e para que así conste, asino a presente certificación …...e para que así conste, asino a...

20
DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 19 de xuño de 2020 aprobou as bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021, nos termos do documento adxunto. E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e prace O reitor Antonio López Díaz Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at: https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465 Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last page CSV: A207-03D9-4AF7-A465 1 / 20

Upload: others

Post on 14-Jul-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

DULCE Mª GARCÍA MELLA, SECRETARIA XERAL DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE

COMPOSTELA,

CERTIFICA, antes da aprobación da acta correspondente, que o Consello de Goberno na sesión

ordinaria celebrada o día 19 de xuño de 2020 aprobou as bases para o desenvolvemento dunha docencia

presencial segura no curso 2020-2021, nos termos do documento adxunto.

E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace

do sr. reitor.

Vº e prace

O reitor

Antonio López Díaz

Documento asinado dixitalmente conforme a Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo

común das administracións públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 1 / 20

Page 2: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

CURSO 2020-2021

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 2 / 20

Page 3: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

ÍNDICE

Preámbulo ................................................................................................................... 3

Base Primeira. Suxeitos responsables ..................................................................... 8

a) Ámbito da seguridade sanitaria ......................................................................... 8

Xerencia ............................................................................................................... 8

Gabinete do Reitor .............................................................................................. 9

Persoas responsables das instalacións ............................................................ 9

Persoas responsables da prestación de servizos ............................................ 9

Persoal e alumnado ............................................................................................ 9

b) Ámbito docente ................................................................................................ 10

Vicerreitorías e Secretaría Xeral ...................................................................... 10

Persoas responsables das titulacións ............................................................ 10

Persoal Docente e Investigador ....................................................................... 10

Persoas responsables dos servizos de apoio ................................................ 10

Estudantado ...................................................................................................... 10

Base Segunda. Recursos e espazos ....................................................................... 11

Recursos humanos ............................................................................................... 11

Formación e información ..................................................................................... 11

Recursos materiais e espazos ............................................................................. 12

Base Terceira. Escenarios ....................................................................................... 12

Escenario 1: normalidade adaptada .................................................................... 12

Escenario 2: distanciamento ................................................................................ 13

Escenario 3: peche das instalacións ................................................................... 13

Base Cuarta. Medidas de protección da saúde ...................................................... 13

Escenario 1 ............................................................................................................ 13

Escenario 2 ............................................................................................................ 14

Escenario 3 ............................................................................................................ 14

Base Quinta. Medidas de adaptación da docencia ................................................. 14

Escenario 1 ............................................................................................................ 15

Escenario 2 ............................................................................................................ 15

Escenario 3 ............................................................................................................ 16

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 3 / 20

Page 4: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

Preámbulo

Os coronavirus son unha extensa familia de virus ARN que poden transmitirse de

animais a humanos e causar enfermidades en ambos. En humanos, causan infeccións

respiratorias que poden ir desde o arrefriado común ata enfermidades máis graves como

a síndrome respiratoria de Oriente Medio (MERS, 2012) e a síndrome respiratoria aguda

severa (SRAS, 2003). A enfermidade COVID-19, provocada polo SARS-CoV-2

(Coronavirus 2 da Síndrome Respiratoria Aguda Severa) converteuse xa nunha

pandemia que, nos primeiros seis meses desde a súa aparición, provocou máis de 8

millóns de contaxios e 450.000 mortes. En España o número de contaxios sitúase ao

redor dos 240.000 e o número de mortes supera xa os 28.000. Só en Galicia se

diagnosticaron máis de 9.000 casos e contabilizáronse 619 mortes, dende que se

confirmara o primeiro caso o 23 de marzo.

Aínda que tanto en Galicia como no conxunto de España o número de contaxios se

reduciu significativamente, o risco de rebrote permanece e non podemos descartar

novas ondas, principalmente asociadas á entrada do outono e inverno, cando as

condicións de temperatura e humidade así como a vida en espazos cerrados facilitarán

o contaxio. Ademais, os datos de seroprevalencia mostran que en Galicia unicamente

ao redor do 2% da poboación presenta anticorpos, polo que a potencial chegada da

segunda onda encontraría a practicamente toda a poboación non inmunizada.

A COVID-19 pode manifestarse como unha infección asintomática (en torno ao 25% dos

casos), unha infección leve do tracto respiratorio superior ou unha pneumonía vírica

severa con insuficiencia respiratoria e mesmo a morte. Os signos e síntomas ao comezo

da enfermidade inclúen febre, tose, fatiga, anorexia, dificultade para respirar, produción

de esputo ou mialxias. Idades superiores a 60 anos e distintas comorbilidades

constitúen importantes factores de risco de enfermidade grave e morte. Ata o momento,

non hai ningunha vacina nin medicamento antiviral específico para previr ou tratar a

COVID-19 e non se espera que estean dispoñibles nun futuro próximo para a súa

utilización a gran escala.

A transmisión da COVID-19 prodúcese principalmente de persoa a persoa a través do

contacto directo e das pingas respiratorias, tanto dos enfermos como das persoas que

estando infectadas son asintomáticas. A transmisión por aerosois, aínda que se

describiu en condicións experimentais ou hospitalarias, non constitúe unha vía relevante

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 4 / 20

Page 5: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

en poboación xeral. A transmisión por obxectos contaminados como papel ou cartón

non pode descartarse, aínda cando a supervivencia do virus nestas superficies non

supera as 24 horas. A evidencia dispoñible mostra que a inmensa maioría dos contaxios

se produce en ambientes pechados e entre persoas situadas a menos de 2 metros de

distancia.

A necesidade de facer fronte á emerxencia sanitaria levou á declaración o 14 de marzo

de 2020 do estado de alarma pola crise sanitaria derivada do brote de coronavirus

SARS-Cov-2 (COVID-19), o que deu lugar ao peche das instalacións da Universidade

de Santiago de Compostela en cumprimento das disposicións da autoridade

competente, ao adoptar medidas que incidiron directamente nas actividades que

prestan as institucións de educación superior.

O goberno da Universidade de Santiago de Compostela adoptou as medidas necesarias

para manter os servizos esenciais, reforzar aqueloutros necesarios para o escenario de

traballo e docencia non presencial e prestar apoio a actividades directamente

relacionadas coa COVID-19, como os numerosos proxectos de investigación ligados á

busca de solucións ante a epidemia por coronavirus ou as múltiples iniciativas solidarias

que proveron de material sanitario o sistema de saúde durante este tempo.

Así mesmo, a evolución favorable da situación traduciuse na adopción por parte do

Consello de Ministros o 28 de abril do “Plan para la transición hacia una nueva

normalidad”, que estableceu unha serie de fases co obxectivo de reactivar

paulatinamente a actividade produtiva e desconfinar a poboación en función do

cumprimento dunha serie de parámetros epidemiolóxicos e económicos.

A Universidade de Santiago de Compostela está desenvolvendo normativa para a

aplicación das distintas fases previstas no plan coa implicación dos responsables das

instalacións que prepararon, mediante plans de reinicio da actividade, a aplicación das

medidas contidas na Guía de actuacións fronte ao coronavirus COVID-19 para os

centros e persoal da USC con traballo presencial e co apoio e supervisión dos servizos

de Prevención e Vixilancia da Saúde.

Tal e como prevé o “Plan para la transición hacia unha nueva normalidad”, unha vez

superadas as catro fases, rematan as restricións sociais e económicas, pero mantense

a vixilancia epidemiolóxica, a capacidade reforzada do sistema sanitario e a

autoprotección da cidadanía.

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 5 / 20

Page 6: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

De cara ao inicio do curso académico 2020/2021 hai que ter presente o cronograma que

figura no Plan e que prevé unha apertura do curso universitario con seguridade

adaptada (Anexo I), aínda que non é posible ter unha certeza neste momento da

evolución da situación, polo que serán os condicionantes de índole sanitaria os que

marquen as medidas a adoptar.

Porén, a programación do curso académico debe facerse de xeito inminente, polo que

cómpre establecer uns principios básicos que sirvan para adoptar as decisións

pertinentes, tendo presente que o curso 2020/2021 debe programarse cos recursos

humanos e materiais dos que se dispón neste momento.

A evolución da situación de pandemia xerou desconcerto na comunidade universitaria

polo intenso grao de flexibilización das medidas de mobilidade social, mesmo no ámbito

do ocio persoal, fronte ás limitacións que se manteñen no ámbito laboral. En relación

con isto, todos debemos ser conscientes de que a prevención de riscos no ámbito

laboral tivo sempre, e terá, unha intensidade moito maior que naquelas contornas onde

a liberdade individual ou colectiva é o valor que prevalece.

No momento actual, manter unha distancia social mínima, o lavado sistemático e

meticuloso de mans con xabón ou solución hidroalcohólica e a utilización da máscara

facial sempre que non podamos manter a distancia de seguridade constitúen medidas

de obrigado cumprimento para evitar a transmisión da enfermidade.

Coas premisas anteriores, constituíronse dous grupos permanentes de traballo, por

unha banda, o Comité para a Seguridade Sanitaria no curso 2020/2021 e, por outra, a

Comisión para a Planificación Docente do curso 2020/2021, formados polos seguintes

membros:

Comité para a Seguridade Sanitaria no curso 2020/2021

- Javier Ferreira Fernández, xerente da Universidade

- Carlos Toural Bran, director do Gabinete do Reitor

- Jesús López Romalde, director do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía

- Francisco Caamaño Isorna, director do Departamento de Psiquiatría, Radioloxía,

Saúde Pública, Enfermaría e Medicina

- Joaquín Vidal Portabales, profesor de Dereito do Traballo

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 6 / 20

Page 7: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

- Pilar Martínez García, vicexerenta de Persoal, Investigación e Planificación

Estratéxica

- Juan Oreiro Formoso, xefe da Oficina do Servizo de Prevención de Riscos

- María Isabel García del Río, responsable de Seguridade do Servizo de Prevención

de Riscos

- Ángeles Sandar Picado, directora do Servizo de Vixilancia da Saúde

Comisión para a Planificación Docente do curso 2020/2021

- María José López Couso, vicerreitora de Titulacións e Captación Internacional

- Mª Celia Besteiro Rodríguez, vicerreitora de Organización Académica

- Jacobo Limeres Posse, vicerreitor de Calidade

- Gumersindo Feijoo Costa, vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e

Sustentabilidade

- Beatriz García Antelo, directora do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe

(CeTA)

- José Manuel Velo García, director da Área de Tecnoloxías da Información e das

Comunicacións (ATIC)

- Lorena Casal Otero, profesora da Facultade de Ciencias da Educación

- Pablo César Muñoz Carril, profesor da Facultade de Formación do Profesorado

- Ignacio Miguel Palacios Martínez, profesor da Facultade de Filoloxía

- Eva María Candal Suárez, profesora da Facultade de Bioloxía

- Luis Lima Rodríguez, profesor da Facultade de Medicina e Odontoloxía

- Natalia Pérez Rivas, profesora da Facultade de Dereito

- Francisco Omil Prieto, profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñaría

- María José Rodríguez Malmierca, responsable da Área de e-learning e colaboración

do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA)

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 7 / 20

Page 8: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

Tanto o Comité para a Seguridade Sanitaria como a Comisión para a Planificación

Docente poderán convidar, de xeito puntual, a outras persoas pertencentes a distintos

colectivos a participar nalgunha das súas reunións.

O obxectivo é que estes grupos de traballo permanentes desenvolvan as bases onde

se contemplen as adaptacións necesarias para a continuación da actividade

universitaria en distintos escenarios, segundo as medidas que adopten as autoridades

sanitarias en función da evolución da enfermidade e en previsión de que se produzan

rebrotes durante o curso 2020/2021.

No apartado 5.4 do Anexo da Resolución do 12 de xuño de 2020 da Secretaría Xeral

Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello

da Xunta de Galicia, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias

para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase

III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, indícase o seguinte: “Para

o sistema universitario galego, as universidades aprobarán un protocolo en que se

regulen para toda a actividade académica as medidas de prevención axeitadas para o

retorno á actividade lectiva”.

Ao amparo deste acordo, formúlanse as presentes bases, que atenden aos seguintes

principios:

- O respecto ao carácter presencial da docencia na Universidade de Santiago de

Compostela.

- A flexibilidade, necesaria para a adaptación da actividade universitaria aos diferentes

escenarios, buscando fórmulas adaptables para atender ás diferenzas entre as

titulacións que se imparten.

- A responsabilidade de todos os axentes que conforman a comunidade universitaria,

tanto a nivel colectivo como a nivel individual.

Estas bases teñen en conta a experiencia desenvolvida polo Servizo de Prevención de

Riscos en relación coas avaliacións de riscos laborais e plans de autoprotección

obrigatorios dos que dispón cada edificio da Universidade, así como a documentación

que se elaborou e difundiu durante a pandemia que levou á declaración do estado de

alarma en marzo de 2020.

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 8 / 20

Page 9: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

Entre esta última, destacan os plans de reinicio da actividade presentados nas

diferentes fases polos centros docentes, investigadores e administrativos da USC, que

están permitindo a recuperación da actividade en condicións de seguridade e que son

un precedente adecuado para un escenario de convivencia coa enfermidade activa

entre a poboación.

As medidas que se dispoñan para cada escenario serán completadas en cada momento

coa normativa adecuada.

Así mesmo, estas bases serán obxecto de exposición e debate no seo da comunidade

universitaria e, unha vez aprobadas, serán actualizadas en función dos condicionantes

de índole sanitaria. Antes da súa aprobación, serán sometidas a consulta da

representación legal dos traballadores/as, en materia específica de prevención de riscos

laborais, no seo do Comité de Seguridade e Saúde Laboral.

Coa información dispoñible nese momento, prevese que o Reitor comunique o 31 de

xullo á comunidade universitaria o escenario aplicable ao inicio do curso 2020/2021.

Base Primeira. Suxeitos responsables

Entre os elementos máis importantes en situacións de risco están a cadea de mando e

a comunicación interna e externa. Toda a comunidade universitaria debe ter clara a

toma de decisións e as canles de comunicación ás que deberá atender. Por iso, cómpre

definilos con claridade como elementos clave que son e distinguir entre as

responsabilidades no ámbito da seguridade sanitaria e as responsabilidades no ámbito

docente.

a) Ámbito da seguridade sanitaria

Xerencia

En coordinación co Servizo de Prevención de Riscos e de Vixilancia da Saúde, será a

responsable dos peches totais ou parciais de edificios e de dispoñer as actuacións que

deberán realizar as persoas responsables das instalacións.

Na súa función de asesoramento e apoio técnico en materia de seguridade e saúde

laboral, corresponderá ao Servizo de Prevención de Riscos a elaboración dun

procedemento de actuación en caso de declaración de enfermidade infecciosa ou dun

rebrote. Este procedemento estará en continua revisión para adaptarase á situación

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 9 / 20

Page 10: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

existente e cumprir coa normativa de aplicación en cada momento. Na actualidade

cumpre este cometido a Guía de actuación fronte ao coronavirus covid-19 para centros

e persoal da USC con traballo presencial:

https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/Guia-para-persoal-

da-USC-25-05-2020.pdf

A Xerencia será tamén a responsable da compra do material de prevención e

desinfección necesario para afrontar cada escenario en condicións de seguridade

sanitaria.

Gabinete do Reitor

Corresponde ao Gabinete do Reitor a xestión da comunicación interna e externa

aplicable a cada escenario. Así mesmo, correspóndelle o deseño das campañas de

información dirixidas á comunidade universitaria.

Persoas responsables das instalacións

Coinciden coas persoas responsables identificadas nos Plans de Autoprotección dos

edificios polo que dispoñen dun coñecemento exhaustivo dos establecementos, as súas

instalacións e os sectores ou zonas de risco potencial. Así mesmo, coñecen os medios

de protección dispoñibles e serán os responsables de aplicar as instrucións emanadas

da Xerencia.

Contarán coa colaboración do persoal responsable da prestación de servizos para o

desenvolvemento das medidas a aplicar.

Persoas responsables da prestación de servizos

Investigadores e investigadoras principais que desenvolvan proxectos en laboratorios

así como as persoas responsables dos servizos e unidades administrativas. No seu

ámbito, aplicarán as instrucións que lles correspondan e velarán polo cumprimento das

medidas de prevención aplicables en cada escenario.

Persoal e alumnado

Serán responsables a nivel individual do cumprimento das medidas de prevención e

autoprotección en cada escenario, de conformidade coas guías de actuación, as

campañas de información e a formación que a Universidade facilite en cada momento.

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 10 / 20

Page 11: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

b) Ámbito docente

Vicerreitorías e Secretaría Xeral

As/os vicerreitoras/es membros da Comisión para a Planificación Docente do curso

2020/2021 serán responsables da supervisión e xestión das actuacións relativas á

planificación académica, ao seguimento das titulacións e ás necesidades tecnolóxicas

aplicables a cada un dos escenarios descritos na base segunda.

A Secretaría Xeral será a encargada de velar pola adecuación das devanditas

actuacións á normativa en vigor.

Persoas responsables das titulacións

Correspóndelles ás direccións de centros e departamentos así como ás coordinacións

das titulacións de grao e mestrado velar polo cumprimento, dentro do seu ámbito de

competencias e de acordo coas directrices establecidas para cada escenario, do

previsto na planificación académica para o curso 2020/2021.

Persoal Docente e Investigador

No marco das competencias dos departamentos, será responsable do proceso ensino-

aprendizaxe, que inclúe a elaboración da programación docente e da impartición da

docencia das materias de grao e mestrado que teña asignadas no seu POD, de acordo

coas directrices específicas que se establezan no seu momento para cada un dos tres

escenarios.

Persoas responsables dos servizos de apoio

Correspóndelles a implementación dos procedementos da planificación académica

(SXOPRA), o asesoramento técnico e pedagóxico no uso do campus virtual e a

formación do profesorado (CeTA), a formación do estudantado (BUSC), a supervisión

do funcionamento dos sistemas informáticos para a impartición da docencia e a

avaliación (ATIC), o seguimento do desenvolvemento das actividades académicas do

curso (Área de Calidade e Mellora dos Procedementos) e a seguridade xurídica da

información (Secretaría Xeral).

Estudantado

Será responsable a nivel individual da asistencia a clase e da realización das actividades

académicas que lle encargue o profesorado no desenvolvemento das materias das que

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 11 / 20

Page 12: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

está matriculado, de acordo coas directrices específicas que se establezan no seu

momento para cada un dos tres escenarios.

Base Segunda. Recursos e espazos

Os recursos humanos e materiais son fundamentais para afrontar os diferentes

escenarios que unha enfermidade como a COVID-19 pode obrigar a ter que configurar.

Neste sentido, os eixos aos que se debe dar resposta son os seguintes:

- A protección da saúde dos membros da comunidade universitaria.

- A adecuación da actividade universitaria, nomeadamente a docencia, aos diferentes

escenarios que se poidan producir.

- A información e formación da comunidade universitaria para a súa autoprotección e

prevención de riscos que afecten á saúde, así como para a súa adaptación ás fórmulas

de traballo, docencia e investigación que se poidan desenvolver en cada escenario.

- A previsión e posta a disposición do material necesario para a protección e prevención,

así como dos equipamentos e ferramentas necesarias para os cambios da modalidade

presencial á virtual, tanto no ámbito laboral como no docente, que sexa preciso

implementar nos distintos escenarios.

Tendo en conta o anterior, as medidas a aplicar en relación cos recursos humanos e

materiais serán as seguintes:

Recursos humanos

- Desenvolvemento, nos termos previstos, dos plans destinados aos diferentes

colectivos que conforman o seu capital humano.

Formación e información

- A elaboración de campañas de información sobre a enfermidade COVID-19 destinadas

á comunidade universitaria e que promovan unha cultura da autoprotección.

- A oferta complementaria de accións específicas de formación sobre prevención de

riscos laborais relacionados coa enfermidade e unha oferta de formación dirixida a

facilitar as adaptacións necesarias a nivel laboral e docente en cada escenario.

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 12 / 20

Page 13: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

Recursos materiais e espazos

- A provisión de material de prevención suficiente para facer fronte aos escenarios nos

que é preciso convivir coa enfermidade activa.

- O reforzo e mellora dos equipamentos informáticos e das ferramentas tecnolóxicas

para os escenarios nos que é preciso realizar actividades a distancia.

- No uso dos espazos docentes deberase prever algunha franxa horaria para atender

os labores de limpeza e hixienización e minimizar o movemento dos grupos de

estudantes dentro dos centros, evitando, na medida do posible, os cambios de aula.

Base Terceira. Escenarios

A definición dos escenarios posibles tendo en conta a experiencia durante o estado de

alarma e as referencias incluídas no “Plan para la transición hacia una nueva

normalidad” serán obxecto de desenvolvemento, de conformidade coas previsións

sanitarias, no momento no que se declaren.

Escenario 1: normalidade adaptada

Neste escenario prevese a convivencia con algunhas medidas de autoprotección da

poboación, como as máscaras faciais ou o uso de xeles desinfectantes, entre outras.

Tamén se agarda o mantemento dalgunhas restricións que afecten a eventos de certa

afluencia e que poderían ter incidencia en determinadas actividades universitarias,

como poden ser os actos de graduación do alumnado.

As actuacións neste escenario orientaranse á consolidación dunha cultura de

prevención en relación coas enfermidades infecciosas, difundindo información e

facilitando a formación que permita un mellor control cando se declara unha

enfermidade infecciosa ou no caso dun rebrote. O obxectivo destas actuacións será que

a comunidade universitaria entenda a importancia e amose o seu compromiso co

cumprimento das medidas de prevención, xa que a contención deste tipo de

enfermidades depende, en boa parte, da responsabilidade individual e colectiva.

Así mesmo, deberán estar dispoñibles os materiais de prevención e desinfección

necesarios para a actividade habitual da Universidade e a sinalética adecuada a cada

espazo.

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 13 / 20

Page 14: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

Escenario 2: distanciamento

Este escenario formúlase con condicións similares á fase III do “Plan para la transición

hacia una nueva normalidad”, é dicir, con medidas de protección activas que as persoas

deben aplicar obrigatoriamente, como o distanciamento de seguridade, o uso de

máscaras faciais e medidas organizativas como o control de accesos e aforos ou

barreiras de separación entre as persoas, entre outras medidas.

Neste escenario a prevención dos contaxios é clave para a contención da enfermidade,

polo que se contemplan restricións no uso dos espazos, a desinfección e limpeza

reforzada e, incluso, a posibilidade de peche parcial das instalacións no caso de ter

coñecemento de brotes que afecten a instalacións localizadas.

Escenario 3: peche das instalacións

Esta situación contémplase en termos similares á fase de hibernación que tivo lugar

entre o 30 de marzo e o 9 de abril de 2020. En atención ás medidas que dispoñan as

autoridades sanitarias, prevese un novo confinamento da poboación, o peche das

instalacións da Universidade e a determinación das funcións esenciais que deberán

manterse.

Base Cuarta. Medidas de protección da saúde

Escenario 1

- Uso de material de autoprotección en función das disposicións das autoridades

sanitarias.

- Mantemento dunha provisión suficiente de material de protección, sinalética adecuada

e material desinfectante.

- Desenvolvemento da formación en prevención de riscos laborais centrado en boas

prácticas que reduzan o contaxio en supostos de declaración de enfermidades

infecciosas, co obxecto de crear unha cultura reforzada da prevención.

- Campañas informativas dirixidas á comunidade universitaria.

- Seguimento e control da densidade de ocupación dos edificios para o suposto dunha

normalidade adaptada na que determinadas actividades deban contar con aforo

limitado.

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 14 / 20

Page 15: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

Escenario 2

- Establecemento dos protocolos de actuación para o control de accesos e aforos, a

implantación de medidas de distanciamento de acordo coas instrucións das autoridades

competentes e o peche parcial de instalacións, se fora o caso.

- Adopción das medidas adecuadas aos espazos de conformidade coas

recomendacións sanitarias e as guías de actuación aplicables, reducindo a

presencialidade de persoal e asegurando a distancia de seguridade recomendada, se é

o caso. Implicará a elaboración de plans de actuación en cada instalación para a

adaptación dos espazos e a adopción, se é o caso, de medidas organizativas.

- Establecemento dos protocolos de actuación para a comunicación da aparición de

síntomas a nivel interno e a coordinación coas autoridades sanitarias para o seguimento

e control de casos.

- Establecemento das canles de comunicación interna á comunidade universitaria sobre

a declaración do escenario e a información sobre as medidas adoptadas e as actuacións

a realizar.

Escenario 3

- Peche das instalacións e determinación das funcións esenciais que se deberán manter

e implicarán a presenza de persoal.

- Establecemento das canles de comunicación interna á comunidade universitaria

durante a situación e a difusión da información sobre as medidas a adoptar.

Base Quinta. Medidas de adaptación da docencia

No contexto de incerteza en que nos atopamos, débense adoptar algunhas previsións

en relación coas estratexias docentes, de xeito que se minimice o impacto no proceso

de ensino-aprendizaxe, e na consecución por parte do estudantado das competencias

asociadas aos títulos, dun eventual cambio de escenario durante o próximo curso

académico. Estas previsións deben recollerse na programación docente das materias

para cada un dos escenarios, de xeito que queden rexistradas de cara a futuros

procesos de seguimento e acreditación dos títulos. Os procedementos para recoller o

grao de satisfacción dos grupos de interese co proceso de ensino-aprendizaxe

adaptaranse tamén aos distintos escenarios.

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 15 / 20

Page 16: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

Escenario 1

- A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial. As

titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.

- A modalidade preferente para a realización das prácticas será a presencialidade. É

recomendable establecer unha rotación máis curta nos grupos de prácticas.

- Con carácter xeral, deberá preverse a avaliación continua formativa, ben como único

criterio de avaliación, ben combinada con probas finais.

- Con carácter xeral, as probas finais serán de carácter presencial.

- Deberá garantirse a accesibilidade dos materiais que constitúan a bibliografía básica

(libros, artigos, páxinas web, protocolos, vídeos, titoriais etc.) de acordo coas condicións

do escenario.

- Con carácter xeral, recoméndase que os programas de mobilidade se circunscriban

ao segundo cuadrimestre.

Escenario 2

- A docencia presencial convivirá coa virtual. Corresponderalles aos centros definir as

fórmulas de convivencia de ambas as modalidades de docencia, en función de cada

titulación.

- Deberá preverse unha rotación máis curta nos grupos de prácticas, de xeito que se

asegure a equidade da presencialidade na formación de todo o alumnado.

- Con carácter xeral, deberá preverse a avaliación continua formativa, ben como único

criterio de avaliación, ben combinada con probas finais. As probas finais, de ser o caso,

serán preferentemente de carácter telemático.

- Deberá garantirse a accesibilidade dos materiais que constitúan a bibliografía básica

(libros, artigos, páxinas web, protocolos, vídeos, titoriais etc.) de acordo coas condicións

do escenario.

- Con carácter xeral, recoméndase que os programas de mobilidade se circunscriban

ao segundo cuadrimestre, combinando a mobilidade física coa mobilidade virtual, tanto

para o alumnado entrante como para o alumnado saínte.

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 16 / 20

Page 17: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

Escenario 3

- A docencia será completamente de carácter virtual, ben con mecanismos síncronos,

ben con asíncronos.

- Con carácter xeral, deberá preverse a avaliación continua formativa, ben como único

criterio de avaliación, ben combinada con probas finais.

- Non existirán probas finais presenciais, sendo posibles soamente as de carácter

telemático.

- Deberá garantirse a accesibilidade dos materiais que constitúan a bibliografía básica

(libros, artigos, páxinas web, protocolos, vídeos, titoriais etc.) de acordo coas condicións

do escenario.

- O estudantado entrante e saínte que participe en programas de mobilidade seguirá a

docencia virtual síncrona e/ou asíncrona das materias incluídas no seu acordo de

estudos.

A Reitoría, as Vicerreitorías, a Secretaria Xeral e a Xerencia, nos seus ámbitos de

competencia, poderán adoptar as medidas necesarias para o desenvolvemento destas

Bases.

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 17 / 20

Page 18: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

Anexo I

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 18 / 20

Page 19: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

Anexo II Calendario adaptado para a planificación docente do curso 2020/2021 Data límite para a gravación dos horarios das materias na aplicación Xescampus: 03/07/2020 (posteriormente incorporanse a Xescampus de acordo co Regulamento de Planificación Académica).

Data límite para que os departamentos cubran o POD na aplicación Xescampus: 14/07/2020

Data límite para a aprobación da programación docente das materias polos departamentos e comunicación aos centros: 24/07/2020

Data límite para a aprobación da programación docente das materias polos centros e publicación na web institucional da USC: 30/07/2020.

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 19 / 20

Page 20: E para que así conste, asino a presente certificación …...E para que así conste, asino a presente certificación en Santiago de Compostela, co Vº e Prace do sr. reitor. Vº e

Sinaturas dixitais / Firmas digitales / Digital signatures

Asinante/Firmante/Signer: ANTONIO LOPEZ DIAZ, REITOR, UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA,25/06/2020 17:18:00. Asinante/Firmante/Signer: DULCE MARIA GARCIA MELLA, SECRETARIA XERAL, UNIVERSIDAD DESANTIAGO DE COMPOSTELA, 25/06/2020 14:46:38.

CSV: A207-03D9-4AF7-A465

Documento asinado dixitalmente e accesible en:/Documento firmado digitalmente y accesible en:/Digitally signed document with accessibility at:https://sede.usc.es/csv/A207-03D9-4AF7-A465Ver detalle da sinatura na derradeira páxina/Ver detalle de la firma en la última página/See detail of the signature on the last pageCSV: A207-03D9-4AF7-A465 20 / 20