dÍxitos marzo 2012
DESCRIPTION
Publicación periódica de la Fundación CESGATRANSCRIPT
DIRECCIÓN
Javier García Tobío
COORDINACIÓN
Fernando Bouzas Sierra
REDACCIÓN
María Piñeiro González
COLABORACIÓN
Diego Darriba
Javier Carrasco
Lucas Fernández Seivane
Jaime Ferrer Rodríguez
Carmen Cotelo
Marcos Cobas
Ignacio López Cabido
Fernando Gómez Folgar
Javier López Cacheiro
DESEÑO, GRAFISMO E MAQUETACIÓN
Yolanda González
FOTOMECÁNICA E IMPRESIÓN
Artes Gráfi cas LITONOR S.A.L.
DEPÓSITO LEGAL
C 1604-1998
ISSN
1139-563X
EDITA
FUNDACIÓN CESGA
Avenida de Vigo, s/n (Campus Vida)
15705 Santiago de Compostela
Telf. 981 569 810
Fax. 981 594 616
.............................
CONTIDOS
[ 2, 3, 4 ] Axencia Galega de Innovación
[ 4, 5 ] Premios & Novas
[ 6 ] Incremento de contas CSIC
[ 7 ] HPC na análise fi loxenómica
[ 9 ] Informe CSMSYS
[ 10, 11 ] Oceanografía no CESGA
[ 12, 13 ] CESGA actualiza a seguridade
[ 14, 15 ] Formiga Cloud
Fundación Centro Tecnolóxico deSupercomputación de Galicia
Nace AGI,Nace AGI, a Axencia a Axencia Galega de InnovaciónGalega de Innovación
Espérase que a AGI asuma no futuro Espérase que a AGI asuma no futuro
competencias doutros organismos ou competencias doutros organismos ou
institucións relacionados coa I+D de Galicia?institucións relacionados coa I+D de Galicia?
O proxecto da Axencia Galega de Innovación
é ambicioso e, coas prudencias necesarias
que requiren este tipo de procesos, créase
coa intención de converterse na plataforma plataforma
de xestión integral das políticas de innovación de xestión integral das políticas de innovación
de toda a Xunta de Galicia.de toda a Xunta de Galicia. Isto non quere
dicir necesariamente que se vaian a producir
traspasos de competencias, senón que
se tratará de que a AGI canalice todas as
sinerxías posibles entre departamentos,
porque non podemos esquecer que a
innovación é un concepto transversal,
que non se circunscribe a unha ou outra
materia, senón que planea sobre todas
e cada vez é máis necesario que haxa
fl uidez e coñecemento compartido. Isto
entronca directamente coa gran razón
de ser da creación da AGI: a efi cienciaefi ciencia,
tanto en recursos como en resultados.
Na nova paisaxe da AGI, cal entende que Na nova paisaxe da AGI, cal entende que
debe ser o papel das infraestruturas de debe ser o papel das infraestruturas de
interese científi co e tecnolóxico? Qué interese científi co e tecnolóxico? Qué
lugar ocuparán dentro da Axencia?lugar ocuparán dentro da Axencia?
O papel destas infraestruturas non ten tanto
que ver co organismo que as coordina
como coa necesaria mellora continua das
súas prestacións e un nivel de autoexigencia
na prestación de servizos cada vez máis
elevado. A AGI aglutinará as infraestruturas
científi co-tecnolóxicas, que neste momento
atópanse baixo a tutela da Dirección Xeral,
e seguirá dándolles soporte en función dos
criterios de cumprimento de obxectivos e
2 díxitos marzo 2012
O Consello da Xunta ven de aprobar o Decreto de Creación da Axencia
Galega de Innovación, AGI, que vai asumir as competencias da DX de I+D+i
e xestionará o Plan Galego i2C (Investigación, Innovación e Crecemento).
Falamos con Ricardo Capilla PueyoRicardo Capilla Pueyo, Director Xeral de I+D+i da Xunta de
Galicia, sobre o futuro da innovación na comunidade galega:
orientación a resultados que está establecido
no Plan i2C, que en todo momento debe de
ser considerado a folla de ruta do Sistema
Público de I+D+i, independentemente
da quen corresponda a súa xestión.
En que van consistir as estratexias de En que van consistir as estratexias de
valorización do coñecemento desenvolvido por valorización do coñecemento desenvolvido por
empresas, universidades e centros tecnolóxicos?empresas, universidades e centros tecnolóxicos?
Precisamente na valorización, que é un dos
eixos centrais do Plan i2C, fundaméntase a que
será unha das primeiras iniciativas vinculadas
directamente á AGI: a creación do Rexistro Rexistro
de Axentes de Valorización da I+D+i,de Axentes de Valorización da I+D+i, que terá
como cometido apoiar a catalogación e o
seguimento dos axentes galegos implicados
na xeración, difusión e valorización de
coñecemento. Queremos que estes expertos,
unha vez homologados, incorpórense a
grupos e centros de investigación, centros
tecnolóxicos e outros axentes xeradores de
coñecemento, para axudarlles na transferencia
dos seus resultados ao mercado.
A maiores, poranse en marcha outros
instrumentos ligados a este ámbito que xa están
contemplados no i2C. Neste 2012 está previsto,
por exemplo, impulsar de maneira importante
os instrumentos de apoio á creación de spin-off
e homologar tamén axentes de dinamización
de proxectos innovadores en colaboración,
que sen dúbida terán un alto compoñente
de valorización de coñecemento. Por outra
banda, os centros de coñecemento terán liñas
de actuación propias baseadas en contratos-
programa. Mediante unha convocatoria
pública competitiva identifi caranse as propostas
con maior capacidade de valorización do
Novas do centro de supercomputación de Galicia
díxitosdíxitos marzo 2012marzo 2012 3 3
Nace AGI, a Axencia Galega de Innovación
coñecemento, a través da transferencia
tecnolóxica (colaboración con empresas,
particularmente PEMES). Cada proposta
seleccionada dará lugar a un contrato-
programa suxeito ao cumprimento dun
conxunto de compromisos e indicadores.
Qué novidades relevantes se poden Qué novidades relevantes se poden
esperar nas convocatorias que lance a esperar nas convocatorias que lance a
AGI, con respecto ás de anos anteriores?AGI, con respecto ás de anos anteriores?
Ademais das iniciativas que xa mencionei,
este mesmo ano imos lanzar liñas de
actuación, centradas no incremento da
participación en programas nacionais
e internacionais de I+D+i por parte dos
axentes galegos, e no apoio á creación
de empresas de base tecnolóxica. Polo
que se refi re ás convocatorias, seguirán
a liña das resoltas o pasado mes de
decembro, que supuxeron axudas por un
total de oito millóns de euros para levar
a cabo proxectos empresariais, moitos
deles en colaboración con centros de
coñecemento, no marco dos programas
de Apoio ao Crecemento Empresarial
mediante o fomento da I+D+i (ACE) e
de Investimentos Innovadores para o
Crecemento Empresarial (IICE). En 2011
lanzáronse as primeiras convocatorias
destes programas e supoñen, xa de seu,
un enfoque innovador na política de
axudas da Xunta de Galicia, dado que
priman criterios de competitividade en
lugar do “café para todos”. Por outra
banda, lanzaremos o Programa de
Xestores de Innovación de Galicia, xa
testado nunha iniciativa piloto, para dar
apoio ás empresas na sistematización da
innovación nos seus procesos e produtos.
Vanse a primar aquelas liñas de Vanse a primar aquelas liñas de
investigación que, por criterios investigación que, por criterios
obxectivos ou estratéxicos, poderían obxectivos ou estratéxicos, poderían
ser consideradas de interese ou ser consideradas de interese ou
prioritarias? En base a qué criterios?prioritarias? En base a qué criterios?
Os criterios son os que están
establecidos no Plan i2C e responden
sobre todo á priorización dos sectores
económicos estratéxicos para Galicia.
Neste sentido, nel contémplase un eixo
específi co de programas sectoriais que
atenden a oito áreas ben delimitadas:
saúde; alimentación, agricultura, pesca
e biotecnoloxía; TIC; nanociencias,
nanotecnoloxías, materiais e novas
tecnoloxías de produción; enerxía;
medio ambiente; transporte; seguridade;
ciencias socioeconómicas e humanidades;
turismo; e construción e enxeñaría civil.
As liñas de investigación dos centros
de coñecemento que se centren
nestas áreas e que teñan unha clara
orientación ao mercado, serán as que
se prioricen nas convocatorias de
concorrencia competitiva. Á marxe
destas, tamén existe no Plan outro eixo
estratéxico de programas singulares,
ligado aos dous campus de excelencia
universitarios galegos, o Campus Vida e
o Campus do Mar, pola súa capacidade
para xerar proxectos de alto impacto
que impliquen a colaboración de
axentes diversos, en particular con
atención á implicación da empresa.
Dentro deste marco temático, a
capacidade para valorizar resultados
de investigación, ben mediante a
creación de empresas novas ou
mediante a transferencia de tecnoloxía
a empresas xa existentes, vai ser un
criterio básico para que os centros de
coñecemento conten co apoio da Xunta.
Outros países están a propoñer Outros países están a propoñer
modelos mixtos público-privados para modelos mixtos público-privados para
o aproveitamento das infraestruturas o aproveitamento das infraestruturas
científi cas e redes de comunicación, científi cas e redes de comunicación,
co fi n de ter impacto na economía. co fi n de ter impacto na economía.
É un modelo aplicable en Galicia?É un modelo aplicable en Galicia?
Os modelos público-privados para
a explotación de infraestruturas e
redes ligadas á I+D+i están a adoptarse
como unha medida para alixeirar a
Foto : Ricardo Capilla Pueyo, Director Xeral de I+D+i da Xunta de Galicia e Presidente do CESGA
“A capacidade para A capacidade para valorizar resultados valorizar resultados de investigación, de investigación, mediante a creación de mediante a creación de empresas ou mediante empresas ou mediante a transferencia de a transferencia de tecnoloxía á empresas tecnoloxía á empresas existentes, será un existentes, será un criterio básico para criterio básico para que os centros de que os centros de coñecemento conten coñecemento conten co apoio da Xunta.co apoio da Xunta.”
Novas do centro de supercomputación de Galicia
4 díxitosdíxitos marzo 2012marzo 2012
O texto do Decreto 50/2012, de 12
de xaneiro, polo que se crea a AGI e
se aproban os seus estatutos, pode
consultarse aquí:
http://bit.ly/wPActKhttp://bit.ly/wPActK
Plan i2C: plani2c.xunta.esplani2c.xunta.es
presión económica que estas exercen
sobre as administracións, pero a min
paréceme que, ademais, teñen un valor
engadido: alá onde se consiga que as
empresas participen, abriranse vías de
colaboración máis aló do mantemento
e o aproveitamento dunha instalación
material. Trátase de xente traballando
no mesmo espazo, ou polo menos na
mesma contorna, cruzando proxectos
e coñecemento. Iso tradúcese non
só en recursos comúns, senón en
retos e iniciativas compartidas.
A curto/medio prazo, que se espera A curto/medio prazo, que se espera
conseguir coa posta en marcha de AGI?conseguir coa posta en marcha de AGI?
A posta en marcha da AGI responde
a unha estratexia de racionalización
dos recursos públicos para lograr unha
maior efi ciencia. Neste sentido, o que
se está a facer é reforzar o compromiso
adquirido nesta lexislatura pola Xunta
de Galicia de establecer un réxime
de actuación en materia de I+D+i,
baseado na xestión transparente por
obxectivos, apoiándose no cumprimento
de indicadores claros, medibles e
orientados á mellora na prestación do
servizo. Isto polo que se refi re á parte
administrativa, porque o que esperamos
conseguir na parte executiva é a mellor
xestión posible do Plan i2C e a aposta
por todos os novos retos que podamos
asumir a maiores, para aumentar
a competitividade e o crecemento
da economía galega con base na
innovación. Non hai que esquecer que
unha das novidades introducidas por
este Plan é que introduce un marco
de revisión continua das políticas
contempladas inicialmente nel, para
poder adaptarse ás necesidades
que vaian xurdindo nunha contorna
tan cambiante como a nosa. ·
Ofrecer soft ware de Química Computacional como servizo e un sistema de colas
que contemple políticas de aforro enerxético, son as dúas propostas elixidas como
mellores ideas pola Unidade de Xestión da Investigación do CESGA, (UXIDI) e polos
traballadores do centro.
CESGA FOMENTA OS CESGA FOMENTA OS PROCESOS PROCESOS
DEDE PARTICIPACIÓN ABERTAPARTICIPACIÓN ABERTA
PREMIOS & NOVASPREMIOS
As propostas de proxectos
de Aurelio Rodríguez e de Javier
López Cacheiro consideráronse
as mellores de todas as propostas
ao longo do ano 2011, como parte
da política de calidade do Sistema
de Xestión de I+D+i, UNE 166002,
adoptada polo centro.
O Centro de Supercomputación de Galicia ven fomentando os procesos de
participación aberta en todas as contornas, tanto na selección de ideas para novos
proxectos de investigación, proceso aberto a todo o persoal do centro, como na
relación cos usuarios aos que se lles consulta, para avaliar as súas necesidades futuras
antes de pór en marcha calquera concurso que implique adquisición de tecnoloxía. A
través da Enquisa Anual de Satisfacción de Usuarios, recóllese ademais a súa opinión
en cuestións como xestión de recursos, aplicacións, sistemas de colas ou análises de
usos e necesidades de memoria. ·
OPORTUNIDADE PARA EMPRESASOPORTUNIDADE PARA EMPRESAS
SOFTWARE DE MODELADO 3D E SOFTWARE DE MODELADO 3D E
ANALISE EN CODIGO ABERTO, ANALISE EN CODIGO ABERTO,
ACCESO A PLATAFORMA DE CÁLCULO PARA ACCESO A PLATAFORMA DE CÁLCULO PARA
PEMES MANUFACTUREIRAS PEMES MANUFACTUREIRAS
DE GALICIA E NORTE DE PORTUGALDE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL
www.cloudpyme.euwww.cloudpyme.eu
díxitos marzo 2012 5
Novas do centro de supercomputación de Galicia
RECOMENDACIÓNS DO CPEIG RECOMENDACIÓNS DO CPEIG A PROL DA PROTECCIÓN DE DATOSA PROL DA PROTECCIÓN DE DATOS
PREMIOS & NOVAS & NOVAS
Dr. Eduardo Pardo de Guevara y ValdésEduardo Pardo de Guevara y Valdés,
profesor de investigación do CSIC e
director do Instituto de Estudos Galegos
“Padre Sarmiento” dende 1994, é o novo
Coordinador institucional do CSIC en Coordinador institucional do CSIC en
GaliciaGalicia en sustitución do Dr. Uxío Labarta,
profesor de investigación do CSIC en
Ciencias Mariñas. Doutor en Historia
Medieval pola Universidade Complutense
de Madrid (UCM), onde exerceu a
docencia na cátedra de Paleografía e
Diplomática. Traballou como científi co
titular na Institución “Milá i Fontanals” de
Barcelona (1988-1990) e no Instituto de
Historia de Madrid (1990-1994). As súas
liñas de investigación céntranse no ámbito
da Historia da Idade Media, séculos XIII e
XV en particular, e na historia social do
poder, Xenealoxía e Heráldica Medieval. ·
O novo Presidente do Consello Superior de Presidente do Consello Superior de
Investigacións Científi casInvestigacións Científi cas é o investigador
do CSIC, Emilio Lora-TamayoEmilio Lora-Tamayo, que ven a
substituír no cargo ao astrofísico Rafael
Rodrigo. Vinculado ao CSIC dende 1975,
Lora–Tamayo xa ocupara a presidencia
entre 2003 e 2004, así como o cargo de
vicepresidente de Investigación Científi ca e
Técnica entre 1996 e 2003, e vicepresidente
do CESGA. Dende 2008 ocupaba a
dirección do Instituto de Microelectrónica
de Barcelona, CSIC. Doutor en Ciencias
Físicas pola Universidade Complutense de
Madrid e DEA pola Universidade Paul Sabatier
de Toulouse; é catedrático de Electrónica
da Universidade Autónoma de Barcelona
dende 1989. Especializado nos campos da física
e tecnoloxía de semicondutores, dispositivos
e circuitos integrados de silicio en micro e
nanosistemas, é autor de case un centenar
de publicacións, varias patentes e unha decena
de libros e capítulos de libros. ·
Antonio Figueras HuertaAntonio Figueras Huerta, Doutor en Bioloxía
pola Universidade de Santiago de Compostela
e Profesor de Investigación do CSIC, ocupará
a Vicepresidencia de Investigación Científi ca Vicepresidencia de Investigación Científi ca
e Técnicae Técnica. Figueras é o responsable do
Laboratorio Nacional de Referencia para
enfermidades de moluscos bivalvos, autor de
máis de 170 traballos científi cos publicados
en revistas e varios libros. Foi director do
Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) entre
2001 e 2005 e asesora á Unión Europea en
Patoloxía de Organismos da Acuicultura. Ata
o seu nomeamento como vicepresidente
do CSIC, traballaba como coordinador do
Proxecto Aquagenomics (Consolider-Ingenio
2010) para o desenvolvemento de ferramentas
biotecnolóxicas na mellora da produción da
Acuicultura, traballando na resposta inmune
de peixes e moluscos bivalvos. É Coordinador
da Rede de Investigación en Acuicultura do
CSIC (RIAC). ·
NOMEAMENTOS NO NOMEAMENTOS NO CSICCSIC
Os enxeñeiros en Informática de Galicia apostan por unha cidadanía consciente das oportunidades e dos riscos da Internet. O Colexio
Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) difundiu unha serie de recomendacións con motivo do Día da Protección de
Datos en Europa, celebrado o pasado 28 de xaneiro. O folleto “Recomendacións do CPEIG a prol da Protección de Datos” inclúe un total
de 13 consellos básicos e un pequeno glosario, dirixidos a usuarios da Internet, así como unha serie de ligazóns de interese. Mediante ese
conxunto de suxestións, o colexio avoga pola concienciación da sociedade galega en materia de seguridade na Rede.
Impulsado pola Comisión Europea, o Consello de Europa e as autoridades de protección de datos dos Estados membros da Unión Europea,
a celebración desta xornada busca difundir entre os cidadáns o coñecemento dos seus dereitos e responsabilidades sobre a protección
de datos na rede. · Texto completo en : http://bit.ly/yIePAG
Novas do centro de supercomputación de Galicia
6 díxitos marzo 2012
Incremento de contas CSIC Incremento de contas CSIC no CESGA no CESGA Nano-Materiais, Bioloxía Evolutiva e Física Atómica e de Partículas
son as disciplinas nas que os usuarios do CSIC investiron máis
horas de CPU. As arquitecturas que o CESGA ofrece adaptouse
perfectamente ás necesidades de cálculo, simulación e
almacenamento desta comunidade investigadora.
A tecnoloxía HPC facilita o avance
da investigación científi ca e o
desenvolvemento industrial de produtos
innovadores. O informe para a Axenda
Estratéxica Europea 20201, sostén que
a computación de altas prestacións
(HPC) podería contribuír a obter
importantes vantaxes competitivas en
áreas nas que a UE e xa forte, e sinala
como áreas estratéxicas de importancia
científi ca e económica a Climatoloxía
e Meteoroloxía, Enerxías Limpas e
Sustentables, Deseño Espacial e de
Automoción, Enxeñaría, Ciencias da Vida,
Física de Partículas, Computación Cloud,
Dinámica Molecular e Modelización
das Propiedades dos Materiais.
O usuario de simulación necesita ter
un modelo do problema en cuestión
preciso, exacto e ben calibrado, que
esixe detrás un equipo multidisciplinar
de tecnólogos, científi cos e matemáticos.
Son os equipos multidisciplinares os que
obteñen máis éxitos na transferencia
de coñecementos academia-industria.
A relación entre o CESGA e os seus
usuarios é sempre de colaboración
multidisciplinar, ofrecendo soporte
e colaboración na optimización de
algoritmos, ou propondo solucións
técnicas axustadas ás necesidades
computacionales do grupo.
Nos últimos anos, novos grupos do
CSIC con requirimentos diferentes
recalaron no CESGA. Polo seu consumo,
destacan os grupos especializados
nas ramas científi cas de Nano-Nano-
Materiais, Física Atómica e Molecular e Materiais, Física Atómica e Molecular e
Bioloxía Evolutiva.Bioloxía Evolutiva. As arquitecturas de
computación e os servizos de Sistemas
AnoAno
20072007
20082008
20092009
20102010
20112011
NºNº
5757
9292
113113
121121
141141
NºNº
316.428316.428
3.605.4633.605.463
7.846.91 17.846.91 1
10.004.29710.004.297
1 1 .458.2801 1 .458.280
IncrementoIncremento
1.140,0%1.140,0%
117,0%117,0%
27,5%27,5%
14,5%14,5%
IncrementoIncremento
61,4%61,4%
22,8%22,8%
7,0%7,0%
16,5%16,5%
Número de usuariosNúmero de usuarios Horas consumidasHoras consumidas
e de Aplicacións do CESGA parecen
responder axeitadamente ás necesidades
destas disciplinas, que supoñen a
vangarda da actual investigación.
Incremento dos grupos do Incremento dos grupos do
CSIC usuarios do CESGACSIC usuarios do CESGA
Nos últimos anos o incremento de
Contas Activas de Usuarios do CSIC
(Consello Superior de Investigacións
Científi cas) que elixen o CESGA para
realizar os seus cálculos aumentou
constante e notablemente, pasando
de 57 contas de usuarios rexistradas
en 2007, ás 141 no ano 2011.
Estas 141 contas consumiron en 2011 un
total de 11.458.280 horas de CPU, un
42,67% do total das horas consumidas por
todos os usuarios do CESGA ao longo do
ano, o que signifi ca a porcentaxe máis
alta por institucións usuarias do CESGA.
Con respecto ao ano 2010 prodúcese
un incremento do 14,5% do consumo
agregado para todos os centros do
CSIC usuarios de recursos do CESGA.
Nos últimos 5 anos, os aumentos máis
signifi cativos de grupos de investigación
do CSIC prodúcense do ano 2007
ao 2008, pasando de 57 a 92 grupos
usuarios, un aumento do 61,4%, e entre
2008 e 2009, de 92 a 113, un 22,8% de
incremento. O número de grupos continua
crecendo, un 7% entre 2009 e 2010,
rexistrándose outro aumento signifi cativo
entre 2010 e 2011 en que se pasa de 121
a 141 grupos, un incremento do 16,5%.
Cabe destacar os consumos do Centro
de Investigacións en Nanomateriales
e Nanotecnoloxía, dos institutos de
Matemáticas e de Física Fundamental,
da Unidade Asociada CSIC-LABEIN,
do Instituto de Ciencias Materiais de
Barcelona, que superan amplamente o
millón de horas de CPU en 2011. Os grupos
de investigación da Estación Biolóxica
de Doñana e do Instituto de Catálisis e
Petroleoquímica superaron o medio millón
de horas. Até un total de 13 grupos do
CSIC superan ademais as 100.00 horas. ·REFERENCIAS
(1) “High Performance Computing in Europe: A vision for 2020”: http://www.prospect-hpc.eu/Documents/
Figura :
Evolución do número de contas de usuario e horas de CPU consumidas polo CSIC
Novas do centro de supercomputación de Galicia
díxitos marzo 2012 7
A computación de altasA computación de altasprestacións prestacións na análisena análisefi loxenómicafi loxenómica
Establecer as relacións evolutivas entre os diferentes organismos
é unha cuestión de gran importancia no campo da bioloxía.
Hoxe en día os cambios evolutivos pódense estudar a partir de
datos xenómicos –a fi loxenómica– empregando ferramentas
computacionáis cunha base matemático-estatística para analizar os
cambios a nivel molecular. Nos ultimos anos vense de producir una Nos ultimos anos vense de producir una
revolución no estudo dos xenomas coas técnicas de secuenciación revolución no estudo dos xenomas coas técnicas de secuenciación
de nova xeración (“Next-Generation Sequencing”)de nova xeración (“Next-Generation Sequencing”), que permiten
obter cantidades masivas de datos xenómicos de manera moi
accesible. De feito, neste momento hai moitos máis datos dos que
é posible analizar.
Isto creou unha gran sinerxía entre o ámbito da análise
fi loxenética e a computación de altas prestacións, motivando
a adaptación de aplicacións amplamente empregadas a súa
execución en arquitecturas paralelas. De aí surxíu a colaboración
entre o Grupo de Filoxenómica (Universidade de Vigo) e
o Grupo de Arquitectura de Computadores (Universidade
da Coruña), baixo a cal desenvolvéronse novas versións de
dúas aplicacións, ProtTest e jModelTest, para a execución en
entornos paralelos, tanto computadoras multicore de escritorio
como supercomputadores. Estas aplicacións permiten a
selección de modelos probabilísticos de evolución de proteínas
e nucleótidos axeitados aos datos, co fi n de analizar os
aliñamentos de secuencias dende un punto de vista estatístico.
O proceso seguido por estas aplicacións ten como base a
estimación por máxima verosimilitude dos parámetros dun
conxunto de modelos de evolución, permitindo a optimización
do conxunto de modelos para un aliñamento de secuencias
de aminoácidos ou nucleótidos (segundo o caso), o que supón
o uso de algoritmos que foron demostrados NP-hard ou NP-
complexos. Esta operación conta con necesidades computacionais
de gran magnitude, tanto en tempo de computación como en
Investigador: Diego Darriba [1,2]; Guillermo L. Taboada [2]; Ramón Doallo [2]; David Posada [1].
Institucións participantes: Universidade de Vigo [1]; Universidade da Coruña [2].
Departamento: Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía [1]; Departamento de Electrónica e Sistemas [2].
Axencia fi nanciadora: European Research Council, Rede Galega de Computación de Altas Prestacións (GHPC), Rede Galega de Bioinformática (RGB)
Referencia do proxecto: PHYGENOM
requerimentos de memoria, polo que para conxuntos de datos de
gran tamaño é esencial a execución en entornos de computación
de altas prestacións.
Ao tratarse dun proceso imposible de resolver de forma
analítica, dada a magnitude e as características do problema,
a validación dos resultados é necesario facela tamén dende
un punto de vista estatístico. Na fase de desenvolvemento
de jModelTest 2, a tarefa que aglutinou a meirande parte
dos recursos foi esta validación, para a que se construíu un se construíu un
conxunto de datos simulados consistente en máis de 10.000 conxunto de datos simulados consistente en máis de 10.000
aliñamentos de secuencias xenómicasaliñamentos de secuencias xenómicas, dos que ao redor dun 80%
executáronse nun clúster propio e o 20% restante nas máquinas
do CESGA. Esta tarefa requeriu aproximadamene medio millón Esta tarefa requeriu aproximadamene medio millón
de horas de computación, das que 100.000 foron investidas na de horas de computación, das que 100.000 foron investidas na
supercomputadora SVG do CESGA.supercomputadora SVG do CESGA.
Os resultados obtidos son altamente satisfactorios, identifi cando o
modelo exacto en case o 90% dos casos de estudo, e obtendo un
error na estimación dos parámetros menor do 0,001% en máis do
99.98% dos casos. ·
“Baixo a colaboración entre o Baixo a colaboración entre o
Grupo de Filoxenómica (UVigo) Grupo de Filoxenómica (UVigo)
e o Grupo de Arquitectura e o Grupo de Arquitectura
de Computadores (UDC), de Computadores (UDC),
desenvolvéronse novas versións desenvolvéronse novas versións
das aplicacións ProtTest e das aplicacións ProtTest e
jModelTest, para a execución jModelTest, para a execución
en entornos paralelos.en entornos paralelos.”
Novas do centro de supercomputación de Galicia
8 díxitosdíxitos marzo 2012marzo 2012
O hidróxeno é un portador de enerxía
limpa que, utilizado con tecnoloxías
altamente efi cientes de conversión de
enerxía, como as células de combustible,
ten o potencial de satisfacer moitas das
nosas necesidades futuras de enerxía
dunha maneira sustentable. A WGS,
reacción de desprazamento de auga-
gas, (CO + H2O--> H2 + CO2) é un proceso
crítico na subministración de hidróxeno
puro para procesos catalíticos
na industria química e células de
combustible. Con todo, o deseño
e optimización de catalizadores
WGS depende crucialmente
dunha mellor comprensión
básica da estrutura e función
do catalizador. A nova xeración
de catalizadores WGS están
baseados en sistemas bifuncionais
de óxidos metálicos. Con todo, o
papel desempeñado polo óxido e
o metal, así como a interacción óxido-
metal entre ambos, non está aínda clara,
e tampouco existe aínda un mecanismo
xeralmente aceptado para a reacción.
O obxectivo da nosa investigación é
precisamente comprender e optimizar
o rendemento das fases de metal e
óxido para desenvolver a capacidade
para predicir e fi nalmente deseñar,
catalizadores WGS mellorados e rendibles.
Para iso, propuxemos modelos materiais
para istos catalizadores e a aplicación
dos máis modernos métodos de química
computacional. Aplicamos os chamados
cálculos de primeiros principios
-métodos baseados en mecánica cuántica
que, fundamentalmente, describen os
sistemas químicos de interese a nivel
molecular- para comprender a natureza
dos sitios activos en cada compoñente
dos catalizadores e determinar a forma
en que interactúan cos reactivos e
posibles produtos intermedios da
reacción WGS. A nosa meta é establecer
por qué é importante o tamaño das
partículas de metal para esta reacción
e por que algúns metais e óxidos son
mellores que outros. Para lograr estes
obxectivos, a rapidez na entrega de
resultados é unha obriga, se queremos
establecer tendencias de investigación
que aborden as importantes cuestións
futuras relativas á enerxía. A demanda
computacional necesaria para facer
fronte á modelización de catalizadores
de óxido de metal a nanoescala
para WGS -normalmente usamos 32
procesadores durante 48-72 horas de
CPU por calculo- esixiría simplemente
demasiado tempo en recursos
computacionais locais convencionais.
Neste sentido, o CESGA ofrécenos unha
excelente oportunidade para garantir
un ritmo rápido e constante que nos
permita cumprir satisfactoriamente
cos nosos obxectivos científi cos.
Os nosos cálculos realízanse
para catalizadores que xa foron
estudados en detalle polos nosos
colaboradores experimentais
na Unión Europea e nos
Estados Unidos, facéndoos máis
signifi cativos. A teoría non só
se utiliza para a explicación de
datos experimentais, senón
tamén para a preevaluación do
comportamento dos catalizadores.
Esencialmente, o noso enfoque
desenvolve principios básicos para o
deseño racional e a optimización dos
nanocatalizadores WGS para a produción
de hidróxeno limpo, tratando de dar
respostas á pregunta: que é o que fai aos
óxidos metálicos candidatos idóneos para
a nova xeración de catalizadores para
WGS e como podería mellorarse o seu
rendemento? Estes estudos contribuirán á
meta a longo prazo da UE de desenvolver
novos conceptos para un mellor uso dos
procesos químicos e materiais asociados
cos problemas relativos á enerxía. ·
Nano-catalizadores de óxidos Nano-catalizadores de óxidos metálicos para a producción metálicos para a producción de hidróxenode hidróxeno · Unha · Unha perspectiva teóricaperspectiva teórica
Javier Carrasco,
Laura Barrio,
M. Verónica Ganduglia-Pirovano,
Instituto de Catálisis y Petroleoquímica-CSIC
Figura :
Diagrama dunha célula de combustible. O combustible (H2) se purifica nunha reacción de desprazamento auga-gas utilizando catalizadores de óxido de metal. Realizamos cálculos de estrutura
atómica e electrónica dos sitios activos deses catalizadores para comprender e mellorar o seu rendemento. Por exemplo, no insiro mostramos a estrutura atómica do átomo de níquel adsorbido en
CeO2, rastrexando a formación de iones Ce³+ que teñen un profundo impacto na reactividad do sistema.
díxitosdíxitos marzo 2012marzo 2012 9 9
Novas do centro de supercomputación de Galicia
InformeInforme CSMSYS CSMSYS · Estudo de· Estudo desistemas nanoestruturadossistemas nanoestruturados
Nas últimas décadas vense observando
un crecente interese no estudo, teórico e
experimental, de sistemas nanoestruturados
(de dimensións entre por baixo de 0.1
micrómetros) de Metais de Transición
con electróns 5d (Ouro, Platino, Iridio)
debido ás súas novas propiedades, o
que fai que as nanoestruturas en xeral
e as nanopartículas en particular sexan
candidatos a potenciais aplicacións
nanoelectrónicas e nanoespintrónicas, de
almacenamento magnético, biomédicas,
sensores, ópticas¹ e catalíticas²,³.
Os sistemas nanoestruturados posúen
trazos típicos da nanoescala que afectan
as súas propiedades magnéticas, a saber:
• factores de forma: debido á súa
elevada relación superfi cie/volume
e á presenza dun elevado número
de lugares de baixa coordinación
moitos átomos están na superfi cie
e teñen termos de simetría local
diferentes, o que leva unha anisotropía
magnética diferente que no volume.
• 4factores electrónicos: confi namento
electrónico, maior espallamento
entre niveis no espectro de enerxía,
o que alterará a densidade de estados
ao nivel de Fermi e por tanto as
propiedades magnéticas intrínsecas
do material respecto ao volume.
No caso do Ouro e o Platino, así mesmo,
existe un importante efecto relativista,
a interacción espín órbita, que ancora
o magnetismo coa estrutura, altera as
ligazóns e os niveis enerxéticos, ademais de
cambiar a resposta óptica destes materiais.
Tratamos de caracterizar de múltiples
formas estes sistemas: estrutural,
magnética, óptica, catalítica4. Recentemente,
existe unha gran especulación experimental
sobre o magnetismo do ouro cando o
número de átomos redúcese 5-8.
Todos os cálculos fi xéronse no marco
da Teoría do Funcional da Densidade 9,
co programa SIESTA 10, incluíndo a nosa
implementación da interacción espín-órbita ¹¹.
As nosas investigacións cinguíronse ao rango
de até 800 átomos de ouro, e quixemos
facer un estudo moi exhaustivo. Para cada
número de átomos, cunha metodoloxía
que combina o uso de numerosas
referencias bibliográfi cas, información
experimental tanto de microscopía como
de espectroscopia de masas en tempo de
voo, bases de datos cristalográfi cas e a
metodoloxía “Particle-Swarm-Optimization”
fomos capaces de construír unha ‘escada
de isómeros’ para cada número de átomos
de ouro, e logo proceder ao exame das
súas posibles confi guracións magnéticas.
Obtivemos numerosos resultados particulares
e tendencias xerais. Varios manuscritos que
están en preparación, e realizamos dúas
charlas que detallamos na memoria anual
do centro. Boa parte da tese doutoral de
LFS pasouse na preparación, execución e
análise dos resultados dos citados cálculos.
Un estudo de semellante envergadura sería Un estudo de semellante envergadura sería
imposible sen unha grande instalación como imposible sen unha grande instalación como
o CESGA.o CESGA. Dende a axuda á compilación, coas
colas de traballo e a constante depuración
de erros nos traballos; pero sobre todo e
máis importante, as actividades de formación
ás que en varias ocasións acudín de forma
presencial, incluíndo a CESGA Computational CESGA Computational
Science Summer School.Science Summer School. O centro emprega
unha gran cantidade de persoal, recursos e
tempo en formar aos seus usuarios, cousa que
fomenta a riqueza da “experiencia CESGA”. ·
REFERENCIAS
1. L. M. Liz-Marzán, Langmuir 22, 32 (2005).2. M. Haruta, Catalysis Today 36, 153 (1997).3. M. Valden, X. Lai, and D. W. Goodman,
Science 281, 1647 (1998).4. L. Fernandez-Seivane and J. Ferrer,
Physical Review Letters 101 (2008).5. K. Suzuki, H. Zhang, K. Saito, et al.,
Journal of Applied Physics 109, 07E328 (2011).
6. J. S. Garitaonandia, M. Insausti, E. Goikolea, et al., Nano letters 8, 661 (2008).
7. E. Guerrero, M. a. Muñoz-Márquez, E. Fernández-Pinel, et al., Journal of Nanoparticle Research 10, 179 (2008).
8. P. Crespo, R. Litrán, T. Rojas, et al., Physical Review Letters 93, 49903 (2004).
9. P. Hohenberg and W. Kohn, Phys. Rev. 136, B864 (1964).
10. J. M. J. M. Soler, E. Artacho, J. D. J. D. Gale, et al., Journal of Physics: Condensed Matter 14, 2745 (2002).
11. L. Fernandez-Seivane, M. A. Oliveira, S. Sanvito, et al., Journal of Physics-Condensed Matter 18, 7999 (2006).
Lucas Fernández Seivane. Centro de Investigación en
Nanomateriales y Nanotecnología / CSIC. University of Texas San Antonio.
Jaime Ferrer Rodríguez. Centro de Investigación en Nanomateriales y
Nanotecnología / CSIC. Universidad de Oviedo.
Figura :
Clúster de 434 Átomos, Simetría Pentagonal Icosahédrica
Figura :
Clúster of 434 Átomos, Simetría Pentagonal Decahédrica
10 díxitos marzo 2012
Novas do centro de supercomputación de Galicia
UnUn mar de datos:mar de datos: Oceanografía noOceanografía no CESGACESGA O CESGA participa na investigación e estudo do medio mariño, achegando a súa infraestrutura de cálculo
e colaborando en proxectos como socio de Puertos del Estado (PdE), o Instituto Español de Oceanografía
(IEO), MeteoGalicia e outras institucións europeas, especialmente con Portugal. Proxectos como MyOcean,
RAIA e OCÉANO, prevén a execución operacional de modelos oceanográfi cos, a diferentes escalas. Estes
proxectos xunto con Faros e MeteoSIX teñen aplicacións nas áreas económicas dependentes do mar e
importantes para Galicia.
Unha xestión activa e efi caz dos recursos
do mar require o coñecemento do medio
mariño. En Galicia uns 40.000 empregos
dependen directamente do mar e cada
un deles xera catro máis en terra. A pesca
extractiva, acuicultura, marisqueo, turismo
e os portos actúan como motores de
actividades económicas (conserveiras,
enerxías renovables, lonxas), decisivas
para a comunidade.
Para resolver as complicadas ecuacións
que rexen os fenómenos físicos,
empréganse modelos numéricos. No
campo da Oceanografía existen diferentes
modelos, como NEMO, MOHID, ou
ROMS, cada un coas súas características
pero todos comparten a necesidade de
grandes recursos de computación para a
súa execución. O CESGA proporciona a
capacidade computacional necesaria para
a execución deses modelos, participando
na adaptación e optimización, asimilación
de datos e almacenamento dos mesmos de
maneira que sexan accesibles a usuarios e,
unha vez convertidos en produtos de valor
engadido, ao público en xeral.
As variables que se inclúen nos
modelos conteñen datos de diferentes
procedencias que é preciso adaptar
(datos oceanográfi cos de MERCATOR,
datos atmosféricos do modelo WRF, etc.)
e en varias escalas: rexional, rías, portos,
etc. Son datos esenciais para executar e
validar os modelos, ou mesmo corrixir a
súa traxectoria e que refl ictan a realidade
en maior medida. Especialmente
nas costas galega e cantábrica, moi
accidentadas, con rías, canóns, montes
submarinos, etc. e onde confl úen unha
serie de peculiaridades climáticas que
fan especialmente importante esa
adaptación. A observación e control
do medio mariño esixen a obtención
de datos de maneira continuada e
ininterrompida, tanto de observacións
como de datos provenientes de modelos.
“Tempo do Mar”: Proxecto RAIA“Tempo do Mar”: Proxecto RAIA
O Proxecto RAIA nace para consolidar
unha extensa rede de observación
océano-meteorolóxica na plataforma
costeira na área transfronteiriza do Norte
de Portugal e Galicia, para observar e
predicir o estado do mar e distribuír
esta información ao público, como
unha predición do “Tempo do Mar”.
Para iso instaláronse novas boia de
medición de correntes, ventos, ondas
salinidade e temperatura, unifi cando nun
único sistema as medidas de satélites e
outros dispositivos xa existentes. Estas
plataformas complementan a rede
de observación automática actual de
Intecmar/MeteoGalicia (Cíes, Ons e Rande),
Portos do Estado (rede de boias de augas
profundas e mareógrafos) e Instituto
Hidrográfi co (rede de boia e mareógrafos).
Medíronse no proxecto en tempo real
datos meteorolóxicos, oceanográfi cos
e biolóxicos, e complementáronse con
campañas de toma de datos.
OBSERVATORIO RAIA OBSERVATORIO RAIA
O Observatorio RAIA e a súa oferta de
produtos e servizos presentouse no
mes de febreiro para sectores e actores
implicados en actividades mariñas
que poden benefi ciarse de ter acceso
á información xerada no proxecto
RAIA, en forma de produtos e servizos
adaptados ás súas necesidades.
RAIA.co (Observatorio Mariño da Marxe
Ibérica e do litoral), continúa as actuacións
iniciadas en RAIA, consolidando a
oceanografía operacional na marxe ibérica
e litoral da Eurorexión Norte de Portugal -
Galicia. A rede de observación e predición
oceánica transfronteiriza permitirá
producir información oceanográfi ca e
meteorolóxica extremadamente valiosa
cara á xestión e explotación dos recursos.
www.observatorioraia.org
Asimilación de datos:Asimilación de datos:
Un modelo matemático é unha simplifi cación
da realidade e é común que experimente
unha deriva longo prazo. Para evitalo utilízanse
técnicas de asimilación de datos, que consiste
en incorporar datos reais ao modelo e
corrixir a súa traxectoria para que represente
mellor as condicións reais. O proxecto
OCÉANO prevé, dentro do seu esquema
operacional, a incorporación de datos
oceanográfi cos por medio destas técnicas.
Marcos Cobas,
Carmen Cotelo,
Técnicos Sup.
Aplicacións e Proxectos CESGA
díxitos marzo 2012 11
Novas do centro de supercomputación de Galicia
METEOSIXMETEOSIX
Este proxecto pretende proporcionar unha
adecuada organización, xestión e difusión da
información meteorolóxica e oceanográfi ca
en Galicia, co fi n de permitir e promover un
mellor aproveitamento da mesma en todos os
seus campos de utilidade. Unha información
útil para todo tipo de usuarios para os que a
meteoroloxía sexa un factor relevante.
MeteoSIX Mobile: API para AndroidMeteoSIX Mobile: API para Android
MeteoSIX Mobile é unha aplicación para
dispositivos con sistema operativo Android que
permite aos usuarios consultar a predición
meteorolóxica e oceanográfi ca proporcionada
polos modelos de predición numérica executados
por MeteoGalicia. A aplicación xa está dispoñible
gratuitamente no Android Market e pódese
descargar directamente en: MeteoSIX-mobile.apk
OCÉANO OCÉANO
Un proxecto en colaboración con MeteoGalicia, CESGA e o LabSis da USC, para adaptar o modelo ROMS (Regional Ocean Model
System) á costa galega. ROMS, que ten unha ampla comunidade de usuarios, é unha aplicación de código aberto que se demostrou
moi útil para aplicacións biolóxicas, dispersión de contaminantes, etc. Este modelo adaptouse para unha execución efi ciente no
FinisTerrae, e actualmente MeteoGalicia execútao de xeito operativo diariamente permitindo predicións a curto prazo sobre
temperatura da auga, correntes, salinidade e outros parámetros que infl úen en procesos biolóxicos e económicos. Os resultados
permitirán xerar produtos de valor engadido a partir dos fi cheiros de saída seguindo unha adecuada organización, xestión e difusión
dos mesmos.
Almacenamento:Almacenamento:
A execución de modelos operacionais permite obter unha
enorme cantidade de datos que estiman as condicións do medio
mariño de forma moi detallada, en moito maior grao do que
sería posible por medio de observacións. Estas execucións teñen
un custo, e por tanto os resultados das simulacións deberán
ser almacenadas, polo menos por un determinado período
de tempo. Isto necesita grandes recursos de almacenamento,
que están dispoñibles no CESGA. Os resultados das
simulacións poden ser xa descargadas por outras institucións
e empresas para crear outros servizos de valor engadido.
Os datos obtidos de modelos divúlganse mediante estándares
OGC, que permiten a visualización destes datos en
aplicacións web (RAIA, OCÉANO), aplicacións para móbiles
(METEOSIX), para pc, etc. A dispoñibilidade dos datos de
modelos desta maneira permite a súa utilización para crear
produtos derivados, de valor engadido, nos que confl úan
distintas fontes de datos. O proxecto OCÉANO, ademais, a
través de estándares OGC, ofrecerá un servizo orientado a
investigadores, que permita a execución dunha confi guración
aniñada do modelo, con maior resolución espacial e temporal
nunhas zonas dentro do dominio operacional. ·
Webs de interese:Webs de interese:
www.observatorioraia.org
http://oceano.cesga.es
http://meteosix.cesga.es
www.farosproject.eu
www.myocean.eu.org
www.myroms.org
www.cesga.es
www.puertos.es
www.MeteoGalicia.es
www.ieo.es
www.intecmar.org
www.labsis.usc.es/lbs/
Figura :
Modelo operacional. Batimetría e superficie isotalina de 35.8 psu.
Novas do centro de supercomputación de Galicia
12 díxitosdíxitos marzo 2012marzo 2012
O CESGA dispón dunha gran cantidade de plataformas
que, á súa vez, permiten ofrecer gran variedade de
servizos, internamente e a institucións e centros
usuarios. Entre estes servizos inclúense acceso a
supercomputadores, grid e cloud computing,
almacenamento, servidores de mapas, aloxamento
web, etc. (www.cesga.es/es/servicios)
No CPD do CESGA hai na actualidade máis de 300
ordenadores de tipo servidor, que dispoñen de máis
de 4.000 procesadores. Cada vez é máis frecuente
que estes servidores dependan de datos ou servizos
proporcionados por outros servidores externos
(situados tanto no CESGA como fora) para completar
un servizo determinado. Todo iso motivou un aumento
importante nas necesidades de ancho de banda
destes servidores, e a necesidade de incrementar o
nivel de dispoñibilidade e seguridade da rede, para
accesos internos e externos en ambas direccións.
CESGA actualizaCESGA actualiza as prestacións as prestacións e a seguridade da súa redee a seguridade da súa redeO CESGA realizou recentemente unha profunda renovación da súa infraestrutura interna de
comunicacións para afrontar novas necesidades, derivadas da grande cantidade de servizos existentes no
centro. As actuacións cofi nanciáronse con fondos FEDER.
Figura : Esquema da nova rede interna do CESGA.
Melloras nas conexiónsMelloras nas conexións
O CESGA monitoriza e opera a Rede de Ciencia e
Tecnoloxía de Galicia, RECETGA. Esta infraestrutura de
comunicacións avanzadas, constituída por ligazóns de fi bra
escura propios e ligazóns de caudal de operadoras, permite
a interconexión dos campus universitarios e centros de
investigación galegos, integrándoos e permitíndolles o
acceso aos servizos das redes de investigación nacionais e
internacionais (RedIRIS, GEANT, Internet2, etc) e comerciais.
Durante o ano 2011 RECETGA migrou a súa rede troncal
para prover servizos a través de ligazóns de fi bra
escura, dispoñendo de puntos de presenza de moi alta
capacidade en todos os grandes núcleos urbanos de
Galicia, facilitando acceso aos servizos en igualdade
de condicións ao resto de institucións de investigación
europeas. Igualmente estase a proceder á renovación do
equipamento de routing e conmutación para a mellora
da dispoñibilidade dos centros conectados. A mellora
no caudal de accesos de comunicacións leva unida a
actualización dos sistemas de seguridade na rede e o seu
mantemento. Para poder facer fronte a estas necesidades, o
CESGA desenvolveu un proxecto fi nanciado polo Fondo Europeo
de Desenvolvemento Rexional (FEDER), por medio da axuda de
referencia CESG08-1R- 003 correspondente ao subprograma
de proxectos de equipamento científi co-tecnolóxico, da
Dirección Xeral de Investigación e Xestión do Plan Nacional
de I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación. O proxecto é
cofi nanciado pola Xunta de Galicia, a través da DXIDI e polo
CSIC. O CESGA, para optimizar o rendemento dos investimentos
e tras un exhaustivo estudo acerca das tecnoloxías existentes
no mercado, convocou dous concursos públicos. ·
Ignacio López Cabido,
Subdirector Técnico
CESGA
CONMUTACIÓN 10GCONMUTACIÓN 10G
• Exped. 2/11, SUBMINISTRO DE CONMUTADORES
DE TECNOLOXÍA DEZ XIGABIT ETHERNET,
adxudicado á empresa Telindus por un
importe de 131.728,11 euros máis IVE.
O primeiro dos contratos serviu para dotar ao CESGA dun
backbone redundado de tecnoloxía 10 gigabit Ethernet
que serve para interconectar os diferentes armarios
de servidores xa existentes no CESGA da capacidade
10Gbps. En total adquiríronse 5 conmutadores Juniper
EX4500, con 40 portos de 10 G e capacidade avanzada
de enrutamiento e 12 conmutadores Juniper EX4200,
con 2 portos de 10G e 24 portos de 1G. Os equipos
dispoñen da capacidade de chasis virtual, que permite
a agrupación de varias unidades formando unha única
entidade virtual, o que facilita enormemente a súa xestión.
Con este equipamento se resolven unha serie
de necesidades de conectividade:
• Construír un backbone de 10G ao que conectar a
infraestrutura de 10G xa existente e de maneira que
a interconexión entre os equipos que xa dispoñen
de 10G, suceda á maior velocidade posible.
• Dotar de capacidade de conexión 1G/10G aos diferentes
nodos de acceso a RECETGA, distribuídos polas
7 cidades galegas, dentro da renovación da rede
RECETGA da que informaremos nun número posterior.
• Proporcionar capacidade de conexión a
1G aos postos de traballo do CESGA.
Así mesmo, a dispoñibilidade da rede mellorarase
apreciablemente debido a que:
• Todos os equipos dispoñen de fontes de alimentación
redundante e son alimentados desde liñas diferentes.
• Todos os equipos críticos redundáronse, de modo que
unha avaría ou mesmo unha intervención programada,
non suporá perda do servizo. Cada servidor importante
dispón de conexión de alta velocidade de rede
a polo menos dúas conmutadores 10G Ethernet,
polos que é capaz de conectarse ao exterior.
Os equipos, instalados nos meses de novembro e
decembro, están xa perfectamente operativos.
HARDWARE DE SEGURIDADEHARDWARE DE SEGURIDADE
• Exped 3/11, SUBMINISTRO HARDWARE DE SEGURIDADE
QUE ACTUE DE FIREWALL, IPS E TERMINADOR
TUNELES SSL, adxudicado á empresa Emetel Sistemas
S.L. por un importe de 136.488,44 euros máis IVE.
O segundo dos contratos realizados, adxudicado á empresa
Emetel, consiste na adquisición dunha confi guración
en alta dispoñibilidade dunha devasa/cortafuegos de
alta capacidade, que incorpora a funcionalidade de
prevención de intrusións e de terminación de túneles
SSL, que sexa capaz de traballar cos anchos de banda de
10 Gbps previstos na nova rede. A solución adquirida
correspóndese cunha confi guración redundante
baseada en dúas devasas/cortafuegos Fortigate
3040B do fabricante Fortinet.
Os requisitos esixidos polo CESGA para a
prestación do servizo inclúen:
• Firewall: controla o tráfi co de rede desde e cara a Internet,
o que favorece a protección contra ataques externos,
control de usuarios e xestión do ancho de banda para
administrar comunicacións da comunidade investigadora,
universidades, centros tecnolóxicos e resto de entidades
ás que proporciona servizos e que así o requiran.
• Sistema de Prevención de Intrusos (IPS): garante
unha ligazón limpa e realiza un primeiro nivel
de prevención de posibles ataques.
• Terminador de túneles SSL: ofrece acceso seguro
a un conxunto de recursos CESGA en función do
usuario, centro ou das necesidades particulares.
Entre os benefi cios que achega a solución
implantada no CESGA atópanse:
• Mellora da seguridade: tanto perimetral, administrando
a seguridade nos accesos de todos os centros,
empresas e institucións ao CESGA, incrementando
os niveis existentes até agora; como de contidos,
posibilitando habilitar servizos de antivirus, anti-
spam, control de aplicacións e fi ltrado de URL´s.
• Mellora da xestión: coa posibilidade de despregar
fi rewall virtuais administrados por cada centro
conectado de forma autónoma ao propio CESGA.
• Mellora da accesibilidade aos servizos: desde Internet grazas
á creación dun portal web seguro e desde as instalacións
do propio CESGA, grazas á posibilidade de xestionar puntos
de acceso wifi (até 1024) coa mesma infraestrutura.
Novas do centro de supercomputación de Galicia
díxitos marzo 2012 13
Para poder facer fronte a estas necesidades, o CESGA desenvolveu un proxecto
fi nanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), por medio
da axuda de referencia CESG08-1R- 003 correspondente ao subprograma de
proxectos de equipamento científi co-tecnolóxico, da Dirección Xeral de Investigación
e Xestión do Plan Nacional de I+D+i do Ministerio de Ciencia e Innovación. O
proxecto é cofi nanciado pola Xunta de Galicia, a través da DXIDI e polo CSIC.
Novas do centro de supercomputación de Galicia
14 díxitos marzo 2012
Fernando Gómez Folgar, Dep. Electrónica e Computación. USC.
Javier López Cacheiro, Técnico Superior de Sistemas. CESGA.
Na actualidade, diversos organismos
públicos como universidades, institutos e
colexios, dispoñen de aulas de informática
que acumulan unha gran potencia
computacional. Só a Universidade de
Santiago de Compostela dispón de
1.800 computadores nas súas aulas
de informática. Con todo, a utilización
destes recursos queda restrinxida única
e exclusivamente á impartición de cursos
durante períodos concretos do ano, polo
que o seu aproveitamento é relativamente
baixo tendo en conta o seu uso potencial.
Durante o proxecto Formiga, solicitado
conxuntamente polo Centro de
Supercomputación de Galicia (CESGA) e a
Universidade de Santiago de Compostela
(USC), desenvolveuse unha plataforma
grid virtual que permitía a reutilización
destes computadores en tarefas de cálculo
científi co. Esta plataforma foi implantada
nas aulas de informática de varias
facultades da Universidade de Santiago
de Compostela e foi posta a disposición
dos investigadores para realizar, entre
outras, simulacións de nanodispositivos
electrónicos, tratamentos de radioterapia,
cálculos de dinámica molecular, etc.
Hoxe en día, as tecnoloxías Cloud están
a ser obxecto de interese tanto para as
organizacións públicas como para as
privadas, que buscan un novo enfoque
que lles permita diminuír os custos de
administración e de operación das súas
respectivas infraestruturas, o que facilitou
un rápido desenvolvemento das mesmas.
Debido ao auxe destas tecnoloxías, é
posible proporcionar funcionalidades
adicionais á antiga plataforma Formiga,
permitindo ofrecer a infraestrutura como
un servizo que ten como referente o
modelo “IaaS”.
Baixo un novo proxecto denominado
Formiga CloudFormiga Cloud, que pretende estender as
funcionalidades do prototipo desenvolvido
no anterior proxecto Formiga, está a
desenvolverse a nova plataforma Formiga
Cloud coa fi nalidade de agrupar os
recursos físicos de diferentes institucións
ou organizacións baixo unha nova
infraestrutura común compartida,
accesible desde unha interfaz Web.
A nova plataforma Formiga Cloud non
só permitirá a realización de cálculos
científi cos, senón que posibilitará
utilizar estes recursos nos procesos de
ensino e aprendizaxe, permitindo aos
administradores das infraestruturas
simplifi car a súa administración, xa que
poderán xestionar os seus recursos por
medio da interfaz Web.
Desta maneira, os profesores dos cursos
que se impartan nas aulas de informática
poderán xestionar a distancia os recursos
virtuais; por exemplo, poderán preparar
máquinas virtuais e crear persoais
preconfi guradas a partir das mesmas,
que posteriormente poderán ser postas
a disposición dos alumnos para a
realización de prácticas nunha contorna
controlada. Todo iso sen que exista a
necesidade de cambiar a confi guración
dos equipos físicos ou que estes se vexan
comprometidos, reducindo así as tarefas
de administración. Ademáis, permitirá
que os alumnos, situados en aulas de
informática que contan con equipos
informáticos modestos, realicen as súas
prácticas empregando de forma sinxela
nodos de computación máis potentes,
que se atopan en lugares remotos, sen
a necesidade de cambiar fi sicamente de
localización. Deste xeito foméntase un Deste xeito foméntase un
mellor uso e aproveitamento dos recursos mellor uso e aproveitamento dos recursos
computacionales dispoñibles.computacionales dispoñibles.
A plataforma Formiga Cloud ten por obxectivo a agregación dos recursos computacionais de diversas
organizacións nunha infraestructura Cloud común accesible dende unha interfaz Web única. Esta interfaz
facilitará aos administradores a xestión da Plataforma e aos profesores e alumnos a xestión dos seus
propios recursos virtuais.
Novas do centro de supercomputación de Galicia
Aulas de informática Aulas de informática en clouden cloud
O primeiro prototipo O primeiro prototipo do proxecto está do proxecto está dispoñible en: dispoñible en:
http://formigacloud.eshttp://formigacloud.es
díxitos marzo 2012 15
Novas do centro de supercomputación de Galicia
Arquitectura do Formiga CloudArquitectura do Formiga Cloud
Os compoñentes da Arquitectura da Plataforma Formiga CloudPlataforma Formiga Cloud son principalmente o Xestor Xestor
CloudStackCloudStack, o Planifi cador Formiga CloudPlanifi cador Formiga Cloud, e o Portal grid DIRACPortal grid DIRAC.
O xestor CloudStackCloudStack é unha plataforma “Open-Source”de Cloud desenvolvida por Cloud.com
que permite implementar calquera tipo de Cloud. Xestiona os recursos físicos da Plataforma
de xeito elástico, incluíndo a creación, o desplegue e a confi guración das novas zonas que
se engadan á plataforma así como a instalación e xestión de Maquinas Virtuais (MVs) que se
executarán na nova infraestructura común.
O Planifi cador Formiga CloudPlanifi cador Formiga Cloud diseñouse para adaptarse de forma automática e transparente
aos entornos heteroxeneos. Fai uso de técnicas de intelixencia artifi cial para xestionar o
despregue de máquinas virtuais.
DIRACDIRAC é un middleware grid que permite a xestión e o envío de traballos de computación a
infraestructuras grid baseadas en gLite. ou mediante o emprego dos seus propios recursos.
Proporciona unha solución grid completa para a a xestión dos traballos así como para o
almacenamento dos datos e permite efectuar un uso confi able dos recursos disponibles. Na
plataforma Formiga Cloud, este portal encargase de xestionar os traballos dos investigadores
na infraestructura grid virtual. A súa integración en CloudStack fará posible a xestión baixo
demanda de MVs confi guradas como Worker Nodes (WN) de Grid. DIRAC ofrece varios
servizos de interés como:
Un Sistema de Xestión de Datos, que proporciona aos usuarios un servicio de almacenamento
empregando o protocolo DISET, que o fai seguro no almacenamento de datos.
Un Servizo de Monitorización, que recolle os informes de actividade de todos os servizos de
DIRAC e os seus axentes, preseentandoos de multiples xeitos, como gráfi cos históricos ou
informes agregados.
Un Servizo Central de Monitorización de Traballos que recopila información acerca dos
estados dos traballos e os garda nunha base de datos almacenando todos os estados,
mentres o Accounting Service efectúa a contabilidade do uso de recursos a nivel de contas
de ususario.
A adhesión á Plataforma Formiga Cloud dos recursos computacionais pertencentes a
distintas organizacións amosa difi cultades derivadas do emprego de diferentes políticas de
confi guración e xestión da rede, como o uso de direccións IP privadas ou públicas.
O primeiro prototipo do proxecto está dispoñible para que os usuarios interesados poidan
probalo tanto para a execución de máquinas virtuais como para a execución de traballos:
http://formigacloud.eshttp://formigacloud.es ·
FICHA TÉCNICA:FICHA TÉCNICA:
FORMIGA CLOUD:
Fomentando o
reaproveitamento mediante
integración e gridifi cación de
aulas en CLOUD INVESTIGADOR
PRINCIPAL: Lopez Cacheiro, Javier
e García Loureiro,
Antonio Jesús.
Dirección Xeral
de Investigación e
Desenvolvemento da
Xunta de Galicia PXIDI09TIC001CT
2 Decembro, 2009 -
31 Decembro, 2012
PARTICIPANTES: 18
PRESUPOSTO: 110.000 euros
Figura : Diagrama da arquitectura do Proxecto Formiga Cloud.
��
��������
�� �
�����
� � ��� �
���
������
�����������������������������
�� �� ��
� ���������
����!
�� �� ��
� ��������
�����
"�� � ��
�#�$
"��#$