XENÉTICA FONTAO
Nº6 Xaneiro 2010
Renovado o convenio con CONAFE O LABORATORIO DE XENÉTICA MOLECULAR, REFERENCIA NACIONAL NAS ANÁLISES DE ADN
DELETE,UN SUPERPEDIGRÍPROMETEDOR
DELETE, STIO, IDEAL PARA MELLORARGRAXA, PROTEÍNA E TIPO
STIO, A NOVA FÓRMULA DO ICO MANTÉN A XACOBEO COMO NÚMERO 1
XACOBEO
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2010 3
XENÉTICA FONTAO
EDITA:XENÉTICA FONTAO S.A.Fontao, Esperante. Aptdo. 12827080. Lugo
Tfno: +34 982.284.391Fax: +34 982.284.626E-mail: [email protected]: www.xeneticafontao.com
PRODUCIÓN:Transmedia Comunicación & PrensaRonda das Fontiñas, 272, entreplanta A 27002. Lugo
Tfnos: 982.221.278, 610.215.366, 636.952.893E-mail: [email protected]: www.transmedia.es
Tirada :7.000 exemplares
DEPÓSITO LEGAL:LU 173-2008
ÍNDICE
NOVA FÓRMULA DE ICO.................
SUPERPEDIGRÍ: DELETE.................
CONVENIO CONAFE-FONTAO.......
TOURO PROBADO: STIO.................
4
6
11
12
MARIO XACOBEO ET EX-90
Nº1 ICO (ESPAÑA)
STAND DE WORLD WIDE SIRES (WWS) -DAIRY DAUGHTERS (DD),
“DAIRY EVENT”,REINO UNIDO, 2009.
MIKE RAKES (WWS), ALLISON LOVELL (DD), EVANS DRAYTON (DD)
E JOHN SCHOUTEN (WWS).
Nº1 TIPO (REINO UNIDO)
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 20104 XENÉTICA
NOVIDADES NAS PROBAS DE CONAFE DE DECEMBRO: NOVO ICO E CAMBIO DE BASE XENÉTICAAs probas españolas recentemente publicadas por CONAFE (decembro do 2009) deben interpretarse baixo unha óptica diferente, pois presentan dúas importantes novidades: a nova fórmula aplicada no cálculo do ICO e o cambio ou axuste da base xenética.
A nova fórmula do ICO débe-
se á imperiosa necesidade
de adaptarse ás actuais
directrices na selección
xenética da raza frisona.
O axuste da base xenética responde ás
recomendacións dos organismos inter-
nacionais de actualizar esta base de re-
ferencia cada cinco anos.
O ICO (índice de mérito xenético total
oficial español) é empregado para re-
saltar os animais que mellor transmi-
ten aqueles caracteres cunha grande
influenza na rendibilidade das nosas
explotacións. O ICO foi establecido
por CONAFE en 1993, pero é un índi-
ce dinámico cuxo cálculo varía en fun-
ción dos novos obxectivos de selección
definidos. É dicir, debe adaptarse aos
novos tempos, e isto é o que ocorreu
co novo ICO calculado en decembro do
2009, tanto para os touros coma para
as vacas.
Os cambios que tiveron lugar refíren-
se ao peso relativo que teñen na fór-
mula do ICO cada un dos tres grandes
apartados que o compoñen: produción,
tipo e caracteres funcionais. Produción
e tipo perden peso no cálculo do ICO,
un 2% e un 6%, respectivamente, que é
o que gañan os caracteres funcionais,
cuxo peso medra do 6% ao 14% na nova
fórmula.
Dentro do apartado de produción, os
rasgos que gañan peso son os quilos de
leite e de proteína, mentres que o per-
den os quilos de graxa e a porcentaxe de
proteína.
En canto aos caracteres funcionais ou
de saúde, o reconto de células somáti-
cas permanece estable, cun peso do 3%,
a lonxevidade medra do 3% ao 8% e un
novo rasgo, días abertos (que reflicte a
fertilidade das fillas), aparece en escena
cun peso relativo do 3%
En relación ao tipo, medra a importan-
cia do ubre (do 16% ao 18%) e das pa-
tas (do 10% ao 11%), mentres que o IXT
(tipo global) desaparece da nova fórmula
(pasa do 9% ao 0%).
A exclusión do IXT do novo ICO signifi-
ca unha caída para aqueles touros que
puntúan moi alto para estatura ou es-
trutura e capacidade en xeral. E é que
algúns rasgos coma a extrema angulo-
sidade ou a excesiva capacidade teñen
unha correlación negativa, non só coa
lonxevidade senón tamén coa fertilida-
de, dous dos rasgos máis buscados na
poboación de vacas de hoxe en día (e na
do futuro), por ser, precisamente, dous
dos que máis empeoraron nos últimos
tempos
De todos os xeitos, España aínda é un
dos países que máis importancia lle dá
ao tipo en xeral, como se pode apreciar
na seguinte táboa.
ICO 2003 ICO 2010
PRODUCIÓN
TIPO
CARACT. FUNC.
35%
6%
59%
29%
14%
57%
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2010 5XENÉTICA
O que reflicte o novo ICO é que España,
coma o resto dos países, busca para o
futuro unha vaca máis saudable, lonxe-
va e fértil, é dicir, con menos problemas.
Unha vaca de tamaño medio con moi
boas patas e ubre, capaz de producir lei-
te durante moitas lactacións.
É indubidable que o ICO seguirá evolu-
cionando nos próximos anos, a medida
que se poida aumentar o peso relativo
dos caracteres funcionais (sobre todo,
lonxevidade e días abertos), moi mode-
rado hoxe en día debido á súa baixa fia-
bilidade, sobre todo nos touros novos. A
chegada das avaliacións xenómicas abri-
rá novas e esperanzadoras expectativas
neste sentido.
CAMBIO DE BASE
Seguindo as recomendacións de Inter-
bull, recentemente tivo lugar un cambio
de base, o que significa que as vacas que
serven de referencia para as avaliacións
xenéticas son agora as nacidas no ano
2005. O cambio de base realízase en Espa-
ña cada cinco anos e representa unha ac-
tualización dos valores xenéticos ou, o que
é o mesmo, reflicte o progreso xenético
alcanzado nos últimos cinco anos, que se
resta aos valores das probas dos touros.
O cambio de base implica unha diminu-
ción do valor da proba daqueles carac-
teres que experimentaron unha mellora
xenética. Por exemplo, un touro coma
Xacobeo, que era practicamente +1.500
quilos para leite en xullo, é agora +1.150
quilos (1.500-350) debido á nova base xe-
nética, é dicir, á mellora en leite de 350
quilos nas vacas españolas nestes últi-
mos cinco anos.
A orde da lista dos mellores touros non
varía debido ao cambio de base, pois
afecta a todos por igual, senón que a
posible variación sería debida aos novos
datos procedentes das fillas incorpora-
das na última proba.
Practicamente todos os rasgos expe-
rimentaron unha mellora xenética nos
últimos anos (como pode verse na táboa
seguinte) excepto un: os días abertos.
Neste caso, o progreso xenético foi ne-
gativo en cinco puntos, é dicir, non foi un
progreso senón un retroceso. Isto sig-
nifica que as vacas nacidas no ano 2005
teñen unha media de cinco días abertos
máis cás nacidas no ano 2000, ou sexa,
son menos fértiles.
NOVA BASE XENÉTICA
(Progreso xenético dos últimos
cinco anos )
Malia os cambios de fórmula comenta-
dos, Xacobeo segue como touro número
1 por ICO de España, alcanzando unha
cifra de 3.200 e mantendo os seus altos
números para produción de leite (+1.150
quilos sería +1.500 sen o cambio de
base), proteína (+32 quilos sería +43 coa
vella base), ubres (+2,69, sería +3,36 sen
cambio de base, número 3 dos mellores
50 touros por ICO), patas (+1,82, que sen
o cambio de base sería +2,32, número 3
para este carácter) e morfoloxía en xe-
ral (+2,79, que sen cambio de base sería
+3,51, número 2 por tipo dos mellores 50
touros españois).
Outros touros coma Dancer tamén se
ven beneficiados cos últimos cambios,
pois malia unha moderada cifra en leite
de +118 quilos (que sería de +468 quilos
na vella base), subiu case 600 quilos de
leite desde a súa primeira proba de de-
cembro do 2007. Ademais, o seu claro
liderado como número 1 en ubres e ta-
mén en días abertos (fertilidade das súas
fillas) explica que o seu ICO experimen-
tara un incremento de 472 puntos desde
a súa primeira proba oficial, chegando a
2.139. Isto faino merecedor, agora si, dun-
ha honrosa praza entre os 50 mellores
touros españois por ICO.
Leite ................................... 349 qg
Graxa .................................. 8,3 qg
Proteína .............................. 10,7 qg
Ubre ..................................... 0,67
Patas .................................... 0,50
Tipo global ........................... 0,72
Días abertos ....................... -5
ESPAÑA 2003 6% 35% 59%
ESPAÑA 2010 14% 29% 57%
CANADÁ 22% 27% 51%
USA 26% 29% 45%
AUSTRALIA 30% 70%
FRANCIA 38% 12% 50%
ALEMANIA 40% 15% 45%
HOLANDA 45% 22% 33%
GRAN BRETAÑA 49% 6% 45%
DINAMARCA 57% 13% 30%
PRODUCIÓNTIPOCARACT. FUNC.
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 20106 SUPERPEDIGRÍ
DELETE, TODO UN PEDIGRÍRidgefield Delete é un xovenco de pouco máis de dous anos que procede dunha gran familia e posúe unha espectacular morfoloxía, o que lle deparará sen dúbida un futuro prometedor. Delete representa en si mesmo un dos obxectivos prioritarios de Xenética Fontao: poñer a disposición de todos os gandeiros que así o desexen a xenética de máis rabiosa actualidade.
Delete é un cruce doura-
do (Goldwyn x Durham)
dunha das familias máis
buscadas hoxe en día
pola alta xenómica dos
seus membros, tanto femias coma ma-
chos. Proba diso é que Delete terá pro-
ba simultánea nun futuro en España,
Alemaña e Canadá, pois recentemente
exportáronse as súas doses de seme a
estes países.
ATLEE, A NAI
Outono do ano 2003. Michael Heath
e Kelly Barbee quedan impresionados
cunha xovenca que pace nun campo de
Cleveland, Carolina do Norte (EE.UU). É
unha filla de Durham propiedade de Te-
rry e Sarah Foster, que a adquiriran con
seis meses de idade nunha subasta na
granxa MD-Delight, do estado ameri-
cano de Maryland. Estaba preñada con
Gibson e xa tiña embrións con Adam e
Astronomical. Foi necesaria unha co-
propiedade entre varios gandeiros para
facerlle fronte aos 20.000 dólares que
os seus propietarios pedían para pechar
Ridgefield Delete ET
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2010 7SUPERPEDIGRÍ
Os descendentes de Atlee, a nai de Delete, son vendidos a prezos
astronómicos en subastas de todo o
mundo
a súa venda. E así foi como este animal
novo cambia de domicilio. Na súa nova
granxa pare unha filla de Gibson, e tres
días despois califícase MB-87 2a.
Estamos a falar dunha filla de MD-De-
light Strm Amberlee MB-88 DOM e neta
da mítica MS Kingstead Chief Adeen ET
EX-94 2E DOM, que non é outra que MD-
Delight Durham Atlee ET EX-92 DOM. En
efecto, a nai de Delete, e quizais unha
das mellores vacas da raza Holstein de
todos os tempos.
Atlee foi exposta polos seus novos
propietarios no concurso do estado de
Massachusetts no 2005 e gañou a súa
sección de vaca nova de dous anos. Pos-
teriormente asiste ao concurso do esta-
do de Nova York e queda novena. Máis
tarde, no concurso nacional de Madison
é decimocuarta e recibe o premio ao Mé-
rito Xenético. Pouco despois, xa de vol-
ta a Maple Downs Farm, en Nova York,
é recalificada como MB-89, e entón todo
empezou...
Contan os seus propietarios que o máis
impresionante de Atlee era a súa gran
corrección morfolóxica e o gran poten-
cial que amosaba, e o único que necesi-
taban para rendibilizar o grande inves-
timento realizado era tempo e un parto
máis. E así foi, pois a súa primeira filla
con Gibson foi vendida en subasta en
abril do 2005 por 17.500 dólares.
Atlee pare de novo en setembro e vai ao
concurso de Madison, onde gaña a súa
sección de vaca de tres anos e é Campio-
na Reserva Intermedia. Posteriormente
recibe o prestixioso galardón All Ame-
rican Sr. 3 anos, no 2005, e é calificada
EX-92 na súa segunda lactación, que
pecha con 17.368 quilos de leite ao 5,5%
de grasa e 3,3% de proteína en 365 días,
recibindo o premio á segunda mellor
lactación por quilos de graxa do estado
de Nova York.
Atlee morre nova, aos cinco anos de
idade, pero antes fora flusheada con
Goldwyn (cunha espectacular resposta
de 54 embrións), Shottle e Roy. Entre as
crías nacidas destes embrións atópanse
algúns dos animais máis emblemáticos
de hoxe en día: touros novos cos máis
altos datos xenómicos do panorama in-
ternacional e femias que alcanzaron as
máis altas calificacións e cuxos descen-
dentes nacidos e embrións son vendidos
a prezos astronómicos en subastas de
todo o mundo.
PROXENIE DE ATLEE
Atlee ten xa tres fillas calificadas Ex-
celente. Allure EX-90 (filla con Gibson do
seu primeiro parto), Anna EX-90 e Adona
EX-90. As dúas últimas son as súas fillas
con Astronomical e, xunto con Arlene
MB-86 (filla de Timlynn Adam), proceden
dos embrións de Atlee cando era xoven-
ca.
Unha das fillas de Atlee máis destaca-
das é MS Atlees Roy Autumn ET MB-89,
primeira de sección de xatas e Junior
Champion en Madison 2007, ademais de
All American 2007. Como vaca nova de
dous anos foi primeira de sección en Ma-
dison e, de novo, All American.
MS Atlees Shottle Aubrey ET, unha fi-
lla de Atlee con Shottle e compañeira de
establo de Autumn, é unha prometedora
xovenca con altísima xenómica.
MD-Delight Durham Atlee EX-92, nai de Delete
MS Atlees Goldwyn Ariel MB-88 SM-EX, irmá completa de Delete
MS Atlees Roy Autumn MB-89, irmá materna de Delete
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 20108 SUPERPEDIGRÍ
Sen embargo, son as súas fillas con
Goldwyn (irmás completas de Delete) as
que máis interese espertan actualmen-
te, polos seus altos datos xenómicos e
as súas extremas calificacións, e como
exemplo vexamos os astronómicos pre-
zos alcanzados por algúns dos seus des-
cendentes (xatas nacidas ou primeiras
opcións sobre embrións).
MS Atlees Gold Abigail ET MB-89 SM-EX
2a USA. Unha primeira opción dun futu-
ro flushing, é vendida por 72.000 dólares
na “subasta de estrelas” da Royal Winter
Fair (Canadá, novembro do 2009). A súa
filla con Baxter foi vendida por 24.000
euros na subasta Tulip Sale (Holanda,
decembro do 2009). Cun índice de 2077,
é a vaca número 22 da lista das mello-
res vacas de EE.UU por CTPI (xaneiro do
2010).
MS Atlees Goldwyn Ariel ET MB-88 SM-
EX 2a USA. Primeira opción con Jeeves,
femia, vendida por 93.000 dólares, e ma-
cho por 60.000 dólares (Internacional
Intrigue Sale, EE.UU, 2009), primeira op-
ción con Super, 80.000 dólares (Legends
of the Fall Sale, EE.UU, 2009), primeira
opción femia con Sánchez ou Man-O-
Man, 77.000 dólares (Planet Holstein
Sale, EE.UU, outubro do 2009).
Ariel foi segunda na súa sección (Junior
2 anos) no concurso de Madison do 2009
e está nominada como All American 2009
na categoría de dous anos.
MS Atlees Goldwyn Arista ET MB-88
SM-EX 2a USA. Primeira opción femia
con Mac, vendida en 20.000 dólares (Pla-
net Holstein Sale, EE.UU, outubro do
2009).
Allyndale-I Goldwyn Albany MB-87 SM-
87 2a CAN. As súas fillas con Planet e
Alexander están entre as xovencas con
máis alta xenómica en Canadá. Os seus
fillos con Shottle e Planet son xa touros
novos en proba en distintos centros de
EE.UU e Canadá.
Allyndale-I Goldwyn Avery ET MB-85 2a
USA, vendida por 87.000 dólares na Ca-
nadian Convention Sale de 2008.
Maple-Downs Goldwyn Ava ET MB-86
2a USA.
Ridgefield Gold Atlee ET e Heavenly
Golden Atlee ET. Son as dúas únicas ir-
más completas das anteriores nacidas
en Europa (froito da importación de em-
brións desde EE.UU).
Ao igual cás súas fillas, os fillos de Atlee
son prometedores touros novos, polos
altísimos datos xenómicos que posúen.
Entre eles atópanse os números 1 e 3 en
xenómica para tipo a nivel mundial, At-
Ridgefield Delete ET é un dos dous únicos fillos
de Atlee nacidos en Europa
MS Atlees Gold Abigail MB-89 SM-EX, irmá completa de Delete
Allyndale-I Goldwyn Albany MB-87 SM-87, irmá completa de Delete
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2010 9SUPERPEDIGRÍ
wood e Aftershock, respectivamente. De
todos eles destacamos os seus fillos con
Goldwyn (irmáns completos de Delete) e
con Shottle. Entre os primeiros:
Maple-Downs-I GW Atwood (Select
Sires)
Maple-Downs-I GW Atlantic (Select
Sires)
Allyndale-I GW Arden (Select Si-
res)
Allyndale-I Attic (Semex)
Allyndale-I Atticus (Semex)
MS Atlees Alta Amazing ( Alta)
MSAtlees Gold Avalanche (Field of
Dreams)
Os dous únicos fillos de Atlee nacidos
en Europa e irmáns completos dos an-
teriores son:
Ridgefield Delete ET (Xenética Fon-
tao, España)
Heavenly Golden Dreams ET (C.I.Z,
Italia)
Atlee tivo unha irmá completa: MD-De-
light Durhm Addison MB-88. Ela e a súa
filla con Lancelot, Cranberry-Mdws Lan
Aloe MB-88, son tamén dúas “superva-
cas”, xenomicamente falando. Pero foi
o irmán completo daquelas, MD-Delight
Durham Atlas, o que captou a atención
de moitos criadores da raza Holstein, se
ben a súa morte prematura truncou, en
parte, a súa carreira.
E é quizais MD-Delight Strm Amberlee
MB-88 o elo transmisor de todo este po-
tencial xenético, pois non só é a nai de
Atlee, Addison e Atlas, ou a irmá comple-
ta do touro probado MD-Delight Storm
Alanta, senón a filla de MS Kingstead
Chief Adeen EX-94 2E DOM, unha das
máis destacadas nais da raza Holstein,
como amosa a grande atención que cap-
tan actualmente os seus descendentes,
tanto en subastas e concursos coma no
eido da xenómica.
ADEEN E ALICIA, AS FILLAS DE ADA
Adeen nace na granxa Kingstead,
Maryland (EE.UU). Foi a última xata na-
cida antes da venda completa do raba-
ño, en 1997. Con dous anos de idade é
vendida polos seus novos propietarios
e chega a Québec (Canadá), onde per-
manece pouco máis dun ano, califícase
MB-87 e produce uns 30 embrións. É su-
bastada de novo, retornando ao seu lu-
gar de orixe, Maryland, a mans dos seus
primeiros donos, Kingstead Farm, des-
ta vez en copropiedade con Jeff Butler
(Butlerview Farm).
Este periplo incrible é algo normal nas
grandes vacas en Norteamérica. De fei-
to, empezou axiña para Adeen, que foi
concibida en Canadá froito dun flushing
da súa nai, a célebre Aitenbrae Star-
buck Ada EX-CAN EX-94 2E USA DOM
4* co mítico Skychief, do que retornaron
a Maryland cinco embrións debido ao
acordo asinado no seu momento entre
os propietarios e vendedores de Ada (de
novo Kingstead Farm) e os seus compra-
dores, a granxa Shore Holstein de Onta-
rio, Canadá.
Deste flushing de Skychief e Ada nacen
dúas femias, que por nacer non só en
diferentes granxas (Kingstead e Shore-
mar), senón en distintos países (EE.UU
e Canadá), levan distintos prefixos. Son
a citada MS Kingstead Chief Adeen EX-
94 (bisavoa de Delete) e a arquicoñecida
Shoremar S Alicia EX-97 3E USA 5*.
A poderosa Alicia foi All American,
World Champion e Gran Campiona da Ro-
yal Winter Fair (Canadá) no ano 2000, así
como All American Produce of Dam (ga-
lardón americano similar ao de “mellor
descendencia de vaca”) do mesmo ano,
xunta á súa irmá Adeen. Alicia foi cali-
ficada EX-97 no ano 2004 e ten máis de
50 fillas rexistradas no libro xenealóxico
americano, das que 16 están calificadas:
unha con 84 puntos, 8 MB e 7 EX.
Se ben foi Alicia a que acaparou a mei-
rande atención anos atrás polo seu éxi-
Adeen, a bisavoa de Delete, ten 37 fillas
calificadas cunha media de 88 puntos
Adeen transmite tipo de concurso, ubres
excelentes, fortaleza do terzo anterior, grande
anchura de grupa e tremendas estruturas
leiteiras
MS Kingstead Chief Adeen EX-94 e Shoremar S Alicia EX-97
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 201010 SUPERPEDIGRÍ
to nas pistas, hoxe é a súa irmá Adeen a
que capta todas as miradas, e con máis
dun cento de fillas rexistradas en Amé-
rica ten 2 calificadas con 84 puntos, 21
MB e 14 EX. Abonda dicir que a media de
puntuación das súas 37 fillas calificadas
é de 88 puntos.
Se ben é imposible abordar desde
aquí toda a súa descendencia, si debe-
mos destacar as súas fillas con Storm
(dúas son MB-88 _unha delas é Am-
berlee, a avoa de Delete_ e dúas EX) e
con Lee (unha é MB-85 e catro son EX).
Unha destas, Amlaird Lee Alice EX-94 2E
USA, completa catro xeracións seguidas
de EX-94 e All American, e foi adquirida
recentemente pola granxa MilkSource
de Wisconsin por 67.000 dólares, aca-
dando o prezo máis alto da subasta, se-
guida pola súa propia neta (unha filla de
Goldwyn e de Sherona-Hill Champ Angel
MB-89, a filla de Champion e de Alice),
Crescentmead-Alicia MB-89, vendida en
35.000 dólares.
Lee Alice é ademais a nai de MS Cres-
centmead Arrow ET, un fillo de Durham
célebre polas súas altas cifras para tipo
e ubre. Outra destacada filla de Adeen é
Miss Rubens Amy EX-94 2E USA, que ten
xa sete fillas MB e EX.
Adeen, que foi nominada dúas veces
All American, ten tamén un importante
número de fillas calificadas MB en Eu-
ropa.
Non cabe dúbida de que a parella for-
mada polas dúas irmás completas Alicia
e Adeen é unha das máis famosas da his-
toria Holstein. Ambas as dúas transmi-
ten un tipo de concurso, ubres excelen-
tes, fortaleza do terzo anterior, grande
anchura de grupa e tremendas estrutu-
ras leiteiras, todo iso acompañado dun
grande estilo.
Pero, ademais do show, o que carac-
teriza a esta familia son as altas produ-
cións de leite, os altos índices xenómicos
e a grande eficiencia reprodutiva. As fe-
mias desta familia maduran cos partos,
son lonxevas e moi boas produtoras de
embrións. Tal é así que estas dúas ir-
más, Alicia e Adeen, con 14 e 12 anos,
respectivamente, están vivas hoxe en día
e residen en Trans-Ova Genetics (Iowa,
EE.UU) como doadoras permanentes de
embrións. Por certo, o último flushing
de ambas, hai escasas semanas, foi con
Atwood, un dos irmáns completos de De-
lete.
ADA, FUNDADORA DA SAGA FAMILIAR
O cuarto elo xeracional de Delete vía
materna lévanos ata Aitenbrae Starbuck
Ada EX-94 2E DOM 4*. Esta célebre filla
de Starbuck é a nai de Alicia e Adeen, á
vez que a vaca fundadora desta familia.
Nacida en Canadá en 1987 e All Ameri-
can 3 anos en 1990, comeza a súa ca-
rreira no concurso de Madison de 1989,
onde queda terceira na sección de vaca
nova de 2 anos, mítica sección esta na
que Ada foi precedida de dúas vacas que
o tempo revelaría como grandes nais da
raza: Dupasquier Starb Winnie, que ga-
ñou a sección, e Comestar Laurie Sheik,
que foi segunda.
Ada remata a súa carreira en Colds-
pring Farm, Maryland, con multitude
O que caracteriza a esta familia son as altas producións de leite,
altos índices xenómicos e grande eficiencia
reprodutiva. As femias maduran cos partos,
son lonxevas e moi boas produtoras de embrións
de descendentes en América e Europa,
onde unha neta, Riedmuellers Cham-
pion, chega mesmo a ser a Gran Cam-
piona de Suíza no ano 2007.
Ada e a súa familia conseguiron faza-
ñas sen precedentes na raza Holstein,
pois nunca antes se dera o caso de que
unha vaca (Ada), a súa filla (Alicia), unha
neta (Atlee) e unha bisneta (Autumn) te-
ñan recibido o prestixioso galardón All
American, todas elas como vacas en lac-
tación.
Con semellantes ancestros familiares,
o futuro de Delete e das súas fillas é,
cando menos,… intrigante.
Aitkenbrae Starbuck Ada EX-94
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2010 11LABORATORIO
O LABORATORIO DE XENÉTICA MOLECULAR, REFERENTE NACIONAL NA ANÁLISE DO ADN DE FRISONA
A Confederación de Asocia-
cións de Frisona Española
(CONAFE) e o Laboratorio
de Xenética Molecular de
Xenética Fontao, partici-
pado pola Consellería do Medio Rural,
asinaron o pasado 17 de decembro nas
instalacións de Xenética Fontao en Es-
perante (Lugo) a renovación do convenio
para a realización de análises de ácido
desoxirribonucleico (ADN) en animais da
raza bovina frisona en toda España. Des-
ta maneira, o laboratorio convértese en
centro de referencia nacional para este
tipo de probas.
Á sinatura do convenio asistiron José
Carlos Vega, presidente de CONAFE;
José Álvarez Robledo, da Consellería do
Medio Rural, en calidade de presidente
do Consello de Administración de Xené-
tica Fontao S.A., e Sofía Alday, Xerente
de CONAFE.
CONAFE e o Laboratorio de Xenética
Molecular de Fontao estableceron no
ano 2005 un convenio para a realización
de probas de ADN en animais inscritos
no Libro Xenealóxico da Raza Bovina Fri-
sona en España, con vistas á asignación/
exclusión de paternidade e/ou materni-
dade mediante a análise dun panel de 17
loci microsatélites aceptados internacio-
nalmente pola Sociedade Internacional
para a Xenética Animal (ISAG).
A ISAG é o organismo encargado a ni-
vel mundial de coordinar os distintos
laboratorios e estandarizar protocolos,
nomenclaturas e selección de paneis de
marcadores moleculares, que permiten
que os resultados obtidos polos distintos
membros sexan obxectivos e compara-
bles. A metodoloxía de traballo desen-
volvida no laboratorio de Fontao está
estandarizada coa dos membros da ISAG
especializados en análise de ADN nas
especies bovina, equina, ovina, caprina,
porcina e canina. O laboratorio de Xené-
tica Fontao vén participando de maneira
ininterrompida na realización dos test
de comparación internacionais de aná-
lise de ADN organizados pola ISAG nos
últimos dez anos.
Como resultado do traballo realizado no
marco do convenio con CONAFE, ao longo
destes catro anos, no Laboratorio de Xe-
nética Fontao realizáronse máis de 17.000
probas de identificación xenética a animais
desta raza bovina, pertencentes a 2.750
ganderías localizadas en toda España.
Os marcadores de ADN que se analizan
para a realización das análises de identi-
ficación xenética so n os microsatélites ou
STR (Short Tandem Repeats). Estes mar-
cadores, seleccionados das listas propos-
tas pola ISAG e a FAO, son particularmen-
te axeitados para este tipo de probas polas
súas propiedades: son moi abundantes e
están dispersos por todo o xenoma.
A comparación dos perfís xenéticos
obtidos da análise dos microsatélites
de ADN entre individuos é a base da
metodoloxía empregada para a realiza-
ción das análises de filiación. Estas son
probas xenéticas que se empregan para
comprobar o pedigrí dos individuos.
A realización das devanditas probas, e
as que se planifican no marco do novo
convenio asinado en decembro, está a
constituír un elemento fundamental na
consecución dos obxectivos fixados por
CONAFE dentro do esquema de Selec-
ción e Mellora da Raza Bovina Frisona
en toda España, esquema do que Galicia
é parte destacada.
De esquerda a dereita, Sofía Alday (directora xerente de CONAFE), José Álvarez Robledo (presidente do Consello de Administración de Xenética Fontao) e José Carlos Vega (presidente de CONAFE)
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 201012 TOUROS PROBADOS
STIO, ENTRE OS 50 MELLORES
SEMENTAIS DE ESPAÑA POR ICOBos Stormatic Stio ET recibiu a súa primeira valoración oficial en xullo do 2009 e, malia a súa baixa fiabilidade, xa destacaba por ter unha proba moi equilibrada e, sobre todo, polos seus rasgos morfolóxicos. Nas últimas probas españolas de decembro alcanza a fiabilidade suficiente e confirma a súa proba preliminar.
Stio é un semental proba-
do de cinco anos de idade
que, con case 100 fillas
para produción e máis de
60 para tipo, consolídase
como un dos mellores touros do pano-
rama nacional. Cun ICO de 2.154, sitúase
entre os 50 mellores touros españois,
sendo ademais o cuarto mellor touro
para tipo deste ránking. Stio é un fillo de
Stormatic e procede dunha emerxente
familia de vacas canadense.
A FAMILIA MATERNA
Stio é fillo de Dohbell James Ciss ET
MB-87 CAN 6*, unha vaca nai recoñeci-
da actualmente, non só polas súas oito
fillas calificadas (das que seis son MB,
con catro touros diferentes, September
Storm, Reggie, Morty e Lancelot), senón
polas súas altas producións de leite con
moi boas calidades. De feito, no seu se-
gundo parto, e en 365 días, superou os
18.000 quilos de leite ao 5,20% de grasa
e 3,50% de proteína.
Ciss non só se atopa entre o 5% das
mellores vacas de Canadá para GLPI
(índices xenómicos), senón tamén para
produción de leite e, sobre todo, para ca-
lidades de graxa (+0,46), proteína (+0,29)
e células somáticas.
Ciss, actualmente en lactación e con
máis de 10 anos de idade, ten varios fi-
llos en centros de inseminación artificial
canadenses (dous en Semex, un fillo de
Lancelot e outro de Champion, e un en
ABS, fillo de Ramos).
Stio está precedido por 6 xeracións de
vacas MB, das que todas son nais de se-
mentais e reúnen 26 estrelas ao mérito
pola súa descendencia. Esta é unha fa-
milia canadense que se caracteriza por
combinar algunhas das liñas xenéticas
máis destacadas para tipo dos últimos
anos (James, Leader, Leadership, Lindy,
Sterling e Starbuck) con altísimas pro-
ducións de leite e moi boas calidades de
graxa e proteína.
Abonda dicir que vacas como Dunrick
Carry Starbuck MB-86 CAN 2*, a vaca
fundadora da familia, era filla de Star-
buck, un touro con tremendo potencial
para tipo, pero non tanto para produ-
ción (sería hoxe -1125 quilos para leite).
Sen embargo, a súa filla Carry, nacida
no ano 1985, aínda tería hoxe un índi-
ce xenético para leite de +395 kilos. De
feito, recibiu o premio por superior lac-
tación en tres ocasións e produciu máis
de 10.000 quilos de leite ao 3,10% de
proteína na súa primeira lactación, hai
máis de 20 anos.
O mesmo ocorría con Dunrick Sterling
Caroline MB-85 CAN 2*, a filla de Carry,
outra gran produtora de leite e proteína
e filla dun touro de tipo, como foi Sterling
no seu día.
Bos Stormatic Stio ET
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2010 13TOUROS PROBADOS
Carolina tivo unha filla con Lindy, Dohbell
Lindy Carry ET MB-87 5*, que foi unha
vaca de concurso e tamén de alta pro-
dución, pois rexistrou máis de 74.000
quilos de leite ao 3,30% de proteína nas
súas seis lactacións. A filla de Lindy
Carry con Leadership, Dohbell Leader-
ship Cinthia ET MB-85 CAN 4* (bisavoa
materna de Stio), superaba xa o 4,20%
de graxa e 3,50% de proteína nas súas
lactacións, hai máis de 15 anos. A súa
filla, e avoa de Stio, Dohbell Leader Ci-
cely MB-85 CAN 6*, chegou mesmo ao
4,20% de graxa e 3,70% de proteína na
súa lactación natural de 20.000 quilos
de leite. Por último, Dohbell James Ciss
ET MB-87 CAN 6*, a nai de Stio, pro-
duciu máis de 43.000 quilos de leite ao
4,90% de graxa e 3,60% de proteína en
tres lactacións.
E é que estes son os sinais de identi-
dade desta familia: altas producións de
leite con tremendas calidades de graxa
e proteína. Morfoloxicamente, as femias
desta familia teñen bos ubres e patas,
pero sobre todo destacan polas súas ex-
celentes estruturas leiteiras, amosando
unha combinación perfecta de fortaleza
e carácter leiteiro.
A PROBA DE STIO
A proba de Stio obtén a fiabilidade axei-
tada nas valoracións oficiais de CONAFE
do pasado mes de decembro, pois prac-
ticamente triplica o número de fillas en
produción e duplica o de fillas califica-
das. Malia iso, a estabilidade é a tónica,
e os cambios apreciables entre as súas
dúas probas son debidos na súa maio-
ría ao axuste ou cambio de base que
tivo lugar recentemente, no que a nova
referencia son as vacas nacidas no ano
2005.
As fillas de Stio están por riba delas
en canto a produción se refire, e a súa
proba para leite seguramente seguirá
subindo, pois a maioría das lactacións
non están finalizadas (un 94% son esten-
didas). As porcentaxes de graxa e proteí-
na si que experimentan unha clara me-
llora, situándose nun +0,14% de proteína
e +0,13% de graxa, o que revela a forte
impronta da familia materna.
En canto á proba de tipo, cun IXT de
+2,06, constitúe o punto forte deste se-
mental. Chama a atención a mellora dos
rasgos de estrutura e capacidade, sobre
todo anchura de peito e fondura de cos-
telar, nos que Stio é un claro melloran-
te.
No ránking dos 50 mellores touros españois por ICO, Stio é o cuarto
mellor para tipo
192 Stio Escaleira
Dohbell James Ciss ET, nai de Stio
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 201014 TOUROS PROBADOS
XENEALOXÍA
♀ DOHBELL LINDY CARRY ET MB-87 CAN 5*(A TOWNSON LINDY ET)
↓
♀ DOHBELL LEADERSHIP CINTHIA ET MB-85 CAN 4*(HALDREY LEADERSHIP)
↓
♀ DOHBELL LEADER CICELY MB-85 CAN 6*(COMESTAR LEADER ET)
↓
♀ DOHBELL JAMES CISS ET MB-87 CAN 6*(SHOREMAR JAMES)
↓
♂ BOS STORMATIC STIO ET(COMESTAR STORMATIC ET)
As fillas de Stio son vacas de capa
negra, en xeral, con boas estruturas e
moita angulosidade. Os ubres destacan
polas súas fortes insercións anteriores e
as patas teñen moita calidade ósea, con
bo ángulo podal e moi boa mobilidade.
As grupas teñen boa anchura, pero os
isquións son altos.
CONSELLOS DE ACOPLAMENTO
O acoplamento ideal de Stio é sobre
vacas de pequeno tamaño con altas pro-
ducións de leite que necesiten mellorar
as súas porcentaxes de graxa e proteína.
Podemos usar este semental para me-
llorar a estrutura e capacidade daque-
las vacas con peito estreito e costelares
pouco fondos que teñan un correcto án-
gulo de grupa. Se ademais necesitamos
mellorar a angulosidade, as patas no seu
conxunto e os ubres, en particular a súa
inserción anterior e profundidade, Stio
pode ser o touro a elixir.
As femias desta familia destacan polas súas
excelentes estruturas leiteiras, amosando unha
combinación perfecta de fortaleza e carácter
leiteiro
Algunhas das liñas xenéticas ás que
nos referimos, e coas que Stio podería
resultar un bo cruzamento, poden ser:
Liñas Blitz. Fillas de Blitz ou dos
seus fillos: Baxter, Lucus, etc.
Liñas Mtoto. Fillas de Shottle.
Liñas Rudolph. Fillas de Landoi.
Liñas Bw Marshall. Fillas de Xaco-
beo, Buckeye, Toystory, etc.
Liñas Champion. Fillas de Valeron,
Vértigo, etc.
Liñas Jocko Besn.
E tamén sobre as fillas daqueles touros
con forte potencial leiteiro pero que re-
quiran melloras en determinados rasgos
morfolóxicos, sobre todo patas, ubres ou
angulosidade, como son Bisbal, Lupino,
Tenorio e Six, entre outros.
Maria Carmen Stio Parrula
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 2010 15LABORATORIO
XENÉTICA FONTAO XANEIRO 201016 XENÉTICA