá asociada ao seu parágrafo correspondente.

EXERCICIOS: ORALIDADE 2 » 1/1

EXERCICIOS / ORALIDADE 2

MATERIAIS NECESARIOSPropomos esta selección de textos escollidos da web Galicia Encantada, onde poderedes atopar moitas máis lendas e in-formación sobre seres da mitoloxía galega.

49

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7» Memoria, ao estimular os recordos autobiográficos.» Orientación, ao situar a persoa sobre a súa propia

identidade.

» Atención, ao manter o estado de activación mental necesario.

» Linguaxe, ao comprender a narración e ao expresar as pa-labras que faltan.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

FUNCIÓNS COGNITIVAS PRINCIPAIS

DESCRICIÓNNeste exercicio explicarémoslles que imos contar un conto que fala sobre si mesmos ou si mesmas. Nós lerémoslles a estrutura do conto e terán que ir enchendo os ocos que deixemos na narración.

Deberemos adaptar o conto á realidade da persoa que o complete. Por exemplo, na proposta fálase de parroquia; pe-ro, se a persoa naceu nunha vila, teremos que variar esa parte. De igual modo, está redactado en feminino, pero adaptarase ao xénero da persoa que o vaia completar.

EXERCICIOS: ORALIDADE 3 » 1/1

EXERCICIOS / ORALIDADE 3

MATERIAIS NECESARIOSExemplo de estrutura posible para o conto:

Na parroquia de __________, naceu no ano __________ unha nena chamada __________. Súa nai chamábase __________ e seu pai era __________. Para gañarse a vida, traballaban ________. De pequena gustáballe xogar a __________, porque __________________.

De moza foi casar pola década dos ___ cun mozo chama-do __________; era do lugar de ________. Viviron no lugar de __________ e tiveron ______ fillos.

Para gañarse a vida traballaron __________ e, xa de adul-ta, o que máis lle gustaba facer era _________, porque ______________.

Agora vive en _________ e, con ___ anos de idade, está aquí botándovos un conto sobre a historia da súa vida.

MODOS DE ADAPTACIÓNa) Se é posible conseguir fotos relacionadas coa vida das per-

soas que completan a narración (do lugar onde viviron, da familia, da mocidade ou época adulta, da parella, dos fillos e fillas etc.), usaranse como ferramenta de apoio para orientalas á hora de completar o conto.

b) Unha vez rematado o conto, pedirémoslles que o escriban dándolles as seguintes pautas: "O conto ten que incluír o lugar onde naciches, o nome dalgún parente, o oficio a que te dedicaches e algo que che gustou facer na mocida-de. Remataralo contando algo sobre o teu presente."

50

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7» Orientación, ao situarse no mes e na estación do ano ac-

tuais.» Funcións executivas, ao activar o razoamento abstracto

para o significado de cada refrán.

» Atención, ao manter o estado de activación mental nece-sario.

» Linguaxe, ao comprender o significado de cada refrán.» Memoria, ao recordar información asociada a cada épo-

ca do ano.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

FUNCIÓNS COGNITIVAS PRINCIPAIS

DESCRICIÓNPARA REPASAR OS MESES

Neste exercicio utilizaremos os refráns como medio para orientarse con respecto ao mes en que nos encontramos. Para isto, partiremos daqueles refráns que utilizan as festas como marcas de tempo e que conteñen información sobre as tarefas do ciclo anual.

Leremos o refrán e deduciremos a que mes se está a re-ferir. Por exemplo, co refrán "San Migueliño das uvas ma-duras: moito me tardas e pouco me duras", terán que deducir que estamos a falar de setembro, mes en que cadra o día de san Miguel e cando se realiza a vendima.

Recomendamos usar o mesmo refrán ao longo do mes, ou ir alternando e usar un refrán nas semanas pares e ou-tro nas semanas impares.

EXERCICIOS: ORALIDADE 4 » 1/2

EXERCICIOS / ORALIDADE 4

No caso de que queiramos repasar os meses do ano, pode-remos usar os refráns de forma secuencial (ordenados polo mes a que se refiren) ou aleatoriamente. Ademais, servirán como orientación para o tempo climatolóxico, os traballos cíclicos ou os produtos que se relacionan con ese mes.

MODOS DE ADAPTACIÓN

a) Podemos usar os refráns para que se orienten con res-pecto ao día en que se celebran as festas a que se refiren. Por exemplo, para "Polo Santiago, fouciño ao agro", pre-guntaremos cando é o día de Santiago. Podemos empre-gar un calendario para facilitar a localización.

b) Indicarémoslles a primeira sílaba do mes con que se re-laciona o refrán. Por exemplo, para "Polo san Xoán, a sar-diña molla o pan", dirémoslles que o nome do mes comeza pola sílaba xu-.

PARA TRABALLAR AS ESTACIÓNS

Por medio dos refráns tamén podemos traballar a orienta-ción con respecto ás estacións do ano. Para iso partiremos de ditos que fagan referencia aos meses que forman cada estación. Ademais, estarán relacionados coa climatoloxía, tarefas ou produtos propios dos distintos ciclos do ano, o que permite unha mellor orientación temporal.

Indicarémoslles que imos ler un refrán relacionado coa estación en que nos atopamos. Despois de escoitalo, terán que pensar a que estación se refire. Por exemplo, "Marzo

51

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

ventoso e abril chuvioso fan un maio florido e fermoso": a que estación fai alusión?; en que estación estamos? (A res-posta sería a primavera.)

Podemos formular, entre outras, preguntas do tipo:» Que produtos son típicos desta época do ano?» Que prendas de vestir se usan?» Que tempo adoita facer?» Que tarefas se realizan fóra da casa?» Que festas se celebran?

MODOS DE ADAPTACIÓN

a) Podemos usar o refrán como medio para estimular a ca-pacidade de razoamento, preguntando que mes falta, ou cando comeza ou acaba a estación. Por exemplo, en "Marzo ventoso e abril chuvioso fan un maio florido e fermoso" faltaría o mes de xuño.

b) Describirémoslles características da estación a que se re-fire o refrán para que así poidan relacionalo con ela. Por exemplo, se fala da primavera, dirémoslles que é a esta-ción en que se sementa, nacen a maioría das flores, hai un clima temperado etc.

7 EXERCICIOS / ORALIDADE 4

EXERCICIOS: ORALIDADE 4 » 2/2

MATERIAIS NECESARIOSRefráns para traballar os diferentes meses e estacións.

Moitos destes refráns foron recollidos en masculino, mais aconsellamos que, naqueles grupos en que as persoas usuarias sexan maioritariamente mulleres, se adapten a unha linguaxe in-clusiva; por exemplo, "O que de mozo bailou ben, de vello dálle o xeito" adaptaríase así: "A que de moza bailou ben, de vella dálle o xeito."

52

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

Romances extraídos do Arquivo do Patrimonio Oral da Identi-dade (APOI) do Museo do Pobo Galego:

7» Memoria, ao almacenar e reter a información o tempo

preciso para responder ás preguntas formuladas.

» Atención, ao manter o estado de activación mental necesario.

» Linguaxe, ao comprender os textos lidos.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

FUNCIÓN COGNITIVA PRINCIPAL

DESCRICIÓNEste exercicio parte de dous romances titulados "Vouvos dicir unha cousa" e "El chamábase Cristovo". Ambos narran a mes-ma historia con leves diferenzas, polo que se poden traballar en conxunto ou independentemente.

Lerémoslles o primeiro romance varias veces e logo for-mularemos preguntas guía do tipo:

» Como se chaman os protagonistas da historia?» De que traballaban?» En que mes sucede a historia?» Que instrumento musical se nomea na historia?» Que fixo Cristovo coa gaita?» Finalmente, comprou outra gaita?

Para o segundo romance podemos usar as seguintes pregun-tas guía:

» Como se chama o protagonista da historia?» De que instrumento se fala no romance?

EXERCICIOS: ORALIDADE 5 » 1/1

EXERCICIOS / ORALIDADE 5

» Por que vendeu Cristovo a gaita?» Que peza musical toca coa nova gaita?» A que santo lle pide permiso para poder tocar a muiñeira?

Se queremos conectar ambos textos, podemos realizar a se-guinte tarefa: unha vez lido o primeiro texto e formuladas as preguntas guía, procederemos a ler o segundo romance. Re-matada a lectura, realizaremos as seguintes preguntas:

» Como se chama a muller de Cristovo?» Onde tocaban a gaita?» En que momento Cristovo vendeu a gaita?» A que dúas pezas musicais se fai referencia en ambos ro-

mances?

MODOS DE ADAPTACIÓNEn lugar de ler o texto, usaremos a gravación dos romances e, seguidamente, formularemos as preguntas guía corres-pondentes.

MATERIAIS NECESARIOS

» Texto e audio de "Vouvos dicir unha cousa"

» Texto e audio de "El chamábase Cristovo"

53

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7

EXERCICIOS: ORALIDADE 6 » 1/1

EXERCICIOS / ORALIDADE 6

» Orientación, ao situar no mapa os lugares de Galicia

» Atención, ao manter o estado de activación mental necesario.

» Linguaxe, ao comprender as coplas.» Gnosia, ao recoñecer os mapas.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

DESCRICIÓNO exercicio céntrase na localización de diferentes lugares nun mapa. Para isto utilizaranse coplas que fan referencia a Galicia, ás súas provincias e a algunhas localidades. Reci-taremos as coplas para que identifiquen o nome do lugar e posteriormente o localicen nun mapa.

Por exemplo, co mapa da Península diante, recitaremos a copla que fai referencia a Galicia para que, posteriormen-te, indiquen onde se atopa; unha vez situada Galicia, recita-remos as coplas que fan alusión a cada provincia para que identifiquen no mapa onde se sitúan; o mesmo, seguida-mente, coas localidades.

Das coplas propostas no exercicio principal teremos que es-coller as que se aproximen máis aos lugares de procedencia do grupo. Unha vez localizados no mapa, formularemos as seguintes preguntas:

» A que comarca pertence esta localidade?» Que parroquias a forman?» De que aldea son?» Que aldeas lembran que estivesen próximas á súa?» Lembran a microtoponimia da súa aldea (nomes de

montes, campos, camiños etc.)? Onde se localizan eses lugares en relación coa súa casa?

» Coñecen algunha festa, romaría ou feira da comarca? En que lugar se celebra?

MODOS DE ADAPTACIÓN

MATERIAIS NECESARIOSMapas Mais mapas Coplas

FUNCIÓN COGNITIVA PRINCIPAL

54

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7

EXERCICIOS: ORALIDADE 7 » 1/1

EXERCICIOS / ORALIDADE 7

» Linguaxe, ao ler e repetir as palabras.

» Atención, ao manter o estado de activación mental necesario.

» Memoria, ao reter os trabalinguas o tempo preciso para a súa repetición.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

DESCRICIÓNO exercicio consiste en repartirlles os trabalinguas escritos para que os lean en voz alta e os vaian repetindo cada vez o máis rápido posible.

a) Recitarémoslles un trabalinguas as veces que sexan necesarias para que finalmente poidan repetilo.

b) Repartiremos trabalinguas de curta extensión e pouca dificultade, e non pediremos velocidade na lectura.

MODOS DE ADAPTACIÓN

MATERIAIS NECESARIOSTrabalinguas

FUNCIÓN COGNITIVA PRINCIPAL

55

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

7

EXERCICIOS: ORALIDADE 8 » 1/1

» Memoria, ao recordar os refráns lidos.

» Atención, ao manter o estado de activación mental necesario.

» Linguaxe, ao expresar os refráns lidos.

FUNCIÓNS COGNITIVAS SECUNDARIAS

DESCRICIÓNLerémoslles de dous a catro refráns e a continuación pre-guntarémoslles se os lembran.

En caso de que non recorden exactamente o refrán, pre-guntarémoslles se lembran en que situación se adoita usar ou se entenden o seu significado.

Poderemos aumentar o número de refráns recitados en función da súa capacidade de retención da información.

a) Recitaremos un refrán completo; despois repetiremos o comezo e pedirémoslles que completen a parte que falta. Unha vez completado, preguntarémoslles o significado ou as situacións en que se podería usar.

b) Presentaremos o refrán coas palabras desordenadas, pa-ra que o recompoñan. Neste caso, pódense dicir as pala-bras desordenadas de forma oral, ou escribilas nun encerado.

MODOS DE ADAPTACIÓN

MATERIAIS NECESARIOSRefráns

FUNCIÓN COGNITIVA PRINCIPAL

EXERCICIOS / ORALIDADE 8

56

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o 9ANEXOS & AGRADECEMENTOS

57

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

P resentamos unha serie de debuxos para colorear sobre os recursos do folclore e do patrimonio inmaterial. En concreto, trátase de láminas sobre os instrumentos

musicais e sobre as máscaras, coa finalidade de que as persoas maiores poidan colorear imaxes adaptadas á súa idade, xa que a meirande parte dos debuxos existentes para este fin están orientados cara á infancia.

ANEXOS8.1. LÁMINAS PARA COLOREAR8

ANEXOS » 1/2

Debuxos autoría de Xoán Ramón Marín Martínez.

58

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

I ndicamos o modo de elaborar os puzles a partir das ima-xes que facilitamos , tanto fotografías pertencentes ao ar-quivo do Museo do Pobo Galego como fotografías das

salas e obxectos expostos no propio Museo e realizadas por Ti-no Viz.

A idea de facer esta proposta xorde debido á dificultade de atopar puzles axeitados para a estimulación cognitiva e que ao mesmo tempo presenten unha temática adulta.

Pasos:1. Precisaremos as pezas dun puzle tamaño A4 ou A3.2. Imprimimos dúas copias da imaxe no tamaño do puzle

que temos (A4 ou A3): unha será o modelo polo cal se guiarán á hora de compoñer o puzle; coa outra copia fa-remos as pezas.

3. Calcamos as pezas do puzle pola parte traseira dunha co-pia da imaxe.

4. Plastificamos as dúas copias da imaxe.5. Recortamos a copia da imaxe que ten calcadas as pezas

do puzle. 6. Puzle listo para facer.

ANEXOS8.2. IMAXES PARA ELABORAR PUZLES8

Ligazón para descargar imaxes en vertical

Ligazón para descargar imaxes en horizontal

ANEXOS » 2/2

59

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

AGRADECEMENTOS10A ctivando a memoria desde o Museo do Pobo Galego. O fol-

clore como recurso para a estimulación cognitiva foi po-sible grazas á axuda e colaboración de moitas persoas

e entidades que contribuíron a que este traballo vise a luz.

Especialmente queremos salientar a colaboración das persoas usuarias da Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer (AGADEA) que participaron de todo o proceso grazas ao cal temos como resultado esta guía.

Cómpre salientar tamén a inestimable axuda prestada por:

As entidades de servizos á comunidade que colaboraron cubrin-do a enquisa “Estudo de necesidades: materiais de estimulación nos servizos á comunidade de Galiza”, nomeadamente a residen-cia Geriatros de Santiago, o centro de día Atendo, o centro de día O Tempo é Noso, o Centro de Día de Alzhéimer de Ribeira, a re-sidencia Porta do Camiño e o Centro de Atención a Persoas con Enfermidade de Alzhéimer da Estrada.

Ana M. Sánchez (terapeuta ocupacional), Juliana Muñoz (psicóloga), Noelia Riaño (psicóloga), Rebeca Rivas (terapeuta ocupacional) e Berta Lorenzo (terapeuta ocupacional), pola súa colaboración.

Ana Estévez Lavandeira, Paula Fernández Junquera e Paula Lo-renzo García por ter iniciado este proxecto no Museo do Pobo Galego en 2005 coa valiosa colaboración de David Facal Mayo.

Belén Sáenz-Chas, polo asesoramento gráfico.

Concha Losada, por facilitarnos o uso do Arquivo do Patrimo-nio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego.

O Dr. Alfredo Robles Bayón, polo texto "Cerebro, intelixencia, conduta: da normalidade á demencia".

Mercedes Peón, Luís Prego, Aitana Cuétara e o Projeto Não Lu-gar, o proxecto Ronsel: Portal do Patrimonio Cultural Inmate-rial de Galicia, o CEIP A Cristina de Carballo e a web Galicia Encantada, por recompilar o noso folclore e dalo a coñecer.

Xoán Ramón Marín Martínez, polos deseños que acompañan algúns exercicios e Sacauntos Cooperativa Gráfica, polas horas dedicadas á maquetación desta guía.

Chus Caramés, Nerea Couselo, Manuel Rial, Fuco Sanjiao, Clodio González e Marta Otero, por participar nos vídeos deste traballo.

O persoal do Museo do Pobo Galego e mais as persoas volun-tarias e o alumnado en prácticas de AGADEA, que apoiaron es-te proxecto coa súa contribución.

AGRADECEMENTOS » 1/1

60

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o 10BIBLIOGRAFÍA

61

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

Aula da Terceira Idade de Vigo (1993). Lembranzas de vellos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.

Carpintero, P. (2009). Os instrumentos musicais na tradición galega. Ou-rense: Difusora de Letras, Artes e Ideas.

Cotilla Quintela, E. & Couto Rodríguez, G. (2010). Bailabén: manual de aprendizaxe do baile tradicional galego. Vigo: Cumio.

Cuba, X. R., Reigosa, A. & Miranda, X. (1999). Diccionario dos seres míticos Galegos. Vigo: Xerais.

De la Ossa, S., Iglesias, X. & Parga, J. (2009). Así fan os bailadores. Baiona: Dos Acordes.

Díaz Carro, P. & Kirk Martínez, O. (2012). Cancioneiro de Cabana de Ber-gantiños. A Coruña: Concello de Cabana de Bergantiños.

Fernández Cerviño, M. X., Méndez García, R., Sáenz-Chas Díaz, B., Marín Martínez, X. R., Risco, V. (2001). O Entroido. Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego.

Fernández Senra, M. & Fernández Senra, X. (1997). Cancioneiro popular da provincia de Ourense (vol. I, pp. 91-222). Ourense: Deputación Provincial de Ourense.

Fernández Senra, M. & Fernández Senra, X. (2002). Cancioneiro popular da provincia de Ourense (vol. II, pp. 43-156). Ourense: Deputación Provincial de Ourense.

García Mera, S. (coord.) (1989). Refraneiro do ano. A Capela: Xunta de Galicia.

González Pérez, C. (1991). As festas cíclicas do ano: temas de cultura popu-lar para o ensino. Santiago de Compostela: Museo do Pobo Galego.

González Pérez, C. (1988). O refraneiro do mar. En Actas do Coloquio de Et-nografía Marítima. Vigo: Deputación Provincial de Pontevedra.

González Rodríguez, B. & Muñoz Marrón, E. (2008). Estimulación de la memoria en personas mayores: principios básicos y ejercicios prácticos. Madrid: Síntesis.

Lorenzo, P. & Campo, C. (2008). Educación e museos: orientacións para as novas necesidades. Adra: revista dos socios e socias do Museo do Pobo Ga-lego, 3, pp. 45-59.

Mariño Ferro, X. R. (1999). Contos de homes e mulleres. Vigo: Cumio.Mariño Ferro, X. R. (1996). Contos marabillosos. Vigo: Cumio.Muñoz Marrón, E. (coord.) (2009). Estimulación cognitiva y rehabilitación

neuropsicológica. Barcelona: UOC.Peña-Casanova, J. (1999). Intervención cognitiva en la enfermedad de Alzhei-

mer: fundamentos y principios generales. Barcelona: Fundación La Caixa.Prego, L. (2008). Para cantar e bailar. Vigo: Cumio.Prego, L. (2013). Xogos musicais. Vigo: Cumio.Quintáns Suárez, M. (2007). A escola da lareira (vol. I, pp. 11-217). Noia:

Toxosoutos.Quintáns Suárez, M. (2007). A escola da lareira (vol. I, pp. 235-341).

Noia: Toxosoutos.Rielo Carballo, I. (1980). Cancioneiro da Terra Cha. Sada: Edicións do Castro. Rincón Herrera, E., Sánchez-Ortiz Muñoz, M. & Ramos Santos, R.

(2007). Terapia ocupacional: intervención en distintas patologías. Jaén: Formación Alcalá.

Sánchez, G. (1994). 303 adiviñas. Vigo: Xerais.Schubart, D. & Santamarina, A. (1982). Cancioneiro galego de tradición oral.

A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza.Taboada Chivite, X. (2000). Refraneiro galego. Santiago de Compostela:

Xunta de Galicia.Tárraga, L., Boada, M., Morera, A., Domènech, S & Llorente, A. (1999). Vol-

ver a empezar: ejercicios prácticos de estimulación cognitiva para enfer-mos de Alzheimer. Barcelona: Fundación ACE.

Vázquez-Monxardín Fernández, A. (coord.) (1998). A cultura popular de tradición oral nos centros da terceira idade: unha experiencia de recollida en centros de Ourense, Santiago, Tui e Viveiro. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.

BIBLIOGRAFÍA10.1. BIBLIOGRAFÍA ESCRITA10

BIBLIOGRAFÍA ESCRITA » 1/1

62

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

Alonso Regueira, C. (coord.) (2008). As adiviñas na fala viva. Recupe-rado de http://www.edu.xunta.es/centros/ceipacristina/node/96

Centro Virtual sobre el Envejecimiento. (s.f). Recuperado de https://www.cvirtual.org/

Consello Galego da Cultura. (s.f). Arquivo Sonoro de Galicia. Recupe-rado de http://consellodacultura.gal/arquivos/asg/

De Luneda. (Agosto 2012). Projeto Não Lugar. [Arquivos de vídeo]. Recuperado de https://www.youtube.com/playlist?list=PLa9dIboF-dIOOdqcm-M0OAhmVOa12KpZAI

Fálame de San Sadurniño. (2013). Recuperado de http://www.fala-medesansadurnino.org/

Reigosa, A. (2005). Galicia Encantada: Enciclopedia de Fantasía Popu-lar de Galicia. Recuperado de http://www.galiciaencantada.com/

García Sandoval, J. (2013). Inclusión social en el Museo para personas con demencia. El Proyecto Alzheimer MuBAM. [Entrada de blog]. Re-cuperado de: https://elsuenodepolifilo.wordpress.com/2013/03/18/in-clusion-social-en-el-museo-para-personas-con-demencia-el-proyecto-alzheimer-mubam-1/

Instituto de Estudos das Identidades do Museo do Pobo Galego. (2007). Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade. Santiago de Compostela. Recuperado de http://apoi-mpg.org/

Prego Fernández, L. [Usuario en Facebook]. (Xuño, 2010). Música e Baile de Galiza. [Grupo de Facebook]. Recuperado de https://www.face-book.com/groups/127582183933590/?fref=ts

Peña-Casanova, J. (1999). Intervención cognitiva en la enfermedad de Alzheimer. Fundamentos y principios generales. Recuperado de http://www.cvirtual.org/sites/default/files/siteuploads/docu-ment/u16/intervencion_cognitiva_alzheimer_I.pdf

Peón, M. (2012). Xénero e creación colectiva. Revista Plétora. Recu-perado de http://pletora.es/Xenero-e-creacion-colectiva

Portal do Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia. (2008). Proxec-to Ronsel. Recuperado de http://ronsel.uvigo.es/

Rico Verea, M. & Santamarina Fernández, A. (2014). Eu non canto por cantar. Recuperado de http://museodopobo.gal/web/cancio-neiro.php?idelemento=1

Suárez Suárez, M. A. & Estévez Lavandeira, A. B. & Campo Martínez, C. (2015). El Museo do Pobo Galego: Diálogo entre el DEAC y la in-vestigación del proyecto ECPEME. Clío: History and History Tea-ching, 41. Recuperado dehttp://clio.rediris.es/n41/articulos/Suarez2015.pdf

Organización de las Naciones Unidas para la Educación, la Ciencia y la Cultura. (s.f). Sobre el Patrimonio Inmaterial. Recuperado de http://www.unesco.org/culture/ich/es/que-es-el-patrimonio-inma-terial-00003

Parsa, A., & Humble, L. (s.f). Designing and Implementing Arts Pro-grams for People with Dementia. Recuperado dehttp://www.americansforthearts.org/sites/default/files/webi-nar1_MoMA_022311.pdf

BIBLIOGRAFÍA10.2. BIBLIOGRAFÍA EN LIÑA10

BIBLIOGRAFÍA EN LIÑA » 1/1

63

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

Esta guía acabouse de maquetar e corrixiro 15 de Setembro de 2016.

A versión 1.2.0, que corrixe e actualiza varios aspectos,foi rematada o 30 de Agosto de 2017.

64

Acti

vand

o a

mem

oria

des

de o

Mus

eo d

o Po

bo G

aleg

o

COLABORA