Download - Espazo natural Veigas do Río Salas
Veigas do río Salas
Superficie: 723,1 ha
Unha ampla zona de veigas e brañas á beira do río Salas, limitada ao norte pola serra de Gomariz e o Penedo dos Tres Condes e ao sur por unha sucesión de cumes nos que destaca o alto da Frieira (1249 m).Polo suroeste conecta co LIC Baixa Limia.
Vista das brañas do Salas co monte do Castro ao fondo
Concellos: Calvos de Randín e Baltar.
Brañas do Salas. Ao fondo a serra da Pena.
TIPO DE PROTECCIÓNProposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) eZona especial de conservación (ZEC).
Vista da serra do Xurés desde as brañas do Salas
Prados na beira norte das brañas, coa Gralleira ao fondo.
Brañas do Salas
RÍO SALASNace na Serra do Larouco. Fai a primeira parte do seu percorrido entre a serra da Pena e os montes dos Blancos, por un val amplo e con pouca pendente onde se forman veigas e brañas. Comeza a encaixarse ao entrar en Portugal e na Baixa Limia encórase para, despois dun percorrido con gran pendente xuntarse co Limia no encoro de Lindoso.
Muíño na beira do Salas
Lagoas formadas pola explotación de áridos e arxila na zona da Telleira
Lagoa da Telleira
Lagoa
FLORAAs árbores máis comúns son os salgueiros e os bidueiros e nas beiras algún carballo. As zonas máis secas están cubertas dun mato de xestas, toxos e breixos. Nas partes máis húmidas podemos atopar breixos das turbeiras, xuncos, espadainas, eneas...
Salgueiros
Xestas brancas
Espadana (Iris psedoacorus)
Bofardos de espadana ou palla real (Typha latifolia)
FAUNAO máis destacados son os anfibios, os insectos acuáticos e os paxaros que viven nas árbores e no mato.
Estroza ou rela (Hyla molleri)
Ra verde (Pelophylax perezi)
Un cantil areoso acolle unha colonia de anduriña das barreiras (Riparia riparia)
Anduriña das barreiras (Riparia riparia)
Carriza (Troglodytes troglodytes)
Cabalo do demo (Aeshna...)
Patinador (Gerris lacustris)
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta (xuño 2012)