cartas de chispa no curso 2007 2008

10

Click here to load reader

Upload: rosana-rodiles

Post on 10-Mar-2016

221 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Estas son as cartas que Chispa nos enviou a todos os nenos e nenas do CEIP de Pazos ao longo do curso 2007 2008.

TRANSCRIPT

Page 1: Cartas de Chispa no curso 2007 2008

Ros.Rod

País dos libros, 1 de outubro de 2007

Ola, queridos nenos e queridas nenas: Dende o curso pasado que non sei nada de vós, Chis, chis-plof,plof ¿Como estades? ¿Qué tal ese verán lector? Eu estiven moi ocupada, coma sempre, viaxando e buscando novos libros para vós. Chis, chis-plof,plof

Cando cheguei ao cole fun directa á Biblioteca e... vaia susto que me levei. Pero... ¿que estades facendo?!!!! Supoño que vai quedar fenomenal; xa teredes ganas de vela acabada, non? A verdade é que eu non podo parar de pensar nos libros e aínda que a Biblio estea cerrada, non importa podemos ler canto nos apeteza. ¿ANIMÁDESVOS A UNHA NOVA

AVENTURA?

Para este ano os vosos profes e eu temos máis actividades para a nosa BIBLIOTECA. Entereime de que ides empezar cun bo proxecto nas vosas aulas

“HORA DE LER”, (20’ a primeira hora da mañá.) Chis, chis-plof,plof É unha idea moi boa, que noutros coles xa está funcionando. Tedes que prometerme que faredes todo o posible por disfrutar da lectura durante este tempo e contaxiar a todos e todas cantos poidades. Chis, chis-plof,plof

Quero darvos as grazas por adiantado por participar nesta magnífica idea: “HORA DE LER” Mmmmmm! Que ben soa!!!!

Podedes abrir a maleta; o que hai dentro é para vós, UN AGASALLO para que nunca esquezades que LER É MARABILLOSO, que NOS AXUDA A PENSAR, que NOS ESPERTA A IMAXINACIÓN, que NOS AXUDA A APRENDER.

É UN DEREITO : DISFRUTÁDEO!!!! ÁNIMO, EMPEZOU UN NOVO CURSO!!!!

A POLOS LIBROS!!!!

Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga Chis, chis-plof,plof

Page 2: Cartas de Chispa no curso 2007 2008

Ros.Rod

País dos libros, 24 de outubro de 2007

DÍA DAS BIBLIOTECAS!!!!! Ola, queridos nenos e queridas nenas: Como xa sabedes, hoxe celebramos no noso cole e nos demais tamén o “Día das Bibliotecas”, polo tanto decidín que sería un bo día para enviarvos uns contiños: un para cada ciclo; coma sempre, primeiro lédelo e despois podedes quedar con el ata que nos acaben de arreglar a Biblioteca. Pensei que estaría ben mercar algún libro de medo, ou de fantasmas, de bruxas, brrrrrrrrr… Chis, chis, plof, plof. A ver que vos parece:

Merquei par os máis pequenos “Sonidos de MIEDO”, con catro sons fantasmagóricos e monstrosos, Auuuuuu!!!!!

Atopei “Las cartas de Horacio y su bruja estrafalaria”, e tamén o collñin porque creo que vos vai gustar; igual me pasou con “El brujo, El Horrible y el Libro Rojo de los Hechizos”. Que saibades que me teñen moi boa pinta.

Por último, non podía faltar “Cuentos terroríficos de fantasmas”

Ademais sei de “boa tinta” que ides ter unha sesión de contacontos. Mmmmmm, que lástima non poder quedar. Espero que o pasedes... “chachi-chis-chis-plof-plof-piruli”

Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga

Page 3: Cartas de Chispa no curso 2007 2008

Ros.Rod

País dos libros, 4 de decembro de 2007 Ola, queridos nenos e queridas nenas: Pois é verdade que xa estaba tardando moito, Chis, chis-plof,plof ¿Que, como estades? ¿Que tal seguides con esa “Hora de ler”? A min contoume un paxariño que moi ben. Será verdade? Chis, chis-plof,plof Vexo que tedes a Biblioteca bastante adiantada. Que marabilla!! Onte entrei no blog da Biblio e, que me atopei? UNHA CARTA!!!!!

Os nenos e as nenas de Primeiro escribíronme unha preciosa carta para pedirme máis libros. Aii!!! Canto me gustou!!! Tanto, tanto, tanto que fixen un comentario e prometinlles que non pasaba deste martes sen facervos unha merecida visita. E aquí estou; traio un montón de libros para que disfrutedes.

Xa sabedes que os podedes mirar durante uns días na clase pero despois debedes levalos á Biblioteca; e máis agora, que está a punto de empezar a funcionar.

PORQUE LER É UN DEREITO : DISFRUTÁDEO!!!! ÁNIMO, A POLOS LIBROS!!!!

Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof

Page 4: Cartas de Chispa no curso 2007 2008

Ros.Rod

País dos libros, 16 de xaneiro de 2008

HORA DE CREAR!!

Que tal nenos e nenas? Como vos vai? Envío os últimos libros que acabo de comprar para que lles botedes unha ollada. Despois tedes que levalos á Biblioteca para que os cataloguen e os poidades levar en empréstito ás casas. Vale? Chis-chis-plof-plof A miña carta de hoxe débese a que quero animarvos a elaborarar un libro sobre a PAZ, un libro moi bonito, coma o do ano pasado, recordades? Este ano tamén temos que

participar todos e todas; dende os máis pequenos de Infantil Chis, chis-plof,plof ata os máis grandes de 6º. Temos que conseguir facer un novo libro marabilloso que fale dos nosos desexos dun MUNDO mellor porque conseguilo está nas nosas mans. Como ten que ser ese libro? Chis, chis-plof,plof Soporte: papel Tamaño: A3 Dirección: horizontal Contido: parte literaria (poesía, conto, manifesto, canción, cómic, teatro, anuncio...) e parte plástica (debuxo; fotografía, collage sen relevo, por favor, porque se plastificará ...) Extensión: entre unha e dúas páxinas por aula ou especialidade. Data de entrega: 25 de xaneiro de 2008

Recordade que todos os/as artistas asinan a súa obra; polo tanto non esquezades poñer os vosos nomes na vosa obra de arte.

DEIXADE VOAR A IMAXINACIÓN!!

Un bico moi grande da vosa amiga

Page 5: Cartas de Chispa no curso 2007 2008

Ros.Rod

País dos libros, 13 de marzo de 2008

HORA DE PENSAR, APRENDER E DISFRUTAR!!

Ola a todos e todas. Supoño que xa coñecedes a Roi, o meu amigo o caracol, non? Chis-chis-plof-plof Hai unhas semanas deixei no cole as fichas con todas as súas explicacións sobre como estar na Biblioteca e coidar os libros. Chis-chis-plof-plof Xa tedes as fichas na clase?

Imos pensar un pouco na Biblioteca, vale? A ver: Á Biblio podemos subir coas nosas profes a coller libros ou a traballar ou ler. Á Biblio podemos subir nos recreos. Podemos ver unha película, podemos adiantar traballos, ler contos, buscar información... Podemos facer ilustracións dos contos que máis nos gustan, podemos recortar ou entreternos con algún xogo, a que si? Chis-chis-plof-plof Peeeeeerooooooo, RECORDADE que

os libros que teñen desplegables só os podedes ver cando esteades acompañados por un ou unha profe, ou por un neno ou unha nena maior.

debemos falar moi baixiño para non molestar aos demais. xogar, pintar ou recortar só o podemos facer nas mesas. cando acabamos de ler un libro debemos colocalo no “recolledor de libros”

(DEIXA AQUÍ O TEU LIBRO), para que os maiores ou os/as profes os coloquen no seu sitio. Tamén podedes utilizar os marcadores que estades empezando a facer nas clases.

Se todos e todas colaboramos, a nosa Biblioteca funcionará e estará organizada con pouco esforzo Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof

Se non vos escribo antes,

deséxovos FELICES VACACIÓNS!! Catro bicos moi grandes da vosa amiga

Smuac, smuac, smuac, smuac...

Page 6: Cartas de Chispa no curso 2007 2008

Ros.Rod

País dos libros, 27 de marzo de 2008

27 de marzo HORA de dramatizar e recitar!

Mmmmm...! Que boa pinta ten isto!

Recordades estas imaxes? Chis-chis-plof-plof Claro! É o noso Teatro Jofre Chis-chis-plof-plof Este curso xa lle fixemos dúas visitas, pero hoxe tócanos: Teatro no cole! para celebrar o DÍA MUNDIAL DO TEATRO... Preparados e preparadas? Seguro que entre a poesía e o teatro imos ter unha mañá moi movidiña. Chis-chis-plof-plof

Shhhh!! Vouvos contar un segredo, que hai moito que non vos conto un, vale? Shhhh!! Hoxe erguinme moi cedo; creo que eran as cinco da mañá. Vaia madrugón! Senteime a escribir esta carta para que chegase pola mañanciña á Biblioteca antes ca ninguén. Menuda cara que se lles debeu quedar ás profes cando viron a miña maleta na Biblio. Hi, hi, hi! Non quería perderme nada do que ides facer e ademais quería desexarvos moita sorte. Que todo vos saia moi ben! Eu vou estar mirando por un furadiño pequerrechiño, pequerrechiño, pequerrechiño, pequerrechiño...

Cinco bicos moi grandes da vosa amiga

Smuac, smuac, smuac, smuac, smuac...!!!!!

Page 7: Cartas de Chispa no curso 2007 2008

Ros.Rod

País dos libros, 2 de abril de 2008

Abril, mes dos libros!!

Ola a todos e todas. Chis-chis-plof-plof Xa estamos en abril, e como sabedes, este é o mes dos libros. ¿Por que? O 2 de abril de 1805 naceu un importante escritor de contos infantís, chamado Hans Christian Andersen; por iso, todos os anos celebramos nesta data o “DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL”. Ademais o 23 deste mesmo mes, lembramos a Miguel de Cervantes Saavedra, o autor de “El Quijote”, que coma o inglés William Shakespeare, finou tal día coma ese, no ano 1616. Por iso todos os 23 de abril celébrase o “DÍA DO LIBRO”.

Por todos estes motivos estou tan contenta. Necesitaba comentar con vós todas estas cousas e animarvos a que participedes nas actividades que ao longo deste mes se levarán a cabo, tanto nas aulas como na Biblioteca. Chis, chis-plof,plof Díxome un paxariño amigo meu que nos recreos haberá sesións de contacontos. Dous días á semana vós seredes os protagonistas e poderedes sentar na cadeira dos contos e ler fermosas historias aos vosos compañeiros e compañeiras. Outro día encargaránse as profes, e o xoves adicarase a ILUSTRARRRRRR!!!!! Escoitaremos un conto nas clases e, na Biblio teremos o material necesario para elaborardes os vosos debuxos.

Ao remate do MES DOS LIBROS entregaránse dous lotes de libros aos mellores contacontos e aos mellores ilustradores. ÁNIMO, A PARTICIPAR!! Antes de despedirme quero anunciarvos que o día 2 e o 23 seremos Detectives na Biblioteca. Pasádeo ben e lede moitos libros. Chis-chis-plof-plof

Un bico moi grande da vosa amiga

Page 8: Cartas de Chispa no curso 2007 2008

Ros.Rod

País dos libros, 9 de maio de 2008

HORA DE ...

“PINTURA EN ACCIÓN”

Ola, queridas nenas e queridos nenos: Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof Escríbovos esta carta para comunicarvos que o martes que vén, o día 13, vai vir á nosa Biblioteca, e ao noso colexio tamén, claro, unha pintora ferrolana que se chama Carmen Martín. ¿Recordades aquela exposición de pés que vimos na saída que fixeramos ao Campus de Esteiro? ¿Recordades a noticia que saiu no blog? Pois ben, esa mesma pintora estará con nós durante todo o día, e vai facer unha actividade que se

titula... “PINTURA EN ACCIÓN” !!!!!

Chis, chis-plof,plof Ela vai traballar mentres nós estamos na Biblioteca, nas clases, no patio... e, pola tarde... seguirá pintando, e pintando, e pintando, e pintando... Chis, chis-plof,plof Podedes invitar aos vosos pais e nais, e aos avós e avoas a que veñan pola tarde a pasar un ratiño e a disfrutar con nós dese día tan especial.

Recórdovos que se queredes saber máis sobre ela e a súa obra, tedes toda a información no noso blog: http://biblospazos.blogspot.com, e tamén na súa páxina http://carmenmartin.com/ Espero a vosa colaboración, un bico; non, dous; non, tres: tres bicos da vosa amiga

Page 9: Cartas de Chispa no curso 2007 2008

Ros.Rod

País dos libros, 16 de maio de 2008

HORA DAS ...

“LETRAS GALEGAS”

Bos días, queridas nenas e queridos nenos:

Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof Chis, chis-plof,plof

¿Xa tedes todo preparado par o martes? ¿Cooooomo? ¿Que siiiii? Ahhh, valeeeeeee! A veeer...: o martes 20 de maio celebramos na Biblioteca a nosa especial homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez e ás Letras

Galegas. Envíovos con esta carta un Boletín Informativo da Biblioteca para que teñades un recordo da figura homenaxeada deste ano. Aínda que xa levades moito traballado, que o sei eu, que ando a preguntarlles ás profes e sempre me din que si, que estades traballando un montón, decidín recoller algo de información e elaboralo para que o leades atentamente coas vosas familias.

O martes, pola mañá, xuntarémonos todos os cursos e disfrutaremos de poemas cantados, recitados, montaxes audiovisuais, teatro de guiñol... un pouquiño de cada clase. Noraboa!! FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS E TODAS!!

Page 10: Cartas de Chispa no curso 2007 2008

Ros.Rod

País dos libros, 18 de xuño de 2008 Chis, chis, plof, plof!

Ola, queridos nenos e queridas nenas: Acábanse as clases e despedímonos ata o vindeiro curso. Necesitaba facervos unha visita e non puiden resistirme. Estiven ollando o voso blogue e pasei o sábado polo colexio, curioseei polas aulas e a Biblioteca. Que gusto! Cantas cousas estades a facer! Pero bueno, é que non descansades? Chis, chis, plof, plof! Xa me enterei de que moitos de vós estades animados a seguir lendo no verán e nos vindeiros cursos, e sempre! Non me queda máis remedio que felicitarvos enormemente: Sodes uns campións e unhas campionas! No boletín di que LER REQUIRE UN ESFORZO! Será verdade iso? Siiiiiii! Claro que é verdade! Pero vós sodes uns chicos moi listos e sabedes que esforzarse é algo moi necesario e importante nas nosas vidas, porque sen o esforzo nunca conseguiremos as cousas realmente valiosas. Hai que esforzarse para conseguir ter amigos, e para conservalos, tamén. Hai que esforzarse para saber expresar o que estamos pensando, e ás veces é moi difícil; hai que esforzarse para portarse ben; hai que esforzarse para facer os traballos cando preferimos ver a televisión ou xogar, a que si?, para ter a nosa habitación ordenada, para xogar un partido... O tempo recompensaravos!

Espero que pasedes unhas moi boas vacacións e que leades moitíííííííííísimo. Eu prometo ler e buscar novos libros para cando cheguedes en setembro. Pois si que vos vou botar de menos, si! Se queredes escribirme algo, dádellelo ás vosas profes e elas xa mo darán a min. Eu gardareino coma un tesouro. Chis, chis, plof, plof!

Quérovos a todos! Chicos e chicas de 6º: o instituto espéravos e

a súa Biblioteca tamén. Espero que sigades sendo tan bos lectores como demostrastes este curso.

Un saúdo e moitos, moitos calurosos bicos, da vosa amiga. Chis, chis, plof, plof!