ceibe 2009
DESCRIPTION
Revista Escolar do CEIP A LamaTRANSCRIPT
Revista Escolar do Ceip “A Lama” ‐ ANO XXIII ‐ Nº 24
Inma ‐ 2º
Álbum de fotos
Álbum de fotos
Rebelión no abelleiro - 5 anos
A abella Maya - 3 e 4 anos Carola - 1º de primaria
Se fósemos unha orquestra - 2º de primaria
ALBUM FOTOS AO REDOR DO OUTONO, SAMAÍN E MAGOSTO [páxina 5]
Fotos dos murais, decoración do escenario, concurso de contos, debuxos de medo e cabazas...
O PAIS DOS PEQUENOS [páxina 8]
Gravación no Plató 1000, en Santiago, do programa que logo se emitiu na TVG.
NADAL [páxina 10]
Día da festa: visita dos Reis Magos, Papá Noel, animación dos trasnos... Cantamos panxoliñas Decoración dos corredores e postais Prensa
UMM! QUE RICO! [páxina 12]
Fotos do proxecto de Educación Infantil
DÍA DA PAZ [páxina 13]
Mural do patio realizado cos maiores Lectura dos dereitos humanos, canción e mural grupal Mural dos pequenos coas pombas das familias Mural de relixión
ENTROIDO [páxina 14]
Fotos de como se fixo e saía polo pobo.
UMM! PEIXE [páxina 18]
Obradoiro cos alumnos/as de 3º e fotos da comida do “Programa para o consumo de peixe”.
DÍA DA MULLER TRABALLADORA [páxina 19]
Dramatización e sensibilización por parte do grupo de danza e teatro. Folleto informativo da festividade para as familias.
CONCURSO DO ESPANTALLO [páxina 20]
Fotos da súa confección
LETRAS GALEGAS [páxina 21]
Mural e traballo da aula de 1º
EDUCACIÓN MEDIOAMBIENTAL [páxina 24]
Voz Natura: día da árbore (plantación na área de Racelo, colocación de niños, nomeamento de árbores), visita á área de helitransportados do Campiño e saída a Diverciencia.
Prensa: Artigo na prensa Charla: “Do campo a escola” Reciclamos: “Os contedores do cole”, “Selección de residuos cos nenos de 5º”
SUMARIO
BIBLIOTECA [páxina 30]
Cambios: o antes e o despois (os nenos pintando os estantes, o expurgo, as cortinas...) Normas básicas do funcionamento: circular informativa para as familias e carné. Concurso para a mascota. Día do libro: fotos do mural da mascota, regalos para os lectores, libro de honra e pistas polos corredores. Visita dos ilustradores e creadores: Mau e Pin, e Anxo Fariñas. Voluntarios da biblioteca: fotos, funcións e conta‐contos.
AXENDA ESCOLAR [páxina 33]
Creación da mesma, aspectos máis relevantes e funcionamento.
PROGRAMA DE SAÚDE NA ESCOLA [páxina 33]
Fin da actividade, proposta de actividades e conclusións
OBRADOIROS DO MEDIODÍA [páxina 34]
Danza e teatro Torneos deportivos Ciclos de cine Psicomotricidade infantil
SAÍDAS DE FIN DE CURSO [páxina 35]
Cantabria e arredores Illas Cíes
TEATRO e MÚSICA [páxina 38]
Ed. Infantil: “ El gran traje” 1º ciclo: “Lío na granxa” 2º ciclo: “Gaiteiros da Xistra” e “Os músicos de Bremen” 3º ciclo: “As formas na música” e “Marco polo”
EDUCACIÓN EN VALORES [páxina 39]
Charlas e talleres por parte da Psicóloga do concello.
SAÍMOS NO XORNAL [páxina 40]
Recortes de prensa
CHITES E PASATEMPOS [páxina 42]
Sopa de letras Xerográficos Adiviñas Chistes
‐ 5 ‐
AO
RED
OR D
O O
UTO
NO
, SA
MAÍN
E O
MAGO
STO
A primeira conmemora‐ción do curso sempre é o Ma‐gosto. Dende hai uns anos ta‐mén se festexa o Samaín (festa de raíces Celtas).
A meirande parte da rapa‐zada trouxo as cabazas e cestas que prepararon na casa coa axu‐da das familias.
Os murais que engalana‐ron os corredores foron confec‐cionados polos nenos e nenas de Infantil, 1º ciclo e 2º ciclo, que os deixaron ben fermosos.
Os concursos de “Contos e Debuxos de Medo”, e o de
“Cabazas e Cestas”, completaron a programación deste acontecemen‐to.
As nais da ANPA asaron as castañas que puidemos degustar pola tarde. Algún “esqueceuse” de traelas picadas e os estoupidos pui‐déronse escoitar na praza da vila. A xornada completouse cuns Xogos Populares, para grandes e pequenos, repartidos entre o pavi‐llón e o patio interior: “lanzamento de zapatillas para achegarse á casta‐ña”, “castañacesto”, “castañanca”, “a castaña e a ra”...
‐ 6 ‐
AO
RED
OR D
O O
UTO
NO
, SA
MAÍN
E O
MAGO
STO
‐ 7 ‐
‐ 8 ‐
O P
AÍS
DO
S PE
QUEN
OS
O 19 de novembro fomos partici‐par no programa de televisión “O país dos pequenos”.
A verdade é que a experiencia foi
moi interesante. Previamente, viñe‐ran os da produtora para rodar as nosas opinións sobre temas diversos: a crise, as hipotecas, as tarefas do fogar…
Unha vez alí tivemos que esperar a
que remataran de gravar o programa anterior. Invitáronos a merendar (aínda que iso si que non estivo moi ben organizado). Logo de esperar un rato largo, por fin nos foron pasando ao interior do estudio.
Mentres, os nosos compañeiros
Abel e Ángel preparábanse para parti‐
cipar máis directamente no programa. Sentados ao carón da presentadora Belén Regueira, axudáronlle a dar paso as distintas seccións, e a lle facer a entrevista aos convidados Quique Morales e Sonia López, que estiveron moi simpáticos con todos nós.
Quique ensinounos un truco para dobrar camisetas moi rápido, e Sonia contounos como fai para compaxinar as súas profesións de modelo e pre‐sentadora.
Ao marcharen agasalláronnos cu‐
nha mochila e unha camiseta co logo do programa, que daquela se chama‐ba “O país dos ananos”.
A experiencia pagou a pena, xa que
aínda que regresamos moi tarde, pa‐sámolo en grande.
‐ 9 ‐
‐ 10 ‐
O N
ADAL
Que ben o pasamos en Nadal! A mañá xa prometía, porque “Os trasnos maquineros” encargáronse de divertirnos moito coas súas cancións e
xogos. Máis dun mestre volveu á súa infancia e pasouno de medo. Tivemos dúas ilustres visitas. A primeira, pola mañá, foi a de Papá Noel que nos trouxo un saco cheo de carame‐
los. Polo serán chegaron os Reis Magos montando os seus esplendorosos corceis.Cantos xoguetes repartiron! Encargáronse de recibilos os nenos e nenas de infantil e 1º ciclo. Unha vez sentados nos seus tronos, cantámos‐
lles unhas panxoliñas: “Los reyes en camión”, “Peina el cabello al camello”, “Bo Nadal”… Víaselles moi ledos de poder estar entre nós e ata deixaron que nos fixeramos fotos con eles.
‐ 11 ‐
‐ 12 ‐
UM
M! Q
UE
RIC
O!
Os cativos de infantil quixemos facer un pro‐xecto novo este ano. Queríamos aprender a comer san , aprender a
usar os aparellos,coñecer receitas novas… e ade‐mais buscar un vínculo coas familias. Así foi como naceu este proxecto; recollemos
receitas das familias, clasificámolas por estacións do ano, incluso probamos algunhas… umm! Que rico! Toda unha experiencia que de seguro repetire‐
mos.
‐ 13 ‐
DÍA
DA P
AZ
Tódolos anos, polo 30 de xaneiro, conmemórase o Día da Paz.
Xa hai moitos anos dende que se es‐
colleu esta data por coincidir co pasa‐mento dun grande activista en prol dos dereitos humanos, Mahatma Gandhi.
Este político indio caracterizou as sú‐
as protestas polo emprego da NON VIO‐LENCIA, que consistía en facer as súas demandas do xeito máis pacífico que puidese.
Fixemos un gran mural no patio do
maiores, que podedes ver na foto da dereita, e outros, un chisco máis peque‐nos, nos corredores.
O acto central consistiu na lectura da
Declaración Universal dos Dereitos Hu‐manos, por 30 nenos do colexio.
Tamén se fixo un mural coas pegadas
das nosas mans e cantamos a canción do cantautor arxentino Diego Torres, Color Esperanza.
O motivo de ler a Declaración dos Dereitos Huma‐nos foi que se cumprían 60 anos dende a súa redac‐ción e aprobación pola Asemblea Xeral das Nación Unidas.
Xa vedes que o asunto era ben importante!
‐ 14 ‐
O E
NTR
OID
O
Non se pode negar que O Entroido foi colorido este ano. Para o desfile da mañá, as nenas disfrazáronse de flores e os nenos
foron de xardineiros. A nosa volta pola vila foi ben longa, e precisamos dunha carreta para
poder traer a morea de lambetadas coas que nos agasallaron. Na praza paramos uns intres e aproveitamos para lle poñer ritmo ao
Entroido. A falta da megafonía “oficial” empregamos un radiocasete que cada pouco quedaba sen pilas.
Aínda así, as nosas gañas de troula fixeron as delicias de tódolos curio‐
sos que se achegaron a vernos.
‐ 15 ‐
‐ 16 ‐
Os máis novos entre “os novos” reparti‐ron, seguindo a tradición, as filloas do En‐troido ante a sorpresa de tódolos cativos que non pararon de rir en días.
Esperamos que en vindeiras edicións non
se perda este costume tan arraigado no cole.
En verdade que o fixeron ben. Que esti‐
lo! Que malabares! Que xeito! Ou deberia‐mos dicir?
Que pinta!
Na instantánea de abaixo podemos ver as nosas “profes” lucindo os disfraces que prepararon para a tarde.
Non sabiamos de que ían; elas dicían que de Lego. Nunca o saberemos, pero estaban ben simpáticas. Na páxina seguinte podemos ver a selección dos me‐
llores traxes que se miraron no baile da tarde.
‐ 17 ‐
‐ 18 ‐
UM
MM
! PE
IXE
Coma outros anos, a Xunta de Galicia e o Fon‐do Europeo trouxo ao colexio a campaña de fo‐mento de consumo de pescado: Umm! Peixe.
Váinolo contar Yoel, alumno de 3º.
“O venres, 27 de Febreiro a miña clase e máis eu tivemos un Obra-doiro de peixe. Durante dúas horas explicáronos moitas cousas como: Por que é bo comer peixe? Ensiná-ronos o emprego da pa do peixe pa-ra quitarlle as espiñas, falamos de diferentes receitas a base de peixe e para finalizar fixemos varios xo-gos.
Aprendemos moitas cousas e pa-
sámolo moi ben, e sobre todo saí-mos no telexornal do mediodía da TVG dese día.”
‐ 19 ‐
DÍA
DA M
ULL
ER T
RABALL
ADO
RA
O 8 de marzo conmemoramos o Día da Muller Traballadora.
Estiveron fermosísimas as core‐
ografías que prepararon os alum‐nos e alumnas do Taller de Danza e Teatro, para as que empregaron materiais audiovisuais que estive‐ron de fondo.
Ademais, ao concluír traballa‐
mos cunhas fichas, que nos tiñan preparados os nosos profes.
Coidamos que é bo que nos
sensibilicemos dende pequenos na igualdade entre o home e a muller nos dereitos como traballadores.
‐ 20 ‐
O E
SPAN
TALL
O
Por primeira vez, este ano, celebrouse un concurso de espan‐tallos no noso concello.
Como non, o cole de A Lama
non ía quedar sen participar. Entre todos fixemos este gran
corvo que vos queremos amosar. Os pequenos modelaron con
plastilina os “corviños”, os maio‐res axudaron a colocar o carrasco, e pouco a pouco os materiais de refugallo convertéronse neste espantallo.
‐ 21 ‐
AS
LETR
AS
GALE
GAS
O día 17 de maio, conme‐mórase o Día das Letras Ga‐legas, que cada ano está de‐dicado a unha personalida‐de.
En 2009 tocoulle a quen‐
da a Ramón Piñeiro, escritor nacido en Láncara (Lugo) en 1915 e que finou en 1990 en Santiago de Compostela.
Entre outras cousas im‐
portantes fundou a Editorial Galaxia, e foi membro da Real Academia Galega.
En 1983 converteuse no
primeiro presidente do Con‐sello da Cultura Galega.
Publicou numerosos li‐
bros na nosa lingua, sobre todo de Filosofía e traduciu obras doutros autores ao galego.
Nós quixemos lembralo
con estes traballos de aula que realizaron os nenos de 2º de primaria, e dedicándo‐lle o Festival de Fin de Curso.
‐ 22 ‐
Álbum de fotos
Álbum de fotos
Rin sen rin
Loucuras sobre panos
Grupo Obradoiro de Danza e Teatro
Son un truán
‐ 23 ‐
Alumnos de 6º de Primaria ‐ 2007/2008
Aqueles marabillosos anos...Aqueles marabillosos anos...
‐ 24 ‐
EDUCA
CIÓ
N M
EDIO
AM
BIE
NTA
L
Coma en anos anteriores, e dentro do proxecto Voz Na‐tura, tornamos á Área Recreativa de Racelo para plantar dis‐tintas especies de árbores, nomear as especies existentes e colgar as casetas para os paxaros que os alumnos de 5º e 6º estiveran pintando.
Previamente visitamos o punto limpo do Concello, onde
nos explicaron en que consiste o seu traballo. Tamén repasamos a regra das tres erres que nos permite
coidar do Medio Ambiente: reducir, reempregar e reciclar. O clima non nos puido axudar máis. Luciu o sol, pero sen
facer moita calor.
A senda que percorremos, a carón do
río Verduxo, quedóusenos curta. Ao che‐garen á praia fluvial puidemos gozar dunha marabillosa comida campestre preparada polas nosas cociñeiras Lourdes e Lela. Que ricos “bocatas”!
Os máis pequenos pasárono en grande
xogando coa area, e os maiores troulean‐do por alí.
‐ 25 ‐
‐ 26 ‐
EDUCA
CIÓ
N M
EDIO
AM
BIE
NTA
L -
Div
ercien
cia
Nestas páxinas querémosvos amosar dúas saídas moi interesantes que tivemos no eido medioambiental.
A primeira, á Base da Brigada Helitrans‐
portada do Campiño, Pontevedra, na que puidemos estar moi preto do helicóptero de extinción de incendios.
A segunda, á finca de Montero Ríos en
Pontevedra, para participar nos obradoiros de Diverciencia 2008, dentro da Semana da Ciencia.
‐ 27 ‐
EDUCA
CIÓ
N M
EDIO
AM
BIE
NTA
L -
Bom
beiros
Hel
itra
nspo
rtad
os
‐ 28 ‐
EDUCA
CIÓ
N M
EDIO
AM
BIE
NTA
L -
Do
cam
po á
esc
ola
Nesta ocasión, a Deputación de Pontevedra achegounos ate o colexio unha charla moi inte‐resante.
O naturalista Federico de la Peña trouxo o
seu saber, xunto con distintas especies vexetais e animais da man do proxecto “Do campo á Es‐cola”.
Nela tentou desmontar certos mitos que
aínda perduran sobre algúns animais coma o sapo, e explicou outras cousas moi interesantes dos nosos vexetais autóctonos.
De seguro que estaremos encantados de
recibilo en vindeiras edicións, para que nos poi‐da presentar ao seu ourizo Adriana, que desta volta estaba invernando.
‐ 29 ‐
EDUCA
CIÓ
N M
EDIO
AM
BIE
NTA
L -
Sepa
ram
os b
en o
lixo
‐ 30 ‐
BIB
LIO
TECA
ESC
OLA
R
O colexio leva xa uns cantos anos traballando na Di‐namización da Biblioteca Escolar.
Este ano os nosos esforzos estiveron encamiñados
cara a adecuación e modernización da súa xestión. Co‐mezouse cun expurgo dos fondos, que nos levou a reti‐rar un número importante de documentos que non eran axeitados, ben sexa polo seu estado de conservación ou por tratarse de libros máis apropiados para outras ida‐des.
Tamén se reorganizaron os fondos seguindo a Clasifi‐
cación Decimal Universal, que os agrupa por materias. Comezouse a xestión dos fondos co Proxecto Meiga,
que nos permitiu informatizar xa 1700 documentos do noso catálogo, ademais de axilizar o empréstito co lector de código de barras e o carné de lector.
Os “profes” mercaron unhas alfombras e uns coxíns
para nos facer un Recanto de Lectura Informal. Que có‐modos estamos mentres os maiores fan de contacontos!
O cambio que quixemos dar foi tan grande que tivemos que botar unha man entre todos.
Uns pintamos os novos estantes, outros fixe‐
ron unhas cortinas moi fermosas, coas letras do abecedario, outros forraron as mesas con co‐res… o resultado téndelo na páxina seguinte.
Axiña nos demos conta de que o espazo nos
quedaba moi pequeno, e os “profes” xa están maquinando para facer unha mudanza para o vindeiro ano. Quérennos poñer ordenadores para consultar, sección de vídeo e música, apa‐
‐ 31 ‐
rellos para poder ver documentais. Xa andamos un pouco nerviosos! Este ano ampliouse o horario de apertura: cos titores podemos ir en calque‐
ra momento, e para os empréstitos e devolucións empregamos os recreos. Sempre hai un mestre encargado, e tamén están os voluntarios que nos axu‐
dan a atopar os libros que queremos ou a manter o silencio que se precisa. Este ano esquecinme de devolver un libro e Leo mandoume unha carta a
casa!
Ola! Chámome Leo, e
son o rato da biblioteca.
Os nenos escolléronme
como mascota.
‐ 32 ‐
BIB
LIO
TECA
ESC
OLA
R
Dentro das actividades de Animación á Lectura, recibimos a visita duns persoeiros moi ilustres: Mau e Pin, crea‐dores de Mariquiña a carteira andoriña; e Anxo Fariña, creador de numerosos personaxes de ficción e escritor. Ademais das fotos podemos ver a visión dos nosos compañeiros de Infantil Iago e Romina destes dous encontros
cos ilustradores e escritores. Quedáronnos no cole os debuxos e dedicatorias no “libro de honra da biblioteca”, cos que nos agasallaron.
‐ 33 ‐
AXEN
DA E
SCO
LAR -
PRO
GRAM
A D
E SA
ÚDE
NA E
SCO
LA
Este ano comezamos cunha nova proposta para mello‐rar a comunicación entre os pais e o profesorado, así co‐mo darlle recurso de organización aos nenos.
A comezos de curso repartíuselles aos alumnos de pri‐
maria unha Axenda Escolar que, entre outras cousas, tra‐ia: o organigrama do colexio, o calendario escolar, o hora‐rio, datos de interese; normas, dereitos e deberes da co‐munidade escolar; os obxectivos mínimos, p´xinas web educativas…
Como se valorou moi positivamente o seu emprego
pensamos que sería bo continuar con ela en vindeiros anos. Iso si, isto requirirá que dende as casas vos involu‐credes un pouquiño máis, xa que ás veces as notas non viñan firmadas ou os rapaces “esquecían” metelas nas mochilas.
Tamén sería bo que achegarades suxestións cara o vin‐
deiro curso e así mellorar xuntos esta proposta.
Con motivo da chegada ao centro do material didáctico: “Programa de saúde na escola e prevención do consumo de drogas”,o claustro decidiu levalo a cabo cos alumnos, xa que pensamos que a solución a esta problemática está na pre‐vención en idades temperás.
A orientadora do centro elaborou un horario ao longo
dun mes no que traballou os diferentes aspectos do que en‐tendemos por unha vida saudable, así como ensinar a ser persoas, ensinar a pensar, aprender a aprender… en definiti‐va: crear consumidores críticos e conscientes da importancia destes aspectos.
Non só se quedou nun traballo no centro, se non que
alongámolo ao entorno familiar xa que os nenos levaron material informativo para as súas casas.
‐ 34 ‐
OBRADO
IRO
S DO
MED
IODÍA
Os nosos mestres quixeron facer do tempo de recreo do medio‐día un espazo onde facer diferentes actividades que realmente nos gus‐tan.
Primeiro pasaron unha enquisa
para saber que cousas nos queria‐mos aprender.
Entre todas elas xurdiron as
seguintes: teatro e danza, ludoteca, ciclos de cine, deportes e psicomotri‐cidade infantil.
Foi moi divertido aprender
xogando!
‐ 35 ‐
SAÍD
AS
DE
FIN
DE
CURSO
- Il
las
Cíes
Por fin chegou a parte boa de todo isto! Este ano, como excursión de fin de curso todo o cole fomos as Illas Cíes, un lugar pa‐radisíaco que fixo gozar a grandes e peque‐nos dun día inesquecible.
A viaxe foi longa pero mereceu a pena. Saímos en autobús dende A Lama cara a estación de trens de Pontevedra, xa que o tren era o noso medio de trasporte ata Vi‐go, onde collemos un barco que nos levou as illas.
Mellor podédelo ver vós mesmos no có‐
mic que Paola, unha nena de 4 anos, xunto cunhas fotos dese día.
‐ 36 ‐
SAÍD
AS
DE
FIN
DE
CURSO
- C
anta
bria
Un día nós, os nenos/as de 5º e 6º, fomos de excur‐sión de fin de curso a Cantabria. Collemos o autobús cara Lugo, para ver a praia das catedrais.
Montamos de novo no autobús e o condutor, Mano‐lo, levounos a Xixón. Fomos a comer patacas fritidas e hamburguesas, no M´c Donals.
Cando saímos de comer aproveitamos para coñecer Xixón, e alí as mestras mercaron xeados para todos, e estaban deliciosos!
Tras dar unhas voltas por Xixón foron ata Comillas e viron a Universidade Pontificia e o Castelo Sobrellano. Lugares preciosos e moi ben coidados.
Xa chegaba a hora de ir cara ó albergue para deixar tódalas cousas e máis ir descansando un pouco.
Como foi chegando á hora da cea fomos a un restau‐rante que se chamaba “Paraíso” onde a comida estaba boísima e a xente era moi amable.
‐ 37 ‐
Ó día seguinte foron ó Parque da Natureza de Cabár‐ceno. Puidemos ver moitos animais: tigres, osos, ce‐bras... eran todos moi, moi bonitos, sobre todo o es‐pectáculo dos leóns mariños.
Xa pasaron os tres días e había que regresar a casa. To‐dos fixemos a maleta e volvemos ao autobús, pero aínda quedaban un par de visitas que fariamos de camiño A Lama. Paramos nas Covas do Soplao onde nos abraiaron
Cando chegamos A Lama, moi cansos, custounos moito despedirnos dos amigos da Reigosa que viñeron con nós. A verdade e que foi unha excursión xenial onde fixemos novas amizades e incluso algúns atoparon mo‐zo!!!
Esta foi a nosa curta e intensa viaxe. FIN.
Este é o cómic que fixe‐ron os alumnos de 5º de pri‐maria do cole, que viviron deste xeito tan particular a súa excursión de fin de curso. Semella que foi unha excur‐sión moi divertida e que de seguro algún día repetiremos.
‐ 38 ‐
TEATR
O E
MÚSI
CA
Como tódolos anos o cole persegue achegar aos nenos o teatro e a música o máximo posible, xa que as posibilidades educativas destes recursos son infinitas, ademais de aportar aos alumnos viven‐cias novas e divertidas onde medran creativa e culturalmente.
Os pequerrechos de infantil foron
ver “El gran traje”, os do 1º ciclo riron do lindo coa obra “Lío na granxa”, os rapaces de 2º ciclo viron dúas dramati‐zacións “Gaitiros da Xistra” e “Os músi‐cos de Bremen”, e por último os maio‐res do 3º ciclo “As formas na música” e “Marco Polo”.
‐ 39 ‐
EDUCA
CIÓ
N E
N V
ALO
RES
- C
harlas
e o
brad
oiro
s
Dende o Concello de A Lama ofrecéron‐nos a comezos de cursos unhas charlas moi interesantes.
Os obradoiros foron guiados por Galiza,
psicóloga, que traballou con nós para que aprenderamos distintos valores como: coe‐ducación, educación para o consumidor, educación para a paz, educación para a saú‐de, interculturalidade…
A través de xogos simbólicos, cantigas,
fichas, audiovisuais... aprendemos a convi‐vir, respectar e valorar os piares fundamen‐tais da sociedade na que vivimos.
‐ 40 ‐
SAÍM
OS
NO
XO
RN
AL
‐ 41 ‐
CAL É O BICHO QUE TEN AS PA-TAS NA TÚA CA-
BEZA???
CAL É O ANIMAL QUE TEN O RA-BO ENROLA-
‐ 42 ‐
C Z A N E I H G A T O
B A L E A V U R O R S
U X N F O A M P E R O
R I T S A C A B A L O
R R I T O A N B T A V
O A G F I N O R I M E
L F R M A G A N U J U
Y A E A R U H N L O U
T E F P O R C O O A A
C A L A M O N O C E M
A O G A F R A C N O L
SOPA DE LETRAS: Busca 15 nomes de animais mamíferos
CHIS
TES
E PA
SATE
MPO
S -
alum
nos
de 5
º
PI +
QUEN PROVOCOU O INCENDIO?
XEROGRÁFICOS
QUE É DE COR MARRÓN?
+ RO ADIVIÑAS E CHISTES
Que cousa leva a túa nai dian-te que ti levas detrás???
Como se chaman os cabalos de Drácula? …Pura Sangue O mosquito pregúntalle a súa nai se pode ir ó teatro, e a súa nai dille: si, pero ten coidado cos aplausos!!!! Carliños pregúntalle a Pepe: ‐ Por que tes un cartel que di “COIDADO CO CAN”, se o teu can é pequeño e non pode nin abrir a boca? ‐ Porque non te imaxinas a de xente que o pisa por non velo.
Álbum de fotosÁlbum de fotos
In the jungle - 4º de primaria
Rap da pulga - 3º de primaria
As olimpíadas da A Lama - 5º de primaria
A xoguetería - 6º de primaria
Subvencionada por:
A revista escolar “Ce
ibe” está ed
itada
polo Eq
uipo
de Normalización Lingüística do
CEIP A LAMA e sub
venciónase cos fo
ndos recibidos da Secretaría Xeral de
Normalización Lingüística de
ntro do Plan
de Fomen
to do uso do
Galego.
Biblioteca do centro 2008/2009