Download - Tema6 2010
A prosa entre 1936 e 1976:
os renovadores da prosa
(Fole, Blanco Amor, Cunqueiro e Neira Vilas).
A guerra civil pon fin a etapa política e cultural máis
brillantes da historia galega. A represión afectou a
ámbitos da cultura, producindo ata mortes (Alexandre
Bóveda e Ánxel Casal) ou o exilio (Luís Seoane, Díaz
Pardo, Blanco Amor, Cunqueiro)
Desaparece a produción literaria en galego por
completo. Pero boa parte da cultura resistiu en Bos
Aires.
Foi a partir de mediados dos anos 5050 cando se
comezou a producir unha lenta pero progresiva
recuperación.
Liñas Liñas temáticastemáticasNarrativa Narrativa
dos 50dos 50Narrativa Narrativa
dos 60dos 60
Realismo popular
Realismo Social
Realismo fantástico
Mundo RuralMundo Rural(Neira Vilas)(Neira Vilas)
NNGNNG(seguinte (seguinte
tema)tema)
Continuadores da Xeración
Nós
OS CONTINUADORES
Otero Pedrayo e Carballo Calero
Técnica narrativa: incorporación paulatina das
técnicas narrativas do momento:
introspección, monólogo interior,
ruptura da secuencia temporal
A xente da Barreira (1959),, de
Carballo Calero:
a primeira obra narrativa publicada
na posguerra, na que se reconstrúe
a historia da degradación dunha
familia fidalga desde os tempos
da Restauración.
Otero Pedrayo:
a) Entre a vendima e a castañeira(1957), vinte
relatos breves.
b) O señorito da Reboirana Publicada por vez
primeira en 1960, narra a vida do fidalgo don Xoán
Manuel Pereira de Castro, un singular personaxe que dá
orixe a unha documentada novela de humor e aventuras
que parodia o mundo da fidalguía. :
Aventuras.
Realismo.
Parodia e humorismo.
Reprodución literaria e culta do conto popular sen
se afastar das características propias do relato
oral.
REALISMO POPULARREALISMO POPULAR
• Ambientación rural• dialectalismo• sinxeleza argumental• humorismo
Características
Anxel FoleAnxel FoleÁ lus do Candil
Terra Brava
Contos da néboa
Historias que ninguén cre
( Lugo, 1903-1986) é o representante deste
núcleo temático.
2. Posguerra:
a) Vai para o Courel, onde ten unha grande influencia da paisaxe.
b) Nos anos corenta colabora na fundación de Galaxia.
1. Preguerra:
a) Participa do núcleo lugués da segunda metade
do século XX:
Con Ramón Piñeiro e Pimentel.
Actividades coma a revista Yunque.
b) De republicano – socialista a secretario do
Partido Galeguista.
c) En 1935 publica relatos líricos breves en Nós.
TRAZOS DA SÚA
OBRA1. Naturalismo lingüístico:a) Oralidade.b) Dialectalismos.c) Vulgarismos.d) Arcaísmos.
2. Conto oral como reflexo da cultura popular.
3. Realismo narrativo, pois xustifica razoadamente os elementos fantásticos.
4. Orixinalidade estética e técnica, pois afirma que neses trazos é onde fica apersonalidade do autor.
5. Compromiso moral coa terra e o seu tempo.
6. Paisaxe coma elemento diferenciador da literatura galega.
Á lus do candil Á lus do candil ( 1953)( 1953)
1.Prólogo “ Terra do Caurel”, introdución dos contos dicindo que os están a contar arredor da cheminea na Torre de Abrantes.
2. O autor é un oínte e transcritor dos contos.
3. Influencia da transmisión oral, relatos
populares e lendas, mais xustificadas
razoadamente:
a) Lobos.
b) Aparecidos.
c) Meigallos.
d) Premonicións...
4. Etnografía reforzada pola descrición:
a) Xeográfica.
b) Antropolóxica.
c) Lingüística
5. Características da narración:a) Narrador:
• En primeira persoa ( referencias ao “ eu”
narrador).
• Contacontos, pois refírese a un auditorio
próximo.
• Testemuña dos feitos.
b) Inconcreción temporal.
c) Interpolación de detalles:
•Secundarios.
•Sobreentendidos.
REALISMO FANTÁSTICO
Concepto co que se define a narrativa de
Cunqueiro, na que se recrean mundos
míticos e fantásticos de orixe árabe,
nórdica, mesturados con elementos
populares da realidade cotiá.
Cunqueiro:
Se o vello Simbad volvese
ás illas.
Merlín e familia.
As crónicas do Sochantre.
Escola de menciñeiros,
Os outros feirantes e
Xente de aquí e acolá.
• Seu pai era boticario e na súa botica coñece, debido ó seu carácter extravertido e conversador, personaxes que despois plasmará na súa obra (menciñeiros).
• Súa nai era moi fantasiosa e durante a súa infancia relatáballe historias ao seu fillo. Ela contribuíu a fomentar a imaxinación do escritor.
• Durante a súa infancia (influído polas lecturas de “Búfalo Bill”) escribiu unha novela do oeste na que os indios falaban galego e os americanos castelán.
Realismo FantásticoRealismo Fantástico
Concepto co que se define as novelas de
Álvaro Cunqueiro, mestura de
elementos culturalistas e
populares, cun pé na realidade cotiá e
outro na fantasía desbordada.
Mundo mítico de Cunqueiro
-Mestura e síntese de realismo e fantasía, do
mundo cotián e o mundo lendario.
-Incorporación á nosa literatura, dun xeito case
lúdico, de mitos doutras tradicións (clásica,
oriental...)
-A paisaxe con función simbólica positiva. É o
espazo da presenza humana, das fantasías, das
viaxes...
“¡Non hai tales illas Sinbad! Dixo Adalí que ó sul non había
nada! ¡Hai, hai! ¡Están as illas Cotovías coma sete
laranxas!”
1. Mestura realidade e fantasía: conviven personaxes e feitos fantásticos con outros da vida cotiá.
2. Personaxes:Proceden de vellos mitos doutras culturas:
3. Humor
• Aparece, sobre todo, nos tres últimos libros de relatos breves:
– Escola de menciñeiros (1960)– Xente de aquí e acolá (1971)– Os outros feirantes (1979)
• Ofrece a visión das crenzas e do xeito de entender o mundo da xente do rural galego.
• Tendencia a disgregación da novela
• Predomina a oralidade no escrito
• Mestura o extraordinario e marabilloso co cotián
345
As novelas:
Merlín e familia,
Crónicas do Sochantre e
Se o vello Simbad
volvese ás illas.
Son obras en que existe un
débil fío argumental arredor
do cal se van inserindo unha
serie de historias fantásticas.
Nestas obras, o interese está máis nas historias que
contan os personaxes que crea (ou recrea, ou parodia)
o propio Cunqueiro.
Merlín e Merlín e
familiafamiliaconstruída a partir da organización dun
grupo de relatos contados polo paxe que serve ó sabio Merlín no tempo en
que este estivo en Galicia.
A estrutura dos relatos adoita ser sempre a mesma:
visita do mago,
exposición do problema e
resolución do mesmo.
Na novela destaca a perfecta conxunción entre o mundo lendario da
materia de Bretaña, ó que pertence o sabio Merlín e os seus
visitantes, e o mundo da realidade, representado polo propio
narrador e polo espazo coñecido de Galiza: “A terra de Miranda”
Felipe de Amancia e Turpín: paxe de don Merlín, a quen comezou a servir con nove anos cumpridos. Debecía por Manueliña de Carlos e de maior foi barqueiro en Pacios.
Dona Xenebra: raíña da Bretaña e moi nobre señora á que Merlín lle tiña moito respecto e cortesía. Prendía algo na fala e pasaba o tempo bordando no salón, cun algo de tristura nos ollos.
Condesiñas de Folgar: Vivían no pazo de Belvís, preto de Miranda. Gostaban do requeixo e das fitas de París e tiñan un cadelo que asubiaba unha alborada, como lle ensinara don Merlín.
As crónicas do As crónicas do
SochantreSochantre, situada
na Bretaña do Século
XVIII, presenta as
peripecias que un
Sochantre (músico de
capela) vivirá nunha
viaxe de tres anos,
acompañado de varios
personaxes de
ultratumba.
Se o vello Simbad volvese ás illas entrelaza as
historias lendarias de Simbad o mariñeiro de As
mil e unha noites e a tradición mariñeira galega
coa que todos nos identificamos.
Os libros de relatos: Escola de menciñeirosEscola de menciñeiros, , xente xente
de aquí e de acoláde aquí e de acolá e e Os outros feirantesOs outros feirantes. Son
retratos ou semblanzas de personaxes, maioritariamente, que
Cunqueiro nos presenta, cunha deliberada confusión, como
froito da súa imaxinación ou tomados da realidade.
Son personaxes apegados á realidade, inseparábeis do seu
marco espacial e temporal (a Galicia rural de mediados de
século). Sen embargo, a capacidade de ensoñación, tanto do
narrador como dos personaxes creados, transpórtanos
simultaneamente a un mundo de misterio e de
ensoñación, cheo de historias fantásticas en que podemos
encontrarnos mesmo con animais que falan ou cunha muller
que pon ovos.
Cunqueiro pretende inserir estes relatos como unha
continuación da tradición oral que el coñecía tan
ben. Os personaxes son todos galegos e só
abandonan o país cando marchan á emigración ou
ao servizo militar. De ambos lugares traen un
grande tesouro: historias que logo contan aos seus
veciños.
Eduardo Blanco AmorEduardo Blanco Amor
REALISMO SOCIALREALISMO SOCIAL
Blanco Amor ( Ourense, 1897-Vigo, 1979) publicou tres obras narrativas, dúas novelas, A esmorga (1959) e Xente ao lonxe ( 1972) e un libro de relatos, Os biosbardos (1962).
Centrado na vida das
clases populares e no
espazo urbano. Uso de
novos recursos narrativos
( o interrogatorio, o
perspectivismo...)
1959
1. Escrita en Bos Aires tras unha viaxe á
Galiza.
2. Madurez adquirida pola aprendizaxe e
pola asimilación de novas técnicas da
renovación da narrativa do século XX:
a) “ Xeración Perdida” norteamericana,
( Faulkner, Hemingway).
b) Literatura latinoamericana ( Borges,
Sábato).
c) Neorrealismo e existencialismo
europeos ( Camus, Sartre).
3. Precedente da narrativa galega
moderna.
4. Dous narradores limitados:
a) O da “ Documentación” inicial e o epílogo.
b) Outro en primeira persoa que narra o núcleo da historia.
5. Distanciamento que producen estes narradores:
a) Dúbida da veracidade do que se conta.
b) Ambigüidade.
c) O lector debe elixir o final e reconstruír o texto, pois
omítese a parte do
interrogatorio a Cibrán, dándolle así ao lector a liberdade de
xulgar ao
personaxe e á xustiza, así como amosando a soidade do
personaxe.
Esta é a chamada técnica telefónica.
6. Espazo social:
a) Auria ( Ourense):
• Centro da cidade: fidalgos, igrexa e
funcionarios.
• Arrabaldes: prostíbulos, tabernas...
b) Personaxes:
• Marxinais e delincuentes.
• Autodestrución.
• Relación de fuxida co espazo ( o Bocas e o
Milhomes están máis alienados ca Cibrán).
Os BiosbardosOs Biosbardos é un conxunto de sete
relatos contados en primeira persoa por
un narrador infantil ou adolescente.
Transcorren no Ourense da nenez e
adolescencia do autor.
Os protagonistas proceden, na súa
maioría, das clase populares.
Os seus problemas reais ( a pobreza, a
descuberta do sexo e o erotismo, a
emigración...) mesturados cunha dose
de imaxinación e fantasía, compoñen o
universo temático da obra.
Xente ao lonxeXente ao lonxe é unha novela que constitúe, de
novo, unha radiografía do Ourense de comezos de
século. O relato céntrase na historia dunha familia
obreira. A través deles coñecemos o tecido social
da cidade e os seus problemas e ofrécenos unha
visión da sociedade da época ( o ensino, o sexo, a
pobreza, a condición da muller, as loitas políticas,
o mundo obreiro...)
Mundo RuralMundo Rural
367
Xosé Neira Vilas, (Vila de Cruces, 1928),
recolle nas súas obras unha crónica da
sociedade galega rural e da emigración a
América, experiencia que el coñeceu de
preto porque en 1949 emigrou a Bos Aires.
En 1961 trasladouse a Cuba.
As súas obras acadaron un éxito editorial sen
precedentes, sobre todo porque Neira Vilas conta
historias sen artificios técnicossen artificios técnicos que dificulten a súa
lectura e interpretación. Os seus textos están
protagonizados por xente anónima e xente anónima e
humildehumilde que sobrevive co seu esforzo, en conflito
constante coas normas e estruturas sociais que lle son
impostas desde un Estado alleo ás súas necesidades ou
en loita coa forza da natureza.
Neira VilasEmigra á Arxentina e vive a Cuba de Castro sen se relacionar cos autores do interior.
Trata con realismo cru a vida da Galiza rural na Guerra Civil e na posguerra.
Ausencia de interese pola innovación.
Personaxes con psicoloxía desenvolvida, mais dos que interesan os conflitos co exterior na loita por sobreviviren.
Neira Vilas cultiva o conto e a novela, cunha tendencia
cara ao primeiro que fai dalgunhas das súas narracións
longas simples acumulacións de relatos curtos de estrutura
pechada conectados por tenues fíos como poden ser o
marco espacial, a voz narrativa ou a paulatina evolución
dos personaxes cara á autoafirmación.
Núcleos temáticosa) Obras que xiran arredor da vivencia infantil do mundo da aldea: Memorias dun neno labrego (1961); Cartas a Lelo (1971) e Aqueles anos do Moncho (1977).
b) Narracións en que o mundo rural é observado desde o punto de vista do adulto: Xente no rodicio (1965), A muller de ferro (1969) e Querido Tomás (1980).
c) Narracións centradas no mundo da emigración: Camiño bretemoso (1967), Historias de emigrantes (1968) e Re muiño de sombras (1973); Tempo novo (1987).
d) Narracións centradas no mundo urbano visto dende unha perspectiva crítica: O home de pau
d) Coleccións de estampas líricas e semblanzas