drogodependencias

68
DROGODEPENDENCIAS DROGODEPENDENCIAS E E SAÚDE SAÚDE Adán Gonçalves

Upload: adan-goncalves-conselleria-de-educacion-xunta-de-galicia

Post on 29-Jun-2015

327 views

Category:

Education


6 download

DESCRIPTION

Concepto de droga e drogadicción. Características das drogras. Tipos de drogas. Idea xeral de cada tipo de droga. Algúns datos da situación actual en España, con especial atención a Galicia dos distintos tipos de drogas.

TRANSCRIPT

Page 1: Drogodependencias

DROGODEPENDENCIASDROGODEPENDENCIAS

EE

SAÚDESAÚDE

Adán Gonçalves

Page 2: Drogodependencias

1. 1. QUE SON AS DROGASQUE SON AS DROGAS??

A OMS define droga como toda substancia química que introducida no corpo por calquera mecanismo (inxestión, inhalación, inxección...) é capaz de actuar sobre o sistema nervioso central provocando algún tipo de alteración física ou psíquica que predispón o consumo reiterado do produto.

Atendendo a esta definición, baixo esta denominación podemos englobar a un número moi elevado de substancias, dende fármacos legais, pasando por substancias nocivas, pero legais como o tabaco ou o alcohol ate substancias ilegais como os derivados do cannabis ou a cocaína.

Page 3: Drogodependencias

2. 2. AS DROGAS NA HISTORIAAS DROGAS NA HISTORIA

Dende a antigüedade o home consome substancias estimulantes ou con efectos alucinóxenos resultado do seu coñecemento das propiedades de distintas plantas e fungos.

As razóns que levaron ás distintas culturas ao consumo de substancias deste tipo son de diversa índole: relixiosa, medicinal, recreativa...

Xa civilizacións antigas como a india, a china,a exipcia ou os primeiros poboadores de América consumían cáñamo, adormidera, opio e follas de coca.

Na Idade Media, en Europa, as bruxas utilizaban nos seus aquelarres substancias alucinóxenas.

Incluso, houbo e hai guerras motivadas polo importante volume de negocio xerado polo consumo destas substancias; son exemplos a “Guerra do opio” entre Gran Bretaña e China (1842) ou as actuais guerras de guerrillas dos narcotraficantes entre eles mesmos e cos gobernos dos países onde se cultivan as plantas que son a a materia prima de moitas destas drogas.

Page 4: Drogodependencias

3. 3. CARACTERÍSTICAS DAS DROGASCARACTERÍSTICAS DAS DROGAS

3.1. DEPENDENCIA3.1. DEPENDENCIA

É a necesidade de consumir periódicamente unha substancia para obter os efectos psíquicos ou físicos desexados ou para evitar o malestar ocasionado pola súa falta.

Pode ser:

Psíquica: Psíquica: cando o suxeito precisa da administración continuada da substancia para manter o nivel de benestar psicolóxico. Todas as drogas causan dependencia psíquica en maior ou menor grao.

Física: Física: débese a adaptación do organismo a substancia en cuestión, polo que a súa falta provoca transtornos físicos, éstos só se palian coa administración da droga ou dunha substancia similar.

Page 5: Drogodependencias

3. 3. CARACTERÍSTICAS DAS DROGASCARACTERÍSTICAS DAS DROGAS

3.2. TOLERENCIA3.2. TOLERENCIA

É a capacidade de adaptación do organismo ó consumo dunha droga determinada.

Debido a ela o individuo co paso do tempo precisa aumentala dose para experimentar o mesmo efecto.

A tolerancia varía segundo o tipo de droga, o individuo, e a frecuencia de consumo.

3.3. SÍNDROME DE ABSTINENCIA3.3. SÍNDROME DE ABSTINENCIA

É o conxunto de trastornos físicos (suores, vómitos, delirios, convulsións...) que sofre o suxeito debido ó cese ou a diminución brusca do consumo da droga.

Aparece nas drogas que xeran adicción e vulgarmente chámaselle “mono”.

Page 6: Drogodependencias

4. 4. COMO ACTÚANCOMO ACTÚAN

Como sabedes o funcionamento do noso sistema nervioso baséase na transmisión do impulso nerviosoimpulso nervioso.

As neuronasneuronas, que son as células especializadas nesta función, transmiten os impulsos grazas a unhas moléculas especiais chamadas neurotransmisoresneurotransmisores.

As drogas modificanmodifican a transmisióntransmisión destes impulsos alterandoimpulsos alterando a acción dos neurotransmisoresneurotransmisores.

Os efectos poden ser diversos: excitación, relaxación, alteracións na percepción...

Hai drogas que calman a dor (analxésicos), hainas que son somníferos, hainas tranquilizantes e estimulantes.

O tempo que tardan en apreciarse os efectos depende de diveros factores, entre os que destaca a vía de entrada: oral (máis lenta), inhalatoria ou intravenosa (máis rápida e eficaz).

Page 7: Drogodependencias

5. 5. TIPOS DE DROGASTIPOS DE DROGAS

As drogas podémolas clasificar atendendo a diversos criterios: Segundo os seus efectosefectos sobre o Sistema Nervioso CentralSistema Nervioso Central:

- DepresorasDepresoras: relentizan ou inhiben o funcionamento do cerebro. Producen dependencia física, síndrome de abstinencia, e tolerancia.

Efectos: somnolencia, dificultan a memoria, diminúen a presión sanguínea, relentización do pulso cardíaco. Poden provocar coma ou a morte...

Son exemplos: os opiáceos (heroína, morfina, codeina e metadona), alcohol, hipnópticos, sedantes e tranquilizantes.

- EstimulantesEstimulantes: aceleran o funcionamento cerebral producindo melloras temporais da actividade neurolóxica e física.

Efectos: aumentan a presión sanguínea, incrementan a alerta e actividade en xeral, euforia e diminución do apetito e o sono. Poden producir alteración graves do sono, desenvolvemento de manías, convulsións e incluos a morte.

Son exemplos: as anfetaminas, drogas de deseño anfetamínicas, cocaína, xantinas (café, cola, té...) e tabaco.

Page 8: Drogodependencias

5. 5. TIPOS DE DROGASTIPOS DE DROGAS

- - AlucinóxenasAlucinóxenas: producen cambios na percepción e na consciencia.

Efectos: alucinaciones, privación sensorial, disociación, trance, pérdida de memoria, delirios...

Son exemplos: os derivados do cannabis (haxix e marihuana), alucinóxenos (LSD), drogas de deseño alucinóxenas (MAD ou pílula do amor, MDMA ou extase) e disolventes e pegamentos.

Page 9: Drogodependencias

5. 5. TIPOS DE DROGASTIPOS DE DROGAS

Atendendo a súa aceptación socialaceptación social:

- Drogas legaisDrogas legais: aceptadas socialmente. Son o alcohol, o tabaco e medicamentos utilizados con fins terapéuticos (sedantes, ansiolíticos...).

Consecuencia do seu recoñecemento legal, a súa produción, venda e publicidade están reguladas.

- Drogas ilegaisDrogas ilegais:: substancias prohibidas ás que se accede a través do mercado negro. Afectan a un sector menor da poboación, pero crean maior alarma social.

Esta clasificación non ten relación nin co dano, nin cos efectos, xa que hai drogas legais moi perigosas.

Así mesmo, o seu estatus varía co tempo e incluso co lugar. Exemplo desto último é a Lei Seca nos E.U.A. a principios do século XX (1919-1933) ou a prohibición a distintos niveis do alcohol en distintos países musulmáns (Arabia, Qatar...) na actualidade.

Page 10: Drogodependencias

5. 5. TIPOS DE DROGASTIPOS DE DROGAS

Atendendo á capacidade para provocar síndrome de abstinencia:

- Drogas blandasDrogas blandas: : non causan síndrome de abstinencia ou e máis leve.

- Drogas durasDrogas duras:: xeran síndrome de abstinencia.

Esta clasificación induce a graves erros, pois drogas consideradas brandas, como o LSD ou as “anfetas” son substancias realmente perigosas.

Ademais a dose é decisiva na determinación da súa perigosidade. Por exemplo a cocaína, segundo a dose, pode actuar como anestésico, euforizante ou alucinóxeno.

Page 11: Drogodependencias
Page 12: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

A drogadicción é unha enfermidade crónica e de longa duración baseada na dependencia de substancias que afectan ao Sistema Nervioso Central e as súas funcións.

6.1. CAUSAS QUE FAVORECEN A DROGADICCIÓN6.1. CAUSAS QUE FAVORECEN A DROGADICCIÓN

É imposible citar unha causa que provoque drogadicción, pero sí poden darse factores comúns que poden favorecer o inicio no consumo.

Neste punto, os adolescentes, sen dúbida son unha poboación de risco pola confluencia de circunstancias favorables derivadas da etapa de desenvolvemento na que se atopan (rebeldía, probar cousas novas, integración no grupo...) cara o inicio no consumo de drogas.

Que unha persoa consuma unha droga, non quere decir que sexa drogodependente. Por exemplo se pode tomar un vaso de viño ó día ou fumar un cigarrillo nun momento dado e non ser adicto.

O problema é o hábito no consumo que pode xerar unha adicción.

Evidentemente probar calquera tipo de droga sempre supón un risco xa que pode xerar unha adicción.

Page 13: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.1. CAUSAS QUE FAVORECEN A DROGADICCIÓN6.1. CAUSAS QUE FAVORECEN A DROGADICCIÓN

Entre os factores que máis inflúen na adquisición dunha drogodependencia son: Factores individuaisFactores individuais: :

- SexoSexo: máis frecuentes nos homes que nas mulleres, excepto en sedantes.

- PersonalidadePersonalidade: os drogodependentes soen ter problemas de socialización e dificultades para afrontar os problemas.

- CuriosidadeCuriosidade: a atracción do prohibido e das novas sensacións, moi enfatizado nos adolescentes.

- ComunicaciónComunicación: problemas nas relacións sociais ou familiares.

Page 14: Drogodependencias
Page 15: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.1. CAUSAS QUE FAVORECEN A DROGADICCIÓN6.1. CAUSAS QUE FAVORECEN A DROGADICCIÓN

Factores sociaisFactores sociais::

- DisponibilidadeDisponibilidade: facilidade para conseguir a droga.

- PublicidadePublicidade: sobre todo nas drogas legais.

- InformaciónInformación: dos pais, educadores e autoridades sanitarias.

- ImitaciónImitación: de condutas dos pais, dos amigos, de ídolos...

CuestiónsCuestións::

1. Que factores consideras máis importantes, os individuais ou os sociais?

2. Cres que a imitación é unha causa real? Podes poñer algún exemplo.

Page 16: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.2. CAMBIOS DA CONDUTA NA DROGADICCIÓN6.2. CAMBIOS DA CONDUTA NA DROGADICCIÓN

Segundo os expertos, hai unha serie de cambios na conduta dos adolescentes que analizadas en conxunto poden poñernos sobre aviso dun posible consumo de drogas.

Este punto é moi importante porque a detección precoz é fundamental para desintoxicacióndesintoxicación (abandono do consumo).

Os cambios de condutas máis habituais son:

1. Descenso inxustificado do rendemento escolar e faltas de asistencia que antes non existían.

2. Cambio de amizades, procurando que os pais non coñezan aos novos amigos.

3. Pedir cartos constantemente aos pais e aos amigos.

4. Pequenos roubos na casa ou no centro escolar.

5. Despreocupación da apariencia ou abandono.

Page 17: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.2. CAMBIOS DA CONDUTA NA DROGADICCIÓN6.2. CAMBIOS DA CONDUTA NA DROGADICCIÓN

6. Distanciamiento cos irmáns e pais.

7. Adelgazamento progresivo, ausencia de apetito, mala cor.

Debemos lembrar que estes cambios son só indicios e non probas dunha drogodependencia. Algúns deles por separado son completamente normais e máxime na adolescencia.

Page 18: Drogodependencias
Page 19: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo

Un pouco de historiaUn pouco de historia::

O tabaco obténse a partir das follas da planta Nicotiana tabacum e foi introducida en Europa no século XVI.

Cristobal Colón veu fumar ós indíxenas na illa de El Salvador, pero o primeiro europeo que probou o tabaco foi o francés Jacques Cartier (1535). O tabaco foi introducido gradualmente en Europa: Francia (1556), Portugal (1558), España (1559) e Inglaterra (1565).

Os mariñeiros españois e portugueses difundírono por todos os portos do mundo, pero foi Jean Nicot o quen deu un paso definitivo na súa implantación europea ó enviar rapé e sementes de tabaco á raiña de Francia, Catalina de Médicis para o tratamento das migrañas do seu fillo.

Ate o século XIX o seu consumo era minoritario e realizábase aspirado polo nariz (rapé) típico das clases aristocráticas, mastigado ou fumado en forma de cigarros puros ou en cachimbas.

Page 20: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo

Un pouco de historiaUn pouco de historia::

Coa aparición das industrias adicadas a fabricación de cigarrillos estendeuse o seu consumo e tamén comezaron a xurdir as primeiras sospeitas sobre os seus efectos prexudiciais na saúde.Na actualidade o tabaquismo (adicción ao tabaco) é considerado o principal problema de saúde pública mundial.O tabaco é responsable da diminución da calidade de vida dos fumadores e xera un gran número de enfermidades crónicas que son causa directa da morte de millóns de persoas en todo o mundo.As probas científicas neste sentido comezaron a rexistrase sobre todo a partir do inicio dos anos 90.

Page 21: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo

Un pouco de historiaUn pouco de historia::A partir do 2004 as empresas tabacaleras vense obrigadas a etiquetar nos seus produtos todos os aditivos que utilizan na fabricación do tabaco e mostrar unha lenda de advertencia ó fumador.En España, concrétase esta preocupación, igual que noutros países do noso entorno, na famosa Lei antitabaco do 2005, cuxa eficacia na diminución do consumo xa está demostrada.

Page 22: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo

Algúns datos de intereseAlgúns datos de interese::

A OMS considera o tabaco a primeira causa de invalidez e morte prematura no mundo.

1/3 da poboación mundial maior de 15 anos é fumadora ( datos de 2010), esto supón uns 1250 millóns de fumadores.

O tabaco mata anualmente uns 4,9 millóns de persoas (datos 2004).

En Europa o tabaquismo provoca 1,2 millóns de mortes ao ano.

O tabaco está relacionado coa aparición de 29 enfermidades, entre elas 10 tipos de cancro e diversas de índole cardiovascular.

En España morren ao ano 50000 persoas polo consumo de tabaco, e dicir, máis que se sumamos todas as que morren en accidentes de tráfico e as que falecen polo consumo de drogas ilegais.

Page 23: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo

Compoñentes tóxicos do tabacoCompoñentes tóxicos do tabaco::

NicotinaNicotina: : é unha substancia estimulante responsable da adiccón e a tolerancia. Provoca danos no corazón, vasos sanguíneos e sistema nervioso.

AlcatránAlcatrán: : substancia viscosa e espesa que deposita nos alveolos pulmonares destruíndoos. Ademais impide a saída de mucosidade que unha defensa natural contra os xermes. Provoca bronquite, cancro nas vías respiratorias (boca, farinxe, larinxe e pulmóns).

Monóxido de carbonoMonóxido de carbono: : dificulta a osixenación porque é un gas que compite co osíxeno para fixarse á hemoglobina. En consecuencia produce fatiga e incrementa o ritmo cardíaco e pulmonar provocando un desgaste co paso do tempo.

Gases irritantesGases irritantes: : alteran o movemento dos cilios nos bronquios producindo tos e ronquera.

Page 24: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo

Prexuízos para a saúdePrexuízos para a saúde::

En xeral, os efectos negativos do tabaco percíbense a longo prazo.En xeral, os efectos negativos do tabaco percíbense a longo prazo.

As patoloxías máis frecuentes son a bronquite e o enfisema pulmonar e co As patoloxías máis frecuentes son a bronquite e o enfisema pulmonar e co paso do tempo complicacións cardiovasculares que teñen múltiples paso do tempo complicacións cardiovasculares que teñen múltiples consecuencias: fatiga, dificultades para respirar, efectos negativos na consecuencias: fatiga, dificultades para respirar, efectos negativos na potencia masculina...potencia masculina...

En casos máis graves derivan cara distintos tipos de cancro das distintas En casos máis graves derivan cara distintos tipos de cancro das distintas vías respiratorias e tamén hai unha relación directa cos cancros de colón, vías respiratorias e tamén hai unha relación directa cos cancros de colón, de pancreas, de fígado...de pancreas, de fígado...

Por último, os prexuízos incrementase durante o embarazo aumentando o Por último, os prexuízos incrementase durante o embarazo aumentando o risco de sofrer embarazos ectópicos, hemorraxias vaxinales, alteraciones risco de sofrer embarazos ectópicos, hemorraxias vaxinales, alteraciones cardíacas ademais o feto pode ter baixo peso, morte súbita, infartos, cardíacas ademais o feto pode ter baixo peso, morte súbita, infartos, leucemia infantil...leucemia infantil...

Page 25: Drogodependencias

COMPARATIVA DO TABACO CON OUTRAS VINTE DROGASCOMPARATIVA DO TABACO CON OUTRAS VINTE DROGAS

Page 26: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo

Fumadores pasivosFumadores pasivos::

O fume do tabaco non só é inhalado polos fumadores, senón tamén polas persoas que están o seu arredor. Este fume de segunda man posúe máis de 4000 substancias químicas.

Son os chamados fumadores pasivos.

Múltiples estudos científicos demostran que os efectos nocivos do tabaco tamén se dan nos fumadores pasivos: cancro de pulmón, infeccións respiratorias, enfermidades cardíacas...

Neste sentido constitúen unha poboación de risco, os nenos, as mulleres embarazadas, os vellos e as persoas con problemas respiratorios ou cardíacos.

En por esto, polo que en determinados países, entre eles España, restrínxese o seu consumo en lugares públicos a través de diferentes leis.

Page 27: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo

Inicio do consumoInicio do consumo::

A maioría das enquisas e estudos establecen o inicio no consumo de tabaco en España entorno aos 13 anos:

Nova do Nova do xornalxornal “La Vanguardia” (31/05/2010) “La Vanguardia” (31/05/2010)

Por que fumamosPor que fumamos??

Porque fumar prodúcenos pracer. Porque fumar prodúcenos pracer.

Cando fumamos a nicotina, que é a substancia aditiva do tabaco, tarda non máis Cando fumamos a nicotina, que é a substancia aditiva do tabaco, tarda non máis de 7 segundos en chegar o cerebro, aquí produce unha substancia chamada de 7 segundos en chegar o cerebro, aquí produce unha substancia chamada dopamina que é a responsable da sensación de benestar.dopamina que é a responsable da sensación de benestar.

Ademais cando un fumador leva un tempo sen fumar ten un leve síndrome de Ademais cando un fumador leva un tempo sen fumar ten un leve síndrome de abstinencia, e en parte a sensación de benestar tamén se debe pola supresión abstinencia, e en parte a sensación de benestar tamén se debe pola supresión desta sensación desagradable.desta sensación desagradable.

Page 28: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo

Por que empezamos a fumarPor que empezamos a fumar??

O tabaco é unha droga accesible e aceptada socialmente, aínda que nos últimos anos ven de sufrir un deterioro importante da súa imaxe grazas a un aumento da conciencia social dos prexuízos do tabaco sobre a saúde con estudos científicos irrefutables que relacionan o hábito con distintas enfermidades.

O hábito de fumar adquirese habitualmente durante a adolescencia e logo pode ou non manterse co tempo, enquisas establecen un período medio de 30 anos fumando.

A cuestión é por tanto, por que comezamos a fumar?

Page 29: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo

Por que empezamos a fumarPor que empezamos a fumar??

Os propios fumadores establecen diversas razóns: Por influencia social 30,8%Ofrecíanmo os amigos 26,6% Por que si 13,6% Para ser maior 10,2 % Por relacionarme 3,2%Porque o vía na miña casa 1,9 % Porque facía algo prohibido 1,5 %Fonte: Consumo de drogas en Galicia. Xunta de Galicia.

CuestiónCuestión: Cal pensas que poden ser as razóns polas que os adolescentes comezan a fumar?

Page 30: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo

Vantaxes de deixar de fumarVantaxes de deixar de fumar??

Deixar de fumar ten moitísimos beneficios e sempre é un bo momento: Beneficios para a saúde:

- Aos 20 minutos sen fumar diminúe a presión arterial.

- As 8 horas diminúen os niveis de monóxido e ascende o osíxeno alcanzando os niveis normais.

- As 24 horas diminúe o risco de infarto.

-As 48 horas comezamos a recuperar o gusto e olfacto.

- Entre as dúas semanas e os 3 meses mellora considerablemente a nosa circulación e sanan máis rapidamente as feridas.

- Nos primeiros 9 meses melloran moitos efectos do tabaquismo: tos, dificultades ao respirar, fatiga, conxestión nasal...

Page 31: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo

Vantaxes de deixar de fumarVantaxes de deixar de fumar?? Beneficios para a saúde:

- Aos 5 anos a probabilidade de padecer cancro de pulmón e de boca descenden case un 50% respecto aos fumadores dun paquete ao día.

- Aos 10 anos os riscos equipáranse aos dun non fumador. Outros beneficios para a saúde:

- Mellora a nosa pel, dentes e encías.

- Diminúe o risco de disfunción erectil e mellora a calidade do seme.

- Menor risco de enfermidades cerebrovasculares.

Por suposto, tamén eliminamos o risco para os fumadores pasivos, en especial para nenos e mulleres embarazadas.

Mellora o noso alento, oleremos mellor, aforraremos cartos, mellorameos a nosa imaxe (dentes e uñas limpas) e evitaremos ser exemplo dun mal hábito.

Page 32: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo

Un pouco de historiaUn pouco de historia

A nosa historia está ligada, en certa medida, o consumo de bebidas

alcohólicas. Incluso, algúns historiadores, citan o cultivo das vides como unha

das causas, xunto con outras do paso dunha sociedade nómada a unha

sedentaria.

As bebidas fermentadas, como o viño ou a cervexa, eran xa consumidas hai

uns 5000 anos, e rápidamente asocíaronse os efectos do seu consumo a

rituais místicos, relixiosos e sociais.

Os exipcios agradecían a Osiris o descubremento da fabricación do viño; os

gregos con Dionisio e os romanos con Baco posuían un Deus do viño.

Page 33: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo

Un pouco de historiaUn pouco de historia

Incluso Noé celebrou o fin do Diluvio Universal embriagándose de viño como

nos conta a Biblia.

Para os cristianos o viño é parte fundamental da eucaristía, pois representa a

sangue de Cristo.

As bebidas destiladas son posteriores. Proceden da tradición árabe e

alquimista., polo menos en canto a súa introdución en Europa. De feito, deles

proceden a palabra “al-khul”=alcohol e a ferramente utilizada para destilar, o

alambique.

As primeiras referencias a destilación alquimista datan do século XII e falan

da “aqua vitae” (auga de vida) e a consecución de licores mediciñais.

Page 34: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo

Un pouco de historiaUn pouco de historia

Foi o español Arnau de Villanova (S. XII-XIII) xunto co seu discípulo

Raimundo Lulio o primeiro en describir con detalle a destilación do chamado

“elixir da vida eterna” con fins curativos.

Esta tradición alquimista vese reflectida na nosa linguaxe, na actualidade

segue a utilizarse o termo bebidas espirituosasbebidas espirituosas para definir as bebidas

alcohólicas. Os alquimistas estaban fascinados polos vapores das bebidas

alcohólicas aos que atribuían propiedades máxicas, e de ahí derivou o termo.

Page 35: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo

Un pouco de historiaUn pouco de historia

Durante a Idade Media impulsouse a produción deste tipo de bebidas, grazas en gran parte a labor de monxes cristianos, que por este camiño en moitos casos, trataban de atopar esencias mediciñais. De feito, para mellorar o sabor comezaron a aromatizalas con flores e froitos macerados.

A partir so século XV fórmanse os gremios de destilación, neste momento xurden algúns dos licores máis coñecidos como o coñac, o ron ou o whisky.

A partir do século XIX a mediciña comeza a poñer de relevo os efectos prexudiciais do alcohol.

Page 36: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo

Un pouco de historiaUn pouco de historia

Médicos como Thomas Trotter e Benjamín Rush establecen que o alcoholismo (adicción ao alcohol) pode danar o fígado e producir disfuncións mentais.

Estos diagnósticos influiron de xeito determinate no establecemento da famosa Lei Seca dos EUA a principios do século XX.

Segundo os especilaista é na época industrial cando o alcoholismo pasa a ser un problema de saúde pública que vese agravado dende mediados do século XX pola nosa forma de vida: publicidade, consumismo, estrés...

Page 37: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo

O alcohol etílico (etanol) é compoñente psicoactivo fundamental das bebidas

alcohólicas.

Constitúe a droga máis consumida e tamén a que máis problemas xera, a pesar

de non causar tanta alarma social como outras drogas.

Como xa comentamos, aínda que favorece condutas desinhibidas é un depresor

do sistema nervioso.

É responsable e boa parte dos accidentes circulatorios e tamén dunha elevada

porcentaxe de accidentes laborais.

O alcohol é perigoso ?

Page 38: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo

Efectos do alcohol

A curto prazo:A curto prazo:-Diminución dos reflexos.

- Falsa apreciación das distancias.

- Perturbación dos movementos.

- Euforia e falta de percepción do risco.

- Aumento do tempo de reacción.

- Descontrol e confusión.

-Fatiga e vómitos.

-Coma etílico. Morte. Accidentes.

Page 39: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo

Efectos do alcohol

A longo prazo:A longo prazo:- Perda de facultades.

- Diminución das células sanguíneas.

- Gastrite e úlcera de estómago.

- Inflamación do páncreas.

- Trastornos na absorción intestinal.

- Impotencia. Trastornos na reprodución.

- Hipertensión e deterioro cardíaco.

-Ansiedade e depresión.

-Cirrose hepátita e cancro (hepatocarcinoma). Suicidio e accidentes.

Page 40: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo

O alcohol, unha droga social

Como xa comentamos, o consumo de alcohol é unha costume tradicional.

Semella, en moitas ocasións, que non pode haber festa se non hai alcohol de por medio.

Esta aceptación social tan xeralizada pode provocar que nos acostumemos, xa dende nenos, e vexamos como normal actitudes cara o alcohol que son altamente prexudiciais para a nosa saúde.

Na nosa sociedade existen tamén persoas que por distintos motivos non proban nunca o alcohol, son os denominados abstemiosabstemios.

Page 41: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo

O alcohol, unha droga social

Por suposto, tamén hai persoas que a longo da súa vida manteñen unha inxesta lixeira de alcohol e non poden ser considerados adictos.

Incluso hai estudos que defenden que un consumo moderado de determinadas bebidas, como a cervexa ou o viño, poden ter efectos beneficiosos.

Sen embargo, debemos ter sempre presente que a permisividade co alcohol pode orixinar consecuencias desastrosas.

Page 42: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo Factores que inflúen na absorción do alcohol

Os efectos do alcohol vense influídos por diversos factores:

Peso corporal: a menor peso máis rápidos son os efectos.

Sexo: os homes degrádano máis fácilmente que as mulleres.

O Xexún: a absorción aumenta co estómago baleiro.

Frecuencia do consumo: a alta tolerancia do alcohol, fai que os seus efectos sexan maiores coa falta de costume.

Graduación: as bebidas de alta graduación absórbense máis rápido; ademais a súa combinanción con bebidas gaseadas aumenta a súa absorción.

Tempo dende a inxesta: o alcohol degrádase no fígado a uns 4-8 g de alcohol por hora.

Page 43: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo

Alcoholismo

O alcoholismo é unha enfermidade crónica e progresiva producida pola

inxesta excesiva de alcohol etílico. Caracterízase por unha dependencia

emocional e física que é a responsable, no caso de cesar o consumo, dun

forte síndrome de abstinencia chamado “delirium tremens”.

O alcoholismo provoca un dano progresivo en diversos órganos (cerebro,

fígado, riles, ...) que levan en último termo a morte.

A OMS considera que hai alcoholismo cando se produce unha inxesta diara

superior aos 50 g na muller e as 70 g no home.

Para facernos unha idea: un vaso de viño contén uns 19 g, un copa de coñac

ronda os 15 g e un cubata ou un whisky con xeo esta entorno aos 22 g.

Page 44: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo

Alcohol e adolescencia

O xeito de consumir alcohol ven de variar moito nos últimos anos.

Mentres os nosos pais realizaban un consumo diario de bebidas de pouca

graduación (viño e cervexa) e copas de coñac, aguardente e licor café; os

adolescentes destas últimas décadas tenden a un consumo máis concentrado

nos fines de semana con un bo número de bebidas de alta graduación

(cubatas, chupitos...); de feito o adolescente pode chegar a ser totalmente

abstemio durante a semana e só consumir alcohol durante a fin de semana.

Estos hábitos tenden a fixar a idea do alcohol como unha práctica máis das

nosas horas de ocio e a relacionalo coa diversión e a festa.

Page 45: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo

Alcohol e adolescencia

Este alto consumo débese en boa parte a unha aceptación social do alcohol, a súa alta disponibilidade e o seu baixo custo fronte outro tipo de drogas.

Son moitos os rapaces que gastan o seu presuposto semanal case con exclusividade en alcohol.

Pero como xa comentamos, as consecuencias do consumo do alcohol poden ser devastadoras.

No caso do consumo de fin de semana os principais riscos son: o aumento de accidentes de tráfico, as prácticas sexuais de risco (SIDA e outras ETS, embarazos non desexados...) e intoxicacións que poden chegar o coma etílico e incluso a morte.

Page 46: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo

Taxa de alcoholemiaTaxa de alcoholemia

Page 47: Drogodependencias
Page 48: Drogodependencias
Page 49: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo

Tratamento do alcoholismoTratamento do alcoholismo

Os tratamentos contra o alcoholismo perseguen a desintoxicación e deben ter

unha supervisión médica.

Despois da desintoxicación, normalmente o paciente sométese a terapias de

grupo que axúdano a comprender mellor a súa adicción e a superala.

Hai diversas organizacións sen ánimo de lucro en España que prestan este

servizo aos enfermos, como son alcoholicos anónimos ou a federación de

alcohólicos rehabilitados.

Page 50: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.3. Automedicación6.3.3. Automedicación

A automedicación consiste en consumir fármacos sen ningún tipo de control

médico na dose, na frecuencia de uso ou na necesidade terapéutica.

É unha costume moi arraigada no mundo occidental.

As persoas consomen analxésico, tranquilizantes, antibióticos... sen ter en

conta ningunha prescripción médica, nin por suposto o prexuízo para a saúde

e, incluso na propia eficacia de algúns medicamentos (como sucede cos

antibióticos).

Débese ter en conta que a automedicación implica riscos importantes:

intoxicacións, alteracións nerviosas, lesión hepáticas e renais, perda de

eficacia, dependencia psicolóxica...

Page 51: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.3. Automedicación6.3.3. Automedicación

É importante rexeitar o diagnóstico e o tratamento dado por xente que non

son especialistas: familiares, amigos, veciños..., incluso aínda que a eles lles

fose eficaz.

O diagnóstico e tratamento dunha doenza debe facelo un especialista.

O problema da automedicación parece incrementarse no ámbito dos

hipnosedantes como xa comentamos; na actualidade en España constitúen a

terceiro grupo de drogas máis consumidas e son as únicas que aumentan o seu

consumo no último ano.

Page 52: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.4. 6.3.4. Derivados do cannabisDerivados do cannabis

A Cannabis sativa é unha planta orixinaria de Asia Central que ven de

cultivarse dende hai uns 6000 anos nas zonas temperadas para o seu uso téxtil

(cáñamo) e polos produtos psicoactivos que posúe.

Na antigua China, se recomendaba para combater a malaria, o reuma ou o

insomnio.

Na India utilizouse para aumentar a axilidade mental, favorecer a lonxevidade,

ou aumentar o desexo sexual.

A maior parte destes efectos non son reais e incluso a súa administración é

contraproducente.

Un pouco de historiaUn pouco de historia

Page 53: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.4. 6.3.4. Derivados do cannabisDerivados do cannabis

Un pouco de historiaUn pouco de historia

Xa no mundo clásico grego hai citas sobre o seu uso mediciñal (S.V. a.C.),

En Europa, Marco Polo (S.XIII) fala do uso do cáñamo no mundo árabe, e

moitos autores relacionan algunhas das súas descricións coa secta dos

hashishin ( a secta dos “asesinos” cuxa droga sería hashish).

A partir principalmente do século XVII ten unha gran difusión nos países

occidentais e a finais do XIX xurden salóns para fumar en diversas cidades

de EUA. Tamén é neste país onde comezan os procesos para ilegalizar o

cultivo desta planta.

Page 54: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.4. 6.3.4. Derivados do cannabisDerivados do cannabis

A historia da ilegalización está chea de interses económicos, políticos e

sociais, pero non debe esquezerse que sexa legal ou ilegal os derivados do

cannabis teñen efectos prexudiciais sobre a nosa saúde.

Actualmente cultívase en todo o mundo e é a droga ilegal máis consumida e

cunha alta aceptación social.

Un pouco de historiaUn pouco de historia

Page 55: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.4. 6.3.4. Derivados do cannabisDerivados do cannabis

Que son os derivados do cannabis?Que son os derivados do cannabis?

O cannabis contén máis de 400 compoñentes dos cales 60 aproximadamente

son cannabinoides (os principios activos desta droga), entre eles o principal

é o tetrahidrocannabinol (THC) que está presente nas follas e nas flores

desta planta.

O cannabis pode usarse como: Haxix: elabórase a partir do prensado da resina das flores da planta

femia (cogollos). A resina ten cor marrón e preséntase en bloques.

Tradicionalmente o haxix presenta unha alta porcentaxe de THC (10-20%).

Os adulterantes máis habituais son goma arábiga, clara de ovo, leite

condensada...

Page 56: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.4. 6.3.4. Derivados do cannabisDerivados do cannabis

Que son os derivados do cannabis?Que son os derivados do cannabis?

Marihuana: son as flores e follas da parte superior da planta, teñen unha

porcentaxe de THC arredor de 6-14%. Aceite de haxix: é un concentrado líquido que resulta da mezcla de resina

con disolventes (acetona, alcohol ou gasolina). Ten cor marrón escura. A súa

porcentaxe en THC soe ser elevada (15-60%).

Page 57: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN

6.3.4. 6.3.4. Derivados do cannabisDerivados do cannabis

EfectosEfectos

É un depresor do SNC, aínda que pode chegar a ter efectos alucinóxenos.

Débese ter en conta, que os efectos de todos os porros no son iguais xa

que varían na cantidade, na porcentaxe de principios activos, forma de

fumar...

A doses baixas ou moderadas: relaxación, aumento da sociabilidade, risa

fácil, alteracións da percepción, da memoria e da concentración; boca

seca, ollos vermellos, aumento do apetito (sobre todo doces),

broncodilatación, pérdida da coordinación, diminución dos reflexos,

taquicardias e dores de cabeza.

Page 58: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.4. 6.3.4. Derivados do cannabisDerivados do cannabis

EfectosEfectos

Tamén posúe efectos paliativos das doencias propias de determinadas

enfermidades: SIDA, cancro, esclerose múltiple....; aínda que debemos

lembrar que na actualidade existen medicamentos cos principios activos que

teñen estos efectos beneficiosos, pero non os prexudiciais.

Un consumo elevado e prolongado pode ter riscos importantes: aumento da

tolerancia o THC, a mezcla haxix-tabaco supón o mesmo risco que o

tabaquismo, diminución da líbido, alteracións menstruais e do esperma,

problemas de aprendizaxe e taquicardias. Ademais, o seu consumo e

posesión en lugares públicos é un delito.

Page 59: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.5. 6.3.5. OpiáceosOpiáceos

Son unha serie de substancias (alcaloides) derivadas da planta do opio ou adormidera (Papaver somníferum).

Os principais opiáceos son o opio, a morfina e a heroína.

Temos referencias do uso dos opiáceos dende a antigüedade, principalmente como infusións.

A morfina (Morfeo: Deus do sono) aparece a principios do século XIX como un potente analxésico con aplicacións médicas. Sen embargo, obsérvanse importantes efectos adversos como unha gran aditividade e un elevado síndrome de abstinencia.

Pescudando unha nova substancia a emprese Bayer elabora a heroína, pero desgraciadamente, ademais dun excelente analxésico posuía unha maior toxicidade e capacidade aditiva ca morfina.

Page 60: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.5. 6.3.5. OpiáceosOpiáceos

Os opiáceos convértense nun negocio dende principio do s. XX co centro neurálxico de operacións en Asia, posteriormente a Guerra de Vietnam dalle o impulso definitivo para a súa introdución nos países occidentais.

Os consumidores europeos actuais de heroína son unha poboación envellecida con graves problemas socias, psicolóxicos e sanitarios.

O seu consumo en España foi diminuíndo nos últimos anos e case inexistente entra a xuventude.

A administración foi tradicionalmente intravenosa (polvo mesturado con limón ou auga), pero a partir da difusión do SIDA tamén se fixo habitual fumala (“fumar chinos” ou “fumar en plata”).

Page 61: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.5. 6.3.5. OpiáceosOpiáceos

Efectos:

Acción analséxica e depresora. Rápida tolerancia, elevada dependencia e forte síndrome de abstinencia.

+ Opio: Nun principio maior imaxinación e gañas de falar, despois depresión, lentitude respiratoria e confusión mental. O seu consumo continuado orixina a alteración de todos os aparellos e sistemas: anorexia, estreñimento, hipotensión, frío, illamento social...

+ Morfina: básicamente empregado en mediciña: alteración do estado de ánimo, vómitos, nauseas, estreñimento...

+ Heroína: “flash” (pracer temporal), sedación e alivio das doencias. Estreñimento, lentitude e incluso parada respiratoria, miosis (peche das pupilas), frío, adelgazamento, amenorrea, lesión hepáticas, infeccións cutáneas, inflamación do corazón, alteracións psiquiátricas e illamento social.

Page 62: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.5. 6.3.5. CocaínaCocaína

A cocaína é un alcaloide obtido das follas da planta de coca (en quechua: kuka). É un estimulante do SNC.

Foi chamada a droga dos 70, 80 e 90 pola súa popularidade nestas décadas, pero non é unha droga nova, existe hai máis de 100 anos. Ademais as follas de coca, xa eran utilizadas como estimulante ou como herba mediciñal hai miles de anos.

A mediados do s. XIX extráese pro primeira vez como cocaína, e a principios do s.XX foi compoñente de moitos tónicos e elixires elaborados para “curar” todo tipo de enfermidades ( A Coca-Cola retirouna da súa composición en 1903).

Na actualidade é unha substancia ilegal. Véndese no mercado negro como un polvo branco e os traficantes, xeralmente, a mesturan con outras substancias (talco, azúcre, anfetas...). Tamén se vende como “crack” (mezcla con bicarbonato sódico) ou similares a xeito de “pedras” para fumar.

Page 63: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.5. 6.3.5. CocaínaCocaína

Efectos:

Inmediatos: aumento da autoestima e confianza, locuacidade e excitación. Esta fase dura entre 30 e 60 minutos.

Despois aparece unha fase de forte ansiedade por outra dose. A longo prazo: adición forte, ataques de pánico, trastornos mentais como paranoia, infarto de miocardio, derrame cerebral, trombose, impotencia... Se é esnifada e característica a perforación do tabique nasal.

A morte soe sobrevir por sobredose ou suicidio.

Page 64: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.6. 6.3.6. Drogas de deseñoDrogas de deseño

As drogas de “deseño” ou síntese son psicofármacos sintéticos producidos de xeito clandestino. Son estimulantes do SNC.

En xeral, son variantes das anfetaminas ás que se lles engaden outros estimulantes como a cafeína, MDA, MDMA...

Non teñen unha composición determinada, depende do tipo de pílula, polo que o consumidor nunca sabe o que inxire, nin en que concentración.

Son drogas asociadas o ocio e a diversión, sobre todo nocturna. E teñen unha boa aceptación entre os xóvenes, xa que facilitan longas horas de “marcha” sen cansancio e favorecen a comunicación.

As máis coñecidas son o “speed” (anfetas en po) que se inxere ou esnifa, o “extase” (MDA, MDMA, MDE...siglas dos compostos químicos que posúen), os ácidos (tripis)...

Page 65: Drogodependencias

6. 6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN

6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.6. 6.3.6. Drogas de deseñoDrogas de deseño

Efectos:

-Actúan sobre os centros termorreguladores cerebrais, polo que en ambientes cargados (como as discotecas ou pubs) poden ocasionar “golpes de calor” que chegan a ser mortais.

- Psicoses agudas, alucinacións, paranoias, anisedade...

- Insuficiencias renais e hepáticas graves.

- Favorecen os accidentes de tráfico.

Page 66: Drogodependencias

GRAZAS POR ATENDERME

Page 67: Drogodependencias

Bibliografía:Ástor Camino, Xulio, et al. 1999. “Ciencias medioambientais e da saúde”. Edicións Xerais de Galicia.Vigo.Cabrera Calero, Antonio Mª e Sanz Esteban, Miguel. 2002. “Bioloxia e Xeoloxía-3º Secundaria”. Proxecto Exedra. Oxford Educación. Madrid.Webgrafía:http://www.alcoholismo.galeon.com/alcohol.htmhttp://www.alcoholismo.info/siglos_17-19.htmwww.autobild.es http://consejosconducir.racc.es/es/alcohol_drogawww.circulaseguro.com  http://www.disfrutadeunconsumoresponsable.com/conocer/Antiguedad.aspxwww.edyhawk.com http://www.enplenasfacultades.org/cannabis-y-derivadoshttp://www.elmundo.es/larevista/num193/textos/35.htmlhumorviral.wordpress.com  http://www.msc.es/campannas/campanas06/img/drogas300x280.jpghttp://www.msc.es/ciudadanos/proteccionSalud/tabaco/programaJovenes/consumo_porque.htmhttp://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/007532.htmocw.innova.uned.es

Page 68: Drogodependencias

www.policiaguancha.com  http://www.profesorenlinea.cl/Ciencias/Alcoholismo.htmhttp://www.saludalia.com/vivir-sano/opiaceoshttp://www.tecnicoagricola.es/historia-de-la-ilegalizacion-del-cannabis/https://es.wikipedia.org/wiki/Fumador_pasivowww.uam.es  https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b2/Rational_scale_to_assess_the_harm_of_drugs_%28mean_physical_harm_and_mean_dependence%29-es.svg/380px-Rational_scale_to_assess_the_harm_of_drugs_%28mean_physical_harm_and_mean_dependence%29-es.svg.pnghttps://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/0/02/Tobacco_consumption_against_cancer_incidence.jpghttp://webdelprofesor.ula.ve/ingenieria/marquezronald/wp-content/uploads/Historia_del_alcohol1.pdfhttps://es.wikipedia.org/wiki/Tabaquismo#Tabaco_y_saludwww.wikipedia.org