Download - Especies en perigo
Especies en
perigo
Todas e cada unha das especies animais e vexetais que existen na
natureza son necesarias para a supervivencia no noso planeta.
Extinción de especies: Un Ritmo Preocupante
Todas as especies que habitan o planeta contan con un ritmo de extinción natural, pero nos últimos 5 séculos, o ritmo é 50 veces superior, o que levou á extinción dunhas 800 especies.
Aínda que o maior número de especies ameazadas atópanse nas zonas tropicais, o resto do planeta tamén é vítima deste problema.
A extinción fai que a evolución dos animais non remate o seu ciclo natural de vida e a raíz de eso baixe o número da súa poboación ou desparezan e afecten o ecosistema.
A destrución do hábitat, o tráfico ilegal e a invasión de especies levada a cabo polo ser humano son algunhas das causas de que 4 de cada 10 especies animais se atopen en perigo de extinción.
CAUSAS
• O quecemento global: Causado polo aumento de
dióxido de carbono. Fai que o xeo do mar do Ártico se derrita en grandes proporcións. Nas tres décadas anteriores, máis dun millón de millas cadradas desapareceron. Eso podería ser terrible polos animais que alí habitan. Sen protección algunha, o oso polar pode ser o primeiro mamífero en perder o 100% do seu habitat.
Os fertilizantes químicos usados para aumentar as colleitas son outra gran causa de que as especies estén en perigo de extinción. Estes acaban na auga dos ríos, lagos e mares onde fertilizan en abundancia aos vexetais acuáticos nun proceso chamado eutrofización. Os vexetais, especialmente as algas, multiplícanse tanto que absorben todo o osíxeno que hai na auga. E a consecuencia desto peixes e outros seres morren por falta de osíxeno.
Outas das principais causas son:- Aumento da poboación humana:A poboación tivo un aumento masivo, coa necesidade de máis produción de alimento, roupa, gran demanda de superficie de cultivo e crianza, recursos materiais para a construción…- A pobreza:Aféctalle a persoas de poucos recursos en países en proceso de desenvolvemento. Vai asociada á tala indiscriminada de bosques, cultivos en terreo marxinal, rematar con especies de peixes e matar animais en perigo de extinción pola súa pel, dentes, alimentar ás súas familias ou simplemente por entretemento.
Outras das tantas causas débense a fenómenos naturais como:-Secas, incendios, pragas, enfermidades, etc….
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN) está encargada de elaborar a Lista Vermella. Nela inclúense 7 categorías distintas en función dos graos da ameaza das especies.
Preocupación menor Case ameaza Vulnerable En perigo En perigo crítico Extinta en estado silvestre Extinta
Actualmente contabilizáronse unhas 11.200 especies en perigo de extinción, das que 124 están incluídas dentro da categoría de estado crítico.
Leopardo de Xava
serpe de cascabel da illa de Aruba
can salvaxe asiático
cabaliño de mar de Knysna
crocodilo de Siam.
Tacca Chantrieri
Algúns animais extintos
Cotorra das Carolinas
Tigre de Tasmania
Leopardo de Zanzíbar
Stop extinciónMencía Bóveda Oubiña
Alejandro Oubiña Lobato6 de xuño de 2014
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE