Download - Crónica magosto 2015
![Page 1: Crónica magosto 2015](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022042509/58752dae1a28abe7728b4e99/html5/thumbnails/1.jpg)
MAGOSTO 2015
Outono. Os días van a menos, as tardes frías e de choiva convidan a refuxiarse
baixo un teito ao calor da lareira, contando historias e comendo castañas asadas. No
noso colexio, o CPI Virxe da Cela, continuamos a recuperar as nosas tradicións e o noso
patrimonio inmaterial, antes de que o tempo e a civilización moderna o acabe
deixando no esquecemento.
Quixemos pois dedicar unha tarde para a celebración do Magosto. As nosas ben
queridas cociñeiras puxeron o forno a punto para preparar quilos e quilos de castañas
asadas que deron para comer ata fartarse e incluso sobraron para facer unha pila de
xogos populares cos que amenizamos esta tarde tan especial. Como podedes observar
nas fotografías, o alumnado e profesorado de educación infantil e educación primaria
gozaron deste tempo lúdico e demostraron que os xogos, non por sofisticados e
tecnolóxicos, teñen que ser máis divertidos e amenos, e que un simple lote de
castañas, unhas cortas, uns vasos ou uns globos, dan para pasar un par de horas do
máis divertido!!!
Utilizamos como “pista” para os xogos o patio cuberto do noso colexio, e
lembramos a nosa profe de educación física do ano pasado, Lucía Trillo, quen levou a
cabo a iniciativa de facer marcas no chan para delimitar espazos e tamén para debuxar
permanentemente algúns xogos tradicionais como é a mariola, o brilé, etc,
![Page 2: Crónica magosto 2015](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022042509/58752dae1a28abe7728b4e99/html5/thumbnails/2.jpg)
![Page 3: Crónica magosto 2015](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022042509/58752dae1a28abe7728b4e99/html5/thumbnails/3.jpg)
![Page 4: Crónica magosto 2015](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022042509/58752dae1a28abe7728b4e99/html5/thumbnails/4.jpg)
![Page 5: Crónica magosto 2015](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022042509/58752dae1a28abe7728b4e99/html5/thumbnails/5.jpg)
![Page 6: Crónica magosto 2015](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022042509/58752dae1a28abe7728b4e99/html5/thumbnails/6.jpg)