MEMORIA DE ACTIVIDADES
2014
CENTRO DE DIA PARA PERSONAS MAIORES
DEPENDENTES DO CONCELLO DE OURENSE
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
Índice
ANEXOS:
1; RESUMO DE MELLORAS OFERTADAS
2; PLAN DE FORMACION DOS TRABALLADORES
3; PLANIFICACION SEMANAL DE ACTIVIDADES
1.
INTRODUCION
2.
OBXECTIVOS
3.
ACTIVIDADES
4.
ATENCION AS FAMILIAS
5.
DATOS DE OCUPACION
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
1. INTRODUCION
2. OBXECTIVOS
O CENTRO DE DIA
O centro de dia é un recurso xerontolóxico de carácter socioterapéutico que durante o día presta atención ás necesidades terapéuticas, básicas, emocionais e sociais da persoa maior
dependente que presenta deterioro cognitivo. A nosa misión é promover o benestar e autonomía da persoa maior dependente, facilitando o respiro familiar e mantendo á persoa
no seu entorno habitual o máximo tempo posible.
No ano 2014 mantívose a ocupación de prazas municipais practicamente constante durante todo o ano
EQUIPO
PROFESIONAIS: Dirección - Psicoloxia, Traballadora Social, Logopeda, Monitor de Musicoterapia, Monitora de taller, Auxiliares de enfermaría e coidadoras. Reunións quincenais de equipo.
PERSOAL DE APOIO: condutores, auxiliar de transporte, persoal de limpeza e persoal de mantemento.
PRÁCTICAS: alumnos en practicas de Educación Social, Traballo Social da Universidade de Vigo. Alumnos de atención sociosanitaria do IES Portovello. Alumna de Cogami.
VOLUNTARIADO: voluntarios da Asociación Aixiña.
•Ampliar a oferta de actividades para todas as necesidades terapéuticas, afectivas e sociais dos nosos usuarios.
•Ampliar a oferta de atención e apoio ás familias.
•Ampliar o plan de atención centrada na persoa.
•Ampliar a formación e seguemento do persoal coidador.
Continuamos ampliando o traballo do 2013, en
dúas liñas de actuación: ampliar a atención ás familias e ampliar a oferta de atención directa ós nosos
usuarios.
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
3. ACTIVIDADES
PROGRAMA DE ATENCION E ESTIMULACION A PERSOA MAIOR DEPENDENTE
FISIOTERAPIA, PSICOMOTRICIDADE,ORIENTACIÓN Á REALIDADE,ESTIMULACION COGNITIVA, TALLER DE MEMORIA,
ESTIMULACION SENSORIAL, MUSICOTERAPIA, TALLERES DE OCUPACION SIGNIFICATIVA
Estas actividades estan plantexadas no Plan de Atención Individual (PAI) de cada usuario realizado no primeiro mes de
ingreso no centro de día e en función da valoración psicolóxica, de logopedia e fisioterapia.
Actividades de estimulación veñen en función de dúas variables
A patoloxia e grado de deterioro que presentan segundo a Escala de Deterioro
Global, GDS, Reisberg et al, 1982.
Eixe estimulativo: actividades fisico funcionais, actividades cognitivas, actividades de
creatividade e relación social.
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
DESCRICION DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION
Fisioterapia: conxunto de actividades físicas controladas, realizadas de
forma grupal ou individual, que inclúen unha serie de exercicios adaptados
ás características psicofísicas dos usuarios. Inclúe exercicios de ximnasia de
membros superiores, inferiores, de columna e cadeira.
Psicomotricidade: consiste en actividades que, usando o movemento,
buscan desenvolver e reforzar o recoñecemento do propio corpo e do
espazo. Inclúe actividades para o traballo do esquema corporal, expresión
corporal, coñecemento espacial e temporal.
Orientación á realidade: terapia dirixida a reducir a desorientación e
confusión derivadas do deterioro cognitivo. Traballa competencias de
orientación temporal, espacial, persoal e situacional. Inclúe actividades de
intervención ambiental (calendario, tarxetas con nomes, reloxo) e
estimulación informal (usando periódico, fotografías actuais…).
Estimulación cognitiva: conxunto de estratexias que estimulan as funcións
e procesos cognitivos preservados. Utilízanse técnicas de intervención
como a modificación de conduta e facilitación neuropsicolóxica. Trabállase
con grupos o máis homoxéneos posibles adecuando cada actividade ao
nivel cognitivo de cada usuario en función da valoración psicolóxica previa.
Os procesos cognitivos que se traballan son atención, memoria, linguaxe,
praxias, percepción, calculo, abstracción e función executiva e dende
actividades o máis significativas posible para cada usuario.
Taller de memoria: conxunto de intervencións dirixidas a mellorar distintas
habilidades relacionadas coa memoria, o proceso de aprendizaxe e o
recordo na persoa maior. Empréganse estratexias cognitivas como uso de
regras mnemotécnicas, aprendizaxe sen erro, aprendizaxe espaciado e
esvaecemento de claves. Trabállase con grupos o máis homoxéneos
posibles adecuando cada actividade ao nivel cognitivo de cada usuario en
función da valoración psicolóxica previa.
Estimulación sensorial: uso do método Montessori dirixido a persoas con
deterioro cognitivo severo. Baséase na proposta de tarefas que permitan
manter as habilidades necesarias para seguir realizando o maior tempo
posible actividades da vida diaria. Trabállanse actividades procedimentais
con material de uso doméstico. Favorécese a estimulación da memoria
procedimental.
Así mesmo realizamos estimulación sensorial mediante estimulación
snoezelen. É un tipo de estimulación que permite ofrecer un entorno
interactivo de estimulación dos sentidos (tacto, oído, vista, olfacto e gusto),
ampliando as vías de comunicación. Desenvólvese nas nosas salas
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
multisensoriais snoezelen onde se facilita á persoa con deterioro cognitivo
avanzado un ambiente relaxado e agradable favorecendo un benestar físico
e mental.
Musicoterapia: conxunto de actividades que utilizan o estímulo musical
como ferramenta terapéutica e se dirixen a proporcionar unha estimulación
sensorial adecuada para a mellora do estado psicoafectivo á vez que se
potencia a dimensión relacional. Realízanse actividades de recoñecemento
de cancións, seguir ritmo, produción de son ou actividades de canto.
Obradoiros de ocupación significativa: conxunto de actividades dirixidas a
mellorar a participación e o aspecto relacional das persoas, integrándoas no
contexto dunha actividade ocupacional en estreita relación coa súa historia
persoal. Inclúense actividades relacionadas con oficios, actividades cotiás e
afeccións. Trátase de propoñer actividades significativas a cada persoa, en
grupos o máis homoxéneos posible que lle permita continuar con
actividades previamente adquiridas.
A planificación semanal de actividades figura no ANEXO 3.
Durante o ano 2014 ofertáronse os seguintes obradoiros: obradoiro de costura
e calceta, obradoiro de carpintería, obradoiro de cine, obradoiro de expresión
da tradición oral, xogos de mesa (cartas, dominó, bingo) e manualidades.
A eficacia das actividades de estimulación e obradoiros revísase cada 6 meses (seguemento psicolóxico, logopedia, fisioterapia e musicoterapia) axustándose ás necesidades e obxectivos plantexadas no PAI de cada usuario/a.
AMPLIACION DE ACTIVIDADES NO 2014
• Actividades ocupacionais utilizando espazo de terraza- xardín para coidado de prantas, programa de paseos e actividades lúdicas. Neste espazo elaborouse un peche para prevención de fugas.
• Saída de ocio cultural ao Claustro de San Francisco e Museo Escolma de Escultura que resultou moi satisfactorio para os usuarios/as. 26.08.14. Asistencia de 11 usuarios/as do centro de día.
• Estimulacion sensorial usando TICS para deterioro moderado.
• Ampliamos a asistencia sanitaria básica: control de dietas e alimentario, control e prevención de ulceras por presión, control de peso, glucosa e tensión arterial necesarias para cada usuario/a.
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
FOTOS DAS ACTIVIDADES DE ESTIMULACION: ESTIMULACION COGNITIVA E
OBRADOIRO DE ACTIVIDADES OCUPACIONAIS
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
COCHE COMO FERRAMENTA DE REMINISCENCIA
OBRADOIROS DE MANUALIDADES E ACTIVIDADES OCUPACIONAIS
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
NA TERRAZA DO CENTRO DE DIA
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
VISITA O CLAUSTRO DE SAN FRANCISCO EXPOSICION ESCOLMA DE ESCULTURA
26 DE AGOSTO 2014
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
ACTIVIDADES EXTRAORDINARIAS
Como todos os anos realízanse tres encontros familiares: Entroido, comezo do
curso despois do verán e Nadal.
PARTICIPACIÓN
ENTROIDO 28.02.14
INICIO CURSO 26.09.14
NADAL 17.12.14
Nº USUARIOS ASISTENTES
31 de 33 27 de 31 25 de 30
Nº FAMILIARES ASISTENTES
23 22 24
ENTROIDO 2014
- -
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
FOTOS DE NADAL COA ACTUACION DE MARIA DO CEO. 17.12.14
.
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
4. ATENCION AS FAMILIAS.
DUAS LIÑAS DE ACTUACION
ATENCION E ASESORAMENTO SOCIAL E PSICOLOXICO AS FAMILIAS
O centro de dia é un recurso clave para apoiar ás familias coidadoras, ademais de permitir durante un periodo temporal diario o descanso dos coidadores, incluimos accions de asesoramento, formación e apoio emocional para o grupo familiar. As
intervencions relacionadas coa orientacion, formación e apoio psicolóxico para que a familia desenvolva habilidades de afrontamento dunha situación que moitas
veces non é facil.
Durante o ano 2014 ampliamos as horas de atencion ás familias porque consideramos á familia como o sistema clave para promoción da calidade de vida
dos nosos usuarios.
XORNADAS DE FORMACION PARA FAMILIAS
SESION DE PSICOLOXIA
DATA:13.03.14 E 10 .04.14 TOTAL ASISTENTES: 5
SESION DE LOGOPEDIA DATA 15.05.14 TOTAL ASISTENTES:
6
SESION DE FISIOTERAPIA DATA 12.06.14 TOTAL
ASISTENTES: 4
ASESORAMENTO E INTERVENCION DO EQUIPO
TRABALLO SOCIAL: 26 INTERVENCIONS
PSICOLOXIA: 65 INTERVENCIONS
LOGOPEDIA: 12 INTERVENCIONS
FISIOTERAPIA: 8 INTERVENCIONS
AUXILIAR DE ENFERMARIA: 20 INTERVENCIONS
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
XORNADAS DE FORMACION PARA FAMILIAS
PSICOLOXIA.- 13.03.14 e 10.04.14.
Estas xornadas foron impartidas pola Psicóloga do Centro de Día e se
desenvolveron no Salón de Actos do CIS AIXIÑA.
Os temas tratados na primeira sesión foron os seguintes:
• Presentación das xornadas de formación para familiares.
• Nocións básicas sobre que é unha demencia, etioloxía, tipos de demencia e
tratamentos.
• Escoitar as dificultades que ten o coidador no día a día. Dúbidas máis
frecuentes.
Na segunda sesión tratáronse os seguintes temas:
• Formación sobre o manexo de alteracións conductuais.
• O papel da familia no proceso de tratamento.
• O Síndrome do coidador.
Conclusións: estas xornadas foron adecuadas para capacitar oao coidador de
habilidades de afrontamento no manexo diario do seu familiar e ofrecer o grupo
como espazo de apoio mutuo. Detectáronse necesidades de atención psicolóxica
que foron atendidas en sesión individual posteriormente.
LOGOPEDIA .- 15 de maio.
Esta xornada foi impartida pola Logopeda do Centro e se realizou no Salón de Actos
do CIS AIXIÑA.
Os temas tratados nesta sesión foron os seguintes:
• Nocións básicas sobre os problemas de deglución: síntomas da disfaxia, accións
para previr o risco de aspiración, recomendacións xerais, alimentos de alto risco en
caso de disfaxia, dietas, que facer en caso de atragantamento.
• Posta en común e resolución de dúbidas concretas dos familiares presentes.
Conclusións: este ano os coidadores asistentes expuxeron problemas de deglución,
e se facilitaron recomendacións individuais para cada caso. Resolvéronsese dúbidas
e plantexamentos para prevención de complicacións no proceso de deglución. O
grupo favoreceu a posta en común de problemas cotiás e resolución dos mesmos
mutuamente. Tamén fse lles facilitou documentación cos principais temas tratados
na xornada.
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
FISIOTERAPIA.- 12 de xuño.
Esta xornada foi desenvolta pola Fisioterapeuta do Centro e se realizou no Salón de
Actos do CIS AIXIÑA.
Os temas tratados nesta sesión foron os seguintes:
• Nocións básicas sobre mobilizacións en persoas maiores.
• Prevención de úlceras por presión.
• Posta en común e resolución de dúbidas concretas dos familiares presentes.
Conclusións:
Ademais do contacto directo nos casos nos que é necesaria unha atención
personalizada, resolvéronse as dúbidas de mobilidade e prevención de úlceras por
presión que teña o coidador no seu día a día. Continuarase co traballo de atención
individual.
FOTOS DAS XORNADAS
.
.
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
5. DATOS DE OCUPACION
USUARIOS ATENDIDOS NO 2014
TOTAL 37
ALTAS 14
RENUNCIAS 7
BAIXAS 11
MULLERES 65%
HOMES 35%
OCUPACION POR SEXO
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
DATOS OCUPACION POR ZOAS
TOTAL ANO
2014
ALTAS BAIXAS USUARIOS
ANTERIORES
ZONA A PONTE 9 2 3 7
ZONA
HISTORICA
18 7 3 11
ZONA CENTRO 6 2 3 4
ZONA COUTO 4 3 2 1
A PONTE 24%
HISTORICA 49%
CENTRO 16%
COUTO 11%
DISTRIBUCION DE USUARIOS POR ZONAS
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
DATOS DE OCUPACION DE USUARIOS ATENDIDOS POR MESES DO ANO
MES USUARIOS ATENDIDOS
(inclúe altas e baixas)
XANEIRO 25
FEBREIRO 26
MARZO 26
ABRIL 26
MAIO 28
XUÑO 28
XULLO 26
AGOSTO 26
SETEMBRO 26
OUTUBRO 26
NOVEMBRO 26
DECEMBRO 26
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
A heteroxeneidade reflectida de diagnósticos fai que o equipo de traballo
estea en proceso de formación continua para achegarse ás necesidades
dos nosos usuarios.
E. ALZHEIMER; 14
DEMENCIA MIXTA (E.A.+ vascular); 6
OUTRAS DEMENCIAS; 3
ENFERMIDADE PSIQUIATRICA; 11
OUTRAS ENFERMIDADES ;
3
DIAGNÓSTICO
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
ANEXO 1
RESUMO DA IMPLEMENTACION DAS MELLORAS OFERTADAS NO CONCURSO DO
CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES DO CONCELLO DE OURENSE
- ANO 2014
1.- MELLORAS EN RELACION COAS PERSOAS USUARIAS DO SERVIZO E AS SUAS
FAMILIAS.
A/ Melloras en programas e servizos.
1.- Programa de apoio e formación aos coidadores informais.
PSICOLOXÍA: Realizáronse 2 xornadas formativas: o 13 de marzo e o 10 de abril. Contidos: Alteracións cognitivas e do comportamento nas demencias, prevención do estrés, tratamento non farmacolóxico.
LOGOPEDIA: 15 de maio. Contidos: A disfaxia, síntomas e prevención nas demencias, axudas técnicas.
FISIOTERAPIA: 12 de xuño. Contidos: Mobilizacións de persoas maiores, prevención de úlceras por presión.
2.- Programa de comunicación e participación dos familiares das persoas usuarias do Centro de Día.
Celebración de tres xornadas de “Portas Abertas” ao ano:
o Festa de inicio de curso: realizouse o venres 26 de setembro de 2014. o Encontro de Nadal: realizouse o mércores 17 de decembro de 2014. o Festa do Entroido: realizouse o venres 28 de febreiro de 2014.
Creación dun acceso privado na páxina web da Asociación AIXIÑA.- Este acceso
segue operativo e se comunicou ás familias as claves e rutas de acceso.
B/ Melloras en instalacións e equipamentos terapéuticos.
1. Dúas aulas de Estimulación Sensorial.- As dúas aulas seguen en funcionamento
en horario de 17:00 a 18:00 e nelas realízanse as terapias de Estimulación
Sensorial dos usuarios máis afectados.
2. Ximnasio de mantemento/sala de xogos.- Estas dúas instalacións están en
funcionamento e totalmente equipadas.
2.- MELLORAS EN RELACIÓN CO PERSOAL ADSCRITO Á EXECUCIÓN DO SERVIZO.
A/ Maior número de profesionais respecto aos esixidos como mínimo na normativa de
vixente aplicación.- Tres profesionais incorporados no cadro de persoal do Centro de
Día dende o comezo da prestación do servizo:
2014. CENTRO DE DIA PARA PERSOAS MAIORES DEPENDENTES
- Unha Diplomada en Logopedia con dedicación de 20 horas semanais. Realiza as
valoracións de problemas de deglución, a supervisión durante as comidas e o
asesoramento ao resto de traballadores e familias.
- Un Técnico de grao Superior en Integración Social con dedicación de 10 horas
semanais. Organiza as actividades de ocio, obradoiros, saídas e outras
actividades extraordinarias.
- Un Técnico en Nutrición e Dietética con dedicación de 5 horas semanais.
Confecciona e supervisa os menús do Centro e as dietas especiais.
B/ Plan anual de formación do persoal.- O Plan de Formación do persoal do Centro de
Día desenvolveuse segundo o programado, cun total de 11 accións formativas
realizadas e coa participación de 15 traballadores do Centro de Día nas distintas
accións formativas.
3.- MELLORAS ORIENTADAS DIRECTAMENTE AO CONCELLO DE OURENSE.
A/ Creación dunha zona privada na páxina web da asociación destinada ó persoal do
Concello.- Este acceso segue operativo.
B/ Presentación do logotipo do Concello de Ourense nos vehículos destinados ao
transporte das persoas usuarias, paxina web e documentación destinada ás familias.-
O logotipo do Concello de Ourense está incorporado na web da Asociación así como
nos vehículos, no cartel de identificación do Centro e en toda a documentación que se
dirixe ás familias.
C/ Posta a disposición da Concellería competente en materia de servizos sociais, de
forma totalmente gratuíta, do salón de actos do Centro Integral de Servizos Aixiña.- O
salón de actos do CIS Aixiña utilizouse nas tres xornadas de portas abertas do Centro
de Día e nas xornadas de formación de familiares. Ata o momento non foi solicitado
este espazo para ningún outro acto da Concellería de Benestar Social.
D/ Posibilidade de que parte das prazas contratadas se poidan ocupar, en función das
necesidades do servizo, no centro de día “San Francisco”.- Do total de usuarios
atendidos no 2014, 1 persoa recibiu atención no Centro de Día “San Francisco”.
E/ Una praza gratuíta para o Concello de Ourense.- Esta praza permaneceu ocupada de
forma continuada dende o mes de febreiro do 2014, salvo nos períodos de tempo que
transcorren dende que se formaliza unha baixa e se efectúa a alta do seguinte usuario.
ANEXO 2
PLAN DE FORMACIÓN CONTINUA
CENTROS DE DÍA ALBOREXO / S. FRANCISCO 2014
FORMACIÓN BONIFICADA MANIPULADOR DE
ALIMENTOS (1)
CURSO DE XESTIÓN DE CENTROS DE SERVIZOS SOCIAIS E DE TERCEIRA
IDADE
PRIMEIROS AUXILIOS
MANIPULADOR ALIMENTOS (2)
TIC NA PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E ATT. Á DEPENDENCIA
TRANSPORTE SANITARIO
CONTRATO PROGRAMA
OUTRA FORMACIÓN
RECOÑECEMENTO
DE EXPERIENCIA PROFESIONAL
INFORMÁTICA BÁSICA
PREVENCIÓN DE RISCOS
ESPECÍFICOS DO POSTO DE
TRABALLO
EXPERTO UNIVERSITARIO EN NEUROPSICOLOXÍA INFANTO- XUVENIL
PRIMEIROS AUXILIOS EN
PARÁLISE CEREBRAL
MANIPULADOR DE ALIMENTOS 1
• 12 traballadores/as
•Distancia cunha sesión presencial (30h)
• A través da Academia SAN MAMED
•13/02/2014
CURSO DE XESTIÓN DE CENTROS DE SERVIZOS SOCIAIS E DE TERCEIRA IDADE
• 1 traballadora (directora do Centro)
• Distancia (300h)
• A través da Fundación UNED
• 28/11/2013 a 15/09/2014
PRIMEIROS AUXILIOS
•2 traballadores (directora e monitor musicoterapia)
•20/03/2014 (4 h)
•A través de IBERMUTUAMUR
MANIPULADOR DE ALIMENTOS 2
• 1 traballadora (monitora taller)
• Distancia cunha sesión presencial (30h)
•A través da Academia SAN MAMED
•03/11/2014
TIC NA PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA
•2 traballadores (monitores)
•09/2014 a 10/2014
•Presencial/teleformación (20h)
•A través de NEWTON FORMACIÓN
TRANSPORTE SANITARIO
•2 traballadores (chóferes)
•09/2014 a 12/2014
•Teleformación/ presencial (400h)
•a través de NEWTON FORMACIÓN
PROCESO DE RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL
•1 traballadora (coidadora)
•A través da Xunta de Galicia
•2014
•información e acompañamento no procedemento de recoñecemento de experiencia para acadar certificado de profesionalidade
INFORMÁTICA BÁSICA
• 2 traballadoras
•27 a 31/01/2014
•Presencial, 15 horas
• A través do Centro Empresarial Transfronteirizo (CET) do Concello de Barbadás
PREVENCIÓN DE RISCOS: TÉCNICO/CHÓFER
•2 traballadoras (monitora taller e coidadora)
•31/10/2014
•Presencial, 1h cada curso
•A través de CUALTIS (Ibermutuamur)
EXPERTO UNIVERSITARIO EN NEUROPSICOLOXÍA INFANTO-XUVENIL
•1 traballadora (psicóloga)
•01/2014 a 06/2015
•presencial, 150h
•A través da Universidade de Santiago de Compostela (USC)
PRIMEIROS AUXILIOS EN PARÁLISE CEREBRAL
•1 traballadora (traballadora social)
•25/03/2014
•Presencial, 3 horas
•a través de FEGAS - SERGAS
OBXECTIVOS POR ACCIÓN FORMATIVA Nº PARTICIPANTES COSECUCIÓN DE
OBXECTIVOS
MANIPULADOR ALIMENTOS 1
Adquirir a formación básica indispensable de hixiene alimentaria e
manipulación, necesaria para os procesos de alimentación no Centro de Día,
cumplindo asimesmo cos requisitos normativos vixentes na materia.
12 SI NON
XESTIÓN DE CENTROS DE SERVIZOS SOCIAIS E DE 3ª IDADE
Mellorar a capacidade da directora do centro de Día para realizar unha
xestión eficaz e eficiente de calquera tipo de centro de atención a persoas.
1
SI NON
SI NON
Cumplir co requisito de formación establecido na normativa vixente relativa
a centros de Atención á dependencia
PRIMEIROS AUXILIOS
Preparar ao personal para actuar en caso de emerxencia, de maneira que
estea capacitado para realizar os primeiros auxilios básicos para garantir a
vida e a integridade física da persoa en perigo mentras non chegan os
servizos de asistencia.
2 SI NON
MANIPULADOR ALIMENTOS 2
Adquirir a formación básica indispensable de hixiene alimentaria e
manipulación, necesaria para os procesos de alimentación no Centro de Día,
cumplindo asimesmo cos requisitos normativos vixentes na materia.
1 SI NON
TIC NA PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL E ATENCIÓN Á DEPENDENCIA
Completar a formación dos/as técnicos/as do Centro de Día en materia de
novas tecnoloxías e discapacidade, a través do coñecemento práctico de
sistemas de comunicación aumentativos e alternativos desenvolvidos como
aplicacións multimedia.
2 SI NON
TRANSPORTE SANITARIO
Familiarizar aos chóferes do Centro de Día co funcionamento e protocolos
dos servizos de emerxencias, mellorando así a súa profesionalidade como
condutores de vehículos de transporte de persoas dependentes.
2
SI NON
SI NON
Mellorar a súa formación profesional de cara a unha posterior presentación
ao Proceso de Recoñecemento de Experiencia Profesional no/s certificado/s
de profesionalidade específico/s.
PROCESO DE RECOÑECEMENTO DE EXPERIENCIA PROFESIONAL
Obter a convalidación de experiencia profesional e formación non regrada
por unidades de competencia do certificado de profesionalidade “Coidador
de persoas dependentes en institucións” para que a traballadora conte coa
formación necesaria para o desempeño do seu posto de traballo, de acordo
co establecido na normativa de referencia.
1 SI NON
INFORMÁTICA BÁSICA
Adquirir os coñecementos básicos no manexo das novas tecnoloxías
necesarios para desenvolverse na actividade do Centro de Día e na
sociedade actual.
2 SI NON
CURSO “PREVENCIÓN DE RISCOS ESPECÍFICOS DO POSTO DE TRABALLO: TÉCNICO / CHÓFER”
Sensibilizar ás traballadoras dos riscos que para a súa saúde poida ter o
desempeño do seu traballo, para que poidan recoñecelos e previlos.
2
SI NON
SI NON Dotar ás traballadoras de “boas prácticas” para que desempeñen o seu
traballo nas condicións óptimas de saúde e seguridade.
EXPERTO UNIVERSITARIO EN NEUROPSICOLOXÍA INFANTO-XUVENIL
Mellorar a especialización da psicóloga do Centro no campo da
neuropsicoloxía, incrementando os seus coñecementos e ferramentas de
intervención.
1 SI NON
PRIMEIROS AUXILIOS EN PARÁLISE CEREBRAL
Preparar ao persoal para actuar en caso de emerxencia, de maneira que
estea capacitado para realizar os primeiros auxilios básicos para garantir a
vida e a integridade física da persoa en perigo mentres non chegan os
servizos de asistencia.
1 SI NON
ANEXO 3
PLANIFICACION SEMANAL DE ACTIVIDADES
LUNS A VENRES
9.30- ENTRADA E ACOLLIDA/ ORIENTACION TEMPOROESPACIAL/ LECTURA DE XORNAL
10.30- ENTRADA E ACOLLIDA/ LECTURA DE XORNAL / ESTIMULACION SENSORIAL ( GDS 6)
11.00-
12.00
PSICOMOTRICIDADE
GDS 2-6
PRAXIAS
SEGUEMENTO
SANITARIO
(Aux. Enfermaría)
ESTIMULACION COGNITIVA
( ATENCION
CALCULO)
TALLER MEMORIA
(Psicóloga)
(GDS 4-5)
ESTIMULACION COGNITIVA
(PERCEPCION)
ATENCION PSICOLOXICA
ESTIMULACION COGNITIVA
(LINGUAXE)
TALLER MEMORIA
(Psicóloga)
(GDS 4-5)
MANUALIDADES
GDS 2-4
REUNION EQUIPO
BISEMANAL
PROGRAMA DE PASEOS/ TAREFAS OCUPACIONAIS/
HABITOS DE HIXIENE (11.15 -12.30 h)
12.00- FISIOTERAPIA (11.15 – 15.00h GDS 2-5) / MUSICOTERAPIA ( 12.00-13.00h GDS 2-6)/ VALORACIONS PAIS
13.00
16.00 h
PSICOMOTRICIDADE GDS 2-4
HABITOS DE HIXIENE / COMEDOR (13.00h GDS 5-6; 14.00h GDS 2-4)/ SESTA
16.00h
17.00h
LUNS
XOGOS DE MESA/
LECTURA REVISTAS
MARTES
TALLER DE COIDADO PERSOAL
GDS 2-4/
XOGOS DE MESA
E. SENSORIAL 17 a 18h
MERCORES
TALLER EXPRESION ORAL
GDS 2-4/
XOGOS DE MESA
XOVES
CINEFORUM
GDS 2-4 /
XOGOS DE MESA
E. SENSORIAL 17 a 18h
VENRES
BINGO
GDS 2-4
17.00-
18.30 h
MERENDA/ HABITOS DE HIXIENE / PREPARACION VOLTA A CASA