Download - Muiño hidráulico
![Page 1: Muiño hidráulico](https://reader035.vdocuments.site/reader035/viewer/2022062306/58d07ad01a28abc9788b6283/html5/thumbnails/1.jpg)
MUIÑO HIDRÁULICOAproveitan a forza da auga para a moenda dos cereais.
Trigo, millo, cebada…
![Page 2: Muiño hidráulico](https://reader035.vdocuments.site/reader035/viewer/2022062306/58d07ad01a28abc9788b6283/html5/thumbnails/2.jpg)
RODICIOUnha roda con aspas de madeira ou metálica móvese por efecto da forza da auga que entra ás caldeiras do muíño a través do cubo, ou ben, directamente, da canle.
![Page 3: Muiño hidráulico](https://reader035.vdocuments.site/reader035/viewer/2022062306/58d07ad01a28abc9788b6283/html5/thumbnails/3.jpg)
VARA OU EIXOAo moverse o rodicio xira con el a vara ou eixo que fará xirar á moa.
![Page 4: Muiño hidráulico](https://reader035.vdocuments.site/reader035/viewer/2022062306/58d07ad01a28abc9788b6283/html5/thumbnails/4.jpg)
MOAÉ a pedra que xira mentres que o pé permanece fixo.Nelas se talan unhas canles tanxenciais ao ollo chamadas raias.A súa misión é a de facilitar a entrada do gran e posteriormente a saída da fariña.
![Page 5: Muiño hidráulico](https://reader035.vdocuments.site/reader035/viewer/2022062306/58d07ad01a28abc9788b6283/html5/thumbnails/5.jpg)
GUINDASTREPara poder darlle á volta á moa, ten dous buratos pola parte exterior, por eles se introducen dous brazos curvos que a rodean e van permitir subila e darlle a volta cun guindastre.
![Page 6: Muiño hidráulico](https://reader035.vdocuments.site/reader035/viewer/2022062306/58d07ad01a28abc9788b6283/html5/thumbnails/6.jpg)
ADELLAO gran que queremos moer introdúcese na adella, recipiente de madeira de sección troncocónica. Dende aquí cae ao Adellón, caixón mobible a través da Taravela, que regula a caida do gran.