1
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA
5º EDUCACIÓN PRIMARIA
ÁREA DE MATEMÁTICAS
CURSO 2019-20
COORDINADOR/A: ROSA PAZOS GARCÍA MESTRES/AS TITORES/AS: 5ºA: MARÍA DOLORES FREIRE VILLAR 5ºB: ROSA PAZOS GARCÍA 5º C BLANCA ESTER RIVERA ROCA 6ºA: CRISTINA SOTO FERNÁNDEZ 6ºB: ANA MARÍA RAMOS MONTERO MESTRES/AS ESPECIALISTAS: PATRICIA REGUEIRO SOUSA CARMEN BARRO SUEIRAS Mª INMACULADA FERNÁNDEZ BOCELO RAFAEL SÁNCHEZ VEIGA
2
1.- INTRODUCIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN.
O terceiro ciclo de educación primaria do CPI Atios está constituído por un total de oito mestres, todos con destino definitivo no centro, as cinco
titoras de cada curso, unha mestra especialista en pedagoxía terapéutica, outra adscrita a EP, e unha mestra especialista en L. Inglesa.
Neste ciclo hai un total de 88 alumnos e alumnas, distribuídos do seguinte xeito:
5ºA: 19 alumn@s 5º C: 18 alumn@s 5ºB: 18 alumn@s
6ºA: 22 alumn@s 6ºB: 21 alumn@s
Entre estes alumnos hai varios alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.
En 6º de EP hai un/unha alumn@ repetidor-a. Outro ten unha ACI e hai catro alumn@s máis con NEAE, que reciben apoio na aula de
Pedagoxía Terapéutica.
En 5º hai dous alumn@s con ACI e tres alumn@S máis con NEAE, que reciben apoio nas aulas de PT e AL, un deles.
A variedade de intereses, capacidades, fortalezas e intereses do alumnado enriquece todas as aulas sendo esta tremendamente heteroxéneas.
En moitos casos é precisa a intervención e asesoramento do DO así como a intervención específica do profesorado especialista en AL e PT.
3
2.- CONTRIBUCIÓN AO DESENVOLVEMENTO DAS COMPETENCIAS CLAVE. CONCRECIÓN QUE RECOLLA A RELACIÓN DOS
ESTÁNDARES DA MATERIA QUE FORMAN PARTE DO PERFIL COMPETENCIAL.
Comunicación lingüística (CCL)
MTB1.3.2. Iniciase na formulación de preguntas e na busca de respostas apropiadas, tanto no estudo dos conceptos coma na resolución de
problemas.
B2.1. Ler, escribir e ordenar utilizando razoamentos apropiados, distintos tipos de números (romanos, naturais, fraccións e decimais ata as
milésimas).
B2.2. Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá.
B2.7. Identificar, resolver problemas da vida cotiá, adecuados ao seu nivel, establecer conexións entre a realidade e as matemáticas e valorar a
utilidade dos coñecementos matemáticos adecuados reflexionando sobre o proceso aplicado para a resolución de problemas.
Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía (CMCT)
B2.7. Identificar, resolver problemas da vida cotiá, adecuados ao seu nivel, establecer conexións entre a realidade e as matemáticas e valorar a
utilidade dos coñecementos matemáticos adecuados reflexionando sobre o proceso aplicado para a resolución de problemas.
MTB3.4.1. Toma decisións nos procesos de resolucións de problemas valorando as consecuencias destas e a súa conveniencia pola súa
sinxeleza e utilidade.
B2.4. Utilizar os números enteiros, decimais e fraccionarios para interpretar e intercambiar información en contextos da vida cotiá
4
Competencia dixital (CD)
MTB1.6.1. Utiliza ferramentas tecnolóxicas para a realización de cálculos numéricos, para aprender e resolver problemas.
MTB4.1.2. Utiliza instrumentos de debuxo e ferramentas tecnolóxicas para a construción e exploración de formas xeométricas.
Aprender a aprender (CAA)
MTB1.2.1. Realiza estimacións sobre os resultados esperados e contrasta a súa validez valorando as vantaxes e os inconvenientes do seu uso
B1.3. Desenvolver e cultivar as actitudes persoais inherentes ao traballo matemático.
MTB1.4.1. Toma decisións nos procesos de resolucións de problemas valorando as consecuencias destas e a súa conveniencia pola súa
sinxeleza e utilidade.
Competencias sociais e cívicas (CSC)
MTB5.2.1. Realiza análise crítica e argumentada sobre as informacións que se presentan mediante gráficas estatísticas
MTB1.5.1. Desenvolve e amosa actitudes axeitadas para o traballo en matemáticas: esforzo, perseveranza, flexibilidade e aceptación da crítica
razoada.
5
Sentido da iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE)
MTB1.3.1. Distingue entre problemas e exercicios e aplica as estratexias idóneas para cada caso.
MTB1.4.1. Toma decisións nos procesos de resolucións de problemas valorando as consecuencias destas e a súa conveniencia pola súa
sinxeleza e utilidade.
MTB2.5.2. Reflexiona sobre o procedemento aplicado á resolución de problemas revisando as operacións empregadas, as unidades dos
resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto e buscando outras formas de resolvelo.
MTB2.7.2. Reflexiona sobre o procedemento aplicado á resolución de problemas: revisando as operacións empregadas, as unidades dos
resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto e buscando
3.- CONCRECIÓN DE ESTÁNDARES DE APRENDIZAXE: TEMPORALIZACIÓN, GRAO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN PARA SUPERAR A
MATERIA, PROCEDEMENTOS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN.
Primeiro Trimestre
Estándar Ponderación Instrumento
MTB1.1.1. Identifica patróns, regularidades e leis matemáticas en situacións de cambio, en contextos numéricos, xeométricos e funcionais.
5% Diario de clase (escala de observación)
MTB1.2.3. Realiza estimacións e elabora conxecturas sobre os resultados dos problemas a resolver, contrastando a súa validez e valorando a súa utilidade e eficacia.
5% Diario de clase (escala de observación)
MTB1.2.4. Identifica e interpreta datos e mensaxes de textos numéricos sinxelos da vida cotiá (facturas, folletos publicitarios, rebaixas...).
10% Diario de clase (escala de observación)
6
MTB2.1.1. Identifica os números romanos aplicando o coñecemento á comprensión de datacións.
10% Proba escrita
MTB2.3.1. Aplica as propiedades das operacións e as relacións entre elas. 15% Proba escrita
MTB2.4.1. Emprega e automatiza algoritmos estándar de suma, resta, multiplicación e división (de ata dúas cifras) con distintos tipos de números, en comprobación de resultados en contextos de resolución de problemas e en situacións cotiás.
15% Proba escrita
MTB2.4.2. Constrúe series numéricas, ascendentes e descendentes, de cadencias 2, 10, 100 a partir calquera número e de cadencias 5, 25 e 50 a partir de múltiplos de 5, 25 e 50.
5% Proba escrita
MTB2.4.4. Estima e redondea o resultado dun cálculo valorando a resposta. 10% Proba escrita
MTB3.1.1. Estima lonxitudes, capacidades e masas de obxectos e espazos coñecidos elixindo a unidade e os instrumentos máis axeitados para medir e expresar unha medida, explicando de forma oral o proceso seguido e a estratexia utilizada.
10% Portfolio
MTB3.2.1. Suma e resta medidas de lonxitude, capacidade e masa en forma simple dando o resultado na unidade determinada de antemán.
5% Proba escrita
MTB4.1.1. Clasifica triángulos atendendo aos seus lados e aos seus ángulos, identificando as relacións entre os seus lados e entre ángulos.
5% Proba escrita
MTB4.2.1. Clasifica cuadriláteros atendendo ao paralelismo dos seus lados. 5% Proba escrita
Segundo Trimestre
Estándar Ponderación Instrumento
7
MTB2.1.2. Le, escribe e ordena en textos numéricos e da vida cotiá, números (naturais, fraccións e decimais ata as milésimas), utilizando razoamentos apropiados e interpretando o valor de posición de cada unha das súas cifras.
10% Proba escrita
MTB1.4.1. Toma decisións nos procesos de resolucións de problemas valorando as consecuencias destas e a súa conveniencia pola súa sinxeleza e utilidade.
5% Portfolio
MTB1.6.1. Utiliza ferramentas tecnolóxicas para a realización de cálculos numéricos, para aprender e resolver problemas.
2.5% Diario de clase (escala de observación)
MTB2.4.3. Elabora e emprega estratexias de cálculo mental. 10% Diario de clase (escala de observación)
MTB2.4.5. Emprega a calculadora aplicando as regras do seu funcionamento para investigar e resolver problemas.
2.5% Diario de clase (escala de observación)
MTB2.5.1. Resolve problemas que impliquen o dominio dos contidos traballados, empregando estratexias heurísticas, de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios), creando conxecturas, construíndo, argumentando e tomando decisións.
10% Proba escrita
MTB3.1.2. Mide con instrumentos, utilizando estratexias e unidades convencionais e non convencionais, elixindo a unidade máis axeitada para a expresión dunha medida.
5% Diario de clase (lista de control)
MTB3.2.2. Expresa en forma simple a medición da lonxitude, capacidade ou masa dada en forma complexa e viceversa.
5% Proba escrita
MTB3.2.3. Compara e ordena medidas dunha mesma magnitude. 5% Proba escrita
MTB3.3.1. Resolve problemas da vida diaria utilizando as medidas temporais e as súas relacións.
15% Proba escrita
8
MTB3.4.1. Coñece a función, o valor e as equivalencias entre as diferentes moedas e billetes do sistema monetario da Unión Europea utilizándoas tanto para resolver problemas en situación reais coma figuradas.
15% Proba escrita
MTB4.2.2. Identifica e diferencia os elementos básicos da circunferencia e círculo: centro, raio e diámetro.
5% Proba escrita
MTB4.3.1. Identifica e nomea polígonos atendendo o número de lados. 5% Proba escrita
MTB4.4.1. Representa a escola, o barrio ou a aldea mediante un plano ou esbozo. 5% Portfolio
Terceiro Trimestre
Estándar Ponderación Instrumento
MTB1.3.1. Distingue entre problemas e exercicios e aplica as estratexias idóneas para cada caso. 5% Proba escrita
MTB1.3.2. Iniciase na formulación de preguntas e na busca de respostas apropiadas, tanto no estudo dos conceptos
5% Diario de clase (escala)
MTB1.5.1. Desenvolve e amosa actitudes axeitadas para o traballo en matemáticas: esforzo, perseveranza, flexibilidade e aceptación da crítica razoada.
5% Diario de clase (escala)
MTB2.1.2. Le, escribe e ordena en textos numéricos e da vida cotiá, números (naturais, fraccións e decimais ata as centésimas), utilizando razoamentos apropiados e interpretando o valor de posición de cada unha das súas cifras.
5% Proba escrita
9
MTB2.2.1. Descompón, compón e redondea números naturais e decimais, interpretando o valor de posición de cada unha das súas cifras
5% Proba escrita
MTB2.3.2. Realiza sumas e restas de fraccións co mesmo denominador na resolución de problemas contextualizados.
10% Proba escrita
MTB2.3.3. Realiza operacións con números decimais na resolución de problemas contextualizados.
10% Proba escrita
MTB2.5.2. Reflexiona sobre o procedemento aplicado á resolución de problemas revisando as operacións empregadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto e buscando outras formas de resolvelo.
5% Portfolio
MTB2.6.1. Emprega e automatiza algoritmos estándar de suma, resta, multiplicación e división con distintos tipos de números, en comprobación de resultados en contextos de resolución de problemas e en situacións cotiás.
15% Proba escrita
MTB4.1.2. Utiliza instrumentos de debuxo e ferramentas tecnolóxicas para a construción e exploración de formas xeométricas.
5% Diario de clase (escala)
MTB4.3.2. Recoñece e identifica poliedros, prismas, pirámides e os seus elementos básicos: vértices, caras e arestas. Y
5% Proba escrita
MTB4.3.3. Recoñece e identifica corpos redondos: cono, cilindro e esfera e os seus elementos básicos.
5% Proba escrita
MTB4.5.1. Resolve problemas xeométricos que impliquen dominio dos contidos traballados, utilizando estratexias heurísticas de razoamento (clasificación, recoñecemento das relacións, uso de exemplos contrarios), creando conxecturas, construíndo, argumentando e tomando decisión.
5%
Proba escrita
10
MTB4.5.2. Reflexiona sobre o proceso de resolución de problemas: revisando as operacións utilizadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto, propoñendo outras formas de resolvelo.
5% Diario de clase (escala)
MTB5.1.1. Identifica datos cualitativos e cuantitativos en situacións familiares. 10% Portfolio
4.-CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS QUE REQUIRE A MATERIA.
Potenciarase un enfoque globalizador e interdisciplinario que teña en conta a transversalidade da aprendizaxe fundamentada
en competencias.
Os métodos utilizados partirán da perspectiva do persoal docente como persoal orientador, promotor e facilitador do
desenvolvemento competencial no alumnado; ademais, deben enfocaranse á realización de tarefas ou situacións-problema
nas que o alumnado debe resolver facendo uso axeitado dos distintos tipos de coñecementos matemáticos, destrezas,
actitudes e valores. Así mesmo, mediante prácticas de traballo individual e cooperativo, teranse en conta a atención á
diversidade e o respecto polos distintos ritmos e estilos de aprendizaxe.
As estruturas de aprendizaxe cooperativa posibilitarán a resolución conxunta de tarefas e dos problemas, e potenciarán a
inclusión do alumnado.
Resulta fundamental a motivación por aprender nos alumnos/as, polo que o persoal docente xerará neles e nelas a
curiosidade e a necesidade de adquirir e aplicar coñecementos, destrezas, actitudes e valores.
Aplicaranse diferentes técnicas para a avaliación do desempeño do alumnado como por exemplo o portfolio, as rúbricas,
mapas mentais, diarios, debates, probas específicas, solución de problemas,...
O profesorado elaborará diferentes tipos de materiais, adaptados aos distintos niveis e aos diferentes estilos e ritmos de
aprendizaxe dos alumnos/as, co obxecto de atender a diversidade na aula e personalizar os procesos de construción de
11
aprendizaxes. Potenciarase o uso dunha variedade de materiais e recursos, considerando especialmente a integración das
tecnoloxías da información e da comunicación no proceso de ensino-aprendizaxe que permiten o acceso a recursos virtuais.
A implicación das familias así como de axentes externos no proceso de ensino-aprendizaxe é un factor determinante que
tentaremos potenciar activamente. A súa colaboración redundará positivamente no rendemento e nos resultados académicos
do alumnado. Serán numerosas as ocasións nas que se convidará á participación de “expertos” e axentes colaboradores na
posta en práctica de tarefas e produtos sociais relevantes.
5.- MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS QUE SE VAN A UTILIZAR.
- Ordenador e canon.
- Aula virtual.
- Biblioteca de aula e de centro.
-Libro de texto como material de apoio e fonte de exercicios.
- Fichas de traballo elaboradas polo profesorado.
-Libreta de traballo.
-Xogos de mesa.
-Materiais manipulativos.
-Diferentes robots educativos coma o escornabot, Wedo 2.0, DOC de parlantino,…
-Dispositivos móbiles e tablets.
6.-CRITERIOS SOBRE A AVALIACIÓN, A CUALIFICACIÓN E A PROMOCIÓN DO ALUMNADO.
12
-Os referentes para a valoración do grao de adquisición das competencias e o logro dos obxectivos da etapa nas avaliacións das
áreas troncais, específicas e de libre configuración autonómica serán os criterios de avaliación e os estándares de aprendizaxe
que figuran nos anexos I, II e III do Decreto 105/2014, do 4 de setembro. Os criterios de cualificación corresponderase coa
ponderación do perfil de área, tal e como se recolle no apartado 3 da presente programación.
-A avaliación das competencias clave está integrada na avaliación dos procesos de aprendizaxe do alumnado, na medida en que
ser competente supón mobilizar os coñecementos, as destrezas, as actitudes e os valores para dar resposta ás situación expostas,
dotar de funcionalidade as aprendizaxes e aplicar o que se aprende desde una formulación integradora.
-O profesorado utilizará procedementos de avaliación variados para facilitar a avaliación do alumnado como parte integral do proceso
de ensino e aprendizaxe, e como unha ferramenta esencial para mellorar a calidade da educación. Así mesmo, incorporaranse
estratexias que permitan a participación do alumnado na avaliación dos seus logros, como a autoavaliación, a avaliación entre iguais
ou a coevaluación. Estes modelos de avaliación favorecen a aprendizaxe desde a reflexión e valoración do alumnado sobre as súas
propias dificultades e fortalezas, sobre a participación dos compañeiros/as nas actividades de tipo cooperativo e desde a colaboración
co profesorado na regulación do proceso de ensino-aprendizaxe. En todo caso, os distintos procedementos de avaliación utilizables,
como a observación sistemática do traballo dos alumnos/as, as probas orais e escritas, o portfolio, os protocolos de rexistro, ou os
traballos de clase, permitirán a integración de todas as competencias nun marco de avaliación coherente.
-En canto ao promoción, o alumno ou a alumna accederá ao curso ou á etapa seguinte sempre que se considere que logrou os
obxectivos que correspondan ao curso realizado ou os obxectivos da etapa, e que alcanzou o grao de adquisición das
competencias correspondentes. O equipo docente adoptará as decisións correspondentes sobre a promoción do alumnado
tomando especialmente en consideración a información e o criterio do profesorado titor/a.
13
7.-INDICADORES DE LOGRO PARA AVALIAR O PROCESO DE ENSINO E A PRÁCTICA DOCENTE.
1.- Avaliación da proceso de ensino e de práctica docente Escala
(Indicadores de logro)
Proceso de ensino: 1 2 3 4
1.- O nivel de dificultade foi adecuado ás características do alumnado?
2.- Conseguiuse crear un conflito cognitivo que favoreza a aprendizaxe?
3.- Conseguiuse a motivación do alumnado?
4.- Conseguiuse a participación activa de todo o alumnado?
5.- Contouse co apoio e implicación das familias no traballo do alumnado?
6.- Mantívose un contacto periódico coa familia por parte do profesorado?
7.- Tomouse algunha medida curricular para atender ao alumnado con NEAE?
8- Tomouse algunha medida organizativa para atender ao alumnado con NEAE?
9.- Atendeuse adecuadamente á diversidade do alumnado?
10.- Usáronse distintos instrumentos de avaliación?
11.- Dáse un peso real á observación do traballo na aula?
12.- Valorouse adecuadamente o traballo cooperativo do alumnado dentro do grupo?
Práctica docente: 1 2 3 4
1.- Elabóranse actividades de distinta dificultade atendendo á diversidade
2.- Elabóranse probas de avaliación de distinta dificultade para os alumnos con NEAE?
3.- Utilízanse distintas estratexias metodolóxicas?
4.- Intercálase o traballo individual e en equipo?
5.- Poténcianse estratexias de animación á lectura e de comprensión e expresión oral?
14
6.- Incorpóranse ás TIC aos procesos de ensino - aprendizaxe
7.- Préstase atención aos temas transversais?
8.- Realizáronse as ACS propostas e aprobadas?
9.- As medidas de apoio, reforzo, etc. establécense vinculadas aos estándares
10.- Avalíase a eficacia dos programas de apoio, reforzo, recuperación, ampliación,.. ?
8.-ORGANIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE SEGUIMENTO, RECUPERACIÓN E AVALIACIÓN DAS MATERIAS PENDENTES.
Tal e como se establece no Decreto 299/2011 de atención á diversidade, estableceranse programas específicos de reforzo para aquel
alumnado que teña materias pendentes. Así mesmo, seguiranse, sempre que sexa posible, as medidas de atención á diversidade que
define o mencionado Decreto:
a) Adecuación da estrutura organizativa do centro (horarios, agrupamentos, espazos) e da organización e xestión da aula ás
características do alumnado.
b) Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado.
c) Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos, titoría entre iguais, aprendizaxe por proxectos e outras que
promovan a inclusión.
d) Adaptación dos tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación.
f) Desdobramentos de grupos.
g) Reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade horaria.
h) Programas de enriquecemento curricular.
15
i) Programas de reforzo nas áreas instrumentais básicas.
j) Programas de recuperación.
k) Programas específicos personalizados.
l) Programas de habilidades sociais.
9.-DESEÑO DA AVALIACIÓN INCIAL E MEDIDAS INDIVIDUAIS E COLECTIVAS QUE SE POIDAN ADOPTAR COMO
CONSECUENCIA DOS SEUS RESULTADOS.
En cada nivel, durante o mes de setembro e tal e como regula a lexislación vixente, realizarase unha avaliación inicial do alumnado co
fin de establecer o nivel de competencia curricular e de desempeño de cada neno/a. Dita avaliación irá encamiñada a determinar o
grao de dominio dos contidos/competencias traballadas en cursos anteriores coa finalidade de axustar a programación didáctica as
necesidades e características do grupo así como a deseñar e poñer en marcha todas aquelas medidas de atención a diversidade tanto
ordinarias como extraordinarias que sexan precisas.
Tamén será preciso detectar intereses e motivacións de todo o alumnado así como estilos de aprendizaxe de cada neno/a. Esta
información será moi valiosa á hora de desenvolver proxectos e tarefas integradas, xa que parte do éxito escolar depende en gran
medida de estes factores
10.-MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE.
A metodoloxía empregada converterase na mellor ferramenta de atención á diversidade. A devandita metodoloxía permitiranos
adaptarnos ás necesidades do noso alumnado ofrecéndolle diferentes tarefas e responsabilidades segundo as súas
16
características. Basearemos o traballo na técnica de aprendizaxe cooperativo onde o obxectivo último será a inclusión de todo o
alumnado. Levaranse a cabo medidas de reforzo educativo por parte do titor/a naqueles casos que sexa necesario, así como
apoios polo profesorado con dispoñibilidade horaria.
No caso de aparecer alumnado con NEAE, estaremos en contacto co Departamento de Orientación para a súa valoración,
organización dos apoios requiridos e o seguimento da evolución. Nos casos xa diagnosticados levarase una estreita coordinación
entre a titoría e o resto de especialistas e continuarase coas medidas de atención á diversidade xa iniciadas o curso anterior.
Os criterios para a organización e a distribución dos recursos no ciclo intentan dar una resposta educativa adaptada á diversidade
de capacidades e ritmos de aprendizaxe do alumnado co fin de facilitar o logro dos obxectivos nesta etapa educativa.
Todos estes apoios van cambiando ao longo do curso segundo as necesidades e as evolucións dos nenos/as, pensando sempre
que este reforzo e transitorio. Os apoios se dirixirán fundamentalmente á adquisición das aprendizaxes instrumentais de lingua e
matemáticas. Destacar a importancia de establecer unha boa coordinación entre todos os profesores implicados e o Departamento
de Orientación.
O profesorado deste ciclo que dispón de sesións realiza apoios temporais noutras aulas do ciclo, e tamén atende alumnado fora
da aula. Neses apoios traballase o currículo, garantíndolle ao alumno/a con necesidades acadar os contidos da materia que se
está a impartir na aula. Esta atención individualizada incide en aspectos curriculares e en estratexias de aprendizaxe.
11.- CONCRECIÓN DOS ELEMENTOS TRANSVERSAIS.
-Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunhas das disciplinas de cada curso, a comprensión lectora, a expresión oral e
escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e a comunicación, o emprendemento e a educación cívica e
constitucional traballaranse en todas as disciplinas.
17
-Promoverase a aprendizaxe da prevención e resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social,
así como dos valores que sustentan a liberdade, a xustiza, a igualdade, o pluralismo político, a paz, a democracia, o respecto polos
dereitos humanos e o rexeitamento da violencia terrorista, a pluralidade,…
-Evitaranse os comportamentos, estereotipos e contidos sexistas, así como aqueles que supoñan discriminación por razón da
orientación sexual ou da identidade de xénero, favorecendo a visibilidade da realidade homosexual, bisexual, transexual,
transxénero e intersexual.
-Potenciarase o desenvolvemento e afianzamento do espírito emprendedor a partir de aptitudes como a creatividade, a autonomía,
a iniciativa, o traballo en equipo, a confianza nun mesmo e o sentido crítico.
-A seguridade viaria promóvese a través de accións para a mellora da convivencia e a prevención dos accidentes de tráfico, co fin
de que o alumnado coñeza os seus dereitos e deberes como usuario/a das vías, en calidade de peón europeo/a, persoa viaxeira e
persoa condutora de bicicletas, respecte as normas e os sinais, e de que se favoreza a convivencia, a tolerancia, a prudencia, o
autocontrol, o diálogo e a empatía con actuacións axeitadas tendentes a evitar os accidentes de tráfico e as súas secuelas.
12.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES PROGRAMADAS.
- Participar nas celebracións de festas populares co Centro ( magosto, entroido, samaín, maios. . .) e nas efemérides programadas
polo equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares en colaboración co Equipo da Biblioteca e o Equipo de
Dinamización da Lingua Galega ( Día da Paz, Día contra a violencia de xénero, Día do Libro...)
- Viaxes culturais e visitas que se organizarán o longo do curso en función dos proxectos traballados e dos propios intereses dos
nenos e nenas.
18
- Acudir á Casa da Cultura para presenciar os actos culturais que se nos ofrezan.
-En canto as tarefas extraescolares do alumnado, estas serán deseñadas polo profesorado de tal xeito que supoñan un reforzo dos
contidos e competencias traballados. Ditas tarefas serán axustadas á idade do alumnado e as súas necesidades individuais.
Fomentarase a responsabilidade dos alumnos e alumnas na súa formación e a súa autonomía, en liña cunha cultura do esforzo e
do traballo.
13.-MECANISMOS DE REVISIÓN, DE AVALIACIÓN E DE MODIFICACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS EN RELACIÓN
COS RESULTADOS ACADÉMICOS E PROCESOS DE MELLORA.
Seguiranse os seguintes criterios:
- Impartición do 80% da materia.
- Superación dos contidos mínimos esixibles polo 50 % do alumnado.
En aqueles casos nos que os mecanismos de revisión indiquen a necesidade de modificar ou mellorar a programación,
metodoloxía, etc. Asumiranse as decisións oportunas no seo da coordinación do ciclo e do nivel, tendo en conta as orientacións da
Comisión de Coordinación Pedagóxica.