Boletín
do Ceesg
2
Neste boletín:
Tema do mes: Machismos: de micro nada. Sofía Riveiro Olveira.
CGCEES:
Implicación na campaña #PorunaleydeEducaciónSocial
Editada a revista RES nº 24
Actualidade:
V Premio Internacional en Educación Social.
Formación
Emprego
BloguES: Sobrantes (Alfa e Omega. Outubro). Pepa Torres.
http://pepatorresperezblog.blogspot.com.es
Para ler e reflexionar: Los derechos humanos en la educación y la
cultura. (José A. Caride)
Actuacións
Por que é importante colexiarse? Por que te colexiaches?
Documentos profesionalizadores
Avisos
Boletín do Ceesg
Nº 112 - marzo 2017
3
Mónica Serrano Soto Presidenta Colexiada nº 3795
Lito Prado Vicepresidente Área de Comunicación e Participación colexial Área de Acción Profesional Colexiado nº 3089
Maite Sío Docampo Secretaria Colexiada nº 3850
Alfonso Tembrás López Tesoureiro Área de Desenvolvemento Profesional Colexiado nº 0103
Daniel Alves Rivera Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 3979
Antón Bouzas Álvarez Vogal Área de Acción Profesional Colexiado nº 0968
Beatriz Caneda Zamar Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3901
Leticia Castro Torres Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3892
Natalia Domínguez Galán Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 0398
Andrea Maroñas Bermúdez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 0118
Priscila Maximino Bento Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3999
Belén Piñeiro Álvarez Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3286
Eva Moldes Casal Vogal Área de Acción Profesional Colexiada nº 3195
Sofía Riveiro Olveira Vogal Área de Comunicación e Participación colexial Colexiada nº 3389
Laura Vilaboy Romero Vogal Área de Desenvolvemento Profesional Colexiada nº 3873
2015 - 2019
XUNTA DE GOBERNO
4
TEMA DO MES Machismos: de micro nada
Machismos: de micro nada. Obra coordinada por Fiadeiras, grupo de traballo
en Igualdade do Colexio Profesional de Educación Social de Galicia, Ceesg.
Santiago de Compostela. Edicións Embora. 2015
A presente obra é a recompilación dun proxecto artístico e reivindicativo (a
partes iguais) posto en marcha polo grupo de traballo en igualdade, Fiadeiras
-composto por educadoras sociais colexiadas do Ceesg-. Dito proxecto
comezou cunha entrada no seu blog que levaba por título: Micromachismos:
moito máis que micro, para denunciar “que as actitudes e os
comportamentos dominantes que os varóns seguen exercendo en relación ás
mulleres, por máis que estes teñan lugar de forma sutil ou case imperceptible,
son formas de violencia que reproducen a desigualdade de valor e
oportunidade en función do xénero” (8 de marzo de 2014,
http://fiadeirasceesg.blogaliza.org).
Fiadeiras vén facendo distintas actividades tanto formativas, como
reivindicativas, de sensibilización e/ou lúdicas desde o seu nacemento, en
2011. Esta obra poderiamos definila como un compendio de todas esas
accións, dando lugar ó que hoxe temos entre mans: un traballo colectivo a
prol da igualdade real e como elemento vertebrador da denuncia social
contra os machismos de todo tipo –na maioría das veces, incluso
inadvertidos-.
A lingua na que está escrita é o galego. E acompañan a esta exquisita escolla
de palabras galegas, debuxos, viñetas, fotos, logos e outros deseños do máis
chamativos e acertados. O resultado, unha mestura de calidade, para os
sentidos, desde a Educación Social, e nótase!
Sofía Riveiro Olveira
Vogal do Ceesg
Colex. nº 3389
5
As fontes empregadas para este resultado foron do máis diversas, de aí a
polivalencia do documento e a multiplasticidade á hora do seu uso educativo,
reivindicativo ou por simple entretemento.
O método foi cualitativo e dirixido, pois contactaron con certas persoas ás que
lle propuxeron escribir arredor do que lles podía supoñer ou suscitar este
termo tan manido (e non por iso, ben identificado e eliminado da nosa
historia): os microMachismos. Aclarar, neste punto, que ó longo destes anos,
e ó investigar máis profundamente na temática, grazas a procesos de
empoderamento e sororidade, as Fiadeiras chegan a concluír que os
machismos non saben de tamaños, que todos eles danan e que todos eles
deben ser erradicados de raíz, de aí, o título do libro a proposta de Lola
Ferreiro; Machismos: de micro nada.
Deron un tempo prudencial para respostar e revisar o que lles foi chegando,
tanto de xente anónima como dalgunha outra personaxe máis coñecida. É
doado imaxinar as caras de sorpresa que porían ó atoparse co que se
atoparon: ideas, formas, palabras, do máis variado, pero cunha mensaxe
tanto no fondo como na forma común: chamarlle ós machismos polo seu
nome, Machismos. E desde persoas clave que aceptaron o reto e o encargo,
para profesionais e persoas comprometidas co feminismo en xeral. Chapó!
A obra está organizada en 30 capítulos (incluída a introdución feita polo
grupo, e non sumado o apartado de Agradecementos ó principio de todo que
tamén é extenso e xusto), ademais de contar cun prólogo e un epílogo
excepcionais, escritos por mulleres excepcionais, que abren e pechan con
cariño e inmensa sabedoría este pracer para a vista e o pensamento; unha
obra que só Ana Iglesias e Lola Ferreiro podían modelar de tal xeito que
quedase con esa figura, delicada e consistente, curva e resistente, permeable
e contundente, pequena (pero xa dixemos que non é cuestión de tamaños).
Aparecen 39 nomes propios, unha muller anónima e catro colaboracións de
colectivos (as propias Fiadeiras, Asociación Enriqueta Otero, Sacha na Horta e
Nós Mesmas). Aparecen aportacións a xeito de poemas, letras de cancións,
ensaios, protestas, fotos, mensaxes reivindicativas, as achegas recollidas do
blog, percepcións, experiencias contrastadas, situacións do día a día a modo
6
de anécdotas... e podemos convidar a quen a lea que descubra quén é a
marquesiña, quen levaba os pantalóns, a quen llos baixaron, que fan tantas
mulleres xuntas, quen está a piques de chegar, quen lle toca o que e a quen,
ónde quedou valentón, que pasa cos tacóns, a quen lle arrebatan a inocencia,
que temos que ver, quen son as costureiras.
Menos mal que existen as costureiras, canté que hai Fiadeiras!
Que ben fixeron teus pais en facerte costureira, cando chove non te mollas,
cando vai sol non te queimas. (Porque son da Mariña, Cantadeiras do Berbés)
Fía no fía que fía, fiadora, miña roca,
fía no fía que fía, fiando fai mazaroca. Agora vouche contare, agora meu queridiño,
para que o liño sexa bo haise que meter no río. (Fía na roca, Versión dos Saraibas)
7
Implicación na campaña #PorunaleydeEducaciónSocial
CGCEES
As Educadoras e Educadores Sociais de distintos territorios seguen presentan-
do solicitudes por unha Lei de Educación Social.
Chégannos noticias de que os Colexios Profesionais de Educadoras e Educado-
res Sociais veñen presentando igualmente solicitudes por unha Lei de Educa-
ción Social. Cónstanos tamén que estudantes e profesionais de Educación So-
cial, universidades, concellos, persoas relacionadas con profesións sociais, cul-
turais, educativas, entidades... van implicándose igualmente.
Entre todas e todos... por unha Lei de Educación Social...
8
Editado o nº 24 da revista RES Tema da revista: VII Congreso Estatal de Educación Social. Sevilla, 2016.
E xa van 7! Probablemente ningún de nós o aseguraría alá por 1995 can-
do iniciamos a nosa andaina congresual en Murcia.
Reafirmamos que os Congresos Estatais de Educadoras e Educadores
Sociais, son os eventos profesionais máis importantes promovidos polo
Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais. E lem-
bramos como congreso vén etimológicamente da palabra latina
"gressus" (participio pasivo do verbo "grad", camiñar) xunto ao prefixo
"con" (xuntos), evocando unha referencia ao camiño feito conxunta-
mente que resulta moi sedutora: o congreso como percorrido, como
viaxe, como camiño. Pero tamén como etapa: un descanso no camiñar
xuntos para reflexionar sobre o andado e fixar novas metas.
Os días 21, 22 e 23 de abril de 2016 atopámonos en Sevilla máis de 650
persoas que sentimos que camiñamos xuntas para actualizarnos e seguir
debuxando proxectos cara a metas comúns.
http://www.eduso.net/res/
9
V Premio Internacional en Educación Social Este premio naceu coa intención de render homenaxe a Joaquim Grau i Fuster, como persoa e como educador social, e tamén aos cidadáns e cidadás que coma el axudan a facer nosas cidades máis abertas, máis hospitalarias e respectuosas coas persoas que as habitan. Tamén quere ser unha homenaxe ás e aos profesionais que traballan no campo da Educación social e que achegan, dende a reflexión, novas maneiras de entender e de exercer a profesión. Con este premio, as entidades convocantes, entre as que se atopa o Col·legi d’Educadoras iEducadors Socials de Catalunya pretenden impulsar e motivar o traballo de reflexión no campo da Educación Social, e ao mesmo tempo contribuír coa tarefa de transmisión e difusión de experiencias que axuden a consolidar o patrimonio cultural da profesión.
Poderán participar neste premio as e os profesionais e equipos de profesionais que desenvolvan ou teñan desenvolvido á súa tarefa no campo da educación social. Os traballos presentados versarán sobre os distintos campos de acción profesional do educador e a educadora social coa infancia, adolescencia e mocidade en ámbitos profesionais como: residencias, xustiza xuvenil, servizos sociais, tempo libre, desenvolvemento cultural), inserción social e laboral, así como sobre técnicas e metodoloxías educativas: danza, traballo corporal, deportes, novas tecnoloxías, teatro, xogo, etc.
ACTUALIDADE
O premio rende homenaxe ao educador social Joaquim Grau i
Fuster
A dotación económica do premio é de 6.000 €, estando sometida ás condicións fiscais pertinentes.
Os traballos deberán remitirse antes do 31 de agosto de 2017.
Consulta as bases en www.premieducaciosocial.cat
10
Información detallada
destas accións
formativas en
www.ceesg.org
Formación con desconto para colexiadas/os e amigas/os
Técnicas de Entrevista en Terapia Familiar.
Santiago de Compostela. 8 de abril. 180º Unidade de Psicoloxía.
Máis información
Implantación do modelo de Atención Integral Centrada na Persoa (AICP) dende o modelo
tradicional.
Santiago de Compostela. Sesións presenciais 28 e 29 de abril. Desenvolvemento do curso ata mediados de maio. Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría.
Máis información
FORMACIÓN
11
EMPREGO
Dinamizador/a do plan de inclusión dixital. Betanzos Estas son as ofertas de
emprego publicadas o mes
pasado na web do Ceesg.
Para ver a información
completa e actualizada,
recorda consultar
frecuentemente a web do
Ceesg
Educador/a social. Ourense
Educador/a social. A Coruña
Elaborador/a de materiais educativos. Ferrol
Educador/a social. Sanxenxo
Técnica/o de emprego. Begonte
Bolsas de práctica laboral. Pontevedra provincia
Coordinadoras/es da Cooperación Española. Madrid
Bolsas de prácticas de xestión cultural no exterior. Varios destinos
Orientador/a laboral. Vigo
12
Técnica/o de xuventude. Santiago
Profesor/a de reforzo educativo. Lugo
Técnica/o de xuventude. A Coruña
Monitor/a de obradoiros de contacontos e títeres. A Coruña
Técnica/o de acollida. A Coruña
Programme Manager, Special Education. Oxfordshire, Reino unido
Corpo Europeo da Solidariedade. Varios destinos. Unión Europea
Educador/a social. Vigo
Técnica/o de programa de atención a persoas sen teito. A Coruña
13
Orientador/a profesional. Vigo
Teleformador/a. Vigo
Técnica/o de Igualdade. Lugo
Estadías de prácticas remuneradas. Alemania
Educador/a social. Vigo
Técnica/o en participación. Vigo
Educador/a ambiental. Vigo
Técnica/o de programa de atención a persoas sen teito. A Coruña
Educador/a social. Oleiros
Bolsas de prácticas en xestión cultural no exte-rior. Varios destinos
14
Bolsas de investigación en xénero e ciencias sociais. A Coruña provincia
15
Sobrantes (Alfa e Omega. Outubro)
Os seres humanos somos capaces de grandes cousas e de grandes
mesquindades, de humanidade ou barbarie e de ambas á vez. Ía eu
reflexionando sobre esta idea camiño ao traballo hai uns días cando a
realidade veu de novo a confirmarmo. Camiñaba con présa, cando ao dobrar a
esquina na rúa Valencia, nas portas do Centro Dramático Nacional, rodeado
dunha chea de lixo, unha persoa sen teito durmía na rúa aniñado entre
cartóns. A mañá estaba fresca.
Quizais algúns viandantes, pese ao apresuramento con que nos dirixiamos ás
nosas “faenas”, percibimos que aquel vulto entre litronas e latas, non era un
“resto” da movida festeira da noite anterior na praza ou do botellón, senón
unha persoa, de nosa mesma carne e sangue. Aínda así seguimos camiñando
apresuradamente, pero houbo un xesto que nos fixo reaccionar e
transformou aquel non-lugar en lugar de humanidade: o xesto do garda do
teatro, que se achegou con moito respecto e ao comprobar que durmía
cubriuno cunha manta. Nun breve instante as nosas miradas cruzáronse e con
indignación oínlle murmurar: e tanta casa baleira e en poder dos bancos.
O seu xesto de proximidade e a súa
certeira frase quedáronseme dentro e
acompañaron o meu traxecto ata
chegar á estación de Atocha-RENFE
onde de novo outra escena me
encheu de estupor e asombro. Unha
Pepa Torres
Educadora social e teóloga.
El blog de Pepa Torres
Pérez
BloguES
16
muller sen fogar, de mediana idade, enferma, desafiaba en xerras, con voz
crebada e sen perder a calma, a dous gardas xurados que lle esixían que
marchase daquel lugar. “Terédesme que sacar vós .Non vou marchar. Non
molesto a ninguén e non teño outro sitio onde estar. Non estou a facer nada
malo”, repetía con asertividade a muller.
Entón sucedeu algo inaudito, coma se dunha novela kafkiana se tratase, os
gardas sacaron do seu peto unhas luvas hixiénicas, collérona polas axilas e
polo aire puxérona na rúa. Quedei atónita, non puiden nin souben reaccionar
naquel momento e cando o fixen e saín á rúa para ver que pasaba coa muller,
tanto ela coma os gardas desapareceran.
Seguro que os gardas cumpriron os protocolos de actuación e os
regulamentos, pero a dignidade das persoas merece máis respecto que
calquera ordenanza ou papel. Un sentimento de malestar acompañoume
durante semanas na miña ruta cotiá cara ao traballo que só se aliviaba no
tramo da rúa Valencia, cando o garda do teatro e eu nos saudabamos con
chiscadela cómplice.
Artigo publicado o 22 de outubro de 2016 no blog
http://pepatorresperezblog.blogspot.com.es/
17
PARA LER E
REFLEXIONAR
Los derechos humanos en la educación y la cultura. Del discurso político a las prácticas educativas.
José A. Caride (coord.) Edita: HomoSapiens
Ano: 2009
Cando todo parece indicar que a política está desbordada polas
forzas da economía e os seus mercados financeiros, restablecer a
confianza nos Dereitos Humanos forma parte dos propósitos
declarados para calquera cambio de rumbo que pretenda ser
verdadeiramente transformador, ética e socialmente liberador das
múltiples ataduras que atrapan á Humanidade dende hai décadas. A
educación e a cultura han de desempeñar un protagonismo clave na
construción dunha cartografía civilizatoria alternativa á dos nosos
convencionais modos de pensar, actuar e desenvolvernos, en
calquera cambio de rumbo que pretenda ser verdadeiramente
transformador, ética e socialmente liberador das múltiples ataduras
que atrapan á Humanidade desde hai décadas. Procurar outros
horizontes para unha convivencia local-global máis harmónica e
pacífica constitúe, sen dúbida, unha tarefa inxente e desafiante.
Publicación dispoñible na
18
Participación no Consello Galego de Benestar Social.
Servizo de asesoramento xurídico presencial.
Asistencia a Xornada “Lidera. Avanzando en Igualdade”.
Presentacións do libro Machismos: De micro nada en Narón, Melide e Guitiriz.
Reunións de traballo de: Comisión Ética e de Benestar Profesional, Xunta de Goberno, grupo de traballo Ceesg en Diverdade, a Eira do Ceesg, servizo xurídico.
Reunión coa Asociación Asemblea de Estudantes de Educación Social Compostela para estudiar vías de colaboración.
Reunión coa Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica.
Reunión virtual do xurado da fase galega do 4º Concurso Memorial Toni Julià.
Asistencia aos actos do Día Mundial do Traballo Social organizados por “Contorna Social”.
Servizo de asesoramento xurídico, para persoas colexiadas.
Reunión do proxecto Mentoring, cun alumno de Educación Social da USC.
Xornada de traballo sobre a Lei de Educación Social
E tamén...
ACTUACIÓNS
Reunión coa Consellería de Política Social
En Santiago de Compostela reunímonos persoas chegadas de diferentes comunidades autónomas, para traballar no desenvolvemento do articulado da Lei de regularización da profesión de Educación Social.
Trasladámoslle a nosa demanda de modificar o convenio colectivo único de persoal laboral da Xunta de Galicia no tocante aos postos de “Educador/a. Pro-fesor/a especial”, a necesidade de establecer mecanismos de control para o cumprimento da dotación de persoal nos servizos sociais municipais, e trasla-dámoslle a información sobre a Lei de Regularización da profesión de Educa-ción Social.
19
POR QUE CRES QUE É IMPORTANTE COLEXIARSE
POR QUE TE COLEXIACHES
Para que a nosa carreira profesional teña a visibilidade que se merece, xa que aínda non está recoñecida en moitos sectores profesionais como a educación regrada, prisión,... etc.
Eva Zas Gutiérrez colex. Nº 4868
A miña colexiación estivo
vinculada á necesidade de
habilitarme como educadora social
para o traballo con menores que
realizaba, pois non tiña esa
titulación. Sigo traballando neste
ámbito e por iso manteño a
colexiación, ademais de polo
interese pola profesión e polos
servizos que me aporta o colexio.
M. Elena Blanco Gallinal
Colex. Nº 164
Respostas de educadoras/es sociais
que se colexiaron no 2016
Respostas de educadoras/es sociais que se colexiaron no 2001
Por compromiso
coa profesión
Mª José Fernández
Barreiro,
colex. Nº 111
20
Código Deontolóxico do educador e a educadora social.
Normas deontolóxicas xerais. O/A educador/a social en relación cos
suxeitos da acción socioeducativa.
Artigo 2
«O/A educador/a social, nas súas accións
socioeducativas, evitará o uso de métodos e
técnicas que atenten contra a dignidade das
persoas e o uso de nocións e termos que
doadamente poidan xerar etiquetas
devaluadoras e discriminatorias.»
DOCUMENTOS PROFESIONALIZADORES
21
AVISOS
Colaboración co Boletín do Ceesg Podes enviarnos os teus artigos para publicar no Boletín do Ceesg. O prazo de envío é o día 20 de cada mes. A Área de Comunicación decidirá en cada caso se saen publicados, e resérvase o dereito a publicalos en boletíns posteriores. Todos os artigos se traducirán a galego ou castelán para publicalo en ambas linguas. Prégase axuntar fotografía do autor/a. Os artigos deben utilizar unha linguaxe non sexista.
Novo horario do servizo xurídico A partir de agora, o servizo xurídico do Ceesg atenderá presencialmen-te na sede do colexio os primeiros e últimos xoves de cada mes, en horario de 17:00 a 19:00h.
Peches puntuais da oficina do Ceesg Durante a Semana Santa, a oficina do Ceesg atenderá soamente en horario de mañá (de 9:00 a 14:00 h.) Xa no mes seguinte, o xoves 25 de maio estará pechada todo o día, por festividade local.
22
Rúa Lisboa, 20, baixo C (Barrio das Fontiñas)
15707 Santiago de Compostela
981552206
ceesg.gal
Colexio de Educadoras e
Educadores Sociais de Galicia
@GaledusoCeesg
Boletín do Ceesg
http://fiadeirasceesg.blogaliza.org/
Fiadeiras Ceesg
Geix Ceesg
Escaravellando Grupo de
Infancia e Adolescencia
aBeira Ceesg
A Eira do Ceesg