ecosistemas ii

61
OS ECOSISTEMAS II Profesor: Adán Gonçalves

Upload: adan-goncalves-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia

Post on 05-Dec-2014

465 views

Category:

Education


5 download

DESCRIPTION

O Solo. Ecosistemas galegos característicos. Espazos protexidos. Adaptacións aos ecosistemas.

TRANSCRIPT

Page 1: Ecosistemas ii

OS ECOSISTEMAS II

Profesor: Adán Gonçalves

Page 2: Ecosistemas ii

5. O SOLO COMO ECOSISTEMA

O solo é a capa máis superficial que recobre a codia terrestre e está

constituída por rochas máis ou menos alteradas e os seres vivos que viven

nel.

Biotopo do solo:- Compoñentes inorgánicos: sólidos (gravas, areas, limos e arxilas), líquidos

( auga con sales) e gasosos (aire nos poros).

- Temperatura e humidade máis constante que no exterior.

- Carencia de luz, excepto na superficie.

Page 3: Ecosistemas ii

5. O SOLO COMO ECOSISTEMA

Biocenose do solo:- Plantas que contribúen na erosión das rochas.

- Pequenos animais (toupas, anélidos, insectos...) esenciais na aireación.

- Bacterias e fungos que descompoñen a materia orgánica e forman o humus.

Page 4: Ecosistemas ii

5. O SOLO COMO ECOSISTEMA

Formación dun solo

Ler páxinas 110 e 111www.quimicaweb.net

Page 5: Ecosistemas ii

11/04/14 http://open-office.es 5

6. ECOSISTEMAS GALEGOS CARACTERÍSTICOS

As características xeográficas e climatolóxicas de Galicia proporcionan

unha grande variedade de ambientes para a flora e a fauna autóctona.

Dentro dos ecosistemas terrestres máis característicos da nosa terra

podemos falar do bosque caducifoliobosque caducifolio (sobre todo as fragas galegasfragas galegas),

o bosque de ribeira bosque de ribeira ,o bosque mediteráneobosque mediteráneo e a matogueira matogueira.

Tamén como rexión costeira teñen relevancia os ecosistemas mariños:

costa rochosa, costa areosa, zona oceánica, as illas...

Page 6: Ecosistemas ii

11/04/14 http://open-office.es 6

6. ECOSISTEMAS GALEGOS CARACTERÍSTICOS

Dentro dos ecosistemas acuáticos, ademais dos mariños xa citados, cobran

especial relevancia os ríos e por suposto, un dos ecosistemas máis

representativos da nosa comunidade como son as rías galegas.

Tamén reside grande riqueza floral e faunística nos humidais (gándaras,

brañas e turbeiras).

Por último, dentro do que poderíamos chamar como ecosistemas de natureza

ou de influencia humana (antrópicos) atopámonos, como ecosistemas máis

destacados, con bosques madereiros (piñeirais e eucaliptais principalmente)

, as viñas características do sur do país, os encoros,os beirais (minifundio)...

Page 7: Ecosistemas ii

© www.adelaleiro.com

É o tipo de bosque que lle corresponde a Galicia pola súa situación. Formado por árbores de folla ancha e caediza e un abundante e variado sotobosque de especies trepadoras, herbas e plantas que florecen antes da saída das follas das árbores, fungos, brións e liques. Acollen aos animais máis grandes da fauna galega.As fragas son os bosques naturais fragas son os bosques naturais de maior diversidade.

BOSQUE CADUCIFOLIO

Page 8: Ecosistemas ii

Biduídos. Bosques de bidueiras, formacións asociadas ás zonas húmidas de altitude media.

©www.adelaleiro.com

Page 9: Ecosistemas ii

©fundacionmatrix.blogspot.es

As fragas son bosques caducifolios antigos e ben conservados como este que vemos das

Fragas do Eume en Pontedeume (A Coruña)

Page 10: Ecosistemas ii

©wwwadelaleiro.com

Carballeiras. Bosques de carballos cun aproveitamento silvo-pastoral. Presentan un grao de naturalidade inferior ás fragas.

Page 11: Ecosistemas ii

©www.adelaleiro.com

Os faiales galegos son pequenas masas forestais asociadas aos terreos calcarios. Os máis importantes atópanse en Ancares, O Courel e Serra de Meira.

Page 12: Ecosistemas ii

Acibeiral en Ancares. O acivro é unha árbore común no sotobosque que forma pequenas masas moi pechadas e escuras nas montañas de Ancares e o Courel.

©www.adelaleiro.com

Page 13: Ecosistemas ii

©www.adelaleiro.com

REBOLEIRAS BOSQUE MEDITERRÁNEO

Atópanse na zona suroriental, máis seca. A especie máis abundante é o rebolo, unha especie de carballo propia do clima seco, con algunhas sobreiras e aciñeiras e sotobosque de erbedos e carrascas.

FLORA: rebolo, érbedo, aciñeira, esteva , cantroxo, orquídeas...FAUNA: lobo, xabarín, raposo, porco teixo, donicela, xeneta, gabeador, petos, ferreiriño, insectos, arañas...

Page 14: Ecosistemas ii

©www.adelaleiro.com

Aciñeira (Quercus ilex).

Page 15: Ecosistemas ii

Rebolo (Quercus pubescens)

Érbedo (Arbutus unedo).

©www.adelaleiro.com

Page 16: Ecosistemas ii

©www.adelaleiro.com

Pequenas superficies arboladas que acompañan o percorrido dos ríos. Teñen gran importancia ecolóxica: serven de proteción e depuración aos ríos e de corredores para a fauna. Acollen especies vexetais e animais de gran interese, algunha protexidas. Flora característica: ameneiros, salgueiros, abeleiras, fentos, brións...Fauna: merlo rieiro, lavandeiras, anfibios (como a saramaganta), escaravellos...

BOSQUE DE RIBEIRA

©www.adelaleiro.com

Page 17: Ecosistemas ii

Ameneiro (Alnus glutinosa)©www.adelaleiro.com

Page 18: Ecosistemas ii

Salgueiro (Salix atrocinerea Brot.)

http://www.rios-galegos.com/vidario3.htm

Page 19: Ecosistemas ii

MATOGUEIRA-MONTE BAIXO

Son a formación vexetal máis abundante en Galicia. Ocupan máis do 30% do territorio, a maior parte dos terreos sen cultivar e as partes máis altas das montañas. Teñen distinta constitución segundo a zona.

©www.adelaleiro.com

Page 20: Ecosistemas ii

FLORA:Piornos (só nas altas), toxos (só nas baixas), uces, carqueixas, xestas, breixos, queirugas, abrodias, arandeiras...

O toxo (Ulex...) é a planta máis común nas zonas baixas. Todos os toxos son arbustos espiñentos comúns en Galicia. Foron moi usados sobre todo para estrar as cortes do gando de onde se sacaba máis tarde para abonar as leiras.

©www.adelaleiro.com

Page 21: Ecosistemas ii

FAUNA:Coello, raposo, tartaraña, perdiz, paspallás, papuxas, chasco, lagartos, bolboretas, saltóns, carricantas...

Perdices

Carricanta (Ephippigera ephippiger). Camúflse na herba para alimentarse doutros insectos. Fregando as as produce un son característico.

Os saltóns vense no verán nos lugares secos. Aliméntanse de vexetais.

©www.adelaleiro.com

Page 22: Ecosistemas ii

Carqueixa (Pterospartum tridentatum). Vive en terreos pobres e soleados.

Xesta (Cytisus striatus).

Breixo (Erica cinerea). Atópanse distintas castes de breixos en todas as matogueiras.

Os arandos (Vaccinium myrtillus) maduran ao abrigo dos piornos.

©www.adelaleiro.com

Page 23: Ecosistemas ii

RÍOS Son ecosistemas acuáticos moi variados en función da temperatura do movemento da auga, e da profundidade. Por iso, posúen tamén unha grande variedade de hábitats para a fauna e flora.

©www.adelaleiro.com

Page 24: Ecosistemas ii

FLORA:Pé de boi, callitriche, herba das rans, ranúnculos, xuncos, molinia, chantaxe de auga....

Herba lameiriña (Callitriche satagnalis)

Chantaxe de auga (Alisma plantago-aquatica) Ouca, herba da prata (Ranunculus peltatus)

©www.adelaleiro.com

Page 25: Ecosistemas ii

FAUNA:Londra, aguaneiro, merlo rieiro, picapeixes, lavanco, garza, bilurico, troita, anguía, salmón, escalo, espiñento, lamprea, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas, mexillón de río...

A londra (Lutra lutra) caza peixes nos ríos limpos.

A troita (Salmo trutta) é o peixe que podemos atopar en todas as zonas do curso do río. Ra patilonga

©www.adelaleiro.com

Page 26: Ecosistemas ii

LAGOAS E HUMIDAISGÁNDARAS, BRAÑAS, TURBEIRAS

Podemos consideralas como elementos en distinta fase do proceso de colmatación (recheo natural producido nas lagoas polos restos que van caíndo e as achegas dos ríos) de zonas húmidas pechadas.Presentan un tipo de vexetación en sucesión entre os vexetais acuáticos, de ribeira e tipicamente terrestres da zona na que se atopan.

Evolución desde unha lagoa a unha braña

Gándara

Braña

Lagoa

©www.adelaleiro.com

Page 27: Ecosistemas ii

Os humedais teñen unha gran importancia ecolóxica porque reteñen a auga cando sobra e cédena cando falta. Manteñen a biodiversidade servindo como puntos de descanso e lugares de desenvolvemento de especies únicas. Son ecosistemas moi sensibles que se contaminan facilmente e destrúense case sempre por desecación ou recheo.

©www.adelaleiro.com

Page 28: Ecosistemas ii

©www.adelaleiro.com

FLORA:Salgueiros, espadainas, palla real, xuncos, brións, lirios, rorelas, breixos, pinguícola...

Pinguicula... planta carnívora das brañas de monte.

Os narcisos (Narcisus...) florecen nos lugares húmidos.

A rorela (Drosera...) é unha planta carnívora común nas brañas.

Page 29: Ecosistemas ii

O salgueiro (Salix cinerea) é a árbore máis común das zonas húmidas.

Eneas ou palla real (Typha latifolia). ©www.adelaleiro.com

Page 30: Ecosistemas ii

FAUNA:Aguaneira, lavanco, garza, galiñola, galiña de auga, mergullón, anguía, espiñento, ra verde, cabalos do demo, patinadores, moscas da auga, escaravellos de auga, caracois, lapas...

Lavanco real (Anas plathyrrynchos), macho e femia.

A galiñola negra (Fulica atra) é común en todos os lugares onde exista unha pequena lagoa rodeada de vexetación.

©wwww.adelaleiro.com

Page 31: Ecosistemas ii

Aeshna. O máis grande dos cabalos do demo.

Ra verde (Rana perezi)

©www.adelaleiro.com

Page 32: Ecosistemas ii

ECOSISTEMAS MARIÑOS A pesar da súa uniformidade no mar e na costa atópanse espazos con características propias que condicionan o asentamento e as adaptacións dos seres vivos. As características de cada zona están determinadas pola súa situación, a profundidade, as correntes e, na zona costeira, polo tipo de materiais que a constitúen, a influencia do vento e as mareas.A combinación destas características crean variados ecosistemas nos que se dan condicións particulares e onde viven seres que se adaptan a elas con éxito.

©www.adelaleiro.com

Page 33: Ecosistemas ii

REXIÓN OCEÁNICA

É a que se atopa lonxe das costas onde se superan os 200 m de fondo e poden chegar aos 4.000 de media. A súa importancia ven dada pola riqueza da vida que acolle e, sobre todo, porque os organismos que constitúen o fitoplanto son, polo seu número, os máis grandes produtores de osíxeno do planeta.Nesta zona só poden vivir os seres que aboian libremente e os bos nadadores, e, na profundidade, os que son capaces de soportar a falta de luz e as grandes presións.

©www.adelaleiro.com

Page 34: Ecosistemas ii

FLORA:Algas, sobre todo as microscópicas (fitoplanto).

©www.adelaleiro.com

Page 35: Ecosistemas ii

FAUNA:Balea, cachalote, golfiño, atún, bonito, xurelo, sardiña, cigala, tiburón, pescada, bacallao, augamares, cigala, cangrexo real, calamar e polbo xigantes...

Peixe pescador. Vive nas profundidades abisais. Como consecuencia da falta de luz non presenta pigmentación.

Pescada (Merlucius merlucius). Vive entre os 100 e os 1.000 m de profundidade, aínda que cando é nova achégase moito á costa. Pode acadar 1 m de longo e pesar máis de 10 kg.

Bonito (Tunnus alalunga). Pode chegar a medir 1 m e pesar entre 9 e 10 kg.

Quenlla (Prionace glauca). Un tiburón que pode acadar os 4 m de lonxitude.

©www.adelaleiro.com

Page 36: Ecosistemas ii

REXIÓN LITORAL

A zona costeira ou litoral esténdese desde a faixa de terra influída polas mareas e os salseiros do mar ata os 200 m de profundidade (augas situadas sobre a plataforma continental). Veremos primeiro a costa rochosa.

©www.adelaleiro.com

Page 37: Ecosistemas ii

COSTA ROCHOSA

FLORA:Algas, liques, herba de namorar, pirixel do mar...

Golfos (Laminaria ochroleuca). Algas pardas que poden acadar máis de 2 m de lonxitude e forman bosques submariños no infralitoral exposto.

Bocho (Fucus vesiculosus). Son algas que viven na zona intermareal da costa protexida e resisten ben a desecación

©www.adelaleiro.com

Page 38: Ecosistemas ii

Lique (Lichina pigmaea), vive xusto na línea a onde chega o mar.

Prixel do mar (Crithmum maritimum). Vive en rochas abrigadas.

Herba de namorar (Armeria maritima). Reúne todas as características necesarias para sobrevivir nestes lugares: raíces longas, forma compacta, follas con pelos, …

©www.adelaleiro.com

Page 39: Ecosistemas ii

Os mexillóns (Mytilus galloprovincialis) están perfectamente adaptados á vida nas rochas, teñen cunchas fortes e órganos de suxección.

FAUNA:Gaivota, corvo mariño, percebe, arneiróns, mexillóns, lapas, ourizos, estrelas de mar, cangrexos, vermes...

Os percebes (Pollicipes cornucopia) son crustáceos cirripedos que viven fixos nas rochas batidas na zona intermareal.

Arneirón (Balanus spp).

©www.adelaleiro.com

Page 40: Ecosistemas ii

PRAIAS Son zonas baixas co terreo formado por area ou materiais miúdos soltos polo que as plantas teñen moita dificultade para suxeitarse e os animais poucos sitios nos que agocharse.

©www.adelaleiro.com

Page 41: Ecosistemas ii

DUNASSon un medio moi hostil para o desenvolvemento da vida porque están formadas por material solto en movemento no que a auga é escasa e están sometidos a unha forte insolación e exposición ao vento. Son medios moi fráxiles que se alteran gravemente pola acción humana.

©www.adelaleiro.com

Page 42: Ecosistemas ii

Arenaria do mar (Honkenya peploides). A planta das praias que vive máis preto do mar.

Cardo mariño. (Eryngium maritimum). Desenvólvese nos primeiros amoreamentos de area que se forman po enriba da liña de marea.

Feo (Ammophila arenaria), medra na parte máis alta da duna móbil, onde o vento bate con máis forza. Coas longas raíces e talos subterráneos contribúe a fixar a area.

©www.adelaleiro.com

Page 43: Ecosistemas ii

FAUNA:Solla, lenguado, faneca brava, escacho, xiba, mavalla, arola, ameixa, berberecho, miñocas, cangrexos...

Coquina (Donax vitatus). Un molusco abundante nos fondos areosos das praias de mar aberto.

Ourizo de area (Echinocardium cordatum). Vive enterrado ata 20 cm de profundidade na area das praias expostas.

Navalla (Ensis ensis). Vive enterrada verticalmente en fondos de area fina.

Lenguado (Solea vulgaris). Os peixes planos están adaptados á vida nos fondos areosos.

Arola (Lutratia lutraria). Molusco bivalvo que pode acadar os 13 cm de lonxitude. Vive en fondos de area e grava ata os 100 m de profundidade.

©www.adelaleiro.com

Page 44: Ecosistemas ii

Raia (Raja clavata). Vive en fondos de area e fango ata 500 de profundidade. Pode acadar 1 m de lonxitude.

Xiba ou chopo (Sepia officinalis). Molusco cefalópodo que vive en zonas de area e fango con vexetación. Nace preto da costa e vaise alonxando dela segundo medra.

©www.adelaleiro.com

Page 45: Ecosistemas ii

AS RÍAS

As rias galegas son medios cunhas condicións especiais. Polas combinación de características físicas, oceanográficas e biolóxicas son espazos naturais únicos no mundo de gran productividade primaria e extraordinaria riqueza ecolóxica.A súa situación, tanto pola orientación como pola protección fronte ás forzas do mar e do vento, influida polas correntes oceánicas, a localización diante dunha área de afloramento de minerais procedentes das profundidades do mar e as achegas minerais e biolóxicas dos ríos, multiplican a súa riqueza biolóxica e a súa produtividade.

Ría de Muros e Noia ©www.adelaleiro.com

Page 46: Ecosistemas ii

MEDIOS ANTRÓPICOS

CULTIVOS TERRESTRESSon ecosistemas onde predomina a acción humana. A preparación do terreo para os cultivos altera a súa composición natural o que dificulta o desenvolvemento das especies propias da zona e os labores que se lles fan elimínanas case por completo, polo que os cultivos son zonas pobres en especies vexetais e os animais atopan poucos sitios onde protexerse. O ecosistema está dominado pola especie de cultivo acompañada polas chamadas malas herbas ou especies resistentes, animais herbívoros ou comedores de froitos e sementes e algún depredador.

©www.adelaleiro.com

Page 47: Ecosistemas ii

PIÑEIRAIS

Plantacións de piñeiros. Na zonas baixas e preto da costa están constituídos por piñeiro galego e piñeiro de repoboación e nas altas, do interior, por piñeiro silvestre. Debaixo dos piñeiros, a falta de luz impide o desenvolvemento de moitas especies. So se desenvolven ben os fentos e algunhas herbas. Por ser máis pobre en especies vexetais a fauna é menos variada que a do bosque caducifolio.

©www.adelaleiro.com

Page 48: Ecosistemas ii

EUCALIPTAIS

Os eucaliptos foron introducidos como cultivo hai pouco máis dun século. Na actualidade cobren grandes superficies que presentan, pola falta de auga e as secrecións das propias árbores, o terreo case espido, no que apenas se desenvolven máis que algunhas herbas e arbustos residuais resistentes.A especie máis abundante é o Eucaliptus globulus

©www.adelaleiro.com

Page 49: Ecosistemas ii

SEBES E BEIRAIS

Liñas de vexetación que rodean os cultivos nas que perviven especies que foron desaloxadas do seu medio natural. Estas formacións supoñen unha oportunidade de supervivencia para moitas especies vexetais e animais. Manteñen a biodiversidade das zonas cultivadas e sérvenlle de refuxio aos animais silvestres.

©www.adelaleiro.com

Page 50: Ecosistemas ii

ENCOROS

Grandes masas de auga doce contidas por unha presa. As caracteríticas son unha mestura das dos ríos e as dos lagos.

©www.adelaleiro.com

Page 51: Ecosistemas ii

7. ESPAZOS NATURAIS

Os espazos naturais protexidos son territorios nos que se limita o tipo de actividades ou usos que se poden realizar neles (novas construcións, verteduras, industria....)

Si se poden desenvolver actividades tradicionais.

A súa principal finalidade é a conservación.

Existen distintas categorías de conservación: parques nacionais, parques

naturais, reservas naturais, paisaxes protexidas...

Page 52: Ecosistemas ii

7. ESPAZOS NATURAIS

REDE NATURAREDE NATURA

A Rede Natura 2000 foi creada pola UE para preservar espazos cun especial

interese en cada rexión.

Dentro da rede diferéncianse as zonas LIC (Lugar de importancia comunitaria) e

as ZEPAS (zona de especial protección para as aves).

Galicia forma parte da rexión bioxeográfica atlántica europearexión bioxeográfica atlántica europea e posúe algún tipo

de protección no 13% do seu territorio.

Page 53: Ecosistemas ii

8. BIODIVERSIDADE

A biodiversidadebiodiversidade é a variedade de especies que habitan ou habitaron o noso

planeta.

Se falamos da biodiversidade dun ecosistema, nos referimos a cantidade de

organismos diferentes que habitan nese ecosistema.

Se a biodiversidade dun ecosistema é alta, o número de especies é grande e

ningunha supón a maior parte da biomasa.

Se a biodiversidade é baixa, o ecosistema ten pouca variedade de especies e

unha ou unhas poucas constitúen a maior parte da biomasa.

É moi importante conservar e protexer a biodiversidade dos ecosistemas xa

que a variedade de especies permite manter o equilibrio ecolóxico do planeta

e proporcionanos recursos.

Page 54: Ecosistemas ii

8. BIODIVERSIDADE

Extinción por Extinción por

acción humanaacción humana

Page 55: Ecosistemas ii

9. ADAPTACIÓN E EVOLUCIÓN

A adaptaciónadaptación é o conxunto de características (fisiolóxicas, anatómicas,

comportamentais) dos seres vivos que lles permiten adecuarse ao medio no que

viven.

A evoluciónevolución son os cambios que suceden nos organismos ao longo de millóns de

anos.

A biodiversidade é unha consecuencia da evolución da vida na Terra, unhas

especies xurdiron doutras e as actuais son diferentes das antigas.

Page 56: Ecosistemas ii
Page 57: Ecosistemas ii
Page 58: Ecosistemas ii
Page 59: Ecosistemas ii

9.1. Adaptaciones nos ecosistemas terrestres

VEXETAIS ANIMAIS

HUMEDADEZonas Secas: follas

pequenas ou como espiñas para reducir as perdas

por evaporación

Zonas secas: caparazóns ou escamas que evitan a

sequedade (réptiles)

LUZCrecen na procura da luz Actividade de día ( a

maioría) ou de noite ( morcegos, polillas...)

TEMPERATURAPoiquilotermos: non

regulan a súa temperatura corporal (peixes, anfibios

e réptiles)

Homeotermos: regulan a súa temperatura corporal.

(aves (plumas) e mamíferos (pelo))

Page 60: Ecosistemas ii

9.2. Adaptaciones nos ecosistemas acuáticos

VEXETAIS ANIMAIS

LUZA fotosíntese só se

realiza nas zonas superficiais

Nas zonas abisais os animais posúen

mecanismos propios de produción de luz

MOVEMENTO DA AUGA Fixadas ao substratoAgochados nas rochas ou

enterrados. Formas redondeadas e esqueletos

duros.

DENSIDADE DA AUGAForma hidrodinámica dos

animais nadadores.Moitos peixes posúen

vexiga natatoria que lles axuda a flotar.

Page 61: Ecosistemas ii

GRAZAS POR ATENDERME