cuarta tribuna de debate araguaney "o papel dos media na democracia e na crise"
DESCRIPTION
Analizaremos a evolución do papel dos medios dende o inicio da democracia ata a actual situación de grise global, as estructuras ás que responden e a súa influencia na opinión pública. Trataremos de buscar respostas a preguntas como, por exemplo, se cumplen coa súa función de informar á sociedade ou exercen a manipulación; existe a liberdade de prensa ou os media responden a intereses políticos ou económicos; os cambios necesarios para salvar a unha profesión en crise.TRANSCRIPT
![Page 1: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/1.jpg)
DEMOCRACIA E RESPONSABILIDADE
MARTES16 ABRIL20:00 h.
“O PAPEL DOS MEDIANA DEMOCRACIA E NA CRISE”
José Luis GómezXornalista
Ramón LoboXornalista
Carlos CaneiroEscritor
Participan: Modera:
![Page 2: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/2.jpg)
![Page 3: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/3.jpg)
![Page 4: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/4.jpg)
![Page 5: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/5.jpg)
A Fundación Araguaney-Puente de Culturas, guiada polo seu espírito de traballo en beneficio da sociedade, abre unha tribuna de debate para que a xente poida acudir, escoitar e aportar ideas co obxectivo de contribuír á rexeneración democrática e a unha maior responsabilidade civil.
O obxectivo principal da Tribuna é a rexeneración de ideas e de proxectos e está orientada a impulsar o cambio da sociedade actual cara á sociedade futura, contemplando as causas e as leccións da actual crise financeira e dos conflitos bélicos, étnicos, políticos e económicos, nos que nos atopamos inmersos.
Tamén se prestará atención á difusión das novas ideas xeradas no ámbito das ciencias políticas e económicas cuxa importancia sexa testada na controversia científica ou académica.
Por razóns de proximidade e compromiso, a tribuna prestará especial atención aos procesos políticos e sociais que afecten ás sociedades pales-tina e española, contempladas nos seus respectivos contextos estratéxicos e culturais.
Na idea de “Tribuna” vai implícita a organización de foros de debate, pero pódese estender tamén a outras actividades, como recitales poéticos e musicais, sesións de intercambio científico entre expertos, actividades de formación relativas aos procesos de información e activación de memoria, intercambios multidisciplinares que abarquen moi diferentes enfoques dun-ha mesma cuestión, e a todo o que teña que ver co uso e difusión científica ou divulgativa dos resultados obtidos. Permitindo, deste xeito, un maior di-namismo na súa organización.
Todo iso axudaranos á xeración de ideas para un rearme intelectual sobre política, democracia, economía e dos procesos de modernización da sociedade a nivel global.
![Page 6: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/6.jpg)
![Page 7: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/7.jpg)
Analizaremos a evolución do papel dos medios dende o inicio da de-mocracia ata a actual situación de grise global, as estructuras ás que res-ponden e a súa influencia na opinión pública. Trataremos de buscar respos-tas a preguntas como, por exemplo, se cumplen coa súa función de informar á sociedade ou exercen a manipulación; existe a liberdade de prensa ou os media responden a intereses políticos ou económicos; os cambios necesa-rios para salvar a unha profesión en crise.
“O PAPEL DOS MEDIANA DEMOCRACIA E NA CRISE”
![Page 8: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/8.jpg)
Licenciado en xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, desde 1975 traballou en diversos medios de comuni-cación como a axencia Pyresa, Radio Intercontinental, El Heraldo de Aragón, Radio 80, Actual, A Voz de América, Expansión, Cinco Días, La Gaceta dos Negocios e El Sol.
Desde agosto de 1992 destaca o seu faceta como xornalista de guerra do diario El País, cubrindo conflitos e guerras en todos os continentes: Croacia, Serbia e Kosovo, Bosníaca-Herzegovina, Albania, Chechenia, Irak, os Territorios Palestinos, Líbano, Arxen-tina, Haití, Ruanda, Nigeria, Guinea Ecuatorial, Sierra Leoa, Ugan-da, Congo, Zimbabue, Namibia, Afganistán, Filipinas, etc.
RAMÓN LOBOXornalista
www.ramonlobo.com
twitter.com/ramonlobo
www.facebook.com/ramon.lobo
![Page 9: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/9.jpg)
www.ramonlobo.com
twitter.com/ramonlobo
www.facebook.com/ramon.lobo
JOSÉ LUIS GÓMEZXornalista
www.joseluisgomez.opennemas.com
twitter.com/J_L_Gomez
www.facebook.com/xoseluisgomez
O xornalista José Luis Gómez foi redactor, xefe de sección, re-dactor-xefe e director de La Voz de Galicia, onde traballou entre 1982 e 1999. Nos años 98 e 99 tamén exerceu como director editorial do Grupo Voz. Ata 2003 fue director de Coordinación de Publicaciones y de Co-municación de Grupo Zeta. Entre 2005 e 2008 foi director da revista Ca-pital, posto que compatibilizou ca dirección da revista Forum. No 2008 fundou e dirixeu o Xornal de Galicia, posto que desempeñou ata 2011. Dende 2013 é editor de Mundiario.
Foi conselleiro das empresas La Voz de Galicia, La Voz de Ba-leares, Atlas Galicia, Xornal Galinet e Xornal de Galicia. E colaborou en diversas revistas e cadenas de radio e TV (SER, RNE, RadioVoz, Telecinco, TVG, TVE, Veo, Intereconomía, Localia, etc.). En Telecinco foi tertuliano durante máis de dez años no programa La Mirada Crítica. Tamén foi columnista de El Periódico de Catalunya e de El País.
É autor de varios libros, entre eles Cómo salir de esta (Actualia Editorial, 2013), A vueltas con España (Temas de Hoy, Madrid, 2005), Galicia ante la CEE (Biblioteca Gallega, 1983) e José Luis Méndez (Bi-blioteca Gallega, 1994).
Entre otros, es Premio Galicia de Periodismo.
![Page 10: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/10.jpg)
España adoptou severas medidas de austeridade, a pesar de ter un desemprego elevado. Pero non o fixo por vontade propia, senón baixo presión. Encontrouse sen capacidade de refinanciar a súa débeda e viuse obrigada a recortar o seu gasto e a subir os impostos. Ante a imposibilidade dun cambio inmediato do modelo produtivo, a devaluación interna perfila a saída da crise.Vendo os números de Alemaña e España -a primeira con case o dobre de poboación ten a metade de parados- é lóxico que o aumento sen límites coñecidos do paro español chame a atención dos grandes medios de comunicación internacionais. E, por suposto, de todos os españois.
Tamén ten a súa lóxica que a democracia se tambalee nunha situación de crise xeral tan extrema. Abondarían un par de datos para comprendelo, poñéndolle cara e ollos: 1) unha de cada dez familias, millón e medio longo de fogares, teñen a todos os seus membros desempregados. E 2) O ascenso do paro superou todos os récords da era moderna de España tanto no número de desempregados coma en taxa.
O risco de conflitividade parece evidente, por moito que agora estea atenuado polo emprego na economía mergullada, cuxa dimensión duplica a media europea.O papel dos media na democracia e na crise é especialmente importante nun momento como o actual. Tanto dende dentro coma dende fóra de España. Non esquezamos que periodismo é aquilo que os poderosos non queren que saiba e que todo o demais é propaganda.
En xeral, como diría o ex presidente Felipe González, as élites de referencia deixaron de existir en todos os ámbitos, e sen elas España ten un problema moi serio. Se por enriba non coidamos as institucións... podemos entrar noutro momento escuro da nosa historia.En canto á crise dos medios, dentro da crise xeral, talvez o que está
INTERVENCIÓN NA TRIBUNAO PAPEL DOS MEDIA NA DEMOCRACIA
E NA CRISE
![Page 11: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/11.jpg)
en crise non é a profesión xornalística, senón a estrutura xornalística, xa que, en realidade, a revolución tecnolóxica creou un mundo perfecto para o profesional dos medios de comunicación.
En resumo, os medios constatan que estamos nun festival xudicial de políticos e empresarios mesturados coa crise económica e de valores, tamén coa corrupción, cuxo vector resultante mina a democracia.A solución, acaso a única realista, pode ser un gran pacto social e político -non só entre partidos-, de forma que os custos da crise se repartan do mellor xeito posible, como sucedera nos xa históricos Pactos da Moncloa, que fixeron posible asentar a democracia no medio dunha crise económica.Producir máis e mellor sería agora a solución ao paro e aos baixos ingresos nun país con déficit fiscal.
![Page 12: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/12.jpg)
XOSÉ CARLOSCANEIROEscritor
twitter.com/xccaneiro
Estudou Maxisterio, Filoloxía Hispánica e Xeografía e Histo-ria.Presenta e dirixe en TVG o programa cultural ”Oficio de pala-bras”, ademais de ser un colaborador habitual da Voz de Galicia e do programa “A crónica dá Radio Galega”.
O seu primeiro recoñecemento como escritor foi o Premio Ourense de Contos en 1984. Como autor de relatos ou novela bre-ve conseguiu o Premio Breogán por Bette Davis, por favor. Tamén recibiu os Premios Rosalía de Castro de Poesía, o premio de xor-nalismo Xosé Aurelio Carracedo en 1999, e en marzo de 2011 re-cibiu o premio de xornalismo Fernández do Rego.
![Page 13: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/13.jpg)
twitter.com/xccaneiro
CRISES, LITERATURA, PERIODISMO E MUNDO FELIZ
Xosé Carlos Caneiro
Escribir no xornal é unha terapia. Un escribe no periódico para salvarse da actualidade. Por ese motivo un, para salvarse da actualidade, escribe da actualidade que ás veces parécese ao humanismo perverso e machista da Italia Berlusconi, outras á evanescencia mistérica da política hispana, algunhas aos inverosímiles místicos corruptos e, a maioría das ocasións, a actualidade parécese a ese compendio de sentimentos e emocións que somos, fomos e seremos. O escritor metido a columnista é un productor de emocións de usar e tirar, de brevidades, de palabras que duran o que dura o periódico sen ser tirado ao cubo de papel para reciclar. O periódico do día, para o día, patinando sobre a corda frouxa da xornada. Ser escritor significa ser social. Non podemos vivir en cápsulas herméticas cerradas ao que nos rodea. Escribir no periódico é un modo de constatar que somos e estamos e parecemos porque hoxe, os escritores, apenas existimos. Perdimos prestixio, función social e función educativa. Polo tanto eu celebro poder escribir no xornal sen ser xornalista, senón escritor. Non é o mesmo, aínda que hai grandes xornalistas que son grandes escritores, eo ao revés, ou sexa, que hai de todo nesta república das letras. O xornalismo é denotativo, a literatura é connotativa. O periodismo conta, a literatura (digo eu en contra da maioría) debe estimular, seducir, bosquexar, difuminar, suxerir. O periodismo recrea a verdade, a literatura pretende facer pasar por verdade a mentira que vivimos e que nos vive. O periodista informa e non comunica, porque a información e a comunicación son cousas ben distintas. Pena que todo se confunda. E pena que ás veces interpreten ao opinador como informador e ao comunicador como periodista. Incluso corremos o risco de deixar de ser escritores cando escribimos no xornal e iso, digo ben
INTERVENCIÓN NA TRIBUNAO PAPEL DOS MEDIA NA DEMOCRACIA
E NA CRISE
![Page 14: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/14.jpg)
alto, é o que non pode ser. O escritor é escritor cando redacta columnas no xornal e non pode deixar de selo. Nunca. Estamos a facer os escritores unha escritura tamén de periódico, que algúns, equivocadamente, chaman literatura. Escoitei algunha vez, varias veces, que a mellor literatura está a facerse nos xornais. Como frase, como titular, debo recoñecer que é esta unha aseveración de altura. Eu non a comparto. A boa literatura faise nos bos libros, incluso nos bos libros que nunca se publican: os que corren premios literarios, editoriais, ollos de amigos, lectoras e lectores particulares que os queren facer vivir, aínda que nunca vivan. Non infravaloremos a literatura. Non repitamos demagoxias: nin o máis fácil é sempre o máis difícil, nin o breve é mellor sempre que o amplo, nin un bo verso (así sen máis) é máis luminoso que unha boa novela. A demagoxia, como o dogma, non é a aliada da intelectualidade senón daqueles que a negan constantemente.
Hoxe, por fortuna, regresa ás planas dos periódicos máis prestixiosos o xornalismo literario. Nel pretendo asentarme. Penso que non hai outro lugar máis adecuado para o escritor. O escritor, segundo o meu vehemente criterio, debe facer literatura (breve) nas súas columnas para seguir sendo escritor e non pasar por analista, erudito, politólogo, polemista ou opinador profesional. Claro que o escritor pode ser tamén todas esas cousas sen deixar de ser escritor. O escritor pode analizar ou epistemoloxizar a realidade, certo, pero creo, a risco de errar, que nese momento deixa de existir a literatura e deixa de existir o autor literario. É outra cousa. Nin mellor nin peor; diferente, simplemente.
De todas as profesións necesarias nunha sociedade libre e libertaria –impulsoras, polo tanto, do sentido crítico e do espírito aberto– quizá o xornalismo sexa a máis imprescindible para oficiar a democracia. O periodismo non só conta a verdade, senón que a propaga. Non só fai da opinión pública o seu fundamento, senón que grazas a tal perseverancia outorga sentido e lustre ao Estado de dereito. Falo de periodismo como profesión no sentido máis certo da palabra: profesar, facer votos de adhesión a unha causa. O periodismo é un oficio de profesos, é dicir, o oficio propio daquel que entrega a súa vida a uns principios. Non se pode ser periodista sen vocación de periodista. Do mesmo que non se pode ser
![Page 15: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/15.jpg)
teólogo negando a Deus, ou escritor sen venerar os libros e o coñecemento, sensibilidade ou paíxón que os libros implican.
Os periodistas navegan no barco da búsqueda constante. Descren das verdades absolutas. Resultan indómitos para o poder, tan acostumado a ditar ortodoxias e preceptos. Representan a un dos sectores máis dinámicos da sociedade. Son paradigmas do pensamento deductivo e analítico. Os periodistas perseguen a cognición da verdade e o relati¬vismo inherente que ela mesma convoca. Os homes e mulleres do periodismo son os que non se atemorizan fronte á desfortuna, a miseria que por veces danza diante dos nosos ollos. Esta crise inducida endogamicamente pola ambición, a codicia e os seus satélites.
Por tal motivo, os medios de comunicación resultaron ser fundamentais para significar o descrédito da política e o poder financeiro neste último lustro de padecementos, recortes físicos (pecuniarios) e relativos á psique individual (de índole moral). Os medios de comunicación contaron as causas e os efectos, e unha vez máis amosaron o seu grao simbiótico coa sociedade á que serven e informan. E falo de grao simbiótico porque, adurmiñados como estabamos todos, nin periodistas, nin economistas, nin académicos nin outros sabios da polis foron quen de avisar que sucedería o que por fin, e para desgraza de todos, sucedeu dende finais de 2007. Uns, os mesmos que hai meses sinalaban que “faltan horas para que España sea rescatada” (sic), calaron as ominosas mentiras e sofismas do anterior presidente do Goberno, que por puro interese electoral, foi quen de negar a crise cando a crise era evidente. Outros, mecidos no sono profundo da opulencia, non albiscaron as nubes negras que anunciaban esta funesta crise económica. Pero foron elas e eles, uns e outros, os que capitanearon a nave da opinión pública para que a sociedade civil tivese forzae presenza en asuntos capitais moi relacionados coa crise: a corrupción cos seus modismos e protagonistas, as participacións preferentes, os desafiuzamentos, etc, etc, etc.
En todo caso, haberá tempo para debatir todas estas cuestións. Eu, que só son un columnista, afirmo que cada columna quere ser un
![Page 16: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/16.jpg)
acto literario. A columna, que González Ruano definiu como o soneto do periodismo, é unha confesión sincera. Os autores debémoslles aos medios de comunicación o feito de existir porque hoxe nada alleo aos medios existe. Incluso máis, ás veces teño a certeza de que o único existente é iso que aparece nos xornais. Debémóslles aos periódicos a fortuna, como dicía ao comezo, de ser estar e parecer. Pero talvez cómpre reclamar neste foro intelixente, onde discutiremos do papel dos medios de comunicación na crise económica, que a literatura teña máis presenza e latencia na actual sociedade da información. A literatura vive momentos de angustia. A literatura permanente, aquela que Schopenhauer definiu como clásica –ou para sintetizalo ao modo de Italo Calvino: os libros que nunca terminan de dicir o que teñen que dicir– sofre momentos de agonía, de loita cruenta e terminal. A literatura permanente, os textos que crean ao seu redor un espacio sempre fructífero (George Steiner) deféndese sen uñas e sen dentes perante o trebón de simplezas que pretenden disfrazarse de literatura. Esta crise, da que apenas se fala, créanme, resulta tamén moi profunda e angustiosa. Crise económica, pero tamén crise espiritual e humanística. Crise espiritual que nos levou a solemnizar aos necios e esquecer aos sabios. Crise espiritual que provocou, tamén, esta crise económica.Vivimos durante demasiado tempo na distopía do mundo feliz que Huxley retratou, idolatrando a non liberdade na que crecemos, coa auténtica literatura repousando nas estanterías do olvido ata que o tempo a rescate, coa necesidade de ler e coñecer derramada na propaganda de lecturas brandas e mansas e reductivas, coa diferenza e a disidencia e a estética da ambición castigadas polas organizadas brigadas que pretenden homoxeneizar ou homologar ou anaforizar o humanismo do terceiro milenio, cun exceso de presunta información tan alarmante que a actualidade, a crise e as súas tanxencias, é quen rebosa e rebasa o presente, o pasado e o futuro do noso existir.
Estou fatigado por tanto repetir o mesmo cansino categorema. Desculpen que insista nestes diálogos da Fundación Araguaney. Os medios de comunicación deberan evidenciar no só a crise económica, senón esoutras crises que nos asolan: a crise do pensamento, da intelixencia, da tolerancia e o respecto pola “outredade” (e recupero unha expresión de Sartre). Borges dicía que debemos escribir para a memoria, non para o olvido. Quizá a memoria futura vislumbre que na intrahistoria destes anos, tan aciagos, os medios de comunicación xogaron un papel relevante fronte ao frío económico pero esqueceron a crise fundamental, e gravísima, que ao meu ver nos fustiga sen horizonte nin remedio: a crise humanística. A crise dos valores, da palabra e da cultura. Para camiñar cara a un mundo máis feliz, non nos queda máis remedio que mirar estas crises. Pídolles, por caridade e altura moral, que vostedes non deixen de facelo. Grazas.
![Page 17: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/17.jpg)
FOTOGRAFÍAS DOEVENTO
![Page 18: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/18.jpg)
![Page 19: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/19.jpg)
![Page 20: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/20.jpg)
DOSSIER DEPRENSA
![Page 21: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/21.jpg)
DOSSIER DEPRENSA
![Page 22: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/22.jpg)
![Page 23: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/23.jpg)
DOSSIER DEPRENSA
![Page 24: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/24.jpg)
![Page 25: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/25.jpg)
DOSSIER DEPRENSA
![Page 26: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/26.jpg)
![Page 27: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/27.jpg)
![Page 28: Cuarta Tribuna de Debate Araguaney "O papel dos media na democracia e na crise"](https://reader034.vdocuments.site/reader034/viewer/2022051002/568bd5e91a28ab20349a2cf5/html5/thumbnails/28.jpg)
Santiago de CompostelaHotel Eurostars Araguaney