Download - Antoloxía de relatos esqueleto
ANTOLOXÍA DE RELATOS
1º ESO
O HOME QUE MORREU DE TRISTURA
O cemiterio onde descansa o meu esqueleto,é moi elegante, fúnebre, triste,
deprimente , bonito , antigo é sinxelo . As paredes están repletas de tumbas de
homes e mulleres de sociedade , altos cargos , persoas con diñeiro e claro que
no faltan persoas de orixe real . A tumba onde descansa o meu esqueleto é
moi ampla , sofisticada, pero sinxela , ten un aire de persoa importante de
sociedade ; cara e ten sempre flores, as máis caras de todas que son as rosas
brancas e vermellas . A carón da tumba está a imaxe do meu esqueleto .
O meu esqueleto era unha persoa importante pero non moi destacada. O que
lucía del era o seu ollo de vidro , agora morto segue destacando , porque el é o
único que pode ver de todos os esqueletos .
Un día cando estaba aburrido na tumba foi dar unha volta e encontrouse con
outro esqueleto que estaba só e díxolle :
- Hai epidemia na cidade ?
El contestoulle:Non sei. E logo?
- Porque está habendo moitas mortes.
- E logo de que morriches entón ?
- Eu de tristura .
-Por que ?
- A miña muller cando deu a luz morreu , ela e mais a miña filla; e sen
elas a miña vida non tiña sentido.
- E ti ?
- Unha galiña matoume. É unha longa historia
- Ah! vale.
- Pois ata logo
- Igualmente .
Ilenia, 1ºB
OS XEMELGOS
Un certo día de outubro, exactamente o día trinta e un, morreron uns xemelgos
chamados Alma e Eliot; morreron pola desgraza de ter que volver á escola.A
parte diso tamén tiñan moito medo pola gran guerra que había nese momento.
Tiñan medo a ser atacados e morrer como lle pasou a seu pai, Eloi. Ao final
morreron no momento de saír da escola e entrar no autobús.
A FESTA
Era unha vez un cemiterio abandonado no que había unha festa de halloween;
na festa de halloween había música e bebida alcólica.E entón sentiron un ruído
de debaixo do chan; a música parouse,as persoas da festa saíron correndo do
medo .
Cando saíron correndo e Thalia recollía as cousas ,saía dunha tumba un
esqueleto con ollo de cristal. Thalía estaba acurralada porque polo outro lado
saía un zombi da tumba. Thalía estaba acabada!
Martín, 1º B
Morrín tal día coma hoxe hai tres anos cando estaba a practicar o meu deporte
favorito: o ciclismo. Fun atropelado por un condutor que non gardou a distancia
de seguridade. Tanto lle custaba apartarse metro e medio?, Pois ben, dende
aquela vivo no cemiterio do pobo, a carón da igrexa e rodeado de árbores. Hai
esqueletos que viven en nichos, que son como chalés achegados, outros viven
baixo a terra, e eu vivo no panteón familiar. Este é de mármore negro cunha
gran porta de bronce e unha cruz na parte alta. Sempre está cheo de rosas
vermellas xa que eran as miñas preferidas. A verdade é que estou moi ben
aquí, agás no inverno que vai moito frío e méteseme nos osos.
Pois ben, a noite de defuntos saio por primeira vez do meu panteón, pois aquí
non está ben visto presentarse en sociedade con restos de carne nos ósos.
Celébrase unha festa, e veñen esqueletos dos cemiterios veciños, porque a
nós nos gusta moito bailar e ven unha orquestra para animar a noite. Eu estou
nervioso porque é a miña primeira saída. Pois ben, alá vou!. Saio o rueiro e
camiño ata chegar ó centro do cemiterio e cal é a miña sorpresa cando alí
atopo ó mellor amigo Xosé, que morrera hai cinco anos afogado na praia das
Catedrais, unha tarde de agosto cando iamos cos nosos fillos de excursión.
Estamos falando do que nos aconteceu na outra vida e do ben que o
pasabamos xuntos, cando de súpeto nos demos conta que estaba amencendo.
Pasounos a noite voando, nin fomos a bailar. Dígolle que veña durmir ó meu
panteón que teño sitio de sobra (de momento) e Xosé acepta encantado.
Penso que xa non se vai ir nunca máis do meu carón...
Ben amigos por hoxe xa está ben, que estou caendo de sono, e xa sabedes se
algún día ides por Vila-avoa buscade o cemiterio e vinde facernos unha visita.
Estaremos encantados de recibirvos tanto meu amigo Xosé como o esqueleto
que está a falarvos. Pasade bo día de Todos os Santos e acordádevos de
visitar ós vosos defuntos.
CHRISTIAN REY FERNÁNDEZ, 1ºB
MORTE POR ENVELENAMENTO
Un día penoso antes do día de Tódolos Santos,os cans ladraban debido a que
naquel momento e naquel mesmo lugar ía ser provocada unha morte por
envelenamento.
CARLOS RODRÍGUEZ CAMBA, 1ºB
O VIÑO INMORTAL
Era un día precioso en Lugo, os paxariños cantaban e, na rúa escoitábase o
roce das follas das árbores. Pero...Ao caer a noite todo se volvía escuro e as
polas das árbores parecían estar encantadas. Dentro de todo e aínda que
pareza mentira todo iso era normal; o que non era normal era todo o silencio
que había no cemiterio. Pois case sempre os esqueletos saían das súas
tumbas e por iso os veciños pasaban a noite nas súas casiñas. A pesar de que
os rapaces adolescentes querían saír, non podían.
O silencio era debido a que os esqueletos estaban esperando a un novo
compañeiro, alguén que había de estar a un pasiño da morte.
Ao mesmo tempo ,nunha casa estaba unha familia ceando, mentres un
esqueleto se escaqueara da espera, observando a familia da casa.
Dentro aveciñábase un envelenamento, pois o pai da familia fora enganado por
un esqueleto solitario con forma humana. Dixéralle que se tomaba aquel viño
sería inmortal.
O pai tan confiado coma sempre colleu o viño e tomou un pouco; ao rato
empezou a sentir náuseas e ao momento a súa familia encontrouno morto no
comedor. O esqueleto que estaba na ventá estaba a escoitar o que pasaba e
aproveitándose da ocasión foi avisar aos seus compañeiros do cemiterio.
Ao día seguinte, estaban os esqueletos nas súas tumbas cando...Por fin
escoitaron a música do enterro, quedaron caladiños nos seus sitios ata que
acabou. Pola noite saíron todos das súas tumbas ou como lles chaman eles os
seus recunchos.Foron visitar ao seu novo compañeiro, el sentíase moi raro
pois esa era para el unha nova vida.
Yaiza, 1º A
O CANCIÑO DO CEMITERIO DE PARÍS
O dia antes de todos os santos, no cemiterio de París, un señor paseaba; nesa
mesma noite había morto un señor .
Mentres que o señor paseaba sentiu un ruído, acercouse pouco a pouco e ...
era un canciño que estaba por alí. El sabia que había algo máis. Sentiu o ruído
outra vez e mirou para os lados e ... había unha sombra moi rara. Levantou a
cabeza pouco a pouco e entrou un esqueleto;e empezou a correr .
O esqueleto empezou a perseguilo coma un tolo .
O señor caeu no chan e o esqueleto acercouse , o señor empezou a tremer o
esqueleto deulle un colgante que lle caera. O señor colleuno levantouse e
empezou a correr cara á súa casa e non volveu a saír a dar un paseo pola
noite.
Emma Díaz canoura,1º A
O ESQUELETO DO BARRIO
Había unha vez un esqueleto que vivía nun barrio pobre, un dia foi dar un
paseo; de alí a un pedazo perdeuse, foi dar a un cemiterio vello. Tumbou a
porta e dixo
- Pódese?.
Outro esqueleto contestou
- Adiante, chegas a punto para a festa de Halloween.
O outro esqueleto contestou.
- Que festa de Halloween?
- A que facemos todos os anos neste cemiterio.
- Vale!, podo pasar?
-Si, claro
- Cando entrou alí e veu 30 esqueletos dixo:
- Meu Deus!, Como vos chamades?
- Eu Pepito, o organizador, e ti?
. Eu chámome Pepe
- Vale!, os demais chámanse Ermenegildo, Eusebio , Aurelio ,...
- Vale, e que facedes aquí todas as noites?
- Pois desenterrar os mortos que aínda son carne, e cando se faga de día
regresamos ás tumbas. E ti que fas cando sae o sol?
- Pois voume para a casa, durmir
- Tes casa?
- Si
Ás 5 da mañá cando ía saír o sol ...
- Bueno, voume para a casa, ata mañá!
-Chao. Dicían todos.
De camiño a casa Pepito encontrouse a un humano e o humano díxolle:
- Es un esqueleto?
Pepito dixo:
- Non, son un esqueleto fantasma.
O esqueleto seguiu andando para chegar a casa, cando chegou a casa quedou
todo escuro e púxose a durmir.
Marcos García Rolle, 1ºA
O HOME LOBO
Hai uns 19 ou 20 anos un cazador estaba no monte, esperando na súa armada
a conseguir a súa peza e foi escurecendo pouco a pouco. Cando chegou a
noite marchou a casa; no medio do camiño oíu unhas pisadas que tarruxían
nas follas. E estivo sperando coa escopeta cargada pensando que era un
xabaril.
De alí a uns segundos mirou para detrás e viu un home lobo. Aterrorizado
botou a correr, pero acabouno pillando.
Ao día seguinte atoparon o cadáver e foi enterrado nun cemiterio escuro e con
arrepiantes sons que facían as árbores e o asubío do vento.
A súa familia estivo chorando sen saber quen o matara, menos o seu fillo que
era o único que sabía o que acontecera .
No cemiterio seu pai en osos contáballe a historia a outro esqueleto.
- Porque morriches ?
- Matoume un home lobo.
- É sabes quen é o ser humano que se transforma nel?
- Si, si que o sei.... o meu fillo.
Despois dun mes toda a familia morreu e el quedou coa mansión e toda a
herencia .
Pero ninguén soubo por que morreran
Alfredo, 1ºA
O CANTANTE ACOITELADO
O cemiterio é tenebroso , iluminado, nubrado; as tumbas son moi escuras e
teñen unha enredadeira ao redor. As flores están secas e podres.
O esqueleto estaba dando un paseo e encóntrase cun cantante. Preguntoulle
como se chamaba e díxolle que lle podía chamar Cantarín e foille explicando
como morrera. Morreu acoitelado. Logo preguntoulle o Cantarín que se lle
gustaba cantar e o esqueleto díxolle que si e empezaron a cantar. Despois
despedíronse cunha aperta de mans.
Carla Rodríguez 1º A
OS ESQUELETOS DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL
Nunha noite escura de novembro ía un esqueleto pola rúa sen saber ben a
onde se dirixía xa que non coñecía a zona; cando se decatou estaba na
entrada dun cemiterio.
O cemiterio estaba baleiro, as tumbas estaban cubertas de teas de araña e
tiñan unha cruz enriba. Tratábase dun cemiterio abandonado. O esqueleto
entrou nel e de súpeto viu que dunha desas tumbas saia un esqueleto cotroso
e con vermes que lle saian polos ollos. Os dous esqueletos saudáronse e
comezaron a falar das súas cousas, pero nun intre todo cambiou, xa que
comezaron a levantarse todas as tumbas, e comezaron a aparecer esqueletos
de soldados mortos na 1ª Guerra Mundial que os intentaran matar, xa que
pensaban que eran malos, pero os esqueletos lograron despistalos xa que eran
mais lentos que eles. Finalmente os dous esqueletos despois desta aventura
despedíronse e volveron cada un ó seu lugar.
Bueno chavalada, ata aquÍ a miña historia como esqueleto agora preferiría
reencarnarme nun morcego que teñen ás e podería escapar máis facilmente
dos soldados que me perseguiron na historia anterior.
ADRIÁN BASANTA TIMIRAOS, 1º A
ESKELETOR E MALÉFICA
Unha noite de defuntos no cemiterio de Celeiro
O cemiterio de Celeiro é bastante grande e con abundantes nichos. Ten dúas
partes: a parte vella, onde están os nichos máis vellos, e a maioría están feitos
de pedra; e a parte nova, que é onde están os máis novos, onde a maioría xa
son feitos de mármore.
Unha noite véspera de defuntos, un esqueleto que se chamaba Eskeletor, saiu
do seu ataúde e da súa tumba. Eskeletor ía paseando, cando se atopou cunha
muller esqueleto que tamén saíra da súa tumba, e díxolle:
- Ola! Como te chamas, si se pode saber ,claro?
- Chámome Eskeletor, e ti? - díxolle el.
- Eu chámome Maléfica. - contestoulle.
Os dous seguiron dando un paseo polo cemiterio cando...de súpeto,escoitaron
unha música terrorífica, pero que para eles é encantadora.
- Escoitaches iso? - dixo Maléfica.
-Si, que será? - contestou Eskeletor.
Camiñando e camiñando, encontráronse con máis esqueletos que estaban
festexando “supostamente” a noite dos defuntos. Preguntáronlles que estaban
festexando, e efectivamente, estaban celebrando a noite dos mortos.
Eskeletor preguntoulle a Maléfica:
- Quéreste quedar?
E Maléfica contestoulle:
-Vale.
Ao cabo de 5 horas xa estaban todos os esqueletos metidos nas súas tumbas,
porque xa era día, e ademais todas as persoas que lle ían poñer flores aos os
seus defuntos xa estaban alí.
A noite real dos defuntos, volveran a saír Eskeletor e Maléfica do seu ataúde
para despedirse.
- Adeus Maléfica. -díxolle Eskeletor.
-Adeus Eskeletor. -contestou Maléfica.
Iria Basanta Abella, 1º ESO-A
NASCÍN E FERMÍN
O cemiterio é amplo e fúnebre. É un cemiterio de cidade, que adoita estar
adornado con moitas flores e velas, pero os días antes de defuntos é cando
adoita estar en mellor estado. Algunhas tumbas son parecidas e outras non,
pero todas posúen unha imaxe do defunto. A tumba do meu esqueleto é de
mármore de Carrara, moi luxosa e cara, tanto que todo o mundo desexa unha
igual, pero só uns poucos poden tela, ten as mellores flores do cemiterio.
O meu esqueleto é coma outro calquera, o único que destaca é o seu ollo de
vidro e a súa tumba. Un día ás 12 da noite mentres tódolos esqueletos
bailaban, o meu esqueleto saíu da súa tumba para percorrer o cemiterio, entón
atopouse con outro esqueleto ao que lle faltaba unha perna, e preguntoulle:
- Que foi o que che pasou?
- Que un día mentres cruzaba a estrada un coche atropeloume, respondeu.
- E a ti?
- Que un bo día enfermouse o meu ollo, e a pesar de que os médicos
conseguiranmo solucionar, atopeime cun galo quen acabou de ferirmo.
- Como é que te chamas?
- Nascín,e ti?
- Fermín. Voume, xa nos veremos.
- Ata logo, vémonos.
E así foi como Nascín e Fermín, fixéronse grandes amigos. E tódolos días
quedan ás 12 da noite para parolar polo cemiterio.
Elena, 1º B
O ESQUELETO PIRATA
A historia comeza hai moito tempo no cemiterio do Vicedo o día anterior ó Día
de Todos os Santos. É un cemiterio que de día parece moi alegre pero de
noite... ninguén se atreve a entrar! Ten un montón de tumbas por todos os
lugares, ata nos recantos musgosos e desastrosos. Estas son as tumbas máis
antigas; pasan desapercibidas da xente pero, cando alguén se acerca
desaparecen, pois son as tumbas dos pantasmas, esas almas que non teñen
rumbo e que a única misión que teñen é espantar á xente das súas tumbas
este mesmo día. Pero hai unha tumba que nin as pantasmas coñecen, esa
tumba esquecida polo tempo ou mellor dito esa tumba que non recorda nin
Deus.Aquí morreu o noso protagonista.
Era xa o día,os mortos comezaban a preparar o cemiterio para a súa festa de
defuntos.O famoso pirata que só sae o Dia de Todos os Santos,por primeira
vez saíra un día antes. Era un esqueleto moi pero que moi vello,pero era o
único esqueleto que podía ver de todo o cemiterio. Isto debíase ó seu curioso
ollo de cristal. Un ollo que lle puxeran de calquera maneira cando outro pirata,
precisamente o pirata “Moita Barba” llo arrincara co seu garfo. (Si,si é o que
pensades, arrincoullo con ese utensilio que se usa para comer) Unha vez que
lle puxeron o ollo de cristal morreu por culpa do pirata “Pouca Barba” da
maneira que nin ti te imaxinarías, pois morreu porque o seu inimigo tropezou e
chantoulle a espada no peito. Pero agora é feliz neste mundo porque pode
descansar.
Pois vaiamos á historia; era moi raro que este pirata saíra tan rápido da súa
tumba pero tiña o seu motivo pois...Tiña o reloxo roubado estragado! Vagaba
polo cemiterio moi perdido, pois el non vía ningúns decorativos e a cova de
baile non estaba decorada. El dixo:
- Pero que pasou aquí! E que me quedei durmido ou acaso...pasou tanto tempo
que xa non hai naide naide no cemiterio!
Entón comezou a pasear por todo o cemiterio ata que se encontrou cun
pequeno esqueleto que morreu atropelado por unha carruaxe de cabalos cando
só tiña tres anos. O protagonista preguntoule que día era pero o neno
contestoulle:
-”Trindta de oudtubrod”
Como non lle entendeu nada seguiu paseando xunto ó neno ata que chegaron
á saída do cemiterio. Nese intre pasa unha persoa, pero cando ve que dous
esqueletes lle preguntan a hora xa vos imaxinades o que vai a pasar, verdade?
Saen á cidade e encóntranse con moitas persoas, entre elas unha vella que lle
rompeu ó neno unha vértebra dun golpe coa pota.
Chegaron ao gran acantilado e o protagonista observou unhas vistas que
nunca observara. Cando estes dous esqueletos regresaron ó cemiterio xa era
trinta e un de outubro! Entón o noso esqueleto deuse conta de que só se
levantara un día antes. Acompañou ó neno xunto a súa nai e foron á festa.
Así pasaron un bo “Samaín”
Quero dar as grazas ao esqueleto por dicirme todos os datos dese día e
dicirvos adeus a vós, aínda que ao mellor escribo un libro enteiro sobre a vida
deste esqueleto. (Ou ao mellor non porque pronto é a temporada de exames)
Manu Fernández Peláez, 1º ESO A
O CATEDRÁTICO
Son un esqueleto, fun un catedrático na miña vida , un señor bo e honrado.
Aquí vos deixo un relato que me pediu que escribira un amigo meu.
Na morte non podía ver, igual ca os outros esqueletos. Fai pouco un amigo
meu deixoume un ollo de cristal cuns folios e un lapis para que escribira. Non
sabía ben que era un ollo de cristal ata que mo puxen na cunca onde estiveran
antes os meus ollos, coa sorpresa de que podía ver con el !
Podía ver o cemiterio; había tumbas de mármore branca e negra, tumbas de
granito non moi luxosas, había mausoleos,… o chan estaba feito sobre a
mesma terra. Moitísimas flores adornaban as lápidas, flores moi bonitas, aínda
máis que cando llas regalas a unha muller para a engaiolar!
Así que como me pedira meu amigo comecei a escribir, o día antes de Samaín.
No meu cemiterio hai moitos mortos, tantos e tan vellos que algún non se
acordan nin cando morreron.
Quería parolar con eles para ver se podía obter algunha historia para ti meu
amigo, aquí tes as máis curiosas e interesantes.
Lucas Gómez Pereira, 1ºA
VENCEDORES E VENCIDOS
Cerca de min hai un esqueleto que fora un loitador; notábaselle, tiña moitas
fracturas nos ósos. Contoume esta historia.
Díxome que era un competidor, que era case invencible, o campión, pero un bo
día un novato quitoulle o título. Despois daquilo xa non tiña patrocinadores nin
o quería ningún equipo de loitadores. Acabou na rúa e morreu así de fame e de
tristura.
O SOLDADO HEROE
Unhas tumbas sen nome na lápida, unha pedra para tapar o cadáver, porque
nin tiñan ataúde sequera. Arrimeime a parolar cun esqueleto que fora soldado
que parecía triste e contoume esta historia:
Na guerra adestreime moi duramente; era o mellor do pelotón, o que mellor
decisións tomaba, o máis valente, o que mellor loitaba do pelotón; nunca me
gustou a guerra, pero para min era apaixonante deslizarme por corredores
estreitos, esquivar disparos,…
Recordo como morrín. Estaba a punto de gañar o pelotón inimigo cun
lanzamisís pero eu fixen unha loucura,… corrín, disparando a todos os
inimigos. Collín unha granada dun dos mortos e lanceina con todas as miñas
forzas para alcanzar o lanzamisís que mataría todo o pelotón; a granada fixo
explotar o lanzamisís, e acabei con aquela perigosa arma, pero un inimigo
disparoume ao estómago e quedei gravemente ferido. Os meus compañeiros
intentaron salvarme, pero o sarxento negouse a levarme a un hospital; e así
morrín.
Morrín coma un heroe para os meus compañeiros, pero coma outro do montón
para os comandantes.
Así acabei cunha lápida de pedra. Pero foi o mellor regalo do mundo, porque
ma fixeron e puxeron os meus amigos xa que non lles daban nin un peso por ir
á guerra a morrer. Non importa o prezo do regalo, senón que se faga de
corazón. Aínda que xa non teñamos!
Vaia oh, non me podo rir! Lástima!
Pareceuse alegrar bastante pola nosa conversa. Charlamos un rato máis e
díxenlle que volveríamos a falar outro día.
MEU PAI, MEU AMIGO!
Non sabía nada do meu pai Xosé. Non fun ao seu enterro ni souben onde o
enterraran. Ata que oín que estaba no cemiterio da cidade. Así que decidín ir
velo. Quería algunhas respostas, porque nunca souben como morrera.
Cando cheguei busqueino e atopeino, parolando cun grupo de esqueletos;
pareceu recoñecerme, porque veu cara a min correndo e démonos unha aperta
que por pouco me rompe unha costela.
Pasara uns tres anos fóra e contoume todo o que lle pasara. Aquí comeza o
seu relato:
Cando cheguei contratáronme como agricultor; gañaba bastante pero non
estaba satisfeito. Así que formei un equipo con cinco amigos e fómonos ás
minas en procura de ouro. Tivemos éxito; conseguimos uns douscentos dólares
polo ouro. Logo contratáronnos como médicos, despois de varias clases. Alí
traballamos moito tempo e, nos ratos libres, volvíamos á mina.
Un bo día chegou un enfermo cun aspecto terríbel. Case parecía un morto!
Quedei impregnado daquel terrible virus e para non sufrir máis contaxios
botáronme fora e negáronse a atenderme, así morrín pouco a pouco.
Despois de despedirme, volvín ao cemiterio máis contento ca nunca.
Metinme de novo na miña tumba e deixei o relato ordenado para o meu amigo.
Espero que vos gustaran as historias deste cemiterio e deséxovos que pasedes
un bo Samaín.
NO CIMETERIO DE GUADALAJARA
Atopámonos nun cemiterio, hai flores por tódalas tumbas: flores brancas,
amarelas, mesmo algún sombreiro mexicano... Sí, atopámonos en
Guadalajara.
Este cemiterio non é coma os demais porque... Hai mortos viventes! E un deles
son eu! Atópome con outra caveira que me soa moito... Como se xa o
coñecera... De súpeto achégase a min moi enfadado e di:
- Dáme os cartos, nugallán!
- Si oh, madialevas!, que me vas facer ? Matarme, ou? Ademais, onde cres que
levo os cartos? Ti es parvo!
A verdade é que a este cativo débolle cartos dende hai tempo así que mellor
despídome de vós e saio correndo por se colle unha perrencha. Adeus!
Jorge Santamariña,1ºA
EUSEBIO E XIÁN
O cemiterio é un prado verde nas aforas dun pobo. O cemiterio é un gran
xardín con moitas flores violetas; as lápidas son grises, de pedra. Esta escena
sucede o 31 de outubro o día anterior a defuntos.
O meu esqueleto ten un cranio moi grande e é moi delgadiño e o esqueleto que
coñeceu era dun home que morrera moi xoven nun accidente.
Cando xa me ía de camiño á saída atopeime cun esqueleto e díxenlle:
- Ola! Bos dias! Que tal?
- Ola!, moi ben e vostede?
- Aquí tamén ben, vindo colocar flores aos meus defuntos; e vostede por aquí?
-Eu viña de ver aos meus defuntos .Vas cara á cidade?
-Si -contestoulle o outro-
-En resumidas contas, como te chamas?
-Eu chámome Eusebio. E vostede?
-Eu chámome Xián.
-Bueno adeus teño me que ir.
-Adeus.
Paula Gueimunde Fernández, 1º E.S.O A
O SAQUEADOR DE TUMBAS
O cemiterio ten moitas lápidas xuntas, é un cemiterio natural só están
construídas as tumbas, o demais son todo flores.A miña tumba é de pedra e
cunha cruz enriba e esta rodeada de flores.
Un día levanteime da miña tumba, e antollóuseme dar un paseo. Encontreime
cun amigo meu que era pirata coma eu, que morrera sedento e morto de fame
nunha illa deserta.
Falamos un cacho:
-Home!, que tal estás vello canalla?-díxenlle eu.
-Eu ben. E ti?-dixo el.
-Eu tamén ben, Que pasa aquí que cada día hai menos esqueletos?
-Non sei, que che parece se investigamos?
-Vale, paréceme ben.
Fomos polo cemiterio e non encontrabamos nada por ningures, e pregunteille:
- Que tal se investigamos pola noite?
-Vale, ás oito e media.
-Vale.
Chegaron as oito e media e vimos unha persoa de carne e óso. Estaba
saqueando as tumbas!, intervimos e cando nos veu saíu correndo.
-Así que era iso o que pasaba.-dixemos os dous á vez.
-Ben, alégrome de que se acabara todo.-dixen eu.
-Chao, ata outro día.
Abur meus!, espero que vos gustara a miña historia, xa vedes o que poden
facer as persoas por diñeiro.
David, 1ºA