clarín, a castaña valente

8
A HISTORIA DE CLARÍN , A CASTAÑA VALENTE Clarín era unha castaña que vivía nun fermoso castiñeiro chamado Flipi. Tiña moitas amigas dende que nacera, pero elas só esperaban con ansia o día de caer para que as levaran ao Magosto porque oíran que era a festa máis importante para a familia das castañas. A Clarín isto non lle facía moita graza, ela era unha castaña con ganas de aventura, de coñecer o mundo que había lonxe da súa mamá Flipi xa que levaba toda a súa vida colgando dela e quería sentirse libre, sen ataduras....

Upload: cris-soto

Post on 24-May-2015

54 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Clarín, a castaña valente

A HISTORIA DE CLARÍN , A CASTAÑA VALENTE

Clarín era unha castaña que vivía nun

fermoso castiñeiro chamado Flipi.

Tiña moitas amigas dende que nacera,

pero elas só esperaban con ansia o día de caer

para que as levaran ao Magosto porque oíran

que era a festa máis importante para a familia

das castañas.

A Clarín isto non lle facía moita graza, ela era

unha castaña con ganas de aventura, de

coñecer o mundo que había lonxe da súa

mamá Flipi xa que levaba toda a súa vida

colgando dela e quería sentirse libre, sen

ataduras....

Page 2: Clarín, a castaña valente

Un día, o seu ourizo caeu, mais non abriu

e Clarín agarrouse forte a el e empuxando

fíxoo rodar souto abaixo.

Finalmente foi parar a un río, un

estanque ,un lago ou algo semellante

(decatouse porque notou o cú mollado e iso

nunca lle pasara cando chovía nos brazos da

súa mamá , onde o único que mollaba era a

cabeza)

Clarín seguiu a moverse en mollado ata que

notou un golpe que tiraba polo seu ourizo cara

arriba facendo que se movera coma dentro

dun tornado.....tiña medo...que estaría a

pasar?

O seu ourizo abriuse de súpeto e fronte os

seus ollos veu a cara dun home que levaba na

súa man unha cana de pescar. Asustouse

Page 3: Clarín, a castaña valente

tanto que saltou contra el con tanta forza que

case lle rompe o nariz.

Escapou correndo e foi dar a unha estrada ,

pero estaba a facerse noitiña e sentiuse tan

canso que decidiu buscar unha folla para

agocharse a durmir.

Cando espertou decatouse de que o lugar

onde estaba tiña un cheiro raro (como a mal

alento), estaba húmido , escuro e arrodeado

por algo que parecían dentes pero moi

grandes......ou érano?

Eran dentes ! E tamén unha lingua

xigantesca !

De novo , o medo fíxoa actuar . Agarrou

aquela lingua o máis forte que puido ata

mancar ao animal e a boca abriuse

rápidamente , salindo disparada Clarín.

Page 4: Clarín, a castaña valente

Estivera na boca do lobo! E hala, a correr de

novo!

Como aínda estaba preto da estrada,

seguiu a camiñar por ela e, por sorte, atopou

un coche de policía que patrullaba por alí.

Contoulle o que lle pasara ao oficial e el

achegouno ao lugar máis próximo .

Aquel lugar era precioso e cheo de vida ,

chamábase “Mondoñedo”.

Percorrendo as súas máxicas rúas pareceulle

ter pasado por anos e anos de historia.

Pero , había algo máis máxico do

normal....nun recuncho cheo de xente

observando , pareceulle ver uns coches moi

diferentes aos que ela levaba visto ata o

momento, levados por cabalos e conducidos

por persoas vestidas de forma peculiar,

Page 5: Clarín, a castaña valente

cargando con armas e con bandeiras. Tamén

os vía repetir o mesmo unha e outra vez

despois de que alguén cun taboleiro cheo de

garabatos na man dicía “acción!”

Achegouse a aquel grupo a preguntar porque

facían aquelas cousas tan raras e

contestáronlle que estaban a rodar unha

película de indios e vaqueiros. Caeulles tan

ben Clarín que lle propuxeron participar nela e

aceptou sen dubidalo. Encantoulle a

experiencia e acompañounos aló onde ían.

A estrea da película fíxose no CEIP Álvaro

Cunqueiro Mora e aos nenos de 2º de Primaria

gustoulles tanto Clarín que se fixeron un lote

de fotos con el.

Page 6: Clarín, a castaña valente

Saíron xuntos ao patio no recreo e alí, no

souto do cole, coñeceu a unha castaña moi

simpática e guapísima chamada Pepe.

Fixéronse inseparables, acabaron a Primaria

na escola onde se coñeceran e seguiron os

seus estudios no IES San Rosendo.

Pedíronlle permiso a Rafa do cole para poder

facer unha casiña no souto onde se viron por

primeira vez, e alí fixeron a súa vida como

mestres das novas castañitas.

Sendo tan felices, decidiron que xa era

hora de ter descendencia e tiveron unha

castañita preciosa á que chamaron Flipi, en

honra da mamá de Clarín.

E colorín colorada, esta historia de Clarín

está rematada.

Page 7: Clarín, a castaña valente