como facer unha exposición oral
TRANSCRIPT
Como facer unha
exposición oral
Planificación
Contido
Expresión verbal e corporal
Planifica o discurso
• Onde vas falar?
• Para quen?
• Con que motivo?
• De que vas falar?
• Canto durará?
Prepara o tema
• Busca información.
• Selecciona os puntos concretos que
queres desenvolver.
• Realiza un esquema previo do contido.
Emprega recursos de apoio visual
Escritos: fichas notas guións carteis Dixitais: powerpoint prezzi slideshare authorstream ...
Estrutura da exposición
• Introdución
• Desenvolvemento
• Conclusión
Introdución
• Breve
• Concisa
Facer unha pequena presentación persoal, agradecer a presenza
do público, aclarar o tema, comezar cunha anécdota ou
pregunta que desperte o interese dos asistentes.
Desenvolvemento
• Dá a información seguindo unha orde lóxica.
• Revisa a corrección lingüística.
• Emprega un deseño atractivo e claro.
• Non memorices a exposición nin te limites a ler.
Expresión verbal e corporal
• Ensaia a túa exposición tantas veces como sexa
necesario para gañar seguridade e fluidez.
• Practica especialmente o principio e o final.
• Calcula os tempos.
• Procura a empatía co público.
• Mira de fronte ao auditorio.
• Busca unha cara amable á que dirixirte.
• Non leas nin mires ao infinito nin ao chan.
Expresión verbal e corporal
• Fomenta a participación (favorece a
comprensión do tema).
• Intercala anécdotas e curiosidades.
.
Expresión verbal e corporal
• Coida os xestos e a postura.
• Evita moverte demasiado (os movementos das mans, xogar con
papeis ou co bolígrafo denota desconfianza e nerviosismo).
• Prescinde dos “tics”( tocar o pelo, quitar e poñer os lentes, etc).
Expresión verbal e corporal
• Procura manter unha postura cómoda e
relaxada (non metas as mans nos petos nin
sentes na mesa…).
• Evita as muletillas do tipo “ Eh…”, “Non?”,
“ Verdade?”…
Expresión verbal e corporal
• Fala despacio e con claridade.
• O ton de voz non debe ser demasiado alto nin
inaudible.
• Coida a entoación (que non sexa monótona e aburra o
público).
• Usa un vocabulario sinxelo, claro e conciso.
Expresión verbal e corporal
• Evita as repeticións e as palabras imprecisas:
facer, cousa, aquel…
• Sorrí de vez en cando.
• Emprega silencios oportunos.
• Dialoga co público.
Expresión verbal e corporal
• Coida o teu aspecto físico.
• Vai ben vestido e cómodo.
• Chega con antelación á cita e reláxate.
• Adopta unha actitude natural.
Expresión verbal e corporal
Ao rematar a exposición :
• Lembra brevemente o máis importante.
• Aclara as posibles dúbidas.
• Agradece ao público a súa asistencia e a atención
prestada.
Expresión verbal e corporal
Traballo en equipo
• Repartide as tarefas.
• Preparade conxuntamente a exposición.
Departamento de Lingua e Literatura Galega IES de Porto do Son