boletÍn oficial do parlamento de galicia · 2015. 6. 30. · 1.1. procedementos de natureza...

62
Número 488 IX lexislatura 30 de xuño de 2015 BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA SUMARIO 1. Procedementos parlamentarios 1.1. Procedementos de natureza normativa 1.1.2. Propostas de normas 1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei 1.1.2.1.2. Proposicións de lei Ditame emitido pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, sobre a Proposición de lei pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia 115693 Mantemento de emendas e formulación de votos particulares en relación coa Proposición de lei pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia — G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 38305) 115702 — G.P. da Alternativa Galega de Esquerda (doc. núm. 38345) 115703 — G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 38292) 115704 — G.P. Mixto (doc. núm. 38291) 115705 Emendas ao articulado formuladas á Proposición de lei para a reforma do Regulamento do Parlamento de Galicia — Do G.P. Mixto (doc. núm. 38353, 37 emendas) 115706 — Do G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 38358, 15 emendas) 115720 — Do G.P. Popular de Galicia (doc. núm. 38360, 25 emendas) 115726 — Do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 38362, 6 emendas) 115736 1.3. Procedementos de control e impulso 1.3.6. Proposicións non de lei 1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno 1.3.6.1.4. Proposicións tramitadas COMISIÓN 2ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVIZOS Aprobación por unanimidade sen modificacións - 36178 (09/PNC-003044) Grupo Parlamentario Mixto

Upload: others

Post on 24-Jan-2021

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • Número 488 IX lexislatura 30 de xuño de 2015

    BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

    SUMARIO

    1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas

    1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei

    1.1.2.1.2. Proposicións de lei

    Ditame emitido pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras

    Públicas, Medio Ambiente e Servizos, sobre a Proposición de lei

    pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de

    Galicia 115693

    Mantemento de emendas e formulación de votos particulares en

    relación coa Proposición de lei pola que se modifica a Lei 8/2013,

    do 28 de xuño, de estradas de Galicia

    — G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 38305) 115702

    — G.P. da Alternativa Galega de Esquerda (doc. núm. 38345)115703

    — G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 38292) 115704

    — G.P. Mixto (doc. núm. 38291) 115705

    Emendas ao articulado formuladas á Proposición de lei para a

    reforma do Regulamento do Parlamento de Galicia

    — Do G.P. Mixto (doc. núm. 38353, 37 emendas) 115706

    — Do G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 38358,

    15 emendas) 115720

    — Do G.P. Popular de Galicia (doc. núm. 38360, 25 emendas) 115726

    — Do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 38362, 6 emendas)

    115736

    1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno1.3.6.1.4. Proposicións tramitadas

    COMISIÓN 2ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIOAMBIENTE E SERVIZOS

    Aprobación por unanimidade sen modificacións- 36178 (09/PNC-003044)Grupo Parlamentario Mixto

  • Iglesias Sueiro, CarmenSobre a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polaque se ordena o derrubamento do pavillón polideportivo do concellode Melón 115699

    Rexeitamento da iniciativa

    - 34323 (09/PNC-002881)

    Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda

    Sánchez García, Antón

    Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao

    Goberno central en relación coa implantación en Galicia do servizo

    ferroviario de proximidade 115700

    - 37658 (09/PNC-003162)

    Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego

    Pontón Mondelo, Ana Belén, e Jorquera Caselas, Francisco Xesús

    Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en

    relación coa suba do canon polo tratamento do lixo en Sogama reco-

    llida na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Gali-

    cia para o ano 2014 115700

    - 38041 (09/PNC-003194)

    Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia

    Gallego Calvar, María Carmen, e tres deputados/as máis

    Sobre a paralización polo Goberno galego, ata a aprobación do pla-

    neamento urbanístico do concello de Vilaboa, da execución de cal-

    quera actuación que puidese levar a cabo a Axencia de Protección

    da Legalidade Urbanística nese termo municipal 115700

    1.5. Procedementos relativos a outras institucións eórganos1.5.4. De ámbito europeo1.5.4.1. Unión Europea

    Resolución da Presidencia, do 26 de xuño de 2015, pola que se

    admite a trámite o escrito das Cortes Xerais polo que se achega

    documentación relativa á consulta sobre a aplicación do principio de

    subsidiariedade na Proposta de regulamento do Parlamento Euro-

    peo e do Consello polo que se modifica o Regulamento (CE) nº

    1683/1995, do Consello, de 29 de maio de 1995, polo que se esta-

    blece un modelo uniforme de visado [COM (2015) 303 final]

    [2015/134 (COD)]

    -09/UECS-000205 (38287)

    Consulta sobre a aplicación do principio de subsidiariedade na Pro-

    posta de regulamento do Parlamento Europeo e do Consello polo

    que se modifica o Regulamento (CE) nº 1683/1995, do Consello, de

    29 de maio de 1995, polo que se establece un modelo uniforme de

    visado [COM (2015) 303 final] [2015/134 (COD)] 115738

    SUMARIO

  • 1. Procedementos parlamentarios1.1. Procedementos de natureza normativa1.1.2. Propostas de normas

    1.1.2.1. Proxectos e proposicións de lei

    1.1.2.1.2. Proposicións de lei

    Ditame emitido pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, ObrasPúblicas, Medio Ambiente e Servizos, sobre a Proposición delei pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estra-das de Galicia

    A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,Medio Ambiente e Servizos, na reunión do 26 de xuño de2015, adoptou os seguintes acordos:

    Aprobación do ditame da Comisión

    - 34779 (09/PPL-000037)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaProposición de lei pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28de xuño, de estradas de GaliciaBOPG nº 432, do 18.03.2015

    Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015Pilar Rojo Noguera

    Presidenta

    Ditame emitido pola Comisión 2ª, Ordenación Territorial, ObrasPúblicas, Medio Ambiente e Servizos, sobre a Proposición delei pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estra-das de Galicia

    A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,Medio Ambiente e Servizos, na sesión do día 26 de xuño de2015, á vista do Informe elaborado pola Ponencia sobre aProposición de lei pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28de xuño, de estradas de Galicia, de conformidade co dis-posto nos artigos 116 e seguintes do Regulamento do Parla-mento de Galicia, aprobou o seguinte:

    DITAM ETexto articulado

    Exposición de motivos .

    A Constitución Española, no seu artigo 148.1.5º, esta-blece que as comunidades autónomas poden asumir compe-

    tencias en materia de estradas cando o seu itinerario se des-envolva integramente no territorio destas. O Estatuto deAutonomía de Galicia, no seu artigo 27.8, atribúelle áComunidade Autónoma a competencia exclusiva en materiade estradas non incorporadas á rede do Estado cando o seuitinerario se desenvolva integramente no territorio da Comu-nidade Autónoma.

    A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia foiaprobada polo pleno do Parlamento de Galicia na súa sesiónplenaria do 25 de xuño de 2013, e foi publicada no DiarioOficial de Galicia nº 132, do venres 12 de xullo de 2013 eno Boletín Oficial do Estado nº 177, do xoves 25 de xullo de2013. A súa entrada en vigor produciuse aos tres meses dasúa publicación no Diario Oficial de Galicia.

    Este novo texto legal amosou unha satisfactoria adapta-ción ás particularidades que presentan as redes de estradasde Galicia, e axilizou, desde a súa entrada en vigor, os meca-nismos para a súa planificación, proxección, construción eexplotación mediante o uso das innovacións lexislativas queincorpora. Porén, nestes case dous anos de aplicación, detec-táronse unha serie de aspectos (...) que, en resumo, consti-túen un conxunto de propostas que pretenden acadar osseguintes obxectivos:

    – Explotar de modo máis eficiente o dominio públicoviario, de acordo coas particularidades territoriais da Comu-nidade Autónoma e mellorando a compatibilidade da protec-ción do dominio público viario e da actividade económicaque se apoia nas estradas. Preténdese:

    1º. Fomentar o desenvolvemento de normativa técnicapropia que optimice e facilite a xestión das estradas galegas.Por exemplo, no deseño de accesos, sendas ou firmes, adap-tados á realidade territorial e física da nosa ComunidadeAutónoma.

    2º. Facilitar as actividades propias dos concellos (mar-quesiñas, casetas de información) ou instalacións temporaiscomo terrazas, algo especialmente relevante en travesías concaracterísticas urbanas.

    3º. Protexer mellor o dominio público viario, incluíndocomo infracción as verteduras nas beiravías e dificultando aimpunidade no caso de infraccións cometidas por persoas

    BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 48830 de xuño de 2015

    115693

  • xurídicas de modo que se identifican os seus responsablessubsidiarios.

    – Simplificar e axilizar os procedementos administrati-vos. Por exemplo, na actualización dos catálogos de estradase inventarios de travesías, fomentando o restablecementovoluntario da realidade física alterada nos procedementossancionadores, simplificando a regulación da renovación dasautorizacións demaniais outorgadas e aumentando o períodotransitorio de renovación desas autorizacións, cando forenanteriores á entrada en vigor da Lei 8/2013.

    – Reforzar a seguridade xurídica para a cidadanía. Paraiso, reformúlase ou complétase a redacción dalgúns artigosde modo que o seu sentido sexa máis claro. Isto afecta á defi-nición de termos como “calzada” ou “travesía”, para os efec-tos da aprobación definitiva de proxectos e anteproxectos deestradas, á consideración dos aproveitamentos urbanísticosnos expedientes expropiatorios, aos usos autorizables ou ádescentralización administrativa na xestión de estradas,entre outros, ademais de propoñerse correccións puramenteformais.

    Finalmente, e para unha mellor comprensión da Lei8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, establéceseunha delegación lexislativa para que o Consello da Xunta deGalicia aprobe un texto refundido que incorpore as modifi-cacións realizadas e aclare, regularice e harmonice a termi-noloxía e o contido dispositivo daquela.

    Artigo único. Modificación da Lei 8/2013, do 28 de xuño, deestradas de Galicia

    A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galiciaqueda modificada nos seguintes termos:

    Un.– Modifícase o punto 2 do artigo 5, que queda redac-tado nos seguintes termos:

    “2. Calzada é a parte pavimentada da explanación, com-posta por un ou varios carrís e destinada á circulación devehículos automóbiles, de:

    a) A estrada.

    b) Os elementos funcionais.”

    Dous.– Modifícase o punto 1 do artigo 8, que quedaredactado nos seguintes termos:

    “1. Para os efectos desta lei considérase travesía o treitodunha estrada no que, discorrendo por solo clasificado comourbano, existen edificacións consolidadas que forman partedo núcleo de poboación.”

    Tres.– Modifícase o punto 1 do artigo 9, que quedaredactado nos seguintes termos:

    “1. A titularidade das estradas obxecto desta lei corres-póndelle á Comunidade Autónoma ou ás entidades locais deGalicia.”

    Catro.– Modifícase o punto 6 do artigo 9, que quedaredactado nos seguintes termos:

    “6. As resolucións ou os decretos polos que se aprobenos cambios de titularidade das estradas obxecto desta leideberán ser publicados no Diario Oficial de Galicia e seránefectivos ao día seguinte da súa publicación naquel.

    No caso de que unha das administracións afectadas sexaa Administración xeral do Estado, aplicarase a regulaciónsobre cambio de titularidade prevista na normativa estatal enmateria de estradas.”

    Cinco.– Modifícase a letra b) do punto 6 do artigo 10,que queda redactada nos seguintes termos:

    “b) A construción de novas estradas ou de novos treitosdas estradas existentes.”

    Seis.– Engádese unha letra c) ao punto 6 do artigo 10,coa seguinte redacción:

    “c) A adquisición ou perda da condición de estradadunha vía pública.”

    Sete.– Engádese unha letra d) ao punto 6 do artigo 10,coa seguinte redacción:

    “d) A consideración como travesía dun treito de estrada,cando non se tramitase un expediente ao respecto para o seurecoñecemento.”

    BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

    115694

    Número 48830 de xuño de 2015

    Número 48830 de xuño de 2015

  • Oito.– Engádese unha letra d) ao punto 7 do artigo 10,coa seguinte redacción:

    “d) O resto de supostos previstos regulamentariamente.”

    Nove.– Modifícase o punto 5 do artigo 22, que quedaredactado nos seguintes termos:

    “5. A aprobación definitiva dos anteproxectos, proxec-tos de trazado ou proxectos de construción implicará adeclaración de utilidade pública, da necesidade de ocupa-ción dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios paraa execución das obras, dos depósitos dos materiais sobran-tes e dos préstamos necesarios para executalas, sempre queveñan previstos no seu proxecto, así como para a traza deplanta do proxecto e para as modificacións deste que, deser o caso, se puideren aprobar posteriormente, e da urxen-cia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación,ocupación temporal ou imposición ou modificación de ser-vidumes.”

    Dez.– Modifícase o punto 3 do artigo 28, que quedaredactado nos seguintes termos:

    “3. Non obstante, cando se trate de expropiar terreos ensituación urbanizada, a administración titular poderá convir,libremente e por mutuo acordo coa persoa expropiada, queesta reciba unha indemnización equivalente ao valor queterían os terreos no caso de atoparse en situación rural, e dei-xando o aproveitamento urbanístico, ou o dereito a el, enposesión da persoa expropiada, sempre que sexa posibleconforme a lexislación e o planeamento urbanístico.”

    Once.– Modifícase a letra f) do punto 1 do artigo 30, quequeda redactada nos seguintes termos:

    “f) Mediante calquera outro mecanismo previsto nestalei ou na normativa urbanística, patrimonial ou de contrata-ción administrativa.”

    Doce.– Engádese un punto 8 ao artigo 33, coa seguinteredacción:

    “8. Na medida en que non contraveña a normativa téc-nica básica, a consellaría competente en materia de estradaspoderá ditar normas e instrucións complementarias relativas

    á explotación das estradas de titularidade da ComunidadeAutónoma ou das entidades locais de Galicia.

    As normas e instrucións que se diten terán en conta asparticularidades da Comunidade Autónoma de Galicia, ecompatibilizarán a realización de actividades económicas nocontorno das estradas coa necesaria protección do dominiopúblico viario e da seguridade viaria.”

    Trece– Modifícase o punto 1 do artigo 43, que quedaredactado nos seguintes termos:

    “1. Na explanación da estrada e na dos seus elementosfuncionais só se poderán autorizar os seguintes usos.”

    Catorce.– Engádese unha letra f) ao punto 1 do artigo 43,coa seguinte redacción:

    “f) Os elementos, obras, actuacións e instalacións nece-sarios para que as administracións públicas poidan exerceras súas competencias, cando pola súa natureza ou funciona-lidade non poidan ter outra colocación.”

    Quince.– Engádese unha letra g) ao punto 1 do artigo 43,coa seguinte redacción:

    “g) As instalacións provisionais, cun prazo fixado, aso-ciadas a actividades de interese ou uso público.”

    Dezaseis.– Modifícase a letra a) do punto 2 do artigo 43,que queda redactada nos seguintes termos:

    “a) Usos autorizables na explanación da estrada e na dosseus elementos funcionais.”

    Dezasete.– Modifícase o primeiro parágrafo do artigo46, que queda redactado nos seguintes termos:

    “Entre a estrada e a liña límite de edificación prohíbesecalquera tipo de construción de nova planta, por encima oupor debaixo da rasante do terreo, os peches non diáfanos oude fábrica, así como a instalación, agás cruzamentos, dosapoios das redes e infraestruturas aéreas de servizos públi-cos, coas excepcións establecidas nesta lei ou no seu regu-lamento, no caso de elementos que non teñan carácter edi-ficatorio.”

    BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 48830 de xuño de 2015

    115695

    Número 48830 de xuño de 2015

  • Dezaoito.– Modifícase o punto 2 do artigo 48, que quedaredactado nos seguintes termos:

    “2. A resolución deberá notificarse no prazo de seismeses contados desde o día seguinte ao da entrada da solici-tude no rexistro do órgano competente para a súa tramita-ción. O transcurso do devandito prazo sen que se practicasea notificación da resolución permitirálle á persoa interesadaentender desestimada a súa pretensión por silencio adminis-trativo.”

    Dezanove.– Modifícase o punto 4 do artigo 49, quequeda redactado nos seguintes termos:

    “4. Con carácter xeral, as autorizacións para a realiza-ción de obras, instalacións ou actividades na zona de domi-nio público outorgaranse por un prazo máximo de dez anos,e poderán concederse, logo da solicitude da persoa intere-sada, ata dúas prórrogas por períodos de igual duración.Antes de que transcorra o prazo da autorización, incluídas asprórrogas, se é o caso, a persoa titular poderá solicitar unhanova autorización.

    Para estes efectos, considérase que as autorizacións deacceso se refiren á incorporación de vehículos á estradadesde fóra do dominio público viario, independentementedos elementos que se sitúen nel, polo que non estaránsometidas ás limitacións establecidas no parágrafo ante-rior.”

    Vinte.– Engádese unha letra e) ao punto 1 do artigo 50,coa seguinte redacción:

    “e) Cando resulte incompatible con normas aprobadascon posterioridade.”

    Vinte e un.– Modifícase a letra b) do punto 3 do artigo53, que queda redactada nos seguintes termos:

    “b) Os rótulos dos establecementos mercantís ou indus-triais que sexan indicativos da súa actividade, sempre que sesitúen nos edificios e terreos nos que aqueles desenvolvan asúa actividade, máis separados da estrada que a liña límite deedificación e a unha distancia da calzada non inferior á súaaltura, e non inclúan comunicación adicional tendente a pro-mover a contratación de bens ou servizos.”

    Vinte e dous.– Modifícase a letra c) do punto 3 do artigo53, que queda redactada nos seguintes termos:

    “c) Os anuncios de espectáculos, celebracións ou probasculturais, deportivas ou similares, debidamente autorizadose que se desenvolvan na propia estrada, sempre que a súacelebración sexa ocasional, non se coloquen, en ningúncaso, nos soportes da sinalización vertical da estrada ouinterferindo con ela e sexan retirados pola persoa titular daautorización inmediatamente despois de finalizar o aconte-cemento anunciado.”

    Vinte e tres.– Engádese unha letra d) ao punto 3 do artigo53, coa seguinte redacción:

    “d) Os rótulos que figuren sobre os vehículos automóbi-les e que se refiran exclusivamente á actividade das persoasque os empreguen, ou á carga que transporten, sempre quenon empreguen substancias reflectoras, cores ou composi-cións que poidan inducir á confusión con sinais de tráfico oucirculación ou que poidan obstaculizar o tráfico rodado.”

    Vinte e catro.– Modifícase o punto 2 do artigo 58, quequeda redactado nos seguintes termos:

    “2. A persoa causante dos danos deberá aboarlle á admi-nistración titular da estrada a indemnización polos danos eperdas ocasionados, no prazo que, para tal efecto, se lle con-ceda. No caso de que un asegurador asumise o risco deri-vado da responsabilidade civil da persoa causante dos danos,a administración titular da estrada poderá requirirlle directa-mente a aquel o pagamento da indemnización polos danos eperdas causados ao dominio público viario.”

    Vinte e cinco.– Engádese un punto 3 ao artigo 58, coaseguinte redacción:

    “3. O prazo de prescrición da exixencia da obriga dereparar os danos e perdas causados e de indemnizar polosdanos non reparables e polas perdas causadas será de tresanos, contados desde o día seguinte a aquel no que se pro-ducisen aqueles.

    Interromperá a prescrición a iniciación, co coñecementoda persoa interesada, do procedemento de declaración deresponsabilidade por danos e perdas, e volverá transcorrer o

    BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

    115696

    Número 48830 de xuño de 2015

    Número 48830 de xuño de 2015

  • prazo se aquel estivese paralizado durante máis dun mes porcausa non imputable á persoa infractora.”

    Vinte e cinco bis). Modifícase o artigo 59, que quedaredactado nos seguintes termos:

    “Artigo 59. Compatibilidade de actuacións.

    1. As medidas de protección da legalidade viaria recolli-das neste capítulo, incluídas expresamente as indemniza-cións por motivo dos danos e perdas causados ao dominiopúblico viario, adoptaranse sen prexuízo das sancións e res-ponsabilidades que resulten procedentes e poderán orde-narse e executarse tanto independentemente como dentro doprocedemento de sanción previsto nesta lei.

    2. O prazo máximo para ditar e notificar a resolución quepoña fin aos expedientes de protección da legalidade viariaserá dun ano, contado a partir da data na que se incoaronaqueles, tanto no caso de que se tramiten independentementecomo dentro do procedemento de sanción previsto nesta lei.De ser o caso, poderase tramitar a ampliación deste prazomáximo segundo o procedemento establecido na lexislaciónen materia de procedemento administrativo.

    O cumprimento do prazo máximo sen que se notifique aresolución producirá a caducidade do procedemento. Nonobstante, poderá incoarse un novo expediente de protecciónda legalidade viaria cando as exixencias das corresponden-tes obrigas non prescribisen conforme o establecido nestalei. Para estes efectos, conservarán a súa validez os actos detrámite previos á instrución do expediente caducado e nome-arase unha persoa distinta como instrutora deste.”

    Vinte e seis.– Elimínase a letra c) do punto 1 do artigo61.

    Vinte e sete.– Modifícase a letra c) do punto 3 do artigo61, que queda redactada nos seguintes termos:

    “c) Colocar, verter, lanzar ou abandonar na calzada ounas beiravías da estrada obxectos, elementos ou materiais decalquera natureza.”

    Vinte e oito.– Engádese un punto 3 ao artigo 63, coaseguinte redacción:

    “3. Se as infraccións son imputables a unha persoa xurí-dica, poderán ser consideradas como responsables subsidia-rias as persoas físicas que integran os seus órganos reitoresou de dirección, agás que discrepasen das decisións que leva-ron á comisión da infracción, e así se acredite debidamente.”

    Vinte e nove.– Modifícase o segundo parágrafo do artigo64, que queda redactado nos seguintes termos:

    “A obriga de restitución e reposición das cousas ao seuestado anterior exixiráselles ás persoas responsables dainfracción en calquera momento, independentemente daeventual prescrición desta ou das sancións que derivendela.”

    Trinta.– Engádese un punto 3 ao artigo 66, coa seguinteredacción:

    “3. A sanción correspondente á infracción cometidapoderá reducirse ata nun noventa por cento do seu valor,cando non se provocasen danos ao dominio público viarionin se puxese en risco a seguridade viaria, se a persoa res-ponsable acata, se é o caso, a resolución de paralización oususpensión e procede á demolición das obras, á suspensióndefinitiva dos usos e ao restablecemento da realidade físicaalterada antes da resolución do expediente de sanción.”

    Trinta e un.– Modifícase o punto 1 do artigo 68, quequeda redactado nos seguintes termos:

    “1. Cando a resolución dun expediente de reposición dalegalidade viaria ou a dun procedemento para a imposiciónde sancións, incluídos os supostos de prescrición, lle impu-xer á persoa responsable a obriga de restitución e reposicióndas cousas ao seu estado anterior e esta non cumprir o prazofixado naquela ou nun requirimento posterior, unha veztranscorrido o devandito prazo poderán impoñérselle multascoercitivas, conforme o establecido na lexislación en mate-ria de procedemento administrativo.”

    Trinta e dous.– Modifícase o punto 2 do artigo 68, quequeda redactado nos seguintes termos:

    “2. As multas coercitivas poderán ter natureza periódica,ata que se leve a cabo a restitución e reposición das cousasao seu estado anterior.

    BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 48830 de xuño de 2015

    115697

    Número 48830 de xuño de 2015

  • A súa contía será de entre 100 e 1.000 euros. No caso demultas coercitivas periódicas, ese valor será o da súamáxima contía mensual.

    Para a gradación das multas coercitivas teranse en contaas mesmas circunstancias establecidas nesta lei para a gra-dación das sancións.”

    Trinta e tres.– Modifícase o punto 3 do artigo 71, quequeda redactado nos seguintes termos:

    “3. O exercicio das potestades ás que se fai referencia nopunto anterior correspóndelles aos órganos administrativosaos que a Administración lles atribúa expresamente a com-petencia para a iniciación, instrución e resolución dos expe-dientes correspondentes, por disposición de rango legal ouregulamentario.”

    Trinta e catro.– Modifícase o punto 1 do artigo 73, quequeda redactado nos seguintes termos:

    “1. O persoal funcionario adscrito ás funcións de explo-tación das estradas terá a condición de axentes da autoridadecando se atope no exercicio das ditas funcións.”

    Trinta e cinco.– Modifícase o primeiro parágrafo dopunto 2 da disposición adicional segunda, que queda redac-tado nos seguintes termos:

    “Na normativa de desenvolvemento que regule o funcio-namento do organismo xestor, a administración titularpoderá atribuírlle a aquel as competencias que nesta lei llecorresponden á administración titular, para o exercicio efec-tivo das funcións relacionadas co ámbito de xestión que llefose encomendado.”

    Trinta e seis.– Modifícase a disposición adicional ter-ceira, que queda redactada nos seguintes termos:

    “Disposición adicional terceira. Actualización deimportes

    A contía das multas e das multas coercitivas previstasnesta lei poderá ser actualizada mediante decreto do Conse-llo da Xunta de Galicia, segundo a evolución do índice deprezos ao consumo na Comunidade Autónoma de Galicia.”

    Trinta e sete.– Engádese unha disposición adicionalcuarta, coa seguinte redacción:

    “Disposición adicional cuarta. Previsión de retribuciónsen especie

    No caso de que as administracións titulares celebren con-tratos administrativos especiais cuxo obxecto teña relacióncoa planificación, proxección, execución ou explotación dasestradas que son obxecto desta lei, a súa retribución poderáfacerse mediante a entrega de contraprestacións distintas doprezo, para os efectos do establecido na lexislación de con-tratos do sector público.”

    Trinta e oito.– Modifícase a disposición transitoriasegunda, que queda redactada nos seguintes termos:

    “Ás autorizacións outorgadas con anterioridade áentrada en vigor desta lei para a realización de obras, ins-talacións ou actividades na zona de dominio público, agásas de accesos, cando non indiquen o seu prazo máximo,seralles aplicable a duración máxima prevista nesta lei,para o que se ditará a correspondente resolución adminis-trativa, logo de solicitude da persoa titular. O prazomáximo para presentar esta solicitude remata o 31 dedecembro de 2016. Logo de transcorrido este prazo sen quese presentase a dita solicitude, a autorización considerarasecaducada para calquera efecto.”

    Disposición derradeira primeira. Delegación lexislativapara elaborar un texto refundido en materia de estradas deGalicia

    Delégase no Consello da Xunta de Galicia, por un ano apartir da entrada en vigor desta lei, a potestade de ditar undecreto lexislativo que refunda o texto da Lei 8/2013, do 28de xuño, de estradas de Galicia, e o resto de disposicións quea modifican, incluídas as contidas nesta lei, no que se deberáaclarar, regularizar e harmonizar a terminoloxía e o contidodispositivo daquela.

    Disposición derradeira segunda. Título competencial

    Esta lei dítase ao abeiro do disposto no artigo 148.1.5ºda Constitución española, que establece que as comunida-des autónomas poden asumir competencias en materia de

    BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

    115698

    Número 48830 de xuño de 2015

    Número 48830 de xuño de 2015

  • estradas cando o seu itinerario se desenvolva integramenteno territorio destas, e do artigo 27.8 do Estatuto de auto-nomía de Galicia, que lle reserva á Comunidade Autó-noma a competencia exclusiva en materia de estradas nonincorporadas á rede do Estado e cuxo itinerario se desen-volva integramente no territorio da Comunidade Autó-noma.

    Disposición derradeira terceira. Entrada en vigor

    Esta lei entrará en vigor o día seguinte ao da súa publi-cación no Diario Oficial de Galicia.

    Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015

    José Santiago Freire AbeijónPresidente da Comisión

    Antón Sánchez GarcíaSecretario da Comisión

    Mantemento de emendas e formulación de votos particulares

    en relación coa Proposición de lei pola que se modifica a Lei

    8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia

    - 34779 (09/PPL-000037)Grupo Parlamentario Popular de GaliciaProposición de lei pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28de xuño, de estradas de GaliciaBOPG nº 432, do 18.03.2015

    Ordénase a publicación no Boletín Oficial do Parlamento deGalicia das emendas mantidas e dos votos particulares for-mulados ao Ditame emitido pola Comisión 2ª, OrdenaciónTerritorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos

    — G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 38305).— G.P. da Alternativa Galega de Esquerda (doc. núm. 38345).— G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm. 38292).— G.P. Mixto (doc. núm. 38291).

    Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2015

    Pilar Rojo NogueraPresidenta

    Emendas ao articulado formuladas á Proposición de lei para a

    reforma do Regulamento do Parlamento de Galicia

    A Mesa da Comisión do Regulamento, na reunión do 29 dexuño de 2015, adoptou os seguintes acordos:

    Cualificación de emendas

    - 33374 (09/PPL-000035)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaProposición de lei para a reforma do Regulamento do Parla-mento de GaliciaBOPG nº 413, do 10.02.2015

    Examinados os escritos presentados e dado que se axustanaos requisitos establecidos no Regulamento da Cámara,acorda a súa admisión co seguinte detalle:

    Emendas ao articulado (un total de 83)

    — Do G.P. Mixto (doc. núm. 38353, 37 emendas).— Do G.P. do Bloque Nacionalista Galego (doc. núm.

    38358, 15 emendas).— Do G.P. Popular de Galicia (doc. núm. 38360, 25 emendas).— Do G.P. dos Socialistas de Galicia (doc. núm. 38362, 6 emendas).

    Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2015Pilar Rojo Noguera

    Presidenta

    1.3. Procedementos de control e impulso1.3.6. Proposicións non de lei

    1.3.6.1. Proposicións non de lei en Pleno

    1.3.6.1.4. Proposicións tramitadas

    COMISIÓN 2ª, ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO

    AMBIENTE E SERVIZOS

    A Comisión 2ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas,Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 26 de xuño de2015, adoptou os seguintes acordos:

    Aprobación por unanimidade sen modificacións

    - 36178 (09/PNC-003044)Grupo Parlamentario Mixto

    BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 48830 de xuño de 2015

    115699

    Número 48830 de xuño de 2015

  • Iglesias Sueiro, CarmenSobre a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiciapola que se ordena o derrubamento do pavillón polidepor-tivo do concello de MelónBOPG nº 452, do 22.04.2015

    Sométese a votación e resulta aprobada sen modificaciónspola unanimidade dos 14 deputados e deputadas presentes.

    O texto aprobado é o seguinte:

    «O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a darcumprimento á decisión do TSXG que, en sentenza firme einapelable do 19 de febreiro de 2015, ordena a demolicióndo polideportivo do concello de Melón sen máis dilación edentro do prazo concedido pola dita sentenza.»

    Rexeitamento da iniciativa

    - 34323 (09/PNC-002881)Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de EsquerdaSánchez García, AntónSobre as demandas que debe realizar o Goberno galego aoGoberno central en relación coa implantación en Galicia doservizo ferroviario de proximidadeBOPG nº 429, do 11.03.2015

    Sométese a votación e resulta rexeitada por 6 votos a favor,8 votos en contra e 0 abstencións.

    - 37658 (09/PNC-003162)Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista GalegoPontón Mondelo, Ana Belén, e Jorquera Caselas, FranciscoXesúsSobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galegoen relación coa suba do canon polo tratamento do lixo enSogama recollida na Lei de orzamentos xerais da Comuni-dade Autónoma de Galicia para o ano 2014BOPG nº 477, do 10.06.2015

    Sométese a votación e resulta rexeitada por 6 votos a favor,8 votos en contra e 0 abstencións.

    - 38041 (09/PNC-003194)Grupo Parlamentario dos Socialistas de GaliciaGallego Calvar, María Carmen, e tres deputados/as máis

    Sobre a paralización polo Goberno galego, ata a aprobacióndo planeamento urbanístico do concello de Vilaboa, da exe-cución de calquera actuación que puidese levar a cabo aAxencia de Protección da Legalidade Urbanística nesetermo municipal. BOPG nº 481, do 17.06.2015

    Sométese a votación e resulta rexeitada por 5 votos a favor,8 votos en contra e 1 abstencións.

    Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015María Soledad Soneira Tajes

    Vicepresidenta 2ª

    1.5. Procedementos relativos a outras institucións eórganos1.5.4. De ámbito europeo

    1.5.4.1. Unión Europea

    Resolución da Presidencia, do 26 de xuño de 2015, pola que se

    admite a trámite o escrito das Cortes Xerais polo que se achega

    documentación relativa á consulta sobre a aplicación do princi-

    pio de subsidiariedade na Proposta de regulamento do Parla-

    mento Europeo e do Consello polo que se modifica o Regula-

    mento (CE) nº 1683/1995, do Consello, de 29 de maio de 1995,

    polo que se establece un modelo uniforme de visado [COM

    (2015) 303 final] [2015/134 (COD)]

    -09/UECS-000205 (38287)Consulta sobre a aplicación do principio de subsidiariedadena Proposta de regulamento do Parlamento Europeo e doConsello polo que se modifica o Regulamento (CE) nº1683/1995, do Consello, de 29 de maio de 1995, polo que seestablece un modelo uniforme de visado [COM (2015) 303final] [2015/134 (COD)]

    No Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia tivo entrada,co número 38287, o escrito das Cortes Xerais polo que seachega documentación relativa á solicitude da ComisiónMixta para a Unión Europea en relación coa Consulta sobrea aplicación do principio de subsidiariedade na Proposta deregulamento do Parlamento Europeo e do Consello poloque se modifica o Regulamento (CE) nº 1683/1995, doConsello, de 29 de maio de 1995, polo que se establece unmodelo uniforme de visado [COM (2015) 303 final][2015/134 (COD)].

    BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIA

    115700

    Número 48830 de xuño de 2015

    Número 48830 de xuño de 2015

  • BOLETÍN OFICIAL DO PARLAMENTO DE GALICIANúmero 48830 de xuño de 2015

    115701

    Conforme o establecido na norma segunda das Normasreguladoras do procedemento para o control do principio desubsidiariedade nos proxectos lexislativos da Unión Euro-pea (nos BOPG núms. 276, do 16 de xullo de 2010, e 446,do 7 de abril de 2011), resolvo:

    1º. Trasladarlles o referido escrito á Comisión de AsuntosEuropeos e aos portavoces dos grupos parlamentarios e orde-nar a súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento deGalicia.

    2º. Conforme o disposto na norma terceira das citadas nor-mas, no prazo dos dez días naturais seguintes á remisión doproxecto de acto lexislativo, os grupos parlamentarios pode-rán presentar propostas de ditame motivado nas que deberánexpoñer as razóns polas que consideran que o proxecto de

    acto lexislativo da Unión Europea resulta contrario, en todoou en parte, ao principio de subsidiariedade.

    As propostas de ditame motivado presentaranse ante a Mesada Comisión Permanente non Lexislativa para AsuntosEuropeos, que as cualificará e admitirá a trámite se reúnenos requisitos establecidos neste acordo.

    A ausencia de propostas de ditame determinará a finaliza-ción do procedemento.

    3º. Dar conta desta resolución na próxima reunión da Mesaque teña lugar.

    Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015Pilar Rojo Noguera

    Presidenta

    Número 48830 de xuño de 2015

  • Partido dos Socialistas de Galicia

    Grupo Parlamentario

    Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]

    Á Mesa do Parlamento

    O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, a través do seu

    portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 119 do Regulamento da Cámara,

    comunícalle a esa Presidencia que mantén, para a súa defensa en Pleno,

    todas as emendas e votos particulares, presentadas á Proposición de lei pola

    que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia agás as

    aprobadas ou transaccionadas (09/PPL-000037, doc. núm. 34779).

    Pazo do Parlamento, 26 de xuño de 2015

    Asdo.: José Luis Méndez Romeu

    Portavoz do G.P. dos Socialistas de Galicia

    Asinado dixitalmente por:

    Jose Luis Méndez Romeu na data 26/06/2015 13:04:00

    115702

  • Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO

    O grupo parlamentario da Alternativa Galega da Esquerda, ao abeiro do disposto no artigo 119 do Regulamento da Cámara, mantén, para a súa defensa en Pleno, todas as emendas presentadas á Proposición de lei pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que non foron incorporadas ao Ditame da Comisión. En Compostela, a 29 de xuño do 2015.

    Asdo. Antón Sánchez García

    Asinado dixitalmente por:

    Anton Sánchez García na data 29/06/2015 10:20:35

    115703

  • OFICINA PARLAMENTAR

    Parlamento de Galiza Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545

    Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421

    [email protected]

    15702 Santiago de Compostela

    Galiza

    Á Mesa do Parlamento

    O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), a través

    do seu portavoz, e ao abeiro do disposto no artigo 119 do Regulamento da

    Cámara MANTÉN, para a súa defensa en Pleno, todas as emendas presentadas á

    Proposición de lei, formulada polo G.P. Popular de Galiza, pola que se

    modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galiza [09/PPL-000037

    (doc. núm. 34779)], que non foron incorporadas ao ditame da Comisión.

    Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015

    Asdo.: Franscisco Xesús Jorquera Caselas

    Portavoz do G.P. do BNG

    Asinado dixitalmente por:

    Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 26/06/2015 12:20:44

    115704

  • GRUPO MIXTO

    PARLAMENTO DE GALICIA

    Parlamento De Galicia | Mantemento Emendas

    1

    Á MESA DO PARLAMENTO DE GALICIA.

    O Grupo Mixto, a través da súa voceira e ao abeiro do disposto no artigo 119

    do Regulamento da Cámara MANTÉN, para a súa defensa en Pleno, todas as

    emendas presentadas á Proposición de Lei de modificación Lei 8/2013 de

    estradas de Galicia (09/PPL-000037, doc. núm. 34779), que non foron

    incorporadas ao Ditame da Comisión, salvo a nº 10 que foi retirada no debate.

    Pazo do Parlamento a 26 de xuño de 2015

    Asdo.: Consuelo Martínez García

    Voceira do G.P. Mixto do Parlamento de Galicia.

    Asinado dixitalmente por:

    María Consuelo Martínez García na data 26/06/2015 12:14:10

    115705

  • 1

    EMENDAS PRESENTADAS POLOS GRUPOS PARLAMENTARIOS GRUPO

    MIXTO Á PROPOSICIÓN DE LEI PARA REFORMA DO REGULAMENTO DO

    PARLAMENTO DE GALICIA (NUM. EXPE. 09/PPL_000035).

    Emenda nº1, ao apartado Un, de Adición. Artigo único Debe ser engadido ao final do parágrafo do novo punto 4 do artigo 9 o seguinte texto: "Todo elo, sen prexuízo da posible responsabilidade disciplinaria na que poida incorrer a persoa responsable da remisión da información e que se substanciará segundo o procedemento disciplinario que resulte de aplicación ao caso, coa finalidade de sancionar unha posible conduta de abandono do servizo ou incumprimento das funcións encomendadas." __________________________________________ Emenda nº2, ao apartado Un, de Adición. Artigo único Debe ser engadido un novo punto 4 bis) do artigo 9 co seguinte contido: 4. bis) Transcorrido o prazo de trinta días sen que a información fose enviada, o Deputado/a que a tiver solicitado poderá, por conduto da Presidencia da Cámara, instar o acceso directo ao expediente ou documentación de que se trate, que terá lugar nos seguintes sete días. __________________________________________ Emenda nº19, ao apartado Dous, de Adición. Artigo único Debe ser engadido o seguinte texto ao novo punto 2 bis do artigo 10 logo da expresión "...estarán suxeitas ás normas de carácter xeral..." "...modificando o réxime fiscal de xeito que a tributación abranga á totalidade da retribucións agás os gastos ou dietas xustificados."

    115706

  • 2

    __________________________________________ Emenda nº3, ao apartado Dous, de Adición. Artigo único Debe ser engadido un novo punto 2 ter) ao artigo 10 co seguinte contido: "2 ter.- A contía das citadas percepcións non poderá superar a cifra resultante de multiplicar por cinco o salario mínimo interprofesional para ese período." __________________________________________ Emenda nº4, ao apartado Tres, de Adición. Artigo único Debe ser engadido ao remate do punto 2 do artigo 12 os seguintes parágrafos: "Deberase aportar á Mesa da Cámara a pertinente xustificación no prazo dos 5 días seguintes á celebración da sesión. Contra a decisión de detracción por parte da Mesa poderase interpoñer o correspondente recurso." __________________________________________ Emenda nº5, ao apartado Tres, de Adición. Artigo único Deben ser engadidos tres novos parágrafos ao punto 3 do artigo 12 coa seguinte redacción: "Implantarase unha pestana na páxina web do Parlamento de Galicia, que levará por título “portal de transparencia do Parlamento”, que se axustará ao protocolo de creación de sedes electrónicas vixente. Usarase como sistema de identificación o previsto no Capítulo IV do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, e serán de aplicación todos os protocolos de seguridade que nel se establecen.

    115707

  • 3

    O Parlamento de Galicia establecerá os requisitos necesarios para que a implantación do sistema anteriormente descrito cumpra as garantías precisas e a súa finalidade." __________________________________________ Emenda nº20, ao apartado Tres, de Adición. Artigo único Debe ser engadido un novo punto 3.bis) ao apartado Tres polo que se modifica o artigo 12: "3.bis).- As asistencias exclusivamente ao inicio das sesións e/ou votacións non xustifican a asistencia á sesión." __________________________________________ Emenda nº6, ao apartado Tres bis), de Adición. Artigo único Engádese un novo apartado Tres bis) ao artigo único co seguinte contido: Tres bis). Modifícase o artigo 14 que queda redactado do seguinte xeito: Artigo 14 Os Deputados non poderán invocar ou facer uso da súa condición de Parlamentarios para o exercicio de actividade mercantil, industrial ou profesional, estando suxeitos aos mesmos principios éticos e de conduta que os membros do Goberno da Xunta de Galicia, regulados no Código ético Institucional da Xunta de Galicia." __________________________________________ Emenda nº7, ao apartado Catro bis), de Modificación. Artigo único Debe ser engadido ao artigo único un novo apartado catro bis) co seguinte contido: Catro bis). Modifícase o apartado 1 do artigo 22, que queda redactado do seguinte xeito: 1.- Os deputados e deputadas en número non inferior a tres poderán constituírse en Grupo Parlamentario. Cada deputado

    115708

  • 4

    ou deputada non poderá formar parte máis ca dun só grupo parlamentario. __________________________________________

    Emenda nº8, ao apartado Cinco, de Supresión. Artigo único Debe ser suprimido o apartado cinco do artigo único. __________________________________________ Emenda nº9, ao apartado Seis, de Adición. Artigo único Debe ser engadido ao final do texto do punto 2 do artigo 27 o seguinte: "O Parlamento de Galicia aportará aos Grupos Parlamentarios unha ferramenta contable unificada para cumprir con esta obriga. " __________________________________________ Emenda nº10, ao apartado Sete, de Adición. Artigo único Debe ser engadido un novo apartado Sete bis) ao artigo único co seguinte contido: Sete bis). Engádese un novo artigo 47 bis) que queda redactado do seguinte xeito: Artigo 47 bis) 1. A Comisión de Peticións coñecerá de cantas reclamacións e queixas dirixan ao Parlamento, individual ou colectivamente, as persoas con residencia en Galicia e aquelas outras que, sen tela, sexan titulares de dereitos ou intereses radicados nela e versen sobre calquera asunto ou materia comprendido no ámbito de competencias da administración da Comunidade Autónoma. Non poderán ser obxecto de petición aqueles asuntos para cuxa tramitación o ordenamento xurídico estableza un procedemento específico. 2. Non serán admitidas a trámite aquelas peticións sobre cuxo obxecto exista un procedemento parlamentario en trámite. A declaración de inadmisibilidade será notificada ao peticionario facendo mención expresa dos motivos desta. Contra o acordo

    115709

  • 5

    de inadmisión caberá recurso ante a Mesa da Cámara, que antes de resolver definitivamente oirá a Xunta de Voceiros. 3. As peticións presentaranse por escrito, podendo utilizarse calquera medio, mesmo de carácter electrónico, que permita acreditar a súa autenticidade, e incluirán necesariamente a identidade do peticionario e domicilio para a práctica de notificacións, facendo constar, clara e razoadamente, os feitos en que aquelas se basean, e ao que se achegarán cantos documentos puidesen servir para a mellor comprensión do caso. 4. Se a petición fose colectiva, ademais de reunir os requisitos anteriores, será asinada por todas as persoas peticionarias, debendo figurar, xunto á firma de cada unha delas, o seu nome e apelidos. 5. Se o escrito non reunise os requisitos establecidos neste artigo ou non reflectise os datos necesarios coa suficiente claridade, requirirase á persoa peticionaria para que emende os defectos advertidos no prazo de quince días. De non se producir a emenda requirida procederase ao arquivo da petición. 6. A Comisión gardará confidencialidade sobre os datos persoais das persoas peticionarias. 7. A Comisión acusará recibo do escrito e comunicará á persoa peticionaria a decisión que, en definitiva, se adopte. 8. Se a Comisión o estimase conveniente poderá acordar a comparecencia da persoa interesada, ao obxecto de que concrete a petición ou amplíe a explicación sobre os motivos que a provocan. Así mesmo poderá requirir á persoa peticionaria a achega daqueles datos ou documentos complementarios que obren no seu poder ou cuxa obtención estea ao seu alcance e que resulten imprescindibles para tramitar a petición. A non achega de tales datos ou documentos determinará o arquivo da petición. __________________________________________ Emenda nº11, ao apartado Oito, de Modificación. Artigo único Debe ser modificado o artigo 48 que quedará redactado do seguinte xeito:

    115710

  • 6

    1.- A Comisión de Peticións estará formada pola Mesa do Parlamento máis un deputado ou deputada de cada grupo parlamentario e adoptará as decisións polo sistema de voto ponderado. 2.-Á vista das alegacións contidas no escrito de petición, así como das informacións obtidas, e salvo que proceda ordenar o seu arquivo sen máis trámites, a Comisión poderá: a) Utilizar cantos medios pon este Regulamento a disposición dos deputados e deputadas, presentando a título colectivo as preguntas, mocións, proposicións de lei e demais instrumentos que xulgue axeitados ao caso. b) Dar traslado do escrito á Comisión parlamentaria que coñeza do asunto, por conduto do Presidente da Cámara. c) Propoñer ao Pleno a creación dunha Comisión especial para que investigue determinados feitos. d) Trasladar o asunto ao Valedor do pobo, coa recomendación de que actúe se o cre procedente, por conduto do Presidente da Cámara. e) Poñer os feitos en coñecemento de quen deba investigalos e, no seu caso, sancionalos, sen que caiba arquivar o expediente antes de coñecer a súa resolución. f) Requirir ao/á funcionario/a correspondente para que compareza ante a Comisión, sen que poida vetarllo a persoa superior xerárquica, salvo que sexa para subrogarse no seu lugar como comparecente. g) Comunicar as deficiencias á persoa superior do/a funcionario/a ou autoridade responsable delas, solicitando traslado da súa resolución. h) Por conduto do Presidente da Cámara, acordar a remisión da petición ás Cortes, ao Goberno, aos Tribunais, ao Ministerio Fiscal ou á Comunidade Autónoma, Deputación ou Concello a quen corresponda. i) Acudir a cantos medios caian dentro do ámbito da súa lexitimación para actuar, e propoñer os demais aos que estean lexitimado para facelo.

    115711

  • 7

    3. As medidas anteriores poderán ser utilizadas concorrentemente, con tal de que a súa natureza o permita. 4. Sen prexuízo do establecido nos números que anteceden, cando a materia sobre que verse a petición non corresponda ás competencias que á Comunidade Autónoma asigna o seu Estatuto, a Comisión, se apreciara a existencia de motivos abondo, poderá realizar nos organismos competentes as xestións que considere oportunas en demanda de colaboración. 5. Das medidas adoptadas informarase ao particular interesado, e, sendo varios, ao primeiro asinante do escrito de petición. 6. En cada ano lexislativo a Comisión elevará ao Pleno da Cámara un informe acerca das súas actividades, que se publicará no Boletín Oficial do Parlamento,e no que necesariamente, se fará, constar: a) O número e clase das queixas ou peticións recibidas. b) As peticións ou queixas rexeitadas, así como as que estiveren en tramitación, e o resultado obtido en relación coas investigadas. Tamén poderá presentar ao Pleno informes extraordinarios cando a natureza ou transcendencia dos feitos denunciados así o aconsellen. 7. Ao termo de cada lexislatura a Comisión determinará os asuntos que por non concluír a súa tramitación queden pendentes de coñecemento na lexislatura seguinte. __________________________________________ Emenda nº21, ao apartado Oito, de Adición. Artigo único Debe ser engadida a seguinte expresión ao apartado Oito no que se engade un novo punto 5 ao artigo 48 logo da expresión "...Igualmente, facilitarase que nesta Comisión, as entidades representativas da cidadanía...": "...poidan defender Proposicións non de Lei e..." __________________________________________

    115712

  • 8

    Emenda nº12, ao apartado Nove, de Modificación. Artigo único Debe ser modificado o texto do punto 1 do artigo 52 que quedará redactado do seguinte xeito: "1. O Pleno do Parlamento de Galicia, por proposta da Xunta, da Mesa, dun grupo parlamentario, dun número de deputados ou deputadas non inferior ao dez por cento do total ou da Comisión de Peticións, poderá acordar a creación dunha comisión de investigación sobre calquera asunto de interese público, sendo suficiente un número de votos favorables que alcance unha quinta parte do total da Cámara." __________________________________________ Emenda nº22, ao apartado Nove, de Adición. Artigo único Debe ser engadida a seguinte expresión ao apartado Nove polo que se modifica o punto 1 do artigo 52 logo do texto que di: "...dun número de deputados ou deputadas non inferior ao dez por cento do total,..." "...ou por iniciativa popular..." __________________________________________ Emenda nº23, ao apartado Nove, de Substitución. Artigo único Debe ser substituído o texto do apartado nove polo que se modifica o punto 1 do artigo 52 que di: "...unha terceira parte..." pola de: "...unha quinta parte..." __________________________________________ Emenda nº24, ao apartado Once, de Modificación. Artigo único Debe ser substituído o texto proposto no apartado once polo que se modifica o punto 1 do artigo 67 polo seguinte: "1.- O Parlamento de Galicia reunirase anualmente en dous períodos de sesións, do 1 de setembro ao 31 de decembro e do 10 de xaneiro ao 31 de xullo."

    115713

  • 9

    __________________________________________ Emenda nº13, ao apartado Once bis), de Adición. Artigo único Debe ser engadido un novo apartado Once bis) co seguinte contido: Once bis).Engádese un novo punto 2 ao artigo 69, redactado do seguinte xeito: 2. Para a asistencia do público ás sesións que non sexan secretas, será requisito indispensable a solicitude da tarxeta de convidado/a a a través do formulario previsto ao efecto na web do Parlamento, cuxa remisión se poderá facer de forma presencial nos rexistros xerais ou telemáticamente. O prazo para solicitar a tarxeta será dous días hábiles anteriores á celebración da Sesión e terá unha validez dun día. Deberá existir resposta ao respecto no prazo máximo dun día hábil e asignaranse obrigatoriamente tarxetas de invitados a todas as persoas solicitantes por orde de rexistro, ata cubrir o aforo, previa detracción dos asentos reservados a cada un dos grupos parlamentarios así coma os protocolarios que poidan xustificarse debidamente na sesión de que se trate, e que nunca poderán superar o total de 10, salvo casos excepcionais xustificados. Se algún Grupo Parlamentario estivera sancionado coa perda do dereito a dispor de invitacións para as sesións, os asentos reservados ao grupo poderán ser ocupados por público solicitante ata o remate da sanción imposta. __________________________________________ Emenda nº25, ao apartado Doce, de Supresión. Artigo único Debe ser eliminado do apartado Doce polo que se modifica o punto 1 do artigo 95 a seguinte expresión: "...excepto para o cómputo das iniciativas presentadas polos grupos parlamentarios que se computará en días naturais”. __________________________________________

    115714

  • 10

    Emenda nº14, ao apartado Doce bis), de Adición. Artigo único Deben ser engadidos dous novos ordinais 3º e 4º ao apartado 1 do artigo 101 que quedarán redactados do seguinte xeito: "3º Cando contraviñer o disposto no artigo 14 deste Regulamento. 4º. Cando un Deputado non cumprise cos deberes de declaración de actividades e bens recollidos nos apartados 4 e 5 do artigo 15 do presente texto." __________________________________________ Emenda nº15, ao apartado Trece, de Modificación. Artigo único Debe ser modificado o punto 7 do artigo 112 que quedará redactado do seguinte xeito: "7. Igualmente, os grupos parlamentarios poderán solicitar a comparecencia de altos cargos da Xunta de Galicia, así como establecer un trámite de audiencia para aqueles colectivos sociais que poidan resultar especialmente afectados pola materia sobre que verse o proxecto de lei. Tamén poderá establecerse este trámite de audiencia para as entidades e asociacións máis representativas de carácter social, económico, sindical, humanitario, cultural ou educativo do eido de que se trate, e pedirlles informes acerca do texto en tramitación. Nestes casos interromperase o prazo que establece o punto 1 deste artigo. " __________________________________________ Emenda nº26, ao apartado Quince, de Supresión. Artigo único Debe ser eliminada do final do primeiro parágrafo do punto 1 do apartado quince polo que se engade un novo artigo 114 bis a seguinte expresión: "...salvo aqueles que versen sobre materias excluídas da iniciativa lexislativa popular." __________________________________________

    115715

  • 11

    Emenda nº27, ao apartado Quince, de Substitución. Artigo único Debe ser substituído no segundo parágrafo do punto 1 do apartado quince polo que se engade un novo artigo 114 bis a expresión "...tres días hábiles...: pola de "...cinco días hábiles..." __________________________________________ Emenda nº16, ao apartado Quince, de Adición. Artigo único Debe ser engadida ao final do punto 2 do novo artigo 114 bis a seguinte expresión: "No caso de non cumprir os requisitos de admisibilidade daráselle un prazo de 5 días hábiles de subsanación." __________________________________________ Emenda nº28, ao apartado Quince, de Substitución. Artigo único Debe ser substituídos os puntos 3 e 4 do apartado Quince polo que se engade un novo artigo 114 bis por un único punto 3 co seguinte contido: "3.- No trámite de defensa en Comisión ou en Pleno, no seu caso, de ditas emendas, daráselle audiencia á persoa que a Comisión Promotora designe." __________________________________________ Emenda nº29, ao apartado Dezaoito, de Modificación. Artigo único Debe ser substituída ao final do parágrafo do punto 3 do apartado dezaoito polo que se engade un novo artigo 141 bis a expresión “...maior a menor...” pola de “...menor a maior...”

    115716

  • 12

    _________________________________________

    Emenda nº30, ao apartado Dezaoito, de Substitución. Artigo único Debe ser substituído o punto 4 do apartado dezaoito polo que se engade un novo artigo 141 bis polo seguinte texto: "4. - O presidente ou presidenta da Xunta de Galicia poderá facer uso da palabra para contestar ás intervencións de forma illada, conxunta ou agrupada por razón da materia." __________________________________________ Emenda nº31, ao apartado Dezanove, de Adición. Artigo único Debe ser engadido un novo punto 4.bis) ao apartado dezanove polo que se engade un novo punto 4 ao artigo 144 coa seguinte redacción: 4 bis) En todo caso, as comparecencias solicitadas por todos os grupos da oposición conxuntamente, serán incluídas na orde do día da primeira sesión plenaria que se celebre tras o rexistro da solicitude. __________________________________________ Emenda nº32, ao apartado Vinte e un, de Supresión. Artigo único Debe ser suprimido o apartado vinte e un do artigo único __________________________________________ Emenda nº33, ao apartado Vinte e dous, de Modificación. Artigo único Debe ser modificada a expresión final do apartado vinte e dous polo que se modifica o artigo 152 que di: " por parte dos grupos parlamentarios." pola de "...por parte de todos os grupos parlamentarios." __________________________________________

    115717

  • 13

    Emenda nº17, de Adición dunha Disposición Transitoria. Engádese unha disposición transitoria única co seguinte contido: "Disposición transitoria única.- Portal da Transparencia. O Parlamento de Galicia disporá dun prazo de tres meses, desde a entrada en vigor desta norma, para a implementación do “portal de transparencia”, que permita a posta en funcionamento dos mecanismos electrónicos de coñecemento cidadá na súa páxina web previstos nesta lei." __________________________________________ Emenda nº18, de Adición. Disposición derradeira Debe ser engadido ao final da disposición derradeira a seguinte expresión: "... sen que se poida aplicar retroactivamente no relativo á organización da estrutura parlamentaria na lexislatura en curso." __________________________________________ Emenda nº34, de Adición. Exposición de motivos Debe engadirse no parágrafo terceiro da exposición de motivos a expresión "promova a pluralidade" quedando redactado o parágrafo do seguinte xeito: "Pero cómpre sen máis dilación abordar unha modificación que modernice o texto actualmente en vigor e supere os atrancos actuais, ao tempo que garanta ao máximo a formulación práctica dos dereitos de todos os grupos representados e das persoas que forman parte dos mesmos, promova a pluralidade, afonde na transparencia da Institución parlamentaria e posibilite a participación máis efectiva e directa por parte do conxunto da cidadanía." __________________________________________ Emenda nº35, de Supresión. Exposición de motivos Debe ser eliminada do final do parágrafo cuarto da exposición de motivos a expresión:

    115718

  • 14

    “...introducir a figura do deputado ou deputada non adscrito...” __________________________________________ Emenda nº36, de Supresión. Exposición de motivos Debe ser eliminada do parágrafo cuarto da exposición de motivos a expresión final que di: “...por parte dos grupos parlamentarios.” __________________________________________ Emenda nº37, de Substitución. Exposición de motivos Debe ser substituída ao final do derradeiro parágrafo da exposición de motivos a expresión: "... por parte da totalidade dos grupos parlamentarios." pola de: "... por parte da totalidade das e dos membros da Cámara." __________________________________________ NOTA: As emendas número 1 á 18 son da autoría de Carmen

    Iglesias Sueiro e do número 19 ao 37 son da autoría de

    Consuelo Martínez García, salvo á número 8 que é conxunta.

    Asinado dixitalmente por:

    Carmen Iglesias Sueiro na data 29/06/2015 13:41:16

    María Consuelo Martínez García na data 29/06/2015

    13:41:22

    115719

  • 1

    EMENDAS PRESENTADAS POLO GRUPO PARLAMENTARIO BLOQUE

    NACIONALISTA GALEGO AO PROPOSICIÓN DE LEI PARA REFORMA DO

    REGULAMENTO DO PARLAMENTO DE GALICIA (NUM. EXPE.

    09/PPL_000035).

    Emenda nº1, ao apartado 1, de Adición. Artigo único Artigo Único. Un. Engádese un apartado Un Bis, co seguinte contido: “Un Bis.- Engádese un novo parágrafo ao apartado 1 do artigo 9, que queda redixido nos seguintes termos: Así mesmo, os grupos parlamentares terán dereito, a través do deputado ou deputada que indiquen, a consultar de xeito telemático os estados da contabilidade da administración e dos organismos dependentes, a efectos da fiscalización política da evolución económico-financeira da Comunidade Autónoma.” __________________________________________ Emenda nº2, ao apartado 8, de Substitución. Artigo único Artigo Único. Oito. Substituír polo seguinte: Engádese un novo punto 4 ao Artigo 45.2 (Son tamén comisións permanentes aquelas que deban constituírse por disposición legal e máis as seguintes:), co seguinte texto: “4ª.Participación Cidadá” Engádese un novo Artigo 48 Bis co seguinte texto: “Artigo 48.bis. 1.- A Comisión de Participación Cidadá será o órgano da Cámara competente para recibir as demandas da cidadanía e para iso deberá promover a máxima participación cidadá nos diversos trámites e accións que realice o Parlamento de Galiza, incluídos os procedementos lexislativos. 2.- Así mesmo, a Comisión de Participación cidadá será o órgano da cámara competente para o debate e, se é o caso,

    115720

  • 2

    votación, das iniciativas populares, agás aquelas dirixidas ao Pleno da Cámara. Así, nesta comisión procederase ao debate e, se é o caso, votación das seguintes iniciativas populares: 2.1. Proposición non de lei de iniciativa popular. 2.1.1. O número requerido de sinaturas de persoas lexitimadas será de 1000 para subscribir unha proposición non de lei de iniciativa popular para debate en Comisión. 2.1.2. Recibida a notificación que acredite que se reuniu o número de sinaturas esixido, a Mesa ordenará a publicación da proposición non de lei. A inclusión na orde do día do debate e votación da correspondente iniciativa nunha sesión da comisión, haberá producirse nunha das dúas reunións ordinarias de comisión seguintes que se celebren. 2.1.3.- No debate da Proposición non de lei de Iniciativa Popular a entidade promotora ou as/os asinantes poderán designar a un dos seus membros ou a unha das persoas asinantes para a súa defensa. Así mesmo poderán intervir os diferentes grupos parlamentarios. 2.2. Iniciativa popular no control ao Goberno. 2.2.1.- Calquera persoa xurídica que represente intereses sociais e actúe lexitimamente a través dos seus órganos ou calquera cidadá coa súa sinatura e a de outros nove e mención dos seus documentos de identidade, poderán promover a presentación de preguntas ao Parlamento de Galiza para a súa resposta oral na Comisión de Participación Cidadá pola Xunta de Galiza. Neste caso o número requerido de sinaturas de persoas lexitimadas para subscribir unha pregunta será de 1000. 2.2.2.- Recibida a notificación que acredite que se reuniu o número de sinaturas esixido, a Mesa ordenará a publicación da pregunta para resposta oral. A inclusión na orde do día dunha reunión da comisión haberá producirse nunha das dúas reunións ordinarias de comisión seguintes que se celebren. 2.2.3. No debate da Pregunta para a resposta oral en comisión a entidade promotora ou as/os asinantes poderán designar a un dos seus membros ou a unha das persoas asinantes para a súa formulación. Así mesmo poderán intervir os diferentes grupos parlamentarios.” __________________________________________ Emenda nº3, ao apartado 9, de Substitución. Artigo único Artigo Único. Nove. Substituír polo seguinte:

    115721

  • 3

    “52.1. Cada Grupo Parlamentar terá dereito a impulsar dúas comisións de investigación por lexislatura, sobre calquera asunto de interese público, sen necesitar o apoio da maioría da cámara. A maiores, o Pleno do Parlamento de Galiza poderá acordar por maioría simple a creación dunha comisión de investigación a proposta da Xunta, da Mesa, dun Grupo Parlamentario ou dun número de deputados e/ou deputadas non inferior ao dez por cento do total da cámara.” __________________________________________ Emenda nº4, ao apartado 11, de Adición. Artigo único Artigo Único. Once. Engadir no artigo 67.1, un parágrafo co seguinte texto: “Con carácter xeral, fixaranse 3 sesións do Pleno por cada 4 semanas, correspondendo á mesa a distribución das mesmas consonte este criterio”. __________________________________________ Emenda nº5, ao apartado 14, de Adición. Artigo único Artigo Único. Catorce. Engadir no artigo 112.7: “un trámite de audiencia para persoas expertas na materia obxecto de regulación ou aqueles colectivo (sigue igual)”. __________________________________________ Emenda nº6, ao apartado 17, de Supresión. Artigo único Artigo Único. Dezasete. Suprimir: “,as cales poderán ser obxeto dun debate conxunto”. __________________________________________ Emenda nº7, ao apartado 18, de Substitución. Artigo único Artigo Único. Dezaoito. Substituír no Artigo 141 Bis.2: “A continuación a Presidencia do Parlamento procederá a interromper a sesión durante un prazo non superior a vinte catro horas”, polo texto seguinte:

    115722

  • 4

    “A continuación a Presidencia do Parlamento procederá a interromper a sesión durante un prazo non superior ás catro horas” __________________________________________ Emenda nº8, ao apartado 18, de Substitución. Artigo único Artigo Único. Dezaoito. Substituír no Artigo 141 Bis.3 “ordenados de maior a menor”, polo texto seguinte: “ordenados de menor a maior” __________________________________________ Emenda nº9, ao apartado 18, de Substitución. Artigo único Artigo Único. Dezaoito. Substituír no Artigo 141 Bis.6: “Terminado o debate se suspenderá a sesión e a Presidencia abrirá un prazo máximo de trinta minutos”, polo texto seguinte: “Terminado o debate se suspenderá a sesión e a Presidencia abrirá un prazo mínimo de vinte e catro horas” __________________________________________ Emenda nº10, ao apartado 18, de Substitución. Artigo único Artigo Único. Dezaoito. Substituír o Artigo 141 Bis.7 polo texto seguinte: “7. Continuada a sesión, os grupos parlamentarios farán nunha primeira quenda de intervención a presentación das súas propostas de resolución por tempo non superior a trinta minutos e intervirán nunha segunda quenda, tamén por un tempo non superior a trinta minutos, para fixar posición sobre as propostas de resolución dos demais grupos parlamentarios. Nas dúas quendas, as intervencións ordenaranse de menor a maior.” __________________________________________

    115723

  • 5

    Emenda nº11, ao apartado 19, de Substitución. Artigo único Artigo Único. Dezanove. Substituír:”cun criterio proporcional ao respecto”, polo texto seguinte: “abondando para a súa inclusión con que a solicitude de comparecencia formulada por un grupo sexa apoiada por outro grupo parlamentario.” __________________________________________ Emenda nº12, ao apartado 21, de Substitución. Artigo único Artigo Único. Vinte e un. Substituir o texto do punto 2 do Artigo 149, polo texto seguinte: “2. Na orde do día de cada sesión plenaria ordinaria incluirase unha interpelación por cada grupo parlamentario.” __________________________________________ Emenda nº13, ao apartado 22, de Substitución. Artigo único Artigo Único. Vinte e dous. Substituír no Artigo 152: “ En todo caso as sesións plenarias ordinarias incluirán preguntas á Presidencia da Xunta de Galiza por parte dos grupos parlamentarios”, polo texto seguinte: “En todo caso nas sesións plenarias ordinarias incluirase unha pregunta á Presidencia da Xunta de Galiza por parte de cada grupo parlamentario.” __________________________________________ Emenda nº14, ao apartado 22, de Adición. Artigo único Artigo Único. Vinte e dous bis. Engádese un apartado 22 Bis “O artigo 153.1 queda redactado como segue: 1. As preguntas presentaranse de forma ordinaria por escrito ante a Mesa do Parlamento. No caso de preguntas para a resposta oral no Pleno ou comisión dirixidas ao Presidente ou membros do Goberno, os deputados poderán simplemente anunciar a intención de formular a pregunta e o ámbito material

    115724

  • 6

    xenérico obxecto da mesma e o membro do Goberno que debe respostala, reservando a súa formulación concreta no momento de celebración do Pleno.” __________________________________________ Emenda nº15, ao apartado 23, de Substitución. Artigo único Artigo Único. Vinte e tres. No punto 2 do Artigo 155 substituír dende “Sen prexuízo deste criterio” ata o final do punto, polo texto seguinte: "En calquera caso, na orde do día de cada sesión plenaria ordinaria incluiranse dúas preguntas por cada grupo parlamentario.” __________________________________________ Asinado dixitalmente por:

    Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 29/06/2015 16:48:47

    115725

  • 1

    EMENDAS PRESENTADAS POLO GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR

    DE GALICIA AO PROPOSICIÓN DE LEI PARA REFORMA DO

    REGULAMENTO DO PARLAMENTO DE GALICIA (NUM. EXPE.

    09/PPL_000035).

    Emenda nº1, de Modificación. Artigo único Débese modificar o título do artigo único, do seguinte xeito: Onde di: "Artigo único. Modificación do Regulamento do Parlamento de Galicia." Debe dicir: "Artigo 1. Modificación do Regulamento do Parlamento de Galicia." __________________________________________ Emenda nº2, ao apartado Un, de Substitución. Artigo único Débse substituír o texto do apartado Un, polo que segue a continuación: "Un. Engádese un novo punto 4 ao artigo 9, coa seguinte redacción: 4. No caso de non facilitar pola Administración autonómica a información requirida e de non mediar comunicación xustificativa ao efecto nos prazos sinalados nos parágrafos anteriores, as solicitudes de información poderán ser reconvertidas ao inicio do seguinte período de sesións, sempre a petición do autor das mesmas, en pregunta en comisión onde recibirán o tratamento das preguntas orais." __________________________________________ Emenda nº3, ao apartado Tres, de Substitución. Artigo único Débese substituír o texto do apartado Tres, polo que segue a continuación: "Tres. Modifícase o artigo 12, que queda redactado do seguinte xeito: 1. Os deputados e deputadas terán o deber de asistir ás sesións do Pleno do Parlamento e das comisións das que formen parte.

    115726

  • 2

    2. Por acordo da Mesa, os deputadas e deputados poderán ser privados da parte proporcional ou da totalidade da asignación económica e das indemnizacións correspondentes cando de forma reiterada e sen xustificación deixaran de asistir ás sesións do Pleno ou das Comisións, de acordo co previsto no artigo 101 do Regulamento. 3. Publicarase no portal de transparencia ao final de cada período de sesións as asistencias dos deputados e deputadas ás diferentes sesións parlamentarias e o sentido do seu voto”. __________________________________________ Emenda nº4, ao apartado Catro, de Substitución. Artigo único Débese substituír o texto do apartado Catro, polo que segue a continuación: "Catro. Débese substituír o artigo 15, que quedará redactado do seguinte xeito: Artigo 15 1. As deputadas e os deputados estarán obrigados a efectuar declaración dos seus bens e dereitos e daquelas actividades que poidan constituír causa de incompatibilidade, de acordo co establecido na lexislación vixente, e de calquera actividade que lles proporcione ou poida proporcionar ingresos económicos. 2. As declaracións deberán formularse inicialmente como requisito para a adquisición da condición plena de deputada ou deputado e no prazo dos trinta días naturais seguintes á perda da dita condición. Así mesmo, deberán actualizarse sempre que existan circunstancias que as modifiquen. Para estes efectos, a Mesa aprobará os modelos aos que necesariamente deberán axustarse as declaracións. 3. A declaración de bens e dereitos conterá, entre outros, os seguintes datos: a. As rendas percibidas de calquera clase. b. Os bens e dereitos de contido económico dos que sexa titular o declarante e os títulos representativos do capital en calquera entidade xurídica. c. Os créditos, préstamos e débedas que integran o seu pasivo. d. A cota líquida pagada polo imposto da renda das persoas físicas. 4. Na declaración de bens e dereitos deberá constar a súa valoración, segundo os seguintes criterios: a. Os bens inmobles, polo valor catastral.

    115727

  • 3

    b. Os vehículos, embarcacións e aeronaves valoraranse segundo os prezos medios de venda aprobados polo Ministerio de Facenda. c. Os restantes bens e dereitos valoraranse aplicando os criterios de valoración do imposto sobre o patrimonio. No suposto de bens e dereitos indivisos indicarase o valor que corresponda segundo a porcentaxe de participación da persoa declarante no ben ou dereito correspondente. 5. As declaracións sobre actividades e bens inscribiranse no Rexistro de Intereses constituído na Cámara baixo a dependencia directa da Presidencia. O seu contido será público, a través do Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e do portal de transparencia da Cámara, salvo aqueles datos referentes á localización dos bens inmobles e aqueles outros que a Mesa acorde omitir para salvagardar a privacidade e a seguridade dos seus titulares. Tamén se inscribirán neste Rexistro as resolucións do Pleno en materia de incompatibilidades e cantos outros datos sobre actividades dos deputados sexan remitidos pola Comisión do estatuto dos deputados e non consten previamente nel." __________________________________________ Emenda nº5, ao apartado Cinco, de Supresión. Artigo único Débese suprimir o apartado Cinco. __________________________________________ Emenda nº6, ao apartado Seis, de Substitución. Artigo único Débese susbtituír o texto do apartado Seis, polo que segue a continuación: "Seis. Modifícase o artigo 27, que quedará redactado do seguinte xeito: 1. O Parlamento opñerá á disposición dos grupos parlamentarios locais e medios materiais suficientes e asignaralles, con cargo ao seu orzamentos, una subvención fixa idéntica para todos e outra variable en función do número de deputados e deputadas de cada un deles. As contías fixaraas a Mesa da Cámara dentro dos límites da correspondente consignación orzamentaria. Así mesmo fixará as do Grupo Mixto cando esta non acade o número de cinco deputados e deputadas. 2. Os grupos parlamentarios levarán unha contabilidade específica da subvención á que se refire o apartado anterior, que porán a disposición da Mesa do Parlamento de Galicia

    115728

  • 4

    sempre que esta o pida. Anualmente, esta información se publicará no portal de transparencia do Parlamento de Galicia." __________________________________________ Emenda nº7, ao apartado Sete, de Substitución. Artigo único Débese substituír o texto do apartado Sete, polo que segue a continuación: "Sete. Modifícase o punto 1. 3ª dentro do artigo 30, apartado 1, que queda redactado do seguinte xeito: 3ª. Elaborar o proxecto de orzamentos do Parlamento de Galicia, proceder a súa execución unha vez aprobados e, ao final de cada exercicio, elaborar un informe sobre a súa execución, que se publicará no portal de transparencia." __________________________________________ Emenda nº8, ao apartado Oito, de Supresión. Artigo único Débese suprimir o apartado Oito. __________________________________________ Emenda nº9, ao apartado Nove, de Substitución. Artigo único Débse substituír o texto do apartado Nove, polo que segue a continuación: "Nove. Engádese un novo punto 1 bis, dentro do artigo 52, co seguinte texto: 1Bis. Poderán crearse como máximo dúas comisións de investigación de xeito automático en cada lexislatura cando sexa solicitado por un grupo parlamentario que represente polo menos un terzo dos deputados e deputadas da Cámara." __________________________________________ Emenda nº10, ao apartado Dez, de Substitución. Artigo único Débse substituír o texto do apartado Dez, polo que segue a continuación: "Dez. Engádese un novo artigo 66 bis, redactado da seguinte forma: Artigo 66 bis: 1. “No portal de transparencia do Parlamento de Galicia estará dispoñible toda a información prevista pola lexislación en materia de transparencia pública, así como a establecida no

    115729

  • 5

    presente Regulamento. O acceso a información respectará os límites legais en garantía dos dereitos das persoas. 2. Corresponde á Mesa aprobar as normas e adoptar as medidas que resulten necesarias para o cumprimento do disposto no apartado anterior.” __________________________________________ Emenda nº11, ao apartado Once, de Modificación. Artigo único Débese modificar o texto do apartado Once, no seguinte senso: Onde di: "...e do 10 de xaneiro a xullo." Debe dicir: "... e do 15 de xaneiro a xuño.” __________________________________________ Emenda nº12, ao apartado Doce, de Supresión. Artigo único Débese suprimir o apartado Doce. __________________________________________ Emenda nº13, ao apartado Trece, de Supresión. Artigo único Débese suprimir o apartado Trece. __________________________________________ Emenda nº14, ao apartado Catorce, de Supresión. Artigo único Débese suprimir o apartado Catorce. __________________________________________ Emenda nº15, ao apartado Quince, de Supresión. Artigo único Débese suprimir o apartado Quince. __________________________________________ Emenda nº16, ao apartado Dezaseis, de Substitución. Artigo único Débese substituír o texto do apartado Dezaseis, polo que segue a continuación: "Dezaseis. Engádese un novo punto 5 ao artigo 129, redactado da seguinte forma:

    115730

  • 6

    5. Previamente á finalización do prazo de presentación das emendas parciais, se levarán a cabo na Comisión 3ª as comparecencias de xeito específico que foran solicitadas polos grupos parlamentarios e acordadas pola Mesa da Comisión, tanto dos e das responsables de cada unha das seccións como de cada unha das entidades instrumentais que conforman o sector público galego." __________________________________________ Emenda nº17, ao apartado Dezaoito, de Substitución. Artigo único Débese substituír o texto do apartado Dezaoito, polo que segue a continuación: "Dezaoito. Engádese un novo artigo 141 bis, que queda redactado da seguinte forma: Artigo 141 bis. 1. Con carácter anual o Pleno celebrará o Debate sobre Política Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Non haberá lugar a celebrar este debate cando no mesmo ano a Cámara investira ao presidente ou presidenta da Xunta de Galicia. 2. O debate se iniciará coa intervención do presidente ou presidenta da Xunta de Galicia, sen límite de tempo. A continuación a Presidencia do Parlamento poderá interromper a sesión, tras a cal haberá unha intervención dun representante de cada grupo parlamentario polo tempo que fixe a presidencia, oída a Xunta de Portavoces. 3. O Presidente ou Presidenta da Xunta de Galicia poderá contestar aos grupos parlamentarios de maneira illada ou conxunta sen límite de tempo e poderá intervir cantas veces o solicite. Todos os grupos parlamentarios poderán replicar durante un tempo máximo de dez minutos cada un, sen prexuízo da contrarréplica final do titular da Presidencia da Xunta. 4. Rematado o debate, a Mesa abrirá un prazo durante o cal os grupos parlamentarios poderán presentar propostas de resolución no número máximo que fixe a Mesa, oída a Xunta de Portavoces, referidas ás grandes liñas de política xeral e de enumeración simple. A Mesa admitirá as propostas que sexan congruentes coas materias obxecto do debate. 5. As propostas admitidas poderán ser defendidas durante un tempo máximo de 30 minutos. A presidencia do Parlamento ordenará o debate de defensa ou posicionamento sobre as propostas.

    115731

  • 7

    6. A presidencia do Parlamento ordenará a votación das propostas de resolución unha vez rematado o debate." __________________________________________ Emenda nº18, ao apartado Dezanove, de Supresión. Artigo único Débese suprimir o apartado Dezanove. __________________________________________ Emenda nº19, ao apartado Vinte, de Modificación. Artigo único Débese modificar o texto do apartado Vinte, no seguinte senso: Onde di: "...dous días dende..." Debe dicir: "...sete días dende.." __________________________________________ Emenda nº20, ao apartado Vinte un, de Substitución. Artigo único Débese substituír o texto do apartado Vinte un, polo que segue a continuacíón: "Vinte un. O artigo 150 do Regulamento queda redactado como segue: Artigo 150 As interpelacións substanciaranse, como máximo, na segunda sesión plenaria despois de publicada, perante o Pleno, dando lugar a unha rolda de exposicións polo autor da interpelación, á contestación da Xunta e a cadansúa rolda de réplica. As primeiras intervencións non poderán exceder de dez minutos nin as réplicas de cinco minutos." __________________________________________ Emenda nº21, ao apartado Vinte dous, de Substitución. Artigo único Débese substituír o texto do apartado Vinte dous, polo que segue a continuación: "Vinte dous. O artigo 152 do Regulamento queda redactado como segue: Artigo 152 1. Os deputados e as deputadas poderán formularlles preguntas á Xunta e a cada un das persoas membros.

    115732

  • 8

    2. En todo caso as sesións plenarias ordinarias incluirán preguntas á Presidencia da Xunta de Galicia a razón dunha por cada grupo parlamentario ata un número máximo de tres en cada sesión plenaria ordinaria." __________________________________________ Emenda nº22, ao apartado Vinte tres, de Modificación. Artigo único Débese modificar o texto do apartado Vinte tres, no seguinte senso: Onde di: "... transcorridos dous días..." Debe dicir: "...transcorridos cinco días.." __________________________________________ Emenda nº23, ao apartado Vinte catro, de Modificación. Artigo único Débese modificar o texto do apartado Vinte catro, no seguinte senso: Onde di: "... transcorridos dous días..." Debe dicir: "...transcorridos cinco días.." __________________________________________ Emenda nº24, de Adición. Artigo único Débese engadir un novo artigo 2 co seguinte texto: "Artigo 2. Modifícase o artigo 48 da Lei 1/1983, do 2 de febreiro , reguladora da Xunta e do seu Presidente, que quedará redactado como segue a continuación: Artigo 48 A Xunta solicitará anualmente do Parlamento, ao comezo dun dos períodos de sesións, a celebración dun debate de política xeral. Non haberá lugar a celebrar este debate cando no mesmo ano a Cámara investira ao presidente ou presidenta da Xunta de Galicia," __________________________________________ Emenda nº25, de Substitución. Exposición de motivos Débese substituír o texto da exposición de motivos, polo que segue a continuación:

    115733

  • 9

    "A presente proposición de lei ten como obxecto reformar algunhas disposicións concretas do Regulamento da Cámara coa finalidade de recoller prácticas que se viñan levando a cabo de forma habitual na actividade parlamentaria e que non estaban contempladas no Regulamento; e para introducir algunha novidade motivada pola vontade de que a Cámara autonómica sega a gañar protagonismo na sociedade galega incrementando aínda máis a súa actividade e afondando na transparencia desta institución. Trátase dunha reforma que modifica o Regulamento do Parlamento de Galicia a través dun artigo que se divide en 24 apartado e tamén se modifica o artigo 48 da Lei 1/1983, do 2 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente, para axustar a redacción desta disposición sobre o debate de política xeral. Para elo a proposición aborda cuestións tales como: A posibilidade de reconverter en preguntas orais en comisión as solicitudes de información presentadas a través do artigo 9, no caso de que a Administración autonómica non facilitara a información requirida e de non mediar comunicación xustificativa ao efecto. A creación dun portal de transparencia onde se publicarán a información tributaria e as percepcións dos membros da Cámara, as asistencias ás diferentes sesións parlamentarias, a contabilidade dos grupos parlamentarios, o informe sobre a execución do proxecto de orzamentos do parlamento. A creación de dúas comisións de investigación de xeito automático en cada lexislatura cando sexa solicitado por un grupo parlamentario que represente polo menos un terzo dos membros da Cámara. A ampliación dos períodos ordinarios de sesións que serían de setembro a decembro e do 15 de xaneiro a xuño. As comparecencias de orzamentos na Comisión 3ª das persoas responsables de cada unha das seccións e das entidades instrumentais que conforman o sector público galego. A inclusión do Debate anual de Política Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que, aínda que se ven celebrando regularmente, non estaba incluído no Regulamento. Tamén se inclúe o turno de control ao Presidente da Xunta, una práctica que ata o de agora non tiña reflexo directo no Regulamento, previsto nunhas normas supletorias aprobadas pola Mesa do Parlamento. Esta incorporación ao Regulamento trata de reforzar o protagonismo político do Parlamento de Galicia garantindo que a función de control da acción executiva da Xunta que atribúe o Estatut de Autonomía ao Parlamento no seu artigo 10 poida ser realizada polo portavoces dos grupos