Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020
CENTRO: CEIP SANTA BAIA (BOIRO)
CURSO: 3º NIVEL (PRIMARIA) MATERIA: Linguas,Matemáticas,C.Naturais e Sociais,Plástica e Valores DEPARTAMENTO: Titoras do 3º nivel DATA: 10-5-2020
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020
PÁXINA 1 DE 15 CENTRO: CEIP SANTA BAIA CURSO: 3º PRIMARIA
ÍNDICE 1. Introdución
2. Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles.
3. Avaliación e cualificación.
4. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, reforzo, repaso, e no seu caso ampliación)
5. Información e publicidade.
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020
PÁXINA 2 DE 15 CENTRO: CEIP SANTA BAIA CURSO: 3º PRIMARIA
INTRODUCIÓN: Esta re-programación para o 3º trimestre, no 3º nivel de primaria, faise despois de realizar
unha enquisa entre as familias do noso alumnado para comprobar as circunstancias
familiares nas que están a vivir a situación do estado de alarma, a dispoñibilidade para
atender aos seus fillos/as, os medios tecnolóxicos dos que dispoñen nas casas, número de
fillos/as ou persoas adultas que teñen que compartir eses medios, a capacitación dos
usuarios para axudalos/as. Isto permitiunos poder responder aos retos aos que nos
tíñamos que enfrontar tendo presente que os nosos libros de texto estaban
descatalogados e polo tanto o alumnado non ten acceso aos seus libros dixitais.
Sempre tendo presentes as diferentes pautas que en todos os documentos da consellería
e a nivel de centro nos foron chegando intentamos crear unha rutina de traballo onde
“ninguén se quede atrás”, de aí que as dinámicas estean pensadas para atender aos máis
desprotexidos/as.
A partir de esta consideración na seguinte re-programación verase como intentamos
simplificar as áreas e nos baseamos sobre todo en seguir a reforzar as competencias que
para nós son a base fundamental das áreas instrumentais:
Competencia lingüística (aínda que traballaremos áreas de Galego e Castelán por
separado durante as propostas de actividades na semana, os criterios de avaliación
e os estándares a traballar serán os mesmos para as dúas).
Competencia matemática, ciencia e tecnolóxica (centrarémonos na área de
matemáticas).
Competencia social e cívica (centrarase nas áreas de Ciencias Sociais e Naturais).
A área de valores queda integrada nas tarefas propostas nas anteriores
competencias e verase reforzada coas propostas de Ludi-Teca.
As restantes competencias
A competencia de conciencia e expresións culturais (integrarase nas actividades da
área de artística coas tarefas semanais de plástica e quincenais de música) a
competencia de aprender a aprender, en moitos/as deles/as vaise desenrolar ,
quizás máis, nesta fase porque precisan de maior autonomía persoal (as profesoras
non estamos presentes e as súas familias non sempre poden...). Tamén vaise
favorecer o seu sentido da iniciativa todo isto complementado co fomento da
competencia dixital xa que o peso das comunicacións nesta etapa vai recaer neste
medio.
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 3 DE 15 CENTRO: CEIP SANTA BAIA CURSO: 3º PRIMARIA
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: L. GALEGA E L. CASTELÁ BLOQUE 2. COMUNICACIÓN ESCRITA: LER
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe Comprender, buscar, localizar e seleccionar información explícita en textos
sinxelos de soportes variados.
Interpretar, de maneira xeral, a información de sinxelos gráficos e
ilustracións.
Utilizar estratexias de mellora da lectura.
Utilizar de xeito guiado as tecnoloxías da información para obter información
e modelos para a lectura.
Usar as bibliotecas de casa ou das redes.
Amosar interese polos textos escritos como fonte de aprendizaxe e medio de
comunicación e de lecer.
Identifica as ideas principais dun texto sinxelo (narrativo, descritivo, expositivo).CL
Interpreta e comprende, de maneira xeral, a información de sinxelos gráficos e
ilustracións, relacionando esta co contido do texto que a acompaña. CMCT-CSC
Mellora a comprensión lectora mediante a formulación de preguntas.CL
Selecciona textos do seu interese, en función dos seus gustos e preferencias.CL-
CAA
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: L. GALEGA E L. CASTELÁ BLOQUE 3: COMUNICACIÓN ESCRITA: ESCRIBIR
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe Usar, as estratexias de planificación, textualización e revisión do texto.
Producir textos sinxelos de diferente tipoloxía que permitan narrar,
describir e resumir, emocións e informacións relacionadas con
situacións cotiás e aqueles que sexan característicos dos medios de
comunicación.
Elaborar textos do ámbito académico para comunicar información.
Coidar a presentación dos traballos escritos en calquera soporte e
valorar a lingua escrita como medio de comunicación e de expresión
creativa.
Planifica a elaboración do texto, antes de comezar a escribir, xerando ideas,
seleccionando e estruturando a información.CL-CAA-CSIEE
Elabora, en diferentes soportes, textos propios da vida cotiá e académica,
imitando modelos.CL-CAA-CD
Elaborar textos do ámbito académico para comunicar información. CL
Elaborar textos sinxelos que combinen a linguaxe verbal.CL
Utilizar recursos gráficos e paratextuais que faciliten a comprensión dos
textos.CAA-CMCT-CSIEE
Coida a presentación dos textos seguindo as normas básicas de presentación
establecidas. CL-CSC
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 4 DE 15 CENTRO: CEIP SANTA BAIA CURSO: 3º PRIMARIA
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: L. GALEGA E L. CASTELÁ BLOQUE 4. COÑECEMENTO DA LINGUA
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe
Utilizar terminoloxía lingüística e gramatical básica, como apoio á
comprensión e á produción de textos, así como aplicar o seu
coñecemento na mellora do uso da lingua.
Aplicar, de forma xeral, as normas ortográficas básicas, apreciando o
seu valor social e a necesidade de cinguirse a elas.
Utilizar correctamente as regras de puntuación, así como unha sintaxe elemental.
Recoñecer e empregar conectores básicos. Usar o dicionario en papel ou electrónico, de xeito guiado. Identificación de palabras en relación coa compresión e coa produción
de textos. Comparación entre aspectos das linguas que coñece e/ou está a
aprender para mellorar os procesos comunicativos, recoñecer as posibles interferencias e lograr unha competencia comunicativa integrada.
Sinala a denominación dos textos traballados e recoñece nestes diferentes
elementos gramaticais.CL
Identifica as formas verbais. CL
Identifica nun texto substantivos e adxectivos. CL
Utiliza as normas ortográficas básicas, aplicándoas. CL-CSC
Emprega, de forma xeral, os signos de puntuación. CL-CSC
Usa unha sintaxe elemental adecuada nas súas producións.CL-CAA
Usa diversos conectores básicos entre oracións.CL
Recoñece palabras derivadas e compostas. CL
Recoñece e usa sinónimos, antónimos e palabras polisémicas básicas.CL
Valora as linguas dentro da realidade plurilingüe e pluricultural de España e
de Europa.CSC
Identifica diferenzas, regularidades e semellanzas sintácticas, ortográficas,
morfolóxicas e léxicas moi evidentes e básicas entre todas as linguas que
coñece e/ou está a aprender, como punto de apoio para a súa aprendizaxe.
CL- CSC
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: L. GALEGA E L. CASTELÁ BLOQUE 5: EDUCACIÓN LITERARIA
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe
Escoitar, memorizar, reproducir e valorar textos sinxelos, procedentes
da literatura galega en xeral, e da literatura galega popular en
particular.
Ler textos e obras adaptadas á idade e en diferentes soportes.
Identificar o xénero literario ao que pertencen uns textos dados.
Valorar a literatura en calquera lingua, como vehículo de
Escoita, memoriza e reproduce textos sinxelos procedentes da literatura
popular oral galega. CSC- CL-CAA
Le obras e textos da literatura infantil, adaptacións breves de obras clásicas e
literatura actual, adaptadas á idade e en diferentes soportes. CL-CD
É quen de identificar o xénero literario ao que pertencen uns textos dados:
narrativa, poesía e teatro. CL-CAA-CCEC
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 5 DE 15 CENTRO: CEIP SANTA BAIA CURSO: 3º PRIMARIA
comunicación e como recurso de gozo persoal.
Recrea e compón poemas e relatos, a partir de modelos sinxelos.CL
Valora a literatura en calquera lingua, como vehículo de comunicación e como recurso de gozo persoal. CCEC-CSIEE
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: MATEMÁTICAS BLOQUE 1. PROCESOS, MÉTODOS E ACTITUDES EN MATEMÁTICAS
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe Utilizar procesos de razoamento e estratexias de resolución de
problemas, realizando os cálculos necesarios e comprobando as solucións obtidas.
Identificar e resolver problemas da vida cotiá, axeitados ao seu nivel, establecendo conexións entre a realidade e as matemáticas e valorando a utilidade dos coñecementos matemáticos axeitados para a resolución de problemas.
Analiza e comprende o enunciado dos problemas. CL-CMCT
Reflexiona sobre o proceso de resolución de problemas.CL-CAA
Planifica o proceso de traballo con preguntas apropiadas: que quero descubrir?, que teño?, que busco?, como o podo facer?, non me equivoquei ao facelo?, a solución é idónea? .CL-CAA-CSIEE
Iníciase na utilización de ferramentas tecnolóxicas, nomeadamente a calculadora, para a realización de cálculos numéricos, para aprender e resolver problemas.CD-CAA
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: MATEMÁTICAS BLOQUE 2. NÚMEROS
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe
Ler, escribir e ordenar utilizando razoamentos apropiados.
Interpretar diferentes tipos de números segundo o seu valor, en situacións da vida cotiá.
Realizar operación e cálculos numéricos mediante diferentes procedementos, incluído o cálculo mental, en situación de resolución de problemas.
Identificar, resolver problemas da vida cotiá, adecuados ao seu nivel, establecer conexións entre a realidade e as matemáticas e valorar a utilidade dos coñecementos matemáticos adecuados reflexionando sobre o proceso aplicado para a resolución de problemas.
Le, escribe e ordena números ata o 10.000. CL-CMTC-CAA
Aproxima números á decena, centena e millar.CMTC
Realiza correctamente series tanto ascendentes coma descendentes. CMTC
Interpreta en textos numéricos e da vida cotiá números naturais ata o 10.000. CMTC-CL
Descompón, compón e redondea números naturais, interpretando o valor de posición de cada unha das súas cifras. CMTC-CAA
Constrúe e memoriza as táboas de multiplicar, utilizándoas para realizar cálculo mental. CMTC-CAA
Realiza cálculos numéricos coa operación de multiplicación na resolución de problemas contextualizados. CMTC-CAA
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 6 DE 15 CENTRO: CEIP SANTA BAIA CURSO: 3º PRIMARIA
Resolve problemas utilizando a multiplicación para realizar recontos, en disposicións rectangulares nos que intervén a lei do produto. CMTC
Realiza cálculos numéricos coa operación de división dunha cifra na resolución de problemas contextualizados. CMTC
Identifica e usa os termos propios da multiplicación e da división.CMTC-CL
Resolve problemas que impliquen o dominio dos contidos traballados, empregando estratexias, de razoamento. CMTC-CL-CAA
Reflexiona sobre o procedemento aplicado á resolución de problemas: revisando as operacións empregadas, as unidades dos resultados, comprobando e interpretando as solucións no contexto. CMTC-CAA-CSISE
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: MATEMÁTICAS BLOQUE 3. MEDIDA
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe
Utilizar as unidades de medida de tempo, convertendo unhas
unidades noutras da mesma magnitude, expresando os resultados nas
unidades de medida máis axeitadas, explicando oralmente e por
escrito o proceso seguido e aplicándoo á resolución de problemas.
Coñecer o valor e as equivalencias entre as diferentes moedas e
billetes do sistema monetario da Unión Europea.
Identificar e resolver problemas da vida cotiá adecuados ao seu nivel, establecendo conexións entre a realidade e as matemáticas e valorando a utilidade dos coñecementos matemáticos axeitados e reflexionando sobre o proceso aplicado para a resolución de problemas.
Compara e ordena medidas dunha mesma magnitude (tempo e
diñeiro).CMTA
Coñece e utiliza as equivalencias entre diversas unidades de medida da
mesma magnitude.CMTC
Resolve problemas da vida real utilizando as unidades de medida máis
usuais. CMTC-CSC
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 7 DE 15 CENTRO: CEIP SANTA BAIA CURSO: 3º PRIMARIA
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: MATEMÁTICAS BLOQUE 5. ESTATÍSTICA E PROBABILIDADE
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe Realizar, ler e interpretar representacións gráficas dun conxunto de
datos relativos ao contorno inmediato.
Interpreta gráficas de táboas extraendo a información explícita. CMTC-CSIEE
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: C.NATURAIS E SOCIAIS BLOQUE 1. INICIACIÓN Á ACTIVIDADE CIENTÍFICA
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe Establecer conxecturas de sucesos ou problemas que ocorren no seu
contorno por medio da observación, e obter unha información.
Traballar de forma cooperativa apreciando o coidado pola seguridade propia e a dos seus compañeiros/as, coidando as ferramentas e facendo un uso axeitado dos materiais.
Manifesta certa autonomía na observación, planificación e execución de accións e tarefas e ten iniciativa na toma de decisións.CAA-CSIEE
Establece conxecturas de sucesos ou problemas do seu contorno mediante a observación obtén unha información. CSC-CAA-CSIEE
Coñece e aplica estratexias para estudar e traballar de forma eficaz individualmente , amosando habilidades para a resolución pacífica de conflitos.CAA-CSC
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: C.NATURAIS E SOCIAIS BLOQUE 2. O SER HUMANO E A SAÚDE
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe
Coñecer a morfoloxía externa do propio corpo e os órganos máis importantes para o seu funcionamento.
Identificar e explicar as consecuencias para a saúde e o desenvolvemento persoal de determinados hábitos de alimentación, hixiene, exercicio físico
Explica a morfoloxía externa do propio corpo, o seu funcionamento e os cambios nas distintas etapas da vida. CSC-CAA
Coñece os principais órganos vitais e entende a súa importancia.CSC-CSIEE
Emprega hábitos de hixiene, de exercicio e de alimentación sa. CSC-CSIEE
Recoñece algúns factores causantes das enfermidades máis habituais (caries, catarros, gripe e obesidade) e aplica actuacións para á súa prevención.
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 8 DE 15 CENTRO: CEIP SANTA BAIA CURSO: 3º PRIMARIA
e descanso deseñando protocolos para a súa prevención. Clasifica alimentos en función dos nutrientes principais. CAA-CSIEE-CMTC Diferenza entre dieta equilibrada e non equilibrada.CAA-CSIEE
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: C.NATURAIS E SOCIAIS BLOQUE 3. OS SERES VIVOS
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe
Identificar e clasificar, con criterios científicos, animais e plantas do seu contorno próximo, recoñecer as súas características principais e buscar información en fontes variadas.
Observar e rexistrar de forma cooperativa, algún proceso asociado ao ciclo vital dun ser vivo, no seu medio ou na aula.
Observa, identifica e recoñece as características básicas e clasifica animais vertebrados e invertebrados do seu contorno, con criterio científico.CSC-CAA-CL
Observa, identifica e recoñece as características das plantas do seu contorno e clasifícaas con criterio científico.CAA-CSC-CSIEE-CL
Utiliza claves e guías para a clasificación de animais e plantas.CL-CAA Coñece as funcións de relación, reprodución e alimentación dun ser vivo e as
explica empregando diferentes soportes. CL-CSC-CD-CAA Rexistra e comunica de xeito oral e escrito os resultados da observación do
ciclo vital previamente planificado.CL-CSC
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: C.NATURAIS E SOCIAIS BLOQUE 4: O MUNDO QUE NOS RODEA
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe
Recoñecer e situar os elementos principais do sistema solar: o Sol, os planetas e as súas características básicas empregando as TIC.
Localizar o planeta Terra e a Lúa no sistema solar recoñecendo as súas características principais.
Identificar as distintas formas de representar a superficie terrestre e localizar o lugar no que vive.
Identificar a atmosfera como escenario dos fenómenos meteorolóxicos.
Identificar os aparatos de medida que se empregan para na recollida de datos.
Interpretar o tempo atmosférico en mapas do tempo sinxelos da comunidade autónoma.
Identifica, localiza os elementos principais do Sistema Solar: o Sol, os planetas e recoñece algunha das súas características básicas. CAA-CSC
Describe de forma sinxela os movementos terrestres, o eixe do xiro e os polos xeográficos.CL- CAA
Recoñece as distintas formas de representación da Terra. CAA-CSC
Identifica e nomea fenómenos atmosféricos.CL-CSC
Identifica e sabe usar os distintos aparellos de medida que se utilizan para a recollida de datos atmosféricos. CSC
Interpreta mapas do tempo sinxelos de Galicia distinguindo os seus
elementos principais.CSC-CSIEE
Escribe ordenadamente as fases nas que se produce o ciclo da auga. CL-CSC
Define paisaxe, identifica os seus elementos.CL-CSC
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 9 DE 15 CENTRO: CEIP SANTA BAIA CURSO: 3º PRIMARIA
Explicar como se produce o ciclo da auga e as súas fases relacionándoos cos elementos da paisaxe da súa contorna próxima.
Explicar que é unha paisaxe, os seus elementos básicos e recoñecer os distintos tipos de elementos da paisaxe: unidades de relevo e ríos máis importantes da comunidade autónoma
Localizar nun mapa os principais elementos da paisaxe.
Explicar a importancia e as consecuencias da intervención humana no medio próximo.
Localiza nun mapa os principais elementos da paisaxe: unidades de relevo e ríos máis importantes do seu concello.CSC
Explica o impacto e as consecuencias negativas que a acción humana ten sobre o medio máis próximo. CAA-CSC-CSIEE
Explica a importancia de coidar a atmosfera e as consecuencias de non facelo. CAA-CSC
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: C.NATURAIS E C. SOCIAIS BLOQUE 5: VIVIR EN SOCIEDADE
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe Expoñer e explicar a organización social, política e territorial da
contorna próxima a través da interpretación dun mapa.
Valorar a diversidade cultural, social, política e lingüística de Galicia respectando as diferenzas.
Comprender os principais conceptos básicos demográficos, a través da realización do estudo demográfico da poboación no contexto do centro educativo, representar os datos en gráficas básicas e comunicar os resultados.
Describe a estrutura básica da organización social, política e territorial da contorna próxima. CSC-CAA-CL
Recoñece, partindo da realidade galega, a diversidade cultural, social, política e lingüística nun mesmo territorio como fonte de enriquecemento cultural. CSC
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: PLÁSTICA BLOQUE 1: EXPRESIÓN ARTÍSTICA
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe
Utilizar instrumentos, técnicas e materiais adecuados para alcanzar un produto artístico final.
Coidar o material e os espazos e utilizalos adecuadamente.
Utiliza cores (primarias e mesturadas) e tonalidades cunha intención estética, manexando diferentes técnicas. CAA-SIEE
Manexa material diverso nas producións plásticas, explorando diversas técnicas e actividades manipulativas.CAA-CSIEE
Recorta e pega materiais de diferentes texturas.CAA
Completa figuras seguindo as liñas como guía. CAA-CSIEE
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 10 DE 15 CENTRO: CEIP SANTA BAIA CURSO: 3º PRIMARIA
Combina técnicas de picado, encartado e pegado. CAA
Usa a técnica de colaxe con limpeza e precisión, manexando diferentes técnicas.CAA
Debuxa a figura humana intentando alcanzar as proporcións axeitadas.CAA
Coida e utiliza adecuadamente os recursos de traballo.CAA-CSIEE
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: PLÁSTICA BLOQUE 2: DEBUXO XEOMÉTRICO
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe
Construír figuras para realizar composicións en tres dimensións.
Diferenciar o eixe de simetría e xiro.
Utiliza a cuadrícula como referencia para copiar e representar modelos, de manera proporcionada.CAA-CMTC
Completa figuras seguindo as liñas como guía.CAA
Crea imaxes tridimensionais co pregado. CAA
Fai composicións correctamente a partir do eixe de simetría. CAA-CMTC
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: VALORES SOCIAIS E CÍVICOS BLOQUE 1: A IDENTIDADE E A DIGNIDADE DA PERSOA
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe
Desenvolver o propio potencial, mantendo unha motivación intrínseca e esforzándose para o logro de éxitos individuais e compartidos.
Adquirir capacidades para tomar decisións de forma independente, manexando as dificultades.
Desenvolver a autonomía e a capacidade de emprendemento para conseguir logros persoais.
Razoa o sentido do compromiso respecto a un mesmo e ás demais persoas.CAA-CSC-CL
Realiza un adecuado recoñecemento e identificación das súas
emocións.CAA-CSIEE
Expresa os seus sentimentos, necesidades e dereitos. CL-CSIEE-CSC
Emprega algunha estratexia para facer fronte á incerteza, ao medo ou ao fracaso. CAA-CSIEE
Participa na resolución de problemas escolares.CSC-CAA
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020 PÁXINA 11 DE 15 CENTRO: CEIP SANTA BAIA CURSO: 3º PRIMARIA
2.Estándares de aprendizaxe e competencias imprescindibles
MATERIA: VALORES SOCIAIS E CÍVICOS BLOQUE 2: A CONVIVENCIA E OS VALORES SOCIAIS.
Criterio de avaliación Estándar de aprendizaxe
Resolver problemas en colaboración, poñendo de manifesto unha actitude aberta cara aos demais .
Implicarse na elaboración e no respecto das normas da comunidade.
Participar activamente na vida cívica valorando a igualdade de dereitos e corresponsabilidade de homes e mulleres.
Establece relacións de confianza cos iguais e coas persoas adultas.CSC
Desenvolve proxectos e resolve problemas en colaboración. CSC-CSIEE
Participa na elaboración das normas de convivencia no proceso de confinamento dentro da súa casa.CAA-CSC-CSIEE
Respecta as normas de conduta dentro e fora da casa.CAA-CSIEE-CSC
Colabora con persoas do outro sexo en diferentes situacións do fogar.CAA-CSC
Realiza diferentes tipos de actividades independentemente do seu sexo.CAA-CSIEE
Colabora en campañas escolares sobre a importancia do respecto das normas de convivencia.CAA-CSC
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020
PÁXINA 12 DE 15 CENTRO: CEIP SANTA BAIA CURSO: 3º PRIMARIA
3. Avaliación e cualificación
Avaliación
Procedementos: Seguimento semanal dos procesos de ensinanza/aprendizaxe,
a través de:
o Directa: comunicación coas familias e alumnado dúas veces por
semana (venres e luns) e cando é preciso máis a través do correo electrónico.
Informacións puntuais co sistema abalar móbil para actividades de centro
ou pautas titorias.
o Comunicación por email e/ou teléfono sempre que o noso alumnado ou as
súas familias o precisen, para solucionar dúbidas ou inquedanzas.
o Indirecta: A que se realiza sobre as tarefas , colgadas na páxina
Web do centro e que son remitidas ás titoras a través dos emails.
desenvolvelas con autonomía. Así como as valoracións
Será de vital importancia reforzar a fluidez de comunicación coas familias.
Instrumentos:
Fichas de seguimento remitidas a través do correo.
Valoración da resposta do alumnado ante as tarefas propostas.
Cualificación final
A avaliación final do alumnado durante o curso 2019-2020 valorará especialmente o
grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias.
Realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres así
como as actividades de repaso e reforzo , que se desenvolvan durante o
terceiro trimestre, fomentando as rutinas de traballo e mantendo o hábito de estudo.
Serán tidos en conta os resultados da 1ª e da 2ª, utilizando só en beneficio da
mellora da nota do alumnado o traballado na 3ª avaliación. Seguiremos as
normas de actuación reflectidas nas NOFC. Tenderase á promoción como norma xeral,
incluso tendo máis áreas suspensas que as recollidas no NOFC. Só en casos excepcionais
e cun plan de recuperación, tomarase a decisión de “non promoción”.
As tarefas ben feitas, as rutinas de organización, o hábito de estudo e a actitude positiva de esforzo, atención e interese serán os criterios de cualificación fundamental.
Proba extraordinaria de setembro
Alumnado de materia
pendente
Criterios de avaliación: Os/as que teñan materias pendentes do curso anterior seguiremos tres criterios: 1º Se finalizado o 2ª trimestre (presencial) tiñan os estándares mínimos do curso
anterior superados, aprobarán dita materia.
2º Se aproban esa materia pendente do curso anterior ao finalizar o presente curso,
igualmente queda superada a do anterior.
3º Se pasaron con proposta de ACI, valorarase de acordo a súa consecución.
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020
PÁXINA 13 DE 15 CENTRO: CEIP SANTA BAIA CURSO: 3º PRIMARIA
No caso de pendentes deste curso ao finalizar, dada as circunstancias vividas, pasarán ao seguinte nivel (4º nivel) onde se lles dará a oportunidade de reforzar eses mesmos contidos para superalos.
Criterios de cualificación: A avaliación final do alumnado durante o curso 2019-2020
valorará especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das
competencias.
Realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres así
como as actividades de repaso e reforzo , que se desenvolvan durante o
terceiro trimestre, fomentando as rutinas de traballo e mantendo o hábito de estudo.
Serán tidos en conta os resultados da 1ª e da 2ª avaliación, utilizando só en beneficio
da mellora da nota do alumnado o traballado na 3ª avaliación.
Seguiremos as normas de actuación reflectidas no NOFC. Tenderase á promoción
como norma xeral, incluso tendo máis áreas suspensas que as recollidas no NOFC. Só en
casos excepcionais e cun plan de recuperación, tomarase a decisión de “non promoción”.
As tarefas ben feitas, as rutinas de organización, o hábito de estudo e a actitude positiva de esforzo, atención e interese serán os criterios de cualificación fundamental. Para aqueles/as alumnos/as que non acaden certos estándares de aprendizaxe, elaborarase un informe individualizado onde se proporá un plan de recuperación para o vindeiro curso. Dito informe terá carácter informativo e orientador, e nel detallaranse aquelas aprendizaxes non adquiridas a causa das circunstancias do
terceiro trimestre, e que serán tratadas durante o vindeiro curso escolar.
Procedementos e instrumentos de avaliación: Dadas as circunstancias consideramos que non poden, nin deben ser diferentes ás do resto do alumnado.
4. Metodoloxía e actividades do 3º trimestre (recuperación, repaso, reforzo, e
no seu caso, ampliación)
Actividades
Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de repaso e reforzo das aprendizaxes anteriores (1º e 2º trimestres ) para todo o alumnado. Na medida do posible deseñaranse actividades globalizadoras e interdisciplinares. Todas as semanas, as titoras de 3º nivel analizan conxuntamente nunha reunión, a través da Webex Cisco, as actividades programadas para esa semana. Antes de colgalas na páxina Web do centro. Pódese ver proposta do realizado a modo de exemplo , na seguinte ligazón: https://santabaia.es/?cat=101 As actividades propostas se distribúen diariamente, marcando en cada día unhas de carácter obrigatorio e outras optativas, coa finalidade de que cada alumno/a poida adaptalas ao tempo que lles marcamos (1:30h) e as súas propias circunstancias familiares. Tamén ofreceremos a posibilidade de VISITAR enlaces explicativos para poder reforzar os temas tratados ou acceder a plataformas máis lúdicas e de carácter formativo. Para o alumnado que non adquirise as aprendizaxes e competencias imprescindibles
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020
PÁXINA 14 DE 15 CENTRO: CEIP SANTA BAIA CURSO: 3º PRIMARIA
nos dous primeiros trimestres do curso, proporánselle as mesmas actividades que ao resto, xa que a selección de tarefas están pensada para seguir traballando e reforzando os estándares mínimos de aprendizaxe dos dous primeiros trimestres.
Metodoloxía (alumnado con conectividade e
sen conectividade)
Metodoloxía: Os principios que orientarán a ensinanza serán:
Metodoloxía integradora e globalizada: intentando chegar a todos/as
na dinámica xeral de traballo a través da súa participación e implicación.
Motivadora: tratando de ofrecer actividades dentro dun formato de aprendizaxe lúdico.
Participativa: A regra básica, é que ninguén quede atrás. Autónoma: a linguaxe será sinxela e clara na presentación dos contidos.
para que os alumnos/as sexan o máis autónomos/-as posibles.
Atenderá a:
Formación en valores: incluíndo sempre que sexa posible, temas trans-
versais de contido cívico que leven á adopción de actitudes positivas
sobre o coidado do seu corpo, a convivencia axeitada e ao
respecto e conservación da natureza.
Á diversidade: tendo presentes os diferentes ritmos de
aprendizaxe, as características familiares e os intereses particulares.
A colaboración coas familias: será fundamental para intercambiar
información e sumar esforzos no seguimento do proceso de
ensino-aprendizaxe.. En realidade trátase de implicalos no
seguimento para convertelos en axentes fundamentais nese
feedback que precisan os/as alumnos/as nesta etapa educativa.
Alumnado con conectividade e sen conectividade:
Como xa mencionamos antes, a nosa metodoloxía levarase a cabo a través do correo electrónico , sistema ABALAR, páxina Web do centro ou mesmo co teléfono. Tras indagar este tema con cada familia, poñéndonos en contacto con elas, e vendo que todos levan a cabo o traballo, queremos indicar que todo o noso alumnado, pertencente ao 3º nivel da Ed.Primaria ten Wifi e sistemas para realizar o tipo de comunicación establecida dendo o estado de alarma (xa que nos adaptamos aos seus recursos).
Materiais e recursos
Non dispoñemos de plataformas e carecemos de libros dixitais.
Para poñer en práctica tódalas actividades programadas, contamos con
distintos materiais:
Fichas elaboradas polas titoras con contidos de reforzo-profundización.
Materiais funxibles como: lapis, bolígrafos, cadernos de traballo , libro de
lectura “”Como hablar con tu robot” de Ana Alonso e libros de
texto que non están adaptados á LOMCE.
Ordenador, tablets ou teléfonos para fomentar actividades complemen-
tarias de lectura, cálculo, atención, observación, análise, etc..
Os recursos humanos incluirán a todo o grupo de mestres (titoras e
especialistas) do nivel para realizar actividades educativas.
ADAPTACIÓN DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA. CURSO 2019/2020
PÁXINA 15 DE 15 CENTRO: CEIP SANTA BAIA CURSO: 3º PRIMARIA
5. Información e publicidade
Información ao alumnado e ás
familias
Tanto o noso alumnado como as familias estarán informadas en todo
momento sobre o proceso de ensino a través do correo electrónico, o Abalar
móbil e a través da web do Centro. Nalgúns casos tamén botaremos man dos
teléfonos para poder levar a cabo algunha titoría, dependendo da diversidade
da aula.
Publicidade
Será de vital importancia reforzar a fluidez de comunicación coas familias, así
como a publicación na páxina web do Centro, a través do Abalarmóbil ou
doutros medios, todo o necesario para poder levar a cabo este proceso de
ensino non presencial.