con motivo da conmemoración do día da muller, as ......con motivo da conmemoración do día da...
TRANSCRIPT
Con motivo da conmemoración do Día da Muller, as
alumnas e as profesoras do IES Enrique Muruais
decidimos facer unha sesión de fotos simulando o
famoso cartaz das traballadoras americanas da fábrica
de camisas do slogan "We Can Do It".
A parte de posar en grupos, colocouse un photocall
para que quen o desexara puidera facer tamén unha
foto individual. Esta é unha mostra.
A MULLER MÁIS IMPORTANTE
DA MIÑA VIDA
Desde Orientación organizouse a actividade “A
muller máis importante da miña vida” na que cada
alumno/a debía, nun folio tamaño A4, poñer unha
foto da muller máis importante da súa vida
explicando a razón desa consideración. Con eses
traballos realizouse unha exposición.
Para ver as restantes imaxes do photocall e das
actividades realizadas con gallo da
conmemoración , podedes acceder á galería.