Download - Espazo Natural Brañas de Golpellás
Brañas de Golpellás
O espazo protexido abrangue as cuncas dos regos Lama da Veiga Pequena e Lama de Gustomeau nas cabeceiras do Fírveda, un afluente do Limia. É unha depresión entre as serras de San Tomé, polo norte e Lobás, polo leste ocupada por brañas, pasteiros e matogueira.Concellos: Calvos de Randín e Muíños.
SUPERFICIE: 824,2 ha
TIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación.
Rego da Lama da Veiga Pequena
Rego da Lama da Veiga Pequena
Outeiro da Ponte
Zona alta das brañas aproveitada para cultivos. Ao fondo a Serra de Lobás
Vista cara ao leste
Lagoa nunha das nacentes dos regos das Brañas de Golpellás
FLORAA cuberta arbórea é moi escasa, está limitada á beira dos ríos e as zonas máis altas onde abonda tamén o mato de toxos, xestas e breixos. Nas zonas húmidas hai gramíneas, xuncos, trebo de auga, oucas, esfagnos, rorelas, breixo das brañas, breixo de turbeira...
Gramíneas e bidueiros
Trebo de auga (Menyanthes trifoliata)
Trebo de auga (Menyanthes trifoliata)
Breixo (Erica ciliaris)
Toxo gateño (Ulex minor)
Parella de avefrías
FAUNAO máis interesante son as aves de lugares húmidos (avefría) e de espazos abertos (laverca, cotovía...), os anfibios e os insectos.
Avefría (Vanellus vanellus). Invernante común en Galicia que ten neste espazo un dos escasos lugares de cría.
Laverca (Alauda arvensis)
Chasco –macho- (Saxicola torquata)
Gaiteiro, libeliña (Enallagma cyathigerum )
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta (xuño 2012)