de tic a taccentros.edu.xunta.es/iessanchezcanton/files/p-tic-tac_09-10.pdf · a nosa intención é...
TRANSCRIPT
IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra
1
De TIC a TAC: Das Tecnoloxías da Información e a Comunicación cara ás
Tecnoloxías da Aprendizaxe e o Coñecemento
1. Declaración de intencións e breve resumo do proxecto
No transcorrer dos últimos tempos producíronse modificacións tecnolóxicas
que converteron Internet na fonte do saber, nunha especie de memoria da
humanidade como nunca existiu ata agora, pero próximos á arribada da web 3.0, o
noso problema é como acceder, recuperar, asimilar e en última instancia saber aplicar
ese capital colectivo. A nosa intención é axustar o tic-tac do reloxo do noso quefacer
educativo para sincronizalo co momento e ritmo da sociedade do coñecemento. A
intención do noso proxecto é que a nosa comunidade educativa atope no instituto o
porto polo que conectarse á rede da aprendizaxe continua, recuperando información e
establecendo comunicacións para construír coñecementos ben fundamentados.
Esta foi, desde hai anos, unha das preocupacións do equipo coordinador das
TICS no centro. O verdadeiro problema xorde cando pretendemos integrar todas estas
técnicas innovadoras e materiais coidadosamente deseñados na práctica docente
cotiá, provocando cambios substanciais na xestión de aula que facilmente poden
producir sentimentos de inseguridade e unha certa perda de control.
Debemos considerar que todo no sistema educativo actual, horarios, espazos,
estruturas, probas oficiais, requirimentos da inspección, mentalidade do alumnado,
está preparado para perpetuar modelos de ensino tradicionais. Polo tanto é case
milagroso que estas iniciativas triúnfen e teñan continuidade.
O noso obxectivo é, polo tanto, promover pequenos cambios nas estruturas,
nos espazos, nas percepcións; proporcionar á comunidade educativa oportunidades
de experiencias rigorosas e gratificantes para que, como docentes, cheguemos a
unha interiorización dos instrumentos dixitais ata o punto de que podamos
integralos nos novos modelos educativos nos que o alumnado cumpre un papel máis
protagonista no seu proceso de aprendizaxe.
IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra
2
2. Análise da situación do centro
2.1. Infraestruturas
O centro está dotado de ordenadores en administración, dirección, sala de
profesores e na práctica totalidade dos departamentos. Recentes modificacións
aproxímannos á configuración do espazo segundo o modelo educativo que inspira o
noso proxecto, pero quedan algunhas reformas, non sempre doadas de realizar, e
segue a ser deficitaria a dotación informática das aulas. Dispoñemos do seguinte:
Dúas aulas con ordenadores conectados á rede. Unha conta con 20
equipos distribuídos en forma de U que facilitan a relación entre
alumnado e docentes, e un encerado dixital. A outra aula dispón de 15
ordenadores, un na mesa do profesorado e os outros ao longo de catro
ringleiras, o que dificulta o acceso. A modificación da ancoraxe das
mesas e do cableado, e a instalación dalgún computador máis son
tarefas pendentes. Coa situación actual é case imposible atender as
necesidades dos grupos que desenvolven a clase co apoio das
plataformas e ferramentas virtuais, dándose frecuentes solapamentos.
Na Biblioteca hai proxector e 11 ordenadores con conexión a Internet.
As 5 aulas de 1º BAC e as dúas do Ciclo Formativo teñen canón e
ordenador. Todas elas teñen conexión física á rede; pola contra, a rede
sen fíos non pode ser usada con regularidade a causa de incidencias
comunicadas repetidamente á UAC. Esta deficiencia da Wifi non
permite pensar nunha disposición de portátiles para uso personalizado
do alumnado na aula.
O paraninfo e aulas especializadas de ciencias, aula de arte, debuxo,
están preparados cun canón e ordenador.
IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra
3
2.2. Formación TIC
Atopamos situacións moi variadas entre o alumnado constatando que algúns
non teñen aínda acceso fácil ao ordenador e á rede. En xeral predomina un uso alleo
aos fins educativos, circunscrito sobre todo ao Messenger e o Twenti. Adoitan ter
interiorizada unha metodoloxía baseada na explicación do profesor co exame como
reto a superar e consideran que as TIC, no ámbito escolar, tamén teñen que
supeditarse a ese esquema. Pero a súas habilidades no eido dixital, aínda que carentes
de criticidade, adoitan ser superiores á da maioría do profesorado, o que fai que este
se sinta inseguro e mesmo pode paralizar a migración dos docentes a outros modelos
educativos, tendendo, pois, a refuxiarse no seu papel tradicional.
Non obstante, desde fai anos levamos unha traxectoria en dinamización TIC
que propiciou un cambio nas actitudes do profesorado, pasando da indiferenza
maioritaria ante o uso de medios informáticos á incorporación das TIC nos procesos
educativos. A creación de grupos de traballo e iniciativas individuais que supuxeron
innovacións metodolóxicas importantes con suxestivos resultados, acabaron por
espertar o interese dos demais e fixeron desaparecer as reticencias iniciais.
A isto contribuíu a chegada de profesorado máis novo que conta con máis
preparación e iniciativas.
Encontrámonos entón, tamén entre o profesorado, cunha grande diversidade
de niveis, desde aqueles que están iniciándose nas competencias dixitais (N1), aos que
desde fai tempo son quen de traballar con procesadores de texto, presentacións e
similares (N2), ata un grupo minoritario que ten integradas as TIC na súa docencia, con
blogs, actividades interactivas, cursos virtuais ... (N3).
IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra
4
2.3. Organización e dinamización do centro no eido TIC
Diagrama de organización:
Accións dinamizadoras:
NOTA: Para visualizar actividades en Moodle premer na opción ENTRAR
COMO CONVIDADO
Destacaremos algunhas recentes iniciativas por entender que se aproximan ao
modelo de aprendizaxe que queremos fomentar e polo tanto fan comprender mellor o
noso proxecto.
Tras unha longa evolución que non imos detallar aquí, a web do instituto actúa
como un pequeno portal onde coexisten novas, información institucional, materiais
dos Departamentos didácticos e a entrada á Aula Virtual, que está a absorber moitos
dos nosos esforzos porque nos permite deixar atrás unha concepción estática da web
como almacén para ser un verdadeiro alcouve de ideas onde alumnado e profesorado
fan medrar as sementes.
Como exemplo de desenvolvemento da AV propoñemos a suite Conciliación
vida-morte froito do traballo colaborativo dun grupo de profesores, composta por
varios cursos asociados, algúns dos cales, como Imaxina, foi xa experimentado.
É destacable na web o bloque da Biblioteca, integrada no PLAMBE, pretende
ser un centro eficaz de xestión, documentación e difusión de todo tipo de recursos que
se difunden a través do blog Mesturas e das diferentes seccións do seu bloque
enlaces
Equipo dinamización
TIC
Equipo dinamización
Biblioteca
Orientación
Equipo directivo
Alumnado
Profesorado
ANPA
Persoal non docente UAC
Webs Dinámicas
CEFORE
Equipo de traballo e departamentos
CO
OR
DIN
AC
IÓN
Ase
sora
men
to/C
ola
bo
raci
ón
enlaces
IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra
5
específico, onde cobran vida virtual todas as súas iniciativas desde o Club de lectura ás
Andadeiras ou as Recomendacións de lecturas. Ademais vén colaborando
activamente co profesorado na xestión de varios cursos Moodle, proporcionando
atención individualizada aos participantes en canto a bibliografía, webgrafía e
orientación documental.
Outras das iniciativas que revelaron a súa bondade na práctica educativa diaria
son o blog Mates con Chocolate e o blog de aula Ciclos de Deporte finalista no
concurso nacional EDUBLOGS na edición do 2008.
3. Obxectivos
3.1. Capacitación do profesorado
Ao falar da capacitación do profesorado consideramos esencial reiterar que
falamos de cambios metodolóxico profundo con todas as dificultades e reticencias que
iso implica, e non da adquisición de habilidades para utilizar determinadas
ferramentas.
Neste amplo labor concentramos os nosos esforzos por acadar:
Coñecemento progresivo, adaptado aos niveis de partida, das ferramentas
dixitais, incluíndo a plataforma Moodle, e das posibilidades que estas ofrecen
no eido educativo..
Organización do fluxo de traballo, tanto no referente á confección dos
materiais como no relativo ao deseño, temporalización, avaliación e aplicación
das actividades.
Cremos na importancia dunha planificación extremadamente rigorosa en todas
as fases, moi especialmente no que respecta ás propostas para o alumnado.
De non existir, produciríanse inevitablemente reaccións adversas ante este tipo
de aprendizaxe. Convén que o profesorado saiba prever e evitar estas
circunstancias.
Predisposición á colaboración, superando o habitual illamento dos docentes
que se ven sos á hora de abordar á preparación das súas clases e de proverse
IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra
6
de alternativas con que solucionar as dificultades de motivación, asimilación e
relación co alumnado. A metodoloxía de docencia compartida, especificada
máis adiante, expande atinadamente as virtudes da web 2.0 pero como é
obvio, require un adestramento nas formas de interactuar.
Adquisición de bos hábitos relativos ao coidado de aulas, equipos e materiais
informáticos.
3.2. Utilización de recursos na aula e aspectos metodolóxicos
Docencia compartida e aprendizaxe cooperativo na aula Moodle. É a proposta
que consideramos máis innovadora e vantaxosa por ter xa sido experimentada
no centro durante o pasado curso. Por falta de espazo só reseñaremos que foi
desenvolvida con éxito por un grupo de docentes de diversas áreas. É
destacable o feito de que algún participante tiña un grao mínimo de
competencias dixitais. A morte no imaxinario popular foi un exemplo de
traballo colaborativo con ruptura de compartimentacións por horarios e aulas
(A actividade desenvolveuse na biblioteca).
Intentamos ilustrar o concepto de docencia compartida na seguinte táboa e
diagrama de fluxo:
Vantaxes
Menor illamento e inseguridade dos docentes.
Maior riqueza de recursos.
Ofrecen ao alumnado un modelo de traballo colaborativo.
Precaucións
É preferible a súa contemplación na memoria didáctica.
Deben ser procesos avaliables e cualificables.
Polo menos un dos docentes ten que impartir clase no grupo
IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra
7
Aula Virtual. Concibímola como plataforma sobre a que desenvolver os fluxos
da aprendizaxe integral e como soporte e organizador na clase e fóra dela
(neste sentido está probada a súa utilidade entre o alumnado do CGTD que
debe ausentarse polas competicións). Pensamos que é un bo modo de integrar
ferramentas externas como Blogs, wikis e outras utilidades interactivas.
As categorías da AV están establecidas basicamente tomando como criterio os
Departamentos didácticos, Biblioteca e Ciclos formativos pero tanto nas
subcategorías como na creación de “cursos” avogamos por unha organización
inspirada na aprendizaxe baseada en proxectos/problemas ABP máis que por
disciplinas.
Directorio de recursos por materias: Consiste en que os Departamentos
didácticos vaian confeccionando o seu directorio de recursos na rede ao tempo
que se traballa a capacidade de selección en base a criterios de fiabilidade co
alumnado, de xeito que eles sexan tamén colaboradores na construcción do
directorio.
Elaboración de recursos propios: Entendemos que recursos como as
presentacións pode ser usadas eficazmente polo profesorado, especialmente se
foron creadas polo propio alumnado, pero sobre todo queremos aproveitar a
fascinación que a imaxe e o movemento producen na mocidade para converter
Tarefa Proxecto Problema
Recursos iniciais multimedia Guía procedimental
Proceso de reparto de tarefas e
coordinación
Procesos comunicativos
Foros, Chats Presenciais
Docente1
Docenten
Alumno1
Alumnan
Avaliación do proceso, resultados
e alumnado
Avaliación do proceso, resultados
Materiais e ideas compartidas
IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra
8
en recursos educativos actividades de creación como o vídeo e a banda
deseñada para o que están previstos talleres específicos.
Aspiramos, en resumo, a que o alumnado sexa quen de aprender máis alá das
limitacións espacio-temporais da aula clase, xerando a predisposición a
participar activamente na propia aprendizaxe. É esta unha tarefa que deberán
levar a cabo durante o resto da súa vida dada a evolución da sociedade actual e
o desenvolvemento do coñecemento que só pode ser abordado desde a
construción colectiva.
3.3. Estratexia de liderazgo e organización do centro no uso das TIC
Organización de espazos, dotación e prioridades:
A previsión é a de continuar dotando ás aulas con canón e ordenador (véxase
Infraestruturas), primeiro ampliándoos a todo o Bacharelato e, de seguido, de cuarto
da ESO cara aos primeiros cursos. Pretendemos incorporar encerados dixitais nas aulas
tendo que superar, non obstante, certas condicións adversas: escaseza de unidades,
elementos arquitectónicos das aulas como os diferentes niveis do chan e reticencias á
eliminación do encerado convencional.
A nosa aspiración neste eido é contar cunha wifi realmente operativa e un
equipamento de portátiles que puidese ser facilmente trasladado dunha a outra aula.
Propostas de software:
Case todos nós comezamos no mundo da informática da man dos procesadores
de texto e das presentacións manexando programas de software propietario e na
contorna Windows, xerando inercias difíciles de vencer. É por isto, que aínda que os
equipos contan co sistema operativo Linux, a práctica totalidade do profesorado
prefire o sistema operativo de Microsoft e o seu software. Afortunadamente son cada
vez máis as utilidades subministradas pola web 2.0 que poden usarse on line e os
programas de software libre van gañando terreo.
Como primeiro paso instalarase en todos os equipos o OpenOffice e
promoverase que os documentos emitidos desde o centro se fagan e PDF ou nos
formatos de OpenOffice.
IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra
9
No CGTD, sección dependente do IES Sánchez Cantón, estase pondo o máximo
empeño na instauración do software libre, habendo dous computadores que contan
só con este software intentando que teñan unha ampla gama de programas.
Xestión xeral do centro:
Intervención xunto co persoal non docente na xestión documental do centro
co soporte Moodle: esperamos a medio prazo configurar acceso diferenciado
para os diferentes sectores, especialmente profesorado e alumnado, que
poderán así dispoñer e descargar todo tipo de documentación. Estableceranse
bases de datos para diversas utilidades: incidencias nos equipos informáticos,
reserva de aulas específicas e espazos con dotación informática, anotación en
actividades extraescolares ou complementarias...
Nas xuntanzas e CCP revisaranse os criterios para a distribución de espazos e
horarios en atención aos recursos dixitais e necesidades didácticas.
Máis información en dinamización interna no apartado 3.4 e diagrama de organización, apartado 2.3
3.4. Estratexias e mecanismos de difusión das boas prácticas
Como parte da dinamización interna:
Intercambiar experiencias didácticas entre o profesorado para facer unha
avaliación das mesmas, favorecer o ensaio de innovacións interesantes e
estender as súas aplicacións. O que se concreta en:
o Facilitar instrucións para a familiarización con aparellos
electrónicos como o encerado dixital ou canóns.
o Establecer horas semanais para a mellora de habilidades e
comunicación de prácticas educativas. Esta iniciativa xa foi
realizada durante todo o curso pasado. Os compoñentes do equipo
de dinamización TIC prestan a súa asistencia nunhas xuntanzas dous
días á semana, a partir do remate do horario escolar.
IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra
10
o A acción anterior necesita complementarse cun foro para unha
maior axilidade na resolución de dúbidas, para o que se creará un na
Plataforma Moodle, destinado especificamente a esta finalidade.
Deste modo créanse dinámicas de comunicación e axuda entre o
profesorado sen que se produza unha dependencia ou sobrecarga
cara os coordinadores TIC.
O número de participantes neste proxecto e os diferentes niveis de que
partimos supoñen unha grande demanda de recursos humanos para a súa
atención, polo que ademais dos equipos de dinamización TIC e de
Biblioteca, que colabora co primeiro, vese necesario contar coa asistencia
externa para a formación de aspectos concretos. Neste sentido, ademais do
asesoramento do CEFORE, recurriremos a expertos en ferramentas
específicas, LIM, edición e creación de vídeos. Neste momento estase a
solicitar do CEFORE a constitución dun grupo de traballo para o
desenvolvemento de actividades interactivas.
Ao comezo de curso farase unha convocatoria para presentar ás familias a
estrutura e posibilidades da Web do Instituto, da súa Galería, Blogs, Aula
Virtual e do que supón esta forma de traballar. Destacamos pola súa
utilidade, os bloques temáticos Eu Como e Conciliación Vida—Morte
Xestionarase coa ANPA a realización dun taller para nais e pais sobre boas
prácticas na rede e as medidas de seguridade pertinentes.
Mellora da competencia dixital do alumnado e promoción do uso
responsable das TIC mediante os Recreos dixitais, actividades virtuais
guiadas e semilúdicas. Esta é unha delas. Os antecedentes no curso pasado
co Rallye TIC
IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra
11
En canto á difusión máis aló da nosa comunidade escolar:
4. Criterios de avaliación
Materiais e cursos da Aula Virtual en aberto para
convidados.
Equipos docentes
IES Sánchez Cantón
Participación en cursos e actividades
organizadas por CEFOREs e outros organismos.
Intervención en foros de Webs Dinámicas
Experiencias pedagóxicas publicadas nos nosos
blogs
CUANTITATIVOS Incremento de “cursos” na AV
Incorporación de novos departamentos á AV
Alumnado inscrito nos “cursos”
Alumnado participante no taller de BD
Familiares asistentes ás xornadas divulgativas.
Familiares participantes no taller de boas practicas e seguridade.
Novos materiais de produción propia en soporte dixital.
Espazos dotados de instrumentos electrónicos, informáticos e con conexión á rede.
CUALITATIVOS
Cuantificables Escalas de valoración dos
participantes nas actividades: motivación, cumprimento de expectativas, atención e recursos…
Mellora na cualificación do alumnado participante en actividades con apoio TIC respecto á obtida noutras.
Argumentativos
Suxestións achegadas polo profesorado e outros compoñentes da comunidade escolar.
Valoración e revisión nas reunión de Departamento e CCP
IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra
12
5. Temporalización
1º trimestre 2º trimestre 3º trimestre Todo o curso
Profesorado N1
Organización de equipos de traballo.
XS: iniciación á internet, e-mail, organización de
arquivos
XS: Recursos na web 2.0. Procesador de
textos.
XS: Recursos na web 2.0. Procesador de textos. Creación de
directorio
XS: Xuntanzas semanais.
Foro
Profesorado N2
Organización de equipos de traballo. XS: recursos na web
2.0. Creación de directorio
Iniciación á Aula Virtual
XS: Moodle, xestión de cursos na AV. Crear contidos en
Drupal. Creación de blogs
XS: incorporación de aplicacións da web
2.0 a Moodle Xestión de blogs
XS Foro
Profesorado N3
Organización de equipos de traballo:
Creación de actividades con LIM
XS: Creación de actividades con LIM .
Exploración das posibilidades Modle
XS: Creación de actividades con LIM . Taller de creación de
vídeos educativos
XS Foro
Alumnado
Presentación da Web, AV, Portal
Educativo (1ºESO e alumnado de nova
incorporación)
Taller de Banda Deseñada con
tabletas dixitalizadoras.
Recreos dixitais
Familias
Presentación da Web, AV, Portal
Educativo e uso das TIC no centro .
(Familias de alumnado de 1ºESO e nova incorporación)
Taller en colaboración coa ANPA sobre boas
prácticas na rede e medidas de seguridade.
Inserción e difusión de materiais
destinados ás familias
Xestión
Deseño do Moodle de xestión.
Asistencia á persoal non docente
Introdución de documentación, unha
vez deseñado o espazo Moodle de
xestión Instalación de
materiais informáticos en aulas segundo priorización
IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra
13
6. Competencias, formación e funcións do equipo dinamizador de TIC
Desde fai anos os profesores J. Juanatey Silva e M. Costa Giráldez, veñen
dedicándose á creación e mantemento da Web do centro na actualidade baixo Drupal,
á administración da Aula Virtual na plataforma Moodle (67 cursos aprox.) e da Galería
de imaxes implementada en Coppermine, e adscricións de IP.
Ambos teñen exercido como relatores en diversos cursos a requirimento de
diferentes CEFORE e titorizado actividades de aprendizaxe de TIC para os seus
compañeiros no centro.
Veñen colaborando cos diferentes equipos directivos na distribución de
recursos e espazos, iniciativas de difusión de ferramentas informáticas e
correspondentes aplicacións educativas. Esta colaboración é aínda máis estreita co
equipo de dinamización da Biblioteca co que existe coordinación constante. Os
contactos co Dpto. de Orientación son cada vez máis intensos no convencemento de
que é unha das canles básicas de difusión de contidos e iniciativas dada a súa relación
cos titorías.
Algunhas das súas actuacións obtiveron o recoñecemento da Consellería de
Educación e O.U.
M. Costa posúe o título de Especialista Universitaria en Enseñanza Virtual da F.
UNED, e vén de coordinar a elaboración de materiais dixitalizados e interactivos en
relación á Conciliación vida-morte, durante un período de Licenza por estudos
concedido por esa Consellería. Na actualidade imparte ademais de Filosofía a materia
optativa de TIC en primeiro de bacharelato.
IES Sánchez Cantón, 36006717. Avda. Raíña Vitoria, 36001, Pontevedra
14
7. Orzamento en base á información das empresas
Gastos Destino Concepto Importe en €
Material non inventariable
Lotes para participantes nos Recreos dixitais.
Taller BD
Ratos sen fíos 18,50x25
Pens 20x25
Tabletas dixitalizadoras. 59x25
E-book 259x2
Material funxible
Taller para familias. Xornadas de formación para
profesorado.
Cartuchos, toner, papel fotográfico, CDs…
1.150
Prestación de servizos
Aula con equipamento informático para manexo
individual.
Aulas de 2º BACH.
Cambio na ancoraxe das mesas, modificación do
cableado dun aula.
1.690
Instalación de 5 canóns de proxección.
1.299
Desprazamento e dietas
Especialista en B D, e outros. Segundo o estipulado
oficialmente. Por determinar
Formación
Taller para familias. Formación especializada para profesorado: Banda
deseñada co ? Creación de vídeos
educativos.
Intervención de especialistas
(a determinar de man común coa ANPA ou
CEFORE) B D: D. Jaime Izaguirre
Santillán
Por determinar
Edición e difusión
Difusión do taller para familias e xornadas de
presentación de contidos TIC do centro.
Fotocopias, trípticos e publicacións
600
TOTAL 7.694,50
+docencia