catálogo de exposicións

63
Catálogo de exposicións I MPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO Rúa Barcelona, nº86, CP.36211. Vigo (Pontevedra) Tlf: 886111911 www.implicadas.com/[email protected]

Upload: implicadas-no-desenvolvemento

Post on 11-Mar-2016

221 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Este catálogo ten por obxectivo amosar as diferentes exposicións coas que conta IMPLICADAS, co gallo de achegalas á cidadanía para que esta coñeza o noso traballo e se sensibilice nas desigualdades Norte-Sur e de xénero.

TRANSCRIPT

Page 1: Catálogo de Exposicións

Catálogo de exposicións

I

MPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO

Rúa Barcelona, nº86, CP.36211. Vigo (Pontevedra) Tlf: 886111911 www.implicadas.com/[email protected]

Page 2: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

2

- Implicadas no Desenvolvemento, presentación 3

- Exposicións 5

“A miña luzada iluminaranos a todas” 5

“Os meus ollos, as túas mans” Edición II (EN VENDA) 18

“Os meus ollos, as túas mans” Edición I (EN VENDA) 28

“O son das buguinas” 37

“Auga para Etiopía” 45

“Maquila Boutique” 54

Page 3: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

3

IMPLICADAS NO DESENVOLVEMENTO

¿QUEN SOMOS?

Implicadas/os No Desenvolvemento nace como iniciativa a finais do ano 97

cando un grupo de persoas sensibilizadas co desenvolvemento en xeral e coa India en

particular deciden xuntalos seus esforzos nunha Organización non Gobernamental. En

abril do ano 1998 constitúese en asociación, e en agosto dese mesmo ano como

Organización non Gobernamental de Axuda ó Desenvolvemento.

Como calquera asociación, Implicadas/os No Desenvolvemento conta cunha

serie de obxectivos e modos de traballo que lle son propios e que a continuación

expoñeremos.

OS NOSOS OBXECTIVOS

Implicadas/os no Desenvolvemento é unha Organización Non Gobernamental

(ONG) de desenvolvemento apartidaria e aconfesional que actúa en Galicia con dous

obxectivos principais:

• Apoiar proxectos de desenvolvemento en países en vías de desenvolvemento

• Sensibilizar á comunidade galega, española e dos países desenvolvidos en

xeral dos problemas das comunidades coas que se traballa e da necesidade dun

cambio global para erradicala pobreza.

COMO TRABALLAMOS

Implicadas/os No Desenvolvemento ten unha forma de traballar clara para

cumprir os obxectivos que se acaban de presentar.

En primeiro lugar, existen unha serie de criterios de traballo para a xestión de

proxectos de desenvolvemento que se poderían centrar nos seguintes:

• Implicadas financia sempre proxectos xestionados por organizacións locais, de

xeito que se garanta o respecto cultural, a creación de emprego local e a

autosuficiencia das comunidades.

• Implicadas financia proxectos primordialmente integrais e que sempre ofrezan

garantías de que non se creará unha dependencia entre a comunidade e a

ONG.

En segundo lugar, con respecto á sensibilización, Implicadas tamén amosa

unha forma de traballar claramente definida:

Page 4: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

4

• Implicadas funciona ata o momento na súa práctica totalidade co esforzo

voluntario das/os socias/os e simpatizantes, con contratacións temporais para

necesidades puntuais que requiren persoal especializado do que non dispón

entre o seu voluntariado, por motivos de formación ou dispoñibilidade.

• Implicadas promove en todo momento a colaboración con outras organizacións

xa existentes en campañas conxuntas e actividades de todo tipo, agrandando

así a forza e a calidade do movemento das ONG ante a sociedade civil e

gobernamental.

OS PROXECTOS DE DESENVOLVEMENTO

Na actualidade Implicadas no Desenvolvemento, financia e apoia proxectos na

India.

Como xa mencionamos con anterioridade, os proxectos de desenvolvemento

de Implicadas No Desenvolvemento son sempre integrais, o que quere dicir que

abranguen tódolos aspectos da vida das persoas: educación, sanidade, dereitos

das/os cidadáns/ás, atención ós/ás discapacitados/as, tempo de lecer, etc.

Os proxectos de desenvolvemento, organizan e forman á comunidade para que

sexa autosuficiente na xestión dos seus recursos e dos seus dereitos e teñen como

piar fundamental o asociacionismo e a formación de grupos de traballo e aforro (cunha

adaptación da técnica do microcrédito) capaces de crear verdadeiras redes de axuda e

apoio dunhas ás outras.

Así mesmo, os proxectos teñen un decidido enfoque de xénero, que se basea

no empoderamento das mulleres para facelas visibles dentro da súa sociedade e

capacitalas para a toma de decisións. Dende a alfabetización á capacitación laboral,

pasando pola capacitación en aspectos sanitarios de prevención de enfermidades, ou

de detección e prevención da violencia de xénero, as beneficiarias dos proxectos

teñen a oportunidade de descubrir outra forma de vivila propia vida e de incidir na

comunidade con voces autorizadas e valoradas.

Este catálogo ten por obxectivo amosar as diferentes exposicións coas que

conta IMPLICADAS, co gallo de achegalas á cidadanía para que esta coñeza o noso

traballo e se sensibilice nas desigualdades Norte-Sur e de xénero.

Page 5: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

5

“ A MIÑA LUZADA ILUMINARANOS A TODAS” 1. Obxectivos:

Recóllense nesta exposición, as obras máis representativas das presentadas ó

concurso fotográfico “Das crises ás alianzas”, que se levou a cabo en abril e maio do

ano 2013 para mulleres de Galicia e Tamil Nadu (estado do sur da India onde

Implicadas desenvolve os proxectos).

O obxectivo de dito concurso foi promover unha canle de expresión para

reflectir como afectan as crises de calquera tipo na vida das mulleres, tanto no Norte

coma no Sur, e/ou as alianzas e prácticas que se adoptan para superar estas

situacións, tendo en conta que a desigualdade e marxinación á que aínda nos vemos

sumidas as mulleres a causa do patriarcado dáse en todas as culturas e sociedades, e

nas súas interaccións, xerando iniquidades en todos os ámbitos, xa que a visión das

mulleres, a nosa voz e particularidades seguen a non ser consideradas. Todas estas

ideas e feitos están claramente plasmadas nas fotografías.

Dentro da propia filosofía de Implicadas, que loita pola pobreza e a

desigualdade de xénero como piar básico para o desenvolvemento, concibimos esta

exposición como unha ferramenta sensibilizadora para toda a sociedade, tanto galega

como támil sobre as saídas que atopamos as mulleres fronte as diferentes crises que

se nos presentan nas nosas vidas, froito da opresión patriarcal.

Tanto a propia exposición como o concurso englóbanse dentro do proxecto de

Educación para o Desenvolvemento “A crise como cambio”.

2. Colaboracións

Autoras das fotografías: Uxía Caride Blanco, Tania Merelas Iglesias, Cristina

González López, Juana Luisa Prieto Luna, Gema Zunzunegui Lamas, Sila Cela

Ferreiro, Laura A. Seijas Real, Sarah Shanthini e Amala Infantta.

Financiación da Dirección Xeral de Relacións Exteriores.

Coa colaboración de People´s Development Initiatives, Marcha Mundial das

Mulleres, Kalachuvadú, Cooperación Galega e Xunta de Galicia.

3. Composición

- Descripción: 11 paneis fotográficos (10 fotos e un panel explicativo) en pvc de

59x84x0,5. Hai 5 paneis que se dispoñen de forma vertical e 6 de forma horizontal.

- Montaxe: as fotografías non teñen un orde marcado, aínda que si se aconsella

colocar as da mesma autora xuntas seguindo unha serie.

Page 6: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

6

NOTA: Prégase que as obras sexan embaladas e enviadas no mesmo estado no que

se entregaron, é moi posible que sufran danos no seu transporte. Deberase devolver

todo o material que se emprestou.

- Espazo: adáptase a calquera tipo de espazo, so precisa soportes verticais

lisos (paredes ou paneis estables) para a colocación de 11 pezas lixeiras.

4. Fotos

- Obras

“Vendedora de froita” – Amala Infantta

Page 7: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

7

“Mulleres de fe” – Gema Zunzunegui Lamas

“Pas(e)ando o tempo” – Gema Zunzunegui Lamas

Page 8: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

8

Page 9: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

9

“Cargas de muller” – Cristina González López

Page 10: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

10

“Luz entre tebras” – Uxía Caride Blanco

Page 11: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

11

Page 12: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

12

“Sororidade interxeracional” – Sila Cela Ferreiro

Page 13: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

13

Page 14: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

14

“Palilleiras” – Laura A. Seijas Real

Page 15: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

15

Page 16: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

16

“As mariscadoras de Barallobre” – Juana Luisa Prieto Luna

Page 17: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

17

“Sororidade interxeracional” – Tania Merelas Iglesias

“É medianoite e aínda segue servindo idlis (cea típica en Támil Nadu) aos seus

clientes, todos homes” – Sarah Shanthini

Page 18: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

18

“ OS MEUS OLLOS, AS TÚAS MANS” Edición II 5. Obxectivos:

Esta exposición pretende plasmar a visión do traballo das voluntarias da ONG

a través dos ollos das ilustradoras e ilustradores que realizaron as propias ilustracións.

Con motivo do ano do voluntariado, 2011, Implicadas no Desenvolvemento quixo facer

unha homenaxe ó traballo das voluntarias que compoñen a organización, piar

fundamental da mesma. No ano 2010 realizouse unha exposición semellante que

resultou un éxito; desta maneira en Implicadas volvemos apostar pola colaboración

desinteresada de persoas do mundo da imaxe e a ilustración para que plasmasen a

testemuña do traballo diario das voluntarias na organización. Realizouse unha

convivencia do 27 de decembro de 2011 na cidade de Lugo onde voluntarias e

ilustradoras/es puxeron en común o seu traballo e experiencias, cada unha no seu

campo. Previamente o grupo participante tomou parte en actividades formativas,

dinámicas e xogos que serviron para divertirse aprendendo sobre a cooperación, o

enfoque de xénero, o infanticidio feminino... sobre a filosofía e traballo de Implicadas

no Desenvolvemento.

Desde Implicadas trátase de promover, a través da cultura, un cambio de

actitudes que de paso á acción entre a cidadanía galega para a loita contra a

discriminación/violencia de xénero e pobreza. E, sobre este eixo cultural aséntase esta

exposición, nunha colaboración de intercambio de experiencia por parte das

voluntarias, e creación das ilustradoras onde o tema base é a interacción entre o

xénero e a pobreza suxeito ás experiencias do voluntariado na organización.

Nestas obras represéntase o traballo continuo do voluntariado, un traballo

colectivo que fai posible o cambio, un traballo de persoas individuais movidas por un

sentimento compartido que unen as súas forzas para loitar polas inxustizas que

azoutan o noso planeta, inxustizas das que sentimos que formamos parte

6. Colaboracións

-Voluntariado participante na actividade que deu froito á exposición: Ania

Piñeiro, Ánxela Valdés, Begoña Pedrouzo, Iria López, Manuela Vázquez, Noelia

Darriba, Quitéria Mejuto, Tatiana Conde e Verónica Pardo.

-Ilustradoras/es: Julia Aguiar, Edgar Goás, Olalla Castro, Mariano Fuertes,

Elena Gómez, Pascual Cabaleiro, Noemí Lorenzo, Ruth Caramés e Natalia Veiga.

Esta exposición foi realizada gracias a unha subvención do Concello de Lugo,

área de Participación Cidadá.

Page 19: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

19

7. Composición

- Descripción: A exposición está formada por 10 ilustracións enmarcadas nunha

moldura negra, fina e discreta que non lle quita protagonismo ás obras, algunhas delas

adornadas con passepartout de cores vivos acorde coas imaxes. 9 delas teñen un

tamaño de 40x50 e unha de 22x29, 5 colócanse de forma apaisada e as outras 5 de

maneira vertical. A exposición é complementada con un panel informativo da mesma

medida das ilustracións que contén información básica sobre a ong, a exposición e o

nome das persoas que a fixeron posible. Forma un conxunto de imaxes moi diferentes

e coloridas que se poden combinar segundo diferentes gustos e espacios.

- Montaxe: En total son 11 obxectos a colgar, que van acompañados de

cadanseu colgador na súa parte traseira. A exposición debe estar acompañada das

cartelas explicativas de cada obra, uns rectanguliños en cartón-pluma que conteñen o

nome da autora e o da súa obra. Estes, e os propios cadros están numerados por

detrás, o cal permite unha maneira doada emparellar cada obra coa súa

correspondente lenda, a numeración non é un orde a seguir, foi creada dunha forma

aleatoria. Tamén a acompaña un adhesivo para as cartelas e un rotulador negro para

retocar os marcos no caso de que fose necesario por algunha imperfección.

NOTA: Prégase que as obras sexan embaladas e enviadas no mesmo estado

no que se entregaron. É estrictamente necesario que á hora de embalalas, os marcos

sexan colocados de maneira individual dentro do papel de burbullas; é moi posible que

os marcos sufran danos no seu transporte. O panel informativo debe ir con calquera

dos marcos para que non sufra tampouco ningún dano. Deberase devolver todo o

material que se emprestou, obras, panel, cartelas, pasta para pegar as mesmas e o

rotulador.

As ilustracións que compoñen esta exposición serán postas á venda proximamente

polo que existe a posibilidade de que a exposición non estea dispoñible.

- Espazo: adáptase a calquera tipo de espacio, so precisa soportes verticais

lisos (paredes ou paneis estables) para a colocación de 11 pezas (cadros e panel)

lixeiras.

Page 20: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

20

8. Vida

- 1 – 31 de Marzo de 2012: Mesón do Forno, Lugo

- 3 – 28 de Abril de 2012: Museo María Pita, A Coruña

- 7 – 31 de Maio de 2012: Bar Plaff, Vigo

- 6 de Xullo – 17 de Agosto de 2012: Centro Cultural, Cerdedo

- 21 de Setembro – 22 de Outubro de 2012: Restaurante Cúrcuma, Vigo

- 31 de Xaneiro – 28 de Febreiro de 2013: Casa da Xuventude, Chantada

- 5 – 22 de Marzo: OMIX, Pantón

- 1 – 29 de Abril de 2013: Mesón do Forno, Lugo

9. Fotos

- Obras

“Implicada” – Julia Aguiar (Reservada)

Page 21: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

21

“Concienciando e colonizando un mundo machista” – Edgar Goás

“Cóntamo coas túas verbas” – Olalla Castro

Page 22: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

22

“Non bicar – Pascual Cabaleriro

“Desenvolvendo á organización” – Noemí Lorenzo

Page 23: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

23

“Alas” – Mariano Fuertes

“Boca a boca” – Elena Pereiras “Amo da casa” – Pascual Cabaleiro

“Dereito a vivir” – Pascual Cabaleiro

Page 24: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

24

- Instalación

“Sentir” – Ruth Camarés

Page 25: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

25

Page 26: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

26

Page 27: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

27

Page 28: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

28

“ OS MEUS OLLOS, AS TÚAS MANS”

1. Obxectivos:

Esta é unha exposición de ilustracións que trata a temática do xénero e a

pobreza, que plasma a visión (ollos) que teñen da cooperación, as voluntarias de

IMPLICADAS a través das mans das ilustradoras que se encargaron da parte artística

(mans). Xurdiu como froito dunha convivencia entre o voluntariado da ONG e

ilustradoras e ilustradores que cederon o seu tempo e o seu traballo á organización,

pero que tamén se lles foi devolto por parte desta, sensibilidade cara as inxustizas que

nos rodean, un punto de vista crítico cara a problemas e solucións e un pouco de

formación neste eido. As ilustradoras participantes, previamente recibiron información

sobre xénero, pobreza e cooperación a través da perspectiva que dá a experiencia dos

proxectos de cooperación ao desenvolvemento de IMPLICADAS, como os que

desenvolve na India, así como os anos de labor de sensibilización e educación para o

desenvolvemento en Galicia, a través de incontables iniciativas.

A través dun obradoiro de dinámicas de participación, as ilustradoras

coñeceron e afondaron nas experiencias das voluntarias do seu traballo en Implicadas,

nas súas impresións e reflexións, cuxo intercambio serviu para a inspiración ás

ilustradoras para a creación da súa obra.

Desde Implicadas trátase de promover, a través da cultura, un cambio de

actitudes que de paso á acción entre a cidadanía galega para a loita contra a

discriminación/violencia de xénero e pobreza. E, sobre este eixo cultural aséntase esta

exposición, nunha colaboración de intercambio de experiencia por parte das

voluntarias, e creación das ilustradoras onde o tema base é a interacción entre o

xénero e a pobreza suxeito ás experiencias do voluntariado na organización.

Estas obras representan a temática do xénero, a pobreza, a cooperación e

inciden no problema do infanticidio feminino que segue presente nalgúns distritos do

sur da India onde Implicadas traballa para erradicalo dende 2007.

2. Colaboracións

- Voluntariado participante na actividade que deu froito á exposición: Tatiana

Conde, María Reimóndez, Ania Piñeiro, Quitéria Mejuto, Vanessa Armada, Laura

Paradela, Maria José Meilán, Sonia Fernández, Blanca Rodríguez, Carlos Parada,

Marta Perez e Manuela Vázquez

Page 29: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

29

- Ilustradoras: Rebeca López, Patricia Castelao, Idoia de Luxán, Almudena

Aparicio, Iván Sende, María Álvarez, Elena Valverde, Eva Callón, Macús Romero,

Jorge Fernández e Ana María Piñeiro

- Concello de Lugo, Consellería de Igualdade, muller e benestar social.

3. Composición

- Descripción: A exposición está formada por 10 ilustracións enmarcadas nunha

moldura negra, fina e discreta que non lle quita protagonismo ás obras. Todas elas

teñen un tamaño de 40x50, 5 colócanse de forma apaisada e as outras 5 de maneira

vertical. A exposición é complementada con un panel informativo da mesma medida

das ilustracións que contén información básica sobre a ong, a exposición e o nome

das persoas que a fixeron posible. Forma un conxunto de imaxes moi diferentes e

coloridas que se poden combinar segundo diferentes gustos e espacios.

- Montaxe: En total son 11 obxectos a colgar, que van acompañados de

cadanseu colgador na súa parte traseira. A exposición debe estar acompañada das

cartelas explicativas de cada obra, uns rectanguliños en cartón-pluma que conteñen o

nome da autora e o da súa obra. Estes, e os propios cadros están numerados por

detrás, o cal permite unha maneira doada emparellar cada obra coa súa

correspondente lenda, a numeración non é un orde a seguir, foi creada dunha forma

aleatoria. Tamén a acompaña un adhesivo para as cartelas e un rotulador negro para

retocar os marcos no caso de que fose necesario por algunha imperfección.

NOTA: Prégase que as obras sexan embaladas e enviadas no mesmo estado

no que se entregaron. É estritamente necesario que á hora de embalalas, os marcos

sexan colocados de maneira individual dentro do papel de burbullas; é moi posible que

os marcos sufran danos no seu transporte. O panel informativo debe ir con calquera

dos marcos para que non sufra tampouco ningún dano. Deberase devolver todo o

material que se emprestou, obras, panel, cartelas, pasta para pegar as mesmas e o

rotulador.

As ilustracións que compoñen esta exposición serán postas á venda

proximamente polo que existe a posibilidade de que a exposición non estea dispoñible.

- Espazo: adáptase a calquera tipo de espazo, so precisa soportes verticais

lisos (paredes ou paneis estables) para a colocación de 11 pezas (cadros e panel)

lixeiras.

Page 30: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

30

4. Vida

- 23 de Novembro – 23 de Decembro 2010: Mesón do Forno, Lugo

- 19 de Marzo – 1 de Abril 2011: Pazo de Tor, Monforte

- 12 de Abril – 28 de Abril 2011: Modus Vivendi, Santiago

- 2 de Maio – 21 de Maio 2011: Capela da Madalena, Arzúa

- 13 de Xuño – 5 de Xullo 2011: Biblioteca Ánxel Casal, Santiago.

- 3 – 28 de Abril de 2012: Museo María Pita, A Coruña

- 10 de Maio – 1 de Xuño de 2012: Bar Xarope, Sarria

- 11 de Xuño – 4 de Xullo de 2012: Bar Plaff, Vigo

- 6 de Xullo – 17 de Agosto de 2012: Centro Cultural, Cerdedo

- 31 de Xaneiro – 28 de Febreiro de 2013: Casa da Xuventude, Chantada

- 5 – 22 de Marzo de 2013: OMIX, Pantón

- 1 – 29 de Abril de 2013: Mesón do Forno, Lugo

5. Fotos

- Obras

“ Shanti” – Almudena Aparicio (Vendida)

Page 31: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

31

“Implicadas” – Patricia Castelao (Vendida)

“Igualdade e prosperidade” – Jorge Fernández (Vendida)

“Besvellos” – Iván Sende (Vendida)

“Fusión” – Elena Valverde (Vendida)

Page 32: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

32

“Yule (Solsticio de Inverno)” – Eva Callón

“Construíndo un mundo mellor – María Álvarez (Vendida)

“Mulleres, nais da terra” – Idoia de Luxán

Page 33: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

33

“Meu corazón é teu corazón” – Rebeca López

“Nosoutras” – Ana M. Piñeiro

Page 34: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

34

- Instalación

Page 35: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

35

Page 36: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

36

Page 37: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

37

“ O SON DAS BUGUINAS”

1. Obxectivos:

É unha exposición sobre a tsunami que asolou o surleste asiático o 26 de

decembro do ano 2004, centrada no distrito de Karaikal ó sur da India, lugar onde

Implicadas emprendeu un proxecto de axuda humanitaria de emerxencia que derivou

nun proxecto de desenvolvemento que segue na actualidade.

A exposición componse de fotografías de Paco Vila Barros, ilustracións de

Xulia Barros e textos de María Reimóndez, que versan sobre o traballo da

organización neses primeiros momentos da tsunami.

Textos e ilustracións harmonizan co libro do mesmo título “O son das buguinas”

(acompañado dun DVD) publicado por Edicións Xerais de Galicia no ano 2007. Para a

realización desta obra colaboraron cos seus relatos: Rosa Aneiros, Agustín Fernández

Paz, An Alfaya, Fran Alonso, Marilar Aleixandre, Dolores Ruíz e María Reimóndez.

Esta obra foi editada por Implicadas en colaboración con Ed. Xerais para destinar os

dereitos de autor ó proxecto que a ONG ten en Karaikal.

Como complemento adicional desta exposición, Implicadas elaborou unha

unidade didáctica para alumnas/os de 3º e 4º da ESO titulada Vanakkam/Benvidas,

cuxas actividades propostas pretenden afondar no coñecemento doutras culturas

(neste caso a India), fomentar a solidariedade, a erradicación dos estereotipos que

creamos dende o Norte sobre os países do Sur, así coma o xénero e o

desenvolvemento. Pódese descargar a Unidade Didáctica na sección Arquivo, carpeta

Materiais Didácticos na web da organización www.implicadas.com.

2. Colaboracións

Concello de Santiago de Compostela.

3. Composición

- Descrición: A exposición está formada por 4 paneis informativos de 80x90 e

36 fotografías de 60x50, todos eles en cartón-pluma.

- Montaxe: os paneis poden colgarse cunha tanza ou colga-fácil. Aínda que a

exposición foi concibida de maneira unitaria, tamén pode colocarse por partes, poden

empregarse so as fotos, os paneis ou mesmo facer unha composición entre ambas,

tendo en conta as necesidades do espazo, a temática que se requira ou mesmo os

gustos de cada quen.

Page 38: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

38

NOTA: prégase que as persoas que manipulen a exposición teñan sumo

coidado coas pezas que a compoñen, así como colocar, embalar e entregar as

mesmas tal e como se recibiron por parte da organización, para que non sufra danos.

- Espazo: se ben as fotografías adáptanse mellor a calquera tipo de espazo

expositivo, se se pretende colgar a exposición enteira precísanse soportes onde sexa

posible colgar tanto os paneis como as fotos, ou paredes que as soporten.

4. Vida

- 22 de Decembro 2006 – 10 de Xaneiro 2007: Santiago

- 6 de Marzo – 15 de Marzo 2007: Galería Sargadelos, Santiago (Presentación

do Libro)

- 9 de Abril – 22 de Abril 2007: Museo Provincial de Lugo (Presentación da

exposición e libro, Fran Alonso (autor e representante de Ed. Xerais), María

Reimóndez (autora e presidenta de Implicadas) e Carmen Basadre (Conselleira

de Muller e Benestar Social)

- 15 de Xuño – 15 de Xullo 2009: Modus Vivendi, Santiago

- 29 de Decembro 2010 – 9 de Xaneiro 2011: Casa da Cultura, Taboada

- 10 de Xaneiro – 14 de Febreiro 2011: Cafe-Bar a Repichoca, A Coruña

- Marzo 2011: Lugo, Colexio

- 7 de Abril – 28 de Abril: Asoc. Cultural “Os Tilos”, Santiago

- 1 de Maio – 30 de Maio 2011: Casa das Crechas, Santiago

- 10 de Maio – 31 de Maio 2011: Mediateca de Teo, Santiago

- 3 de Outubro – 31 de Outubro 2011: Castelo de Sta. Cruz, Oleiros, A Coruña

- 9 de Decembro 2011 – 15 de Xaneiro 2012: Casa Museo Casares Quiroga, A

Coruña

- 13 de Abril – 2 de Maio de 2012: Casa da Xuventude, Lugo

- 16 - 31 de Xullo de 2012: Casa da Xuventude, Ourense

- 10 - 31 de Outubro de 2012: Colexio Divina Pastora, O Barco de Valedeorrás

- 5 – 7 de Abril de 2014: MOEXMU, Muimenta

- 1 de Maio de 2013: Festa da Filloa, Muimenta

Page 39: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

39

5. Fotos

Page 40: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

40

Page 41: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

41

Page 42: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

42

- Instalación:

Page 43: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

43

Page 44: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

44

Page 45: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

45

“ AUGA PARA ETIOPÍA” 1. Obxectivos:

Esta exposición reivindica a desigualdade na xestión da auga nos países do

Sur, onde a carencia de auga non é un problema de carencia de recursos senón de

distribución e uso. Países tan secos como Arabia Saudí (100mm/ano) non

experimentan problemas de auga mentres que outros moito máis vizosos coma Etiopía

(500mm/ano) viven unha situación de carencia permanente. A falta de investimento e

infraestructuras fai que a auga non chegue á poboación.

Son as mulleres e nenas encargadas de percorrer grandes distancias para

abastecer á familia da auga que precisan para pasar o día, cargando ás costas os 25l

que transportan por un terreo escabroso só accesible a pé ou en mula. Esta actividade

que recae na responsabilidade das mulleres, coma a alimentación e coidado da

familia, a limpeza do fogar, a atención da horta e dos animais, etc, ó cabo do día

ocasiona que non poidan dispoñer do tempo suficiente para facer uso dos seus

dereitos máis esenciais como son o ocio e o tempo libre, a educación, a sanidade, a

participación política, social e cultural, etc.

Esta exposición foi elaborada no marco da campaña “Auga para Etiopía”

celebrada nos anos 2008, 2009 e 2010 (http://www.augaparaetiopia.org/) cuxos fins

son: achegar a realidade de Etiopía, a importancia do coidado medioambiental e a

desigualdade de xénero á sociedade do noso país. As fotografías que compoñen a

exposición foron realizadas polo fotógrafo etíope Zabasil Alemu.

Esta é unha exposición que, polo seu contido funciona moi ben nos colexios e

institutos, Implicadas dispón dunha unidade didáctica que pode entregarse ás mestras

ou persoal responsable para facilitar a información da exposición e facer actividades

relacionadas coa mesma. Dispoñible na sección de arquivos da páxina web da

organización: www.implicadas.com.

Page 46: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

46

2. Colaboracións

3. Composición

- Descrición: consta de 12 fotografías de 65,5x44 enmarcadas cun marco fino

de aluminio prateado, 3 garrafas (nas que as mulleres transportan a auga en Etiopía) e

4 cordas (das que empregan as mulleres para amarrar ó seu corpo as garrafas). Pode

incluírse tamén unha lona de presentación da propia exposición.

- Montaxe: esta exposición adáptase moi ben a diferentes lugares expositivos

pois pódese colocar na súa totalidade ou parcialmente, prescindindo das garrafas ou

facer unha selección das fotografías. No caso de presentar a exposición completa a

súa colocación é da seguinte maneira: as fotografías conteñen unha numeración por

detrás para a súa colocación, as garrafas irán colocadas no chan debaixo da

exposición, as cordas poden situarse arredor das garrafas e mesmo colgar algunhas

na parede. Os cadros conteñen colgadoiros polo que simplemente faría falta un

soporte que sobresaia da parede ou tanza para colocalos.

NOTA: prégase que unha vez desmontada a exposición sexa embalada e

colocada tal e como se recibiu, para que sufra os menos danos posibles.

- Espazo: adaptable a calquera tipo de espazo, pode instalarse ó completo ou

so as fotos.

4. Vida

- 2008: Local de Implicadas no Desenvolvemento, Vigo

- 26 de maio – 16 de xuño de 2008: Galería Sargadelos, Santiago de

Compostela

- 31 de Maio – 12 de Xuño de 2010: Teatro Principal, Pontevedra

- 6 – 24 de Febreiro de 2012: Punto Xove, Vigo

- 19 - 31 de Marzo de 2012: Forum Metropolitano, A Coruña

- 18 de Abril – 3 de Maio de 2012: IES Cacheiras, Santiago

- 9 de Maio – 17 de Xullo de 2012: Museo María Pita, A Coruña

- 3 – 31 de Maio de 2013: Correos, Vigo

- 5 de Xuño – 16 de Xullo de 2013: Correos, Pontevedra

Page 47: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

47

5. Fotos

- Obras

Page 48: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

48

Page 49: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

49

Page 50: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

50

Page 51: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

51

- Instalación

Page 52: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

52

Page 53: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

53

Page 54: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

54

“MAQUILA BOUTIQUE”

1. Obxectivos:

Esta é unha exposición de artistas plásticas na que se denuncia a explotación

na industria téxtil e se presentan posibles alternativas a esta explotación. Trátase

dunha instalación a modo de tenda na que se expoñen pezas de roupa creadas a

partir de roupa usada de compañías sobre as que existen informes de explotación

laboral nos países do Sur. Acompañan a estas pezas uns paneis informativos sobre a

explotación na industria téxtil e alternativas, por exemplo o microcrédito como fonte de

xeración de ingresos. Inclúense ademais estudos de caso que contan a situación de

traballadoras nesta industria e as beneficiarias dos grupos de aforro que apoia

Implicadas no Desenvolvemento na India e en Etiopía e, ademais paneis con poemas

do libro Moda Galega, de María Reimóndez (Ed. Positivas, 2002). Esta exposición foi

coordinada pola artista galega Mar Calda e Andrea Abreu, voluntaria de Implicadas.

Esta exposición nace no ano 2006, tras o éxito do Implícate 2005 (Noite da

música e palabra solidaria) a organización decidiu elaborar unha acción máis

ambiciosa que combinase non só o espectáculo senón unha serie de actividades

complementarias que axudasen a afianzar a relación da cultura galega coa

solidariedade na busca dun modelo propio de relacións xustas cos pobos do Sur.

Entre estas actividades complementarias atópase o proxecto IMPLIC-ARTE, polo que

se concibiu esta exposición, que foi presentada en Santiago nos días previos ó

Implícate 2006 e posteriormente rotou por diferentes cidades e vilas galegas.

2. Colaboracións:

- Artistas: Andrea Costas, Berta Cáccamo, Carme Nogueira, Carmen Suárez,

Itziar Ezquieta, Mar Caldas (coordinadora), Las Pingüinas (Natalia Umpiérrez e Sara

García), Renata Otero e Rosalía Pazo Maside.

3. Composición

- Descrición: 15 pezas de roupa e 14 paneis violetas que informan sobre a

explotación na industria téxtil e 3 paneis verdes con poemas do libro Moda Galega.

- Montaxe: orde de colocación dos paneis informativos: 1-A roupa, 2-

Estatísticas, 3-A industria do téxtil, 4-Mulleres, 5-A historia de Razia, 6-Quen fai a túa

roupa?, 7-As consumidoras do norte, 8-Comercio Xusto, 9-Listaxe de tendas de

comercio xusto, 10-Dentro do proceso de cambio, 11-Proxecto de desenvolvemento

humano en Tiruchy, 12-Maheshwari e Anusuya, 13-Yeshekebede, 14-Tenagne. 3

paneis verdes intercalados entre os anteriores ou se desexe.

Page 55: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

55

- Pezas:

• Almudena Fernández Fariña: dúas pezas a partir dunha saia de cadros plisada e

unha camiseta negra con textos bordados. Colócase no manequín de polixpán con

base de madeira, pódese empregar sedal ou alfinetes levantando os pregos da saia.

• Berta Cáccamo: cadro no que o lenzo é unha camiseta púrpura. Cólgase da parede.

• Carme Nogueira: tres versións da mesma idea sobre tres camisetas de distintas

cores: malva, verde e gris. 2 camisetas na estantería e outra en percha colgada da

parede ou manequín de aramio.

• Carmen Suárez: dúas pezas a partir de dous traxes de muller serigrafados con

textos, imaxes e bordados. Cólganse nunha percha de madeira na parede de xeito que

se vexa o bordado da parte de atrás.

• Itziar Ezquieta: dúas pezas a partir de dúas camisetas. A primeira é branca e ten

gasa e apliques serigrafados e a segunda é negra cun debuxo sobre tea branca.

Cólganse en perchas de madeira vermella, a negra colgada da parede e a branca do

teito.

• Mar Caldas: unha camiseta marrón cun texto bordado con fío dourado e agullas.

Cólgase nunha percha de madeira colgada do teito.

• Pingüinas (Natalia Umpiérrez e Sara García): peza en tres dimensións con figuras

feitas de tea, retallos e outros elementos. Colgada da parede

• Renata Otero: figura a tamaño real dunha moza pintada sobre madeira probándose

un pantalón xunto a un espello. Escultura apoiada no chan e espello colgado da

parede, enfrontados.

• Rosalía Pazo Maside: peza a partir dunha blusa vermella con nomes bordados e

retais serigrafados con fragmentos de Nube de Algodón: “Cartas desde a máquina de

coser”, traducidos e interpretados ao galego por ela mesma. Colgada nunha percha

vermella do teito.

NOTA: unha vez desmontada a exposición, e para que non sufra danos

prégase embalar e enviala tal e como se recibiu. Así mesmo prégase ter o máximo

coidado e atención a que as pezas téxtiles non sufran dano algún pois son pezas

únicas e irrepetibles.

Espazo: para a colocación desta exposición completa precisase un espazo

amplo e transitable tanto para as pezas que van colocadas sobre maniquis como

as que se colgan sobre un soporte. Por unha parte son necesarios uns soportes

(paredes ou paneis) onde se podan colgar os paneis informativos e, ademais un

lugar onde pendurar as perchas coas pezas necesarias. De ter a posibilidade

sería bo colocar no centro da exposición algunhas das pezas téxtiles para poder

Page 56: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

56

xirar en torno a elas e admiralas na súa totalidade.

4. Vida

- 15 de Decembro de 2006: Galería Sargadelos, Santiago de Compostela

- 12 de Xaneiro – 16 de Febreiro de 2009, Casa das Mulleres, Vigo

- 7 – 17 de Xullo de 2009, Casa da Xuventude, Vigo

- 2 – 25 de Febreiro de 2010: Biblioteca Pública, Tuy

- 10 – 31 de Maio de 2010: Facultade de Xeografía e Historia, Santiago de

Compostela

- 12 – 13 de Marzo de 2011: Feira de Artesanía, Narón

- 1 – 30 de Marzo de 2012: Casa das Mulleres, Vigo

- 1 de Frebreiro – 1 de Marzo de 2013: Casa Museo Casares Quiroga, A Coruña

- 26 de Abril – 24 de Maio de 2013: Espazo Cultural Lorenzo Varela, Monterroso

- 27 de Maio – 12 de Xuño de 2013: Casa da Xuventude, Chantada

5. Fotos

- Obras

Almudena Fernández Fariña Berta Cáccamo

Page 57: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

57

Carme Nogueira

Carmen Suárez

Page 58: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

58

Itziar Ezquieta

Mar Caldas Pingüinas

Page 59: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

59

- Instalación

Renata Otero Rosalia Pazo Maside

Page 60: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

60

Page 61: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

61

Page 62: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

62

Page 63: Catálogo de Exposicións

IMPLICADAS/OS NO DESENVOLVEMENTO www.implicadas.com

[email protected]

63