descubrindo a biblioteca
DESCRIPTION
actividades formacion usuariosTRANSCRIPT
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
A Biblioteca escolar é un espazo educativo, un centro de recursos documentais ao
servizo da comunidade educativa. Nela poden atoparse tanto libros, como revistas,
vídeos, CD-Rom, e calquera outro soporte, informático ou non, que conteña información
utilizable para os alumnos do noso centro.
A biblioteca escolar está integrada no Proxecto Educativo de centro e no Proxecto
Curricular de Centro, e debe fomentar métodos activos de ensinanza e aprendizaxe, e
especialmente a autonomía do alumnado no proceso de aprendizaxe.
A biblioteca escolar debe favorecer o cumprimento de todos os obxectivos educativos:
transversalidade, igualdade de oportunidades, acceso á cultura en igualdade de
condicións, fomento da lectura…
A biblioteca escolar debe estar integrada de forma estable no organigrama do centro,
e dispor do espazo, o persoal e, en xeral, de todos os recursos precisos para o
cumprimento das súas funcións.
A biblioteca escolar non só é un centro de depósito de libros, videos, CDRom, etc, senón
que tamén xera os seus propios produtos: dossieres de prensa, temáticos, guías de
lectura, guías de novidades, dossieres sobre temas locais (historia, medio ambiente,
festas, etc.)
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
1. EDUCACIÓN INFANTIL: FORMACIÓN DE USUARIOS:
OBXECTIVOS:
Coñecer o espazo da biblioteca como un lugar especial distinto do resto das
dependencias da escola.
Descubrir qué materiais forman parte dunha biblioteca escolar: libros, CD-ROM,
revistas, periódicos, Dicionarios, Enciclopedias, vídeos...
Coñecer qué actividades se poden levar a cabo nunha biblioteca: ler, contar contos,
ver libros, falar con outros nenos sobre estes...
Inicialos na colocación de materiais da biblioteca.
Identificar a función dos dous grandes grupos de libros: ficción e coñecemento, e a
súa ubicación na biblioteca.
Crear a necesidade de consulta por parte dos nenos.
Considerar a Biblioteca como un lugar de lecer e fonte de información.
Manipular correctamente os materiais.
Ser conscientes de que a biblioteca é un lugar especial onde deben respectarse
unhas normas básicas de comportamento: silencio e orde.
Fomentar o gusto por ver ou ler libros.
Identificar as partes físicas elementais dun libro: cuberta, lomo, portada,
contraportada, páxinas.
Recoñecer os elementos identificadores dun libro: autor, ilustrador, editorial,
título…
Utilizar a biblioteca escolar de xeito autónomo.
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
FORMACIÓN DE USUARIOS:Educación Infantil OBXECTIVO 1: RECOÑECER A BIBLIOTECA COMO UN ESPAZO DIFERENTE
AO RESTO DAS DEPENDENCIAS DO COLEXIO
ACTIVIDADE 1:
Entablaremos un diálogo sobre os recantos que temos na aula centrándonos
no recanto dos libros .
Os nenos e nenas falarán sobre :
_ os obxectos que podemos atopar nel (libros de contos, libros de animais,…)
_ cando imos a el (cando acabamos as tarefas, cando imos buscar información, cando
facemos a “hora do conto”,…)
_ que facemos nel (miramos as imaxes dos libros, lemos o conto,…)
_ como hai que estar nel (non podemos comer nel, non podemos pintar nos libros,..)
A continuación realizaremos un percorrido polas dependencias do cole
(ximnasio, aula de audiovisuais, aula de informática,..) no que trataremos de
buscar un lugar parecido ao noso recanto dos libros.
Entramos na biblioteca e sentados no chan entablamos outro diálogo sobre:
_ as semellanzas e diferenzas entre o noso recanto dos libros e a biblioteca do colexio
( espazo, cantidade de fondos, obxectos que hai nelas,…)
_ Quen é o esquío que está na biblioteca?
_ Cando podemos ir á biblioteca
Deixamos que os nenos e nenas manipulen libremente os libros que están na estantería de
infantil e que son os que están recomendados para a súa idade (teñen una tarxeta de cor
azul no andel)
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
FORMACIÓN DE USUARIOS:Educación Infantil
ACTIVIDADE 2 :COÑECEMOS A EFREN, O ESQUIO QUE É A NOSA
MASCOTA.
COLOREA A EFREN E ESCRIBE AS LETRAS DO SEU NOME:
E R E N F
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
ACTIVIDADE 3: COLOREA AS COUSAS QUE PODES ATOPAR DENTRO DA NOSA
BIBLIOTECA
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil OBXECTIVO 2: COÑECER E RESPECTAR AS NORMAS DA NOSA BIBLIOTECA
ACTIVIDADE 1: TACHA OS COMPORTAMENTOS INADECUADOS NA
BIBLIOTECA E ARRODEA OS CORRECTOS
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil
ACTIVIDADE 2: O XOGO DO SEMÁFORO
Mediante este xogo os nenos recoñecerán os hábitos de conducta axeitados e
aqueles outros que non se deben dar na biblioteca.
- Necesitaremos cartolinas verdes e cartolinas vermellas (tamaño cuartilla). Tamén é
convinte preparar as frases que imos dicir relacionadas co comportamento que deben
manter os nenos na biblioteca.
Técnica:
- Estableceremos un diálogo cos nen@s preguntándolles como debe ser o
comportamento na biblioteca e como se deben tratar os libros.
- Aclararemos as dúbidas que se presenten.
- Despois explicarémoslles que imos dar a cada un dúas cartolinas, una vermella e
outra verde. Cada vez que o mestre diga una frase relacionada coa biblioteca Terán
que pensar se é correcto ou incorrecto, levantando a cartolina que corresponda:
Vermello: non debe facerse
Verde: si debe facerse
Como na biblioteca debemos estar en silencio… non se falará! Só se levantará a
cartolina.
SUXESTIÓNS
FRASES POSITIVAS FRASES NEGATIVAS
1. Miras as cubertas dos libros
2. Ver os debuxos
3. Pasar con coidado as follas
4 Compartir o libro cun amigo/a.
1. Dobrar os libros
2. Facer debuxos nos libros e
estragalos
3. Arrincar una folla
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
5.Pedirlle a mestra que me lea
un libro.
6. Gardalo no seu sitio
7. Comentar cos amigos o que
máis che gustou
8. Facer un debuxo sobre un
libro
9. Forrar os libros
10. Devolver os libros
11. Falar moi baixiño…
12. Mover con coidado as
cadeiras para non facer ruído.
4. Quitar o forro
5. Recortar un debuxo do libro
6. Comer mentres leo o conto
7. Tirar os libros ao chan
8. Mollalos
9. Deixar os libros revoltos
10. Correr pola biblioteca
11. Pelexar cun compañeiro para
quitarlle un libro.
12. Berrar na biblioteca
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
FORMACIÓN DE USUARIOS:Educación Infantil
OBXECTIVO 3: DISTINGUIR E LOCALIZAR OS DISTINTOS TIPOS DE
FONDOS QUE HAI NA NOSA BIBLIOTECA A PARTIR DAS SÚAS
CARACTERÍSTICAS ESENCIAIS: IMPRESOS, ELECTRÓNICOS E
AUDIOVISUAIS.
ACTIVDADE 1: Clasificar os documentos obtidos pola mestra/e na biblioteca
en función dos soportes (libros, vídeos, cd, dvd, cinta de vídeo, revista, …).
Une con ceras de cores cada documento co seu cartel.
REVISTAS VIDEOS CD DVD LIBROS
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil ACTIVIDADE 2: VERDADE OU CONTO
Mediante esta actividade pretendemos que os nenos e nenas distingan os dous
tipos de fondos impresos que hai na biblioteca e onde se ubican. Para iso
seleccionaremos un tema motivador para eles e elas , p.ex: contos de animais , e unha serie
de libros sobre o mesmo procurando incluír contos e libros informativos.
O diálogo cos nenos e nenas permitirá poñer de manifesto as diferenzas
entre un texto imaxinativo e un texto informativo. Tamén lles pediremos
que os clasifiquen en dous grupos segundo sexan “verdade” (libros
informativos) ou “conto” (libros de ficción).
Unha visita pola biblioteca lles permitirá coñecer onde se atopan os libros
de información e os de ficción
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
FORMACIÓN DE USUARIOS:Educación Infantil
OBXECTIVO 4: IDENTIFICAR AS PARTES FÍSICAS ELEMENTAIS DUN
LIBRO: CUBERTA, LOMBO, PÁXINAS,..
ACTIVIDADE 1: PICA OU CORTA E PEGA AS PALABRAS NO LUGAR
CORRESPONDENTE
PÁXINAS CUBERTA LOMBO
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
FORMACIÓN DE USUARIOS: Educación Infantil OBXECTIVO 5: RECOÑECER ALGÚNS ELEMENTOS IDENTIFICADORES
DUN LIBRO: AUTOR, ILUSTRADOR, EDITORIAL.
ACTIVIDADE 1: Entablar un diálogo sobre as persoas que traballan para facer un
libro para chegar a recoñecer que ten que haber alguén que escriba o texto (autor),
alguén que realice os debuxos (ilustrador) e unha “fábrica” onde se fan os libros con
eses textos e debuxos (editorial). Todos eses elementos aparecen nas cubertas dos
libros. Coa axuda do mestre/a copia o título, autor e editorial destes libros:
TÍTULO…………………………………………………………………………....
AUTOR/A……………………………………………………………………………….
EDITORIAL………………………………………………………………………
TÍTULO…………………………………………………………………………....
AUTOR……………………………………………………………………………….
EDITORIAL………………………………………………………………………
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
OBXECTIVOS E PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA
ED. PRIMARIA:
O obxectivo xeral nesta etapa educativa é conseguir que o noso alumnado sexa
usuario autónomo na mesma e que a utilice para buscar información, para o estudio e
para o ocio. Este gran obxectivo podemos concretalo nestes:
1º CICLO PRIMARIA:
1.- Entender a biblioteca como centro de recursos da escola.
o Coñecer o funcionamento e normas da biblioteca e os seus servizos:
información, lectura e consulta en sala, préstamo…
o Coñecer como se organiza o espazo da biblioteca e as distintas seccións
(consulta de fondos, lectura informal, acceso a internet, traballo individual
de mesa…)
o Localizar os distintos tipos de documentos:libros de información e libros
de ficción.
o Coñecer o servizo de préstamo.
2. Adquirir hábitos relacionados co comportamento que se debe manter nunha
biblioteca.
o Desenvolver hábitos de conduta adecuada.
o Respectar as normas de uso e de comportamento na biblioteca.
o Respectar e coidar os materiais e recursos da biblioteca.
3. Adquirir o hábito de uso da biblioteca como recurso para a información e o ocio.
o Diferenciar entre documentos de información e os de ficción.
o Coñecer o lugar onde están ubicados dentro de biblioteca os fondos de
consulta e os de ficción.
o Distinguir as distintas funcións de información e lectura que poden ter os
documentos.
o Ser que de buscar e localizar documentos nas estanterías da biblioteca.
4. Identificar as partes físicas elementais dun libro: lombo,portada, cuberta, páxinas, e
recoñecer a información que conteñen.
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
5. Recoñecer os elementos que identifican unha obra: título, autor, editorial, ilustrador,
colección…
6. Utilizar as imaxes dos documentos como fonte de información.
.
FORMACIÓN DE USUARIOS: Primeiro Ciclo
OBXECTIVO 1: ENTENDER A BIBLIOTECA COMO CENTRO DE
RECURSOS NA ESCOLA E COMO SERVIZO COMUNITARIO
ACTIVIDADE: Estimular o uso da biblioteca escolar ante calquera necesidade informativa,
p.ex sobre os proxectos de traballo que se estean a desenvolver na aula
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
FORMACIÓN DE USUARIOS: Primeiro Ciclo
OBXECTIVO 2: COÑECER COMO SE ORGANIZA O ESPAZO DA BIBLIOTECA E AS
DISTINTAS SECCIÓNS (CONSULTA DE FONDOS , LECTURA INFORMAL, ACCESO A
INTERNET, TRABALLO INDIVIDUAL EN MESA,..)
ACTIVIDADE 1: identifica no plano da biblioteca os distintos espazos que a
conforman
poñendo o número
que corresponda
1-Lectura informal
2-Acceso a
Internet
3- Zona de
traballo
4- Novidades
5- Préstamo e
devolución
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
FORMACIÓN DE USUARIOS: Primeiro Ciclo
OBXECTIVO 3: COÑECER O FUNCIONAMENTO E NORMAS DA BIBLIOTECA E OS
SEUS SERVIZOS
ACTIVIDADE 1: O CUESTIONARIO DE Efrén
A mascota da nosa biblioteca, o esquío Efrén, desafíate a que
contestes correctamente ás preguntas do seu cuestionario.
Cantas preguntas es quen de contestar ben?
QUE É UNHA BIBLIOTECA?
Un lugar onde se almacenan libros, DVD, CD,vídeos…
Un lugar onde hai moitos contos.
Un lugar onde se len contos, se escoitan historias e buscamos
información para aprender e saber.
ONDE PODEMOS LER LIBROS DA BIBLIOTECA?
Na biblioteca.
Na casa.
Na casa e na biblioteca.
QUE NECESITAMOS PARA LEVAR LIBROS. DVD, CD… DA BIBLIOTECA?
Unha mochila grande.
O carnet de socio.
Algúns cartos.
CANTOS DÍAS PODES TER OS LIBROS NA CASA?
1 mes.
15 días.
1 día.
Á BIBLIOTECA PODEN VIR…
Os nenos e nenas a partir de 6 anos.
Os nenos e nenas entre 6 e 14 anos.
Calquera socio.
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
FORMACIÓN DE USUARIOS: Primeiro Ciclo
Actividade: ESPAZOS DA BIBLIOTECA
A continuación presentámosche dúas columnas. Na primeira, aparecen os diferentes
espazos dunha biblioteca e na segunda algunhas das actividades que se poden
realizar neles.
Pensa un pouco e une cada zona coa actividade que se pode realizar nela:
Zona de traballo e lectura Pedir información sobre a biblioteca
Zona de revistas Buscar o último exemplar da revista
Reportero DOC
Multimedia Consultar unha enciclopedia
Xestión e préstamo Ver qué libros están expostos e levalos
en préstamo
Zona de ordenadores Ler un CD-ROM
Exposición de novidades Averiguar si teñen un libro que quero
Ler un documento impreso
Da un paseo pola biblioteca e completa os seguintes datos:
¿Existe unha exposición de novidades? Si Non
Si existe, anota tres títulos expostos: ........................................................................
……………………………………………………………………………………………………………………………………………..
…………………………………………………………………………………………………………………………………………….
¿Existe unha zona de lectura? Si Non
¿En qué se diferenza da zona de traballo? .............................................................
…………………………………………………………………………………………………………………………………………….
¿Existe unha zona de ordenadores? Si Non
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
OBXECTIVO 4: RESPECTAR A BIBLIOTECA E OS SEUS MATERIAIS E
RECURSOS
ACTIVIDADE: Entre todos os nenos e nenas realizarase dous listados: un con
accións que non se poden realizar porque poden deteriorar os materiais da
biblioteca, e outro coas accións que debemos realizar para coidalos.
ESCRIBE UNHA LISTA COAS COUSAS QUE PODEMOS FACER PARA COIDAR OS
LIBROS E OUTRAS QUE NON SE DEBEN FACER
SI
1. ……………………………………………
2. ……………………………………………
3. ……………………………………………
4. ……………………………………………
5. ………………………………………………
6. ……………………………………………
7. ………………………………………………
8. ………………………………………………
9. ………………………………………………
10. ……………………………………………
NON
1. ……………………………………………
2. ……………………………………………
3. ……………………………………………
4. ……………………………………………
5. ……………………………………………
6. ……………………………………………
7. ……………………………………………
8. ……………………………………………
9. ……………………………………………
10. ………………………………………….
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
FORMACIÓN DE USUARIOS: Primeiro Ciclo
OBXECTIVO 5: RECOÑECER OS ELEMENTOS IDENTIFICADORES DUN
DOCUMENTO: TITULO, AUTOR/A, ILUSTRADOR, EDITORIAL, COLECCIÓN,…
ACTIVIDADE 1: O/a mestre/a explicaralles aos nenos e nenas que os libros se
identifican polo seu título e autor/a, pero tamén pola editorial e a colección.
Título
Ilustrador
Autora
Colección
Editorial
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
FORMACIÓN DE USUARIOS: Primeiro Ciclo
ACTIVIDADE 2: ELEMENTOS IDENTIFICADORES DUN LIBRO
……………………………………………………………….
……………………………………………………………….
……………………………………………………………….
……………………………………………………………….
……………………………………………………………….
……………………………………………………………….
……………………………………………………………….
……………………………………………………………….
……………………………………………………………….
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
OBXECTIVO 7: SER QUEN DE BUSCAR E LOCALIZAR DOCUMENTOS
Nos andéis DA BIBLIOTECA.
ORGANIZACIÓN DOS FONDOS: RODEA de vermello AS PORTADAS DOS
LIBROS DE FICCIÓN e de verde as dos libros informativos
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
NUMERA OS PÉTALOS DA MARGARIDA DO 0 AO 9. DESPOIS
FÍXATE NAS CORES E COLOREAA IGUAL
Mirando os pétalos da margarida trata de contestar que número e cor lle corresponde a un
libro que tratara de…
TEMA NÚMERO COR
Os cans
O corpo humano
O fútbol.
Os celtas.
Como se fai o pan.
A pintura.
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
FORMACIÓN DE USUARIOS: Primeiro Ciclo
CADA OVELLA COA SÚA PARELLA
Emparella as cores e números da CDU cos seus correspondentes temas
0-OBRAS XERAIS.
Países, persoas célebres, o noso
pasado.
1-FILOSOFÍA Lemos historias e falamos
2-RELIXIÓN. Vivimos cos demais: vida social,
economía, política…
3-CIENCIAS SOCIAIS As nosas crenzas: cristianismo outras
relixións…
4-TRABALLOS ALUMNOS Utilizamos os nosos coñecementos:
inventos, medicina, saúde, tecnoloxía…
5-CIENCIAS NATURAIS Creamos e nos divertimos: arte,
música, espectáculo, xogos…
6-MEDICINA, TÉCNICA E
CIENCIAS APLICADAS
Pensamos e imaxinamos: lóxica, ética…
7-ARTE, DEPORTE E
MÚSICA
Observamos o noso entorno: espazo, a
terra, os seres vivos…
8- LINGUA E LITERATURA. Un pouco de todo: enciclopedias,
dicionarios
9-XEOGRAFÍA E HISTORIA Somos autores: os nosos contos,
cómics, revistas
,
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
INVESTIGANDO NA NOSA BIBLIOTECA
Busca un libro que fale de animais salvaxes e outro de plantas e escribe os seus
títulos.
……………………………………………………………………………………………………………………………………..
……………………………………………………………………………………………………………………………………
De que cor é a tarxeta do andel onde os atopaches?. …………………………………….
Vai ao andel que ten o rótulo co número 7, escolle 2 libros. Escribe o seu título. De
qué tratan?. Cal é a cor do rótulo?
…………………………………………………………………………………………………………………….
………………………………………………………………………………………………………………………
Se queres saber como é o teu corpo por dentro, en que andel tes que buscar?
Cal é o número que ten?
………………………………………………………………………………………………………………………….
Se queres ler a biografía de Julio Verne, en que andel tés que buscar? Que número
ten?
De que cor é?
……………………………………………………………………………………………………………………………………………..
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
OBXECTIVO 10: IDENTIFICAR AS PARTES FÍSICAS DOS
DOCUMENTOS IMPRESOS (PORTADA, CUBERTA, CONTRACUBERTA,
LOMBO,…) E RECOÑECER A INFORMACIÓN QUE CONTEÑEN
ACTIVIDADE : Observa a foto e lembra como se chaman as partes físicas
elementais dun libro escribindo o seu nome no lugar correspondente . Escolle
entre as que están nesta caixa
Cuberta Lombo Contracuberta Páxinas
……………………………………………………………….
……………………………………………………………….
……………………………………………………………….
……………………………………………………………….
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
DATOS DOS LIBROS
Completa o seguinte cadro poñendo X segundo a parte do libro onde atopes os datos
CUBERTA
CONTRACUBERTA LOMBO
TÍTULO
AUTOR/A
ILUSTRADOR/A
COLECCIÓN
EDITORIAL
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
OBXECTIVOS para 2º Ciclo de EP:
Referidos a información sobre a biblioteca
1- Dominar o espazo da Biblioteca e as súas áreas e seccións.
2- Identificar as características e os distintos usos dos documentos impresos,
electrónicos e en liña.
3- Localizar a información na biblioteca e utilizar correctamente os servizos que
presta.
4- Ser responsable no cumprimento das normas de empréstito de fondos.
5- Coñecer as funcións dun bibliotecario.
Referidos a búsqueda e localización da información
6- Adquirir o hábito de uso da biblioteca como recurso para a información e o ocio.
7- Comprender e utilizar o sistema de ordenación de fondos segundo a súa CDU.
8- Identificar a sinatura como elemento para atopar os documentos.
9- Localizar os documentos dentro dos estantes.
10- Coñecer a función dos distintos sistemas de busca da información e aplicalos.
11- Manexar axeitadamente as obras de referencia propias do seu nivel: dicionarios,
enciclopedias
Referidos ao uso dos documentos
12- Coñecer e saber utilizar os indicadores de contido dos documentos(sumarios de
documentos impresos e menús de documentos electrónicos.
13- Recoñecer algunhas partes físicas do libro: cuberta, lombo, portada, contraportada,
gardas e sobrecubertas.
14- Recoñecer os elementos que identifican os documentos: autor, título, ilustrador,
editorial, colección.
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
FORMACIÓN DE USUARIOS: Segundo Ciclo
OBXECTIVO 1: DOMINAR O ESPAZO DA BIBLIOTECA E AS SÚAS
ÁREAS E SECCIÓNS. ACTIVIDADE :Localizar as diferentes seccións orientándose a través do plano
da biblioteca seguindo as consignas do mestre/a .Escribir os nomes. Colorear
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
CLASIFICACIÓN DOS LIBROS 1
Agora fíxate ben e anota, mirando o cartel da CDU, os temas que
corresponden aos números seguintes:
59 ...........................................
82...........................................
60 ............................................
29 ............................................
77 ............................................
91 ............................................
79 ............................................
74 ............................................
52 ............................................
37 ............................................
03 .............................................
68 .............................................
22 .............................................
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
CLASIFICACIÓN DOS LIBROS 2
Coa axuda da táboa anterior anota en qué números crees que atoparías clasificados os
libros que necesitarías para:
Aprender algo sobre fotografía ...............
Consultar as regras do balonmán ...............
Ler a biografía de Madame Curie ...............
Coñecer a composición dunha orquestra ...............
Buscar un libro de chistes ...............
Aprender a xogar ao xadrez ...............
Ler un libro de poesía ...............
Saber cómo se predice o tempo ...............
Investigar sobre a historia de América do Sur ...............
Ler un cómic ...............
Investigar sobre a exploración do Polo Norte ...............
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
SINATURAS
1,. Escribe en maiúscula as tres primeiras letras do apelido de cada un dos autores
seguintes:
Elvira Lindo ..................................................
Pepe Carreiro .................................................
Roald Dahl ...................................................
Agustín Fernández Paz ...........................
Joan Manuel Gisbert ..................................
Alfredo Gómez Cerdá ..............................
Francisco Castro ...........................................
1- Escribe en minúscula as tres primeiras letras de cada título sen ter en conta os
artigos.
A historia dos grandes inventos ............
El ciclismo ......................................................
Noite de reis ...................................
Adivinanzas monstruosas ...................
O neno can ........................................
Manolito gafotas ................................
La tienda de las palabras ............................
A volta ao mundo en 80 días .....................
O meu pequeno animalario ..
A bruxa regañadentes ................................
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
2- Mira estes exemplos de sinaturas que corresponden ás obras Vivamos la música,
escrita por Roser Cabacés e La civilización de los mayas, escrita por Peter L. Stork.
Os textos que aparecen a continuación están sen terminar.
Complétaos:
78 93
CAB STO
viv civ
Vivamos la música, de Roser Cabacés.
CAB son as tres primeiras letras do apelido de .................................................
viv son as tres primeiras letras de .............................., que é a primera palabra do
título ......................................................................................
O número 78 corresponde ao seguinte tema: ...................................................
A civilización dos Mayas, de Peter L. Stork
STO son as tres primeiras letras do apelido de .................................................
civ son as tres primeiras letras de ............................, que é a primeira palabra do
título ......................................................................................................., sen contar o artigo.
O número 93 corresponde ao seguinte tema: ....................................................
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
SINATURAS
Une as seguintes sinaturas co libro ao que correspondan:
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
DIFERENCIAR TEXTO INFORMATIVO E TEXTO DE FICCIÓN
Compara e diferenza textos de ficción e de información a partir da seguinte fotomontaxe
feita cos dous tipos de texto
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
A CDU
Observa cada un dos pétalos da flor e indica o número e a cor que correspondería a un
libro que trata de…
TEMA NÚMERO COR
Os osos polares
O corpo humano
Os xogos populares
O teatro
Os celtas
A pintura.
Adiviñas
Como se enlata o peixe
A vida de Xesús de Nazaret
Os significados das palabras
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
SUMARIO DE DOCUMENTOS IMPRESOS E MENÚS DE DOCUMENTOS
ELECTRÓNICOS.
ACTIVIDADES:
1- Explicamos en que consiste un sumario, a súa utilidade e onde o podemos atopar.
2- Presentamos os contidos de tres libros distintos, onde apareza o sumario con
diferentes nomes, (índice, contido) e en diferentes partes do libro.
3- Realizamos unha consulta nun CD-Rom informativo e establecemos similitudes entre
os sumarios anteriores (libros) e a pantalla do menú. Debatemos sobre as aportacións
do soporte electrónico.
4- Cubrimos a seguinte ficha:
Escribe as palabras coas que se pode denominar un sumario.
……………………………………………………………………………………………
Indica se estas frases son verdadeiras (V) ou falsas (F):
Un sumario é a lista de capítulos dun libro.
Un sumario serve para atopar as ilustracións nun libro.
Se miramos o sumario saberemos onde atopar o que buscamos.
Se miramos o sumario saberemos se o libro trata do que nos interesa.
Un sumario é unha lista ordenada de palabras.
Se miramos o sumario saberemos quen escribiu un libro.
A partir das frases verdadeiras , explica coas túas palabras que é un sumario e
para que serve.
……………………………………………………………………………………………………………………………
……………………………………………………………………………………………………………………………
……………………………………………………………………………………………………………………………
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
DICIONARIOS, ENCICLOPEDIAS…
1) Une cada situación co tipo de dicionario más útil para resolvela:
a) Atopar información para un traballo A)Dicionario bilingüe inglés-español
b). Resolver unha dubida ortográfica B)Dicionario de lingua
c) Comprender unha nota en inglés C)Dicionario de citas literarias
d) Buscar unha palabra parecida para D)Dicionario enciclopédico
non repetir a mesma no texto
e) Buscar unha cita literaria sobre un tema E)Dicionario de sinónimos
2.- Comparamos as informacións obtidas nunha busca no dicionario e na enciclopedia.
Marca no seguinte cadro a que se atribúen as seguintes características:
Dicionario Enciclopedia
As palabras están ordenadas
alfabeticamente
Explica o significado das palabras nunha
ou máis linguas.
Inclúe información complementaria
sobres as palabras.
Contén só palabras comúns.
Contén nomes de personaxes, lugares,
países…
Soe presentarse nun só volume.
Soe presentarse en máis dun volume.
Que tipo de libro consultarías para saber…?
Dicionario Enciclopedia
Que significa a palabra trisquel?
As obras de Luís Seoane.
Cómo se di en inglés “camiseta”?
En qué ano naceu Rosalía de Castro?
Se a palabra “bo” é un adxectivo.
Cantos habitantes ten cada provincia
galega?
A historia da bicicleta.
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
PARTES FÍSICAS DUN LIBRO
UN LIBRO POR FORA
Se te fixas no exterior dun libro podes distinguir tres partes, que son diferentes pero
complementarias: o lombo, as tapas ou cuberta e a contracuberta
O lombo e a portada conteñen os datos básicos para identificar ese libro:
autor é a persoa que escribe o texto.
título é a palabra ou frase que o autor elixe para identificar o libro. O título
danos unha primeira idea, aínda que pouco precisa, sobre o seu contido.
A editorial é a empresa que se encarga de publicar o libro.
A colección á que pertence. A colección é un conxunto de obras independentes
relacionadas entre sí por un título de colección común, unha numeración
sucesiva e algunhas características de formato.
A contracuberta adoita ofrecer un pequeno resumo do contido do libro, que nos
da unha primeira idea sobre o mesmo e nos permite apreciar se nos interesa ou non.
1- Observa un libro que teñas a man e localiza a cuberta, o lombo e a contracuberta
Copia os datos que aparecen no lombo e na cuberta.
LOMBO.......................................................................................................................................
CUBERTA .............................................................................................................................
2- Le o texto da CONTRACUBERTA. ¿De qué trata ese libro?
..................................................................................................................................................
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
PARTES FÍSICAS DUN LIBRO
UN LIBRO POR DENTRO
No interior do libro está a portada, na que se repiten os datos da cuberta e se engaden
outros como o ilustrador ou o tradutor, por exemplo. Os datos da portada son máis
completos que os da cuberta. Na parte posterior da cuberta, chamada contracuberta,
acostuma aparecer o ano e o lugar de publicación, o número da edición, etc.
Ademais, no interior do libro atopamos o sumario o índice xeral, o índice alfabético, a
introdución, o texto do libro e a conclusión.
ACTIVIDADES:
1- Empregando o mesmo libro dos exercicios 1 e 2, anota os datos que aparecen na
portada e non aparecen na cuberta:
……………………………………………………………………………...........................................................................
……………………………………………………………………………….........................................................................
2- Consulta a contracuberta e anota os seguintes datos:
Ano de publicación ....................................
Lugar de publicación .................................
Número de edición ...................................
3- Como xa vimos,a cuberta e a contracuberta están no exterior do libro e os seus datos
compleméntanse.
A continuación reprodúcense as cubertas e contracubertas duns libros.
Emparéllaas.
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
CUBERTAS CONTRACUBERTAS
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
OBXECTIVOS PARA 3º CICLO DE EP
OBXECTIVOS
Referidos a información sobre a biblioteca)
1- Reforzar o concepto de biblioteca como recurso de información e ocio.
Referidos a búsqueda e localización da información)
2- Buscar información na biblioteca.
o Coñecer o sistema de organización da nosa biblioteca
o Comprender o sistema de ordenación de documentos segundo a CDU.
o Localizar, seguindo a CDU, diferentes materiais na biblioteca.
3- Localizar a información nos documentos.
o Distinguir as obras de consulta ou de referencia do resto dos libros
informativos.
o Coñecer os distintos tipos de obras de referencia ou consulta: diferentes
tipos de dicionarios e enciclopedias, atlas, anuarios, biografías, obras
informativas periódicas (periódicos, revistas), obras audiovisuais (CD-Roms,
DVDs).
o Coñecer os recursos de organización e presentación dos coñecementos dun
libro informativo: índices ou sumarios, bibliografías, glosarios, cronoloxías,
notas a pé de páxina, esquemas, sinopses, imaxes, pés de imaxe, prefacios,
introducións, prólogos, etc.
o Coñecer as estratexias básicas dos sistemas de busca nos buscadores de
internet, o seu uso e os seus elementos de conexión.
4- Coñecer e utilizar axeitadamente as distintas formas de información.
o Avaliar a idoneidade da fonte de información en función do que se investiga.
o Contrastar a información obtida en diferentes fontes.
o Desenvolver o sentido crítico ante a información.
5- Citar as fontes utilizadas na base documental.
6- Coñecer o proceso de fabricación dun libro e as súas partes.
7- Desenvolver o gusto pola lectura.
8- Respectar as normas de comportamento e de uso establecidas para a biblioteca.
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
OBXECTIVO 1: REFORZAR O CONCEPTO DE BIBLIOTECA
COMO RECURSO DE INFORMACIÓN E OCIO.
ACTIVIDADE: Charlas e conferencias a cargo de profesionais do libro (escritores,
ilustradores, bibliotecarios...). Estas actividades requiren una preparación previa
co alumnado.
OBXECTIVO 2: COMPRENDER O SISTEMA DE ORDENACIÓN DOS
DOCUMENTOS SEGUNDO A CDU.
ACTIVIDADE: Nunha biblioteca os documentos agrúpanse en dez apartados
como aparecen indicados na margarida de cores. Cada un dos dez apartados
se subdivide á súa vez noutros dez e así sucesivamente. Canto máis se
subdivide, máis concreto é o tema.
A CDU
1.- En qué número da clasificación decimal universal ( CDU ) buscarías…?
TÍTULO DOS LIBROS CDU DENOMINACIÓN DO GRUPO
Os planetas 52 astronomía
As ciencias
O sistema solar
Animais en peligro
A flora do complexo dunar
Electricidade e magnetismo
Experimentos químicos
Climas da terra
A xoaniña
Coidemos o planeta
Xogos matemáticos
Os volcáns
A desaparición dos dinosauros
Virus e bacterias
O millo
Xogos de mesa
Deportes
Animais salvaxes
Accidentes xeográficos
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
2.- Atreveríaste a completar as sinaturas dos seguintes libros? Para facilitarche a tarefa,
indicamos o número da CDU de cada un:
A conquista do aire. María Martinell. 62......................
Peces de acuario. David Ford. 59 .......................................
Los balleneros. Pedro Quesada. 62 ....................................
Camuflaxe animal. Anita Ganeri. 59 ......................................
El cielo y el espacio. Pierre Kohler. 52 ..................................
Cruz Roja y Media Luna Roja. Michel Pollard. 06 .............
Enviado especial ao Polo Sur. Luis Pancorbo. 07 ..................
SINATURAS DUN LIBRO
1- Escribe en maiúscula as tres primeiras letras do apelido de cada un dos autores
seguintes:
Elvira Lindo ..................................................
Pilar Mateos .................................................
Roald Dahl ...................................................
Pepe Carreiro ...........................
Francisco Castro ..................................
Alfredo Gómez Cerdá ..............................
Astrid Lindgren ...........................................
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
2- Escribe en minúscula as tres primeiras letras de cada título sen ter en conta os artigos.
La historia de los grandes inventos ............
O ciclismo ...................................................... Noite de Reis ...................................
O neno can ................... O mundo de Sofía ........................................ Los espejos venecianos ................................ A tenda das palabras ............................ Al borde del Nilo, los egipcios .....................
Chamádeme Simbad ……………………………………………
Rebeldes ........................................................
3- Mira estes exemplos que corresponden ás obras Desertos, escrita por Nicola Davies e
As rúas de Vigo escrita por Lalo Vázquez Xil. Os textos que aparecen a continuación
están sin terminar. Complétaos:
91 95
DAV VAZ
des rua
Desertos, de Nicola Davies
- DAV son as tres primeiras letras do apelido de .................................................
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
- des son as tres primeiras letras do .............................., que é a primeira palabra do
título ......................................................................................
- O número 91 corresponde ao siguiente tema: ...................................................
As rúas de Vigo, de Lalo Vázquez Xil
- VAZ son as tres primeiras letras do apelido de .................................................
- rua son as tres primeiras letras de ............................, que é a primeira palabra do
título ......................................................................................................., sin contar o artigo.
- O número 95 corresponde ao seguinte tema: ....................................................
4- Neste andel hai algúns libros mal colocados. Fíxate nas signaturas e sinala en vermello
cales son:
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
OBXECTIVO 3,4.- LOCALIZAR A INFORMACIÓN NOS DOCUMENTOS
O INDICE
1.- Ordena axeitadamente os pasos que debes seguir para consultar un índice:
a. Anotar ás páxinas onde se atope a información do libro.
b. Consultar o sumario para saber a páxina onde se atopa o índice.
c. Buscar no índice o termo que nos interesa.
d. Atopar na páxina o termo que estamos buscando.
e. Buscar a páxina á que nos remite o índice.
1.-……………………………………………………………………………..
2.-……………………………………………………………………………..
3.-……………………………………………………………………………..
4.-……………………………………………………………………………..
5.-……………………………………………………………………………..
2.- Marca as respostas correctas .En resumo un índice serve para…..:
Atopar as páxinas que tratan sobre un aspecto concreto.
Saber cantas páxinas ten un libro.
Saber o título do libro.
Saber cantas palabras ten un libro.
Atopar máis rápido unha información concreta
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
DICIONARIOS E ENCICLOPEDIAS
1- Busca nun dicionario a súa propia definición:
DICIONARIO .....................................................................................................................
....................................................................................................................................................
......................................................................................................................................................
2- Une cada situación co tipo de dicionario máis útil para resolvela:
1. Atopar información para un traballo A)Dicionario bilingüe inglés-español
2. Resolver una dúbida ortográfica B)Dicionario de lingua
3. Comprender unha nota en inglés C )Dicionario de citas literarias
4. Buscar una palabra parecida para D)Dicionario enciclopédico
non repetir a mesma no texto
5. Buscar unha cita literaria sobre un tema E)Dicionario de sinónimos
3.- Nesta lista colocáronse algunhas entradas que nunca atoparías nesa forma nun
dicionario. Sinala cáles son e anota ao lado cómo aparecerían:
Bailando Si Non ...................
Sorriso Si Non ...................
Casco Si Non ....................
Emisario Si Non ...................
Comeu Si Non ...................
Lebres Si Non ...................
Gusto Si Non ...................
Pluvioso Si Non ...................
Empaquetará Si Non ...................
Indoeuropeo Si Non ...................
Picantes Si Non ...................
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
4.- Busca nun dicionario a definición de enciclopedia e cópiaa:
................................................................................................................................................... ……………………………………………………………………………………………………………………………………………… ……………………………………………………………………………………………………………………………………………..
5.- Completa o seguinte encrucillado sobre Hans Christian Andersen coa axuda
dunha ou varias enciclopedias.
HORIZONTAIS 1. País onde naceu Andersen.
2. Animal protagonista
dun dos seus contos.
3. Película de Walt Disney
baseada nun dos seus
contos.
4. Un dos xéneros
literarios que cultivou
Andersen, ademais
dos contos.
5.Cidade dónde traballou
VERTICAIS 6. Profesión do seu pai.
7. Qué profesión lle houbera
gustado ter a Andersen.
8. Cidade ónde naceu.
9. O seu nome en español.
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
OBXECTIVO 5: IDENTIFICAR OS ELEMENTOS DUNHA
FICHA OU REXISTRO CATALOGRÁFICO, IDENTIFICAR E COÑECER A
FUNCIÓN DAS SINATURAS TOPOGRÁFICAS, SABER LER AS
INDICACIÓNS DOS REXISTROS BIBLIOGRÁFICOS.
Le atentamente a ficha catalográfica e responde a estas preguntas:
Cal é o título do libro.............................................................................................
Quen é o autor/a? ………………………………………………………………………
Onde se publicou? ……………………………………………………………………..
Cal é a editorial? ……………………………………………………………………….
En que ano se publicou? ………………………………………………………………
En que idioma está escrito? …………………………………………………………..
Cantas páxinas ten? ……………………………………………………………………
Fíxate na sinatura (clasificación). Indícanos o lugar da biblioteca no que está
situado o libro.
En que parte da biblioteca se atopa o libro? ………………………………………
En que número da clasificación? …………………………………………………..
Deste xeito poderemos buscar fondos en calquera biblioteca que estea na rede
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
A CONTRACUBERTA
. A parte posterior dun libro, chamada contacuberta, tamén nos aporta información.
Indica a información que nos aporta esta contracuberta sobre:
O autor/a........................................................................................................................
O contido do libro………………………………………………………………………………………………………..
Cal é a editorial?.................................................................................................................
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
OBXECTIVO 6: COÑECER OS SISTEMAS DE BUSCA NOS
BUSCADORES DE INTERNET, O SEU USO E OS SEUS
ELEMENTOS DE CONEXIÓN.
ACTIVIDADE: Realizar buscas en Internet a través dun buscador, comparando
a diferenza no número de resultados obtidos segundo se utilicen termos
amplos ou máis concretos.
OBXECTIVO 7: CITAR AS FONTES UTILIZADAS NA BUSCA
DOCUMENTAL.
Cando realizamos un traballo e utilizamos documentos para informarnos,
debemos indicalos. Para iso escribimos a “cita bibliográfica”.
Estas atópanse ao final de moitos libros.
1- . Para que saibas confeccionalas propoñemos o seguinte modelo:
APELIDOS, nome, título. Lugar de edición: Editorial, ano (colección).
Exemplo:
SILVAR, Calros. Orixe e evolución II.Vigo. A Nosa Terra. 1995.( A Nosa
Natureza).
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
ACTIVIDADES ON LINE
Formación de usuarios (J-Click)
CEIP Condesa de Fenosa – O Barco
http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/docs/for
musuarios/index.htm
Aprender e xogar na biblioteca (LIM)
CEIP Mestres Goldar - Vigo
http://dl.dropbox.com/u/13783708/librolim_fu/lim.swf?libro=formacion_
usuarios_biblioteca_escolar.lim
A Clasificación Decimal Universal (LIM)
CEP Dr Flemming – Vigo
http://engalego.es/almacen/lim10/aprendecdu/lim.swf?libro=aprendecdu
.lim
Investigamos como é unha biblioteca
C.E.I.P. OUTEIRO DAS PENAS (Cesantes)
http://outeirodematilda.blogspot.com.es/2011/11/lim-formacion-
usuarios-e-usuarias.html
Formación de usuarios
CEIP de Pedrouzos - Brion
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipdepedrouzos/aulavirtual/course/vi
ew.php?id=28
Partes dun libro
CEP Doctor Fleming - Vigo
http://engalego.es/almacen/lim10/aprendelibro/lim.swf?libro=aprendelib
ro.lim
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén
Partes do libro
Presentación ppt
http://www.authorstream.com/Presentation/leixapren-544221-partes-do-
libro/
“Os Bolechas queren saber como é unha biblioteca”
Video conto : CEIP Curros Enríquez - Celanova
http://www.youtube.com/watch?v=layvZma28SU&feature=player_embed
ded#!
BIBLIOGRAFÍA:
La formación de usuarios y el uso de la información. Colegio Público de Falces. Navarra.
La formación de usuarios. Mª Jesús Illescas.
Formación de usuarios. Mónica Baró.
Formación de usuarios. Ana Nébreda. Colegio Público Gabriel y Galán. Cáceres. Programa de Formación de usuarios de:
CEIP Aguiño. Ribeira
CEIP Víctor Saenz. Mazaricos.
CEIP Louro. Muros.
CEIP Mestres Goldar. Vigo.
CEIP Balaídos
BIBLIOTECA ESCOLAR CEIP Saco e Arce – Toén