do esplendor medieval ata os séculos escuros

9
Do esplendor medieval ata os Séculos Escuros Anán Ares González 1º BAC A

Upload: anakker99

Post on 13-Apr-2017

135 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Do esplendor medieval ata os séculos escuros

Do esplendor medieval ata os Séculos Escuros

Anán Ares González1º BAC A

Page 2: Do esplendor medieval ata os séculos escuros

Introdución O esplendor medieval A decadencia Causas da decadencia Os Séculos Escuros Conclusión Bibliografía

Índice

Page 3: Do esplendor medieval ata os séculos escuros

Galiza, tras volverse un reino de maior prestixio e independente, trouxo un gran esplendor á lingua galega polo cal foi considerada unha das linguas oficiais xunto co latín. Sen embargo, a finais da Idade Media o castelán influíu perxudicialmente sobre o galego, o que o levou a unha etapa de decadencia.

Introdución

Page 4: Do esplendor medieval ata os séculos escuros

Durante esta etapa, o galego estaba moi

presente na literatura en xeral e era considerada a lingua máis axeitada para a lírica trovadoresca. Tamén tiña unha gran presencia en todo tipo de documentos e en obras de diversos caracteres.

Nestes momentos, e a pesar da constitución de Portugal como reino independente, non existen diferenzas apreciables na lingua falada no territorio da antiga Gallaecia, polo que pode falarse dunha lírica galego -portuguesa.

Neste período o galego acha un rango de nivel internacional, xa que é utilizado por autores de moi diversos países europeos.

En comparación coa lírica, a prosa literaria medieval en galego é escasa e tardía.

O esplendor medieval

Page 5: Do esplendor medieval ata os séculos escuros

Dáse entón, no século XIII, unha decadencia na Galiza da Idade Media ao pasar a depender nos ámbitos socioeconómico e político que posteriormente afectan a outros.

A decadencia

Page 6: Do esplendor medieval ata os séculos escuros

A independencia de Portugal, cuxa separación debilitou a Galiza no

aspecto político ao evitar a súa expansión cara ao sur e perder a súa posición de centralidade.

A unificación das coroas noroccidentais de Galiza, León e Castela, na que o poder político se despraza lentamente cara Toledo.

As Guerras de Sucesión, nas cales Pedro I perde un enfrontamento, co que se adentra a aristocracia castelá no territorio galego. Posteriormente os Reis Católicos someterán tamén á nobreza galega.

O estancamento económico, que deu paso a unha gran crise social provocada pola presión demográfica, as adversidades naturais e a Peste Negra.

Por último, a intervención das Revolucións Irmandiñas, nas cales se enfrontaron os señores feudais e os irmandiños. Éstes pediron axuda a Isabel de Castela e ella esíxelle unha recompensa pola axuda en forma de terras, co que o castelán entra en Galiza por segunda vez.

Causas da decadencia

Page 7: Do esplendor medieval ata os séculos escuros

Etapa que abarca os s. XVI e XVII. Caracterízase principalmente polo estado de

prostración e marxinación social do idioma galego. A situación política caracterizouse pola

superposición e dominio do castelán e a represión de calquera descontento social.

A situación socioeconómica estaba caracterizada principalmente por un sistema rendista na Galiza.

No caso da demografía, Galiza constaba dunha poboación notablemente densa, sen embargo, cunha moi escasa poboación urbana; tamén afectou neste punto a emigración a zonas como Andalucía, Portugal e Castela.

Os Séculos Escuros

Page 8: Do esplendor medieval ata os séculos escuros

Durante a Idade Media, Galiza acadou unha etapa de esplendor en practicamente todos os ámbitos. Non obstante, dita etapa foi suprimida e totalmente modificada dadas as ansias de poder do reino de Castela, o cal fixo pasar desta esplendorosa etapa a unha profunda decadencia. A decadencia é unha etapa da cal aínda quedan restos, mentres que o esplendor do galego, hoxe en día non é máis que historia.

Conclusión

Page 9: Do esplendor medieval ata os séculos escuros

https://gl.wikipedia.org/wiki/Portada http://www.slideshare.net/ http://galego.org/historia/medieval.html Aportacións do libro de texto.

Bibliografía