calendario rexistro do tempo atmosférico grÁfica do tempo
TRANSCRIPT
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.
C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”
Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña
Tl. 881960316 FAX. 881960322
e-mail: [email protected]
Ola familias!
Aquí tedes outra serie de recomendacións coas que podemos traballar cos nenos/as dende
as nosas casas.
Continuar a traballar o calendario e o rexistro do tempo atmosférico. Ao rematar o mes
de maio poderemos facer unha reflexión global de como foi o tempo este mes: máis sol ca
nubes, más nubes ca sol, moita chuvia, pouca chuvia... Para facer estas cantidades máis
visíbeis podemos facer unha gráfica como a que deixamos a continuación:
GRÁFICA DO TEMPO
Seguir a xogar cos números e as letras. Podemos encher un recipiente non moi alto
transparente e buscar un número ou letra enterrada en sal, azucre, fariña... Hai moitas
posibilidades de xogo: buscar e o primeiro que se atope dicir o seu nome, tentar
reproducilo, buscar o que nos indique un familiar...
Creamos divertidos animais cos nosos nomes: vermes, bolboretas, flores de
primavera… Facemos tantos círculos como ten o noso nome, poñemos unha letra dentro
de cada círculo e creamos o noso animal.
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.
C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”
Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña
Tl. 881960316 FAX. 881960322
e-mail: [email protected]
O abecedario: decoramos un cartón de rolo de papel de cociña ou similar. Escribimos
todas as letras do abecedario en maiúscula ou minúscula dependendo do nivel en que se
atopen. A continuación, escribimos o abecedario outra vez nun folio ou empregamos
gomets (no caso de telos) e debemos pegar cada letra enriba da que é igual.
Outra actividade que podemos facer é escribir nun folio as letras maiúsculas e as
minúsculas e a continuación buscar e redondear cun círculo da mesma cor a letra en
maiúscula e minúscula.
Crear contos con personaxes, obxectos e lugares. Podedes descargalo no seguinte
enlace
https://www.imageneseducativas.com/la-ruleta-de-los-cuentos-magicos/
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.
C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”
Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña
Tl. 881960316 FAX. 881960322
e-mail: [email protected]
Proba a descargar no ordenador estes divertidos xogos para repasar a lectoescritura e as
matemáticas:
APRENDER A LEER 1 con Grin. Descarga no teu ordenador o xogo neste enlace:
http://www.educaplanet.com/descargas/Setup-LeoConGrin-Educaplanet331.exe
MATEMÁTICAS con Grin . Descarga no teu ordenador o xogo neste enlace:
http://www.educaplanet.com/descargas/Setup-Matesgrin456-Educaplanet225.exe
A contar! Conta cantas portas, ventás, camas, televisores e interruptores tes na túa casa.
Segundo o nivel e idade podemos facer un inventario: un familiar pode debuxar unha tele e
o neno poñer pegatinas ou facer cruces por cada unha que hai na casa, pode ser o propio
neno o que tente escribir unha palabra sinxela como “cama” e escribir o número delas que
hai na nosa casa...
Xogo de pesca. Precisamos vasos de iogur, de natillas, de flan... clips, corda ou fío e un
pau pequeniño, que pode ser dunha brocheta, dalgún xoguete... Que un familiar che axude
a facer os furados na parte de abaixo do envase e ponlle os clips a modo de argola. Podes
decorar os vasos para que semellen peixes de verdade! E agora... a pescar! Pódeslle
poñer número aos envases e despois contar os puntos que conseguiches ou letras para
formar palabras.
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.
C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”
Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña
Tl. 881960316 FAX. 881960322
e-mail: [email protected]
Facer manualidades.
Como xa se empeza a sentir o calor, por que non facer unhas pinturas de xeo? Só
precisas auga, colorantes alimentarios das cores que che apeteza pintar, palillos e
cubiteras. Cando estean ben conxelados ponte mans á obra!
Tamén podes facer os teus propios xeados caseiros empregando esta técnica! Só tes que
botar na cubiteira ou en envases de iogur o teu refresco favorito, zume de froitas... e
conxelalo! Tamén podes facer iogures xeados cravando un pau no teu iogur preferido!
Este domingo, 17 de maio, ven de celebrarse o Día Mundial da Reciclaxe. Así que
aproveitamos para acercarvos algunas actividades que podedes facer na casa. Tamén vos
deixamos o conto de Capitán Verdeman, o heroe da reciclaxe. Pinchando no seguinte
enlace podedes velo: https://www.youtube.com/watch?v=9udQo3hHe5M
E, neste outro, podedes escoitar a canción:
https://www.youtube.com/watch?v=Vgr46RXlA4g
Actividades de reciclaxe:
Papel reciclado
Estos son os materiais que precisades para facer o voso propio papel reciclado caseiro:
- Papel usado (que non estea plastificado)
- Tesoiras
- Un barreño
- Unha licuadora
- Un escorredor
- Unha esponxa
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.
C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”
Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña
Tl. 881960316 FAX. 881960322
e-mail: [email protected]
- Tea vella
- Unha malla
O procedemento é sinxelo: primeiro, tes que cortar o papel en anacos pequenos, que
debes colocar nun barreño e cubrir con auga quente (máis ou menos, o dobre de auga que
de papel). Deixa o papel en remollo un pouco para que absorba a auga e, despois,
mestúrao todo ben e tritúrao coa axuda da licuadora ou batedora potente ata que se forme
una pasta. Unha vez teñas a pasta, pona nun escorredor e aclara con auga fría. Escórrea
outra vez e, a continuación, esténdea na malla cunha culler ata que teña o tamaño que
queiras. Este será o futuro folio reciclado! Para secar o exceso de auga, pásalle unha
esponxa por enriba con coidado e pona sobre a tea para secar o outro lado do papel. Para
que se seque ben, envolve a folla coa tea e coloca algún peso enriba, un libro, por
exemplo, para que non se ondule e quede perfectamente liso. Pasadas unhas horas, terás
unha folla reciclada 100% caseira.
Marcos de fotos con revistas
Tedes na casa revistas vellas? Non as tiredes! Separa as follas e fai pequenos rolos ao
largo e ancho, segundo o tamaño que desexes. Coloca un pouco de pegamento na punta
para que o rolo se manteña firme. Despois, pega unha foto e os rolos sobre un rectángulo
de cartón para crear un marco de fotos perfecto para regalar.
Floreiros feitos con frascos
Os frascos de conservas e marmelada poden ser reutilizados de moitas maneiras
diferentes: para gardar conservas caseiras ou como floreiros! Decorádeo con pintura e
utilizádeo como regalo ou para decorar na casa.
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.
C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”
Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña
Tl. 881960316 FAX. 881960322
e-mail: [email protected]
Títeres con calcetíns:
Cando un calcetín se rompe, non o tires á basura! Podes utilizalo para facer títeres. É tan
sinxelo como coser un par de botóns para os ollos e utilizar algún anaco de tea de outra
cor para facer o cabelo e a boca. Podes crear toda clase de animais e/ou personaxes con
este material.
Mini invernadoiros con botellas de plástico:
Planta verduras e froitas en macetas no teu balcón e protéxeas con botellas de plástico. As
botellas de refrescos ou agua poden ser un mini invernadoiro. Recorta a base da botella,
quita a tapa plástica e cubre con ela cada brote. O mellor? Podes regar as plantas sen
retirar o invernadoiro.
Nos seguintes enlaces podedes atopar máis ideas:
https://carolinallinas.com/2013/08/12-actividades-de-reciclaje-con-ninos.html
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.
C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”
Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña
Tl. 881960316 FAX. 881960322
e-mail: [email protected]
https://www.google.com/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=video&cd=6&cad=rja&uact=8&
ved=0ahUKEwiC7-
2uo7HpAhXysnEKHZ7DAcgQtwIIRjAF&url=https%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatc
h%3Fv=rHTM_-b0F6E&usg=AOvVaw0g0_tF1EPGXBwDgIQmOUQ1
https://www.google.com/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=video&cd=8&cad=rja&uact=8&
ved=0ahUKEwjDmY7dn7HpAhVTuHEKHROKDksQtwIIWzAH&url=https%3A%2F%2Fwww
.youtube.com%2Fwatch%3Fv=kIO8UcRmI2g&usg=AOvVaw32wlVkBreL7SypVLJEuEOW
Usa os cartóns de ovos que tes na casa para facer animaliños ben divertidos para xogar
con eles:
Xoga coas sombras e intenta facer algún animal dos seguintes ou crea o teu propio!
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.
C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”
Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña
Tl. 881960316 FAX. 881960322
e-mail: [email protected]
Imita aos grandes pintores. Mírate ben no espello e fai un autorretrato…
Cancións, xogos e contos en inglés. Seguímonos a divertir co enlace que nos deixou a
teacher Inma. Mirade ben que tedes novas actividades.
https://drive.google.com/drive/folders/1glcdHkrhaXsMMx6-wkcoL2UgQU6F0pFk
Para mover o corpo:
Xogos con música: Bailamos ó ritmo de diferentes melodías, rápido, lento, silencio-
ausencia de movemento… Tamén podemos facelo cada un enriba dunha folla de
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E O.U.
C.E.I.P. “SAGRADA FAMILIA”
Ronda de Outeiro 211- 15007 A Coruña
Tl. 881960316 FAX. 881960322
e-mail: [email protected]
xornal; cada vez arrincaremos un trozo da folla, ata que case non teñamos espazo para
movernos.
Xogos con globos: Seguimos xogando con eles; agora intentamos que non caian ó
chan pasándoos uns ós outros; xogamos a explotalos con algunha parte do noso corpo,
a bailar en parellas cun globo na barriga…
Xogos de probas: O que dirixe o xogo encargará unha misión ó resto da familia e
gañará un punto o que antes a consiga; exemplo: traer tres calcetíns de diferentes
tamaños, coller un obxecto redondo…
Xogos con chapas: Despois das carreiras que xa fixemos, agora podemos intentar
darlle a unha chapa con outra, ou que chegue a un sitio marcado. Aquí tedes un vídeo
que explica diferentes xeitos de golpear a chapa:
https://www.youtube.com/watch?v=yUJjKRW93BM
Seguir co ioga:
https://www.youtube.com/watch?v=LOYxOzMUgAY
https://www.youtube.com/watch?v=jMOZz7GHaog
Non deixar de bailar:
https://www.youtube.com/watch?v=G923_rJIPHg
Inventar mais circuitos caseiros:
https://www.youtube.com/watch?v=VozJlq-fNCY
https://www.youtube.com/watch?v=c_WyGlwp3yI
E, sobre todo, aproveitar ó máximo os paseos para respirar, brincar, saltar, correr,
andar en bici, patinete… Disfrutádeo!
Unha aperta ben forte!
As mestras de 3 anos (María José e Eva), a mestra de 4 anos A (Úrsula), as
mestras de 5 anos (Ana e María), as mestras de apoio (Marta e Isa) e a mestra
de inglés (Inma)