calendarío 2013proxectorios.org/files/descargas/calendario_2013.pdf · proxecto ríos ven...
TRANSCRIPT
Calendarío
2013
Especies exóticas invasoras
A introdución de especies exóticas invasoras (EEI en diante) é na actualidade, despois da destrución de hábitats, a ameaza máis importante para a biodiversida-de do planeta, e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas. Denomínanse EEI aos animais e plantas alóctonas, introducidas, que teñen capa-cidade de reproducirse e perpetuarse no novo medio, competindo e desprazando ás especies nativas.
Proxecto Ríos ven traballando dende o ano 2007 na identificación e localización das principais EEI nos distintos cursos fluviais inspeccionados, liña que se con-solidou cos Campos de voluntariado ambiental do río Tea orientados a divulgar a problemática das EEI así como a investigar e ensaiar métodos de eliminación.
Ante a silandeira ameaza que supón a introdución de EEI, neste calendario presen-támosvos algunhas das especies exóticas que habitan nos nosos ecosistemas, co obxectivo de alertar sobre o seu perigo e detectar a súa presenza nos nosos ríos.
Alén adiantámosvos algunhas das actividades que xa están programadas para este ano 2013 e ás que seguro se lle engadirán novas propostas. Como de cos-tume remitímosvos á páxina do Proxecto Ríos e ao Gardarríos dixital, que podedes recibir mensualmente no voso correo electrónico para informarvos das activida-des.
Fotografía: Ramsés Pérez Publicado por: Proxecto Ríos-ADEGA Imprime: Plana Artes Gráficas Impreso en papel reciclado
especies exóticas invasorasO caranguexo americano é considerado unha das especies exóticas invasoras máis daniñas. Procedente do sur de Estados Unidos é un voraz depredador de larvas e vexetación acuática. Atópase na bacía do Miño-Sil e noutros ríos e humidais galegos.
O xacinto de auga pertence tamén ao denominado “Top 100” das especies invasoras máis perigosas. Procede de América do Sur e emprégase en xardinaría. Ten unha forte capacidade de reprodución e pode ir “acompañada” do fieito de auga (Azolla filiculoides) e/ou da cola de raposa (Myriophyllum aquaticum) tamén EEI.
A gambusia é un pequeno peixe introducido coa intención de controlar os mosquitos. Tamén incluído na lista das 100 EEI máis perigosas. Resiste condicións moi adversas como altas temperaturas, salinidade ou pouca osixenación o que lle permite vivir en ríos degradados.
A ameixa asiática posúe unha elevada capacidade reprodutora, polo que pode acadar altísimas densidades de poboación, provocando alteracións na cadea trófica e afeccións en infraestruturas hidráulicas.
A tintureira é unha herbácea de gran porte procedente de América do norte. Produce flores brancas que dan froitos vermellos e morados ao madurar. Gústanlle os lugares húmidos polo que é habitual atopala en cultivos ao carón dos ríos. Reprodúcese por sementes que as aves contribúen a dispersar.
O bico de lacre é unha ave paseriforme de orixe africana. Dende a súa liberación en Portugal en 1964, foise espallando cara o norte e hoxe ocupa a desembocadura de numerosos ríos como o Miño, Ulla e Umia entre outros.
Caranguexo americano (Procambarus clarkii)
PERIGO
xaneiro febreirol m mé x v s d
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
l m mé x v s d
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 282 Encontro charcos con vida/día mundial dos
humidais23 Presentación do Informe do estado de
saúde dos ríos galegos 2012
Xacinto de auga (Eichhornia crassipes)
PERIGO
marzo abrill m mé x v s d
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 31
l m mé x v s d
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 3016 RoteiRíos22 Día da auga
15 Inicio da campaña de primavera22 Día da Terra27 Curso de formación do Proxecto Ríos
Gambusia (Gambusia affinis)
PERIGO
maio xuñol m mé x v s d
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31
l m mé x v s d
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
Saídas formativas4 e 5 RoteiRíos
5 Día do medio ambiente 8 Día dos océanos15 Encontro de Voluntariado do Proxecto
Ríos
Ameixa asiática (Corbicula fluminea)
PERIGO
xullo agostol m mé x v s d
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31
l m mé x v s d
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 316-7 Campo do Tea 7 Big jump!!!
Goza dos nosos ríos
Tintureira (Phytolacca americana)
PERIGO
setembro outubrol m mé x v s d
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30
l m mé x v s d
1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31
15 Inicio da campaña de outono 28 Curso de formación do Proxecto Ríos 29 Limpeza simultánea
30 ConvesaRíos
Bico de lacre (Estrilda astrild)
PERIGO
novembro decembrol m mé x v s d
1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30
l m mé x v s d
1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31
5 Día do voluntariado 6 ConversaRíos
Calendarío
20
13Os cursos fluviais son hábitats especialmente sensibles e vulnerables ao éxito das bioinvasións polas súas peculiaridades. Algunhas das especies exóticas invasoras máis perigosas como o caranguexo americano, ameixa asiática, xacinto de auga e sapoconcho de Florida están precisamente liga-das aos ríos. Curiosamente e a pesar da súa gravidade, esta problemática apenas é tratada en programas de conservación, educación e voluntariado ambiental. Recollemos no calendaRío 2013 algunhas das especies exóticas invasoras presentes nos ríos galegos.
A solución desta problemática é cousa de todas e de todos. Tenta non mercar especies invasoras (mascotas, xardinaría, etc) e se as tes non as liberes na natureza, xa que poden ocasionar graves consecuencias ecolóxi-cas e económicas e está penado pola lei.
Edita:
Travesa de Basquiños Nº 9 baixo15.704 Santiago de Compostela. GalizaTel/fax: 981 57 00 99 e móbil: 616 23 80 [email protected]
Promove: Iniciativa: