i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
1
Programación Didáctica do Departamento de
Filosofía
O Xefe de Departamento
Antonio Díaz Amor
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
2
Presentación 3
Programación L.O.M.C.E
1.- Introdución e contextualización da materia Valores Éticos 5
1.-Introdución e contextualización da materia Filosofía de 1º de bacharelato 6
2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave na materia Valores Éticos 7
2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias clave na materia Filosofía de 1º de
bacharelato
8
3.- Obxectivos da materia valores éticos 9
3.- Obxectivos da materia Filosofía de 1º de bacharelato 10
4.- Contidos de Valores Éticos de 1º de E.S.O 11
4.- Contidos de Valores éticos de 3º de E.S.O. 12
4.- Contidos de Filosofía de 1º de bach. 13
5.- Standares de aprendizaxe avaliables de 1º de E.S.O. 14
5.- Standares de aprendizaxe avaliables de 3º de E.S.O. 17
5.- Standares de aprendizaxe avaliables de 1º de bacharelato 21
5.1.- Temporalización 27
5.2.- Mínimos esixibles para superar as materias 28
5.3.- Procedementos e instrumentos de avaliación 32
6.- Metodoloxía didáctica 32
7.- Materiais e recursos didácticos 33
8.- Avaliación, cualificación e promoción do alumnado en 1º e 3º de E.S.O. 34
8.- Avaliación, cualificación e promoción do alumnado en 1º de bach. 35
9.- Avaliación do proceso do ensino e a práctica docente 39
10.- Actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes 39
11.- Procedementos que lle permitan ao alumnado de bach. acreditar os coñecementos necesarios 39
12.- Avaliación inicial 40
12.1.- Medidas individuais ou colectivas a adoptar en función dos resultados 41
13.- Medidas de atención á diversidade 41
14.- Elementos transversais 41
15.- Actividades complementarias e extraescolares 42
16.- Mecanismos de revisión, avaliación e modificación da programación 43
PROGRAMACIÓN L.O.E.
1.1.-Obxectivos xerais 44
1.2.-Metodoloxía 44
1.3.-Avaliación 45
1.4.-Recuperacións e materias pendentes 45
II.-Programación didáctica de Educación para a cidadanía e os dereitos humanos de 2º de E.S.O 46
III.-Programación didáctica de Educación ético-cívica de 4º de E.S.O 65
IV.-Programación didáctica de Historia da filosofía de 2º de bacharelato 72
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
3
SEMINARIO DE FILOSOFÍA
I.E.S. “Maximino Romero de Lema”
Baio-Zas (A Coruña)
PRESENTACIÓN
Este curso 2015-2016 o Seminario de Filosofía do I.E.S. “Maximino Romero de Lema”
segue a ser unipersoal e o xefe de seminario impartirá as materias de bacharelato, Valores Éticos
en 1º e 3º de ESO e Ética e Cidadanía de 4º de ESO. O profesor Ricardo Vigueret Gil, do
seminario de Ciencias sociais impartirá a cidadanía de 2º de E.S.O.
Profesor Materia Grupos
Antonio Díaz Amor
(Xefe de seminario)
Filosofía e cidadanía 1º Bach Grupos A e B (seis horas)
Historia da filosofía 2º Bach Grupos A+B (seis horas)
Valores Éticos 1º de ESO Grupo A (unha hora)
Valores Éticos 3º de ESO Grupo A (unha horas)
Ética 4º E.S.O. Grupo A (unha hora)
Ricardo Vigueret Gil
(Seminario de CCSS)
Éducación para a cidadanía
2º E.S.O
Grupo A (dúas horas)
O xefe de seminario segue a pertencer ao Consello Escolar do centro, é o titor do grupo B
de 1º de bacharelato e pertence ao Departamento de Orientación así como á Comisión Cultural.
Todas as materias que imparte este seminario son, a maioría das veces, disciplinas
descoñecidas para o alumnado; por iso vémonos na obriga xa non só de facer unha presentación
dos contidos dun xeito xeral, senón tamén de xustificar a existencia da necesidade das mesmas
nunha sociedade na que parece primar máis o coñecemento científico-tecnolóxico que o
humanístico. Polo tanto, é necesario amosarlles aos alumnos e alumnas que as disciplinas
filosóficas, a pesares de facer referencia moitas veces a temas e acontecementos dun pasado
remoto, non deben ser adxectivadas como anacrónicas ou inútiles, senón que os problemas que se
tratan son inherentes á propia natureza humana e, polo tanto, o seu estudo non é patrimonio
dunha época determinada.
Partindo disto o papel do profesor é fundamental como catalizador para motivar ao
alumnado e implicalo nos temas que se van estudar, facéndolle ver que as cuestións filosóficas
están inmersas na realidade histórico-social actual e conectadas coas experiencias mais próximas e
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
4
concretas da súa realidade; un alumnado que se atopa nunha etapa vital caracterizada por ser o
momento de máxima apertura ao mundo e cunha curiosidade ilimitada.
Por elo a nosa intención é chegar ao alumnado perfilándolles os problemas filosóficos
como problemas vitais directamente relacionados coa vida do día a día, facéndolles ver que non
existe ningún tipo de separación entre a vida e a filosofía e que dende a súa autonomía persoal,
dende o diálogo tolerante e o respecto polos dereitos humanos, dende o rexeitamento de calquera
tipo de discriminación e dende a valoración da utopía poden ser capaces de se decatar da
amplitude das preguntas filosóficas e das distintas posibilidades de respostas que se lles poden dar,
tendo como meta a busca da sabedoría, da liberdade e da igualdade entre tódolos seres humanos.
Esta programación segue a liñas xerais marcadas no Proxecto Educativo de Centro
apostando por unha formación laica, integral, pluralista e tolerante potenciando o diálogo e o
espírito crítico mediante a observación e o razoamento.
Dividimos a programación en dous bloques pois este ano entra en vigor para os grupos
impares de ESO e Bacharelato a LOMCE. Así pois unha primeira parte será a programación
axustada á nova lei e unha segunda seguirá coa lei anterior para cambiala o curso que ven.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
5
PROGRAMACIÓN LOMCE
1.- Introdución e contextualización da materia Valores
éticos
A materia de Valores Éticos ten como obxectivo básico orientar o alumnado adolescente
na escolla do seu proxecto de vida persoal. A orientación de Valores Éticos permitirá que
ese proxecto se vaia enchendo de xeito acorde coa racionalidade práctica. Isto supón que
o proxecto, por racional, vai requirir virtudes intelectuais como o rigor, a coherencia, a
honradez intelectual ou o apego á realidade. Pola dimensión práctica desa racionalidade, o
proxecto requirirá que o alumnado vaia construíndo, desde a reflexión, un código ético de
valores e normas que determinarán as súas decisións para guiar a súa conduta de tal xeito
que realce a súa dignidade persoal e, ao mesmo tempo, permita a súa realización plena e
feliz como persoas e a promoción de relacións sociais marcadas polo recoñecemento das
outras persoas, o respecto cara a elas, e pola finalidade de alcanzar cotas cada vez maiores
de xustiza, tanto no nivel máis próximo á persoa como no nivel global.
No plano didáctico, Valores Éticos contribúe á consecución das competencias clave.
Resulta evidente que o obxectivo de alcanzar maiores competencias sociais e cívicas está
na súa propia constitución como materia. Pero a reflexión ética tamén require a posta en
práctica da competencia comunicación lingüística, pola necesidade de rigor e claridade na
exposición das propias ideas, e da capacidade dialóxica para comprender os puntos de
vista alleos e aprender deles. Tamén resulta indispensable fomentar tanto a competencia de
aprender a aprender como a de sentido da iniciativa e espírito emprendedor, pois ambas
inciden na necesidade de crecemento persoal, tanto na orde do exercicio dos procesos
cognitivos como na do aprecio pola creatividade, o sentido crítico e o non-estancamento.
Para a reflexión ética, ademais, é necesario coñecer e dialogar con pensadores/as que,
coas súas teorías antropolóxicas, éticas e políticas, foron moldeando tanto a nosa cultura
como os valores de respecto, non-violencia, liberdade, igualdade entre as persoas,
solidariedade e pluralismo; valores que son o corazón da Declaración Universal dos
Dereitos Humanos (DUDH). É desde eses valores como tamén se analiza o traballo
científico e tecnolóxico, polo que tamén se traballa a competencia matemática e as
competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, non desde unha perspectiva substantiva,
pero si desde a análise da actividade científico-tecnolóxica como actividade que debe ser
acorde a valores éticos universais, tanto nos seus procedementos como nos resultados que
dela se poidan obter. Por último, a materia préstase a desenvolver nos alumnos e nas
alumnas, tanto en traballos colaborativos como en tarefas individuais, a competencia
dixital, que lles permita acceder e seleccionar información, procesala e plasmar as súas
creacións en produtos cunha innegable capacidade para a comunicación.
Apúntase, tamén, a oportunidade que brinda a materia para pór en práctica metodoloxías
didácticas activas e contextualizadas que faciliten a participación do alumnado en traballos
cooperativos, a realización de tarefas, a aprendizaxe baseada en problemas, o estudo de
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
6
casos, o traballo por retos, etc., metodoloxías todas elas que lle confiren ao alumnado o
papel de axente activo da súa propia formación.
Poucas materias afondan no tratamento dos elementos transversais do currículo como a de
Valores Éticos, tendo algún deses elementos, como a educación cívica e constitucional,
como parte nuclear, e necesitando o concurso dos outros, como a comprensión de lectura,
a corrección na expresión oral e escrita, o uso de ferramentas para a comunicación
audiovisual e outros elementos de TIC, ou a aposta polo emprendemento como antítese
do estancamento e a pasividade. Pero, ademais, na materia abórdanse temas como o
desenvolvemento sustentable, o abuso e o maltrato de persoas con discapacidade, ou o
fomento da igualdade de oportunidades, porque nestes e en outros é a reflexión ética a
quen ten que orientar a nosa conduta.
O currículo da materia está estruturado en seis bloques temáticos con enfoques,
perspectivas e niveis de fondura diferente. Son os seguintes: "A dignidade da persoa", "A
comprensión, o respecto e a igualdade nas relacións interpersoais", "A reflexión ética", "A
xustiza e a política", "Os valores éticos, o dereito, a Declaración Universal dos Dereitos
Humanos (DUDH) e outros tratados internacionais sobre dereitos humanos" e, por
último, "Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía". As diferenzas entre
bloques e o ter en conta os diversos momentos do desenvolvemento cognitivo do
alumnado nesta etapa foron os motivos determinantes de que, no currículo do primeiro
ciclo, os alumnos e as alumnas de primeiro de ESO traballen o referido á personalidade e á
súa constitución, a ineludibilidade dos problemas morais e a introdución á reflexión ética e
política. En terceiro de ESO, curso final do ciclo, os temas atinxen á configuración da vida
social e política, pondo como criterio ético básico dunha sociedade xusta o respecto á
DUDH e os valores que a conforman, e vendo que tanto a Constitución Española como o
Estatuto de Autonomía de Galicia se axustan a este criterio e o enriquecen
1.- Introdución e contextualización da materia Filosofía
de 1º de bacharelato
Partimos do feito de que neste curso os alumnos toman contacto coa Filosofía por
primeira vez. En xeral, todo o alumnado deberase ir familiarizando progresivamente co
saber filosófico e a súa terminoloxía.
A PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA correspóndese co indicado no Decreto 86/2015, do
25 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de Bacharelato na
Comunidade Autónoma de Galicia
Tamén debemos salientar o carácter transversal de aqueles contidos comúns de natureza
procedemental que están presentes en todo o currículo. A súa finalidade é o
desenvolvemento de destrezas intelectuais básicas, ineludibles en calquera caso para a
práctica da reflexión filosófica. Deberán marcar e impregnar, polo tanto, a organización da
práctica docente do conxunto do currículo. E non só na orde do traballo puramente
intelectual, senón tamén naqueles aspectos do traballo escolar que podemos considerar de
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
7
índole propiamente profesional: atención ás normas e instrucións de traballo, disposións e
actitudes, puntualidade, responsabilidade na asunción das tarefas, etc.
Cómpre subliñar o dobre carácter, terminal e propedéutico ou de iniciación, desta materia.
Terminal porque é o único contacto que terá moitos alumnos e alumnas con esta materia,
que como materia troncal será obxecto de Reválida un curso despois. Propedéutico
porque achega por primeira vez un catálogo de problemas filosóficos básicos nos que se
afondará; e esta iniciación deberá preparar para un posterior desenvolvemento en maior
amplitude e profundidade -e en perspectiva diacrónica- destas e doutras problemáticas
filosóficas, tal como se propón na materia de Historia da Filosofía do curso seguinte, que
xa será materia opcional de modalidade, ou optativa xeral en función dos intereses e
matricula do alumnado.
O equilibrio entre estas dúas finalidades deberá ser preservado nos desenvolvementos
didácticos concretos que se fagan nas aulas. Sen embargo, o condicionante da proba de
Reválida fai necesario priorizar o primeiro sobre o segundo. Así deberase proporcionar ao
alumnado os coñecementos necesarios para superar esa proba e, ao mesmo tempo,
promover aqueles traballos que poidan motivar ao alumnado que quere dar continuidade á
materia.
2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias
clave na materia valores éticos
As competencias clave representan un grupo de coñecementos, habilidades e actitudes,
valores éticos e emocións, transferibles e multifuncionais. Son competencias que toda persoa
necesita para o seu desenrolo persoal:
Comunicación lingüística (CCL).
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCCT).
Competencia dixital (CD).
Aprender a aprender (CAA)
Competencias sociais e cívicas (CSC)
Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE).
Conciencia e expresións culturais (CCEC).
A materia de Valores éticos contribúe a desenrolar as competencias relativas ao
pensamento critico e á resolución de problemas dende o momento en que incide na necesidade de
analizar, prantexar, argumentar e dar solucións fundamentadas aos problemas éticos, sendo este o
eixe sobre o que xira todo o currículo básico.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
8
A competencia social e cívica, a de conciencia e expresión cultural, así como o traballo
colaborativo,increméntanse cando se reflexiona sobre o fundamento ético da sociedade e se toma
conciencia da importancia dos seus valores culturais. Ademais, a resolución de conflitos
interpersonais de forma non violenta promove no alumnado o interese por desenrolar actitudes de
tolerancia, solidariedade, compromiso e respecto á pluralidade cultura, política, relixiosa ou de
calquera outra natureza.
A competencia de aprender a aprender promóvese mediante o exercicio dos procesos
cognitivos que se realizan no desenrolo do currículo básico tales como analizar, sintetizar,
relacionar, comparar, aplicar, etc, e favorecendo no alumnado o gusto e a satisfacción que
produce o descubrimento da verdade.
Xa por último, o traballar con dilemas éticos e o debate das posibles solucións
contribúen ao desenrolo da competencia en comunicación lingüística porque esixe exercitarse na
arte do diálogo e na comunicación tamén dos sentimentos, usando tanto a linguaxe oral como
outros sistemas de representación.
Finalmente valórase a necesidade dunha reflexión seria acerca da función que debe
desempeñar a reflexión bioética nos avances científicos e tecnolóxicos e na súa aplicación
respectando a dignidade e os dereitos humanos.
2.- Contribución ao desenvolvemento das competencias
clave na filosofía de 1º de bacharelato
A materia de Filosofía promove no alumnado as seguintes competencias:
(CSC) o exercicio do pensamento crítico e independente, adquirindo mediante o seu
estudo as aptitudes en argumentación e o debate de ideas
(CCL) nun rexistro lector de nivel conceptual alto e na expresión con claridade de ideas
tanto en disertacións orais coma escritas e na expresión do pensamento en diferentes
rexistros e niveis
(CD)na selección de información con criterios de rigorosidade e no uso crítico das novas
tecnoloxías e na expresión mediante esquemas, táboas e outros elementos de
sistematización da información
(CCEC e CMCCT) no coñecemento das implicacións vitais e ideolóxicas dos avances
científicos, tecnolóxicos e artísticos
(CAA) na independencia no aprendizaxe e no traballo autónomo que permiten creación e
a innovación
(CSIEE) no emprendemento de proxectos autónomos tanto vitais como empresariais,
comprendendo as metas e os valores implicados
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
9
3.- Obxectivos
3. Obxectivos específicos da área de Valores Éticos
1.Valorar a dignidade humana e comprender a especificidade do humano.
2. Identificar as características e os trazos psicolóxicos propios da personalidade.
3.Comprender a importancia do desenrolo da autonomía na construción a identidade
persoal durante a adolescencia.
4. Comprender a relación entre liberdade persoal e responsabilidade.
5. Distinguir entre autonomía y heteronomía moral.
6. Comprender o concepto de intelixencia emocional e valorar a importancia das
habilidades sociais e emocionais na vida do adolescente.
7. Desenrolar actitudes e habilidades para potenciar a autoestima.
8. Coñecer as diferenzas entre os conceptos de ética e moral.
9. Identificar a liberdade e a sociabilidade como bases da moralidade.
10. Valorar a función que desempeñan os valores morais, como orientadores do
comportamento humano, na vida persoal e social.
11. Entender o concepto de norma moral e valorar a súa influencia no comportamento
humano.
12. Entender a relación existente entre ética, política e xustiza
13. Coñecer algunhas das teorías éticas más importantes ao largo da historia:
eudemonismo aristotélico, hedonismo de Epicuro, a ética utilitarista e a ética formal
kantiana.
14. Descubrir cómo se creou la ONU e as circunstancias históricas que motivaron a
redacción a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
15. Identificar os valores e os principios éticos que sustentan a Declaración Universal dos
Dereitos Humanos.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
10
16. Coñecer o contido da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
17. Identificar as situacións que supoñen unha violación dos dereitos da muller e da
infancia
18. Analizar a problemática á que se enfronta, hoxe en día, a aplicación da Declaración
Universal dos Dereitos Humanos.
19. Descubrir os valores nos que se fundamenta a Constitución Española, e os dereitos e
deberes fundamentais dos cidadáns.
20. Familiarizarse co contido da Constitución Española e do Estatuto de Autonomía de
Galicia
21. Valorar a importancia da participación cidadán na vida política e coñecer algunhhas
das formas mais comúns de exercer esa participación
22. Informarse de que é a Unión Europea e cales son os seus obxectivos
23. Reflexionar sobre os avances tecnolóxicos e científicos para considerar a posibilidade
de fixar uns límites éticos e xurídicos, sobre a base do respecto á dignidade humana e os
dereitos recoñecidos na Declaración Universal de Dereitos Humanos.
24. Coñecer as causas e os síntomas da tecnodependencia
25. Entender o concepto de conciencia ecolóxica e valorar a necesidade de apostar por un
desenrolo sostible.
3.- Obxectivos da Filosofía de 1º de bacharelato
De entre os obxectivos xerais do Bacharelato, a Filosofía debe contribuír á consecución
dos seguintes:
a) Exercer a cidadanía democrática, desde unha perspectiva global, e adquirir unha
conciencia cívica responsable, inspirada polos valores da Constitución española e do
Estatuto de autonomía de Galicia, así como polos dereitos humanos, que fomente a
corresponsabilidade na construción dunha sociedade xusta e equitativa e favoreza a
sustentabilidade.
b) Consolidar unha madurez persoal e social que lles permita actuar de forma
responsable e autónoma e desenvolver o seu espírito crítico. Ser quen de prever e resolver
pacificamente os conflitos persoais, familiares e sociais.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
11
c) Fomentar a igualdade efectiva de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres,
analizar e valorar criticamente as desigualdades e discriminacións existentes, e en
particular a violencia contra a muller e impulsar a igualdade real e a non discriminación
das persoas por calquera condición ou circunstancia persoal ou social, con atención
especial ás persoas con discapacidade.
d) Afianzar os hábitos de lectura, estudo e disciplina, como condicións necesarias para o
eficaz aproveitamento da aprendizaxe, e como medio de desenvolvemento persoal.
e) Dominar, tanto na súa expresión oral como escrita, a lingua galega e a lingua castelá.
f) Utilizar con solvencia e responsabilidade as tecnoloxías da información e a
comunicación.
g) Coñecer e valorar criticamente as realidades do mundo contemporáneo, os seus
antecedentes históricos e os principais factores da súa evolución. Participar de forma
solidaria no desenvolvemento e mellora da súa contorna social.
h) Acceder aos coñecementos científicos e tecnolóxicos fundamentais
i) Comprender os elementos e procedementos fundamentais da investigación e dos
métodos científicos. Coñecer e valorar de forma crítica a contribución da ciencia e
a tecnoloxía no cambio das condicións de vida, así como afianzar a sensibilidade e
o respecto cara ao medio ambiente ea ordenación sustentable do territorio, con especial
referencia ao territorio galego.
j) Afianzar o espírito emprendedor con actitudes de creatividade, flexibilidade,
iniciativa, traballo en equipo, confianza nun mesmo e sentido crítico.
k) Desenvolver a sensibilidade artística e literaria, así como o criterio estético, como
fontes de formación e enriquecemento cultural.
4.- Contidos
Contidos valores éticos de 1º de ESO
A distribución de contidos a realizamos mediante tres bloque xerais que responden ao
marco legal:
1.- A dignidade da persoa
1.1.-O concepto e as características de persoa
1.2.- A adolescencia: o desenvolvemento da autonomía persoal
1.3.- A personalidade e os seus factores
1.4.- A importancia do binomio razón-liberdade na personalidade
1.5.- A intelixencia emocional
1.6.- A persoa como proxecto vital
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
12
2.- A comprensión, o respecto e a igualdade nas relacións interpersoais
2.1.- A relación dialéctica entre individuo e sociedade
2.2.- Os valores éticos como guías das relacións interpersoais
2.3.- A importancia do proceso de socialización para a configuración da persoalidade
2.4.- Vida privada/vida pública: os límites da liberdade
2.5.- Valores e virtudes éticos nas relacións interpersoais
2.6.- Deber moral e cívico do auxilio
3.- A reflexión ética, os valores éticos e a a Declaración Universal dos Dereitos
Humanos (DUDH)
3.1.- Diferenzas entre ética e moral: a importancia da reflexión ética
3.2.- Liberdade e concepto de persoa
3.3.- Os valores: o seu papel na vida individual e colectiva
3.4.- Os valores e as normas éticas
3.5.- A DUDH: os dereitos da muller e os dereitos da infancia
3.6.- Organizacións que traballan polos DDHH: institucións internacionais e ONGG
4.- Contidos valores éticos de 3º de ESO
A distribución de contidos a realizamos mediante tres bloque xerais que responden ao
marco legal:
Bloque 1.- A xustiza e a política
1.1.-A democracia como garante dos DDHH
1.2.-O Estado de Dereito
1.3.-A importancia da división de poderes: Montesquieu
1.4.-A participación cidadá
1.5.-A Constitución española e o Estatuto de Autonomía de Galicia
1.6.-A Unión Europea
Bloque 2.- Os valores éticos, a DUDH e outros tratados internacionais sobre DDHH
2.1.-Relación entre Ética e Dereito
2.2.- Legalidade e lexitimidade
2.3.- A xustificación das normas xurídicas
2.4.- Elaboración da DUDH e creación da ONU
2.5.- Estrutura da DHDU e desenvolvemento histórico
2.6.- Problemas aos que se enfronta o exercicio práctico da DUDH
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
13
Bloque 3.- Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía
3.1.- Necesidade de criterios éticos na investigación científica
3.2.-A revolución dixital
3.3.- A conciencia ecolóxica e o desenrolo sostible
3.4.- Bioética e investigación científica
3.5.- A tecnodependencia
3.6.- Os riscos das novas tecnoloxías
4.- Contidos de Filosofía de 1º DE BACHARELATO
A distribución de contidos a realizamos mediante seis bloque xerais que responden ao
marco legal. Ademais hai un conxunto de contidos transversais que se tiveron en conta
para a preparación de todos os materiais como o uso de textos de distintos autores, o
fomento da composición filosófica e o uso das novas tecnoloxías educativas.
Bloque 1.- O saber filosófico: é unha presentación da materia comparándoa con outros
saberes como a ciencia e a relixión, os diferentes ámbitos filosóficos, a evolución histórica
da filosofía e a xustificación da súa necesidade na actualidade.
Bloque 2.- O coñecemento: Trataremos de se existe a verdade, se podemos coñecela e
como podemos comunicala; as diferentes posturas epistemolóxicas, a filosofía kantiana
como síntese de racionalismo e empirismo, a argumentación e as falacias e unha
introdución á lóxica.
Bloque 3.- A realidade: consiste nunha introdución aos temas clásicos da metafísica
occidental: a orixe do universo, Deus, a vida e a morte
Bloque 4.- O ser humano desde a filosofía: é unha continuación do bloque 3 e trataranse
temas da evolución, os procesos de hominización e humanización, o problema
mente/corpo e os impulsos e o inconsciente. Tamén se tratará o tema da liberdade
Bloque 5.- A racionalidade práctica: ética e política: traballaremos cos temas da
filosofía práctica, xustiza e dereito, legalidade e lexitimidade e as teorías éticas.
Bloque 6.- Cultura e sociedade: neste bloque final formularemos cuestións sobre cultura
e civilización, o proceso de socialización, o contrato social, a filosofía da técnica, a
estética e unha reflexión sobre a relación entre a filosofía e o mundo empresarial
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
14
5.- Estándares de aprendizaxe avaliables 1º de ESO
Bloque 1.- A dignidade da persoa
Sinala as dificultades para definir o concepto de persoa, analizando o seu significado
etimolóxico.CCL
Describe as características principais da persoa: substancia independente, racional e
libre.CCL
Explica e valora a dignidade da persoa que, como ente autónomo, se converte nun "ser
moral".CSC
Coñece información, de fontes diversas, arredor dos grupos de adolescentes, as súas
características e a influencia que exercen sobre os seus membros na determinación da súa
conduta, e realiza un resumo coa información obtida. CAA,CSC
Elabora conclusións sobre a importancia que ten para o/a adolescente desenvolver a
autonomía persoal e ter o control da súa propia conduta conforme aos valores éticos
libremente elixidos.CSC,CSIEE
Identifica en que consiste a personalidade e os factores xenéticos, sociais, culturais e do
contorno que inflúen na súa construción, e aprecia a capacidade de autodeterminación no
ser humano. CSC,CSIEE
Describe e estima o papel relevante da razón e a liberdade para configurar cos seus
propios actos a estrutura da súa personalidade.CSC
Realiza unha lista dos valores éticos que estima como desexables para integralos na súa
personalidade, e explica as razóns da súa elección.CSIEE
Define a intelixencia emocional e as súas características, valorando a súa importancia na
construción moral do ente humano.CCL
Explica en que consisten as emocións e os sentimentos, e como se relacionan coa vida
moral.CCL
Atopa, disertando en grupo, a relación entre algunhas virtudes e valores éticos e o
desenvolvemento das capacidades de autocontrol emocional e automotivación, tales como
a sinceridade, o respecto, a prudencia, a temperanza, a xustiza e a perseveranza, entre
outras CAA,CSC,CSIEE
Relaciona o desenvolvemento das habilidades emocionais coa adquisición das virtudes
éticas, tales como a perseveranza, a prudencia, a autonomía persoal, a temperanza, a
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
15
fortaleza da vontade, a honestidade cun mesmo, o respecto á xustiza e a fidelidade aos
propios principios éticos, entre outras.CSC
Emprega a introspección como medio para recoñecer as propias emocións, os sentimentos
e os estados de ánimo, coa finalidade de ter un maior control deles e ser capaz de
automotivarse, converténdose no dono da propia conduta. CAA,CSIEE
Toma conciencia e aprecia a capacidade que posúe para modelar a propia identidade e
facer de si mesmo/a unha persoa xusta, sincera, tolerante, amable, xenerosa, respectuosa,
solidaria, honesta, libre, etc., nunha palabra, digna de ser apreciada por si mesmo/a.CSIEE
Deseña un proxecto de vida persoal conforme o modelo de persoa que quere ser e os
valores éticos que desexa adquirir, facendo que a súa propia vida teña un sentido.CSIEE
Bloque 2.- A comprensión, o respecto e a igualdade nas relacións interpersoais
Explica por que o ser humano é social por natureza e valora as consecuencias que ten este
feito na súa vida persoal e moral.CSC
Discirne e expresa, en pequenos grupos, sobre a influencia mutua que se establece entre o
individuo e a sociedade.CCL,CSC
Achega razóns que fundamenten a necesidade de establecer uns valores éticos que guíen
as relacións interpersoais e utiliza a iniciativa persoal para elaborar, mediante soportes
informáticos, unha presentación gráfica das súas conclusións sobre este tema. CD,CSIEE
Describe o proceso de socialización e valora a súa importancia na interiorización
individual dos valores e as normas morais que rexen a conduta da sociedade en que
vive.CCL
Exemplifica, en colaboración en grupo, a influencia que teñen na configuración da
personalidade os valores morais inculcados polos axentes sociais, entre eles a familia, a
escola, os amigos e os medios de comunicación masiva, elaborando un esquema e
conclusións, utilizando soportes informáticos.CAA,CD,CSC
Xustifica e aprecia a necesidade da crítica racional, como medio indispensable para
adecuar aos valores éticos universais establecidos na DUDH os costumes, as normas, os
valores, etc., do seu medio, rexeitando todo o que atente contra a dignidade do humano e
os seus dereitos fundamentais. CSC
Define os ámbitos da vida privada e a pública, así como o límite da liberdade humana, en
ambos os casos.CCL
Amosa, nas relacións interpersoais, unha actitude de respecto cara ao dereito que todos os
seres humano teñen a sentir, pensar e actuar de forma diferente, a equivocarse, a gozar do
tempo de descanso, a ter unha vida privada, a tomar as súas propias decisións, etc., e
nomeadamente a ser valorado de forma especial polo simple feito de ser persoa, sen
discriminar nin menosprezar a ninguén, etc.CSC
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
16
Emprega, en diálogos curtos reais ou inventados, habilidades sociais como a empatía, a
escoita activa, a interrogación asertiva, etc., coa finalidade de que aprenda a utilizalos de
forma natural na súa relación coas demais persoas. CAA,CCL
Exercita algunhas técnicas de comunicación interpersoal, mediante a realización de
diálogos orais, tales como a forma axeitada de dicir non, o disco raiado, o banco de
néboa, etc., co obxecto de dominalas e poder utilizalas no momento
adecuado.CAA,CCL,CSIEE
Identifica a adquisición das virtudes éticas como unha condición necesaria para lograr
unhas boas relacións interpersoais, entre elas a prudencia, a lealdade, a sinceridade, a
xenerosidade, etc.CSC
Elabora unha lista con algúns valores éticos que deben estar presentes nas relacións entre
o individuo e a sociedade, tales como responsabilidade, compromiso, tolerancia,
pacifismo, lealdade, solidariedade, prudencia, respecto mutuo, xustiza, etc.CSC
Destaca o deber moral e cívico que todas as persoas teñen de prestar auxilio e socorro a
outras cuxa vida, liberdade e seguridade estean en perigo de xeito inminente, colaborando
na medida das súas posibilidades a prestar primeiros auxilios, en casos de emerxencia.CSC
Bloque 3.- A reflexión ética, os valores éticos e a a Declaración Universal dos Dereitos
Humanos (DUDH)
Distinguir entre ética e moral, sinalando as semellanzas e as diferenzas entre elas e
estimando a importancia da reflexión ética como un saber práctico necesario para guiar de
forma racional a conduta do ser humano á súa plena realización.
Destacar o significado e a importancia da natureza moral do ser humano, tomando
conciencia da necesidade que ten de normas éticas.
Recoñecer que a liberdade constitúe a raíz da estrutura moral na persoa e apreciar o papel
que a intelixencia e a vontade teñen como factores que incrementan a capacidade de
autodeterminación.
Xustificar e apreciar o papel dos valores na vida persoal e social, resaltando as súas
características, a súa clasificación e a súa xerarquía, coa finalidade de comprender a súa
natureza e a súa importancia.
Resaltar a importancia dos valores éticos, as súas especificacións e a súa influencia na vida
persoal e social do ser humano, destacando a necesidade de ser recoñecidos e respectados
por todos.
Tomar conciencia da importancia dos valores e das normas éticas, como guía da conduta
individual e social, asumindo a responsabilidade de difundilos e promovelos polos
beneficios que proporcionan á persoa e á comunidade.
Identificar, no preámbulo da DUDH, o respecto á dignidade das persoas e os seus
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
17
atributos esenciais como o fundamento do que derivan todos os dereitos humanos.
Estimar a importancia do problema actual do exercicio dos dereitos da muller e da infancia
en grande parte do mundo, coñecendo as súas causas e tomando conciencia deles, coa
finalidade de promover a súa solución.
Apreciar o labor que realizan institucións e ONG que traballan pola defensa dos dereitos
humanos, auxiliando as persoas que por natureza os posúen, pero non teñen a
oportunidade de exercelos
5.- Estándares de aprendizaxe avaliables 3º de ESO
Bloque 1.- A xustiza e a política
Fundamenta racionalmente e eticamente a elección da democracia como un sistema que
está por riba doutras formas de goberno, polo feito de incorporar nos seus principios os
valores éticos sinalados na DUDH. CSC
Define o concepto de "Estado de dereito" e establece a súa relación coa defensa dos
valores éticos e cívicos na sociedade democrática.CCL
Describe o significado dos seguintes conceptos e establece a relación entre eles:
democracia, cidadán/cidadá, soberanía, autonomía persoal, igualdade, xustiza,
representatividade, etc.CCL
Explica a división de poderes proposta por Montesquieu e a función que desempeñan o
poder lexislativo, o executivo e o xudicial no Estado democrático, como instrumento para
evitar o monopolio do poder político e como medio que permite aos cidadáns e ás cidadás
o control do Estado.CSC
Asume e explica o deber moral e civil que teñen os cidadáns e as cidadás de participar
activamente no exercicio da democracia, coa finalidade de que se respecten os valores
éticos e cívicos no seo do Estado.CSC
Define a magnitude dalgúns dos riscos que existen nos gobernos democráticos cando non
se respectan os valores éticos da DUDH (dexeneración en demagoxia, ditadura das
maiorías, escasa participación cidadá, etc.) e formula posibles medidas para
evitalos.CSC,CSIEE
Identifica e aprecia os valores éticos máis salientables nos que se fundamenta a
Constitución española, e sinala a orixe da súa lexitimidade e a súa finalidade, mediante a
lectura comprensiva e comentada do seu preámbulo.CCL,CSC
Describe os conceptos preliminares delimitados na Constitución española e a súa
dimensión ética (nación española, pluralidade ideolóxica ou papel e funcións atribuídas ás
Forzas Armadas), a través da lectura comprensiva e comentada dos artigos 1 ao 9.CCL
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
18
Sinala e comenta a importancia dos "dereitos e as liberdades públicas fundamentais da
persoa" establecidos na Constitución: liberdade ideolóxica, relixiosa e de culto; carácter
aconfesional do Estado; dereito á libre expresión de ideas e pensamentos; e dereito á
reunión política e á libre asociación, e os seus límites.CSC
Coñece e aprecia na Constitución española a súa adecuación á DUDH, e sinala os valores
éticos en que se fundamentan os dereitos e os deberes dos cidadáns e das cidadás, así
como os principios reitores da política social e económica.CSC
Explica e asume os deberes cidadáns que establece a Constitución, e ordénaos segundo a
súa importancia, xustificando a orde elixida. CCL,CSIEE
Achega razóns para xustificar a importancia que ten, para o bo funcionamento da
democracia, o feito de que os cidadáns as cidadás sexan conscientes non só dos seus
dereitos, senón tamén das súas obrigas como un deber cívico, xurídico e ético.CSC
Recoñece a responsabilidade fiscal dos cidadáns e da cidadás, e a súa relación cos
orzamentos xerais do Estado como un deber ético que contribúe ao desenvolvemento do
ben común.CSC
Sinala e comenta, a través do traballo colaborativo, os elementos esenciais do Estatuto de
autonomía de Galicia recollidos no seu título preliminar.CAA,CSC
Identifica e valora as características sinaladas no título I sobre o "poder galego".CCL
Identifica e valora as funcións e as características do Parlamento sinaladas no capítulo I, e
da Xunta e a súa Presidencia, segundo o capítulo II.CCL
Describe a integración económica e política da UE, o seu desenvolvemento histórico
desde 1951, os seus obxectivos e os valores éticos nos que se fundamenta, de acordo coa
DUDH.CSC
Identifica e aprecia a importancia dos logros alcanzados pola UE e o beneficio que estes
supuxeron para a vida dos cidadáns e das cidadás (anulación de fronteiras e restricións
alfandegueiras, libre circulación de persoas e capitais, etc.), así como as obrigas adquiridas
en diferentes ámbitos (económico, político, da seguridade e a paz, etc.).CSC
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
19
Bloque 2.- Os valores éticos, a DUDH e outros tratados internacionais sobre DDHH
Busca e selecciona información en páxinas web, para identificar as diferenzas,
semellanzas e vínculos existentes entre a Ética e o Dereito, e entre a legalidade e a
lexitimidade, elaborando e presentando conclusións fundamentadas.CAA,CD
Elabora en grupo unha presentación con soporte dixital sobre a teoría iusnaturalista do
dereito, o seu obxectivo e as súas características, identificando na teoría de Locke un
exemplo desta no que se refire á orixe das leis xurídicas, a súa validez e as funcións que lle
atribúe ao Estado.CD,CSC
Destaca e valora, no pensamento sofista, a distinción entre "physis" e "nomos",
describindo a súa contribución ao convencionalismo xurídico, e elabora conclusións
argumentadas arredor deste tema.CCEC
Analiza información sobre o positivismo xurídico de Kelsen, nomeadamente no relativo á
validez das normas e dos criterios que utiliza, especialmente o de eficacia, e a relación que
establece entre a ética e o dereito.CCEC
Recorre ao espírito emprendedor e á iniciativa persoal para elaborar unha presentación
con medios informáticos, en colaboración co grupo, comparando as tres teorías do dereito
e explicando as súas conclusións. CAA,CD,CSIEE
Explica a función da DUDH como un código ético recoñecido polos países integrantes da
ONU, coa finalidade de promover a xustiza, a igualdade e a paz en todo o mundo.CSC
Contrasta información dos acontecementos históricos e políticos que orixinaron a DUDH,
entre eles o uso das ideoloxías nacionalistas e racistas que defendían a superioridade duns
homes sobre outros, chegando ao estremo do Holocausto xudeu, así como a
discriminación e o exterminio de todas as persoas que non pertencesen a unha
determinada etnia, a un modelo físico, a unha relixión, a unhas ideas políticas, etc.CAA
Sinala os obxectivos da creación da ONU e a data en que se asinou a DUDH, e valora a
importancia deste feito para a historia da humanidade.CCE
Constrúe un esquema sobre a estrutura da DUDH, que se compón dun preámbulo e 30
artigos que poden clasificarse da seguinte maneira:CAA,CCL
– Os artigos 1 e 2 refírense aos dereitos inherentes a todas as persoas: a liberdade, a igualdade, a
fraternidade e a non-discriminación.
– Os artigos do 3 ao 11 refírense aos dereitos individuais.
– Os artigos do 12 ao 17 establecen os dereitos do individuo en relación coa comunidade.
– Os artigos do 18 ao 21 sinalan os dereitos e as liberdades políticas.
– Os artigos do 22 ao 27 céntranse nos dereitos económicos, sociais e culturais.
– Finalmente, os artigos do 28 ao 30 refírense á interpretación de todos eles, ás condicións necesarias para o
seu exercicio e aos seus límites.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
20
Elabora unha campaña, en colaboración co grupo, coa finalidade de difundir a DUDH
como fundamento do dereito e a democracia, no seu medio escolar, familiar e social.
CCEC,CSC,CSIEE
Describe os feitos máis influentes no desenvolvemento histórico dos dereitos humanos da
primeira xeración (dereitos civís e políticos), da segunda xeración (económicos, sociais e
culturais) e da terceira (dereitos dos pobos á solidariedade, ao desenvolvemento e á
paz)CCEC.
Investiga mediante información obtida en distintas fontes, sobre os problemas e os retos
da aplicación da DUDH, no que se refire ao exercicio de dereitos civís (destacando os
problemas relativos á intolerancia, a exclusión social, a discriminación da muller, a
violencia de xénero e a existencia de actitudes como a homofobia, o racismo, a xenofobia,
o acoso laboral e escolar, etc.) e dos dereitos políticos (guerras, terrorismo, ditaduras,
xenocidio, refuxiados/as políticos/as, etc.).CD,CSC
Bloque 3.- Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía
Obtén e selecciona información, traballando en colaboración, dalgúns casos nos que a
investigación científica e tecnolóxica non foi guiada nin é compatible cos valores éticos da
DUDH, xerando impactos negativos nos ámbitos humano e ambiental, sinalando as
causas.CAA,CD,CMCCT,CSC
Diserta, colaborando en grupo, sobre a idea de progreso na ciencia e a súa relación cos
valores éticos, o respecto á dignidade humana e o seu medio, e elabora e expón
conclusións.CCL,CMCCT
Selecciona e contrasta información, colaborando en grupo, sobre algunhas das ameazas da
aplicación indiscriminada da ciencia e a tecnoloxía para o contorno ambiental e para a
vida (explotación descontrolada dos recursos naturais, destrución de hábitats,
contaminación química e industrial, choiva ácida, cambio climático, desertificación,
etc.).CCLC,MCCT,CSIEE
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
21
5.- Estándares de aprendizaxe avaliables 1º de BACH
Bloque 1.- O saber filosófico
Recoñece as preguntas e os problemas que veñen caracterizando a filosofía desde a súa
orixe, comparando coa formulación doutros saberes, como o científico ou o
teolóxico.CAA
Explica a orixe do saber filosófico diferenciándoo dos saberes prerracionais, como o mito
ou a maxia.CCEC,CSC
Identifica, relaciona e distingue as vertentes práctica e teórica do labor filosófico, así
como as disciplinas que conforman a filosofía.CAA,CSC
Recoñece as principais problemáticas filosóficas características de cada etapa cultural
europea.CCEC
Expresa por escrito as teses fundamentais dalgunhas das correntes filosóficas máis
importantes do pensamento occidental.CCL
Comprende e usa con rigor conceptos filosóficos como razón, sentidos, mito, logos,
arché, necesidade, continxencia, causa, existencia, metafísica, lóxica, gnoseoloxía,
obxectividade, dogmatismo, criticismo, etc.CCL
Le e analiza de xeito crítico fragmentos de textos breves e significativos sobre a orixe da
explicación racional e acerca das funcións e as características do pensamento filosófico,
pertencentes a pensadores/as, que identifiquen as problemáticas filosóficas
formuladas.CCL
Bloque 2.- O coñecemento:
Identifica e expresa de xeito claro e razoado os elementos e as problemáticas que implica
o proceso do coñecemento da realidade, como é o dos seus graos, as súas posibilidades e
os seus límites.CCL
Coñece e explica teorías acerca do coñecemento e a verdade, como son o idealismo, o
realismo, o racionalismo, o empirismo, o perspectivismo, o consenso ou o escepticismo, e
contrasta semellanzas e diferenzas entre os conceptos clave que manexan.CCEC
Explica e contrasta criterios e teorías sobre a verdade, tanto no plano metafísico como no
gnoseolóxico, usando con rigor termos como gnoseoloxía, razón, sentidos, abstracción,
obxectividade, certeza, dúbida, evidencia, escepticismo, autoridade, probabilidade,
prexuízo, coherencia, adecuación, consenso, incerteza, interese, irracional, etc., e
construír un glosario de conceptos de xeito colaborativo, usando internet.CD,CSC
Analiza fragmentos de textos breves de Descartes, Hume, Kant, Nietzsche, Ortega y
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
22
Gasset, Habermas, Popper, Kuhn ou Michel Serres, entre outros.CCL
Explica os obxectivos, as funcións e os principais elementos da ciencia, manexando termos
como feito, hipótese, lei, teoría ou modelo.CMCCT
Usa con rigor termos epistemolóxicos como indución, hipotético-dedutivo, método,
verificación, predición, realismo, causalidade, obxectividade, relatividade, caos e
indeterminismo, entre outros.CMCCT
Analiza fragmentos de textos breves e significativos de pensadores como Aristóteles,
Popper, Kuhn, B. Russell, A. F. Chalmers ou J. C. Borrón, entre outros.CMCCT
Identifica e reflexiona de forma argumentada acerca de problemas comúns aos campos
filosófico e científico, como son o problema dos límites e as posibilidades do
coñecemento, a cuestión da obxectividade e a verdade, a racionalidade tecnolóxica,
etc.CMCCT
Investiga e selecciona información en internet, procedente de fontes solventes, sobre as
problemáticas citadas, e realiza un proxecto de grupo sobre algunha temática que afonde
na interrelación entre a filosofía e a ciencia.CD,CSC
Utiliza os elementos e as regras do razoamento da lóxica de enunciados.CAA
Comprende e explica a estrutura e o estilo da retórica e da argumentación.CCL
Coñece a estrutura e a orde do discurso, e escribe breves discursos retóricos establecendo
coherentemente a exposición e a argumentación.CCL
Constrúe un diálogo argumentativo no que demostra as súas propias teses mediante as
regras e as ferramentas da argumentación.CSIEE
Distingue un argumento válido dunha falacia.CAA
Bloque 3.- A realidade
Coñece o que é a metafísica e usa a abstracción para comprender os seus contidos e a súa
actividade, razoando sobre eles.CAA
Describe as principais interpretacións metafísicas e os problemas que suscita o
coñecemento metafísico da realidade.CCEC
Comprende e utiliza con rigor conceptos metafísicos como ser, sistema metafísico,
realidade, aparencia, materia e espírito, unidade, dualidade, multiplicidade, devir,
necesidade, continxencia, transcendencia, categoría e abstracción, materialismo,
espiritualismo, existencialismo ou esencialismo, entre outros.CCL
Realiza unha análise crítica ante teorías metafísicas diverxentes de interpretación da
realidade.CAA
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
23
Analiza e comprende fragmentos de textos breves e significativos sobre as problemáticas
metafísicas que presenta a realidade, de pensadores como Platón, Aristóteles, Tomé de
Aquino, Descartes, Marx, Nietzsche, etc., comparando e establecendo semellanzas e
diferenzas entre os enfoques, e disertando coherentemente sobre as posturas
históricas.CAA
Explica e compara dúas das grandes cosmovisións do Universo: o paradigma organicista
aristotélico e o modelo mecanicista newtoniano.CMCCT
Describe os carácteres esenciais das interpretacións relativista e cuántica contemporáneas
da realidade, explicando as implicacións filosóficas asociadas a eses caracteres.CMCCT
Usa con rigor termos epistemolóxicos e científicos como cosmovisión, paradigma,
Universo, natureza, finalismo, organicismo, determinismo, orde, causalidade,
conservación, principio, mecanicismo, materia, relatividade, cuántica, espazo, tempo, azar,
determinismo, indeterminismo, probabilidade, gaia e caos, entre outros.CMCCT
Elabora esquemas, táboas e/ou mapas conceptuais que comparen os carácteres
adxudicados historicamente ao Universo, entendido como totalidade do real,
contextualizando historicamente e culturalmente cada cosmovisión e ampliando
información mediante internet e/ou fontes bibliográficas.CD
Analiza textos filosóficos e científicos, clásicos e contemporáneos, que aborden as mesmas
problemáticas, e investigar a vixencia das ideas expostas.CMCCT
Reflexiona sobre as implicacións filosóficas que afectan a visión do ser humano en cada
cosmovisión filosófico-científica estudada, e argumenta as súas propias ideas de xeito
razoado e creativo.CAA
Bloque 4.- O ser humano desde a filosofía
Utiliza con rigor vocabulario específico da temática, como evolución, dialéctica, proceso,
progreso, emerxencia, azar, selección natural, apto, reducionismo, creacionismo,
evolución cultural, vitalismo, determinismo xenético, natureza e cultura.CCL
Coñece e explica as consideracións filosóficas implicadas na teoría da evolución, como a
consideración dinámica e dialéctica da vida ou o indeterminismo, entre outras.CMCCT
Analiza fragmentos breves e significativos de E. Morin, K. Popper, R. Dawkins, J.
Mosterín, A. Gehlen, M. Harris ou M. Ponty, entre outros.CCEC
Identifica e expón en que consiste o compoñente natural innato do ser humano, e a súa
relación cos elementos culturais que xorden nos procesos de antropoxénese e
humanización, dando lugar á identidade propia do ser humano.CCEC,CSC
Diserta sobre o ser humano en tanto que resultado da dialéctica evolutiva entre o
xeneticamente innato e o culturalmente adquirido, condición para a innovación e a
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
24
capacidade creativa que caracterizan a nosa especie.CSIEE,CCEC
Localiza información en internet acerca das investigacións actuais sobre a evolución
humana, e reflicte a información seleccionada e sistematizada de xeito
colaborativo.CD,CSC
Argumenta con coherencia, baseándose nos datos obxectivos aprendidos, sobre as
implicacións de adoptar prexuízos etnocéntricos para xulgar os seres humanos e as
culturas.CSC
Contrasta e relaciona as principais concepcións filosóficas que se viñeron dando
historicamente sobre o ser humano.CCEC
Analiza de xeito crítico textos significativos e breves dos grandes pensadores.CCL
Usa con rigor termos como dualismo e monismo antropolóxico, areté, mente, corpo,
espírito, creacionismo, antropocentrismo, teocentrismo, alma, humanismo, persoa,
dignidade, sentido, estado de natureza, estado de civilización, existencia, liberdade,
emoción, paixón, determinismo, alienación, nihilismo, existencia, inconsciente, morte,
historia ou transcendencia, entre outros.CCL
Diserta, de xeito oral e escrito, sobre as grandes cuestións metafísicas que lle dan sentido
á existencia humana.CCL
Argumenta e razoa, de xeito oral e escrito, acerca dos puntos de vista propios sobre o ser
humano, desde a filosofía e sobre diferentes temáticas filosóficas relacionadas co sentido
da existencia humana.CCL
Coñece as teorías filosóficas da relación entre mente e corpo (monismo, dualismo e
emerxentismo), e argumenta sobre esas teorías comparando semellanzas e diferenzas, de
forma colaborativa. CMCCT
Bloque 5.- A racionalidade práctica: ética e política
Recoñece a función da racionalidade práctica para dirixir a acción humana, aínda
recoñecendo os seus vínculos ineludibles coa razón teórica e a intelixencia emocional.CSC
Explica a orixe da ética occidental no pensamento grego, contrastando, de forma razoada,
a concepción socrática coa dos sofistas.CCEC
Explica e razoa acerca do obxecto e a función da ética.CSC
Expresa de xeito crítico as argumentacións das principais teorías éticas sobre a felicidade e
a virtude, razoando as súas propias ideas, e achega exemplos do seu cumprimento e do
seu incumprimento.CSIEE,CSC
Expresa de maneira crítica as argumentacións das principais teorías éticas sobre a xustiza,
razoando as súas propias ideas, e achega exemplos do seu cumprimento e do seu
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
25
incumprimento.CSIEE
Analiza textos breves dalgúns dos filósofos representantes das principais teorizacións
éticas e sobre o desenvolvemento psicolóxico moral do individuo.CSC
Usa con rigor termos como ética, moral, acción moral, autonomía, responsabilidade,
convención moral, madureza moral, virtude moral, subxectivismo, relativismo e
universalismo moral, utilitarismo, deber moral, ética de máximos, ética de mínimos,
consenso, xustiza, eudemonismo, hedonismo, emotivismo e utilitarismo.CCL
Identifica a función, as características e os principais interrogantes da filosofía
política.CSC
Utiliza con rigor conceptos como democracia, Estado, xustiza, dereito, dereitos naturais,
Estado democrático e de dereito, legalidade, lexitimidade, convención, contractualismo,
alienación, ideoloxía, utopía, entre outros conceptos clave da filosofía política.CCL
Explica de xeito coherente as formulacións filosófico-políticas de Platón, os sofistas,
Maquiavelo, Locke, Montesquieu, Rousseau, Hobbes, Kant, John Stuart Mill, Popper ou
Habermas, entre outros.CCEC,CSC
Analiza e reflexiona sobre a relación entre individuo e Estado, sobre a base do pensamento
dos sofistas, Marx e a escola de Frankfurt.CSC
Analiza de xeito crítico textos significativos e breves dalgúns dos autores estudados, nos
que se argumente sobre o concepto de Estado, os seus elementos e as súas
características.CSC
Valora e utiliza a capacidade argumentativa, de forma oral e escrita, contra a
arbitrariedade, o autoritarismo e a violencia.CSC
Reflexiona por escrito sobre as posibilidades do pensamento utópico, e argumenta as súas
propias ideas.CSC
Describe e compara os conceptos de legalidade e lexitimidade.CCL,CSC
Bloque 6.- Cultura e sociedade
Explica as teses fundamentais de E. Cassirer sobre a capacidade simbólica humana, e as de
H. Poincaré sobre o proceso creativo.CCEC
Comprende e usa conceptos como estética, creatividade, creación, símbolo, signo, arte,
experiencia estética, mímese, beleza, gusto, subxectividade, xuízo estético e
vangarda.CCL,CCEC
Contrasta e relaciona algunhas construcións simbólicas fundamentais no contexto da
cultura occidental, e analiza, de xeito colaborativo, textos literarios, audicións musicais e
visualizacións de obras de arte para explicar os contidos da unidade.CAA,CCEC
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
26
Diserta sobre a relación e a posibilidade transformadora da realidade humana, a creación
artística, a ciencia e a ética.CSC,CCEC
Coñece e describe algúns dos elementos fundamentais da reflexión estética sobre a arte,
analizando textos significativos de filósofos como Platón, Schelling, Hume, Kant,
Nietzsche, Walter Benjamin, Gadamer, Marcuse ou Adorno, entre outros, e aplica esas
ideas ao estudo de diversas obras de arte.CCEC
Entende o valor filosófico da literatura, analizando textos breves de pensadores e literatos
como Platón, Santo Agostiño, Calderón de la Barca, Pío Baroja, A. Machado, Voltaire,
Goethe, Sartre, Unamuno, Borges ou Camus, entre outros.CCEC
Coñece a visión filosófica da música a través da análise de textos filosóficos sobre as
visións dos pitagóricos, de Platón, Schopenhauer, Nietzsche ou Adorno, entre outros, así
como mediante audicións significativas.CCEC
Diserta de xeito claro e coherente sobre o valor das artes para transmitir ideas filosóficas,
e procura e selecciona información en internet que amplíe o xa aprendido CD,CSC.
Coñece e manexa con rigor conceptos como símbolo, comunicación, linguaxe formal,
lóxica, xuízo lóxico, razoamento, demostración, discurso, elocuencia, orador, retórica,
exordio, inventio, dispositio, argumentación, elocutio, compositio, actio, falacia, debate,
negociación, persuasión e concepto universal, entre outros. CCL
Utiliza conceptos con sentido filosófico e aplícaos ao contexto empresarial: principios,
saber, orde lóxica, finalidade, demostración, razoamento, indución, dedución,
argumentación, sentido, significado, creatividade, diálogo, obxectivo/subxectivo,
emocións, globalidade e valor, entre outros.CSIEE
Formula correctamente os interrogantes filosóficos radicais que deben estar na base da
creación dun proxecto, tanto vital como laboral, como "que son?", "que fago?", "por
que?", "para que?", "cal é o meu obxectivo?", "cal é o seu sentido, a súa razón de ser?",
etc., e saber argumentar a defensa das respostas.CSIEE,CSC
Deseña un proxecto vital ou empresarial, sobre a base da filosofía, valorando a íntima
relación entre os pensamentos e as accións, entre a razón e as emocións, a través do
diálogo, da argumentación e a linguaxe filosófica.CSIEE
Coñece e utiliza as ferramentas da argumentación e o diálogo na resolución de dilemas e
conflitos dentro dun grupo humano.CSC
Valora a posibilidade de crear tarefas innovadoras, valorando a función e a importancia
das persoas emprendedoras e innovadoras para a construción e o avance dunha cultura, e
a transformación da realidade.CSIEE
Realiza un decálogo de valores éticos que deben rexer no mundo laboral e de cara á
sociedade e á natureza.CSC
Valora e diserta sobre a importancia do traballo para desenvolvernos como seres
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
27
humanos, para o avance dunha cultura e para transformar a realidade.CSC
Comprende e valora a importancia da razón crítica para o avance dun proxecto persoal e
colectivo.CSC
5.1.- Temporalización
TEMPORALIZACIÓN 1º ESO
Tendo en conta que tan so dispoñemos dunha sesión á semán o número de sesión
dedicadas a cada unidade serán as seguintes:
1º trimestre: Bloque 1, 10 sesións por cada bloque
2º trimestre: Bloque 2, 10 sesións por cada bloque
3º trimestre: Bloque 3, 10 sesións por cada bloque
TEMPORALIZACIÓN 3º ESO
Tendo en conta que tan so dispoñemos dunha sesión á semana o número de sesión
dedicadas a cada unidade serán as seguintes:
1º trimestre: Bloque 1, 10 sesións
2º trimestre: Bloque 2, 10 sesións
3º trimestre: Bloque 3, 10 sesións
TEMPORALIZACIÓN 1º BACH
1º trimestre: Bloque 1 e Bloque 2, 15 sesións por cada bloque
2º trimestre: Bloque 3 e Bloque 4, 15 sesións por cada bloque
3º trimestre: Bloque 5 e Bloque 6, 15 sesións por cada bloque
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
28
5.2.- Mínimos esixibles para superar as materias
1º de ESO
Para a orientación do alumnado e clarificación dos criterios e procedementos de avaliación
se establece unha relación de contidos materiais mínimos sobre os que versará a aplicación
dos contidos procedimentais, así como os procedementos de avaliación que se teñen
sinalado, en particular as probas escritas que polo seu carácter obxectivo constitúen un
elemento de xuízo esencial.
Unidade 1.- A dignidade da persoa
O concepto e as características de persoa
A personalidade e os seus factores
A importancia do binomio razón-liberdade na personalidade
A persoa como proxecto vital
Unidade 2.- A comprensión, o respecto e a igualdade nas relacións interpersoais
Os valores éticos como guías das relacións interpersoais
A importancia do proceso de socialización para a configuración da persoalidade
Vida privada/vida pública: os límites da liberdade
Valores e virtudes éticos nas relacións interpersoais
Unidade 3.- A reflexión ética, os valores éticos e a a Declaración Universal dos
Dereitos Humanos (DUDH)
Diferenzas entre ética e moral: a importancia da reflexión ética
Os valores e as normas éticas
A DUDH: os dereitos da muller e os dereitos da infancia
Organizacións que traballan polos DDHH: institucións internacionais e ONGG
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
29
3º de ESO
Para a orientación do alumnado e clarificación dos criterios e procedementos de avaliación
se establece unha relación de contidos materiais mínimos sobre os que versará a aplicación
dos contidos procedimentais, así como os procedementos de avaliación que se teñen
sinalado, en particular as probas escritas que polo seu carácter obxectivo constitúen un
elemento de xuízo esencial.
Bloque 1.- A xustiza e a política
A democracia e o Estado de Dereito como garante dos DDHH
A participación cidadá
A Constitución española e o Estatuto de Autonomía de Galicia
A Unión Europea
Bloque 2.- Os valores éticos, a DUDH e outros tratados internacionais sobre DDHH
Relación entre Ética e Dereito
Legalidade e lexitimidade
Elaboración da DUDH e creación da ONU
Problemas aos que se enfronta o exercicio práctico da DUDH
Bloque 3.- Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía
Necesidade de criterios éticos na investigación científica
A revolución dixital
A conciencia ecolóxica e o desenrolo sostible
Os riscos das novas tecnoloxías
Mínimos esixibles para superar a materia de 1º de bacharelato
Para a orientación do alumnado e clarificación dos criterios e procedementos de avaliación
se establece unha relación de contidos materiais mínimos sobre os que versará a aplicación
dos contidos procedimentais, así como os procedementos de avaliación que se teñen
sinalado, en particular as probas escritas que polo seu carácter obxectivo constitúen un
elemento de xuízo esencial.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
30
TEMA 1: O SABER FILOSÓFICO
A Filosofía. O seu sentido, a súa necesidade e a súa historia.
O saber racional. A explicación pre-racional: mito e maxia. A explicación racional: a razón
e os sentidos.
Filosofía, ciencia e relixión
Funcións e vixencia da Filosofía.
As disciplinas teórico-prácticas do saber filosófico.
O saber filosófico a través da súa historia. Características da Filosofía.
TEMA 2: O COÑECEMENTO (textos breves de Descartes, Hume, Kant, Nietzsche,
Ortega y Gasset, Habermas, Popper, Kuhn)
A teoría do coñecemento.
Graos e ferramentas do coñecer: razón, entendemento, sensibilidade.
A abstracción.
Os problemas implicados no coñecer: as súas posibilidades, os seus límites, os intereses, o
irracional.
O problema filosófico do coñecemento.
Algúns modelos filosóficos de explicación do coñecemento e o acceso á verdade.
A filosofía kantiana como síntese de racionalismo e empirismo
Retórica, argumentación e lóxica: a comunicación dende a filosofía.
A argumentación e as falacias.
TEMA 3: A REALIDADE (analizar textos de Platón, Aristóteles, Tomé de Aquino,
Descartes, Marx, Nietzsche)
A metafísica como explicación teórica da realidade.
A pregunta polo ser como punto de partida da Filosofía. Platón vs. Aristóteles.
A interrogación metafísica sobre a verdadeira realidade: o problema da aparencia e a
realidade.
As cosmovisións científicas sobre o universo. A filosofía da Natureza como admiración
filosófica pola Natureza.
O paradigma cualitativo organicista: O universo aristotélico.
O Universo máquina: a visión mecanicista na Modernidade. Supostos epistemolóxicos do
modelo heliocéntrico: A busca das leis universais dun Universo infinito. Determinismo,
regularidade, conservación, economía e continuidade.
A visión contemporánea do Universo.
Deus, o problema do mal e o ateismo
TEMA 4: O SER HUMANO DESDE A FILOSOFÍA
A reflexión filosófica sobre o ser humano e o sentido da existencia: A antropoloxía
filosófica.
As implicacións filosóficas da evolución. Filosofía e Bioloxía.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
31
A dialéctica natureza-cultura no proceso de antropoxénese e de construción da identidade
propia humana.
Algunhas claves sobre o sentido da existencia humana.
O pensamento medieval: creación á imaxe divina, nova concepción do corpo e a alma, da
morte, da liberdade.
O Renacemento: antropocentrismo e humanismo.
A Modernidade e o século XIX: razón, emocións e liberdade.
O ser humano na filosofía contemporánea.
A reflexión filosófica sobre o corpo.
As distintas teorías filosóficas sobre a relación mente-corpo
TEMA 5. A RACIONALIDADE PRÁCTICA: ÉTICA E POLÍTICA (ler e
comprender textos de Platón, Maquiavelo, Locke, Montesquieu, Rousseau, Hobbes, Kant,
John Stuart Mill, Popper ou Habermas)
Racionalidade teórica e práctica.
A orixe da Ética occidental: Sócrates vs. Sofistas.
A Ética como reflexión sobre a acción moral: carácter, conciencia e madureza moral.
Principais teorías sobre a moral humana.
A busca da felicidade.
A boa vontade: Kant.
A xustiza como virtude ético-política.
Relativismo e universalismo moral.
Os fundamentos filosóficos do Estado.
Principais interrogantes da Filosofía Política.
Legalidade e lexitimidade.
A Xustiza segundo Platón.
O convencionalismo nos Sofistas.
O realismo político: Maquiavelo.
O contractualismo: Hobbes, Locke, Rousseau e Montesquieu.
A paz perpetua de Kant
Os fundamentos filosóficos do capitalismo no s.XIX.
A disputa política entre Popper e a Escola de Frankfurt.
TEMA 6 : CULTURA E SOCIEDADE (analizar textos filosóficos de Platón, Schelling,
Hume, Kant, Nietzsche, Walter Benjamin, Gadamer, Marcuse ou Adorno e San Agostiño,
Calderón de la Barca, Pío Baroja, A. Machado, Voltaire, Goethe, Sartre, Unamuno,
Borges ou Camus…)
A capacidade simbólica, a creatividade e a estética filosófica
A arte como instrumento de comprensión e expresión simbólica da realidade.
A realidade dende a arte, a literatura e a música.
As relación da arte coa ética, o coñecemento e a técnica.
Abstracción artística e pensamento metafísico. A arte como xustificación ou como crítica
da realidade.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
32
A Filosofía e a arte. Filosofía e literatura. A Filosofía e a música.
A Filosofía e a empresa
5.3.- Procedementos e instrumentos de avaliación
1. Cuestionarios temáticos de “escolla múltiple” realizados na aula (un por cada
unidade didáctica).
2. Exames orais e escritos relativos aos contidos de cada avaliación, en forma de
aplicación dunha ferramenta de traballo (comentario de texto, disertación,
valoración de dilemas morais ou argumentación lóxica e retórica).
3. Traballos de aplicación propostos na aula: sínteses informativas, mapas
conceptuais, comentarios, cuestionarios etc., de entrega obrigatoria, elaboración
de esquemas, seguindo as indicacións precisas que se dean na aula.
4. Caderno do profesor para a observación da actitude na aula, valorando a
asistencia e puntualidade, a compostura, o esforzo realizado, o interese e
implicación nas tarefas diarias, a participación nos intercambios e intervencións
orais, as exposicións de informacións específicas, as solicitudes de aclaracións, etc.
A valoración destas actitudes e procedementos quedará recollida no caderno do
profesor.
6.- Metodoloxía didáctica
O punto de partida metodolóxico é a fuxida de calquera tipo de aprendizaxe memorístico
de conceptos potenciando a etapa operativo-formal de adquisición de coñecementos por
descubrimento utilizando de xeito frecuente o debate e o diálogo socrático e crítico. Para elo os
materiais de traballo serán de varios tipos: unidades didácticas elaboradas polo profesor, lectura
de xornais, revistas e libros e material audiovisual (dende o seminario queremos fomentar a idea
do cine como instrumento educativo e, sempre que sexa posible, ilustraremos os contidos tratados
con fragmentos de películas que se traballarán na aula), etc. tendo en conta que, ademais, é labor
do profesor clarexar os contidos temáticos apoiando coas súas explicacións os materiais
seleccionados.
Así entendida, esta metodoloxía deberá enfocarse cara a unha boa adquisición de
conceptos, habilidades e destrezas a nivel expresivo e de praxe investigadora; para elo o
profesorado non se limitará só a explicar, senón que deberá potenciar no alumnado o traballo
individual e en equipo facilitándolles todo o material que sexa necesario (textos, bibliografía,
direccións de internet, etc) para que os alumnos realicen exercicios de síntese, esquemas, mapas
conceptuais, comentarios de texto, análise de películas, exercicios de carácter creativo (contos,
dramatizacións, etc) e debates guiados acerca dos temas que sexan de interese para cada materia.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
33
A aula ordinaria seguirá unha metodoloxía socrática:
- O alumnado contestará a unha serie de preguntas de aproximación á unidade e
posteriormente haberá un coloquio na aula.
-O alumnado deberá ler a documentación da unidade didáctica antes da clase
correspondente e respostar a unha serie de cuestións propostas polo profesor.
-A clase se dedicará á solución de dúbidas, presentación de debates e realización e
discusión de exercicios baixo a supervisión e coas aclaracións do profesor
-Para cada unha das Unidades didácticas propostas realizarase na aula un
cuestionario de opción múltiple, que se realizará despois de que todas as dúbidas
teñan sido aclaradas.
En 1º de bacharelato As orientacións metodolóxicas propostas a continuación apuntan á
potenciación e consolidación de competencias traballadas xa en etapas educativas
anteriores. De acordo con este criterio, as metodoloxías concretas empregadas polo
profesorado nesta materia deberán orientarse a:
-Potenciar unha autonomía progresiva, por parte dos alumnos, na obtención,
análise e procesamento da información referida ás cuestións e problemas
propostos.
-Promover o diálogo e o debate horizontal entre iguais como un medio para
desenvolver estratexias de conceptualización, información e comunicación
intelectual.
-Manter un modelo de aprendizaxe funcional no cal as nocións que se van
adquirido sexan aplicadas á vida real ou virtual.
-Promover a lectura e análise de textos, así como a composición de textos propios
e exposicións orais e escritas.
-Normalizar o uso de vocabulario técnico específico e esixir uns niveis de rigor
lóxico e de coherencia argumentativa tanto nas producións orais coma nas escritas.
-Manter unha perspectiva histórica que permita rastrexar as orixes das cuestións
filosóficas ou ideolóxicas sometidas a elaboración, análise ou debate
-Ofrecer instrumentos e estratexias de autoanálise e autoavaliación para detectar
os avances e carencias no proceso de aprendizaxe.
-Actuar seguindo pautas de estándares profesionais na esixencia do traballo
individual e colectivo: puntualidade, dedicación, actitude, rendementos,
seguimento das instrucións de traballo, resultados materiais e formais, etc.
7.- Materiais e recursos didácticos
Os materiais e recursos didácticos serán os seguintes:
Apuntes fotocopiados das distintas unidades.
Titoriais de apoio para a realización de tarefas.
Material audiovisual complementario a cada unidade didáctica así como material
bibliográfico que poderan atopar na biblioteca do centro
Non é necesario o uso dun libro de texto, pero o profesor poderá recomendar algún no
caso de que o alumnado así o requira.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
34
8.- Avaliación, cualificación e promoción do alumnado en
1º e 3º de ESO A proposta de valoración numérica dos resultados da avaliación establecerase segundo as pautas
seguintes:
1.- A corrección das probas escritas sobre os contidos con arreglo aos estándares de
aprendizaxe e o instrumento de avaliación correspondente, suporán o 50 % da
cualificación global (ata 5 puntos). Como mínimo realizarase unha proba ou exame
trimestral.
2.-As Tarefas de aplicación de coñecementos con arreglo aos estándares de
aprendizaxe marcados (lecturas, ensaios, proxectos de investigación, análise de
documentos audiovisuais, creación audiovisual, exposicións, etc.) alcanzará o 20%
da cualificación (ata 2 puntos). Poderán realizarse ate 2 por trimestre.
3.- A revisión e avaliación do caderno-diario observando a pulcritude, a realización das
actividades, o levar o caderno ao día, as reflexións e as síntese alcanzará un 20 %
da cualificación.
4.- A actitude e traballo poderá supoñer un aumento do 10% na cualificación final da
materia (ata 1 punto).
Para alcanzar o nivel de suficiencia(5 puntos) nunha avaliación cómpre realizar todas
as actividades obrigatorias e acadar cando menos o nivel de suficiencia (metade da
puntuación) nos apartados correspondentes a cuestionarios e exames de contidos
mínimos e ter realizado e entregado as actividades obrigatorias. De non obterse o nivel
de suficiencia nos dous apartados sinalados a cualificación máxima que se poderá obter
será de 4 puntos.
Cando se produza unha avaliación negativa as actividades de recuperación consistirán en:
a) na revisión dos contidos mínimos, realizada en clase, no caso de que non se teña
acadado a cualificación suficiente nos exames, e na realización dunha nova
proba que permita demostrar que se ten acadado o nivel prescrito.
b) na corrección da actitude durante a seguinte avaliación si o motivo da insuficiencia
é unha valoración negativa do traballo individual ou grupal.
A falta de asistencia aos exames non é recuperable, salvo en caso de xustificación
documental médica (en caso de enfermidade) ou de institución oficial (no caso de non
asistencia por causas non médicas). A recuperación dos exames aos que se faltou por
causa xustificada farase antes da avaliación, de ser posible, ou posteriormente e fárase
contar a avaliación no caderno do profesor. Criterios de promoción
Para acadar o nivel de suficiencia final hai que ter unha media de cinco puntos nas
cualificacións das tres avaliacións.
Extraordinariamente e en función da boa actitude na aula poderá establecerse como nivel
de suficiencia a cualificación media das tres avaliacións, sempre e cando esta sexa superior
a 5 puntos.
De non acadarse o nivel de suficiencia nas avaliacións, ou no seu caso, na media das
avaliacións poderase realizar un exame final da materia.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
35
A cualificación final da materia establecerase mediante unha avaliación individual que
tomará como base as cualificacións parciais das avaliación e do curso. Sobre esa base
tomaranse en consideración os aspectos actitudinais, manifestados no esforzo, a
participación, o interese, a implicación no traballo da aula e de grupos, o desenvolvemento
das capacidades ao longo do curso, etc. Asimesmo teranse en conta as circunstancias
persoais e académicas que a xunta de avaliación xulgue relevantes para a decisión de
cualificación e promoción correspondente a cada alumno.
8.- Avaliación, cualificación e promoción do alumnado en
1º de bacharelato
Criterios de avaliación
Os criterios que se establecen a continuación están orientados a comprobar o grao de
consecución, por parte do alumnado, dos estándares de aprendizaxe prescritos no
currículo. Estes criterios concrétanse metodoloxicamente no desenvolvemento de sete
tipos de acción diferentes desde as que se deberá observar o grao de consecución dos
citados obxectivos. Agora ben, tanto o proceso de aprendizaxe como as accións nas que
este se pon de manifesto, son sempre complexas; de aí que cada criterio deba ser tomado
como un complemento dos outros, como unha perspectiva desde a que completar todo o
proceso de avaliación da aprendizaxe.
1. Comprobar a capacidade para incorporar, procesar e integrar a información, así como
avaliar o grao de autonomía que se vai adquirindo ao longo do proceso de aprendizaxe.
2. Comprobar o nivel de comprensión dos problemas e teorías analizadas e o grao de
coñecemento, asimilación e dominio das nocións, conceptos e información adquiridos
sobre eles.
3. Verificar a capacidade para identificar nas fontes e formulacións orixinais os problemas
e nocións adquiridos en diferentes momentos do proceso de aprendizaxe, así como avaliar
o grao de competencia lectora e doutras destrezas intelectuais básicas como a capacidade
de análise (ideas principais/secundarias, supostos/conclusións), síntese (esquemas, mapas
conceptuais), estruturación e distribución do discurso, etc.
4. Avaliar a capacidade para facer avances nos procesos de axuste, precisión e
flexibilización dos conceptos ao longo do proceso discursivo, así como avaliar o grao de
destreza e coherencia na aplicación da capacidade argumentativa mantendo o respecto
ás diferentes opinións.
5. Avaliar o grao de incorporación significativa do vocabulario técnico introducido e
comprobar o nivel de precisión, exactitude e rigor no seu uso tanto oral como escrito.
6. Contrastar o grao de funcionalidade e significatividade dos conceptos e teorías
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
36
adquiridas en relación coa súa aplicación ao coñecemento e valoración do contorno vital
así como o nivel de conciencia asumido acerca da utilidade dos saberes académicos.
7. Corroborar o grao de adquisición dunha perspectiva histórica que permita situar as
ideas e acontecementos nun esquema xeral no que se integre a historia do pensamento en
Occidente.
8. Comprobar a asunción responsable de un compromiso, asimilable ao establecido nas
categorías profesionais, na realización das tarefas e traballos da materia no marco
escolar.
Criterios de cualificación
A proposta de valoración numérica dos resultados da avaliación establecerase segundo as pautas
seguintes:
1.- A valoración dos cuestionarios de recapitulación tipo test sobre os contidos
traballados na aula suporá o 30 % da cualificación global (ata 3 puntos).
Realizarase un cuestionario por unidade didáctica
2.- A corrección das probas escritas sobre os contidos con arreglo aos estándares de
aprendizaxe e o instrumento de avaliación correspondente, suporán o 50 % da
cualificación global (ata 5 puntos). Como mínimo realizarase unha proba ou exame
trimestral. Para cada avaliación fixarase un tipo de proba baseado nunha
ferramenta básica da actividade filosófica (composición, comentario ou
argumentación) acompañada dunha serie de preguntas.
3.-As Tarefas de aplicación de coñecementos con arreglo aos estándares de
aprendizaxe marcados (lecturas, ensaios, proxectos de investigación, análise de
documentos audiovisuais, creación audiovisual, exposicións, etc.) alcanzará o 10%
da cualificación (ata 1 puntos). Poderán realizarse ate 2 por trimestre.
4.- A actitude e traballo poderá supoñer un aumento do 10% na cualificación final da
materia (ata 1 punto
Para a avaliación destes apartados teráse en conta os apercebimentos e sancións
comunicadas á xefatura de estudos e as chamadas de atención ao alumno na aula
recollidas no caderno do profesor así coma os cumprimentos nos prazos de
entrega das actividades.
A proposta dunha sanción grave, posta en coñecemento do Xefe de Estudos,
como pode ser a falsificación da autoría de traballos, a copia durante un exame ou
proba presencial, ou calquera falta grave contra a convivencia durante o
desenvolvemento das clases, poderá dar lugar á perda do dereito a avaliación
continua. Nese caso o alumno terá acceso aos procedementos que lle permitan
acreditar os coñecementos necesarios para superar a materia.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
37
Para alcanzar o nivel de suficiencia (5 puntos) nunha avaliación cómpre realizar todas
as actividades obrigatorias e acadar cando menos o nivel de suficiencia (metade da
puntuación) nos apartados correspondentes a cuestionarios e exames de contidos
mínimos e ter realizado e entregado as actividades obrigatorias. De non obterse o nivel
de suficiencia nos dous apartados sinalados a cualificación máxima que se poderá obter
será de 4 puntos.
Cando se produza unha avaliación negativa as actividades de recuperación consistirán en:
a) na revisión dos contidos mínimos, realizada en clase, no caso de que non se teña
acadado a cualificación suficiente nos exames, e na realización dun novo exame
que permita demostrar que se ten acadado o nivel prescrito.
b) na corrección da actitude durante a seguinte avaliación si o motivo da insuficiencia
é unha valoración negativa do traballo individual ou grupal.
A falta de asistencia aos exames non é recuperable, salvo en caso de xustificación
documental médica (en caso de enfermidade) ou de institución oficial (no caso de non
asistencia por causas non médicas). A recuperación dos exames aos que se faltou por
causa xustificada farase antes da avaliación, de ser posible, ou posteriormente e farase
contar a avaliación no caderno do profesor.
Criterios de promoción
Para acadar o nivel de suficiencia final hai que ter unha media de cinco puntos nas
cualificacións das tres avaliacións.
Extraordinariamente e en función da boa actitude na aula poderá establecerse como nivel
de suficiencia a cualificación media das tres avaliacións, sempre e cando esta sexa superior
a 5 puntos.
De non acadarse o nivel de suficiencia nas avaliacións, ou no seu caso, na media das
avaliacións poderase realizar un exame final da materia.
A cualificación final da materia establecerase mediante unha avaliación individual que
tomará como base as cualificacións parciais das avaliación e do curso. Sobre esa base
tomaranse en consideración os aspectos actitudinais, manifestados no esforzo, a
participación, o interese, a implicación no traballo da aula e de grupos, o desenvolvemento
das capacidades ao longo do curso, etc. Asimesmo teranse en conta as circunstancias
persoais e académicas que a xunta de avaliación xulgue relevantes para a decisión de
cualificación e promoción correspondente a cada alumno.
Para alcanzar o nivel de suficiencia( 5 puntos) nunha avaliación cómpre realizar todas
as actividades obrigatorias e acadar cando menos o nivel de suficiencia (metade da
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
38
puntuación) nos apartados correspondentes a cuestionarios e exames de contidos
mínimos e ter realizado e entregado as actividades obrigatorias. De non obterse o nivel
de suficiencia nos dous apartados sinalados a cualificación máxima que se poderá obter
será de 4 puntos.
Cando se produza unha avaliación negativa as actividades de recuperación consistirán en:
a) na revisión dos contidos mínimos, realizada en clase, no caso de que non se teña
acadado a cualificación suficiente nos exames, e na realización dunha nova
proba que permita demostrar que se ten acadado o nivel prescrito.
b) na corrección da actitude durante a seguinte avaliación si o motivo da insuficiencia
é unha valoración negativa do traballo individual ou grupal.
A falta de asistencia aos exames non é recuperable, salvo en caso de xustificación
documental médica (en caso de enfermidade) ou de institución oficial (no caso de non
asistencia por causas non médicas). A recuperación dos exames aos que se faltou por
causa xustificada farase antes da avaliación, de ser posible, ou posteriormente e fárase
contar a avaliación no caderno do profesor.
Criterios de promoción
Para acadar o nivel de suficiencia final hai que ter unha media de cinco puntos nas
cualificacións das tres avaliacións.
Extraordinariamente e en función da boa actitude na aula poderá establecerse como nivel
de suficiencia a cualificación media das tres avaliacións, sempre e cando esta sexa superior
a 5 puntos.
De non acadarse o nivel de suficiencia nas avaliacións, ou no seu caso, na media das
avaliacións poderase realizar un exame final da materia.
A cualificación final da materia establecerase mediante unha avaliación individual que
tomará como base as cualificacións parciais das avaliación e do curso. Sobre esa base
tomaranse en consideración os aspectos actitudinais, manifestados no esforzo, a
participación, o interese, a implicación no traballo da aula e de grupos, o desenvolvemento
das capacidades ao longo do curso, etc. Asimesmo teranse en conta as circunstancias
persoais e académicas que a xunta de avaliación xulgue relevantes para a decisión de
cualificación e promoción correspondente a cada alumno.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
39
9.- Avaliación do proceso do ensino e a práctica docente.
O obxectivo fundamental da avaliación debe ser mellorar a aprendizaxe do alumnado.
Para elo utilizaremos varias ferramentas como son as probas escritas, o caderno-diario do
alumnado, o caderno do profesor, o seguimento da temporalización que nos servirán para valorar
o grao de consecución das competencias básicas.
Tamén se fará unha avaliación por parte do alumnado sobre o desenvolvemento da
materia, grao de dificultade, problemas acadados, avaliación do material, etc. Que deberá servir
para corrixir problemas do binomio ensinanza.aprendizaxe.
Coa finalidade de constatar a mellora na aprendizaxe do alumnado realizárase unha
avaliación inicial no mes de Setembro que recolla o grao de consecución das competencias básicas
e a capacidade de recepción de contidos filosóficos por parte do alumnado (lectura de textos
complexos, capacidade argumentativa, nivel moral, capacidade de reflexión.
Na memoria final indicarase o grao de mellora nas diferentes competencias en cada
grupo académico e de non constatarse a mellora indicaranse as posibles causas.
Realizarase unha valoración dos tempos dedicados a cada unidade didáctica e os
obxectivos acadados nela, así como os problemas atopados no seu desenvolvemento.
Finalmente realizarase unha avaliación por parte do alumnado sobre o desenvolvemento
da materia, grao de dificultade, problemas acadados, avaliación do material, etc, que
se incorporará á memoria final do Departamento.
10.- Actividades de seguimento, recuperación e
avaliación das materias pendentes.
Ao ser o primeiro curso da impartición das materias non hai alumnado coa materia
pendente.
11.- Procedementos que lle permitan ó alumnado
acreditar os coñecementos necesarios (BAC)
O alumnado que:
non acade a media de cinco puntos nas cualificacións das avaliacións
teña perdido o dereito a avaliación continua como resultado dunha sanción
se incorpore ao curso académico na derradeira avaliación
proveña de plans de estudos anteriores
realizará un exame final escrito, no que o alumno deberá demostrar especialmente o seu
coñecemento dos contidos mínimos e a aplicación dos procedementos establecidos na
programación.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
40
Os mesmos criterios servirán para a proba extraordinaria de setembro.
O exame de acreditación responderá ao seguinte esquema:
Realización dunha composición sobre calquera dos temas desenvoltos no programa cun
mínimo de 500 palabras, que recolla as problemas esenciais propostos e as principais
solucións. A proposta temática irá acompañada dun texto dos recollidos no programa que
deberá comentarse en relación ao tema, ofrecendo datos do autor e a obra. (5 puntos)
Cuestionario de 20 items pertencentes a calquera dos cuestionarios realizados ao longo
do curso (3 puntos)
Definición de 4 termos filosóficos dos desenvoltos ao longo do curso (2 puntos)
12.- Avaliación inicial
Nos curso da ESO ao ser o primeiro curso que se imparte esta materia a avaliación
inicial consistirá na lectura dun texto sinxelo sobre algún dos temas que se traballará na aula e
unha serie de preguntas para valorar a súa capacidade de expresión lingüística e de pensamento
crítico.
No bacharelato para levar a cabo a avaliación inicial do alumnado se proporá a lectura
dun texto con conceptos filosóficos básicos e se pedirá a resposta a unha serie de cuestións que
tentarán valorar a súa capacidade de análise e síntese e captación da información.
Sobre a lectura dese texto se pedirá ao alumno que:
seleccione e subliñe a tese principal e as subsidiarias
exprese en un texto mínimo o sentido que tenta transmitir o texto
defina os conceptos máis relevantes
elabore un esquema coa relación entre os conceptos fundamentais do
texto.
explique a súa posición respecto ao problema de forma que permita
valorar a súa capacidade argumental.
propoña un exemplo extraído da literatura, o cine, a arte, a política que
explique e poña de manifesto a relación entre o problema filosófico e a
cultura actual.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
41
12.1.- Medidas individuais ou colectivas a adoptar en función dos
resultados
En función dos resultados desta proba adaptaranse as actividades propostas nas unidades
didácticas e as tarefas finais propostas para cada avaliación.
13.- Medidas de atención á diversidade
Proporanse medidas de reforzo mediante lecturas, vídeos e outros materiais
complementarios para aqueles alumnos que teñan dificultades coas competencias básicas. Todos
eles dispoñibles na biblioteca do centro.
Proporanse diferentes canles para a presentación das tarefas que, de acordo coa teoría das
Intelixencias Múltiples, se adapten mellor a cada un dos alumnos. Así en cada tema serán de
elección unha serie de tarefas que propoñen formas de realización adaptadas a cada unha destas
intelixencias (infografías, comics, videopresentacións, textos...)
A través do contacto por medio do correo electrónico garantízase o seguimento da
materia a aquel alumnado que, por razóns xustificadas, non poida durante algún tempo asistir ás
clases.
14.- Elementos transversais
Os elementos transversais do currículo da materia de Valores éticos da ESO serán os
establecidos no DECRETO 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da
educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia:
1. “A comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación
audiovisual, as tecnoloxías da información e da comunicación, o
emprendemento, e a educación cívica e constitucional traballaranse en
todas as materias, sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunhas
das materias de cada etapa.
2. A consellería con competencias en materia de educación fomentará o
desenvolvemento da igualdade efectiva entre homes e mulleres, a
prevención da violencia de xénero ou contra persoas con discapacidade,
e os valores inherentes ao principio de igualdade de trato e non
discriminación por calquera condición ou circunstancia persoal ou
social. Do mesmo xeito, promoverá a aprendizaxe da prevención e
resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal,
familiar e social, así como dos valores que sustentan a liberdade, a
xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o
respecto aos dereitos humanos, o respecto por igual aos homes e ás
mulleres, e ás persoas con discapacidade, e o rexeitamento da violencia
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
42
terrorista, a pluralidade, o respecto ao Estado de dereito, o respecto e a
consideración ás vítimas do terrorismo, e a prevención do terrorismo e
de calquera tipo de violencia. A programación docente debe abranguer
en todo caso a prevención da violencia de xénero, da violencia contra as
persoas con discapacidade, da violencia terrorista e de calquera forma
de violencia, racismo ou xenofobia, incluído o estudo do Holocausto
xudeu como feito histórico. Evitaranse os comportamentos e os contidos
sexistas e os estereotipos que supoñan discriminación por razón da
orientación sexual ou da identidade de xénero, favorecendo a visibilidade
da realidade homosexual, bisexual, transexual, transxénero e intersexual.
3. A consellería con competencias en materia de educación fomentará as
medidas para que o alumnado participe en actividades que lle permitan
afianzar o espírito emprendedor e a iniciativa empresarial a partir de
aptitudes como a creatividade, a autonomía, a iniciativa, o traballo en
equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.
4. No ámbito da educación e a seguridade viaria, promoveranse accións
para a mellora da convivencia e a prevención dos accidentes de tráfico,
coa finalidade de que os/as alumnos/as coñezan os seus dereitos e
deberes como usuarios/as das vías, en calidade de peóns, viaxeiros/as e
condutores/as de bicicletas ou vehículos a motor, respecten as normas e
os sinais, e se favoreza a convivencia, a tolerancia, a prudencia, o
autocontrol, o diálogo e a empatía con actuacións adecuadas tendentes a
evitar os accidentes de tráfico e as súas secuelas.”
15.- Actividades Complementarias e extraescolares
Como actividades complementarias para os grupos de ESO tentaremos facer as seguintes:
Visitar o Parlamento de Galicia, o Centro Galego de Arte Contemporáneo e o
Museo do Pobo Galego.
Para o alumnado de 1º de bacharelato intentaremos visitar o Parlamento de Galicia, a
redacción dun xornal e o Departamento de psicoloxía social da Universidade da Coruña.
Tamén seguiremos colaborando na organización da semana cultural.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
43
16.- Mecanismos de revisión, avaliación e modificación
da programación
Ao rematar cada unidade didáctica o profesor prantexarase unha serie de cuestións que
lle permitirán avaliar o funcionamento da programación e establecer medidas de mellora:
a)Conseguíronse os obxectivos didácticos previstos con todo o alumnado?
b)Foi acertada a temporalización da unidade?
c)Utilizáronse distintas estratexias metodolóxicas en función dos contidos e das
necesidades do alumnado?
d)Foron adecuados os recursos didácticos propostos?
e) Os contidos espertaron o interés do alumnado?
f) As actividades prantexadas foron motivadoras e variadas?
g) Foron eficaces as estratexias metodolóxicas utilizadas?
h) Foron axeitados os instrumentos de avaliación?
Foron axeitadas as medidas de atención á diversidade?
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
44
PROGRAMACIÓN LOE
1.1.- OBXECTIVOS XERAIS
Os obxectivos xerais que tentamos acadar coas materias que imparte este seminario son as
seguintes:
1.- Informar ao alumnado dos contidos básicos de cada materia e animalos a relacionalos
cos seus propios coñecementos e preconceptos.
2.- Potenciar as actitudes críticas fronte aos contidos das materias; que non só estuden
filosofía senón que tamén aprendan a filosofar.
3.- Manter unha actitude responsable, atenta e participativa na clase escoitando e
respectando aos demais, e construír información conxunta mediante o intercambio e a discusión
dialóxica de ideas.
4.- Expresar oralmente con corrección, claridade e coherencia as informacións e ideas
propias sobre os diversos temas, utilizando os conceptos mais apropiados en cada caso.
5.- Analizar, sintetizar e organizar adecuadamente por escrito toda a información
dispoñible.
6.- Conectar o que se di na aula coas experiencias cotiás do alumnado e cos distintos
coñecementos aportado polas distintas materias que forman parte do curriculum dos cursos 2º e
4º da E.S.O. e dos dous cursos do bacharelato.
7.- Inculcar no alumnado o pracer pola lectura, o cine e por calquera outro tipo de
manifestación artística para así espertarlle a sensibilidade e a inquietude pola cultura nos seus
distintos aspectos.
8.- Potenciar o uso da lingua galega na manifestación escrita dado que é a que se
utiliza habitualmente na oral, respectando harmonicamente o bilingüismo.
1.2.- METODOLOXÍA
O punto de partida metodolóxico é a fuxida de calquera tipo de aprendizaxe memorístico
de conceptos potenciando a etapa operativo-formal de adquisición de coñecementos por
descubrimento utilizando de xeito frecuente o debate e o diálogo socrático e crítico. Para elo os
materiais de traballo serán de varios tipos: libro de texto para a materia de Antropoloxía de 1º de
bacharelato, unidades didácticas elaboradas polo profesor, lectura de xornais, revistas e libros e
material audiovisual (dende o seminario queremos fomentar a idea do cine como instrumento
educativo e, sempre que sexa posible, ilustraremos os contidos tratados con películas que se
traballarán na aula), etc. tendo en conta que, ademais, é labor do profesor clarexar os contidos
temáticos apoiando coas súas explicacións os materiais seleccionados.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
45
Así entendida, esta metodoloxía deberá enfocarse cara a unha boa adquisición de
conceptos, habilidades e destrezas a nivel expresivo e de praxe investigadora; para elo o
profesorado non se limitará só a explicar, senón que deberá potenciar no alumnado o traballo
individual e en equipo facilitándolles todo o material que sexa necesario (textos, bibliografía,
direccións de internet, etc) para que os alumnos realicen exercicios de síntese, esquemas, mapas
conceptuais, comentarios de texto, análise de películas, exercicios de carácter creativo (contos,
dramatizacións, etc) e debates guiados acerca dos temas que sexan de interese para cada materia.
1.3.- AVALIACIÓN
Por todo elo propoñemos unha avaliación educativa e formativa e nunca sancionadora nin
punitiva, unha avaliación continua entendida como diagnóstico permanente de dificultades e
progresos; para elo utilizaremos unha pluralidade de métodos (non a reduciremos exclusivamente
ao tradicional exame) tales como o caderno diario de aula, o traballo en equipo,a observación do
traballo diario e a participación nos debates, elaboración de traballos monográficos e actividades
de recapitulación de contidos.
Consideramos que avaliar non é unicamente tarefa do profesor; o alumnado, en todo
momento, mediante o seu caderno de traballo e enquisas que se lles ofreceran, deberá
autoavaliarse, avaliar os materiais de cada unidade (se os consideran axeitados ao seu nivel, ao
contido,...) e avaliar a tarefa do profesor. Isto servirá para planificar as actividades de
recuperación que terán carácter individualizado (o profesor acordará con cada alumno afectado a
mellor forma de recuperar) e para a programación de proxectos didácticos posteriores. O
profesorado tamén está para aprender e rectificar cando sexa necesario.
1.4.- RECUPERACIÓNS e MATERIAS PENDENTES
O alumnado que suspenda as materias que imparte este seminario durante o curso terá
oportunidade de recuperalas avaliación por avaliación. Os exames de recuperación realizaranse
todos a principios do mes de maio.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
46
II.- Educación para a cidadanía
e os dereitos humanos de 2º E.S.O.
PRESENTACIÓN E METODOLOXÍA
2.1. PRESENTACIÓN
Os rapaces e rapazas teñen só un coñecemento parcial e pouco integrado de todas as facetas
que implica a vida política e social. En xeral a súa actitude cara á «política» é despectiva e
pouco informada. Porén non son conscientes de que toda a súa actividade, desde o ámbito
familiar, ás súas actividades cos compañeiros e compañeiras ou o seu «rol» como alumno/a dun
centro de secundaria, son actividades sociais e, en certo sentido, políticas, tal e como se
entendeu desde a antigüidade clásica (actividades que teñen que ver coa vida en comunidade).
O home é por natureza, tal e como dicía Aristóteles, un animal político. A comunidade con
outros humanos é imprescindible para as persoas e só é posible a través das regras sociais.
O noso reto será lograr que o alumnado recoñeza nas normas que guiaron a súa actividade
social ata o momento e nas que terá que usar no futuro, como parte dun requisito imprescindible
para vivir en sociedade, os criterios de lexitimidade democrática e, xa que logo, emancipatoria aos
que responden. Pensamos que non basta con ensinar un conxunto de valores, senón que eses
valores teñen que estar incardinados na vida do alumnado e deben estruturar a organización do
centro escolar e a vida da aula a través de procesos (diálogos, debates, toma de decisións
colexiadas) nos que a participación activa na vida en común contribúa a crear hábitos e virtudes
cívicas.
Competencia social e cidadá
Vivir en sociedade, comprender a realidade social na que estamos inmersos e exercer a
cidadanía democrática, son capacidades que calquera cidadán ou cidadá debería coñecer.
Capacitar aos alumnos e alumnas para desenvolver as súas vidas nunha sociedade plural que
esixe relacionarse cos outros (mesmo máis aló das fronteiras nacionais), afrontar os conflitos,
políticos e de convivencia cotiá, require dotar ao alumnado de competencias que lle permitan esas
relacións: coñecemento doutras culturas para facelos capaces de identificar e respectar
activamente as diferenzas, estratexias de resolución de conflitos baseados no respecto e a
capacidade de pórse en lugar doutro, desenvolvemento de comportamentos tolerantes e pacíficos,
aínda que non necesariamente indiferentes ou acríticos.
Ademais haberá que ensinar aos alumnos e alumnas as habilidades necesarias para participar na
vida social e política. Nun contorno democrático é importante que os nosos futuros cidadáns e
cidadás integren os valores democráticos, a práctica das normas de convivencia e o exercicio das
liberdades e deberes cívicos.
Estas habilidades non se xeran no baleiro senón que se basean no coñecemento do
funcionamento social, da súa pluralidade e o seu pasado histórico. Só se se comprende e se
coñece a sociedade na que se vive, poderase participar plenamente nela para tomar decisións
económicas, sociais e políticas ou para participar nas actividades da comunidade.
Mais este coñecemento da sociedade non pode ser unha asimilación da orde social vixente,
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
47
senón que debe ser, antes que nada, unha revisión dos supostos nos que se basea esa orde social.
Os rapaces e rapazas deben coñecer a sociedade na que viven exercendo unha actividade crítica
que poña de manifesto, ao mesmo tempo, as súas virtudes pero tamén as súas carencias, porque
só cando somos conscientes das carencias podemos propor estratexias para solucionalas.
Debemos formar cidadáns e cidadás comprometidos, que estean dispostos a participar no xogo
político dunha sociedade democrática e plural, e isto significa formar cidadáns que estean
dispostos a mellorar a sociedade na que viven. Cada vez máis a sociedade demanda do sistema
educativo que sexa quen de formar os individuos, non só para ocupar un lugar no sistema
produtivo e de traballo, senón tamén para participar nunha sociedade democrática. Iso require
entender a formación do individuo nun sentido amplo: educar para a convivencia, para as
relacións pacíficas, para o consumo responsable, para a tolerancia, etc. Vivimos nunha sociedade
na que domina o individualismo, pola perda de referentes culturais tradicionais, pola convivencia
de diferentes modos de vida e diferentes etnias debido, en grande parte, aos movementos de
poboación causados polo desigual desenvolvemento económico en diferentes partes do planeta,
pola crise do Estado do Benestar que se ve incapaz de resolver os problemas do paro, a
degradación do ambiente, as desigualdades económicas, etc. Todos estes procesos e problemas
poden producir unha sociedade na que se impoñan valores non adecuados: violencia, intolerancia,
racismo, etc. Só unha reflexión persoal sobre os problemas da nosa sociedade pode levarnos a
sociedades abertas nas que os individuos poidan propor e seguir modelos de vida baseados na
igualdade e no respecto mutuo.
Esta proposta de traballo propón un marco común no que se poidan incluír as diversas
propostas morais, éticas e relixiosas, coa única condición de non transgredir os principios básicos
do comportamento democrático que fan posible o diálogo entre as diferentes formas de vida. Os
diversos valores e formas de vida que se queren propor como modelos de vida común débense
traer ao espazo público e iso esixe que se manteñan dúas características: a racionalidade e o
diálogo. A lexitimación dos sistemas de valores non é posible desde presupostos autoritarios ou
irracionais, polo que os sistemas morais, relixiosos, éticos e mesmo políticos deben someterse, se
queren ser recoñecidos como interlocutores na discusión pública, a estes principios. Como base
para facer posible esta discusión pública é preciso que o contexto que propomos evite o
compromiso cun modelo político determinado, mais que tampouco se vincule con ningunha
proposta ética e/ou relixiosa.
A nosa proposta tentará construír uns mínimos ético-cívicos que sirvan de marco de referencia
no debate intercultural sen manter unha teoría ética que fundamente unha determinada opción
moral.
Damos por suposto que non toda norma ou institución xurídica ou política, polo feito de ser
legal e lexítima, isto é democrática, ha ser moralmente valiosa, e, ao revés, que non todo o que se
considere dende unha determinada perspectiva ética ou relixiosa valioso debe ou pode reflectirse
no plano xurídico común.
A competencia lectora
Entre todos os obxectivos deste materiais é fundamental non esquecer o básico, capacitar ao
noso alumnado para traballar coa ferramenta de traballo intelectual máis potente que existe, a
capacidade de entender as mensaxes escritas, de analizar, sintetizar e expor as ideas dun texto,
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
48
porque só a partir da lectura dos pensamentos dos outros poderemos xestionar e potenciar a nosa
propia forma de ver o mundo. O texto, nas súas distintas facetas (expositivo, literario,
periodístico…) ten un peso moi importante no conxunto deste libro.
Pero a competencia lectora non ten que ver só cunha competencia cognoscitiva, senón que
debe tamén incidir nas habilidades creativas dos nosos alumnos e alumnas, que deberán adquirir a
competencia ou habilidade que lles permita producir eles mesmos textos escritos,
conceptualmente ben expostos, usando as ferramentas propias dun pensamento racional.
A autonomía e iniciativa persoal
Entendemos que esta materia inflúe necesariamente no logro da capacidade dos alumnos e
alumnas para xerar un pensamento autónomo que pase, fundamentalmente, pola capacidade de
análise crítica e a toma de posición nos debates sociais actuais. Como base para a consecución
destes obxectivos é necesario dotar ao alumnado dunha ferramenta imprescindible para o debate
de ideas: os métodos de argumentación racional. Os alumnos e alumnas deberán aprender non só
a expresarse con claridade, senón tamén a non transgredir as regras lóxicas elementais do
razoamento. Este capacidade de razoamento argumental non pode nin debe estar desvinculado
dos problemas aos que se enfronta diariamente o noso alumnado e debe estar orientado ao estudo
de casos que esixan tomas de postura persoais, busca de solucións e asunción de
responsabilidades. Conseguir isto só será posible propondo casos reais, relacionados coa
experiencia inmediata do alumnado, primeiro no contorno inmediato da familia e os colegas, logo
no ámbito das institucións próximas (a escola, o concello…), para finalmente acercar ao alumnado
ás institucións sociais de ámbito autonómico e estatal.
A competencia dixital
Queremos dar unha especial relevancia á competencia que o alumnado ten que adquirir no uso
dos medios de transmisión da información, porén qureemos tamén que a presenza dos medios
informáticos non deixase de lado os outros medios tradicionais de transmisión da información.
Entendemos que a competencia dixital vai máis aló do uso de Internet ou a busca de información
na rede, tamén debe ter en conta:
– A clasificación da información, o carácter das fontes, a fiabilidade, etc
- O uso dos medios dixitais teñen que ir máis aló do mero uso como recompilador de
información. Hai que ensinar ao alumnado non só a usar o instrumento, senón a producir
con el. Producir en contornos dixitais significa producir audiovisuais (vídeos, maquetas
musicais…), presentacións que axilicen a oralidade (pps, movies…), formas de expor os
coñecementos (webs, blogs…) e tamén estruturas que permitan o traballo colaborativo
(proxectos de discusión, grupos…).
– Os medios dixitais de información non se reducen á Rede de redes, senón que o vídeo, a
música, as presentacións multimedia forman parte tamén do que coñecemos como medios
dixitais.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
49
2.2. METODOLOXÍA
A educación para a cidadanía ten un dobre carácter: por unha parte é unha materia cunha
intención eminentemente práctica, poderiamos dicir que o que se pretende é que o alumno ou
alumna «saiba como actuar», é dicir, adquira a competencia necesaria para vivir en sociedade,
conforme a unhas regras e códigos aceptados racionalmente e integrados na súa actividade cotiá.
Pero por outra parte tamén se persegue a aprendizaxe de determinados valores e regras sociais,
que constitúen a esencia das sociedades democráticas.
Estas dúas competencias, unha de carácter práctico e outra de carácter cognitivo, son
indisociables. Comprender a constitución das sociedades democráticas como un logro social e
histórico, supón necesariamente pór en valor a maneira de vivir desas sociedades e
comprometerse coa súa defensa. Entendemos que estas normas democráticas establecen uns
«mínimos» de xustiza imprescindibles para garantir a convivencia pacífica e dar lugar ao
enriquecemento moral do ser humano. Facer desas normas unha guía na actividade práctica é o
segundo gran reto da materia.
Neste sentido entendemos que as competencias coas que se debe dotar ao alumnado desta
materia son tanto de formación do carácter moral, como de articulación da praxe cotiá dos
rapaces e rapazas dotándoos das habilidades necesarias para convivir nunha sociedade
democrática.
Por estas consideracións, pretendemos aplicar unha metodoloxía que vincule os obxectivos da
aprendizaxe de normas sempre a través da súa aplicación práctica cun nivel actitudinal (afectivo-
práctico). A exposición, por conseguinte, de teorías, normas ou proxectos cívicos, éticos ou
políticos, deberá ir sempre engarzada cunha actividade de carácter práctico.
Tres principios rexen a metodoloxía usada nestes materiais:
a) Comezar sempre propondo investigacións, actividades e/ou cuestións que se incardinen na
vida real dos nosos alumnos e alumnas, nas súas experiencias vitais. Ir do contorno próximo
ás novas experiencias e coñecementos.
O máis importante deste proceso de investigación consiste en dar ao alumno ou alumna a
capacidade de reflexionar sobre o seu contorno levando a cabo unha investigación persoal que
supoña propor estratexias de busca, elección, recoñecemento de obstáculos. Propor
investigacións ao alumnado significa potenciar nel as capacidades de análise de feitos, a
sistematización de datos, a busca de explicación. En resumo, adquirir un pensamento reflexivo
e autónomo.
A nosa proposta é que aprender implica acción, reflexión e interacción. Un alumno ou
alumna só pode facerse preguntas acerca do mundo social que o rodea, se primeiro toma
conciencia dos esquemas, estruturas e ideas que ten acerca dese mundo e de que estas ideas
teñen a súa orixe na propia experiencia. As ideas acerca do mundo que se constrúen a través
da experiencia producen estruturas que dan aos suxeitos certo grao de certeza. Estas
estruturas constitúen modelos intuitivos, que só se se fan explícitos poden ser susceptibles de
reflexión e/ou cambio. Só é posible cambiar unha pauta de comportamento se podemos
enfrontar ao alumnado coas súas propias concepcións do mundo.
A nosa proposta non é, por suposto, unha proposta de investigación formal, senón
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
50
fundamentalmente unha investigación práctica, como un intento deliberado de reunir datos
que poidan servir ao alumnado para xerar intuicións que produzan unha reflexión posterior.
Non abordaremos unha metodoloxía específica de investigación, senón que se usarán diversos
soportes: relatos, diálogos, observación, enquisas… todos eles coa finalidade de que as
alumnas e alumnos se decaten das características do seu contorno social e escolar.
Aínda neste contexto práctico, é necesario facer notar que a proposta de investigacións no
contorno próximo leva consigo unha serie de consecuencias didácticas que deberiamos
transmitir ao alumnado. Entre elas cabe destacar as seguintes:
– Cuestionarnos o coñecemento permanentemente facendo preguntas acerca de cuestións
que poden parecer obvias é unha forma de avance intelectual.
– As preguntas non as formula quen non sabe, senón que se fan sempre desde coñecementos
previos, que non sempre son conscientes.
– As preguntas poden ter distintas respostas, e un mesmo problema pode ser enfocado
desde ópticas diversas.
– As preguntas xorden da reflexión sobre a nosa experiencia.
Unha investigación sobre o noso contorno inmediato supón, entre outras actividades
intelectuais, a proposta de interrogantes, a formulación de hipóteses, a recompilación e análise
de información, a interpretación de datos e a elaboración de conclusións que poden iniciar (ou
non) un cambio nas nosas relacións co contorno, pero que, en calquera caso, enriquece o noso
coñecemento do mesmo.
b) A estruturación do material tentando un desenvolvemento progresivo e estruturado
xerarquicamente dos temas. Os bloques didácticos iniciaranse sempre cunha actividade que lle
presente o tema dun xeito intuitivo ao alumnado. Este será:
O instrumento do que nos serviremos en cada unidade para lograr a motivación do alumno
ou alumna cara ao tema, a súa boa disposición para adquirir novos coñecementos. A este
respecto a elección de textos literarios, cinematográficos ou icónicos é fundamental, tanto
pola linguaxe accesible que manexan, como pola capacidade que teñen de facer participes aos
alumnos e alumas de situacións que non pertencen á súa experiencia inmediata.
O cerebro humano está deseñado fundamentalmente para a supervivencia, para elaborar
estratexias útiles para a vida, por iso debería ser posible ensinar ao alumnado a descubrir cal é
o obxectivo e a importancia do que se vai ensinar. Que hai no tema que poida ser importante
para min? Cando esta resposta non é inmediata, pór o alumnado na posición na que ese
coñecemento podería ser relevante é un dos camiños posibles e a iso está dedicada a sección
de cada bloque de contidos.
Tentará que se fagan explícitos os preconceptos do alumnado respecto do tema. Detectar
os coñecementos previos dos alumnos e alumnas permite ter un punto de partida para
organizar as actividades e detectar o nivel de dificultade que deberán ter. Tamén é
fundamental coñecer o nivel lingüístico do alumnado e o contexto no que se desenvolve. As
actividades con textos literarios ou linguaxes audiovisuais, pretenden que o alumnado
desenvolva os seus coñecementos acerca dun tema mostrándonos ao mesmo tempo as súas
habilidades e capacidades argumentais e lingüísticas.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
51
Permitirá non desvincular nunca a aprendizaxe dos novos coñecementos das actividades
prácticas para a súa comprensión e explicación. Debemos recoñecer que o tempo que o
alumnado pasa na escola non é, para eles, o máis importante do mundo. As pautas do seu
comportamento teñen a súa orixe fundamentalmente na familia, no grupo de pares e no
contorno social, do que a escola é só unha parte. Levar á escola o que é externo a ela e levar
fóra da escola o que parece só propio desta será o único xeito de provocar cambios no
comportamento social dos nosos alumnos e alumnas. As actividades prácticas deben ter esa
función integradora que permita eliminar as barreiras artificiais entre a escola e o mundo social
no que se moven os adolescentes.
c) O uso dos medios audiovisuais para pór os alumnos e alumnas en relación con situacións
sociais e conflitos que, en ocasións, son difíciles de vivenciar. Resulta empiricamente evidente
que as mensaxes dos medios de comunicación de masas constitúen hoxe o medio
comunicativo no que medran as novas xeracións. Os rapaces e rapazas recoñecen hoxe as
imaxes como o sistema de representación e transmisión de mensaxes máis directo e aceptado.
Non se pode esquecer que o xeito de establecer comunicación co alumnado debe pasar polo
uso dos medios de representación que lle son propios, así como recoñecer que a imaxe é un
dos mellores vehículos para expresar os problemas reais da nosa sociedade e, sobre todo, o
que mellor conecta coa sensibilidade das novas xeracións. Con todo, non se debe esquecer
que a imaxe, sendo como é un gran vehículo de comunicación, ten un grao de concreción tan
importante que debe ser complementado coa utilización da palabra, que permitirá transcender
a descrición de situacións concretas e singulares, accedendo a un plano máis abstracto para a
comprensión dos problemas morais. Por outra parte, a polisemia que encerran as mensaxes
icónicas fai delas causa de bo número de debates, porque o seu significado permanece case
sempre aberto a múltiples interpretacións.
Cremos, en todo caso, que os medios audiovisuais deben usarse como unha actividade de
traballo e non como un accesorio para facer mais agradable a aprendizaxe.
Neste uso dos medios audiovisuais debemos facer especial mención dalgúns instrumentos que
teñen unha especial relevancia nesta proposta metodolóxica:
1. O uso de secuencias cinematográficas como textos culturais
O cine forma parte do noso imaxinario colectivo e, por iso, ofrece unha oportunidade case
única para a análise das formas de representación do mundo social no que vivimos. Optamos
por un uso do cine, non meramente instrumental, senón tamén crítico e conformador das nosas
representacións. O cine debe producir espazos e tempos escolares onde se xere a reflexión e a
polémica.
O obxectivo central das actividades con secuencias cinematográfica é dar ao alumnado a
posibilidade de reflexionar sobre as súas ideas acerca de si mesmo e do mundo en que vive, de
xeito que a secuencia sirva para que nos situemos cognoscitivamente no tema e poida producir
marcos valorativos (éticos e políticos).
As secuencias teñen unha duración breve que equivale en ocasións ao tempo de lectura
dun texto e o seu visionado pode reforzarse coa lectura do guión da escena. Están escollidas
para que teñan unha estrutura pechada que non faga necesario ver a película completa.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
52
A natureza das actividades esixe que se deixe sentir a voz do alumnado, creando unha
comunidade de diálogo que estimule a capacidade de elaborar respostas ante os conflitos
sociais.
2. A análise dos textos publicitarios
A publicidade é unha forma de ordenar signos visuais e códigos lingüísticos co obxecto de
apoiar a venda dun produto. Combinando recursos formais e de contido dun xeito creativo,
prodúcese unha nova canle de comunicación cunhas características propias. A actividade de
crear mensaxes publicitarias fundaméntase en artellar e seleccionar un conxunto de signos e
símbolos que poden ter manifestacións textuais, orais, corporais ou formais e que se constitúen
dun xeito ou doutro na mensaxe a través do xeito en que foron combinados e ordenados. A
combinación e a estrutura formal da linguaxe publicitaria posibilita unha mensaxe que transmite
non só o mundo real senón un universo de simbolizacións que conforman e estruturan a mesma
realidade do suxeito.
Despois da segunda guerra mundial as empresas iniciaron unha publicidade agresiva que
tentaba lograr cambios nos valores, actitudes e crenzas para conseguir unha sociedade de
consumo insaciable e en crecemento continuo. Durante os anos 50 e 60 impúxose a
publicidade persuasiva que creaba anuncios enganosos a través de trucos publicitarios e sen
demasiadas preocupacións éticas. Pero nas décadas seguintes demostrouse que os trucos
publicitarios perderan relevancia e capacidade de persuasión, e iniciouse unha publicidade
baseada na análise sociolóxica de estilos de vida e valores. De xeito que a publicidade tentaría
usar, a partir daquela, os valores e estilos de vida dos individuos para lograr o cambio de
actitudes que perseguía.
O noso propósito será guiar ao alumnado para que poida ver a publicidade coma un
axente sociolóxico que inflúe ao mesmo tempo que recolle os valores da sociedade na que
vivimos.
3. O uso do cómic como texto alternativo
O «cómic» (tira debuxada, narración gráfica…) é unha das novas forma de comunicación
de masas. Utiliza a prensa diaria, os cadernos de historietas, os libros, formas de difusión todas
elas que permiten a multiplicación numerosa do orixinal e, polo tanto, a facilidade na posta a
disposición do público.
Como calquera outro medio de comunicación non está illado do conxunto da cultura nin
das demais formas artísticas. As relacións entre cómic e literatura, pintura ou cine, son moi
importantes. Como todas estas manifestacións culturais proporciona unha vantaxe para a
comunicación: unha linguaxe fácil e común para todos.
Mais, o cómic, a diferenza doutras artes máis elitistas, ten implicacións sociais moi fortes.
Ao igual que o cine, fai a súa aparición como un produto da civilización capitalista que se
sustenta no consumo. A economía de consumo potenciou o uso da imaxe ata constituíla na
linguaxe do noso tempo e, como toda linguaxe, é un vehículo de transmisión de significados,
pero tamén de valores, normas, visións do mundo e crenzas.
A importancia do cómic como vehículo de crenzas, normas e lugares comúns está presente
non só na universalidade da súa linguaxe, senón tamén na capacidade que ten de chegar a un
número moi grande de persoas. Hai cómics para todos os gustos e estéticas, dende o máis
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
53
intelectual ata as historietas disparatadas ou de aventuras. E, por iso, as historietas poden
constituír documentos valiosos no momento de facer aplicacións didácticas, tanto polo seu
carácter lúdico, como pola proximidade da súa linguaxe.
Por outra parte, o valor cultural do cómic, considerado hoxe como unha forma de arte
contemporánea e unha linguaxe sen límites estruturais, fai que valla a pena que o profesorado
se tome a molestia de introducilo na aula como un documento alternativo de traballo, e que o
alumnado aprenda, ao mesmo tempo que contidos teóricos, a maneira correcta de ollar unha
viñeta, ou os contidos implícitos que se agachan nela.
2.3.-. OBXECTIVOS XERAIS DA ETAPA
As materias Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos e a Educación Ético-cívica na
etapa da Educación Secundaria Obrigatoria, segundo establece o Real Decreto 1190/2012, de 3
de agosto, terán como obxectivo o desenvolvemento das seguintes capacidades:
1. Recoñecer a condición humana na súa dimensión individual e social.
2. Desenvolver as habilidades comunicativas e sociais que permiten participar en actividades
de grupo con actitude solidaria e tolerante, utilizando o diálogo e a mediación para abordar
conflitos.
3. Desenvolver a iniciativa persoal asumindo responsabilidades e praticar formas de
convivencia e participación baseadas no respecto, na cooperación e no rexeitamento á
violencia, aos estereotipos e aos prexuízos.
4. Coñecer e valorar a Declaración universal dos dereitos humanos, o Convenio europeo de
dereitos e liberdades, a Constitución española e o Estatuto de Autonomía de Galicia,
identificando os valores fundamentais.
5. Coñecer e valorar a igualdade esencial dos seres humanos e a relación existente entre a
liberdade e a responsabilidade individuais.
6. Recoñecer a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, valorar a diferenza de sexos e a
igualdade de dereitos entre eles e rexeitar os estereotipos e prexuízos que supoñan
discriminación entre homes e mulleres. Fomentar a corresponsabilidade e o compartir as tarefas
domésticas e de coidado, tanto polos homes como polas mulleres.
7. Coñecer e apreciar os principios que fundamentan os sistemas democráticos e o
funcionamento da Comunidade Autónoma de Galicia, do Estado español e da Unión Europea,
as súas institucións, as súas normas e os procesos político-xurídicos, os seus valores e
símbolos.
8. Coñecer os fundamentos do modo de vida democrático e aprender a obrar de acordo con
eles nos diferentes ámbitos de convivencia.
9. Asumir o principio de correlación entre deberes e dereitos e reflexionar sobre as causas
que provocan a violación dos dereitos.
10. Valorar a importancia da participación na vida política e doutras formas de participación
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
54
cidadá, como a cooperación, o asociacionismo e o voluntariado.
11. Coñecer nos seus termos fundamentais a Constitución española, o Estatuto de Autonomía
de Galicia, a Declaración dos dereitos humanos e o Convenio europeo de dereitos e
liberdades. Valorar as accións encamiñadas á consecución dunha paz e seguridade
fundamentadas no respecto a estes dereitos fundamentais e a participación activa como medio
para lograr un mundo máis xusto.
12. Adquirir un pensamento crítico e reflexivo, baseado nun coñecemento rigoroso e ben
informado, así como valorar as razóns e argumentos dos outros.
13. Coñecer as normas de seguridade viaria e as causas e consecuencias dos accidentes de
circulación.
14. Asumir unha cultura de respecto do medio ambiente e uns hábitos de vida saudables que
os protexan ante as doenzas e ante as adiccións.
2.4. COMPETENCIAS BÁSICAS DA ETAPA
A Educación para a Cidadanía e os Dereitos Humanos relaciónase directamente coa
competencia social e cidadá, pero a complexidade das sociedades democráticas esixe facer fronte
a unha serie de novos desafíos como o coidado do ambiente, a orientación do desenvolvemento
tecnocientífico, a responsabilidade polas xeracións futuras, a igualdade entre os sexos, a loita
contra novas formas de exclusión social e contra as existentes, que impiden desvincular a
competencia social e cidadá do desenvolvemento das demais competencias básicas. Negarlle á
cidadanía a participación no debate sobre estas cuestións, entre outras, sería contraditorio cos
valores democráticos. Unha cidadanía activa debe ter capacidade de elixir, pero ser quen de elixir
esixe ser quen de formular preguntas, observar, seleccionar, analizar, sintetizar información e
transformala en coñecemento, explicitar ideas, construír argumentos, formular hipóteses, etc.
Estamos a falar de destrezas relacionadas con diferentes competencias (competencia en
comunicación lingüística, para aprender a aprender, autonomía e iniciativa persoal, etc.), que é
necesario adquirir se o obxectivo é a formación integral do alumnado e a súa preparación para a
vida social.
En relación coa competencia social e cidadá a educación para a cidadanía afronta o ámbito
persoal e público implícito nela propiciando a adquisición de habilidades para vivir en sociedade e
para exercer a cidadanía democrática. Ademais de contribuír a reforzar a autonomía, a autoestima
e a identidade persoal, favorece o desenvolvemento de habilidades que permiten participar, tomar
decisións, elixir a forma axeitada de comportarse en determinadas situacións e responsabilizarse
das decisións adoptadas e das consecuencias derivadas destas. Tamén contribúe a mellorar as
relacións interpersoais xa que traballa as habilidades encamiñadas a lograr a toma de conciencia
dos propios pensamentos, valores, sentimentos e accións.
Contribúese tamén á competencia a partir da adquisición do coñecemento dos fundamentos e
dos xeitos de organización dos Estados e das sociedades democráticas e doutros contidos
específicos como a evolución histórica dos dereitos humanos e a forma na que se concretan e se
respectan ou se vulneran no mundo actual, particularmente, en caso de conflito ou por parte de
réximes non democráticos.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
55
Contribúese directamente á dimensión ética da competencia social e cidadá, favorecendo que o
alumnado recoñeza os valores do contorno e, á vez, poida avalialos e comportarse
coherentemente con eles, ao tomar unha decisión ou ao afrontar un conflito. Así mesmo, débese
favorecer o coñecemento dos valores universais e dos deberes contidos na Declaración universal
dos dereitos humanos, no Convenio europeo de dereitos e liberdades, na Constitución española e
no Estatuto de Autonomía de Galicia.
A educación para a cidadanía contribúe ao desenvolvemento da competencia de aprender a
aprender, fomentando o estímulo das habilidades sociais, o impulso do traballo en equipo, a
participación e o uso sistemático da argumentación, a síntese das ideas propias e alleas, a
confrontación ordenada e crítica do coñecemento, a información e a opinión.
Contribúese tamén ao desenvolvemento da competencia básica de autonomía e iniciativa
persoal, porque se desenvolven iniciativas de planificación, toma de decisións, participación e
asunción de responsabilidades. O currículo atende especialmente á argumentación, á construción
dun pensamento propio, ao estudo de casos que supoñan unha toma de postura sobre un
problema e as posibles solucións.
O uso sistemático do debate contribúe á competencia en comunicación lingüística, porque
esixe exercitarse na escoita, na exposición e na argumentación. Por outra banda, a comunicación
de sentimentos, ideas e opinións, imprescindibles para lograr os obxectivos da materia, ao
empregar tanto a linguaxe verbal como a escrita, a valoración crítica das mensaxes explícitas e
implícitas en fontes diversas e, particulamente, na publicidade e nos medios de comunicación
tamén axudan á adquisición da competencia. Finalmente, o coñecemento e o uso de termos e
conceptos propios da análise do social fan posible a ampliación do vocabulario.
A necesidade de buscar, obter, analizar, sintetizar e relacionar a información procedente de
distintas fontes, comprendela e integrala para producir coñecemento, comunicala, facer inferencias
e deducións son procedementos que contribúen tamén a desenvolver a competencia tratamento da
información e competencia dixital.
A educación para a cidadanía permite tamén mellorar a competencia cultural e artística,
porque o desenvolvemento de habilidades sociais para a convivencia nunha sociedade plural, esixe
ser quen de apreciar o feito cultural nas súas diversas manifestacións.
Finalmente, ser conscientes da importancia do uso responsable dos recursos naturais, da
necesidade de preservar o ambiente, potenciar o consumo responsable e unha forma de vida
saudable, son contidos con que desde a educación para a cidadanía é posible contribuír tamén ao
desenvolvemento da competencia no coñecemento e interacción co mundo físico.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
56
2.5.- CONTIDOS XERAIS DE EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA E OS DEREITOS HUMANOS
2º ESO
Bloque 1. Contidos comúns
– Exposición de opinións e xuízos propios con argumentos razoados e capacidade para
aceptar as opinións dos outros. O diálogo.
– Preparación e realización de debates sobre aspectos relevantes da realidade.
– Análise comparativa e avaliación crítica de informacións achegadas polos medios de
comunicación sobre un mesmo feito ou cuestión de actualidade. Feitos e opinións.
Bloque 2. Persoa e sociedade
– Autonomía persoal e relacións interpersoais. Modelos socioculturais e autoestima, xestión
das emocións, desenvolvemento de factores de protección fronte ás doenzas, ás adiccións e ao
consumismo.
– O carácter social do ser humano: persoa e sociedade. A familia no marco da Constitución
española. O desenvolvemento de actitudes non violentas na convivencia diaria. A noción de
cidadanía. Os criterios xurídicos de adquisición da nacionalidade española. Os valores
fundamentais da Constitución española e do Estatuto de Autonomía de Galicia: os seus
símbolos. Dereitos civís, políticos, económicos e sociais. A xustiza.
– A equidade e a solidariedade. O coidado das persoas dependentes. Axuda a compañeiros
ou persoas en situación desfavorecida.
– A participación no centro educativo.
Bloque 3. Deberes e dereitos cidadáns
– Declaración universal dos dereitos humanos e outros pactos e convenios internacionais
asociados, como o Convenio internacional de dereitos civís e políticos de Nacións Unidas e o
Convenio europeo de dereitos e liberdades. A protección dos dereitos humanos fronte ás
violacións. Os tribunais internacionais. A extensión dos dereitos humanos: un reto do mundo
actual.
– Igualdade de dereitos e diversidade. Respecto e valoración crítica das opcións persoais
dos cidadáns con respecto aos límites impostos pola lexislación.
– A conquista dos dereitos das mulleres e a súa situación no mundo actual. Os dereitos
laborais e a conciliación entre a vida familiar e laboral.
– Os deberes cara á natureza e ao medio ambiente. Xestión de residuos e consumo eficiente.
Preservación do noso patrimonio natural. A contaminación acústica.
– Bens comúns e servizos públicos. Os impostos e a contribución dos cidadáns ao
sostemento dos servizos de interese xeral. O estado do benestar. Nocións básicas sobre o
sistema de Seguridade Social e o sistema español de pensións.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
57
Bloque 4. As sociedades democráticas do século XXI
– O Estado de dereito: o seu funcionamento. O modelo político español: a Constitución
española, o Estatuto de Autonomía de Galicia e o Estado das autonomías. A política como
servizo á cidadanía: a responsabilidade pública. O deber de transparencia na xestión pública.
– As sociedades democráticas como sociedades plurais e abertas.
– As democracias representativas. O Parlamento. A participación dos cidadáns. As
eleccións. A opinión pública.
– Diversidade social e cultural. Convivencia de culturas distintas nunha sociedade plural
dentro do marco constitucional.
– A dimensión económica da sociedade humana. Liberdade política e liberdade económica.
O papel da iniciativa económica privada na xeración de riqueza e o fomento do espírito
emprendedor. As ONG e a sociedade civil.
– Consumo racional e responsable. Recoñecemento dos dereitos e deberes dos
consumidores.
– Estrutura e funcións da protección civil. Prevención e xestión dos desastres naturais e
provocados.
– A circulación viaria e a responsabilidade cidadá. Accidentes de circulación: causas e
consecuencias.
Bloque 5. Cidadanía para un mundo global
– Os conflitos no mundo actual: terrorismo, estados falidos, fanatismo relixioso. Dereito
internacional humanitario.
– A loita contra o subdesenvolvemento e accións para lograr un mundo máis próspero e
máis xusto.
– Globalización e interdependencia. O uso das tecnoloxías da información e da
comunicación, novas formas de relación e lecer. Dereito á privacidade e respecto á propiedade
intelectual.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
58
2.6.- OBXECTIVOS DIDÁCTICOS DE EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA E OS DEREITOS HUMANOS 2º
ESO
Bloque 1. Somos persoas: relacionámonos e
participamos na vida social
1.Recoñecer a condición humana na súa dimensión individual e social, tomando conciencia da
propia identidade, das características e experiencias persoais, respectando as diferenzas cos
outros e desenvolvendo a autoestima.
2.Coñecer e expresar os sentimentos e as emocións e desenvolver a afectividade nas relacións cos
outros, manifestando unha actitude aberta, solidaria e respectuosa, rexeitando os estereotipos,
os prexuízos e a violencia en todas as súas formas.
3.Recoñecer e asumir a igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, valorar a
diferenza de sexos rexeitando os estereotipos e prexuízos que supoñan discriminación e
participar activamente na prevención da violencia de xénero.
Bloque 2. Temos dereitos, temos deberes
1.Asumir a pluralidade das sociedades actuais recoñecendo a diversidade como enriquecedora da
convivencia e defender a igualdade de dereitos e oportunidades de todas as persoas, rexeitando
as situacións de inxustiza e as discriminacións existentes por razón de sexo, orixe, crenzas,
diferenzas sociais, orientación afectivo-sexual ou de calquera outro tipo, como unha
vulneración da dignidade humana e causa perturbadora da convivencia.
2.Recoñecer e asumir a igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes, valorar a
diferenza de sexos rexeitando os estereotipos e prexuízos que supoñan discriminación e
participar activamente na prevención da violencia de xénero.
3.Coñecer e analizar as principais teorías éticas que máis contribuíron ao recoñecemento das
liberdades e dos dereitos das persoas.
4.Comprender a definición de «dereitos humanos», as súas características definitorias e os seus
ámbitos de aplicación.
5.Recoñecer as causas que provocan a violación dos dereitos humanos: a pobreza e a
desigualdade.
6.Comprender a relación entre os conflitos armados e o subdesenvolvemento, como fonte da
desigualdade e o conflito.
7.Valorar as accións encamiñadas á consecución da paz e a participación activa como medio para
lograr un mundo máis xusto.
8.Coñecer, valorar e exercer os dereitos e asumir responsablemente os deberes e as obrigacións
que se derivan das declaracións internacionais de dereitos humanos, identificando os valores
que os fundamentan.
9.Coñecer a orixe histórica dos Dereitos Humanos e as concrecións dos mesmos que tiveron lugar
ao longo da historia (dereitos do neno/a, dereitos das mulleres…).
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
59
Bloque 3. Vivimos nunha sociedade democrática
1.Coñecer e apreciar os principios e valores que fundamentan e lexitiman os sistemas
democráticos e o funcionamento da Comunidade Autónoma de Galicia, do Estado español e da
Unión Europea, tomando conciencia do patrimonio común e da diversidade social e cultural.
2.Coñecer os fundamentos do modo de vida democrático e aprender a obrar de acordo con eles
nos diferentes ámbitos da convivencia. Asumir os deberes cidadáns na mantenza dos bens
comúns e recoñecer o papel do Estado como garante dos servizos públicos.
3.Coñecer as diversas formas de participación política, desenvolver habilidades dialóxicas
orientadas á participación democrática e valorar a importancia da participación cidadá, ben
sexa na vida política institucionalizada ou noutras formas de participación como a cooperación,
o asociacionismo e o voluntariado.
4.Desenvolver a iniciativa persoal, actuar con autonomía, asumindo responsabilidades individuais
e colectivas e practicar formas de convivencia e participación baseadas no respecto, utilizando
o diálogo e a mediación para evitar e resolver os conflitos.
5.Coñecer, valorar e exercer os dereitos e asumir responsablemente os deberes e as obrigas que se
derivan das declaracións internacionais de dereitos humanos e da Constitución española e o
Estatuto de Autonomía de Galicia, identificando os valores que os fundamentan.
6.Adquirir un pensamento crítico, desenvolver un criterio propio e adquirir habilidades para
comunicar as propias ideas e defender as propias posicións en debates, a través da
argumentación documentada e razoada, así como para escoitar e valorar as razóns e
argumentos das outras persoas.
7.Practicar o diálogo coa realidade social en continuo proceso de transformación, como
instrumento para a análise crítica das conviccións persoais e a formulación dun proxecto de
vida propio, na dimensión persoal, cívica e profesional.
8.Coñecer e valorar o exercicio dos dereitos e a responsabilidade das obrigas como elemento
esencial da condición de cidadán.
9.Por en valor a noción de pertenza a una comunidade como base da cidadanía.
10.Coñecer o fundamento constitucional dos estados democráticos.
11.Coñecer as principais formas de organización política.
Bloque 4. Somos cidadáns nun mundo global
1.Identificar as posicións morais que están na orixe dos principais problemas e conflitos do mundo
actual.
2.Recoñecer a importancia da análise ética na resolución dos conflitos actuais.
3.Fomentar a actitude crítica ante os modelos que se transmiten a través dos medios de
comunicación.
4.Procurar as destrezas básicas para a utilización das fontes de información.
5.Recoñecerse membros dunha cidadanía global, baseada nos valores da liberdade, a igualdade e a
xustiza. Respectar os costumes e modos de vida de poboacións distintas.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
60
6.Manifestar comportamentos solidarios coas persoas e colectivos desfavorecidos.
7.Coñecer as causas que provocan a violación dos dereitos humanos, a pobreza e a desigualdade,
así como a relación entre os conflitos armados e o subdesenvolvemento.
8.Valorar as accións encamiñadas á consecución da paz e a seguridade e a participación activa
como medio para lograr un mundo máis xusto.
9.Adquirir un pensamento crítico, desenvolver un criterio propio e adquirir habilidades para
comunicar as propias ideas e defender as propias posicións en debates, a través da
argumentación documentada e razoada, así como para escoitar e valorar as razóns e
argumentos das outras persoas.
10.Comprender a relación entre os conflitos armados e o subdesenvolvemento, como fonte da
desigualdade e o conflito.
2.7.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN
DE EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA E OS DEREITOS HUMANOS 2º ESO
A avaliación
Nunha materia como a educación para a cidadanía, a avaliación adquire un compromiso
fundamental, o de manter os mesmos valores nos que pretende educar. Dende o noso enfoque
educativo, entendemos que a avaliación non é simplemente unha acción técnica enfocada a medir
os resultados. É máis ben, e sobre todo, unha acción práctica, no sentido da praxe aristotélica, que
ten implicacións éticas, porque supón un compromiso con determinados valores que se realizan no
propio proceso educativo.
Hai que darlle á avaliación un sentido educativo e formativo, evitando as funcións
distorsionadas, como a punitiva ou a coercitiva. Non se pode esquecer que a avaliación cumpre
funcións non declaradas, que normalmente quedan ocultas, como as de clasificar, xerarquizar,
sancionar, castigar condutas ou servir á reprodución social.
A avaliación continua ten que entenderse como diagnóstico permanente de progresos e de
dificultades durante o proceso, como seguimento do traballo diario, tratando de (re)axustar a
axuda pedagóxica ás diversas necesidades do alumnado. A avaliación ten que referirse,
especialmente nesta materia, non só aos conceptos, senón tamén aos hábitos, procedementos e
valores que se propoñen ao alumnado.
Para facer unha avaliación en educación para a cidadanía, deberemos transmitir con ela os
valores que se defenden na aprendizaxe da materia. Se queremos transmitir os valores de
responsabilidade e autonomía, non podemos excluír o propio alumno ou alumna do proceso de
avaliación. Unha avaliación democrática dálles voz aos participantes, aos protagonistas do
proceso de aprendizaxe. Por iso cómpre acordar co alumnado os propios criterios e formas de
avaliación.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
61
A avaliación terá en conta os seguintes aspectos e criterios:
1. Recoller e analizar información sobre os procesos de formación e evolución dos valores e
normas morais, tanto no plano social e histórico como no psicolóxico e persoal. Con este
criterio preténdese que o alumnado adquira o xuízo crítico necesario para ser partícipe dos
valores e normas morais vixentes na nosa sociedade.
2. Participar con madurez en debates e discusións de conflitos, utilizando a argumentación e
excluíndo comportamentos violentos, compulsivos ou con faltas de respecto aos demais
suxeitos do debate. Con este criterio preténdese avaliar o seu progreso na adquisición das
habilidades de expresión dos propios valores, pensamentos, sentimentos e accións, clave na
xestión das relacións interpersoais. Ademais desenvolverase tamén a adquisición dunha
conciencia crítica e autónoma, así como sentimentos de empatía e tolerancia.
3. Ler e analizar textos (filosóficos, literarios, cinematográficos…). Con este criterio
avaliarase os progresos nas capacidades lingüísticas do alumnado, ás súas habilidades para
identificar, valorar e incorporar os propios pensamentos e valores á lectura dun texto.
4. Analizar datos e documentación de diferente tipo (informes, vídeos, prensa…) que
conteñan información relevante sobre os problemas aos que se enfronta a nosa sociedade. Con
este criterio preténdese avaliar os coñecementos sobre a sociedade actual nas súas distintas
facetas, así como o desenvolvemento da súa predisposición á cooperación na construción
dunha sociedade xusta e solidaria.
5. As actitudes que mostre no transcurso da actividade da clase e que poidan ser coherentes
ou non co que manifeste oralmente ou por escrito.
6. A integración que faga dos distintos coñecementos que se lle proporcionan dende a
antropoloxía cultural, a psicoloxía, a etoloxía, etcétera.
Procedementos de avaliación:
Tendo en conta o principio de atención á diversidade do alumnado (en capacidade, intereses,
estilos cognitivos, motivación etc.), a avaliación usará unha pluralidade de métodos e de
instrumentos, procurando non reducila só á proba escrita tradicional. Entre estes instrumentos
podemos citar os seguintes:
1. A observación sistemática da vida da aula, valorando o grao de participación, o esforzo
realizado, o interese e implicación nas tarefas diarias, os intercambios e intervencións orais, as
exposicións de informacións específicas etc.
2. O caderno de aula: nel aparecen reflectidas actividades diversas, como comentarios de
textos, vocabulario, sínteses informativas, mapas conceptuais etc.
3. Traballos monográficos, elaborados a nivel individual ou grupal, así como lecturas de
libros relacionados co temario.
4. A autoavaliación razoada, encamiñada a autorregular a propia aprendizaxe con
responsabilidade e autonomía. A autoavaliación, ademais de fomentar a autoestima do
alumnado, pode achegar unha valiosa información sobre as expectativas de éxito ou fracaso.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
62
Compromete ademais, democraticamente, ao alumnado na valoración da propia aprendizaxe e
na toma de decisións. As cualificacións dialogadas serán, así, unha responsabilidade compartida
entre a autoavaliación e a heteroavaliación feita polo profesorado. Dende unha pedagoxía da
autonomía, a autoavaliación é sempre a meta ideal.
5. Probas escritas, ás que hai que darlle sempre un sentido educativo. Estas poden tamén
someterse á autocorrección do propio alumnado. Tomando consciencia dos acertos e
aprendendo dos erros cometidos, poderán mellorar o proceso de aprendizaxe.
En conclusión, a forma de avaliar ha de gardar coherencia coa metodoloxía proposta e estar
guiada por unha racionalidade dialóxica. Iso esixe establecer na aula un clima de comunicación
fluída entre profesorado e alumnado. Se é importante a participación na aprendizaxe, non o é
menos no eido da avaliación. Ensinanza, aprendizaxe e avaliación forman un triángulo inseparable.
Sistemas de cualificación:
Probas escritas 50 %
Caderno diario 20 %
Participación e actitude 20 %
Traballo escrito 10 %
Nas probas extraordinarias esixirase ao alumnado os mínimos que constan na
programación e a nota será APTO ou NON APTO, entendendo que numericamente estaríamos
a falar de 5 puntos.
Criterios de avaliación de Educación para a
Cidadanía e os Dereitos Humanos 2º ESO
1. Valorar a liberdade e a responsabilidade persoais. Identificar e rexeitar, a partir da análise
de feitos reais ou figurados, situacións de discriminación.
2. Participar na vida do centro e do contorno e practicar o diálogo.
3. Rexeitar a discriminación e toda violación dos dereitos humanos. Utilizar diferentes fontes
de información e considerar as distintas posicións e alternativas existentes nos debates que se
formulen sobre problemas e situacións de carácter local ou global.
4. Identificar os principios básicos da Declaración universal dos dereitos humanos e a súa
evolución, distinguir situacións de violacións destes.
5. Recoñecer os principios democráticos e as institucións fundamentais que establece a
Constitución española e o Estatuto de Autonomía de Galicia e describir a organización,
funcións e formas de elección dalgúns órganos de goberno municipais, autonómicos e estatais.
6. Identificar os principais servizos públicos que deben garantir as administracións, recoñecer
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
63
a contribución dos cidadáns ao seu mantemento e amosar, ante situacións da vida cotiá,
actitudes cívicas relativas ao coidado da saúde, do contorno, da seguridade viaria, da
protección civil e do consumo responsable.
7. Coñecer e valorar o impacto das novas tecnoloxías (dereito á privacidade e repecto á
propiedade intelectual), a globalización ou algúns dos trazos das nosas sociedades actuais
(pluralidade cultural, sociedade do coñecemento, etc.) na nosa convivencia cívica.
8. Recoñecer a existencia de conflitos e as súas principais causas. Valorar a importancia do
Dereito internacional humanitario para paliar as consecuencias dos conflitos.
2.8.- ATENCIÓN Á DIVERSIDADE E TEMAS TRANSVERSAIS
Atención á diversidade
Os materiais que presentamos, pola súa propia natureza e metodoloxía, son susceptibles de
ter un tratamento diversificado. As actividades que se propoñen teñen alternativas na imaxe ou
nos textos e poden (e deben) relacionarse con situación concretas do alumnado. Como queira
que o punto de partida é sempre a situación concreta e vivencial do alumno ou alumna, será
este o que marque o punto de partida e o enfoque de cada unidade.
Temas transversais
O tratamento da imaxe no texto constituirá o material de reflexión nas temáticas transversais:
educación viaria, coidado do medio ambiente, problemática de xénero e educación para a paz e a
convivencia:
• Imaxes de conflitos familiares.
• Imaxes de tratamento inadecuado dos animais.
• Imaxes que representan diferentes tipos de códigos: viarios, relixiosos…
• Imaxes que representan diferentes condutas contrarias á convivencia: pintadas de graffitis.
A análise dos medios de comunicación de masas, fundamentalmente cine, videoxogos, prensa e
internet, usarase para poñer énfase na variedade de problemas morais e na pluralidade étnica da
nosa sociedade, ao tempo que se fomenta a tolerancia, o respecto pola diversidade e os valores de
equidade e xustiza social.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
64
2.9.- MATERIAIS
Posible material audiovisual:
1º trimestre:
El señor de las moscas, de Peter Brook
El bola, de Achero Mañas
Hormigas, de Robert Scheerer
2º trimestre:
Las bicicletas son para el verano, de Jaime Chávarri
La ciudad de la alegría, de Roland Joffé
No sin mi hija, de Brian Gilbert
3º trimestre:
Bailando con lobos, de Kevin Costner
Un franco, 14 pesetas, de Carlos Iglesias
Oliver Twist, de Roman Polanski
2.10.- TEMPORALIZACIÓN
Primeiro trimestre:
1.- A familia e o centro educativo
2.- Os dereitos humanos
Segundo trimestre:
3.- Sociedades democráticas do século XXI: a España democrática
4.- A participación cidadá
Terceiro trimestre:
5.- A loita contra a discriminación
6.- Desenvolvemento sostible e consumo responsable
2.11.- MÍNIMOS ESIXIBLES
O que nos fai persoas e cidadáns
Os dereitos humanos e o seu fundamento
Rasgos fundamentais dos sistemas democráticos
A Constitución española e o Estatuto de Galicia
Problemas da globalización
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
65
III.- Educación ético-cívica (4º E.S.O.)
3.1.- INTRODUCCIÓN
Analizando os obxectivos e contidos do Real decreto 1190 do 3 de agosto de 2012 sobre
a materia Educación ético-cívica de 4º de ESO, parece que a formulación expresa dos contidos
que aparecen no Decreto do Currículo non é a mais axeitada: só unha notable inxenuidade ou
inexperiencia educativa permitiría crer que poden traballarse substantivamente e con éxito en 4º da
E.S.O. tal multiplicidade de temas nunha soa hora de clase semanal. Resulta máis doado
compartir as intencións educativas xerais que animan a organización xeral da materia, así como as
actitudes e procedementos que aparecen no Decreto para a mesma, que a formulación precisa dos
temas conceptuais establecidos nel.
Esta necesidade de reformular os temas e adaptalos á situación de cada centro, no senso
de “moral provisional”, non parece ser contraria ás intencións de organización dun currículo que
fai fincapé en que a materia de ética e cidadanía debe ser un instrumento destinado a potenciar o
desenvolvemento nos adolescentes dun razoamento moral autónomo dende o que o poder encarar
os problemas da sociedade actual.
Por iso este Seminario de Filosofía fai esta programación tratando de reformular os
contidos da materia Éducación ético cívica noutros termos que, por un lado, amosen unha mais
estreita conexión cos obxectivos xerais da etapa e, por outra, teñan maior virtualidade pedagóxica
para a elaboración das unidades, aínda que con elo se poida perder algo do seu “tecnicismo
filosófico”.
Parece obvio que a duración dun curso, nunha materia que dispón só dunha hora semanal,
limita o desenrolo de mais de tres ou catro unidades significativas. Nós seleccionamos tres
unidades cunha temporalización aproximada de doce clases cada unha, o que as permitirá
desenrolar adecuadamente ao longo do curso.
As unidades a traballar son as seguintes.
I.- O RETO DE SER PERSOA
II.- OS DEREITOS HUMÁNS E A DEMOCRACIA: a Constitución española, o
Estatuto de Autonomía e a Declaración universal dos dereitos humanos.
III.- OS FUNDAMENTOS DA VIDA MORAL e POLÍTICA: Liberdade e
responsabilidade
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
66
A selección destas tres unidades para guiar o desenrolo dos conceptos da nosa materia
non é arbitraria. Seguimos para dita selección catro criterios principais que expoñemos no
seguinte cadro:
CRITERIOS
CONDICIÓNS E OBXECTIVOS
Filosófico
(fonte epistemolóxica)
Relevancia e pertinencia filosófica (ética dos temas tratados)
Contexto curricular
(fonte pedagóxica)
Encher bacíos curriculares sobre temas morais de interese
educativo
Socio-político
(fonte sociolóxica)
Importancia social dos temas
Psicolóxico
(fonte psicolóxica)
Adecuación dos temas ás capacidades e intereses do alumno do
derradeiro curso da E.S.O.
Os desenrolos destes criterios levounos á elección das tres temáticas ao longo do curso no
seguinte orden:
1º trimestre.- O RETO DE SER PERSOA
O obxectivo é facerlle ver ao alumnado que as relacións interpersoais, a saúde, as tarefas e
a orientación que lle deamos á nosa vida son fundamentais para nos realizar como persoas; e o
importante que é o principiar a elaborar un proxecto de vida no que se poidan integrar os
acontecementos máis importantes e previsibles que quedan por vivir. Con isto tentaremos que
adopten unha actitude responsable coa súa vida e respectuosa coa vida dos demais.
2º trimestre.- OS DEREITOS HUMÁNS E A DEMOCRACIA: a Constitución
española, o Estatuto de Autonomía e a Declaración universal dos dereitos humanos. O obxectivo desta unidade é que o alumnado reflexione sobre os dereitos humáns e a
noción de democracia e valore a importancia da participación cidadá para o funcionamento das
institucións democráticas ao tempo que identificará os valores constitucionais e o coñecemento de
dereitos e deberes fundamentais recoñecidos na Constitución Españolas e no Estatuto de
autonomía de Galicia.
3º trimestre.- OS FUNDAMENTOS DA VIDA MORAL e POLÍTICA:
Dende esta unidade os alumnos terán que distinguir entre ética e moral, situando á
primeira entre as disciplinas filosóficas e a segunda como unha dimensión específica dos seres
humanos, un saber que axudará a orientar a nosa vida, diferenciándoo da relixión, do Dereito e da
política.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
67
3.2.- OBXECTIVOS
1.- Coñecer e comprender os trazos específicos que fundamentan a moralidade humana na
súa practica individual e social.
2.- Comprender o xénese dos valores e das normas morais e a súa fundamentación
obxectiva e común a tódolos seres humanos presente na Declaración Universal dos Dereitos
humanos.
3.- Valorar criticamente o pluralismo cultural e moral das sociedades modernas.
4.- Identificar e analizar os principais proxectos éticos contemporáneos, sobre todo os
relacionados cos dereitos humanos.
5.- Analizar as diferentes formas de organización política das sociedades actuais, sobre
todo o sistema democrático e o Estado de Dereito como catalizadores da busca da xustiza.
6.- Desenvolver unha actitude construtiva, crítica e tolerante, xustificando as afirmacións,
de xeito que medre no alumnado a idea de que o paradigma dialóxico é o mellor camiño para
solucionar os problemas humanos e sociais.
3.3.- COMPETENCIAS BÁSICAS
Ao longo dos tres núcleos temáticos que imos desenrolar desenvolveremos as seguintes
competencias básicas:
Competencia en comunicación lingüística
Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico
Tratamento da información e competencia dixital
Competencia social e cidadá
Competencia cultural e artística
Competencia para aprender a aprender
Autonomía e iniciativa persoal
3.4.- CONTIDOS
Unidade I.- O reto de ser persoa
CONCEPTUAIS
Conceptos básicos: respecto, dignidade, liberdade,afecto, saúde, sentido da vida.
Causas e consecuencias do consumo de drogas.
O traballo, a propia intimidade e o sentido da vida.
PROCEDIMENTAIS
Análise da propia realidade vital.
Recoñecemento dos límites da liberdade.
Redaccións e debates
ACTITUDINAIS
Valoración positiva do crecemento como persoa
Coidado responsable da saúde corporal e psíquica
Actitude afectuosa, esperanzada e ilusionada cara ao futuro e ás persoas coas que se
convive.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
68
Mínimos esixibles:
Conceptos básicos: respecto, dignidade, liberdade,afecto, saúde, sentido da vida.
Causas e consecuencias do consumo de drogas.
Recoñecemento dos límites da liberdade.
Coidado responsable da saúde corporal e psíquica
Temporalización:
Esta unidade desenrolarase ao longo do primeiro trimestre:
3 sesións para o visionado da película
9 sesións para o traballo de aula
Unidade II.- Democracia e dereitos humanos: a Constitución española, o Estatuto de
autonomía de Galicia e a Declaración dos Dereitos Humanos
CONCEPTUAIS
Conceptos básicos: Democracia, participación, constitución española, Estatuto de
autonomía de Galicia, Declaración dos Dereitos humanos, ser cidadán.
Concepto, dimensións e implicacións da cidadanía.
O deber na vida cotiá
PROCEDIMENTAIS
Debates sobre as distintas ideoloxías políticas e o seu concepto de democracia.
Realización de debates nos que os alumnado exprese os distintos deberes a que están
obrigados.
Comentario de textos
ACTITUDINAIS
Convencemento de que a felicidade non é unha utopía.
Valoración crítica dos distintos deberes que nos obrigan na nosa vida cotiá.
Xenerosidade coas persoas coas que convivimos de modo que nos fagamos a vida menos
difícil os uns aos outros.
Mínimos esixibles:
Conceptos básicos: Democracia, participación, constitución española, Estatuto de autonomía de
Galicia, Declaración dos Dereitos humanos, ser cidadán.
Convencemento de que participar na política é un dereito e pode ser un deber
Xenerosidade coas persoas coas que convivimos de modo que nos fagamos a vida menos
difícil os uns aos outros.
Temporalización:
A unidade desenrolarase ao longo do segundo trimestre:
3 sesións para ver a película
9 sesións para o traballo de aula
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
69
Unidade III.- Os fundamentos da vida moral e política
CONCEPTUAIS
Conceptos básicos: moral, ética, política, dereito, relixión.
Distinción entre moral e ética
Os saberes que nos orientan na vida
PROCEDIMENTAIS
Lectura e comprensión do desenvolvemento do tema nos textos e películas a traballar.
Debates en pequenos grupos
Identificación das actitudes e virtudes que configuran o carácter de personaxes de novela
ou de cine
ACTITUDINAIS
Estimación do traballo de investigación e estudo individual e colectivo
Sensibilidade e respecto ás diferentes formas de orientar a vida que temos as persoas.
Recoñecemento do pluralismo como posibilidade para crecer moralmente, tanto de forma
persoal como social.
Mínimos esixibles:
Conceptos básicos: moral, ética, política, dereito, relixión.
Os saberes que nos orientan na vida
Recoñecemento do pluralismo como posibilidade para crecer moralmente, tanto de forma
persoal como social.
Sensibilidade e respecto ás diferentes formas de orientar a vida que temos as persoas.
Temporalización:
Esta unidade desenrolarase ao longo do terceiro trimestre:
3 sesións para o visionado da película
9 sesións para o traballo de aula
3.5.- METODOLOXÍA
A partires de textos, documentais, películas, etc, traballados de forma individual e en
equipo na aula propoñemos unha metodoloxía activa na que por medio de coloquios e debates o
alumnado expoña os seus argumentos que despois serán comparados cos dos seus compañeiros e
sintetizados no caderno con exercicios de reflexión.
Ao finalizar cada unidade intentarase consensuar entre todo o alumnado un decálogo que
recolla os puntos que se consideren mais importantes do tema tratado.
Durante todo o curso os alumnos utilizarán como instrumento de traballo individual o
caderno-diario onde deberá quedar reflectido o seu traballo tanto dentro como fora da aula, así
como as súas impresións sobre os temas tratados.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
70
3.6.- MATERIAIS
Material visual:
Que belo é vivir, de Frank Capra
Billy Elliot, de Stephen Daldry
O club dos poetas mortos, de Peter Weir
3.7.- AVALIACIÓN
a.-) Organización e tenacidade na realización do traballo
Débese organizar o traballo, traballar con regularidade e ter ao día o caderno.
b.-) Corrección dos traballos escritos
A boa expresión e a boa presentación do caderno diario e dos traballos monográficos será
factor avaliable.
c.-) Participación, respecto e cooperación nos traballos de equipo
É necesario traballar ben en equipo, colaborar e non provocar conflitos.
d.-) Participación, respecto e cooperación nos coloquios e debates
A participación nos debates, respectando e sendo tolerante cos demais compañeiros será
un factor avaliable dentro desta materia.
e.-) Análise e comprensión dos temas tratados
O alumnado deberá acadar unha capacidade mínima suficiente para facer un razoamento
moral de xeito crítico e autónomo sobre aqueles problemas morais vixentes na sociedade actual.
Sistemas de cualificación:
Caderno diario 20 %
Participación e actitude 20 %
Probas escritas 60 %
A maiores o alumnado poderá subir un 10% da nota cun traballo optativo ao trimestre.
Nas probas extraordinarias esixirase ao alumnado os mínimos que constan na
programación e a nota será APTO ou NON APTO, entendendo que numericamente estaríamos
a falar de 5 puntos.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
71
3.8.-TEMAS TRANSVERSAIS:
Unidade I :O reto de ser persoa.- traballaremos os temas transversais de Educación para
a convivencia, Educación non sexista, Educación do consumidor e Educación sexual.
Unidade II: Os fundamentos da vida moral e política traballaranse os seguintes temas
transversais: Educación para a convivencia, Educación para a paz, Educación ambiental e
Educación multicultural.
Unidade III: Democracia e dereitos humanos: a Constitución española, o Estatuto de
Autonomía de Galicia e a Declaración do Dereitos humanos.- os temas a traballar serán os
seguintes: Educación sexual, Educación do consumidor, Educación multicultural, Educación non
sexista, Educación para a convivencia e Educación para a paz.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
72
V.- HISTORIA DA FILOSOFÍA (2º de bacharelato)
5.1.- INTRODUCCIÓN
Tódolos alumnos e alumnas de 2º de bacharelato cursan esta materia como obrigatoria,
podendo escoller na proba de acceso á universidade entre un comentario de texto histórico ou un
comentario de texto filosófico, por iso na programación seguiremos as indicacións que propón a
CIUG para este curso.
A función que debe desempeñar a Historia da Filosofía no currículo é dobre: por unha
parte, debe proporcionar unha información básica sobre filósofos e sistemas e, por outra, debe
completar a formación filosófica do alumnado mediante o estudio dalgúns filósofos
representativos de cada época.
Sendo consciente da esaxerada amplitude de contidos que propón o currículo para este
curso, pensamos que a materia non debe caer en prexuízos historiográficos ou doxográficos, nin
tampouco caer no erro de pretender ser unha historia de toda a cultura occidental; por elo, dende
a base dunha contextualización esquemática abordaremos a análise dos problemas tratados no
curso anterior, explicado no contexto das correntes e autores mais importantes da filosofía
occidental, segundo as indicacións que para este curso propón a CIUG.
5.2.- OBXECTIVOS
1.- Coñecer e comprender os diferentes aspectos (temas, autores, escolas) que integran os
períodos nos que se divide a Historia da Filosofía.
2.- Comprender a relación entre os problemas expostos e as teorías propostas con outras
manifestacións teóricas e prácticas do contexto histórico onde foron enunciados
3.- Comprender a Historia da filosofía como un avance en espiral, onde os problemas son
retomados cun crecente nivel de radicalidade metodolóxica.
4.- Recoñecer e situar os problemas filosóficos traballados no curso de 1º de bacharelato
como cuestións xurdidas ó longo da historia.
5.- Comprender os problemas filosóficos fundamentais que ocuparon ós filósofos ó longo
da historia e recoñecer a súa transcendencia para a comprensión do mudo actual.
6.- Aprender a ler e comentar textos filosóficos establecendo entre eles un diálogo crítico
que leve á súa interpretación, comparación e localización.
7.-Aprender a analizar e expoñer adecuadamente de xeito oral e escrito, os problemas e as
teorías filosóficas estudados prestando especial interese ó rigor conceptual e lóxico.
8.- Desenvolver e consolidar a actitude crítica ante opinións contrapostas, someténdoas a
unha reflexión racional, e analizar os conceptos previos, prexuízos e posicións ideolóxicas que
poidan existir como condicionantes.
9.- Comprender e valorar o desenvolvemento das ideas como un continuado esforzo
racional, e comprender e valorar que o diálogo racional é a orixe do mesmo.
10.- Valorar o debate de posicións contrapostas como medio para practicar o respecto aos
demais e a tolerancia positiva contra calquera forma de discriminación.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
73
5.3.- SELECCIÓN DE CONTIDOS
Contidos comúns:
Busca de información a partir de fontes diversas (textos, libros e internet) e integración
desta seguindo criterios temáticos ou metodolóxicos.
Análise e comentario de textos filosóficos, identificando as súas ideas e relacionándoas
coa teoría do autor.
Presenza doa autores e autoras nas diferentes etapas.
Exposicións orais e composicións escritas acerca do pensamento das distintas autorías,
utilizando con propiedade o vocabulario técnico adquirido e incorporando as propias
reflexións de xeito fundamentado.
Participación en debates expoñendo loxicamente o pensamento propio.
5.3.1.- CONTIDOS CONCEPTUAIS
I.- FILOSOFÍA ANTIGA
1.1.- Platón
1.1.1.- A formación da polis grega
1.1.2.- Antecedentes presocráticos
1.1.3.- Os sofistas e Sócrates
1.1.4.- A teoría platónica das ideas diferenzas entre Mundo sensible e
mundo intelixible e os graos de coñecemento
1.1.5.-A concepción política de Platón: antropoloxía platónica e
vinculación da alma á cidade
1.2.- Aristóteles
1.2.1.- A formación da polis grega
1.2.2.- Antecedentes presocráticos
1.2.3.- O tránsito cara o mundo helenístico
1.2.4.- Física e metafísica en Aristóteles: hilemorfismo, cambio e
causalidade
1.2.5.- Ética e política en Aristóteles: areté, a idea de polis e a condición de
cidadán
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
74
II.- FILOSOFIA MEDIEVAL
2.1.- Agostiño de Hipona e Tomé de Aquino
2.1.1.- Santo Agostiño
- Helenismo: filosofía e cristianismo
- As novas ideas fornte ao mundo grego
2.1.2.- San Tomé
- A noción de Escolástica e o nacemento da universidade
- A recepción de Aristóteles. Averroes e o averroismo latino
2.1.3.- O problema razón/fe en San Agostiño e San Tomé
2.1.4.- Lei divina, lei natural e lei positiva en San Tomé.
III.- FILOSOFÍA MODERNA
3.1.- Descartes, Locke e Hume
3.1.1.- Renacemento e Reforma
3.1.2.- A vinculación do empirismo e racionalismo coa revolución
científica
3.1.3.- O problema do método: a idea de substancia en Descartes e o
problema da veracidade divina.
3.1.4.- Fenomenismo e causalidade en Hume
3.1.5.- Ai dea de “estado de natureza” como fundamento ideolóxico do
novo Estado burgués; a teoría do contrato socia len Locke
3.2.- Kant 3.2.1.- Factores políticos sociais e culturais que no XVIII conducen á
Ilustración.
3.2.2.- As novas ideas, progreso, educación ou iluminación, humanidade,
civilización, natureza.
3.2.3.- Características da razón ilustrada
3.2.4.- A idea kantiana de ilustración
3.2.5.- A síntese entre racionalismo e empirismo en Kant.
3.2.6.- O formalismo moral kantiano
IV.- FILOSOFÍA CONTEMPORÁNEA
4.1.- Marx
4.1.1.- As influencias do socialismo utópico, da esquerda hegeliana e da
economía política.
4.1.2.- Revolución industrial e movemento obreiro
4.1.3.- O nacemento das ciencias sociais
4.1.4.- O concepto de alienación
4.1.5.- A análise da mercancía e o concepto de plusvalía.
4.1.6.- O materialismo histórico.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
75
4.2.- Nietzsche
4.2.1.- Un novo marco científico: evolucionismo e positivismo
4.2.2.- A herdanza da Ilustración
4.2.3.- O método xenealóxico
4.2.4.- Crítica da cultura occidental: o nihilismo
4.2.5.- A vontade de poder e o superhome.
5.3.2.- CONTIDOS PROCEDIMENTAIS
1.- Confección de cronoloxías e de esquemas conceptuais que permitan localizar e
relacionar tanto autores como posturas filosóficas.
2.- Interpretación do contido de textos filosóficos, sendo quen de relacionalos coas
condicións sociais e culturais que os enmarcan.
3.- Utilización axeitada das diferentes formas de información e consulta, facendo especial
fincapé nas posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías para a investigación da historia da
filosofía.
4.- Exposición e debates planificados sobre algún autor ou problema filosófico estudados.
5.3.3.- CONTIDOS ACTITUDINAIS
1.- Respecto e aprecio polas correntes filosóficas mais antigas sen as cales sería imposible
interpretar e comprender as reflexións feitas dende o presente mais próximo.
2.- Valorar e comprender o diálogo racional como a ferramenta mais importante para a
libre expresión do pensamento.
3.- Mostrar interese pola lectura e comprensión de obras filosóficas, así como unha
actitude crítica ante os contidos ideolóxicos que poidan subxacer nelas.
4.- Manifestar un talante aberto e tolerante ante a pluralidade de sistemas e ideas.
5.4.-MÍNIMOS ESIXIBLES
Os mínimos esixibles por autor son os que aparecen no apartado de Contidos conceptuais
que son os propostos pola CIUG para a proba de acceso á universidade.
5.5.- TEMPORALIZACIÓN
1º trimestre.- Filosofía antiga (30 sesións)
Platón (15 sesións) e Aristóteles (15 sesións)
2º trimestre.- Filosofía medieval e filosofía moderna I (22 sesións)
Tomás de Aquino (5 sesións), Agostiño de Hipona (5 sesións), Descartes, Locke e Hume
(12 sesións)
3º trimestre.- Filosofía moderna II e contemporánea (17 sesións)
Kant (10 sesións), Marx (4 sesións) e Nietzsche (3 sesións)
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
76
5.6.- METODOLOXÍA E MATERIAIS
Creemos que o traballo directo cos textos dos autores é básico na ensinanza desta materia,
por elo traballaremos con escolmas de textos das distintas épocas para que o alumnado vaia
descubrindo as teorías que propón cada autor, para despois facer traballos de síntese e
comparación, así como mapas conceptuais.
Unhas veces será o alumnado o que traballe dun xeito “virxe”, é dicir, cunha mínima
información sobre a autoría do texto, e outras serán as explicacións previas do profesor as que
sirvan de catalizador para o análise e comprensión dos textos.
A utilización de bibliografía que atoparán na biblioteca do centro e o acceso a paxinas web
deberán servir de complemento ideal para que o alumnado acade os obxectivos propostos nesta
materia.
Material audiovisual:
La rosa púrpura del Cairo, de Woody Allen
El nombre de la rosa, de J.J. Annaud
Galileo Galilei, De Liliana Cavanni
5.7.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN
5.7.1.- De carácter xeral
1.- Situar e contextualizar adecuadamente ós principais filósofos estudados no seu marco
histórico e filosófico.
2.- Relacionar os problemas filosóficos coas principais condicións socioculturais da súa
época e ás que pretenderon dar resposta.
3.- Mostrar e recoñecer a implicación dos sistemas filosóficos no desenvolvemento
histórico das ideas e dos cambios sociais.
4.- Coñecer e manexar adecuadamente o vocabulario filosófico básico adquirido nos dous
cursos de Filosofía de bacharelato.
5.- Analizar e comentar o contido dun texto filosófico con rigor metodolóxico,
identificando os problemas, os conceptos e os termos específicos que aparecen.
6.- Comparar e relacionar textos filosóficos de distintos autores, co fin de establecer entre
eles semellanzas e diferenzas de formulación e de explicación.
7.- Expoñer, de modo claro e ordenado, as liñas fundamentais dos problemas e sistemas
filosóficos que se estudaron dun modo analítico.
8.- Elaborar e expoñer, oralmente ou por escrito, algún aspecto do pensamento dun autor
ou o contido dunha das obras analizadas.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
77
9.- Elaborar, de xeito individual ou colectivo, táboas sincrónicas nas que cada un dos
filósofos estudados se contextualice con outros acontecementos históricos.
10.- Participar en debates sobre problemas filosóficos actuais, nos cales aportarán as súas
propias reflexións, sendo capaces de relacionalas con outras posicións de épocas pasadas
previamente estudadas.
5.7.2.- De caracter específico
De acordo coas indicacións da CIUG solicitarase do alumnado que realice unha
redacción, composición ou exposición única a partir dun texto de carácter filosófico.
Para a avaliación desta terase en conta o seguinte:
1.- O conxunto de coñecementos que manifeste, que serán conformes cos contidos
establecidos no currículo.
2.- As calidades formais da exposición: claridade expositiva, capacidade crítica, rigor
conceptual e, en xeral, a maior ou menor madurez intelectual que a proba deixe translucir, polo
que se penalizaran as incorreccións gramaticais e ortográficas.
Puntuarase sobre 10 puntos en base aos seguintes items:
- Marco histórico e conceptual: ata 2,5 puntos
- Comprensión: ata 6 puntos
- Cuestión de semellanza ou diferenza con outros autores: ata 1,5 puntos
O alumnado poderá subir nota (un 10%) en base ao traballo optativo cos textos, e a
participación e actitude na aula.
Nas probas extraordinarias esixiranse ao alumnado os mínimos que constan na
programación e a nota será APTO ou NON APTO, entendendo que numericamente estaríamos
a falar de 5 puntos
5.8.-TEMAS TRANSVERSAIS:
Ao longo da explicación dos diversos autores e escolas que imos estudar neste curso de
bacharelato irán aparecendo cuestións relacionadas cos temas transversais pois corresponde á
filosofía enfrontarse cos problemas que atinxen ao comportamento dos seres humanos ao longo da
historia.
No bloque dedicado á filosofía clásica grega, podemos vinculalo á educación
multicultural e á educación para a saúde, pois os sofistas son os primeiros autores que se
plantean a cuestión do relativismo cultural. Asemade, a preocupación polo corpo é unha
inquietude moi estendida no mundo grego.
A educación para a convivencia e para os dereitos humanos e a paz tamén atopan un
espacio neste bloque, pois os gregos nunca cesaron de reflexionar sobre a natureza da virtude e
sobre os principios que regulan a vida en comunidade. As posicións aristocratizantes de Platón ou
de Aristóteles, que xustifican a escravitude contrastan coas teses cosmopolitas dos estoicos ou
coa afirmación de Demócrito, que se declara cidadán do mundo.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
78
Os sofistas, tan vilipendiados pola tradición socrático-platónica, coincidiron cos estoicos
na crítica da escravitude e na necesidade de ampliar os límites políticos de cada rexión, co fin de
construír unidades políticas cada vez máis amplas. Neste senso, tamén poderíamos atopar un
vínculo coa igualdade de sexos, reivindicada por algúns sofistas ou insinuada por algúns textos
de Platón.
A educación para os dereitos humanos e a paz poden atopar un espacio no bloque
dedicado á filosofía cristián medieval e renacentista; nas súas orixes o cristianismo desempeñou un
papel fundamental no recoñecemento dos outros como semellantes
Tamén a educación para a paz topa un espazo privilexiado no bloque dedicado á filosofía
moderna. O pensamento político do XVII xustifica certas formas de totalitarismo, pero é necesario
coñecer estas liñas de razoamento para apreciar a fundamentación democrática emprendida por
Spinoza e polos ilustrados, sen esquecer a importancia dos textos utópicos, que alimentarán a reflexión
política de autores posteriores que velarán polo desenrolo dunha razón práctica comprometida coa
transformación da sociedade; neste senso son moi valiosas as ideas políticas de Locke e a separación
de poderes e o cosmopolitismo de Kant e a súa idea dunha sociedade de nacións baseada na paz
perpetua.
O concepto kantiano de autonomía moral pode estenderse a todas as áreas transversais como
preámbulo imprescindible na formación dunha personalidade crítica e independente, capaz de resistir as
tentacións dun consumo innecesario ou á posibilidade de sucumbir aos riscos dunha conducción
imprudente.
Finalmente, no bloque dedicado á filosofía contemporánea, podemos tratar todos estes temas
desde unha perspectiva máis actual. O concepto de internacional socialista de Marx, ou o europeísmo
de Ortega son sobradamente coñecidos, e tamén a cultura da saúde de Nietzsche pode vincularse
facilmente coa necesidade de coñecer e comprender o propio corpo.
i.e Seminario de Filosofía, I.E.S. Maximino Romero de Lema, Programacións didácticas 2015-2016
79