boletÍn oficial do parlamento de galicia · sobre as actuacións previstas pola xunta de galicia...

126
Número 261 IX lexislatura 26 de marzo de 2014 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.4. Procedementos de información 1.4.4. Preguntas 1.4.4.2. Preguntas orais en Comisión - 20997 (09/POC-002975) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Paz Franco, María Tereixa Sobre os datos das entregas de leite en que se basea a Consellería do Medio Rural e do Mar para predicir unha posible sobreprodución na actual campaña 2013-2014 e as medidas postas en marcha e previstas para evitar esa situación, o pagamento de sancións e a súa incidencia na competividade das explotacións 62184 - 21002 (09/POC-002976) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pontón Mondelo, Ana Belén Sobre a opinión da Xunta de Galicia respecto do cumprimento da legalidade vixente no procedemento seguido no convenio asinado entre o Concello de Santiago de Compostela e un particular para a execución dunha actuación de mellora da seguridade viaria e o trá- fico rodado nas rúas de Galeras e Domingo García Sabell, así como a eventual paralización das obras 62187 - 21007 (09/POC-002977) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Losada Álvarez, Abel Fermín e 3 máis Sobre a política do Goberno galego en materia de I+D+i 62189 - 21011 (09/POC-002978) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis Sobre a vixencia, o balance da Xunta de Galicia e os datos refe- ridos ao desenvolvemento do programa de colaboración asinado no ano 1997 coa Fundación Oso Pardo para o financiamento de actividades de conservación e a promoción e realización de acti- vidades de educación ambiental nos centros escolares da zona oseira galega 62192 Fascículo 3

Upload: others

Post on 18-Jul-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Número 261 IX lexislatura 26 de marzo de 2014

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

SUMARIO

1. Procedementos parlamentarios1.4. Procedementos de información1.4.4. Preguntas

1.4.4.2. Preguntas orais en Comisión

- 20997 (09/POC-002975)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa

Sobre os datos das entregas de leite en que se basea a Consellería

do Medio Rural e do Mar para predicir unha posible sobreprodución

na actual campaña 2013-2014 e as medidas postas en marcha e

previstas para evitar esa situación, o pagamento de sancións e a

súa incidencia na competividade das explotacións 62184

- 21002 (09/POC-002976)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre a opinión da Xunta de Galicia respecto do cumprimento da

legalidade vixente no procedemento seguido no convenio asinado

entre o Concello de Santiago de Compostela e un particular para a

execución dunha actuación de mellora da seguridade viaria e o trá-

fico rodado nas rúas de Galeras e Domingo García Sabell, así como

a eventual paralización das obras 62187

- 21007 (09/POC-002977)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Losada Álvarez, Abel Fermín e 3 máis

Sobre a política do Goberno galego en materia de I+D+i 62189

- 21011 (09/POC-002978)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis

Sobre a vixencia, o balance da Xunta de Galicia e os datos refe-

ridos ao desenvolvemento do programa de colaboración asinado

no ano 1997 coa Fundación Oso Pardo para o financiamento de

actividades de conservación e a promoción e realización de acti-

vidades de educación ambiental nos centros escolares da zona

oseira galega 62192

Fascículo 3

Page 2: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

- 21017 (09/POC-002980)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa e 3 máis

Sobre as posibles consecuencias para a edición educativa de Galicia,

a cultura e a lingua galegas da licitación dunha plataforma dixital de

contidos educativos pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de

Galicia e as actuacións previstas polo Goberno galego para evitalas

62194

- 21021 (09/POC-002981)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pombo Rodríguez, Cosme Eladio

Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego para resolver a

situación que padece o Conservatorio Profesional de Música de

Vilalba a causa das deficiencias que presenta a cuberta do edificio

en que se atopa 62197

- 21022 (09/POC-002982)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 9 máis

Sobre as medidas que está a levar a cabo o Goberno galego para o

cumprimento do acordo parlamentario referido á atención dos

pacientes oncolóxicos da Mariña lucense no Hospital da Costa, en

Burela, e as previsións ao respecto 62200

- 21023 (09/POC-002983)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 9 máis

Sobre o ámbito territorial de aplicación, o número de posibles bene-

ficiarios e os principais beneficios que se pretenden obter co pro-

grama de retinografías en atención primaria que vai impulsar o Ser-

gas nos centros de saúde de Burela e de Viveiro, así como a súa

incidencia nos desprazamentos dos doentes 62202

- 21031 (09/POC-002984)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Adán Villamarín, María do Carme e 2 máis

Sobre as actuacións desenvolvidas polo Goberno galego para evitar

a desaparición da empresa Pescanova e o mantemento dos seus

postos de traballo, así como o futuro previsto para esta empresa

62204

- 21041 (09/POC-002985)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa

Sobre os datos referidos ás sociedades de fomento forestal existen-

tes na actualidade e previstas en Galicia, así como a valoración do

seu funcionamento en función dos resultados acadados 62206

- 21042 (09/POC-002986)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa

Sobre os datos referidos ás parcelas incorporadas ao Banco de

Terras de Galicia dende a entrada en vigor da nova lexislación e a

tramitación das solicitudes presentadas, así como a valoración do

funcionamento dese banco en función dos resultados acadados

62208

- 21049 (09/POC-002988)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa

Sobre a valoración do Goberno galego da eventual implantación dun

novo imposto para o sector vitivinícola, a realización dalgunha ava-

liación do seu impacto e as actuacións levadas a cabo e previstas

diante do Goberno central para evitar a súa creación 62210

- 21055 (09/POC-002989)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Beiras Torrado, Xosé Manuel e 2 máis

Sobre o impacto para a progresividade fiscal e o autogoberno

galego das conclusións recollidas no chamado Informe da Comisión

de Expertos para a Reforma do Sistema Tributario 62213

- 21085 (09/POC-002990)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Adán Villamarín, María do Carme, e Jorquera Caselas, Francisco

Xesús

Sobre os problemas existentes para lles impedir ás persoas usua-

rias do Centro de Atención para Persoas con Discapacidade O

Souto de Leixa, de Ferrol, o uso do vaso terapéutico existente no

Centro de Educación Especial Terra de Ferrol, e as previsións da

Xunta de Galicia ao respecto 62217

- 21087 (09/POC-002991)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Sánchez García, Antón

Sobre a vixencia da declaración de impacto ambiental do proxecto

presentado por Mineira de Corcoesto para a extracción de ouro e as

intencións da Xunta de Galicia respecto da súa anulación 62221

- 21095 (09/POC-002992)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Paz Franco, María Tereixa, e Adán Villamarín, María do Carme

Sobre as razóns da demora na posta en funcionamento da Resi-

dencia da Terceira Idade do Carballiño, as actuacións levadas a

SUMARIO

Page 3: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

cabo para a súa dotación do persoal necesario e a posibilidade de

privatizar a súa xestión, así como as previsións ao respecto 62223

- 21103 (09/POC-002993)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén, e Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para garantir a

aplicación efectiva da sentenza que anula o imposto sobre as vendas

retallistas de determinados hidrocarburos aos consumidores afectados

62227

- 21108 (09/POC-002994)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Fajardo Recouso, Juan Manuel

Sobre a información emitida pola CRTVG en relación co conflito e as

mobilizacións da frota galega do cerco 62229

- 21112 (09/POC-002995)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Burgo López, María Concepción e 4 máis

Sobre os elementos que está a retirar a Xunta de Galicia do edificio

do antigo Hospital Materno-Infantil de Lugo, o seu lugar de traslado

e o uso que van ter, así como o destino previsto pola Consellería de

Sanidade para ese edificio 62231

- 21116 (09/POC-003010)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodas Chapela, Daniel, e Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia diante do

Goberno central para lles garantir aos mariñeiros galegos embarca-

dos na frota de altura, grande altura e mariña mercante o exercicio

efectivo do dereito ao voto nas eleccións ao Parlamento Europeo do

25 de maio de 2014 62233

- 21119 (09/POC-002996)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre os datos referidos ás inspeccións realizadas pola Xunta de

Galicia no vertedoiro de residuos non perigosos derivado da mellora

do Plan de restauración do espazo natural A Canteira de Miramon-

tes, no concello de Santiago de Compostela 62235

- 21126 (09/POC-002997)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre as propostas da denominada Comisión de Expertos para a

Reforma do Sistema Tributario Español 62237

- 21132 (09/POC-002998)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén, e Pombo Rodríguez, Cosme Eladio

Sobre as actuacións concretas previstas pola Xunta de Galicia no

ámbito educativo para o curso 2014-2015 para o cumprimento da Lei

para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía

62239

- 21138 (09/POC-002999)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Sánchez Bugallo, José Antonio e 2 máis

Sobre a autorización concedida polo Concello de Santiago de Com-

postela a unha empresa para a execución da obra denominada ‘Pro-

xecto básico e de execución para a modificación dos viarios e

reforma de accesos a aparcamento nas rúas de Galeras e Domingo

García Sabell’ 62241

- 21140 (09/POC-003000)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Gallego Calvar, María Carmen e 5 máis

Sobre as razóns da Xunta de Galicia para excluír o Concello de Vila-

boa da negociación do futuro transporte metropolitano de Vigo

62243

- 21143 (09/POC-003001)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Gallego Calvar, María Carmen e 3 máis

Sobre as previsións do Goberno galego respecto do establecemento

dalgunha axuda para paliar os danos ocasionados polos temporais

deste inverno nos viais, inmobles e mobiliario do concello de Vilaboa

e, se é o caso, os datos ao respecto 62246

- 21155 (09/POC-003003)

Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

Díaz Pérez, Yolanda, e Sánchez García, Antón

Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-

mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-

tivo que recolla condicións semellantes ás dos demais parques de

bombeiros privatizados, o desenvolvemento da Lei 5/2007, do 7 de

maio, de emerxencias de Galicia, e a recuperación da xestión dos

parques de bombeiros privatizados 62248

- 21159 (09/POC-003004)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da atención da

demanda de diálogo formulada desde o ámbito municipal en rela-

ción co canon de tratamento do lixo en Sogama 62250

SUMARIO

Page 4: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

- 21161 (09/POC-003005)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Docasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máis

Sobre o calendario previsto para a implantación da Lei orgánica para

a mellora da calidade educativa e o seu impacto na comunidade

educativa 62252

- 21167 (09/POC-003006)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre o resultado do proceso de venda de Novagalicia Banco

62254

- 21169 (09/POC-003008)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia para garantir a

devolución íntegra dos seus aforros a todas as persoas afectadas

pola comercialización das participacións preferentes e obrigas sub-

ordinadas 62257

- 21179 (09/POC-003007)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Adán Villamarín, María do Carme

Sobre o cumprimento polo Centro de Atención á Discapacidade

Intelectual de Crecente da normativa vixente para a prestación dos

servizos concertados pola Xunta de Galicia e as razóns do seu

outorgamento a unha orde relixiosa 62260

- 21184 (09/POC-003009)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Adán Villamarín, María do Carme, e Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre a valoración do Goberno galego dos datos do paro feminino,

a fenda salarial entre homes e mulleres e os niveis de exclusión

social destas, as actuacións desenvolvidas para fomentar o seu

emprego e as previsións respecto do deseño e da implementación

do plan anunciado para ese fin, así como as medidas previstas en

materia de corresponsabilidade 62262

- 21199 (09/POC-003011)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

Balseiro Orol, José Manuel e 7 máis

Sobre a valoración da Consellería do Medio Rural e do Mar do

acordo adoptado o 12 de marzo de 2014 na xuntanza dos estados

costeiros do Atlántico Noroeste para a fixación do total admisible de

capturas da xarda e a súa repartición 62265

- 21203 (09/POC-003012)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Sestayo Doce, Beatriz e 2 máis

Sobre a posición que vai defender o Goberno galego en relación coa

privatización do Rexistro Civil e a súa valoración respecto das modi-

ficacións lexislativas proxectadas e iniciadas en materia de xustiza

62267

- 21208 (09/POC-003013)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Rodas Chapela, Daniel, e Jorquera Caselas, Francisco Xesús

Sobre a posición e as medidas adoptadas polo Goberno galego para

o desenvolvemento dun espazo galego de libre decisión nas augas

interiores de Galicia que defenda nos ámbitos político e xudicial as

competencias exclusivas da Comunidade Autónoma en materia de

pesca 62269

- 21213 (09/POC-003014)

Grupo Parlamentario Popular de Galicia

García Pacín, María Isabel e 7 máis

Sobre os datos obxectivos dos trámites realizados no ano 2013 a

través da Oficina Agraria Virtual e do servizo telefónico de atención

ao cidadán 012, a valoración da Consellería do Medio Rural e do

Mar do seu funcionamento dende a súa implantación e as previsións

ao respecto nos sectores agrogandeiro e forestal 62272

- 21236 (09/POC-003015)

Grupo Parlamentario Mixto

Iglesias Sueiro, Carmen

Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia en relación coa

xestión que está a levar a cabo o Consorcio Galego de Igualdade e

Benestar en materia de listaxes para persoal laboral das escolas

infantís, convocatorias e traslados de persoal, así como solicitudes

de conciliación laboral 62275

- 21241 (09/POC-003016)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

García García, Pablo e 2 máis

Sobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia en relación coas

repercusións económicas e medioambientais que tería a eventual

inviabilidade económica da única planta existente en Galicia de tra-

tamento de xurros da produción de porcino, como consecuencia da

reforma do sector eléctrico 62277

- 21243 (09/POC-003017)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

García García, Pablo e 2 máis

SUMARIO

Page 5: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Sobre as razóns dos recortes levados a cabo pola Xunta de Galicia

nas axudas destinadas ao fomento de sistemas de produción de

razas gandeiras autóctonas en réxime intensivo 62279

- 21244 (09/POC-003018)

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis

Sobre os datos referidos á tramitación da denuncia presentada en

marzo de 2012 pola Fiscalía Provincial de Pontevedra respecto da

existencia de fugas e verteduras de augas residuais a causa da

rotura do emisario submarino para o saneamento das augas resi-

duais urbanas de Ribeira e o prazo previsto pola Xunta de Galicia

para o remate deste 62281

- 21250 (09/POC-003019)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Adán Villamarín, María do Carme, e Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre os datos referidos aos plans de restauración ambiental que se

están a executar e as garantías financeiras constituídas polas

empresas adxudicatarias de permisos mineiros, así como as medi-

das adoptadas e previstas polo Goberno galego para garantir que a

extracción deses recursos redunde en beneficio da cidadanía

galega 62284

1.5. Procedementos relativos a outras institucións e órganos1.5.4. De ámbito europeo

1.5.4.1. Unión Europea

Resolución da Presidencia, do 25 de marzo de 2014, pola que se

admite a trámite o escrito das Cortes Xerais polo que se achega

documentación relativa á Consulta sobre a aplicación do principio de

subsidiariedade na Proposta de Regulamento do Parlamento Euro-

peo e do Consello que fixa para o ano civil 2014 unha porcentaxe de

axuste dos pagamentos directos previsto no Regulamento [COM

(2014) 175 final] [2014/0097 (COD)]

-09/UECS-000165 (21359)

Consulta sobre a aplicación do principio de subsidiaridade sobre a

Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello

que fixa para o ano civil 2014 unha porcentaxe de axuste dos paga-

mentos directos previsto no Regulamento [COM (2014) 175 final]

[2014/0097 (COD)] 62286

SUMARIO

Page 6: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

A Mesa do Parlamento, na reunión do 24 de marzo de 2014,adoptou os seguintes acordos

1. Procedementos parlamentarios1.4. Procedementos de información1.4.4. Preguntas

1.4.4.2. Preguntas orais en Comisión

Admisión a trámite, asignación a Comisión e publicación

- 20997 (09/POC-002975)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María TereixaSobre os datos das entregas de leite en que se basea a Con-sellería do Medio Rural e do Mar para predicir unha posiblesobreprodución na actual campaña 2013-2014 e as medidaspostas en marcha e previstas para evitar esa situación, opagamento de sancións e a súa incidencia na competividadedas explotaciónsComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 21002 (09/POC-002976)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre a opinión da Xunta de Galicia respecto do cumpri-mento da legalidade vixente no procedemento seguido noconvenio asinado entre o Concello de Santiago de Compos-tela e un particular para a execución dunha actuación demellora da seguridade viaria e o tráfico rodado nas rúas deGaleras e Domingo García Sabell, así como a eventual para-lización das obrasComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, MedioAmbiente e Servizos

- 21007 (09/POC-002977)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaLosada Álvarez, Abel Fermín e 3 máisSobre a política do Goberno galego en materia de I+D+iComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

- 21011 (09/POC-002978)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 3 máisSobre a vixencia, o balance da Xunta de Galicia e os datosreferidos ao desenvolvemento do programa de colaboraciónasinado no ano 1997 coa Fundación Oso Pardo para o finan-

ciamento de actividades de conservación e a promoción erealización de actividades de educación ambiental nos cen-tros escolares da zona oseira galegaComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, MedioAmbiente e Servizos

- 21017 (09/POC-002980)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María Tereixa e 3 máisSobre as posibles consecuencias para a edición educativa deGalicia, a cultura e a lingua galegas da licitación dunha pla-taforma dixital de contidos educativos pola Axencia para aModernización Tecnolóxica de Galicia e as actuacións pre-vistas polo Goberno galego para evitalasComisión 4ª, Educación e Cultura

- 21021 (09/POC-002981)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPombo Rodríguez, Cosme EladioSobre as actuacións previstas polo Goberno galego pararesolver a situación que padece o Conservatorio Profesionalde Música de Vilalba a causa das deficiencias que presenta acuberta do edificio en que se atopaComisión 4ª, Educación e Cultura

- 21022 (09/POC-002982)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBalseiro Orol, José Manuel e 9 máisSobre as medidas que está a levar a cabo o Goberno galegopara o cumprimento do acordo parlamentario referido áatención dos pacientes oncolóxicos da Mariña lucense noHospital da Costa, en Burela, e as previsións ao respectoComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 21023 (09/POC-002983)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBalseiro Orol, José Manuel e 9 máisSobre o ámbito territorial de aplicación, o número de posiblesbeneficiarios e os principais beneficios que se pretenden obterco programa de retinografías en atención primaria que vaiimpulsar o Sergas nos centros de saúde de Burela e de Viveiro,así como a súa incidencia nos desprazamentos dos doentesComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 21031 (09/POC-002984)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

62178

Número 26126 de marzo de 2014

Page 7: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Adán Villamarín, María do Carme e 2 máisSobre as actuacións desenvolvidas polo Goberno galegopara evitar a desaparición da empresa Pescanova e o mante-mento dos seus postos de traballo, así como o futuro previstopara esta empresaComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

- 21041 (09/POC-002985)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María TereixaSobre os datos referidos ás sociedades de fomento forestal exis-tentes na actualidade e previstas en Galicia, así como a valora-ción do seu funcionamento en función dos resultados acadadosComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 21042 (09/POC-002986)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María TereixaSobre os datos referidos ás parcelas incorporadas ao Bancode Terras de Galicia dende a entrada en vigor da nova lexis-lación e a tramitación das solicitudes presentadas, así comoa valoración do funcionamento dese banco en función dosresultados acadadosComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 21049 (09/POC-002988)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María TereixaSobre a valoración do Goberno galego da eventual implan-tación dun novo imposto para o sector vitivinícola, a reali-zación dalgunha avaliación do seu impacto e as actuaciónslevadas a cabo e previstas diante do Goberno central paraevitar a súa creaciónComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 21055 (09/POC-002989)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaBeiras Torrado, Xosé Manuel e 2 máisSobre o impacto para a progresividade fiscal e o autogo-berno galego das conclusións recollidas no chamadoInforme da Comisión de Expertos para a Reforma do Sis-tema TributarioComisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

- 21085 (09/POC-002990)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

Adán Villamarín, María do Carme, e Jorquera Caselas, Fran-cisco XesúsSobre os problemas existentes para lles impedir ás persoasusuarias do Centro de Atención para Persoas con Discapaci-dade O Souto de Leixa, de Ferrol, o uso do vaso terapéuticoexistente no Centro de Educación Especial Terra de Ferrol, eas previsións da Xunta de Galicia ao respectoComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 21087 (09/POC-002991)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSánchez García, AntónSobre a vixencia da declaración de impacto ambiental doproxecto presentado por Mineira de Corcoesto para a extrac-ción de ouro e as intencións da Xunta de Galicia respecto dasúa anulaciónComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

- 21095 (09/POC-002992)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPaz Franco, María Tereixa, e Adán Villamarín, María doCarmeSobre as razóns da demora na posta en funcionamento daResidencia da Terceira Idade do Carballiño, as actuaciónslevadas a cabo para a súa dotación do persoal necesario e aposibilidade de privatizar a súa xestión, así como as previ-sións ao respectoComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 21103 (09/POC-002993)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén, e Jorquera Caselas, FranciscoXesúsSobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia paragarantir a aplicación efectiva da sentenza que anula oimposto sobre as vendas retallistas de determinados hidro-carburos aos consumidores afectadosComisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

- 21108 (09/POC-002994)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaFajardo Recouso, Juan ManuelSobre a información emitida pola CRTVG en relación coconflito e as mobilizacións da frota galega do cercoComisión Permanente non Lexislativa de Control da Com-pañía da RTVG

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 26126 de marzo de 2014

62179

Page 8: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

- 21112 (09/POC-002995)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaBurgo López, María Concepción e 4 máisSobre os elementos que está a retirar a Xunta de Galicia doedificio do antigo Hospital Materno-Infantil de Lugo, o seulugar de traslado e o uso que van ter, así como o destino pre-visto pola Consellería de Sanidade para ese edificioComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 21116 (09/POC-003010)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel, e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia diantedo Goberno central para lles garantir aos mariñeiros galegosembarcados na frota de altura, grande altura e mariña mer-cante o exercicio efectivo do dereito ao voto nas elecciónsao Parlamento Europeo do 25 de maio de 2014Comisión 8ª, Pesca e Marisqueo

- 21119 (09/POC-002996)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana BelénSobre os datos referidos ás inspeccións realizadas polaXunta de Galicia no vertedoiro de residuos non perigososderivado da mellora do Plan de restauración do espazonatural A Canteira de Miramontes, no concello de Santiagode CompostelaComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, MedioAmbiente e Servizos

- 21126 (09/POC-002997)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoJorquera Caselas, Francisco XesúsSobre as propostas da denominada Comisión de Expertospara a Reforma do Sistema Tributario EspañolComisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

- 21132 (09/POC-002998)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén, e Pombo Rodríguez, CosmeEladioSobre as actuacións concretas previstas pola Xunta de Gali-cia no ámbito educativo para o curso 2014-2015 para o cum-primento da Lei para o aproveitamento da lingua portuguesae vínculos coa lusofoníaComisión 4ª, Educación e Cultura

- 21138 (09/POC-002999)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSánchez Bugallo, José Antonio e 2 máisSobre a autorización concedida polo Concello de Santiagode Compostela a unha empresa para a execución da obradenominada ‘Proxecto básico e de execución para a modifi-cación dos viarios e reforma de accesos a aparcamento nasrúas de Galeras e Domingo García Sabell’Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, MedioAmbiente e Servizos

- 21140 (09/POC-003000)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGallego Calvar, María Carmen e 5 máisSobre as razóns da Xunta de Galicia para excluír o Concellode Vilaboa da negociación do futuro transporte metropoli-tano de VigoComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, MedioAmbiente e Servizos

- 21143 (09/POC-003001)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGallego Calvar, María Carmen e 3 máisSobre as previsións do Goberno galego respecto do estable-cemento dalgunha axuda para paliar os danos ocasionadospolos temporais deste inverno nos viais, inmobles e mobilia-rio do concello de Vilaboa e, se é o caso, os datos ao respectoComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustizae Interior

- 21155 (09/POC-003003)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaDíaz Pérez, Yolanda, e Sánchez García, AntónSobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para oasinamento pola empresa concesionaria Nanutecnia dunconvenio colectivo que recolla condicións semellantes ásdos demais parques de bombeiros privatizados, o desenvol-vemento da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias deGalicia, e a recuperación da xestión dos parques de bombei-ros privatizadosComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustizae Interior

- 21159 (09/POC-003004)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

62180

Número 26126 de marzo de 2014

Page 9: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da atenciónda demanda de diálogo formulada desde o ámbito municipalen relación co canon de tratamento do lixo en SogamaComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, MedioAmbiente e Servizos

- 21161 (09/POC-003005)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaDocasar Docasar, Ricardo Vicente e 2 máisSobre o calendario previsto para a implantación da Lei orgá-nica para a mellora da calidade educativa e o seu impacto nacomunidade educativaComisión 4ª, Educación e Cultura

- 21167 (09/POC-003006)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoJorquera Caselas, Francisco XesúsSobre o resultado do proceso de venda de NovagaliciaBancoComisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

- 21169 (09/POC-003008)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoJorquera Caselas, Francisco XesúsSobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia paragarantir a devolución íntegra dos seus aforros a todas as per-soas afectadas pola comercialización das participacións pre-ferentes e obrigas subordinadasComisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos

- 21179 (09/POC-003007)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do CarmeSobre o cumprimento polo Centro de Atención á Discapaci-dade Intelectual de Crecente da normativa vixente para aprestación dos servizos concertados pola Xunta de Galicia eas razóns do seu outorgamento a unha orde relixiosaComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 21184 (09/POC-003009)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do Carme, e Pontón Mondelo, AnaBelénSobre a valoración do Goberno galego dos datos do parofeminino, a fenda salarial entre homes e mulleres e os niveisde exclusión social destas, as actuacións desenvolvidas para

fomentar o seu emprego e as previsións respecto do deseño eda implementación do plan anunciado para ese fin, así comoas medidas previstas en materia de corresponsabilidadeComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 21199 (09/POC-003011)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaBalseiro Orol, José Manuel e 7 máisSobre a valoración da Consellería do Medio Rural e do Mardo acordo adoptado o 12 de marzo de 2014 na xuntanza dosestados costeiros do Atlántico Noroeste para a fixación dototal admisible de capturas da xarda e a súa reparticiónComisión 8ª, Pesca e Marisqueo

- 21203 (09/POC-003012)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaSestayo Doce, Beatriz e 2 máisSobre a posición que vai defender o Goberno galego en rela-ción coa privatización do Rexistro Civil e a súa valoraciónrespecto das modificacións lexislativas proxectadas e inicia-das en materia de xustizaComisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustizae Interior

- 21208 (09/POC-003013)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoRodas Chapela, Daniel, e Jorquera Caselas, Francisco XesúsSobre a posición e as medidas adoptadas polo Gobernogalego para o desenvolvemento dun espazo galego de libredecisión nas augas interiores de Galicia que defenda nosámbitos político e xudicial as competencias exclusivas daComunidade Autónoma en materia de pescaComisión 8ª, Pesca e Marisqueo

- 21213 (09/POC-003014)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaGarcía Pacín, María Isabel e 7 máisSobre os datos obxectivos dos trámites realizados no ano 2013a través da Oficina Agraria Virtual e do servizo telefónico deatención ao cidadán 012, a valoración da Consellería do MedioRural e do Mar do seu funcionamento dende a súa implantacióne as previsións ao respecto nos sectores agrogandeiro e forestalComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 21236 (09/POC-003015)Grupo Parlamentario Mixto

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 26126 de marzo de 2014

62181

Page 10: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Iglesias Sueiro, CarmenSobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia en rela-ción coa xestión que está a levar a cabo o Consorcio Galegode Igualdade e Benestar en materia de listaxes para persoallaboral das escolas infantís, convocatorias e traslados de per-soal, así como solicitudes de conciliación laboralComisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego

- 21241 (09/POC-003016)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGarcía García, Pablo e 2 máisSobre as medidas previstas pola Xunta de Galicia en rela-ción coas repercusións económicas e medioambientais quetería a eventual inviabilidade económica da única plantaexistente en Galicia de tratamento de xurros da produción deporcino, como consecuencia da reforma do sector eléctricoComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 21243 (09/POC-003017)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGarcía García, Pablo e 2 máisSobre as razóns dos recortes levados a cabo pola Xunta deGalicia nas axudas destinadas ao fomento de sistemas deprodución de razas gandeiras autóctonas en réxime intensivoComisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes

- 21244 (09/POC-003018)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaVilán Lorenzo, Patricia e 2 máisSobre os datos referidos á tramitación da denuncia presen-tada en marzo de 2012 pola Fiscalía Provincial de Ponteve-dra respecto da existencia de fugas e verteduras de augasresiduais a causa da rotura do emisario submarino para osaneamento das augas residuais urbanas de Ribeira e o prazoprevisto pola Xunta de Galicia para o remate desteComisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, MedioAmbiente e Servizos

- 21250 (09/POC-003019)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoAdán Villamarín, María do Carme, e Pontón Mondelo, AnaBelénSobre os datos referidos aos plans de restauración ambientalque se están a executar e as garantías financeiras constituí-das polas empresas adxudicatarias de permisos mineiros, asícomo as medidas adoptadas e previstas polo Goberno galego

para garantir que a extracción deses recursos redunde enbeneficio da cidadanía galegaComisión 6ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2014Miguel Ángel Santalices Vieira

Vicepresidente 1º

1.5. Procedementos relativos a outras institucións e órganos1.5.4. De ámbito europeo

1.5.4.1. Unión Europea

Resolución da Presidencia, do 25 de marzo de 2014, pola que

se admite a trámite o escrito das Cortes Xerais polo que se

achega documentación relativa á Consulta sobre a aplicación

do principio de subsidiariedade na Proposta de Regulamento

do Parlamento Europeo e do Consello que fixa para o ano

civil 2014 unha porcentaxe de axuste dos pagamentos direc-

tos previsto no Regulamento [COM (2014) 175 final]

[2014/0097 (COD)]

-09/UECS-000165 (21359)Consulta sobre a aplicación do principio de subsidiaridadesobre a Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo edo Consello que fixa para o ano civil 2014 unha porcentaxede axuste dos pagamentos directos previsto no Regulamento[COM (2014) 175 final] [2014/0097 (COD)]

No Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia tivo entrada, conúmero 21359, o escrito das Cortes Xerais polo que seachega documentación relativa á solicitude da ComisiónMixta para a Unión Europea en relación coa consulta sobrea aplicación do principio de subsidiariedade na Proposta deRegulamento do Parlamento Europeo e do Consello que fixapara o ano civil 2014 unha porcentaxe de axuste dos paga-mentos directos previsto no Regulamento [COM (2014) 175final] [2014/0097 (COD)].

Conforme o establecido na norma segunda das Normasreguladoras do procedemento para o control do principio desubsidiariedade nos proxectos lexislativos da Unión Euro-pea (nos BOPG núms. 276, do 16 de xullo de 2010, e 446,do 7 de abril de 2011), resolvo:

1º. Trasladarlles o referido escrito á Comisión de AsuntosEuropeos e aos portavoces dos grupos parlamentarios e

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

62182

Número 26126 de marzo de 2014

Page 11: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

ordenar a súa publicación no Boletín Oficial do Parlamentode Galicia.

2º. Conforme o disposto na norma terceira das citadas nor-mas, no prazo dos dez días naturais seguintes á remisión doproxecto de acto lexislativo, os grupos parlamentarios pode-rán presentar propostas de ditame motivado nas que deberánexpoñer as razóns polas que consideran que o proxecto deacto lexislativo da Unión Europea resulta contrario, en todoou en parte, ao principio de subsidiariedade.

As propostas de ditame motivado presentaranse ante a Mesada Comisión Permanente non Lexislativa para Asuntos

Europeos, que as cualificará e admitirá a trámite se reúnenos requisitos establecidos neste acordo.

A ausencia de propostas de ditame determinará a finaliza-ción do procedemento.

3º. Dar conta desta resolución na próxima reunión da Mesaque teña lugar.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2014

Pilar Rojo NogueraPresidenta

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 26126 de marzo de 2014

62183

Page 12: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Tereixa Paz Franco, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa ás

actuacións da Xunta de Galiza ante a previsión de que as explotación lácteas

galegas se vexan sometidas a unha multa por sobreprodución.

Nos últimos días teñen aparecido diversas informacións en relación con

que como consecuencia da situación conxuntural pola que está atravesando o

sector lácteo en Galiza se produciu un incremento das entregas que mesmo

podería provocar que as explotacións galegas se visen inmersas nun proceso de

sancións por sobreprodución.

Cando faltan menos de medio mes para a finalización da campaña

2013/2014 a propia Conselleira do Medio Rural fixo unhas declaracións públicas

das que se desprendía que a teor das entregas que se van coñecendo se podería

producir esta situación.

A xuízo do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego, de se

cumpriren os vaticinios da Conselleira, estaríamos ante un grave problema para

as explotacións que apenas levan uns meses podendo recuperarse da adversa

situación que padeceron durante os catro anos anteriores de permanentes prezos

en orixe insuficientes para cubrir gastos de produción e de gastos fixos tanto de

alimentación de gando como de subministros enerxéticos crecentes.

62184

Page 13: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Por esta razón queremos pensar que alén de facer estas declaracións o

Goberno galego iniciaría algún tipo de actuación para evitar esta situación e en

todo caso orientada a evitar que no caso de que se produza esa sobreprodución

evitar sancións económicas ás explotacións, máxime nun escenario no que nos

enfrontamos á última campaña de produción continxentada e que polo tanto os e

as explotacións galegas deberan ter un trato que lles permita que no novo

escenario poidan competir.

Estas son as razóns polas que se formulan as seguintes preguntas para a

súa resposta oral en Comisión:

1.- Cales son os datos de entregas e as previsións até a finalización da

actual campaña que fan que a Consellaría do Medio Rural augure un escenario de

posíbel sobreprodución?

2.- Existe algún estudo de proxección dos resultados tanto de entregas en

Galiza como no resto do Estado que poidan indicarnos a probabilidade de

ocorrencia dese escenario?

3.- De ser así, ten iniciado algunha actuación para evitar dita situación ou

no seu caso para que as explotacións non teñan que facer fronte a ningún tipo de

pago de sancións por sobreprodución?

4.- De ser así, cales e con qué resultados?

5.- Considera que sería admisíbel que as explotacións galegas se visen

sometidas a estas sancións a un ano da desaparición definitiva das cotas lácteas?

62185

Page 14: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

6.- Non cre que esta situación as poría aínda en peor posición de competir

no momento de iniciarse o novo escenario sen mecanismos de continxentación da

produción?

7.- Que medidas ten previsto adoptar o Goberno, no seu caso, para evitar

estes prexuízos ás explotacións lácteas?

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014

Asdo.: Tereixa Paz Franco

Deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Tareixa Paz Franco na data 17/03/2014 19:07:24

62186

Page 15: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

A Xunta do Goberno Local de Santiago de Compostela adoptou acordo relativo

á aprobación dun convenio cun particular para a execución de “actuación e mellora de

seguridade viaria e o tráfico rodado nas rúas de Galeras e Domingo García Sabell”. O

proxecto ten por finalidade, por unha parte, as obras de urbanización para a execución

da rotonda na rúa Galeras na súa conexión con García Sabell e dun vieiro de acceso ao

aparcadoiro situado na planta soto-1 que se atopa baixo os edificios residenciais.

Ocúpase parcialmente para este fin a parcela do parque de Galeras lindeiras con estes

edificios, que non está integrada no viario no PXOM.

O cambio de uso non foi sometido a información pública e a veciñanza

directamente afectada observa indicios de ilegalidade na tramitación do expediente,

observación corroborada pola fiscalía que aceptou a trámite a súa denuncia.

Por todo isto desde o BNG vimos manifestando dúbidas sobre o procedemento

de tramitación e o interese das obras previstas. Coa finalidade de coñecer a opinión da

Xunta de Galiza en relación coa tramitación deste convenio e a súa adecuación á

legalidade vixente formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral en

comisión:

62187

Page 16: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

-Considera a Xunta de Galiza que o procedemento seguido no Convenio asinado

polo Concello de Santiago cun particular para a execución de “actuación e mellora de

seguridade viaria e o tráfico rodado nas rúas de Galeras e Domingo García Sabell” se

adecúa ao legalmente establecido?

-Considera a Xunta de Galiza que tendo en conta a oposición social a este

proxecto deben paralizarse estas obras?

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 18/03/2014 09:44:21

62188

Page 17: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Abel Losada Alvarez, Concepción Burgo López, José Manuel Gallego

Lomba e Beatriz Sestayo Doce, deputados e deputadas pertencentes ao

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no

artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

pregunta para a súa resposta oral en Comisión 6.ª, Industria, Enerxía,

Comercio e Turismo.

No mundo globalizado actual, a estratexia acaída ten que ser considerar o

I+D+i como o principal elemento das economías para competir con vantaxes.

As decisións de política económica dos gobernos da dereita, lévannos por

outro camiño, que é competir vía salarios, e polo tanto, ter cada vez

sociedades mais empobrecidas e mais desiguais.

Alí onde goberna a dereita, e Galicia non é unha excepción, o gasto en I+D+i

retrocede. Na nosa comunidade estábamos xa por baixo da media española e

ademais o retroceso foi maior, o derradeiro dato feito público, sinala un

esforzo en I+D+i do 0.87 % do PIB, aos niveis de Turquía ou Ucraína.

Mentres a media europea supera xa o 2 % do PIB e continúa a súa liña

ascendente co obxectivo de acadar o 3 % en 2020, obxectivo ao que os

gobernos da dereita, tanto o de Galicia como o de España teñen renunciado

formalmente.

Isto colócanos nunha situación de desvantaxe para afrontar dunha maneira

satisfactoria a saída da crise e a consolidación dun modelo económico baseado

no coñecemento, xa que existe unha clara correlación directa entre o

crecemento económico e o gasto interno en I+D+i.

Esta opción política dos gobernos da dereita, fixo que a comunidade científica

propuxera unha serie de medidas e actuacións concretas no chamado

"Colectivo Carta pola Ciencia" que dende o Partido Socialista galego

subscribimos enteiramente.

Tras más de cinco anos deste goberno, ten habido tempo máis que suficiente

para darse conta do erro económico e social que ten suposto esta política de

recortes, salvo que en realidade non sexa un erro, senón unha estratexia

claramente definida para a través dunha depreciación interna e os recortes,

62189

Page 18: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

mudar o modelo económico e social deste país.

Por todo o exposto, os deputados e as deputadas que asinan formulan as

seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Está satisfeito o Goberno galego coas cifras que nos orzamentos se

dedican a I+D+i?

2. Cree o Goberno galego que estas cifras permiten manter no tempo o

esforzo de investigación e innovación do país?

3. Cree o Goberno galego que a súa política de I+D+i está obtendo os

resultados desexados?

4. Cales cree o Goberno galego que son as razóns polas que os diferentes

axentes económicos implicados nos procesos de I+D+i mostran a súa

inquedanza e preocupación?

5. Cal é a estratexia económica do Goberno galego en relación coa

política de I+D+i?

6. En caso de existir, están cuantificados os obxectivos desta estratexia?

7. Existe unha estratexia dentro do goberno galego para a cooperación real

entre as consellerías de Economía e Industria e de Cultura, Educación e

Ordenación Universitaria?

8. En caso de existir, cales son os seus procedementos e os seus

obxectivos?

Pazo do Parlamento, 14 de marzo de 2014

Asdo.: Abel Losada Alvarez

Concepción Burgo López

José Manuel Gallego Lomba

Beatriz Sestayo Doce

Deputados e deputada do G.P. dos Socialistas de Galicia

62190

Page 19: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por: Abel Fermín Losada Álvarez na data 18/03/2014 09:43:16 María Concepción Burgo López na data 18/03/2014 09:43:23

José Manuel Gallego Lomba na data 18/03/2014 09:43:32 Beatriz Sestayo Doce na data 18/03/2014 09:43:37

62191

Page 20: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Patricia Vilán Lorenzo, Carmen Gallego Calvar, Raúl Fernández

Fernández e José Antonio Sánchez Bugallo, deputadas e deputados

pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao

abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan

ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión

2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e

Servizos.

O convenio marco firmado entre a Xunta de Galicia e a Fundación Oso

Pardo no ano 1997 establecía un programa permanente de colaboración, o

financiamento de actividades de conservación e a promoción e

desenvolvemento de actividades de educación ambiental nos centros

escolares da zona oseira en Galicia.

Que se saiba, o programa segue a estar vixente na actualidade. Pero nada

sabemos da súa evolución en 17 anos:

1º Nada sabemos das actividades de educación ambiental nos centros

escolares da nosa zona oseira.

2º Nada sabemos da posible realización de itinerarios didácticos.

3º Nada sabemos das posibles charlas co alumnado, nin de Primaria nin

de Secundaria.

Por iso esta iniciativa.

Polo exposto, a deputada e os deputados que asinan formulan as seguintes

preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Segue a estar vixente o programa de colaboración mencionado ou foi

substituído por outro?

2. Se a resposta á pregunta anterior fose positiva, cal é o balance do

programa que fai a Xunta de Galicia?

3. Que actividades de conservación ten levado a cabo a Xunta de

Galicia nestes anos?

4. Que actividades de educación ambiental nos centros escolares da

zona oseira autonómica se teñen desenvolvido nestes anos?

62192

Page 21: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

5. Desenvolveu a Xunta de Galicia itinerarios didácticos?

6. Desenvolveu a Xunta de Galicia charlas co alumnado, de Primaria ou

de Secundaria?

7. Se as respostas fosen positivas, cantos escolares participaron nestas

actividades de educación ambiental?

Pazo do Parlamento, 13 de marzo de 2014

Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo

Carmen Gallego Calvar

Raúl Fernández Fernández

José Antonio Sánchez Bugallo

Deputada e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por: Patricia Vilán Lorenzo na data 18/03/2014 09:46:15 María Carmen Gallego Calvar na data 18/03/2014 09:46:22

Raúl Fernández Fernández na data 18/03/2014 09:46:24 José Antonio Sánchez Bugallo na data 18/03/2014 09:46:29

62193

Page 22: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Tereixa Paz Franco, Cosme Pombo Rodríguez, Ana Belén Pontón Mondelo

e María do Carme Adán Villamarín, deputadas e deputado do Grupo Parlamentar

do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da

Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa

ao impacto da licitación da plataforma de contidos dixitais educativos por parte da

AMTEGA para a edición educativa galega.

Nas últimas semanas o Presidente da Xunta de Galiza fixo un anuncio en

relación coa implantación no sistema educativo da nosa nación dunha plataforma dixital

de contidos educativos, mais sen que se explicase nunca o seu contido nin a forma de

implantación e xestión.

Paralelamente a AMTEGA ven de publicar un anuncio de información previa

para a contratación do desenvolvemento dun entorno virtual de aprendizaxe de entornos

educativos por un montante de 6 millóns de euros sen IVE.

A teor das condicións establecidas para este concurso existe un temor moi

xeneralizado acerca de que o adxudicatario poida acabar resultando algún grupo

editorial foráneo sen actividade até a data actual en Galiza e que tampouco conte con

experiencia na edición en lingua galega.

Esta situación podería provocar graves problemas para a edición educativa

galega, mesmo poderíamos estar ante o proceso da súa definitiva liquidación. A xuízo

do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego de permitirse esta situación por

parte de Goberno galego estaríamos ante un duro golpe a un sector económico

relevante, mais sobre todo ante unha agresión de consecuencias incalculábeis á nosa

cultura e á nosa lingua propias.

62194

Page 23: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Estas son as razóns polas que formulamos as seguintes preguntas para a súa

resposta oral en Comisión:

1.- Cales son as previsións da Xunta de Galiza en relación coa adxudicación

desta plataforma?

2.- Ten analizado a posibilidade de que acabe recaendo nalgunha empresa que

non só non teña experiencia por traballos desenvolvidos en Galiza senón que mesmo

careza de experiencia na edición na nosa lingua propia?

3.- Ten avaliado as consecuencias desa eventual situación para a edición

educativa galega?

4.- Non cre que comprometería, de producirse, de forma seria o futuro de moitas

empresas editoriais no noso país?

5.- Como avalía o impacto desa situación non só en termos económicos senón

tamén para a nosa cultura e a nosa lingua?

6.- Ten previsto realizar algunha actuación evitar a situación descrita?

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Asdo.: Tereixa Paz Franco

Cosme Pombo Rodríguez

Ana Belén Pontón Mondelo

María do Carme Adán Villamarín

Deputadas e deputado do G.P. do BNG

62195

Page 24: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Asinado dixitalmente por:

María Tareixa Paz Franco na data 18/03/2014 10:31:10

Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 18/03/2014 10:31:16

Ana Belén Pontón Mondelo na data 18/03/2014 10:31:20

María do Carme Adán Villamarín na data 18/03/2014 10:31:25

62196

Page 25: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Cosme Pombo Rodríguez, deputado do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa á

necesidade de solucionar os problemas de humidades e goteiras do CMUS de

Vilalba.

O Conservatorio Profesional de Música de Vilalba, ubicado no Auditorio

“Carmen Estévez”, é unha infraestrutura educativa importante para a comarca da

Terra Chá e para o sistema educativo galego. Mais a día de hoxe ten unha serie

de deficiencias que impiden impartir as ensinanzas musicais nunhas condicións

de calidade, seguridade e dignidade que deberían estar garantidas nun sistema

público.

As deficiencias fundamentais que presenta o Auditorio de Vilalba son

debidas a problemas de humidades e goteiras na cuberta do edificio inaugurado

no ano 1997; deficiencias que veñen de vello, deficiencias que aumentaron neste

inverno, deficiencias que poden derivar nun deterioro importante da edificación e

que pode afectar á seguridade da mesma se non se toman, con urxencia, as

medidas oportunas para a súa solución.

Cómpre resaltar que no Auditorio desenvólvense as actividades das

ensinanzas musicais do CMUS Profesional de Vilalba, arredor de 200 alumn@s

que estudan o grao medio das ensinanzas musicais de 16 instrumentos, mais

tamén oferta outros servizos culturais e sociais do Concello de Vilalba; mesmo

hai actividades con proxección comarcal ou mesmo provincial.

62197

Page 26: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

A situación de deterioro das cubertas do Auditorio deu lugar a protestas

públicas convocadas por representantes dos pais do Consello Escolar do

Conservatorio e secundadas por un número importante de usuarios do propio

auditorio.

Mesmo o Concello de Vilalba manifestou a necesidade de acometer as

obras de reparación das deficiencias denunciadas así como a necesidade de axuda

por parte da propia Xunta de Galiza para solucionar o problema.

O Grupo Parlamentar do BNG comparte a preocupación dos

representantes dos pais/mais do Conservatorio de Música de Vilalba e dos

usuarios do Auditorio, e entende como urxente a reparación das deficiencias que

impiden desenvolver con normalidade as actividades ensinanzas musicais cos

parámetros de calidade necesarios e mesmo as demais actividades que se

desenvolven no Auditorio.

Polo exposto formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta oral

en Comisión:

1.- É consciente a Consellaría de Educación da situación na que se están a

impartir as aulas de ensinanzas artísticas no CMUS Profesional de Vilalba?

2.- Comparte a Consellería a necesidade de reparación urxente dos

problemas detectados na Cuberta do Auditorio de Vilalba?

3.- Recibiu a Xunta de Galiza algunha solicitude de axuda, por parte do

Concello de Vilalba, para solucionar os problemas detectados na Cuberta do

Auditorio Carmen Estévez?

62198

Page 27: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4.- Recibiu a Consellería de Cultura e Educación algunha solicitude de

axuda para a resolución do problema?

5.- Qué previsións manexa a Xunta de Galiza para a solución definitiva

dos problemas que afectan a alumnado e profesorado do CMUS Profesional de

Vilalba?

6.- Hai garantías de que se solucionarán os problemas antes do inicio do

vindeiro curso (setembro de 2014)?

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2014

Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez

Deputado do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 18/03/2014 10:47:06

62199

Page 28: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Á Mesa do Parlamento

José Manuel Balseiro Orol, Vidal Martínez-Sierra López, Miguel A. Santalices Vieira, Javier Dorado Soto, Jaime Iñiguez Martínez, Rosa Oubiña Solla, Aurelio Núñez Centeno, Marta Rodríguez Arias, Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez e Miguel Tellado Filgueira, deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara presentan, ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión. Con data 10 de outubro de 2013 a Comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego, aprobaba –a iniciativa das deputadas e deputados do Grupo Popular– o seguinte acordo: O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a atender os pacientes oncolóxicos da Mariña lucense –durante a maior parte posible do seu proceso– no lugar máis próximo ao seu domicilio, no Hospital da Costa, en Burela. Defendíamos a importancia de dotar a este centro público hospitalario deste novo servizo e, máis en concreto, dos espazos, tecnoloxía e profesionais necesarios para que o maior número posible dos pacientes oncolóxicos –acompañados moitas veces polas súas familias- non se viran obrigados a desprazarse ata a cidade Lugo ou á Coruña para recibir o seu tratamento. En relación con esta cuestión, os deputados asinantes, formulan as seguintes preguntas:

1. Que medidas está a desenvolver o Goberno galego para dar

cumprimento ao acordo parlamentario ao que fixemos referencia?

62200

Page 29: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

2. Que previsión ten o Goberno galego en relación coa posta en marcha deste novo servizo no Hospital público da Mariña lucense, isto é, no Hospital da Costa de Burela?

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014 Asinado dixitalmente por:

José Manuel Balseiro Orol na data 18/03/2014 10:59:55 Vidal Martínez-Sierra López na data 18/03/2014 11:00:06

Miguel Ángel Santalices Vieira na data 18/03/2014 11:00:14 Javier Dorado Soto na data 18/03/2014 11:00:26 Jaime Iñíguez Martínez na data 18/03/2014 11:00:35

Rosa Oubiña Solla na data 18/03/2014 11:00:46

Aurelio Alfonso Núñez Centeno na data 18/03/2014 11:00:53

Marta Rodríguez Arias na data 18/03/2014 11:01:02 Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez na data 18/03/2014 11:01:06 Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 18/03/2014 11:01:31

62201

Page 30: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Á Mesa do Parlamento

José Manuel Balseiro Orol, Vidal Martínez-Sierra López, Miguel A. Santalices Vieira, Javier Dorado Soto, Jaime Iñiguez Martínez, Rosa Oubiña Solla, Aurelio Núñez Centeno, Marta Rodríguez Arias, Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez e Miguel Tellado Filgueira, deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara presentan, ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión. O Servizo de Oftalmoloxía do hospital público da Mariña lucense, en colaboración con oftalmólogos do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol, organizou obradoiros de retinografía para os profesionais de Atención Primaria dos centros de saúde de Burela e Viveiro. O obxectivo destes obradoiros é formar ao maior número de profesionais posible para potenciar este tipo de consultas nestes centros sanitarios e aumentar o número de pacientes atendidos. Con esta iniciativa, o Servizo Galego de Saúde busca acercar a realización desta proba oftalmolóxica aos usuarios, mellorando, polo tanto, a atención que se lles presta. O Servizo Galego de Saúde impulsará nestes dous centros de saúde –e nos seus concellos de influencia- o programa de retinografías en Atención Primaria, para o cribado por telemedicina. Ditos centros serán dotados, en consecuencia, dos correspondentes retinógrafos para a realización das probas. En relación con este asunto, os deputados asinantes, formulan as seguintes preguntas:

1. Cal é o ámbito de aplicación territorial deste programa e o

número de potenciais beneficiarios do mesmo?

2. Que pacientes resultan máis beneficiados coa posta en marcha deste programa?

62202

Page 31: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

3. Cales son os principais beneficios que se pretenden obter con

este programa? E, en relación cos mesmos ¿contribuirá esta medida a reducir os desprazamentos dos pacientes a outros centros máis afastados de seu concello de residencia?

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Asinado dixitalmente por: José Manuel Balseiro Orol na data 18/03/2014 11:02:34 Vidal Martínez-Sierra López na data 18/03/2014 11:02:42

Miguel Ángel Santalices Vieira na data 18/03/2014 11:02:51 Javier Dorado Soto na data 18/03/2014 11:03:03

Jaime Iñíguez Martínez na data 18/03/2014 11:03:12 Rosa Oubiña Solla na data 18/03/2014 11:03:20 Aurelio Alfonso Núñez Centeno na data 18/03/2014 11:03:27

Marta Rodríguez Arias na data 18/03/2014 11:03:35 Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez na data 18/03/2014 11:03:39

Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 18/03/2014 11:03:47

62203

Page 32: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

María do Carme Adán Villamarín, Daniel Rodas Chapela e Francisco

Xesús Jorquera Caselas, deputada e deputados do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral na Comisión 6ª.

Pescanova corre o risco de desaparecer. O Presidente Feijóo pediu que isto non

ocorra diante dos medios de comunicación. Tendo presente que esta empresa foi

receptora dunha grande cantidade de fondos públicos e ante a negativa do PP de aceptar

a Comisión de Investigación sobre o estado financeiro de Pescanova e o uso realizado

polas empresas das axudas públicas recibidas do Goberno Galego, formúlanse as

seguintes preguntas para a súa resposta oral na Comisión 6ª:

1. Que accións desenvolveu o goberno para que non desapareza Pescanova?

2. Que accións desenvolveu o goberno para o mantemento dos postos de

traballo?

3.Que hipóteses de futuro sobre PESCANOVA contempla o Goberno Galego?

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Asdo.: María do Carme Adán Villamarín

Daniel Rodas Chapela

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Deputada e deputados do G.P. do BNG

62204

Page 33: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Asinado dixitalmente por:

María do Carme Adán Villamarín na data 18/03/2014 11:34:06

Daniel Rodas Chapela na data 18/03/2014 11:34:19

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 18/03/2014 11:34:26

62205

Page 34: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Tereixa Paz Franco, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa á

avaliación dos resultados da política de impulso das Sociedades de Fomento Forestal

(SOFOR).

Transcorrido máis de ano e medio ano da entrada en vigor da lei de montes e

case catro anos desde a aprobación do decreto polo que se regulan as Sociedades de

Fomento Forestal, o seu funcionamento e impulso considera este Grupo que é unha

marxe temporal suficiente para realizar unha avaliación dos resultados da súa

actividade.

As SOFOR veñen sendo presentadas polo Goberno da Xunta e polo Partido

Popular como a única solución para dar resposta á actual situación de excesiva

fragmentación da propiedade forestal e polo tanto ao elemento fundamental que

condiciona o desenvolvemento do potencial produtivo do noso monte.

Porén, até o momento actual e a pesar do tempo transcorrido non se teñen

constatado grandes avances neste ámbito nin se coñecen proxectos que se teñan

desenvolvido ao abeiro desta “nova” figura mercantil.

Estas son as razóns polas que se formulan as seguintes preguntas para a súa

resposta oral en Comisión:

1.- Cantas Sociedades de Fomento Forestal hai actualmente en Galiza?

62206

Page 35: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

2.- A canta superficie forestal atinxen?

3.-En que lugares e que tipo de proxecto de xestión desenvolven?

4.- Cantas máis están en fase de inminente inicio?

5. Canta superficie se prevé agrupar con estas SOFOR?

6.- Que tipo de proxectos produtivos van levar a cabo?

7.- Cantos postos de traballo prevén crear ou consolidar con estes proxectos?

8.-Logo de todas as mudanzas que se produciron, como valora o funcionamento

das Sociedades de Fomento Forestal en función dos resultados acadados?

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Asdo.: Tereixa Paz Franco

Deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Tareixa Paz Franco na data 18/03/2014 12:52:09

62207

Page 36: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Tereixa Paz Franco, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa á

avaliación dos resultados da actividade do Banco de Terras.

Transcorridos varios anos desde a aprobación do actual marco legal do Banco de

Terras, e logo de que xa se teña producido a súa integración na estrutura de AGADER

considera este Grupo que é unha marxe temporal suficiente para realizar unha

avaliación dos resultados da súa actividade.

Durante este tempo tamén se concretou o convenio que permitirá a

incorporación ao Banco de Terras das parcelas de descoñecidos polo que é de interese

facer unha análise exhaustiva das repercusións que ten esta actuación.

Estas son as razóns polas que se formulan as seguintes preguntas para a súa

resposta oral en Comisión:

1.- Desde a entrada en vigor da nova lexislación cantas parcelas se incorporaron

ao Banco de Terras? Canta superficie representan?

2.- Cantas destas son de uso agrario e cantas de uso forestal?

3.- Cantas solicitudes de parcelas procedentes do Banco de Terras se solicitaron

logo da convocatoria?

62208

Page 37: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4.- Cantos expedientes se resolveron? Cal foi o tempo de resolución?

5.- A canta superficie afectan os expedientes resoltos? A cantas explotacións?

6.- Destas parcelas cantas tiveron como destino actividades agrogandeiras? E

forestais?

7.- En que situación está a incorporación de parcelas de descoñecidos?

8.- Logo de todas as mudanzas que se produciron, como valora o funcionamento

do Banco de Terras en función dos resultados acadados?

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Asdo.: Tereixa Paz Franco

Deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Tareixa Paz Franco na data 18/03/2014 13:05:24

62209

Page 38: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Tereixa Paz Franco, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión, relativa á

posibilidade de establecer un novo tributo que grave ao viño.

A aposta pola modernización e o esforzo na modernización e mellora das

variedades autóctonas realizado durante todos estes anos polo sector vitivinícola galego

ten provocado que tanto os brancos como os tintos gocen dun cada vez meirande

recoñecido prestixio nos diferentes mercados a nivel internacional e converten a Galiza

nun verdadeiro referente de calidade no ámbito vitivinícola. Deste xeito, os viños

galegos representan un valor en alza e forman parte da súa identidade, por tradición,

historia e cultura gastronómica. No conxunto de Galiza existen cinco denominacións de

orixe (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras), ás que hai que

sumar tres indicacións xeográficas protexidas de viños dá terra, como son Barbanza e

Iria, Betanzos e Valdemiño-Ourense. En total, recollen ao ano 20 millóns de uvas e ao

redor de 5 millóns de litros de viño e o comercio exterior supón neste momento o 60%

da súa facturación. E é que, ademais dos excelentes viños e caldos elaborados, non

habería que esquecer tamén aos magníficos augardentes e licores tradicionais que

contan cunha protección especial que os ampara.

Neste días vense de dar a coñecer o denominado informe do “comité de

expertos” a respecto da futura reforma fiscal, que deixa aberta a porta á posibilidade de

creación dun novo imposto que grave ao viño, proposta que conta co rexeitamento total

do sector vitivinícola.

Este é o enésimo intento de crear un tipo impositivo que grave ao viño, así como

establecer outras medidas de equiparación con bebidas alcohólicas destiladas, malia

62210

Page 39: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

estar o viño considerado pola lexislación como un alimento. Compre lembrar que xa se

intentou poñer en marcha co anterior Goberno estatal, con Rodríguez Zapatero a fronte,

pero non se levou a cabo diante das protestas do sector.

O sector do viño, é fundamental para a economía de diversas comarcas galegas e

para o conxunto da nación, dado que ten unha grande transcendencia socio-económica

que favorece o desenvolvemento do rural, xa que miles de persoas teñen relación directa

co sector, xerando importantes beneficios económicos na produción, transformación e

comercialización.

As comarcas nas que se asentan estas denominacións de orixe, teñen en moitos

casos neste sector a súa única actividade económica e con poucas posibilidades de

substituír por outras orientacións produtivas.

O viño forma parte da nosa realidade como pobo, configura a nosa paisaxe, está

perfectamente integrado no medio natural, colabora na sustentabilidade medio

ambiental e axuda a fixar poboación no rural.

De implementarse esta recomendación sen dúbida suporía un novo pau nas

rodas dun sector moi atacado nos últimos tempos, xa que nos últimos tempos, por

diversas razóns, o consumo de viño ten experimentado unha baixada importante. Tendo

en conta que nos últimos anos a súa comercialización se produce fundamentalmente nos

mercados internacionais, a imposición dun novo tributo que grave este produto non faría

máis que favorecer aos nosos competidores máis directos nese mercado.

Estas son as razóns polas que se formulan as seguintes preguntas para a súa

resposta oral en Comisión:

62211

Page 40: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

1.- Que valoración fai o seu Goberno en relación coa eventual implantación dun

novo imposto que grave ao sector do viño?

2.- Ten realizado algunha avaliación do impacto económico que este novo

imposto tería sobre o sector do viño en Galiza?

3.- Non considera que afectaría de forma negativa á estratexia de

comercialización en mercados internacionais, beneficiando claramente aos nosos

competidores directos?

4.- Realizou algunha actuación para trasladar ao Goberno do Estado as

consecuencias desta implantación?

5.- Que actuacións ten previsto realizar para evitar a creación deste novo

imposto?

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Asdo.: Tereixa Paz Franco

Deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María Tareixa Paz Franco na data 18/03/2014 13:47:17

62212

Page 41: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

Xosé Manuel Beiras Torrado, Yolanda Díaz Pérez e Antón Sánchez García, integrantes

do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda, ao abeiro do recollido no

artigo 156 do Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa

resposta oral na comisión terceira, relativa ao impacto para a progresividade fiscal e o

autogoberno galego das conclusións recollidas no chamado informe da comisión de

expertos para a reforma do sistema tributario.

As voluminosas conclusións presentadas no chamado informe da comisión de expertos

para a reforma do sistema tributario non poden deixar indiferentes a Alternativa

Galega da Esquerda dados os lineamentos de xenuína contrarreforma fiscal que a

caracterizan como regresiva e inxusta e que debuxan o aspecto recentralizador e de

mengua do autogoberno tamén no moi importante eido fiscal.

O modus operandi do goberno é claro: encarga a unha comisión ad hoc que escriba as

medidas que desexa o goberno, que logo as reviste co manto da técnica e dos

expertos. A outra fórmula operativa desa brigada de destrución social é o decreto e

mando. A nós tócanos berrar que o rei vai espido, que as conclusións que se achegan

nese informe lonxe de seren neutras e técnicas son propostas de parte e clasistas, que

suporían vulnerar – unha vez máis - a Constitución e que afogarían máis aún ás clases

traballadoras con máis impostos indirectos e menos recursos para a Seguridade Social

e os servizos públicos.

Obediente aos ditados da troika, o goberno Rajoy lanza unha ofensiva devastadora

sobre a maltreita fiscalidade, que xa carga hoxe co hilarante e indignante rexistro de

computarlle aos traballadores e traballadoras por conta allea maiores ingresos que

aos empresarios e profesionais. Unha sorte de socialismo avant la lettre.

A propia composición da comisión descoñece a actual conformación do Estado das

Autonomías. A marxe de aumento do autogoberno fiscal a comisión o despacha pola

vía de recomendar novos e maiores repagos sobre os servizos públicos. Non menos

grave resulta a proposta de eliminar moitos dos tributos e taxas aprobadas no noso

país e nas distintas comunidades. Técnicos que se retratan ao enmarcar as súas

62213

Page 42: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

propostas como congruentes para mellorar a competitividade para logo louvar o que

asépticamente cualifican como “progresos acadados xa na corrección deses

desequilibrios”, en referencia as contrarreformas dos gobernos do réximen. Propostas

que teñen a vontade de reducir a imposición directa, que é a que sirve para

desenvolver unha tributación progresiva, como marca a Constitución.

Alternativa Galega da Esquerda comparte a consideración da asociación dos técnicos

do ministerio de facenda (GESTHA), os cales advirten das tachas de

insconstitucionalidade que entrana o informe, outrosí de non garantir ás

administración públicas os recursos suficientes para sufragar as políticas e servizos

públicos.

A estarrecedora relación das propostas supón un ataque en todo a regra aos

traballadores e traballadoras deste país e do conxunto do Estado e mesmo ao pequeno

empresariado para pola vía de reducir os ingresos fiscais e favorecer aos grandes

empresarios e privilexiados. A rebaixa do IRPF, consolidando o tratamento dual das

rendas, rebaixando tipo do marxinal e reducindo os tramos para minguar aínda máis a

feble progresividade do imposto. A suba xeralizada do IVE é un castigo para as clases

traballadoras, que empregamos todos os recursos no consumo básico. A redución

significativa do imposto de sociedades é outra das marcas de fábrica do informe. A

supresión definitiva do imposto de patrimonio tamén vai na onda de axudar aos que

máis teñen. E avánzase a intención de eliminar as reducións no tributo de sucesións e

doazóns. A xustiza do revés pola vía de aumentar as cotizacións dos traballadores e

traballadoras e rebaixar as cotizacións sociais do empresariado (devaluación salarial,

devaluación fiscal: se demanda a baixada significativa - nun dos modelos se modela de

tres puntos – das cotizacións sociais), nun enésimo golpe ás contas da Seguridade

Social, contra a que se alenta o mantemento da maraña de axudas aos plans de

pensións privados.

Os “expertos” o teñen claro: propoñen para os ricos e a poder ser os ricos de España.

Os poderes públicos das diferentes nación e comunidades do Estado non poderán

desenvolver unha política fiscal propia e alternativa. Sóbralles que haxa unha

tributación sobre as grandes superficies, o canon eólico ou a auga nos encoros e

propoñen tamén a supresión, ou alomenos a indelegabilidade, do imposto sobre

depósitos bancarios. Proponse crear unha tributación mínima por sucesións en todo o

Estado.

Os expertos formulan a suxestión de que o consello de política fiscal e financeira actúe

como filtro que autorice a tributación das comunidades e busque a súa armonización.

Nin autogoberno nin autonomía.

Congruente coa intención da norma é o plano menor onde restan as propostas para

combater o escándalo da fraude fiscal que, segundo o último informe dos técnicos de

62214

Page 43: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

facenda agrupados en Gestha, calcúlase en 253.135 millóns de euros para o exercicio

2012 (case 60.000 millóns de euros maís que no comezo da crise), para supor un 24,6%

do PIB, un 6,8% máis que no 2008. A proposta dos técnicos é darlles a razón aos

defraudadores e polo tanto se propoñen rebaixas nos gravames e a redución da

progresividade. Non coñecen os “técnicos” que a ráteo de empregados de facenda é

no Estado de 1/ 1.928, moi alonxada das de Alemaña ou Francia, de 1/729 ou 1/860

respeitivamente.

En atención ao sinalado, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda

achega a seguinte pregunta para a súa resposta oral na comisión:

- Que posición política vai adoptar o goberno galego diante das propostas do

chamado informe de expertos para a reforma do sistema tributario? O

conxunto das propostas parecelle xusto e axeitado ás necesidades da

cidadanía traballadora galega? Aposta o goberno da Xunta por máis tributación

indirecta e menos directa e progresiva? Impórtalle á Xunta a fraude fiscal?

- Non contempla o goberno galego advertir ao executivo central do posible

carácter inconstitucional das propostas formuladas por lesionar o principio de

progresividade recollido no artigo 31 da Constitución?

- Que actuacións vai emprender o goberno galego en defensa das competencias

que temos en materia de fiscalidade e que o informe pon en cuestión?

Compostela, 18 de marzo do 2014.

Asdo. Xosé Manuel Beiras Torrado

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asdo. Antón Sánchez García

Asinado dixitalmente por:

Xosé Manuel Beiras Torrado na data 18/03/2014 15:07:15

62215

Page 44: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Yolanda Díaz Pérez na data 18/03/2014 15:07:37

Antón Sánchez García na data 18/03/2014 15:07:42

62216

Page 45: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

María do Carme Adán Villamarín e Francisco Xesús Jorquera Caselas,

deputada e deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG),

ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta para

a súa resposta oral en Comisión.

A Asociación de Pais e Nais de Usuarios/as do Centro de Atención á

Discapacidade “Souto de Leixa” de Ferrol, ven denunciando desde hai tempo as

múltiples carencias do centro e a precaria atención que levan recibindo os usuarios do

CAPD ao longo dos tres anos que transcorreron desde a súa entrada en funcionamento.

Un dos aspectos que para estes usuarios esta sendo vulnerado, e ten unha

mención especial entre as carencias do mesmo, é a negación ao dereito aos usuarios

gravemente afectados do CAPD “Souto de Leixa”, a recibir a súa necesaria

rehabilitación por hidroterapia no vaso terapéutico existente no CEE “Terra de Ferrol”.

O dereito a utilizar este vaso terapéutico por parte dos/as usuarios/as do CAPD

“Souto de Leixa”, é un dos acordos que figuran por escrito no Acordo da Comisión

Mixta prevista no protocolo de colaboración entre a Vicepresidencia da Igualdade e do

Benestar e a Consellería de Educación para a división do Centro de Educación Especial

“Carmen Polo” (hoxe “Terra de Ferrol”) e a creación do CAPD “Souto de Leixa”. Neste

Acordo recoñecíase o dereito dos/as usuarios/as do novo centro a seguir utilizando este

vaso terapéutico.

A dia de hoxe, os usuarios e usuarias do CAPD “Souto de Leixa” seguen sen

poder utilizar este recurso público.

Esta incrible actuación cos vulnerables dependentes usuarios/as, ten

62217

Page 46: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

responsables sobradamente coñecidos que son os que orixinan o ter un recurso tan

necesario sen uso nin aproveitamento. Está claro que os usuarios gravemente afectados

son responsabilidade da Consellería de Traballo e Benestar que é a que, como

responsable principal, ten o deber de defender os dereitos daqueles aos cales lles está

encomendado a súa atención e benestar. Mais neste caso a responsabilidade é

compartida co departamento de centros e recursos da Consellería de Educación que

veñen poñendo todo tipo de trabas e impedimentos a estes usuarios gravemente

afectados para o uso do vaso terapéutico, facendo caso omiso do Acordo asinado entre

ambas consellerías, onde consta o dereito ao uso compartido en igualdade de

condiciones do citado recurso.

Así levan máis de tres anos denunciando esta incrible, pero certa, situación; e

malia ter recorrido ao Valedor do Pobo, que recoñeceu a vulneración dese dereito e

instou a ambas consellerías a que de inmediato permitiran o exercicio do dereito que lles

asiste aos usuarios do Souto de Leixa. A pesar disto os responsables das citadas

consellerías continúan ignorando todos estes requirimentos enviados polo Valedor.

Cabe preguntarse canto tempo máis vai permitir a Xunta de Galiza que estes

usuarios/as sigan sen poder desfrutar do correcto funcionamento dun ben público, como

é este vaso terapéutico, tan importante e necesario para estas persoas con discapacidade,

gravemente afectadas, cunhas actuacións que nada teñen que ver coa igualdade de

dereitos,boa relación, colaboración e optimización dos recursos que pertencen a todos

os galegos e galegas.

Así mesmo, tamén nos preguntamos como é posíbel que actualmente este

recurso, tan demandado e tan necesario, estea sen uso, como leva desde que comezou o

actual curso escolar no mes de setembro do ano 2013.

62218

Page 47: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Por todo isto formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral en

Comisión:

- É certo que os usuarios e usuarias do CAPD “Souto de Leixa” non poden facer

uso do vaso terapéutico existente no CEE “Terra de Ferrol”?

- Recoñece a Xunta de Galiza as advertencias que lle fixo o Valedor do Pobo

pola negativa a permitir utilizar este vaso terapéutico aos usuarios e usuarias do CAPD

“Souto de Leixa”?

- Que problemas existen para que non poidan utilizar esta infraestrutura os

usuarios e usuarias do “Souto de Leixa”? Que pensa facer a Xunta? Vai permitirlles a

utilización deste vaso terapéutico? Será este curso?

- Segue vixente o acordo entre as Consellerías de Benestar e Educación para o

uso conxunto do vaso terapéutico polas comunidades do “Souto de Leixa” e “Terra de

Ferrol”?

- É certo que este vaso terapéutico, situado no CEE “Terra de Ferrol”, esta sen

uso? Desde cando?

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Asdo.: María do Carme Adán Villamarín

Deputada do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

62219

Page 48: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Asinado dixitalmente por:

María do Carme Adán Villamarín na data 18/03/2014 18:14:20

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 18/03/2014 18:14:26

62220

Page 49: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Á MESA DO PARLAMENTO

Antón Sánchez García, deputado pertencente ao Grupo Parlamentar da

Alternativa Galega de Esquerda , ao abeiro do disposto no artigo 156 do

Regulmento da Cámara presenta a seguinte Pregunta para a súa resposta

oral en Comisión.

Mediante escrito remitido o pasado 11 de marzo pola Dirección Xeral de Minas,

“Resolución de denegación da aprobación do proxecto de explotación “Emilita”

nº1221, ”Ciudad de Landró” 1454, e “Ciudad del Masma” nº 1455 que forman o

coñecido como grupo mineiro de Corcoesto, situado nos concellos de

Ponteceso,Cabana de Bergantiños, e Coristanco”, o goberno da Xunta de

Galicia cancelaba oficialmente o proxecto presentado por Mineira de Corcoesto

para a extracción de ouro polo método da cianurización.

Non coñecemos a fundamentación na que se basea dita resolución,pero polo

expresado por membros do goberno galego, a resolución denegatoria é debida

á falta de garantías técnico-financeiras.

A Declaración de Impacto Ambiental do proxecto, formulouse ao amparo do

art. 12 do RDL 1/2008, de texto refundido da lei de avaliación de impacto

ambiental, e foi aprobada por resolución do 21/12/2012.

Por todo esto Alternativa Galega de Esquerda presenta a seguinte pregunta

para a súa resposta oral en comisión:

1) Mantén a Declaración de Impacto Ambiental a vixencia?

2) Ten intención a Xunta de Galicia de deixar sin efecto dita Declaración de

Impacto Ambiental?

Santiago de Compostela, 18 de marzo 2014

62221

Page 50: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Asdo.: Antón Sánchez García

Deputado do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

Antón Sánchez García na data 18/03/2014 18:16:48

62222

Page 51: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Tereixa Paz Franco e María do Carme Adán Villamarín, deputadas do

Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en

Comisión, relativa ás previsións do Goberno galego en relación coa apertura da

Residencia da Terceira Idade do Carballiño

No ano 2008 produciuse a licitación das obras para acometer melloras de

adecuación no edificio que alberga a Residencia da Terceira Idade do Carballiño e e a

construción dun novo para ampliar a capacidade e número de prazas de dita residencia.

A finalidade de ditas actuacións era a de crear 59 novas habitacións, das cales 24

para persoas asistidas, 20 para psicoxeriatría, 11 para enfermos crónicos, e catro de

enfermaría. Con estas actuacións producíase un aumento significativo do número de

prazas que se ofertaban e comportaría a xeración de arredor de 80 novos postos de

traballo para a atención ás novas necesidade do centro.

Estas obras están rematadas desde o ano 2010, logo dun investimento por parte

da Administración galega de 6,5 millóns de euros na súa execución, a pesar do cal por

parte da Xunta de Galiza non se ten realizado a súa apertura. Aínda que en varias

ocasións se atribuíron amortizacións de postos de traballo noutros servizos dependentes

da Consellaría de Traballo e Benestar a que isto obedecía á necesidade de dotar os

novos postos que se xeraban neste centro, a día de hoxe nada se sabe aínda acerca da

dotación de persoal para este centro.

Hai que por de manifesto que nalgunha ocasión, cando por parte do Goberno

galego se adoptou a decisión de privatizar outros centros de atención a persoas maiores,

se publicou que podería existir a intención de privatizar tamén a xestión deste novo

62223

Page 52: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

centro. Esta opción considerámola desde o Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista

Galego totalmente inaceptábel.

Para alén disto, tanto o custo da obra, un investimento a día de hoxe

absolutamente desaproveitado,mais tamén polo significado de servizo público destas

características, nunha comarca como a do Carballiño tan necesitada de prazas para

persoas maiores e sobre todo dependentes, da gran demanda existente que en moitos

caso se están desviando a outros centros privados con prazas concertadas, para o Bloque

Nacionalista Galego resulta unha irresponsabilidade e un dispendio seguir un día máis

con este centro pechado.

No mes de abril do ano 2013 nunha resposta escrita ás deputadas que subscriben

esta iniciativa o Goberno galego manifestou que estaban definindo as necesidades de

equipamento do centro logo do cal se produciría a licitación para a súa posta en

funcionamento.

Transcorrido case un ano desde esa resposta, a día de hoxe non existe ningunha

actuación que permita albiscar a inminente apertura deste centro co conseguinte

menoscabo dos servizos de atención a persoas maiores. Tampouco se ten avanzado na

certeza de cómo se vai realizar a xestión de dito centro.

Estas son as razóns polas que formulamos as seguintes preguntas para a súa

resposta oral en Comisión:

1.-Considera vostede que existe algunha razón que xustifique que máis de tres

anos desde a finalización das obras continúe pechada a Residencia da Terceira Idade do

Carballiño?

2.- Non cre que é unha situación pintoresca tendo en conta a gran necesidade e

demanda de prazas que existe nesta comarca e no seu entorno?

62224

Page 53: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3.- Non lle parece que é un dispendio manter pechadas unhas instalacións que

lle custaron ao erario público máis de seis millóns de euros?

4.- Á vista da resposta realizada polo Goberno fai case un ano en relación coa

inminencia da apertura, como se xustifica este novo retraso?

5.- Aínda non foron quen de analizar as necesidades de equipamento e proceder

á súa licitación?

6.- Ten realizado algunha actuación para dotar do persoal necesario este centro?

7.- Valorouse por parte do Goberno galego nalgún momento a posibilidade da

privatización deste centro?

8.- De ser así, en base a que criterios?

9.- Como cre que afecta esta situación á súa política de atención ás persoas

maiores?

10.- Ten previsto que a xestión deste centro se faga dentro do ámbito da xestión

directa por parte da administración?

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Asdo.: Tereixa Paz Franco

María do Carme Adán Villamarín

Deputadas do G.P. do BNG

62225

Page 54: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Asinado dixitalmente por:

María Tareixa Paz Franco na data 18/03/2014 18:45:01

María do Carme Adán Villamarín na data 18/03/2014 18:45:06

62226

Page 55: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo e Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputada e

deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro

do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa

resposta oral en Comisión, relativa ás implicacións da sentenza do Tribunal de Xustiza

da Unión Europea que declara contrario a dereito o céntimo sanitario.

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ven de ditar sentenza que declara

contrario a dereito o céntimo sanitario e estableceu que non procede a limitación

temporal dos efectos da sentenza solicitada polo Goberno español. Concretamente esta

sentenza determina que o Imposto sobre as Vendas Minoristas de Determinados

Hidrocarburos (IVMDH), vulnera a Directiva comunitaria sobre Impostos Especiais ao

carecer dunha finalidade específica. Esta sentenza ven a dar a razón a organizacións do

sector que desde a implantación do imposto no Estado Español denunciaban a súa

ilegalidade.

Non existe unha valoración clara sobre a repercusión que esta sentenza pode ter

a nivel galego, razón pola que formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta

oral en Comisión:

- Que posición mantén a Xunta de Galiza en relación coa execución da sentenza

que anula o Imposto sobre as Vendas Minoristas de Determinados Hidrocarburos

(IVMDH)?

62227

Page 56: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

- Que actuacións ten previsto a Xunta de Galiza para garantir que a sentenza que

anula o Imposto sobre as Vendas Minoristas de Determinados Hidrocarburos (IVMDH)

sexa aplicada de maneira efectiva para todos os consumidores aos que se lles cobrou

este imposto?

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Deputada do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 18/03/2014 19:09:18

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 18/03/2014 19:09:25

62228

Page 57: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Á MESA DO PARLAMENTO

Juan Manuel Fajardo Recouso, deputado pertencente ao Grupo

Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, ao abeiro do disposto no

artigo 156 do Regulamento da Cámara, presenta a seguinte Pregunta para a

súa resposta oral en Comisión.

Dende fai practicamente un mes, a frota do cerco galega, esta a realizar unha

serie de reivindicacións e xuntanzas perante o goberno galego, co obxectivo de

acadar un reparto de cota de pesca de varias especies, máis xusta dende o

punto de vista socioeconómico tratando de acadar un acordo baseado no

número de tripulantes e non nas capturas históricas.

Esta situación ten consumido moitos minutos de información na CRTVG, máis

dende o punto de vista do noso grupo parlamentar, é evidente que esta

información é sesgada, manipulada e tratando de dar unha visión

profundamente distorsionada do sector e as súas reivindicacións, sobre todo

incluíndo tratamento que perseguen a criminalización da protesta social, dando

por exemplo prioridade ás declaracións de determinados sectores da policía e

non así dos mariñeiros, arrestados, detidos ou apaleados.

En base a estas cuestións, Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA),

formula a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión:

Cree ético a dirección da CRTVG ter manipulado a información do conflito do

cerco, co obxectivo de criminalizar unha reivindicación xusta, evitando dar un

tratamento mediatico equitativo as posicións do sector e o goberno?

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2014.

62229

Page 58: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Asdo.: Juan M. Fajardo Recouso

Deputado do G.P. da AGE.

Asinado dixitalmente por:

Juán Manuel Fajardo Recouso na data 18/03/2014 19:30:18

62230

Page 59: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Concepción Burgo López, Carmen Acuña do Campo, Juan Carlos González

Santín, Carmen Gallego Calvar e María Quintas Alvarez, deputadas e deputado

pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do

disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a

seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión 5.ª, Sanidade, Política

Social e Emprego.

Unha vez rematado o novo Hospital Lucus Augusti de Lugo no ano 2011, a Xunta

de Galicia prometeu crear novos servizos no antigo Hospital Materno Infantil para

dotar de infraestruturas sanitarias necesarias no chamado Barrio da Residencia así

como para darlle unha posibilidade de paliar as consecuencias extremadamente

negativas que tivo para esta zona a desaparición do antigo hospital.

Tres anos despois nada se sabe das promesas feitas polas conselleiras de Sanidade

nin nada parecen que teñan previsto a pesares de contar co edificio do dito Materno

Infantil, que se atopa en bo estado e que era o destinado inicialmente a acoller un

PAC e un centro de saúde.

Dende fai poucas datas, os veciños están observando o que parece un

desmantelamento do edificio Materno Infantil, coa retirada de infraestruturas

necesarias para o seu uso.

Por todo o exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as seguintes

preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Que elementos está retirando a Xunta de Galicia do edificio do antigo

Hospital Materno-Infantil da cidade de Lugo?

2. Onde se trasladan os elementos que se están retirando do dito edificio?

3. Que uso van ter?

4. Pensa Consellería de Sanidade darlle algún uso ao edificio do antigo Hospital

Materno Infantil de Lugo?

Pazo do Parlamento, 18 de marzo de 2014

Asdo.: Concepción Burgo López

Carmen Acuña do Campo

Juan Carlos González Santín

Carmen Gallego Calvar

María Quintas Alvarez

Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

62231

Page 60: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por: María Concepción Burgo López na data 19/03/2014 09:46:13

María Carmen Acuña do Campo na data 19/03/2014 09:46:21 Juán Carlos González Santín na data 19/03/2014 09:46:27

María Carmen Gallego Calvar na data 19/03/2014 09:46:35 María Remedios Quintas Álvarez na data 19/03/2014 09:46:37

62232

Page 61: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de ComposteGali

Á Mesa do Parlamento

Daniel Rodas Chapela e Francisco Jorquera Caselas, deputados do Grupo

Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en

Comisión, relativa á modificación á adopción de medidas que permita o exercicio do

dereito ao voto nas próximas eleccións ao Parlamento Europeo dos mariñeiros galegos

embarcados na frota pesqueira de altura, grande altura e mariña mercante.

Despois de comprobar tantas promesas e ríos de tinta que se teñen verquido

sobre o dereito ao voto das tripulacións galegas, encontrámonos con que vai ter lugar un

novo proceso electoral e un importante número de cidadáns galegos embarcados na

frota pesqueira de altura, grande altura e mariña mercante carecen deste dereito

universal. Van pasando os anos, tamén gobernos de diferente cor política no Estado,

procesos electorais, compromisos de estudos, comisións, subcomisións, grupos de

traballo, grandes declaracións,... Mais o único certo é que os mariñeiros galegos non

poden votar. O vindeiro 25 de maio están convocadas as eleccións ao Parlamento

Europeo, e non existen indicios que permita concluír a adopción de medidas, por parte

do Goberno español, que posibiliten o exercicio do voto.

O Real Decreto 605/1999, do 16 de abril, que establece unha regulación

complementaria dos procesos electorais,contempla no seu artigo 9 (“voto por correo do

persoal embarcado”) unha mecánica electoral absolutamente inadaptada á realidade das

tripulacións da frota pesqueira e da mariña mercante. De non se modificar esta

normativa, máis unha vez, entre 10.000 e 15.000 mariñeiros galegos non poderán votar,

non porque non queiran, senón porque o Goberno español non llo permite.

62233

Page 62: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de ComposteGali

Estas son as razóns que nos levan a formular as seguintes preguntas para a súa

resposta oral en Comisión:

1.- Que avaliación realiza o Goberno de Galiza a respecto da normativa vixente

en materia electoral, no referente ao exercicio do dereito ao voto por parte dos

mariñeiros embarcados na frota pesqueira de altura, grande altura e na mariña

mercante?

2.- Que medidas porá en marcha o Goberno de Galiza, perante o Goberno

español, co obxecto de garantir a participación dos mariñeiros galegos nas próximas

eleccións ao Parlamento Europeo do 25 de maio de 2014?

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

Asdo.: Daniel Rodas Chapela

Deputado do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Daniel Rodas Chapela na data 19/03/2014 10:21:53

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 19/03/2014 10:22:00

62234

Page 63: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

formula a seguinte pregunta para a súa resposta oral en comisión, relativa á situación

do Vertedoiro de residuos non perigosos derivado da mellora do Plan de restauración do

espazo natural Canteira de Miramontes, no concello de Santiago de Compostela.

Mediante Resolución de 1 de febreiro de 2008 a Dirección Xeral de Calidade e

Avaliación Ambiental, outorgou a Autorización Ambiental Integrada e a Declaración de

Impacto Ambiental ao Vertedoiro de residuos non perigosos derivado da mellora do

Plan de restauración do espazo natural Canteira de Miramontes, no concello de Santiago

de Compostela. Tal e como figura neste documento, este vertedoiro está autorizado a

depositar “basicamente residuos non perigosos procedentes de diversas actividades

industriais e da construción”, establecéndose no mesmo as medidas para a correcta

manipulación dos residuos, tratamento de augas residuais ou de prevención da

contaminación do solo. No anexo IV establécense as medidas de carácter ambiental que

deben cumprir os xestores deste vertedoiro.

Co finalidade de avaliar o cumprimento destas medidas formulamos as seguintes

preguntas para a súa resposta oral en comisión:

- Cantas inspeccións ten realizado a Xunta de Galiza a este vertedoiro?

- Que feitos se derivan destas inspeccións?

62235

Page 64: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

- Observou a Xunta incumprimentos das restricións e determinacións contidas

na resolución de 1 de febreiro de 2008?

- Considera a Xunta de Galiza que a xestión deste vertedoiro se adecúa ao

establecido?

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 19/03/2014 10:29:07

62236

Page 65: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputado e Portavoz do Grupo

Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no

Regulamento da Cámara, formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en

Comisión, relativa ás propostas da denominada “comisión de expertos para a reforma

do sistema tributario español”.

O venres 5 de xullo de 2013, o Consello de Ministros aprobou un acordo polo

que se constituiu unha comisión de expertos para a reforma do sistema tributario

español. Según a propia nota informativa do Consello de Ministros: “Esta comisión

deberá orientar sus propuestas a lograr un sistema tributario más sencillo y neutral,

garantizar la suficiencia de ingresos, potenciar la eficiencia de la economía y el

desarrollo social.”

No presente mes de marzo de 2014 a Comisión deu a coñecer as súas

conclusións, e os contidos das propostas caracterízanse pola súa falla de equidade

(propóñense deducións e reducións das cargas impositivas para as rendas altas e un

incremento dos impostos indirectos que castigan sobre todo as rendas medias e baixas) e

polo seu profundo carácter centralizador.

Así, proponse eliminar a capacidade normativa das comunidades autónomas

sobre o IRPF, reducir as competencias autonómicas sobre o imposto de sucesións e

doazóns, suprimir o imposto do patrimonio, así como os impostos medioambientais

establecidos por distintas comunidades autónomas, e o imposto sobre os depósitos

bancarios, de existir, tería que ser estatal.

62237

Page 66: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

No colmo do descaro, estas medidas centralizadoras van acompañadas da

proposta de que as comunidades autónomas poidan incrementar os copagamentos

para financiar servizos.

Estas propostas, de materializarse, ademais de acentuar a regresividade e a

inxustiza do sistema fiscal, deixarían en papel mollado a autonomía fiscal das

comunidades autónomas condenándoas á asfixia económica.

Por todo o devandito, formúlase a seguinte pregunta para a súa resposta oral en

Comisión:

Que valoración fai a Xunta de Galiza das propostas contidas nas conclusións da

denominada “comisión de expertos para a reforma do sistema tributario español”?

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

Asdo. Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do Grupo Parlamentar do BNG

Asinado dixitalmente por:

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 19/03/2014 11:37:37

62238

Page 67: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo e Cosme Pombo Rodríguez, deputada e

deputado do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao

abeiro do disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta

para a súa resposta oral en Comisión, en relación co fomento de ensino da

lingua portuguesa.

O pasado 11 de Marzo o plenario do Parlamento de Galiza aprobou por

unanimidade a Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e os vínculos coa

lusofonía. Esta lei determina no seu artigo primeiro que “os poderes públicos

galegos promoverán o coñecemento da lingua portuguesa” e no segundo que “o

goberno galego incorporará progresivamente a aprendizaxe da lingua portuguesa

no ámbito das competencias en linguas estranxeiras nos centros de ensino”.

Coa finalidade de coñecer os pasos que ten previsto dar a Xunta de Galiza

en desenvolvemento deste precepto, formulamos a seguinte pregunta para a súa

resposta oral en Comisión:

Que actuacións concretas ten previsto levar adiante a Xunta de Galiza no

ámbito educativo para o curso 2014-2015, coa finalidade de dar cumprimento ao

62239

Page 68: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

previsto na Lei para o aproveitamento da lingua portuguesa e os vínculos coa

lusofonía?

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Cosme Pombo Rodríguez

Deputada e deputado do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 19/03/2014 12:08:20

Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 19/03/2014 12:08:35

62240

Page 69: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

1

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

José Antonio Sánchez Bugallo, Patricia Vilán Lorenzo e Raúl Fernández

Fernández, deputado e deputada pertencentes o Grupo Parlamentario dos

Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da

Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na

Comisión 2ª.

O Concello de Santiago actualizou recentemente á empresa TUGALO, S.A a

realización dunha obra denominada “Proxecto básico e de execución para

modificación de viarios e reforma de accesos a aparcamento na rúa de Galeras e

na rúa de Domingo García Sabell”.

O proxecto ten por obxecto, por unha parte as obras de urbanización para a

execución da rotonda na rúa Galeras e o viario de acceso ao aparcamento público

na planta soto-1, baixo dos edificios residenciais incluíndo a modificación do

trazado da rúa Domingo García Sabell na súa conexión coa rúa Carretas; por

outra parte, as obras de reforma dos accesos e núcleos de comunicación do

aparcamento público existente na rúa Galeras co obxecto de mellorar a súa

accesibilidade.

A citada obra sería executada pola dita empresa TUGALO, SA, cun orzamento

de execución material de 532.485,21 euros e un orzamento por contrata de

766.725,45 euros.

A dita obra carece de licenza municipal e tampouco foi sometida a ningún

procedemento de licitación. Así mesmo, afecta a un elemento común do edificio

carecendo de autorización da comunidade de propietarios e ocupa un espazo

público correspondente unha parte deles ao viario público, rúas Galeras e

Domingo García Sabell; e outra parte nun parque público, zona verde, número

37, do Plan xeral de ordenación municipal de Santiago. Así mesmo, atópase na

zona de respecto do Plan especial da cidade histórica.

Á vista do anterior os deputados e a deputada que asinan formulan as seguintes

preguntas para a súa resposta oral en comisión.

62241

Page 70: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

2

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

1ª) É posible facer unha rampla de acceso a un garaxe privado a través dunha

zona verde pública sen modificar a súa cualificación no Plan xeral de ordenación

municipal?

2ª) Pódese facer cesión dunha zona verde pública sen modificar a cualificación

como zona verde pública?

3ª) O cambio de cualificación dunha zona verde pública require informe previo

da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia?

4ª) Ten informado a Comisión Superior de Urbanismo sobre deste cambio?

5ª) Ten coñecemento a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e

Infraestruturas, da modificación de facto do Plan xeral de ordenación municipal

de Santiago?

6ª) Pensa facer a APLU algo a este respecto ou considera máis axeitado mirar

cara outro lado?

Pazo do Parlamento, 19 de marzo de 2013

Asinado dixitalmente por: José Antonio Sánchez Bugallo na data 19/03/2014 13:00:13

Patricia Vilán Lorenzo na data 19/03/2014 13:00:24 Raúl Fernández Fernández na data 19/03/2014 13:00:35

62242

Page 71: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Carmen Gallego Calvar, Abel Losada Alvarez, José Manuel Gallego

Lomba, Raúl Fernández Fernández, José Antonio Sánchez Bugallo e

Patricia Vilán Lorenzo, deputadas e deputados pertencentes ao Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo

152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

pregunta para a súa resposta oral en Comisión 2.ª, Ordenación

Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.

O concello de Vilaboa ten unha grave carencia de transporte público a

pesares da súa privilexiada situación xeográfica, lindando polo norte coa

cidade de Pontevedra a través da autoestrada AP-9 e da N-550 e polo Sur

ca cidade de Vigo a través da autoestrada AP-9, coa Ponte de Rande hoxe

libre de peaxe para as persoas usuarias grazas ás decisións adoptadas polos

gobernos progresistas en Galicia e Madrid.

As parroquias de Bértola, Figueirido e unha parte da parroquia de Vilaboa

no barrio de Paredes, que teñen como principal vía de comunicación a N-

550 aínda disfrutan do transporte por estrada entre Pontevedra e Vigo que

permite paliar estas graves carencias, pero a peor parte a levan as

parroquias e núcleos de poboación á beira da N-554 que enlaza a Ponte de

Rande coa N-550, en concreto San Adrián de Cobres, Santa Cristina de

Cobres, Acuña e Toural.

Nestes días o Goberno galego a través do conselleiro de Medio Ambiente,

Territorio e Infraestruturas anuncia que vai emprender negociacións cos

concellos de Soutomaior e Fornelos de Montes para incluílos no Proxecto

de transporte metropolitano de Vigo, no que de saír adiante, tamén estaría o

concello de Redondela, co cal na Ensenada de San Simón, no saco da ría de

Vigo, só quedaría excluído o concello de Vilaboa.

Dende o concello tense manifestado en diversas ocasións que para Vilaboa

o Proxecto de transporte metropolitano de Vigo é esencial para comunicar a

zona sur do concello con Vigo e co Morrazo a través da N-554 e coa zona

norte e Pontevedra enlazando esta co transporte por estrada xa existente na

N-550.

62243

Page 72: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

A pesares disto, o concello de Vilaboa e os seus veciños e veciñas non

recibimos nunca unha resposta clara do Goberno Feijóo sobre a exclusión

nas negociacións para o transporte metropolitano de Vigo deste concello,

máis inexplicable agora cando se decide, insistimos polas informacións que

recollemos nos medios de comunicación, que entre na negociación o

concello de Soutomaior.

Por este motivo, as deputadas e os deputados que asinan formulan as

seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Cales son os motivos que ten a Xunta de Galicia para excluír ao

concello de Vilaboa da negociación do transporte metropolitano de

Vigo?

2. Porque si se pode ampliar a negociación e incluír novos concellos,

como é o caso de Soutomaior non se pode chamar a esta negociación

ao concello de Vilaboa?

3. Considera razoable o Goberno galego que na ensenada de San Simón

o único concello que quede excluído do futuro servizo transporte

metropolitano de Vigo sexa Vilaboa?

4. Coñece o goberno galego as graves carencias de transporte público

que teñen os núcleos de poboación á beira da N-554?

Pazo do Parlamento, 19 de marzo de 2014

Asdo.: Carmen Gallego Calvar

Abel Losada Alvarez

José Manuel Gallego Lomba

Raúl Fernández Fernández

José Antonio Sánchez Bugallo

Patricia Vilán Lorenzo

Deputadas e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

62244

Page 73: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por: María Carmen Gallego Calvar na data 19/03/2014 12:38:41

Abel Fermín Losada Álvarez na data 19/03/2014 12:38:46 José Manuel Gallego Lomba na data 19/03/2014 12:38:56

Raúl Fernández Fernández na data 19/03/2014 12:39:01 José Antonio Sánchez Bugallo na data 19/03/2014 12:39:07 Patricia Vilán Lorenzo na data 19/03/2014 12:39:13

62245

Page 74: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Carmen Gallego Calvar, Marisol Soneira Tajes, Vicente Docasar

Docasar e Beatriz Sestayo Doce, deputadas e deputado pertencentes ao

Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto

no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a

seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión 1.ª, Institucional,

de Administración Xeral, Xustiza e Interior.

Os temporais deste inverno, no que practicamente estivemos 3 meses con

choivas abundantes e fortes ventos orixinaron graves danos para o

conxunto da cidadanía e para as administracións públicas en inmobles e

mobiliario de todo tipo.

No caso do concello de Vilaboa varios locais sociais, colexios, pavillóns de

deportes, a propia casa consistorial e viais municipais tiveron danos

significativos que foron avaliados polo concello e que están arredor dos

100.000 euros.

A pesares da evidencia dos danos dos temporais o Goberno galego aínda

non tivo a día de hoxe ningún acordo que permita a particulares, empresas

nin administracións locais acudir a unha vía de axudas para poder arranxar

os danos.

Ante esta situación e coñecendo os graves problemas económicos que están

atravesando os concellos polo estrangulamento ao que os están sometendo

dende o Goberno central co "plan de pago a provedores", coa reforma da

lexislación en materia de administración local e a propia Xunta de Galicia

impoñendo sen diálogo subas desmesuradas de taxas, as deputadas e os

deputados presentan as seguintes preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Vai o Goberno galego axudar para paliar os graves danos dos

temporais nos viais e inmobles e mobiliario do concello de Vilaboa?

2. Si é así, que contías en que prazos se podería dispoñer delas?

3. Si non é así, cómo pensa o goberno galego que van poder arranxarse

eses danos en moitos casos en instalacións como colexios que

62246

Page 75: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

dependen da propia Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria?

Pazo do Parlamento, 19 de marzo de 2014

Asdo.: Carmen Gallego Calvar

Marisol Soneira Tajes

Vicente Docasar Docasar

Beatriz Sestayo Doce

Deputadas e deputado do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por: María Carmen Gallego Calvar na data 19/03/2014 13:02:11

María Soledad Soneira Tajes na data 19/03/2014 13:02:17 Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 19/03/2014 13:02:27 Beatriz Sestayo Doce na data 19/03/2014 13:02:33

62247

Page 76: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

Yolanda Díaz Pérez e Antón Sánchez García, membros do Grupo Parlamentar da

Alternativa Galega da Esquerda, ao abeiro do recollido no artigo 156 do Regulamento

da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral na comisión,

relativa a situación dos bombeiros da concesionaria Nanutecnia.

O compromiso da Xunta de Galicia cos servizos públicos é de tal magnitude que

converte ao noso país na única comunidade na que o servizo de bombeiros está

parcialmente privatizado. Os experimentos neoliberais que tanto dan a gañar ás

empresas amigas do PP teñen como cobaias aos traballadores dun servizo público

esencial para a seguridade da nosa cidadanía.

O compromiso do goberno da Xunta co servizo público galego que atende a

prevención e loita contra os lumes ten unha extraordinaria manifestación do seu

interese e dilixencia no radical incumprimento das previsións legais referidas á

formación e homologación dos bombeiros que traballan neste servizo público esencial.

As consecuencias dese compromiso da Xunta as sofren os bombeiros privatizados

deste servizo público e, en particular os da concesionaria Nanutecnia, que se adica a

embolsar cartos públicos no entanto sobreexplota, lastrando a calidade do servizo,

aos seus traballadores, os cales se atopan sen convenio colectivo ( esa antigüalla social

e democrática) e tendo que soportar as gardas nos días de libranza sen cobrar por elas,

con notables eivas na equipación e nos medios materiais e cun salario reducido. Todo

elo no contexto dunha profesión na que un traballador se xoga a vida para salvar

persoas e bens de todas e todos nós.

A empresa concesionaria Nanutecnia está a incumprir diferentes condicións do prego

da xestión de servizos sen que a Xunta de Galicia defenda a legalidade, aos

traballadores, ao servizo público: esta concesionaria os obriga a compartir parte dos

equipos de protección individual; os fai sufrir a irregularidade no cobro dos seus

62248

Page 77: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

emolumentos; ou impone o propio costeo da formación obrigatoria e da reposición

de parte do material desgastado polo uso.

Estas malas prácticas, que vulneran a legalidade, as exerce Nanutecnia nos paruqes de

bombeiros que mal xestiona: Cee, As Pontes, Santa Comba, Chantada, Monforte e

Sarria. Que fai a Xunta? Que vai facer?

En atención ao exposto, este Grupo Parlamentar achega a seguinte pregunta para a

súa resposta oral na comisión:

- Que explica a deixación por parte da Xunta de Galicia para facer cumprir de

xieto rigoroso os pregos da concesión que explota Nanutecnia?

- Que actuacións vai levar a cabo o goberno galego para que a empresa

concesionaria asine un convenio colectivo que recolla condicións semellantes

alomenos aos dos outros parques de bombeiros privatizados?

- Vai abandonar o goberno galego a rebeldía respeito as previsións que detalla a

legalidade e, xa que logo, desenvolver as previsións contidas na lei de

emerxencias do ano 2007?

- Non contempla a Xunta o velar pola seguridade da nosa cidadanía mediante a

mellor prestación do servizo público de bombeiros ao través da recuperación

da concesión dos parques de bombeiros privatizados para a súa xestión directa

pola Xunta de Galicia?

Compostela, 19 de marzo do 2014.

Asdo. Yolanda Díaz Pérez

Asdo. Antón Sánchez García

Asinado dixitalmente por:

Yolanda Díaz Pérez na data 19/03/2014 14:02:16

Antón Sánchez García na data 19/03/2014 14:02:19

62249

Page 78: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Ana Belén Pontón Mondelo, deputada do Grupo Parlamentar do Bloque

Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da Cámara,

formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

O sistema de SOGAMA trata máis do 80% do lixo que se produce na Galiza. É

coñecida a opinión do BNG sobre este modelo que supuxo un investimento público moi

relevante e que incumpre a xerarquía e principios establecidos para que investiu os no

marco legal vixente. Urxe pois corrixir radicalmente este modelo e apostar por medidas

que reduzan o lixo que producimos, aposten pola reutilización e promovan a reciclaxe.

Neste sentido o BNG ten proposto en diversas ocasións apostar pola compostaxe

e por un modelo comarcalizado, que non só é máis sustentábel, senón que xera máis

emprego. Porén o PP, lonxe de querer rectificar esta política e teima en ampliar o

desastre.

Nos últimos meses, a suba unilateral e abusiva do canon de tratamento do lixo

en SOGAMA, ten ocasionado un debate importante. Existe desde o ámbito municipal

un rexeitamento a esta medida, tomada de maneira unilateral pola Xunta de Galiza e que

supón un novo incremento do que van pagar os galegos e galegas por servizos básicos.

Porén a resposta da Xunta de Galiza e nomeadamente do seu Presidente, é negárense a

atender a demanda destes representantes institucionais, mesmo no máis básico como é o

de manter unha xuntanza para abordar este asunto. Unha actitude antidemocrática,

soberbia e de desprezo pola cidadanía que non é de recibo.

62250

Page 79: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Polo dito formulamos a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comsión:

Ten previsto a Xunta de Galiza atender a demanda de diálogo formulada desde o

ámbito municipal en relación co canon de SOGAMA?

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

Asdo.: Ana Belén Pontón Mondelo

Deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Ana Belén Pontón Mondelo na data 19/03/2014 16:21:58

62251

Page 80: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

1

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Ricardo Vicente Docasar Docasar, María Concepción Burgo López e Francisco

Caamaño Domínguez, deputados e deputada pertencentes ao Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do

Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa

resposta oral na Comisión 4ª.

Hai pouco máis de dous meses entrou en vigor unha nova lei educativa, LOMCE.

Unha lei que se fixo de costas á comunidade educativa, xa que non se contou

para a súa elaboración co profesorado, coas Anpas, cos estudantes nin cos

sindicatos máis representativos do ensino.

Unha lei que só foi apoiada polo Grupo Parlamentario Popular nas Cortes, e que

contou co rexeitamento unánime do resto dos grupos parlamentarios

representados no Congreso e no Senado.

Unha lei que vén de ser recorrida ante o Tribunal Constitucional por parte de

partidos políticos, sindicatos e cinco comunidades autónomas.

Por se estas circunstancias non bastaran, agora vimos de coñecer o calendario

previsto para a súa implantación, e temos que recoñecer que nos parece un

calendario “expres” e certamente “chapuceiro”.

Os grupos parlamentarios socialistas, tanto en Galicia como en Madrid, teñen

afirmado por activa e por pasiva que esta lei nacía con data de caducidade pola

súa total falta de consenso.

Un calendario que meterá a toda a comunidade educativa nunha situación

francamente caótica, pois non parece razoable que o inicio do curso 2014-2015

se vexan afectados catro cursos (1º, 3º e 5º de Primaria e 1º de FP Básica), seis

cursos no 2015-2016 (2º, 4º e 6º de Primaria; 1º e 3º da ESO e 1º do BAC); tres

cursos no 2016-2017, (2º e 4º da ESO e 2º do BAC).

62252

Page 81: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

2

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Ante todas estas circunstancias que vimos de expoñer, os deputados e a deputada

que asinan preguntan:

1ª) Considera o Sr. conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria razoable o calendario de implantación previsto?

2ª) Considera o Sr. conselleiro que este calendario tan precipitado é compartido

e entendido polo conxunto da comunidade educativa?

3ª) Que razóns ten realmente a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación

Universitaria para impoñer un calendario tan caótico e precipitado?

Pazo do Parlamento, 18 de marzo de 2014

Asinado dixitalmente por: Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 19/03/2014 16:27:47 María Concepción Burgo López na data 19/03/2014 16:27:59

Francisco Manuel Caamaño Domínguez na data 19/03/2014 16:28:17

62253

Page 82: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputado do Grupo Parlamentar

do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento

da Cámara, formula a seguinte Pregunta para resposta oral en Comisión,

relativa ao resultado do proceso de venda de Novagalicia Banco.

O Subgobernador do Banco de España e Presidente do Fondo de

Reestructuración Ordenada Bancaria (FROB), Sr. Fernando Restoy, manifestou o

19 de marzo nunha comparecencia na Comisión de Economía do Congreso dos

Deputados, que a venta de NCG Banco ao banco venezolano Banesco por 1.003

millóns de Euros conlevou unha "perda apreciábel" de fondos públicos.

Durante a súa comparecencia ante a Comisión de Economía do Congreso,

lembrou que o montante total de axudas públicas concedidas a NCG Banco

dende 2010 suma 8.981 millóns de Euros “por lo que tras el ingreso de 1.003

millones por la enajenación y restándole el "valor esperado de las garantías

adicionales de 275 millones otorgadas al adquiriente" supone que sólo se han

recuperado "de momento" 728 millones de euros.”

É dicir, coa venda de Novagalicia Banco tan só se recuperou o 8% do

diñeiro público investido. dos 8.981 millóns de euros aportados polo Estado só se

recuperarán 728 millóns. Ademais, segundo informacións periodísticas, o

comprador aínda está buscando fórmulas de financiamento para o primeiro pago

de 313 millóns de Euros, correspondente á primeira cota do plan de pagos

acordado co FROB.

62254

Page 83: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Por todo o devandito formúlase a seguinte pregunta para resposta oral

en Comisión:

- Como valora a Xunta de Galiza que coa venda de Novagalicia Banco

só se recuperara o 8% do diñeiro público investido, perdéndose 8253

millóns de Euros?

- Non considera esta operación ruinosa para os/as contribuíntes e para

Galiza, ao pasar a estar a principal entidade financeira do noso país

controlada por un banco venezolano?

- Como valora a Xunta de Galiza que, segundo informacións

periodísticas, o comprador aínda esté buscando fórmulas de

financiamento para o primeiro pago de 313 millóns de Euros,

correspondente á primeira cota do plan de pagos acordado co FROB?

- Segue considerando, á vista destes dados, que as datas escollidas para

a venda, sen esgotar os prazos marcados, eran as máis beneficiosas

para defender o interese xeral?

- Por que a Xunta de Galiza non considerou outras opcións para

defender o mantemento da titularidade galega dunha entidade

sistémica para Galiza?

- Como valora que o Sr. Fernando Restoy siga defendendo que a "única

alternativa habría sido la liquidación, con un coste de 13.000 millones

de euros para los contribuyentes”?

62255

Page 84: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

- Por que Novagalicia Banco non se podía manter como un banco de

titularidade pública e en cambio sí se puideron destinar 8.253 millóns

de Euros de recursos públicos que non serán recuperados á

recapitalización deste banco?

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do Grupo Parlamentar do BNG

Asinado dixitalmente por:

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 19/03/2014 16:51:40

62256

Page 85: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputado do Grupo Parlamentar

do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento

da Cámara, formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en

Comisión, relativa ás actuacións do Goberno Galego para solucionar o problema

de miles de pequenos/as aforradores/as estafados/as pola comercialización

fraudulenta de participacións preferentes.

Na Galiza as antigas Caixas de Aforro colocaron produtos híbridos a

77194 clientes, na súa inmensa maioría pequenos/as aforradores/as. Menos de

40.000 recuperaron o 100% do seu diñeiro, ficando aínda 37.960 afectados e

afectadas que non recuperaron nada ou só unha parte dos seus aforros.

Dos 1.831 millóns de Euros vendidos en preferentes e subordinadas entre

as dúas caixas, só 496 millóns foron recuperados pola vía da arbitraxe e, despois

do proceso de canxe obrigatorio, fican aínda por recuperar 502 millóns de euros.

Segundo os dados deste Grupo Parlamentar, quedaron 26.900 solicitudes

de arbitraxe sen resolver, e a reapertura da arbitraxe anunciada polo Presidente da

Xunta ficou reducida á posibilidade ofertada por Novagalicia Banco de chegar a

acordos extraxudiciais cos demandantes. Até agora só houbo 1.813 acordos

extraxudiciais, dun total de 5.749 demandas presentadas.

No proceso de venda de Novagalicia Banco, o FROB comprometeuse a

sufragar 85% das devolucións de preferentes e subordinadas resultantes de

sentenzas xudiciais ou acordos extraxudiciais, mais o Director Xeral do FROB, o

Sr. Antonio Carrascosa, manifestou que se Novagalicia Banco quere dispoñer

62257

Page 86: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

deses cartos, poderían ser consideradas axudas de Estado e habería que solicitar

autorización de Bruxelas.

Ademais novas incertezas sementan dúbidas sobre a resolución xusta dos

casos pendentes. Dunha banda, o proceso de trasacordos xudiciais está

practicamente paralizado e doutra o FROB está recorrendo sistematicamente as

sentenzas favorábeis aos/ás demandantes.

Por todo o devandito formúlanse as seguintes preguntas para a súa

resposta oral en Comisión:

- Como valora a Xunta de Galiza os resultados dos acordos

extraxudiciais entre Novagalicia Banco e os/as demandantes?

- Como valora a Xunta de Galiza que o proceso de trasacordos entre

Novagalicia Banco e os/as demandantes estea case paralizado?

- Como valora a Xunta de Galiza as manifestacións do Sr. Antonio

Carrascosa, Director Xeral do FROB, afirmando que se Novagalicia

Banco quere dispoñer do diñeiro que o FROB se comprometeu a

reservar para sufragar o 85% das devolucións de preferentes e

subordinadas resultantes de sentenzas xudiciais ou acordos

extraxudiciais, estes cartos poderían ser consideradas axudas de Estado

e habería que solicitar autorización de Bruxelas?

- Como valora a Xunta de Galiza que o FROB estea recorrendo

sistematicamente as sentenzas favorábeis aos/ás demandantes?

62258

Page 87: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

- Qué medidas vai adoptar a Xunta de Galiza para asegurar a devolución

íntegra dos seus aforros aos preto de 38.000 afectados/as pola

comercialización de participacións preferentes e obrigacións

subordinadas que aínda non recuperaron, sexa na súa totalidade ou en

parte, os seus aforros?

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do Grupo Parlamentar do BNG

Asinado dixitalmente por:

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 19/03/2014 17:03:19

62259

Page 88: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

María do Carme Adán Villamarín, deputada do Grupo Parlamentar do

Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento da

Cámara, formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

No Consello da Xunta do 13 de marzo de 2014 autorizouse o gasto dun millón de

euros no mantemento de 60 prazas públicas no centro de atención á discapacidade

intelectual de Crecente da entidade Casa Nuestra Señora de Fátima y Cristo Rey

Esclavas de la Virgen Dolorosa. O Consello da Xunta autorizou este acordo da

Consellería de Traballo e Benestar apelando a “que dá continuidade á colaboración que

se leva mantendo con este centro desde hai moitos anos. Con esta actuación, permítese a

atención de 60 persoas dependentes a través de servizos especializados.”

Este centro incumpre varias normativas oficiais para prestar este servizo que

segundo reza no seu ideario complementa co de "salvar" persoas discapacitadas e

"rehabilitar" nais solteiras. Segundo a orde relixiosa, que non recoñece o topónimo

oficial de Crecente, o seu obxectivo é ofrecerlles unha vida "digna dentro das súas

marcadas limitacións".

Ante a decisión do Goberno Galego de concertar as prazas a través dun

procedemento negociado sen publicidade por exclusividade, formúlanse as seguintes

preguntas para a súa resposta oral en Comisión:

1. Cumpre o centro todas as normativas vixentes para prestar os servizos

concertados?

2. Considera a Consellaría de Traballo e Benestar necesario “salvar” as persoas

con discapacidade?

62260

Page 89: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

3. Por qué se deixa en mans relixiosas o que debería ser un dereito das persoas

con discapacidade?

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

Asdo.: María do Carme Adán Villamarín

Deputada do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María do Carme Adán Villamarín na data 19/03/2014 17:44:37

62261

Page 90: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

María do Carme Adán Villamarín e Ana Belén Pontón Mondelo, deputadas

do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto

no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral

en Comisión.

A crise económica e os veloces cambios financeiros colleron ás mulleres

consolidando precariamente a súa entrada no mercado laboral. Tal como queda recollido

nos diferentes informes presentados polas Secretarias da Muller dos sindicatos galegos

diante deste último 8 de marzo, a situación de precariedade laboral e traballo vulnerábel

das mulleres é cada día maior. A fenda salarial acentúase e o risco de exclusión social

das mulleres tamén é maior.

O desigual reparto de responsabilidades á hora de asumir o traballo non

remunerado supón que a maternidade sexa un factor de penalización sobre o emprego

das mulleres. As chamadas políticas de austeridade frearon unha das máis efectivas para

a corresponsabilidade, nomeadamente, os permisos intransferíbeis e ben remunerados

diante dun nacemento. Asemade, estas políticas recortaron en servizos públicos e

axudas por fillos e fillas. O Goberno Galego decidiu eliminar a corresponsabilidade do

seu ámbito de actuación, reducir os orzamentos en políticas de conciliación e adoptar

medidas falsamente natalistas, como a aprobación da Lei de apoio á Familia e a Lei de

apoio a muller embarazada. Textos que non avanzan no recoñecemento dos dereitos das

mulleres nin no fomento da corresponsabilidade. Pola contra, significan un retroceso

nas políticas de igualdade dos últimos anos e un paso atrás importante na escasa

concienciación sobre o usos dos tempos acadada até este momento.

62262

Page 91: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Por isto formúlanse as seguintes preguntas para a súa resposta oral en Comisión:

1. Como valora o Goberno Galego os datos de paro feminino?

2. Como valora o Goberno Galego a fenda salarial ente homes e mulleres?

3. Como valora o Goberno Galego os niveis de exclusión social das mulleres?

4. Que accións desenvolveu o Goberno Galego para fomentar o emprego

feminino?

5. Pensa deseñar e implementar o Goberno o Plan de emprego feminino prometido

por Feijóo en reiteradas ocasións?

6. Que accións vai realizar o Goberno Galego en materia de corresponsabilidade?

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2014

Asdo.: María do Carme Adán Villamarín

Ana Belén Pontón Mondelo

Deputadas do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

62263

Page 92: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

María do Carme Adán Villamarín na data 19/03/2014 18:55:13

Ana Belén Pontón Mondelo na data 19/03/2014 18:55:19

62264

Page 93: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Á Mesa do Parlamento

José Manuel Balseiro Orol, Marisol Piñeiro Martínez, Rosa Oubiña Solla, Javier Guerra Fernández, Vidal Martínez-Sierra López, Berta Pérez Hernández, Herminia Pouso Maneiro e Gonzalo Trenor López, deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara presentan, ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión. O pasado 12 de marzo a xuntanza dos Estados Costeiros do Atlántico Noroeste concluíu cun importante acordo para a fixación do total Admisible de Capturas (TAC) de xarda e a súa repartición. As posibilidades de pesca para España e, consecuentemente para Galicia, vense incrementadas con notables subidas que, suporán duplicar as toneladas das que se partía inicialmente nalgúns segmentos da flota. En relación con este asunto, os deputados asinantes, formulan a seguinte pregunta en Comisión:

Que valoración fai a Consellería do Medio Rural e do Mar en relación con este acordo que permitirá incrementar as posibilidades de pesca da flota galega?

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014 Asinado dixitalmente por: José Manuel Balseiro Orol na data 20/03/2014 11:04:07 María Soledad Piñeiro Martínez na data 20/03/2014 11:04:17

Rosa Oubiña Solla na data 20/03/2014 11:04:28

62265

Page 94: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Javier Jorge Guerra Fernández na data 20/03/2014 11:04:34

Vidal Martínez-Sierra López na data 20/03/2014 11:04:43 Berta Pérez Hernández na data 20/03/2014 11:04:52

Maria Herminia Pouso Maneiro na data 20/03/2014 11:05:04 Gonzalo Trenor Lopez na data 20/03/2014 11:05:14

62266

Page 95: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

1

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Beatriz Sestayo Doce, Vicente Docasar Docasar e Marisol Soneira Tajes,

deputadas e deputado pertencentes o Grupo Parlamentario Socialista, ao abeiro

do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a

seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión 1ª.

Dificilmente se pode atopar un bienio na historia da democracia española con

tanta capacidade de destrución como o transcorrido dende a chegada de Mariano

Rajoy o Goberno do Estado.

Os pasos de xigante dados cara á escuridade nas diferentes contrarreformas dese

Goberno, así como os terribles recortes en dereitos cidadáns e sociais son dignos

de rexistrar nun lamentable record.

Mentres tanto o Goberno galego queda calado nun silencio cómplice acazapado

mentres os compañeiros que gobernan dende Madrid levan a cabo unha folla de

ruta reaccionaria, retrógrada e profundamente lesiva para o conxunto do Estado

e, por suposto, para Galicia.

As contrarreformas emprendidas por Rajoy dende o Ministerio de Gallardón

están obstinadas en afastar un ben tan prezado como a xustiza do acceso cidadán.

Todas e cada unha das reformas na área da Xustiza conducen o mesmo lugar:

taxazo xudicial, supresión de xulgados, copagos, privatizacións ...

Unha mostra clara constitúeno os intentos de privatización do Rexistro Civil,

convertendo un servizo público necesario para a cidadanía nun foco de emprego

para o sector dos rexistradores (tan próximos a Rajoy) e buscando negocio a

costa de programas informáticos que pagamos todos. Os copagos establécense

ata para os fitos máis importantes da nosa vida.

En virtude do exposto, as deputadas e o deputado que asinan formulan as

seguintes preguntas para a súa resposta oral en comisión.

62267

Page 96: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

2

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

1ª) Vai opoñerse o Goberno galego á privatización do Rexistro Civil?

2ª) Que medidas vai tomar, no seu caso, para esixir ao goberno Rajoy que

rectifique sobre esta contrarreforma?

3ª) Cal foi a posición do Goberno galego respecto desta cuestión ao longo do

proceso iniciado?

4ª) Cal é a valoración do Goberno galego das contrarreformas proxectadas e

iniciadas polo Goberno de Mariano Rajoy en materia de xustiza?

Pazo do Parlamento, 19 de marzo de 2014

Asinado dixitalmente por: Beatriz Sestayo Doce na data 20/03/2014 12:03:35

Ricardo Vicente Docasar Docasar na data 20/03/2014 12:03:45 María Soledad Soneira Tajes na data 20/03/2014 12:03:57

62268

Page 97: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

Daniel Rodas Chapela e Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputados

do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do

disposto no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte pregunta para a súa

resposta oral en Comisión, instando ao Goberno Galego a desenvolver un

espazo galego de libre decisión que defenda con toda naturalidade no ámbito

político, e mesmo no xudicial, perante o Estado español e a Unión Europea, as

competencias exclusivas que en materia de pesca posúe Galiza, ao amparo do

artigo 27º do Estatuto de Autonomía, e de desenvolvemento lexislativo artigo

28º.

Co conflito da xarda púxose de manifesto o modelo de reparto que levan a

cabo os países costeiros que forman parte da NEACF, altamente discriminatorio

para o noso País. Sendo unha das zonas onde maior dependencia temos da pesca,

co maior número de embarcacións e cuxa actividade pesqueira ten unha maior

incidencia no PIB, encontrámonos con que a mesma non ten representación alí

onde se decide o reparto de cotas, e ao non ter presenza no reparto tócalle unha

cantidade ridícula. Pero tamén se puxo de manifesto como outros países sen cotas

históricas, pescan libremente para conseguir o maior número de toneladas

posibles para defender o seu dereito a poder pescala.

No Estado español, tamén nos encontramos como outros países e

comunidades autónomas fan unha clara distinción entre augas pertencentes ao

Estado español e as da súa propia competencia, inclusive non tiveron reparo en

liberalizar da regulación do Estado as augas da súa propia competencia.

62269

Page 98: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Así produciuse unha actividade pesqueira fóra do modelo de regulación

ao que si estivo sometida Galiza, pero que chegado o momento de modificar o

modelo de reparto, non tiveron reparo en computar as capturas como capturas

históricas.

Deste xeito podemos comprobar como os diferentes gobernos dos países

ribeireños utilizan todo tipo de estratexias para poder defender e consolidar o seu

dereito a poder pescar as especies que entran nas súas augas. Todos menos

Galiza, que unicamente ten un Goberno para aplicar aquelas medidas que

emanadas da UE ou do Goberno estatal, prívanos dun dereito histórico e

elemental de poder pescar en igualdade de condicións que o resto das frotas do

Atlántico nororiental.

Estas son as razóns que nos levan a formular as seguintes preguntas para a

súa resposta oral en Comisión:

1.- Está de acordo o Goberno Galego con que outros países teñan un

espazo de libre decisión nas súas augas interiores e que isto non estea sometido

aos criterios de regulación do Estado español?

2.- Está de acordo o Goberno Galego coa aptitude de outros países que

non tendo recoñecidas cotas pesqueiras da xarda, se adiquen a pescala

indiscriminadamente para conseguir dereitos de capturas?

3.- Que medidas ten adoptado o Goberno Galego para desenvolver un

espazo galego de libre decisión que defenda con toda naturalidade no ámbito

político, e mesmo no xudicial, perante o Estado español e a Unión Europea, as

62270

Page 99: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

competencias exclusivas que en materia de pesca posúe Galiza, ao amparo do

artigo 27º do Estatuto de Autonomía, e de desenvolvemento lexislativo artigo

28º”.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014

Asdo.: Daniel Rodas Chapela

Deputado do G.P. do BNG

Francisco Xesús Jorquera Caselas

Portavoz do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

Daniel Rodas Chapela na data 20/03/2014 12:51:25

Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 20/03/2014 12:51:34

62271

Page 100: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Á Mesa do Parlamento

Isabel García Pacín, José Manuel Balseiro Orol, Moisés Blanco

Paradelo, Angel Camino Copa, Santiago Freire Abeijón, Vidal

Martínez-Sierra López, Rosa Oubiña Solla e Miguel Prado

Patiño, deputadas e deputados do Grupo Parlamentario Popular

de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión.

A Oficina Agraria Virtual (OAV) é unha ferramenta informática desenvolta pola Consellería do Medio Rural e do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) a través da cal os gandeiros poden efectuar de xeito telemático tanto consultas relacionadas coas súas explotacións (censos, animais, movementos, …), como diversos trámites administrativos esixidos pola normativa (declaración de nacementos, declaración de movementos de entradas e saídas de animais, declaración de censos, solicitude de duplicados de marcas de identificación, solicitude de autorizacións de traslado, …).

Por outra banda, o servizo prestado a través do teléfono de atención ao cidadán (012) pretende ofrecer unha canle alternativa aos gandeiros que non dispoñen de sistemas informáticos ou de facilidade de acceso a internet, para realizar os trámites e xestións dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar, e sen necesidade de desprazarse ás Oficinas Agrarias Comarcais.

No pasado a oposición advertía de dificultades na introdución das novas ferramentas baseadas nas novas tecnoloxías nas relacións coa administración autonómica; e afirmaban, por exemplo que suporían ataques ao sistema de identificación de gando, que segue a ser esixente, minucioso e garantista.

62272

Page 101: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

Fronte a este alarmismo, cómpre facer un seguimento e valoración dos resultados ata a data, e dos servizos ou medidas necesarios para seguir mellorando na xestión e trámites ordinarios dunha explotación mediante a OAV ou o 012.

En relación con este asunto, os deputados asinantes formulan as seguintes cuestións:

1.- Cales son os datos obxectivos ao longo do ano 2013 dos trámites realizados mediante a OAV e o 012?

2.- A vista do anterior, ¿que valoración se fai dende a Consellería do Medio Rural e do Mar do funcionamento da OAV dende a súa implantación?

3.- Que servizos ou mecanismos se utilizan na resolución de posibles incidencias, tanto ordinarias como extraordinarias?

4.- Cales son as previsións futuras da OAV e do 012 nos sectores agrogandeiro e forestal?

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2014

Asinado dixitalmente por: María Isabel García Pacín na data 20/03/2014 13:11:01

José Manuel Balseiro Orol na data 20/03/2014 13:11:11 Moisés Blanco Paradelo na data 20/03/2014 13:11:55 Angel Camino Copa na data 20/03/2014 13:12:07

62273

Page 102: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

DE GALICIA

Rúa do Hórreo, 63

15702 Santiago de Compostela

T. 981 551 510

F. 981 551 422

[email protected]

www.ppdegalicia.com

José Santiago Freire Abeijón na data 20/03/2014 13:12:19 Vidal Martínez-Sierra López na data 20/03/2014 13:12:39 Rosa Oubiña Solla na data 20/03/2014 13:12:50

Jesús Miguel Prado Patiño na data 20/03/2014 13:12:56

62274

Page 103: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento de Galicia | Pregunta Oral en Comisión

1

Á Mesa do Parlamento

Carmen Iglesias Sueiro, deputada pertencente ao Grupo Mixto, ao abeiro do

disposto no Regulamento do Parlamento de Galicia, formula a seguinte

pregunta para a súa resposta oral en Comisión:

O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, dende a súa formación, mantén

unha opacidade; falta de información e falta de transparencia na xestión das

listas de agarda para persoal laboral de Escolas Infantís, Centros de Día,

Centros de Maiores, e Servizos Centrais, que non son de coñecemento público.

Todo isto ven traendo reiteradas queixas por parte das organizacións sindicais

e de moitas das persoas incluídas nas listaxe que consideran que non se están

a respectar as bases que as regulan e que se vulneran, sistematicamente, a

orde de prelación e o dereito á información.

Todo isto impide que as persoas anotadas poidan coñecer en todo momento a

súa situación e que se respecte a súa orde, tal e como sucede noutras listas de

agarda da Xunta de Galicia que son públicas.

O Consorcio tamén fai convocatorias sen presenza dos representantes dos

traballadores e das traballadoras; traslados encubertos de persoal en función

de criterios partidistas; ou mesmo- dependendo de quen o faga- non atenden

as solicitudes de conciliación laboral que posteriormente os tribunais si lles

obrigan a cumprir.

Estas demandas nunca foron atendidas polos responsables da xestión das

listaxes nin pola Xerencia do Consorcio traendo, como consecuencia, a

presentación no rexistro do Valedor do Pobo da petición de axuda por parte

das persoas afectadas e dalgunha central sindical para que se corrixan estas

irregularidades.

62275

Page 104: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

GRUPO MIXTO

PARLAMENTO DE GALICIA

Parlamento de Galicia | Pregunta Oral en Comisión

2

Por estes motivos, formúlase a seguinte pregunta:

¿Qué medidas pensa adoptar a Xunta de Galicia para corrixir tan inxustas

irregularidades no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar?

Asdo.: Carmen Iglesias Sueiro Deputada do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia

Asinado dixitalmente por:

Carmen Iglesias Sueiro na data 20/03/2014 15:04:30

62276

Page 105: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Pablo García García, Raúl Fernández Fernández e José Ramón Val

Alonso, deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de

Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara,

presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en

Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes.

Galicia é unha das potencias nacionais na produción de porcino,

concretamente segundo datos do propio Ministerio de Agricultura, supón o 32

% do número de explotacións de todo o Estado.

A reforma do sector eléctrico afecta de forma determinante ás plantas de co -

xeración eléctrica, e suporá un golpe mortal para as plantas de tratamento de

xurro das que Galicia conta cunha delas.

A produción intensiva de porcino leva consigo tamén un problema de xestión

de xurros, para que estes non supoñan un problema medioambiental, de feito

Galicia en determinadas zonas soporta un índice de concentración de

explotacións que fai imposible que territorialmente eses xurros sexan

asumidos territorialmente noutro tipo de explotacións agrarias.

Tendo en conta que a planta de co - xeración que existe en Galicia e

propiedade da empresa COREN, que supón máis do 60 % de toda a produción

galega, de consumarse a súa inviabilidade económica con esta reforma,

estariamos diante ademais dun problema económico, cun problema

medioambiental de primeira magnitude.

Ante isto, os deputados que asinan formulan a seguinte pregunta para o seu

debate en Comisión:

Que medidas ten pensado adoptar a Xunta de Galicia diante de esta

situación?

Pazo do Parlamento, 20 de marzo de 2014

Asdo.: Pablo García García

Raúl Fernández Fernández

José Ramón Val Alonso

62277

Page 106: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

Asinado dixitalmente por: Pablo García García na data 20/03/2014 16:55:45 Raúl Fernández Fernández na data 20/03/2014 16:55:54

José Ramón Val Alonso na data 20/03/2014 16:56:01

62278

Page 107: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Pablo García García, Raúl Fernández Fernández e José Ramón Val

Alonso, deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas

de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da

Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte pregunta para a súa resposta

oral en Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes.

A resolución do 31 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral de Medio

Rural e Montes, de adxudicación das axudas solicitadas ao abeiro da Orde

do 3 de abril de 2013, pola que se procede á apertura do prazo para a

presentación da renovación do compromiso polos titulares de explotacións

beneficiarias das axudas establecidas na Orde do 18 de abril de 2008, pola

que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas ao

fomento de sistemas de produción de razas gandeiras autóctonas en réxime

extensivo, vén de anular os compromisos adquiridos.

Esta axuda veu progresivamente sufrindo diminución nos últimos anos

dunha forma moi considerable, pero con esta resolución queda

practicamente anulada esta axuda, xa que moi poucas explotacións van a

poder optar.

Esta axuda é indispensable para un modelo de explotación que por

esixencias da propia axuda estas desenvolveron, e é indispensable en

determinadas zonas do país nas que non existe outra alternativa.

Ante isto, os deputados que asinan formulan a seguinte pregunta para o seu

debate Comisión:

Cal é o motivo polo que a Xunta de Galicia quere suprimir este tipo de

axudas?

Pazo do Parlamento, 20 de marzo de 2014

Asdo.: Pablo García García

Raúl Fernández Fernández

José Ramón Val Alonso

Deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

62279

Page 108: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por: Pablo García García na data 20/03/2014 16:56:28

Raúl Fernández Fernández na data 20/03/2014 16:56:34 José Ramón Val Alonso na data 20/03/2014 16:56:39

62280

Page 109: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Á Mesa do Parlamento

Patricia Vilán Lorenzo, Raúl Fernández Fernández e José Antonio

Sánchez Bugallo, deputada e deputados pertencentes ao Grupo

Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo

152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa a seguinte

pregunta para a súa resposta oral en Comisión 2.ª, Ordenación

Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos.

No ano 2009, todas as depuradoras planificadas en Galicia estaban

licitadas, agás dúas, a de Poio - Sanxenxo (Pontevedra) e a de Ribeira (A

Coruña). Por aquel tempo, o PP dicía que, desgraciadamente, Galicia

“estaba perdendo as oportunidades de avanzar, sen posibilidade de recibir

as subvencións da UE e coa imposición de sancións”.

Esas afirmacións son hoxe certas: estamos perdendo a oportunidade de

avanzar, queda menos dun ano para recibir as subvencións da UE e as

obras pendentes atópanse sen rematar e xa van tres veces que o Tribunal de

Xustiza da UE sanciona a España polos seus incumprimentos en Galicia.

En xuño de 2009, Augas de Galicia elaboraba o anteproxecto de

construción e explotación da estación depuradora de augas residuais de

Ribeira, presentando a solicitude de cualificación ambiental en xullo daquel

ano. Finalizado o prazo legalmente establecido para o dito procedemento,

emitiuse resolución do 23 de outubro 2009, na que se cualificaba a

actuación como sometida ao trámite de avaliación de impacto ambiental.

Dende entón, o Goberno do PP tiña feito un “plan” para o saneamento da

ría; un estudo de impacto ambiental e unha promesa electoral do

conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de executar o

proxecto de pluviais e fecais en Ribeira, no borde marítimo, cun importe de

3.000.0000 de euros.

Non obstante, non se coñece se o emisario para o saneamento das augas

residuais urbanos se fixo de acordo ao proxecto. O emisario submarino está

cortado ou desarticulado á altura aproximada dos 1.200 quilómetros do

mesmo. Así, dende 2007 hai fugas e vertidos de augas residuais, sen ningún

tipo de explicación por parte do concello de Ribeira, Augas de Galicia ou

62281

Page 110: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. E así consta

na denuncia da Fiscalía Provincial de A Coruña, de marzo de 2012.

Por iso, en dúas ocasións, este grupo parlamentario preguntaba pola EDAR

de Ribeira; a última vez, o día 24 de xaneiro deste ano.

A resposta do Goberno do PP tardou pouco -escasamente mes e medio- e

foi concisa: obtívose declaración de impacto ambiental favorable,

negociouse co Estado unha achega de fondos (licitándose 24,6 millóns de

euros por parte da empresa ACUAES en decembro de 2013), estase na

execución do arranxo do emisario de Touro e remitiuse copia do expediente

DH.D15.24015 ao xulgado que instrúe o asunto.

Pero quedaron (seguro que por despiste) dúas preguntas esenciais por

responder e que teñen relación directa coa instrución do proceso penal no

xulgado.

Polo exposto, a deputada e os deputados que asinan formulan as seguintes

preguntas para o seu debate en Comisión:

1. Identificou a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e

Infraestruturas á persoa encargada de elaborar a proposta de

resolución do expediente DH.D15.24015? De quen se trata?

2. Existen fugas e vertidos de augas residuais pola rotura do emisario,

dende o ano 2007?

3. Cando ten previsto a Xunta de Galicia rematar o emisario?

Pazo do Parlamento, 20 de marzo de 2014

Asdo.: Patricia Vilán Lorenzo

Raúl Fernández Fernández

José Antonio Sánchez Bugallo

Deputada e deputados do G.P. dos Socialistas de Galicia

62282

Page 111: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

Partido dos Socialistas de Galicia

Grupo Parlamentario

Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

Asinado dixitalmente por: Patricia Vilán Lorenzo na data 20/03/2014 16:58:44

Raúl Fernández Fernández na data 20/03/2014 16:58:55 José Antonio Sánchez Bugallo na data 20/03/2014 16:59:01

62283

Page 112: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

Á Mesa do Parlamento

María do Carme Adán Villamarín e Ana Belén Pontón Mondelo, deputadas

do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto

no Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral

na Comisión 6ª.

Os recursos mineiros son un ben de dominio público. O seu aproveitamento

privativo por parte de empresas mineiras ten que garantir beneficios para o conxunto da

sociedade que é, en definitiva, a titular deses bens. Tamén deben adoptarse medidas

para garantir que os riscos para a seguridade pública, o medio ambiente ou a saúde das

persoas que poidan causar estas actividades durante o seu funcionamento se evitan ou,

no seu caso, existen recursos para corrixilos e asumir a reparación e indemnizacións que

correspondan.

En virtude da Lei de Ordenación da Minaría de Galicia, as empresas mineiras

teñen que constituír garantías financeiras para responder do Plan de restauración

ambiental e subscribir un seguro de responsabilidade civil.

Por isto formulamos as seguintes preguntas para a súa resposta oral en

Comisión:

1. Que plans de restauración ambiental están actualmente en execución?

2. Cal é o volume da contía garantida polas empresas que contan con permisos

mineiros para facer frente ao Plan de restauración ambiental?

3. Que medidas ten adoptado o goberno galego para garantir que a extracción de

recursos mineiros redunde en beneficio do conxunto das galegas e os galegos?

62284

Page 113: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

OFICINA PARLAMENTAR

Parlamento de Galiza

Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

[email protected]

15702 Santiago de Compostela

Galiza

4. Cal é a contía do canon mineiro percibido?

5. Ten pensado a Xunta algunha outra medida de participación pública nos

beneficios polo aproveitamento destes ben de dominio público?

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2014

Asdo.: María do Carme Adán Villamarín

Ana Belén Pontón Mondelo

Deputadas do G.P. do BNG

Asinado dixitalmente por:

María do Carme Adán Villamarín na data 20/03/2014 17:49:16

Ana Belén Pontón Mondelo na data 20/03/2014 17:49:21

62285

Page 114: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

62286

Page 115: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

62287

Page 116: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

62288

Page 117: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

62289

Page 118: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

62290

Page 119: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

62291

Page 120: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

62292

Page 121: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

62293

Page 122: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

62294

Page 123: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

62295

Page 124: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

62296

Page 125: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIAESTRUCTURA

1. PROCEDEMENTOS PARLAMENTARIOS

1.1. PROCEDEMENTOS DE NATUREZA NORMATIVA

1.1.1. NORMAS APROBADAS 1.1.2. PROPOSTAS DE NORMAS

1.2. PROCEDEMENTOS ESPECIAIS DE CARÁCTER INSTITUCIONAL

1.2.1. INVESTIDURA1.2.2. MOCIÓN DE CENSURA1.2.3. CUESTIÓN DE CONFIANZA

1.3. PROCEDEMENTOS DE CONTROL E IMPULSO

1.3.1. CONTROL SOBRE AS DISPOSICIÓNS DA XUNTA CON FORZA DE LEI1.3.2. COMUNICACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA1.3.3. EXAME DE PROGRAMAS E PLANS1.3.4. ACORDOS, RESOLUCIÓNS OU PROPOSTAS DE COMISIÓNS ESPECIAIS OU DE INVESTIGACIÓN1.3.5. MOCIÓNS1.3.6. PROPOSICIÓNS NON DE LEI1.3.7. OUTRAS PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN E ACORDOS1.3.8. PROCEDEMENTOS DE CONTROL ECONÓMICO E ORZAMENTARIO

1.4. PROCEDEMENTOS DE INFORMACIÓN

1.4.1. INFORMACIÓNS REMITIDAS POLA XUNTA DE GALICIA1.4.2. SOLICITUDES DE COMPARECENCIA 1.4.3. INTERPELACIÓNS1.4.4. PREGUNTAS1.4.5. RESPOSTAS A PREGUNTAS1.4.6. SOLICITUDES DE DATOS, INFORMES E DOCUMENTOS DE DEPUTADOS E DE COMISIÓNS1.4.7. RECONVERSIÓNS POR FINALIZACIÓN DO PERÍODO DE SESIÓNS

1.5. PROCEDEMENTOS RELATIVOS A OUTRAS INSTITUCIÓNS E ÓRGANOS

1.6. PROCEDEMENTOS DE ELECCIÓN, DESIGNACIÓN E PROPOSTA DE NOMEAMENTO

1.7. PROCEDEMENTOS RELATIVOS AO DEREITO DE PETICIÓN

2. ELECCIÓN E COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO, RÉXIME E GOBERNO INTERIOR, ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

2.1. ELECCIÓN DO PARLAMENTO2.2. COMPOSICIÓN DO PARLAMENTO E DOS SEUS ÓRGANOS2.3. RÉXIME E GOBERNO INTERIOR2.4. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO DO PARLAMENTO

3. ADMINISTRACIÓN DO PARLAMENTO DE GALICIA

4. INFORMACIÓNS E CORRECCIÓNS DE ERROS

4.1. INFORMACIÓNS4.2. CORRECCIÓNS DE ERROS

Page 126: BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA · Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia para o asina-mento pola empresa concesionaria Nanutecnia dun convenio colec-tivo

BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

Edición e subscricións: Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia.Hórreo, 63. 15702. Santiago de Compostela. Telf. 981 55 13 00. Fax. 981 55 14 25

Dep. Leg. C-155-1982. ISSN 1133-2727