colexio amor de dios, vigo - colegiosamordedios.es · valerá non só o seu recoñecemento como...

14
COLEXIO AMOR DE DIOS, VIGO HISTORIA DE ESPAÑA, 4º ESO

Upload: vothuy

Post on 08-Dec-2018

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

COLEXIO AMOR DE DIOS, VIGO

HISTORIA DE ESPAÑA, 4º ESO

1

REINADO DE CARLOS IV, 1788 – 1808

Carlos IV comeza o seu reinado intentando continuar o reformismo ilustrada do seu pai, Carlos III;

pero en 1789 estoupa en Francia a revolución, o cal supuxo un cambio na política española: de admirar

a Francia e a Ilustración, agora se consideran un perigo porque se cre que a revolución provocada

polas ideas ilustradas pode chegar a España.

Esto significou que España corta as súas relacións con Francia, pero aínda así a difusión das ideas

ilustradas é imparable, polo que Floridablanca é destituído. Nesta situación Manuel Godoy

convértese en primeiro ministro.

En 1793 o rei Luís XVI é detido intentando fuxir de Francia. Esto supuxo o seu encarceramento e a

súa posterior execución. Ante este ataque á monarquía e á familia Borbón, Godoy decide declararlle

a guerra a Francia, crendo que España non terá dificultades en derrotar a Francia que está pasando

por un momento de inestabilidad derivada da revolución.

Pero Godoy equivocouse: as tropas francesas derrotan ás españolas e de feito incluso atravesan a

fronteira e atacan puntos de Cataluña e País Vasco. Ante isto Godoy debe firmar a paz con Francia.

A partir dese momento as relacións entre Francia e España fanse difíciles. España estará máis

preocupada polas súas relacións con Gran Bretaña, que está a atacar as colonias e intereses españois

en América.

Pero a chegada de Napoleón ao poder en Francia, volve darlle un xiro as relacións franco-españolas.

Napoleón comeza unha campaña de conquistas en Europa, pero hai un país que non pode conquistar:

Gran Bretaña. Por iso Napoleón intenta afundir ao seu rival economicamente ordeando o seu bloqueo:

unha frota de guerra disposta na Canle da Mancha impide as relacións entre GB e o continente

europeo e viceversa. Pero Portugal non respecta ese bloqueo e segue mantendo o comercio con GB.

É por iso que Napoleón necesita a España.

Napoleón consegue de Carlos IV e Godoy a firma do Tratado de Fontainebleau polo cal as tropas

francesas poderían atravesar territorio español para dirixirse a Portugal e poder así conquistalo. A

cambio, España recibiría unha parte de Portugal.

Cando se coñezou dito acordo produciuse un levantamento popular dirixido por algúns membros da

corte, incluído o propio príncipe Fernando, que non se fiaban das intencións de Napoléon. O motín

de Aranjuez provocou a destitución de Godoy e a abdicación de Carlos IV a favor do seu fillo, que

se converte enFernando VII.

Esta situación en España frustra os plans de Napoleón, o que provoca a súa reacción. Napoleón

convoca a Carlos IV e a Fernando VII a Bayonne (Francia), teoricamente para mediar entre ambos,

pero na realidade o que sucedeu foi que obrigou a ambos os dous a abdicar a favor de Xosé Bonaparte,

irmán de Napoleón, que se converteu en rei de España co nome de Xosé I.

2

GUERRA DE INDEPENDENCIA, 1808 – 1814

Ante a invasión francesa prodúcese a división da poboación española en:

AFRANCESADOS: son aqueles que están a favor da invasión porque consideran a presenza francesa

favorable para o desenvolvemento de España.

PATRIOTAS: son aqueles que rexeitan a invasión e se organizaran para intentar evitala.

Os patriotas tentarán frear o avance francés e a invasión organizándose militarmente, é dicir,

decláranlle a guerra ás tropas napoleónicas. Pero é unha loita desigual:

Por unha banda están os franceses, o Exército máis poderoso de Europa.

Polo outro a poboación española, das cidades e dos pobos, sen formación militar, mal

armados, pero decididos a loitar pola súa independencia.

A guerra entre españois e franceses desenvólvese en dous escenarios.

Nas cidades: a poboación, ante a chegada dos franceses, pecha as murallas e prepárase para

resistir. O problema é que se acaban os víveres e a munición, mentres que os franceses están

máis e mellor preparados para manter o asedio así que acaban rompendo as defensas e

tomando a cidade.

Un exemplo da resistencia dunha cidade pode ser Vigo. A cidade foi tomada en febreiro de

1809. Tanto dentro das murallas como fóra das mesmas, foise formando unha resistencia, foise

armando á poboación e finalmente o 28 de marzo os vigueses conseguen romper unha das

portas da cidade, a Porta da Gamboa, entran no recinto amurallado, derrotan aos franceses e

expúlsanos. Vigo foi a primeira cidade europea en librarse do dominio napoleónico, o cal lle

valerá non só o seu recoñecemento como cidade senón o título de “fiel, leal e valerosa”.

outro escenario da guerra contra os franceses era o rural. Moitos campesiños abandonaron as

súas casas e vilas para vivir no monte. Organizaron pequenos grupos armados, guerrillas, que

aproveitando a súa movilidade e coñecemento do terreo lanzaban ataques contra as tropas

francesas. Evidentemente non buscaban o enfrontamento a campo aberto, onde os franceses

eran superiores, senón que facían emboscadas, atacaban pola noite... Non buscaban tanto a

derrota definitiva dos franceses, como causarlles medo, intranquilidade e, sobre todo,

dificultar o seu avance e a súa presenza en España.

Os ataques duns e outros eran despiadados, non había piedade co inimigo e o grao de

crueldade foi tremendo

A pesar da resistencia española e da guerra, a presenza francesa é unha realidade. Así que xorde outro

modo de resistir: a creación de xuntas de defensa.

Nas principais cidades españolas créanse gobernos paralelos ao francés. É dicir: non se recoñece a

Xosé I como rei de España, nin se recoñecen as súas leis e funcionarios, polo que os españois crean

os seus propios gobernos = xuntas de defensa.

O seu labor é: gobernar un territorio, abastecer á poboación e dirixir a loita contra os franceses.

O número de xuntas pronto aumenta e por iso créase a Xunta Suprema Central en Madrid para

coordinalas. Esta Xunta ante o avance francés irase desprazando cara ao sur e así chega a Cádiz.

3

A Xunta Central decide disolverse e dividir o seu poder:

Cinco persoas serán as depositarias do poder executivo.

Deciden convocar aos representantes de todas as xuntas de defensa. Estes reuniranse en Cádiz

e formarán as Cortes, que representan a poboación española e terán o poder lexislativo.

As Cortes están integradas por representantes da poboación española que se opón aos franceses. Pero

diferénciase entre:

- Absolutistas: non queren aos franceses, queren que o rei sexa Fernando VII e queren que este

sexa un rei absolutista.

- Liberais: non queren aos franceses, queren que o rei sexa Fernando VII, pero queren rematar

co absolutismo e dar paso a unha monarquía constitucional, con división de poderes, igualdade

de dereitos e dereito ao voto.

Estes últimos, os liberais, son maioría, de aí que se impoña o seu criterio e se elabore a constitución.

A CONSTITUCIÓN DE 1812

Unha constitución é a lei básica dun estado, a partir da cal se elaboran as demais leis.

A Constitución de 1812 establece:

- España é unha monarquía.

- A orixe do poder do Estado (lexislativo, executivo, xudicial) procede da Nación,

que se entende como o conxunto dos cidadáns.

- Hai división de poderes:

• Lexislativo = Cortes = representantes da Nación elixidos por sufraxio universal

masculino.

• Executivo = Rei e ministros.

• Xudicial = Tribunais de xustiza.

- Os cidadáns teñen unha serie de dereitos como:

• Presunción de inocencia

• Igualdade ante a lei

• Liberdade de pensamento e opinión, .... Excepto en materia relixiosa porque

España ten relixión oficial, a católica, polo que non hai liberdade relixiosa.

- Os cidadáns teñen obrigas:

• Pagar impostos para contribuir aos gastos públicos.

• Defender a Nación a través das milicias populares.

Á vez que as Cortes de Cádiz elaboran a constitución e elaboran leis, os españois seguen loitando

contra os franceses. Nesa loita van contar desde 1812 coa colaboración británica.

Os ingleses chegan a Portugal para liberar o país do dominio napoleónico. Unha vez liberado

Portugal, as tropas británicas entran en España e únense á resistencia española para derrotar aos

franceses e pouco a pouco facelos retroceder e abandonar definitivamente España.

En 1814 as últimas tropas francesas cruzan os Pireneos. Napoleón libera a familia real española e

Fernando VII poderá volver a España para ocupar o trono.

4

REINADO DE FERNANDO VII, 1814 - 1833

En principio Fernando VII non só vai voltar a España, senón que vai aceptar ser un rei constitucional,

esto é, gobernar coa constitución de 1812. Pero na súa viaxe de regreso recibe o apoio dos absolutistas

e cando chega a Madrid decide declarar nulas as Cortes de Cádiz e todo o seu labor, é dicir, anula a

constitución e todas as leis elaboradas polas Cortes.

Deste xeito inaugurase un reinado caracterizado polo regreso ao absolutismo monárquico, pero

ademais o rei tivo que facer fronte a graves problemas:

1- Grave crise económica derivada dos anos de guerra, xa que as actividades económicas e sobre todo

o comercio con América vironse gravemente prexudicadas.

2- As colonias americanas aproveitaran a situación de guerra e a debilidade do poder español para

iniciar os seus intentos de independencia. Nun primeiro momento Fernando VII consegue frear ditos

intentos, pero finalmente non pode evitar que pouco a pouco case todas as colonias españolas en

América se independicen, só se conservarán Cuba, Puerto Rico e Filipinas.

3- Os liberais non aceptan de bo grao a disolución das Cortes e a anulación da constitución. Por iso

comezan a reclamar do rei que recapacite e a recupere. Fernando VII non só se nega a escoitalos,

senón que reaccionará de xeito violento contra os liberais: persecución, encarceramento.

Ante isto os liberais deciden usar tamén a forza dando lugar a PRONUNCIAMENTOS MILITARES.

Un pronunciamento é unha sublevación militar, con apoio civil, que pretende acabar cun modo de

goberno para dar paso a outro. Neste caso queren acabar coa monarquía absolutista e dar paso a unha

monarquía constitucional.

Houbo varios intentos de pronunciamento que fracasan ata que en 1820 o encabezado polo xeneral

Riego triunfa. Riego estaba a fronte das tropas que ían ser enviadas a América a sufocar os intentos

de independencia, pero en lugar diso sublevou ditas tropas. O seu exemplo foi seguido por outros

oficiais noutras cidades españolas e pronto a sublevación extendeuse por toda España.

Fernando VII reaccionou aceptando gobernan novamente coa constitución, dando paso a un periodo

constitucional, o TRIENIO LIBERAL, 1820 – 1823.

Aínda que Fernando VII se compromete a gobernar coa constitución, en realidade o rei pide axuda a

Santa Alianza para que lle axude a recuperar o seu poder absoluto. E así como chega a Eapaña un

exérctio, “Os cen mil fillos de San Luís”, quye derrotan aos liberais e permiten a Fernando VII

regresar ao absolutismo.

O final do seu reinado estivo marcado por un novo problema, o problema da súa sucesión.

5

REINADO DE ISABEL II: 1833 – 1868

Fernando VII só tiña dúas fillas o cal provoca un problema sucesorio xa que en España, como costume

da dinastía Borbón, existía a lei Sálica que impedía as mulleres reinar.

Fernando VII tivo que anular dita lei para deixar como herdeira á súa filla maior, Isabel, que cando o

seu pai morre é ainda unha nenan polo que, de 1833 a 1843, tivo que haber un periodo de rexencia.

Neses anos foron rexentes a raíña nai Mª Cristina e o xeneral Espartero.

A cuestión sucesoria provoca que, sen chegar ainda ao trono, Isabel II teña que defendelo do seu

propio tío, o infante D. Carlos.

A falla dun herdeiro varón facía pensar a D. Carlos, irmá de Fernando VII, que el ía ser o elixido para

sucedelo. Pero ao anularse a lei sálica o trono quedou un mans da súa sobriña Isabel.

Cando Isabel chega ao trono, os partidarios de Carlos sublévanse dando así orixe a un enfrontamento

civil, as Guerras carlistas. En realidade non só se enfrontan dous candidatos, senón tamén dous

modos de entender a monarquía:

- Os carlistas defenden o absolutismo.

- Os isabelinos defenden o liberalismo e, polo tanto, a monarquía constitucional.

Tras anos de loitas intermitentes, os carlistas son derrotados.

SITUACIÓN POLÍTICA DO REINADO DE ISABEL II

O que define politicamente o reinado de Isabel II é a consolidación do Liberalismo.

O Liberalismo é a corrente ideolóxica que defende a existencia dunha constitución na que se recollen

a división de poderes, a igualdade de dereitos e o dereito ao voto. O que sucede en España é que se

van distinguindo dúas tendencias liberais:

- Por un lado están os moderados: representan aos grupos sociais máis poderosos (burguesía

industrial, financieira, …); defenden unha división de poderes na que a raíña teña o poder executivo

pero tamén capacidade lexislativa e o sufraxio censatario.

- Por outra banda están os progresistas: representan ás clases media e defenden a plena división de

poderes e o sufraxio universal (masculino).

Isabel II apoiouse para gobernar no grupo moderado e serán os seus principios políticos os que se

plasman nas constitucións que estiveron vixentes no seu reinado: as constitución de 1837 e a súa

revisión de 1845 { nas que se establece no Título II, artigo 12: “La potestad de hacer las leyes reside

en las Cortes con el Rey”}.

Os progresistas foron afastados do goberno de forma sistemática, o cal provocou que entre eles

medrase o desexo de cambio e a idea que este só se produciría pola forza.

SITUACIÓN ECONÓMICA

Durante o reinado de Isabel II non só se van producir cambios a nivel político, senón tamén cambios

na situación económica española, unha España que se estaba quedando atrás no seu desenvolvemento

económico fronte a outros países europeos. Os aspectos que definen eses cambios son a

desamortización e a industrialización do país.

* Desamortización

Un problema antigo en España era a situación agraria. Como sucedera noutros lugares a propiedade

da terra estaba desigualmente repartida: a maior parte das terras estaban en mans da nobreza, da Igrexa

e tamén dos concellos, que tiñan terras de uso comunal. O problema deriva de que moitas destas

propiedades están sen traballar o que implica que a producción agraria española é escasa, moi por

debaixo das súas posibilidades.

6

Durante o reinado de Isabel II intentarase cambiar dita situación. Dous dos seus ministros porán en

práctica leis de desamortización (Mendizábal e Madoz) coas que se pretende:

- As terras sen traballar serán expropiadas, a cambio de darles unha indemnización aos propietarios.

- Esas terras poranse a venda para aumentar o número de propietarios e que estes aumenten a

producción agraria; ademais o Estado pretende conseguir ingresos, procedentes da venda das terras.

Porén os resultados acadados non foron os esperados xa que:

- A venda de terras por subasta provocou que só os máis ricos puidesen acceder a propiedade das

terras, é dicir, houbo un cambio de mans: agora será a burguesía a que pase a controlar as terras.

- Os campesiños non viron unha mellora da súa situación.

- Os máis perxudicados foron os concellos que perderon as súas terras comunais, co perxuixo que

esto conleva para os seus cidadáns, que recorrían a ditas terras para complementar os seus ingresos,

nelas levaban os animais a pastar, recollían madeira, cazaban, etc.

- O Estado conseguiu menos ingresos dos esperados pola venda das terras.

* Industrialización

A chegada da industria a España foi un feito tardío e, cando chega, faino dunha maneira moi desigual,

concentrándose nunhas poucas áreas e sectores:

- En Cataluña destaca o desenvolvemento da industria textil, baseándose nunha producción artesanal

que xa existía nesta rexión desde moi antigo.

- En Andalucía e nas provincias de Asturias, León e Palencia desenvólvese a minería.

- No País Vasco destaca a industria siderúrxia baseada na transformación do ferro.

Un aspecto clave para o desenvolvemento económico foi a construcción do ferrocarril para servir de

base ao comercio interior, ademais de potenciar a industria do ferro e a minería.

SEXENIO REVOLUCIONARIO: 1868 – 1874

Co paso dos anos a oposición ao goberno da raíña Isabel era cada vez maior e esta oposición

materializouse nun levantamento militar en 1868 que obrigou a raíña a abandonar o país. Desde ese

momento comeza o chamado Sexenio Revolucionario, un periodo de só seis anos pero moi axitado

politicamente.

Nun primeiro momento organízase un goberno provisional que se encarga da elaboración dunha

nova constitución e ademais debe decidir sobre o modo de organizar España.

- A nova constitución promúlgase en 1869 e convertiuse na máis avanzada do século en canto aos

dereitos dos cidadáns, cos que se inicia o texto constitucional.

- Nesta constitución establécese que a forma de goberno será unha monarquía con plena división de

poderes.

A decisión de manter a monarquía obrigou ao goberno a buscar un rei para o trono español. Partíase

da base de que non se quería o regreso de Isabel II nin doutro membro da familia Borbón, é dicir,

tampouco se quería que fose rei o príncipe Alfonso. Por iso os membros do goberno buscaron un

candidato fóra de España e atoparono na persoa de Amadeo de Savoie, que se converterá en rei de

España como Amadeo I (1871- 1873).

Amadeo I tivo que facer fronte a moitas dificultades, a principal era que contaba con moi poucos

apoios, tanto a nivel político como popular, e por iso a súa permanencia no país foi breve. Coa marcha

de Amadeo I de novo reábrese o debate sobre a organización política do país e neste caso optouse

pola solución republicana.

7

Iniciouse asía a I República (febreiro 1873 – xaneiro 1874). Durou só once meses nos que os

republicanos, minoría nas Cortes, tiñan moi difícil gobernar ou sacar adiante calquera lei e ademais

os debates e enfrontamentos entre os propios republicanos foron debilitándoos cada vez máis.

Aproveitando esta situación un grupo de liberais moderados, entre os que se encontraban destacados

oficiais do exército, ponse en contacto co príncipe Alfonso. Conseguen deste o compromiso de voltar

a España e gobernar cunha constitución, á vez que protagonizan un novo levantamento militar que

acaba coa República e restaura no trono de España aos Borbóns.

RESTAURACIÓN BORBÓNICA.

REINADO DE ALFONSO XII: 1875 - 1885

Cánovas del Castillo logra a abdicación de Isabel II no seu fillo Alfonso que acepta un goberno

constitucional mentres o xeneral Martínez Campos proclama a monarquía, restaurando a monarquía

dos Borbóns en España. Os piares da restauración borbónica son:

1- Constitución de 1876: recolle amplos dereitos para os cidadáns, a soberanía compartida entre as

Cortes e o Rei e daba a posibilidade a cambiar o tipo de sufraxio.

2- Alternancia. Para evitar levantamentos militares que cambiasen o goberno e para asegurar que os

dous grupos políticos maioritarios puidesen gobernar, os líderes dos dous partidos: Cánovas

(moderado) e Sagasta (progresista), chegan a un pacto de alternancia para o cal hai que amañar as

eleccións e contar co poder dos caciques.

Durante o reinado de Alfonso XII os principais problemas foron:

· Exclusión dos demais partidos do sistema de alternancia.

· Inicio dos nacionalismos catalán, vasco e galego.

· Auxe do movemento obreiro, tanto do socialismo como do anarquismo.

· Desastre de 1898, que supuxo a perda das últimas colonias: Cuba, Puerto Rico e Filipinas.

REINADO DE ALFONSO XIII: 1885 – 1931

A prematura morte de Alfonso XII, cando o seu fillo e herdeiro ainda non nacera, fixo que a raíña nai

Mª Cristina tivese que asumir a rexencia entre 1885 e 1902. Durante este periodo e ata 1917, cando

xa o rei era efectivamente Alfonso XIII, o sistema de alternancia mantívose agora cos novos líderes

dos principais partidos: Maura (Partido Conservador) e Canalejas (Partido Liberal).

Durante este periodo o problema máis destacado foi a Semana Tráxica de Barcelona (1909). Esta

estivo motivada pola movilización dos reservistas que ían ser enviados a guerra de Marrocos e cuxas

protestas son acaladas violentamente polo exército. Tras este feito rompeuse o pacto de alternancia.

De 1917 a 1923 os problemas agudízanse:

- Crise MILITAR: os oficiais reclaman unha suba dos salarios e piden o ascenso por antigüidade.

- Crise POLÍTICA: os parlamentarios cataláns piden un Estado con autonomías.

- Crise SOCIAL: convócase unha folga xeral (1919) coas que os partidos de esquerda reclaman

melloras para os obreiros.

- Guerra de MARROCOS: España obtén unha parte do territorio de Marrocos, desde ese momento

comeza unha guerra entre España e os habitantes do Rif, que esgota económica e humanamente a

España.

8

Todas estas dificultades intentan solucionarse formando gobernos de concentración, é dicir, nos que

se unen conservadores e liberais, pero a situación agrávase co estoupido da Primeira Guerra Mundial

e coa peor derrota sofrida polo exército en Marrocos, o desastre de Annual (1921).

A situación deriva nun golpe de estado dirixido polo xeneral Primo de Rivera, que derivou nuna

ditadura que se extende de 1923 a 1930 e na que se distinguen dous momentos:

- 1ª fase: 1923 – 1925, constitúese un directorio militar que suspende a constitución, disolve as Cortes,

prohíbe os partidos políticos e reprime o movemento obreiro.

- 2ª fase: 1925 – 1930, o goberno estará en mans dun directorio civil que fomenta a agricultura de

regadío e a industria, mellora as estradas e o ferrocarril pero a crise de 1929 fai que o paro aumente,

así como as protestas dos nacionalistas e do movemento obreiro. Primo de Rivera abandona o poder

en 1930.

O rei Alfonso XIII está nunha situación complicada: a súa figura estaba desprestixiada por non frear

o golpe de estado de Primo de Rivera e permitir a ditadura que, ademais, non serviu para solucionar

a crise existente. Cando se convocan eleccións municipais a principios de 1931 a oposición

republicana é maioritaria nas principais cidades. O rei decide abandonar o trono e o país.

II REPÚBLICA: 1931 – 1936

O 14 de abril de 1931 proclamouse a República. Decidiuse crear un goberno provisional que convoca

eleccións para formar as Cortes. Tras as eleccións, nas Cortes serán maioría os deputados de

esquerdas e encargaranse de elaborar a Constitución de 1931 na que se establece a soberanía

nacional, amplos dereitos aos cidadáns, entre os que destaca o dereito ao voto para homes e mulleres;

se separa a Igrexa do Estado, permite o matrimonio civil e o divorcio e contempla a posibilidade de

acceder a un goberno autonómico para as rexións de España.

O goberno de 1931 a 1933, será un goberno de esquerdas, formado por membros dos partido

republicanos de esquerdas e do PSOE e no que o presidente será Manuel Azaña. Este goberno porá

en marcha unha serie de reformas (bienio reformista) que afectan a:

- O Estado: Cataluña consegue o seu estatuto e goberno autonómico; Galicia, País Vasco e Andalucía

inician os trámites para conseguilo.

- Sociedade: mellóranse as condicións laborais dos obreiros coa xornada de 40 horas semanais e suba

dos salarios.

- Educación: agora a educación será pública, gratuita e laica, é dicir, as ordes relixiosas quedan

afastadas da educación, polo que foi necesario crear escolas de maxisterio para formar aos mestres.

Achégase a cultura ao rural mediante as misións pedagóxicas.

- Exército: inténtase racionalizar o exército reducindo o excesivo número de oficiais á vez que se

intenta que os que permanezan no exército sexan fieis á República. Para isto ofrécese a posibilidade

de retirarse cobrando o soldo íntegro. Moitos oficiais deixan o exército pero algúns permanecen nel

aínda que non aceptan a república.

- Agricultura: preténdese expropiar a cambio dunha indemnización aquelas terras sen explotar ou mal

traballadas para repartilas entre os campesiños. A falta de cartos fixo que o reparto fose moi lento e

esto motivou protestas cada vez máis violentas. A situación máis grave tivo lugar en Casas Viejas: a

Guardia Civil matou a un grupo de obreiros que ocuparan unhas terras. Cando se piden explicacións

polo ocorrido, os mandos da Guardia Civil din que cumprían ordes do presidente Azaña. Este ante a

presión política e popular dimite.

9

Convócanse novas eleccións nas que gañan os partidos de dereitas; comeza así o bienio conservador,

de 1931 a 1936. O presidente será Alejandro Lerroux, á fronte dun goberno no que se unen o Partido

Radical e a C.E.D.A.

A CEDA era un partido minoritario pero que espertaba gran preocupación entre os demais partidos

porque tiña unha ideoloxía próxima ao Fascismo; temíase que a chegada deste partido ao goberno

supuxese a creación dunha ditadura como a de Mussolini ou Hitler, que nesta data xa tiñan acadado

o poder. Ademais este goberno de dereitas paraliza as reformas iniciadas nos anos anteriores. O

malestar vai medrando e desemboca na chamada revolución de outubro de 1934: unha revolución

obreira que foi duramente reprimida polo exército.

A inestabilidade e a violencia foron en aumento así que a principios de 1936 convócanse novamente

eleccións. Unha coalición de partidos de esquerdas, Fronte Popular, gaña pero non ten tempo de

reiniciar as reformas porque o 18 de xullo de 1936 estoupa a guerra.

A GUERRA CIVIL E O FRANQUISMO.

A GUERRA CIVIL ( 1936 – 1939)

Durante o bienio reformista produciuse un aumento da oposición á República e entre algúns oficiais

do exército medrou a idea de alzarse contra o goberno republicano. Estes xenerais contaban co apoio

de certos partidos, como a CEDA, a Falange, os tradicionalistas e incluso algúns monárquicos, e

tamén co apoio de certos sectores sociais como os propietarios agrarios, a alta burguesía e parte da

Igrexa que, coa constitución de 1931 e a reforma educativa, vira reducido o seu poder e vía na

República un perigoso inimigo. Todo este descontento acentuouse tras a volta ao poder dos partidos

de esquerdas co triunfo electoral da Fronte Popular.

O estoupido do conflicto produciuse o 17 de xullo no norte de África e ao día seguinte extendeuse

pola península, deixando España dividida en dúas zonas: a republicana e a sublevada.

Ante o estoupido da guerra e tras as peticións de axuda por parte do goberno republicano, formouse

en Europa un Comité de Non Intervención. Dito Comité foi pouco efectivo xa que Italia e Alemaña

participan activamente no conflicto axudando ao bando sublevado, mentres a URSS envía cartos e

armas ao bando republicano.

O DESENVOLVEMENTO DA GUERRA

O primeiro obxectivo dos sublevados era a toma de Madrid, para iso dirixíronse tropas desde o norte

e desde o sur cara a capital pero foron freadas en Guadalajara e Jarama, o que provocou que o bando

sublevado cambiase de plans concentrando os seus esforzos no norte.

Pouco a pouco as rexións da cornixa cantábrica foron caendo baixo o empuxe das tropas dos

sublevados e a resistencia quedou reducida ao País Vasco. Foi neste momento cando se puxo de

manifesto a importante contribución de Alemaña e Italia na guerra, sobre todo no bombardeo de

Guernica. O ataque sobre este obxectivo civil, sen interés militar, respostou a unha táctica de pánico

entre a poboación civil como medio de minar a moral do inimigo e forzar a súa redición.

O seguinte paso foi intentar dividir o territorio republicano: o exército iniciou un ataque que penetrou

no territorio republicano e separou a zona de Valencia de Cataluña. Para evitalo os republicanos

lanzaron a ofensiva do Ebro, pero esta fracasou e ao final os rebeldes tomaron Cataluña.

Finalmente se lanzou un ataque contra Madrid que tivo que renderse sen poder opoñer resistencia. O

1 de abril de 1939 remata a guerra

10

ACTUACIÓNS POLÍTICAS DURANTE A GUERRA

* Zona republicana. No primeiro momento ao estoupar a guerra o goberno republicano perdou o

control da súa zona e neste momento os distintos partidos e sindicatos faranse co control e organizaran

o territorio que controlan de diversas maneiras. Socialistas, anarquistas, comunistas iniciaron unha

revolución social con colectivización de terras, fábricas o que moitas veces desataba a violencia entre

as propias filas republicanas, debilitando a capacidade republicana para enfrontarse aos rebeldes.

* Zona “nacional” controlada polos sublevados. Nesta zona o exército fíxose co control e dentro do

exército, Franco fíxose co poder político e militar e ademais decretou a unificación de todas as forzas

que o apoiaban nun só partido: Falange Española Tradicionalista e das JONS (Juntas de Ofensiva

Nacional Sindicalista).

Mapa Guerra civil española: 1936 – 1939

11

O RÉXIME DE FRANCO. BASES IDEOLÓXICAS E APOIOS

BASES IDEOLÓXICAS

Os fundamentos ideolóxios de réxime franquista foron:

- Antiliberalismo: rexéitase a pluralidade política e só se permite un partido, a Falange.

- Anticomunismo, xa que o comunismo era considerado o principal inimigo do réxime.

- Nacional-catolicismo: exáltase a patria e a súa unidade, polo que rexeitan as autonomías; de feito

os estatutos catalán e vasco son anulados. Declárase que España é un país católico polo que a Igrexa

recupera o seu papel anterior as reformas republicanas, a cambio a Igrexa lexitima o réxime porque

considera que a guerra loita contra o ateísmo republicano.

- Tradicionalismo. Pretenden recuperarse os valores tradicionais que levaran ao esplendor e auxe a

monarquía hispana, encontrando ditos valores nos séculos XV e XVI, é dicir, a época dos Austrias.

- Militarismo: o exército é o piar do réxime franquista, non só porque é o que lle permite acadar o

poder senón tamén porque o utiliza para mantelo. A participación do exército e dos valores militares

na vida civil é constante.

APOIOS

Os apoios políticos foron o exército, a Falange, parte da Igrexa católica (sobre todo o Opus Dei) e,

nos primeiros momentos, os monárquicos.

En canto as apoios sociais foron terratenentes, financieiros, empresarios e, coa chegada da mellora

económica, xorde unha clase media que aceptará o recorte de liberdades a cambio de certo benestar.

EVOLUCIÓN DO FRANQUISMO

1ª ETAPA: 1939 – 1959

POLÍTICA

Entre 1939 e 1942 puxéronse as bases do goberno totalitario:

- Franco é o xefe do Estado, do goberno e ten o mando do exército.

- Intervén na lexislación. Non hai constitución senón que se elaboran as chamadas Leis

Fundamentais, como por exemplo o Foro do Traballo.

- A única organización permitida ó o Movemento Nacional que engloba ao único partido

permitido, Falange, e ao sindicato vertical creado no Foro do Traballo

A partir de 1942 créase a Democracia orgánica: adivinando a derrota do Fascismo na Segunda Guerra

Mundial, Franco establece organismos democráticos para acadar a aceptación das potencias europeas,

pero na práctica son inoperantes. Destacan:

- Lei de Cortes (1942). As Cortes terán unha función consultiva e aproban leis propostas por

Franco.

- Foro dos Españois (1945). Declaración de dereitos e deberes, pero que podían ser

suspendidos.

- Lei de sucesión (1947). España é un reino pero Franco manterase como xefe do Estado ata a

súa morte e terá dereito a nomear ao seu secesor.

12

OPOSICIÓN

- No interior enfrontáronse ao franquismo os “maquis”, guerrilleiros armados, e grupos clandestinos

de socialistas, comunistas, anarquistas e nacionalistas.

- No exterior a oposición procede dos monárquicos e os republicanos, que incluso chegan a formar

un goberno no exilio presidido por José Giral.

POLÍTICA EXTERIOR

Durante a Segunda Guerra Mundial España declarouse “non belixerante”, pero aínda así colaborou

cos gobernos fascistas, sendo o exemplo máis claro a División Azul: soldados españois que

colaboraron co exército alemán na fronte soviética.

Ao final da guerra Franco retira a División Azul e busca un achegamento cos aliados pero non resultou

e España tras a guerra queda illada internacionalmente: a maioría de embaixadores son retirados e

non se lle permite a entrada na ONU.

A partir de 1950 a situación cambia: no contexto da Guerra Fría, EE.UU. necesitaba España para a

instalación de bases militares. Franco permite a súa instalación a cambio de axuda económica e militar

(1953). O cambio nas relación con EE.UU. non foi o único: firmouse un acordó co Vaticano, España

é admitida na ONU e no Fondo Monetario Internacional.

ECONOMÍA

Durante o periodo comprendido entre 1939 e 1959 a economía española ven caracterizada pola

autarquía (= autoabastecemento) baseada na intervención do Estado na economía, o cal significa:

- Devolve terras aos seus antigos propietarios.

- Contrala a producción e o prezo do trigo.

- Créase o Instituto Nacional da Industria para tratar de impulsar este sector.

- Impúlsanse as obras públicas para dar traballo e modernizar o país.

Porén as consecuencias desta política foron negativas:

- A falla de materias primas, fontes de enerxía e maquinaria impediron o crecemento industrial o cal

deriva nunha escasa producción e moi cara. O mesmo sucede na agricultura, o cal aínda foi máis

grave xa que derivou na escaseza de alimentos que houbo necesidade de racionar.

- Os constantes aumentos de prezos e a aparición dun mercado negro derivaron en protestas sociais,

que o réxime aplacaba violentamente.

2ª ETAPA: 1960 – 1975

POLÍTICA

O sistema político mantén as súas bases aínda que se aproban novas leis como:

- Lei de Prensa (1966) que elimina a censura previa aínda que segue permitindo os secuestros das

publicacións.

- Lei Orgánica do Estado (1967) que separa os cargos de xefe do Estado e presidente do goberno

(primeiro será Carrero Blanco e despois Arias Navarro). Ademais confirma España como un reino e

en 1969 Franco elixe a D. Juan Carlos de Borbón como sucesor.

Os gobernos desta época contaron con menos representantes da Falange a favor dos técnicos –

tecnócratas – procedentes sobre todo do Opus Dei.

13

OPOSICIÓN

Esta medra integrada polos sindicatos UXT e CC.OO.; polos partidos PSOE e PCE, nacionalistas,

estudantes, Igrexa católica e coa recén fundada ETA.

Como actuacións desta oposición destacan o Contubernio de Munchen, no que se esixe a democracia,

así como o aumento do número de folgas, manifestacións e disturbios e os primeiros actos terroristas

levados a cabo por ETA.

A partir de 1974 esa oposición articúlase en torno á Xunta Democrática de España, apoiada polo PCE,

e a Plataforma de converxencia democrática, en torno ao PSOE.

POLÍTICA EXTERIOR

- Petición de ingreso na CEE que, aínda que foi rexeitada, logrou un acordo preferencial de comercio

entre España e os países membros.

- Reclámase ante a ONU a soberanía sobre Xibraltar. A resolución foi favorable a España, pero os

británicos non se retiraron do Peñón e España resposta co peche da fronteira.

- Proceso de descolonización: Guinea Ecuatorial consegue a independencia. Cando España abandona

o Sahara Occidental intenta organizar un referendo para decidir o futuro do territorio, pero o rei de

Marrocos organiza a Marcha Verde que pretende anexiónalo. Para evitar a guerra nos Acordos de

Madrid (1975) o Sahara Occidental repartiuse entre Mauritania e Marrocos. Esta decisión será

combatida polo Frente Polisario. Mauritania renuncia pero Marrocos aínda hoxe segue a presionar

este territorio.

ECONOMÍA

1959: Plan de Estabilización. Este plan consiste na liberalización dos presos, desvalorízase a peseta

e conxélanse os salarios, ademais chega ao seu fin a autarquía.

A economía mellorará grazas a axuda norteamericana e doutros países que invisten en España atraídos

polas facilidades económicas e os baixos salarios; ao que hai que engadir a chegada de divisas

enviadas polos emigrantes. As consecuencias foron:

- Agricultura: máis producción pola introducción de maquinaria, fertilizantes e a extensión do

regadío.

- Industria: diversifica a súa producción cos automóbiles, electrodomésticos e maquinaria.

- O sector terciario medra pola liberalización do comercio e o auxe do turismo.

A economía mellora e España pasa a ser un país industrializado cun mellor nivel de vida, pero hai

que sinalar a súa dependencia dos capitais e tecnoloxía extranxeiros así como os desequilibrios

rexionais.