boletin de informacion profesional area de … › export9 › sites › webinstitucional › en ›...
TRANSCRIPT
Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social
OUTUBRO 2017
Páxina
EMPREGO
OFERTAS DA ÁREA DE ORIENTACION LABORAL ............................ 2
OFERTAS DE EMPREGO E BOLSAS I+D ........................................... 3
OFERTAS DE EMPREGO PUBLICO ................................................... 5
PRACTICAS/BOLSAS ........................................................................... 8
ACTIVIDADES/FORMACION/AXUDAS ............................................... 21
NOVAS .............................................................................................. 24
INDICE
BIP BOLETIN DE INFORMACION
PROFESIONAL
AREA DE ORIENTACION LABORAL
E EMPREGO- CAMPUS SANTIAGO
OFERTAS AREA ORIENTACIÓN LABORAL E EMPREGO
Consulta información das ofertas : http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ofertas/ofertas.jsp
OUTRA INFORMACIÓN OFERTAS DE EMPREGO
Axencia local de colocación Santiago de Compostela
http://axencialocaldecolocacion.org/
Boletín Semanal da Rede Galega de Información Xuvenil
http://xuventude.xunta.es/rede-galega-de-informacion-xuvenil.html
Boletín semana de emprego. Concello de Pontevedra
http://www.proxectoiles.es/Index.asp?IdT=1&IdCat=119
Servizo Publico de Emprego Estatal (SEPE). Emprego e formación
http://www.sepe.es/contenidos/personas/index.html
https://www.empleate.gob.es/empleo/#/
Oportunidades profesionais en Organizacións Internacionais
http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/ServiciosAlCiudadano/Oportunidades
ProfesionalesFormacion/Paginas/Inicio.aspx
Eures-Información e empregos para licenciados
EMPREGO
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 2
http://ec.europa.eu/eures/main.jsp?catId=0&lang=es&acro=links&orgTypeI
d=0&myOrgTypeId=85
Emprego en Europa. Rede Eures
http://www.sepe.es/contenidos/personas/encontrar_empleo/empleo_europa
.html
Programa para o emprego de universitarios en Europa
http://www.eurojoves.com/
Great Place to work: Listas das mellores empresas para traballar en
España.
http://www.greatplacetowork.es/mejores-empresas/las-mejores-empresas-
para-trabajar-en-espana
OFERTA DE EMPREGO E BOLSAS I+D
FUNDACIÓN RAMÓN DOMÍNGUEZ: I+D+i. BIOSANITARIA IDICHUS.
Santiago de Compostela
1 Praza de investigador/a no proxecto Rede de Investigación en Enfermedades
Reumáticas (RIER).
Titulación: Licenciatura ou Grado en Bioloxía, Química, Biotecnoloxía ou área de
coñecemento similar.
Máster relacionado coa investigación en Biomedicina
Prazo de presentación de solicitudes: Ata 8 de outubro de 2017
Máis información: http://bit.ly/1LzuTVd
VI EDICIÓN DO PROGRAMA DE INICIACIÓN Á INVESTIGACIÓN DO CIQUS.
USC
A sexta edición do Programa de Inicio á Investigación do CiQUS promoverá durante
o curso académico 2017-2018 dez contratos a tempo parcial en liñas de
actuación definidas dentro do proxecto estratéxico científico 2016-2019 do CiQUS,
dirixidos a novos estudantes que vaian desenvolver o seu traballo de fin de máster
(TFM) baixo a dirección dun investigador adscrito ao centro.
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 3
Os alumnos traballarán nas liñas de investigación
desenvolvidas polos distintos grupos do CiQUS, entre as
que se inclúen a síntese, o illamento, a caracterización ou
o estudo experimental e teórico de compostos químicos,
biomoléculas e materiais -entre outras liñas temáticas.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 6 de outubro
as 14:00h
Presentación de solicitudes: ata o 6 de outubro ás
14:00.
Máis información: https://usc.es/ciqus/es/MSc2017
OFERTAS ABERTAS NO CENTRO SUPERIOR EN INVESTIGACIÓNS
CIENTÍFICA (CSIC)
https://sede.csic.gob.es/servicios/formacion-y-empleo/convocatorias-personal
OUTRA INFORMACIÓN - EMPREGO E BOLSAS I+D
CONTRATOS DE INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
DE COMPOSTELA
http://imaisd.usc.es/seccion.asp?i=gl&s=-2-26-128-129
PORTAL EMPREGO I+D+I
http://www.madrimasd.org/empleo/
GUÍA DE CONVOCATORIAS DE BOLSAS DE INVESTIGACIÓN DA USC
http://imaisd.usc.es/guiaconvocatorias.asp?i=gl&s=-2-26-30
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 4
OFERTAS DE EMPREGO PUBLICO
OPOSICIÓNS CORPO SUPERIOR DE METEORÓLOGOS DO ESTADO Convócase proceso selectivo para
cubrir sete prazas do Corpo
Superior de Meteorólogos do
Estado polo sistema xeral de
acceso libre.
O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de oposición, coas valoracións,
exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I da convocatoria. A fase de
oposición terá unha duración máxima de doce meses e o primeiro exercicio
celebrarase nun prazo máximo de catro meses, contados a partir da
publicación desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
Este proceso incluirá tamén a superación dun curso selectivo. Para a realización
deste curso, os aspirantes que superasen a fase de oposición, serán nomeados
funcionarios en prácticas pola autoridade convocante.
Requisitos:
Requerirase estar en posesión do título universitario de Grao ou os
actualmente vixentes de licenciado, enxeñeiro superior ou arquitecto. Os
aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán estar en posesión da
correspondente credencial de homologación ou, no seu caso, do correspondente
certificado de equivalencia. Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que
obtivesen o recoñecemento do seu cualificación profesional, no ámbito das
profesións reguladas, ao amparo das Disposicións de Dereito Comunitario.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 17 de outubro 2017
Más información:
https://www.boe.es/boe/dias/2017/09/18/pdfs/BOE-A-2017-10645.pdf
OPOSICIÓNS CORPO ENXAÑEIROS TÉCNICOS FORESTAIS Convócase proceso selectivo para
cubrir 3 prazas do Corpo de
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 5
Enxeñeiros Técnicos Forestais, polo sistema xeral de acceso libre.
O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de oposición, coas valoracións,
exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I da convocatoria. Esta fase
de oposición terá unha duración máxima de 12 meses e o primeiro exercicio
celebrarase nun prazo máximo de 4 meses, contados a partir da publicación desta
convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
Este proceso incluirá tamén a superación dun curso selectivo. Para a realización
deste curso, os aspirantes que superasen a fase de oposición serán nomeados
funcionarios en prácticas pola autoridade convocante.
Requisitos:
Estar en posesión ou en condicións de obter o título de Enxeñeiro Técnico
Forestal ou o título que habilite para o exercicio desta profesión regulada, segundo
establecen as directivas comunitarias. Os aspirantes con titulacións obtidas no
estranxeiro deberán estar en posesión da correspondente credencial de
homologación ou no seu caso do correspondente certificado de equivalencia. Este
requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtivesen o recoñecemento do
seu cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao amparo das
disposicións de Dereito Comunitario.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 17 de outubro 2017
Más información:
https://www.boe.es/boe/dias/2017/09/18/pdfs/BOE-A-2017-10644.pdf
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN. GAIN.
Abre proceso selección para contratación temporal de
unha praza para titulado superior: Xestor/a de proxecto
Valorarase no baremo:
Máster relacionado co desenvolvemento económico, a xestión e
administración de empresas, a innovación, a xestión e o seguimento de
políticas públicas, ou calquera outro equivalente cun contido similar
Coñecemento doutros idiomas europeos, ademais dos oficiais no Estado
español e o inglés
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 6
O/a empregado/a terá que facer desprazamentos a países de Europa por mor do
seu traballo.
Máis información:
https://i.gal/tNrWA
WEB GAIN:http://gain.xunta.gal/artigos/78/bienvenida
OUTRA INFORMACIÓN - EMPREGO PÚBLICO
UNIVERSIDAD DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/ofertaemprego.html
PORTAL DE EMPREGO E AUTOEMPREGO. MINISTERIO DE EMPREGO E
SEGURIDADE
https://empleate.gob.es/autonomos/index.html#/
BOLETIN SEMANAL DE EMPREGO PUBLICO
http://administracion.gob.es/pag_Home/empleoBecas/empleo/boletinEmple
oPublico.html#.VGsAWjSG9u0
OFERTAS DE EMPREGO CONCELLOS E DEPUTACIÓNS DE GALICIA
https://www.eidolocal.gal/ofertas-de-emprego
EMPREGO PÚBLICO EN GALICIA
http://empleopublicoengalicia.blogspot.com.es/
WEB CON AS ÚLTIMAS CONVOCATORIAS DE OPOSICIÓNS POR
COMUNIDADES AUTÓNOMAS
http://www.oposiciones.de/proxima.htm
OFERTAS DE TRABALLO E EMPREGO DOCENTE
http://www.cuadernalia.net/
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 7
MOBILIDADE CONVENIO BILATERAL 2º SEMESTRE 2017-2018. VICERREITORÍA DE INTERNACIONALIZACIÓN USC
A Vicerreitoría de Internacionalización convoca as Bolsas para
Mobilidade por Convenio Bilateral a países
extracomunitarios para o segundo semestre do curso
2017/2018.
Dirixido a estudantes da USC de Grao ou mestrado.
As movilidades son en Universidades de Sur e Centro América, EEUU, Australia,
Canadá, Rusia, República Popular de Chica, Corea do Sur e Xapón.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 8 de outubro 2017
Bases: http://bit.ly/1c2MzTL
Máis información: Servizo de Relacións Exteriores a través dos correos:
[email protected] (Santiago) e [email protected] (Lugo).
PROGRAMA ALSTOM TALENT ENERGY
Alstom España lanza, xunto coa Fundación Universidade-Empresa, unha nova
convocatoria do programa Alstom Talent Energy, unha iniciativa de excelencia
académica e profesional que aposta polos recentemente titulados.
Nesta cuarta edición, Alstom Talent Energy ofrece un total de 45 prazas a titulados
con distintos perfís e interese polas infraestruturas de transporte ferroviario. As
prazas están destinadas a titulados en Enxeñería, Matemáticas, Deseño Industrial,
Calidade, Ciencias Ambientais, Comunicación e Administración de Empresas, entre
outras.
PRACTICAS/BOLSAS
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 8
Grazas a esta iniciativa, os mozos graduados poderán combinar, nun único
programa de 12 meses de duración, a formación de posgrao e a incorporación ao
mercado laboral.
O obxectivo é ofrecer aos recentemente titulados a oportunidade de formarse
persoal e profesionalmente nunha compañía global como Alstom, líder mundial no
sector do transporte ferroviario. Para iso, combínase a realización de prácticas
remuneradas coa incorporación ao "Master GAIA in Decision Making and
Innovation" da Universidade de Alcalá.
O Máster, que se imparte online e en inglés, non ten custo algún para os candidatos
seleccionados.
Os mozos que se incorporen o próximo 13 de novembro colaborarán en proxectos
ferroviarios de ámbito nacional e internacional desenvolvidos polos equipos de
Alstom España desde os centros de traballo da compañía en Madrid e Barcelona.
O proxecto comenzará en novembro de 2017
As prácticas desenvolveranse en diferentes centros de traballo de Alstom en Madrid
e Barcelona e combinaranse cun Máster en “Decision Making & Innovation”.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 16 de outubro 2017
Máis información:
https://www.fue.es/alstom/index.asp
CONVOCATORIA DE 101 BOLSAS VACANTES DO PLAN DE PRÁCTICAS LABORAL EN EMPRESAS PRIVADAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2016
Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e
de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 101 bolsas de práctica
laboral vacantes no Plan de práctica laboral en empresas 2016, destinadas a
persoas tituladas universitarias ou de formación profesional, segundo os casos, sen
experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 9
completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan
facilitar a súa incorporación ao mercado laboral.
Requisitos:
Ter a nacionalidade española ou dun dos países membros da Unión Europea
Estar en posesión da titulación académica esixida no anexo I da
convoctoria para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o
prazo de presentación de instancias.
Estar en posesión da titulación académica correspondente aos estudos
obxecto da bolsa con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2007.
Non ter ningunha enfermidade nin incapacidade física, psíquica ou sensorial
que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa.
Non beneficiarse na actualidade dunha bolsa dos plans de práctica laboral da
Deputación nos distintos centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas
da provincia, tomándose como referencia para tal efecto o período de tempo
que transcurra desde a data da publicación desta convocatoria no Boletín
Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) ata o día en que teña lugar a
adxudicación das bolsas.
Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa cunha duración superior a seis
meses dos plans de práctica laboral do organismo provincial nos distintos
centros ou servizos, nin nos concellos ou empresas da provincia.
Non beneficiarse con anterioridade dunha bolsa remunerada de duración
superior a seis meses na institución provincial nin nos organismos autónomos.
Constar no padrón de calquera termo municipal da provincia de Pontevedra
con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2017 ou acreditar unha antigüidade
no padrón dun mínimo de cinco anos.
Constar no Servizo Público de Emprego como demandante ou en mellora de
emprego.
Non ter experiencia laboral previa superior a seis meses na profesión ou área
de coñecementos, entendendo por isto non ter anteriormente un contrato
polos grupos de cotización correspondentes aos niveis formativos da titulación
esixida nin de alta como autónomo/a por un período de tempo de duración
superior a seis meses en actividades relacionadas co obxecto da bolsa.
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 10
Acreditar o nivel Celga IV (para as bolsas de titulacións universitarias) e o
Celga III (para as bolsas destinadas a ciclos superiores de formación
profesional).
Ter a disposición de asumir os gastos de desprazamento ao centro de traballo
de destino.
A dotación económica das bolsas, determinada polo nivel de titulación,
será de oitocentos (800,00) euros ao mes para as persoas con titulación
universitaria e de setecentos (700,00) euros ao mes para as de ciclos superiores
de formación profesional.
Prazo de presentación de solicitudes: Será de vinte días naturais, contados
a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOPPO
(18 de setembro 2017)
Máis información: https://www.depo.es/plan-de-practica-laboral-empresas-vacantes-2016
BOLSA FORMACIÓN DOCUMENTACIÓN E XESTIÓN
Convócase unha bolsa para a formación en
documentación e xestión museográfica na área de
Coleccións do Museo Nacional Centro de Arte Reina
Sofía .
A finalidade desta bolsa é contribuír á formación de especialistas nos procesos de
documentación e xestión dos fondos museográficos da colección do Museo Nacional
Centro de Arte Reina Sofía, concretamente mediante o emprego da base de datos
do organismo como ferramenta integral de xestión museográfica na área de
Coleccións.
Requisitos:
Titulados universitarios de nacionalidade española ou dun país membro da Unión
Europea, ou estranxeiros residentes en España no momento de solicitar a bolsa que
se atopen en posesión do título de Licenciado ou Graduado en Historia da arte.
A contía da bolsa fíxase en 18.000 euros, que serán abonados en pagos mensuais
vencidos durante a súa duración, que será de doce meses.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 20 de outubro 2017
Máis información:
https://www.boe.es/boe/dias/2017/09/28/pdfs/BOE-B-2017-55711.pdf
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 11
PRÁCTICAS NO PARLAMENTO EUROPEO. BOLSAS ROBERT SCHUMAN
As prácticas para titulados universitarios teñen por obxecto
permitirlles completar os coñecementos adquiridos durante
os seus estudos e familiarizarse coa actividade da Unión
Europea e, en particular, do Parlamento Europeo.
Os períodos de prácticas son os seguintes:
modalidade xeral, aberta a todos os candidatos que cumpran os criterios;
modalidade de xornalismo: os candidatos deben posuír unha experiencia
profesional acreditada ben mediante publicacións, ben mediante a pertenza
a unha asociación de xornalistas dun Estado membro da Unión Europea, ou
ben mediante unha titulación en xornalismo recoñecida nos Estados
membros da Unión ou nos países candidatos á adhesión;
modalidade «Premio Sájarov»: este programa ten por obxectivo
profundar no coñecemento da acción do Parlamento Europeo en favor dos
dereitos humanos e das normas internacionais na materia; diríxese a
candidatos cun interese particular polos asuntos de dereitos humanos.
A duración destes períodos de prácticas é de cinco meses e non será prorrogable en
ningún caso.
Datas dos períodos de prácticas e datas límite de recepción dos formularios de
candidatura:
Inscrición: do 15 de agosto ao 15 de outubro a medianoite. Período
de prácticas: do 1 de marzo ao 31 de xullo.
Inscrición: do 15 de marzo ao 15 de maio a medianoite. Período de
prácticas: do 1 de outubro ao 28/29 de febreiro.
Requisitos:
Posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea ou dun país
candidato á adhesión á Unión Europea, sen prexuízo do disposto no artigo 5,
apartado 2, das Normas internas;
Cumprir 18 anos na data do comezo das prácticas;
Posuír un coñecemento perfecto dunha das linguas oficiais da Unión
Europea;
Non gozar dun período de prácticas ou dun contrato remunerado de máis de
catro semanas consecutivas a cargo do orzamento da Unión Europea.
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 12
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 15 de outubro 2017
Máis información:
http://www.europarl.europa.eu/atyourservice/es/20150201PVL00047/Periodos-de-
pr%C3%A1cticas
PRÁCTICAS NO TRIBUNAL DE XUSTIZA DA UNIÓN EUROPEA
O Tribunal de Xustiza da Unión Europea ofrece cada ano un
número limitado de prazas para realizar prácticas remuneradas,
dunha duración máxima de cinco meses. As prácticas
desenvólvense principalmente na Dirección de Investigación e
Documentación, na Dirección de Comunicación, na Unidade de Seminarios e Visitas,
na Dirección Xeral de Tradución, na Secretaría do Tribunal Xeral e na Dirección de
Interpretación.
Os candidatos, que han de posuír un título universitario en Dereito ou Ciencias
Políticas (especialidade Dereito) ou, para as prácticas na Dirección de
Interpretación, un título de intérprete de conferencias, deberán cumprimentar,
imprimir e asinar o formulario EN / FR, e reenviarlo á dirección de correo
electrónico [email protected], xunto cun curriculum vitae detallado
e copias dos títulos e/ou certificados.
Por razóns do servizo, é conveniente posuír un bo coñecemento do francés.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 30 de setembro de 2017
Máis información:
https://curia.europa.eu/jcms/jcms/Jo2_10338/informations-generales
BOLSAS “OPORTUNIDAD AL TALENTO”. FUNDACION ONCE. Fundación ONCE convoca a cuarta edición do programa de bolsas “Oportunidade ao
Talento”, dirixido a universitarios con discapacidade. O seu obxectivo é desenvolver
ao máximo a personalidade, os talentos e a creatividade das persoas con
discapacidade financiando bolsas de
formación superior.
A iniciativa persegue fomentar a
participación das persoas con
discapacidade en programas de
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 13
investigación e posgrao e a súa permanencia na universidade como persoal docente
e investigador. Ademais pretende mellorar a formación e a aprendizaxe dos
titulados con discapacidade para garantir a súa inclusión laboral.
Ofrecense 54 bolsas en cinco modalidades:
• Bolsas de mobilidade transnacional. Destinadas a alumnos de grao ou
de máster matriculados nalgunha universidade estranxeira, contan cunha
contía de 6.000 euros por estudante e ofrécense 20 bolsas.
• Axudas para máster e posgraos. Os candidatos deben ser alumnos cun
grao ou equivalente, matriculados ou preinscritos nun máster oficial de
calquera universidade española ou institución de recoñecido prestixio. Cada
unha delas contará cunha contía de 3.000 euros e en total ofreceranse 20
bolsas desta categoría.
• Bolsas de doutoramento. Dous, cunha contía de 12.000 euros anuais
prorrogable a dous anos máis. Os solicitantes deben ser universitarios en
posesión de máster ou titulación equivalente e matriculados de
doutoramento nalgunha universidade española.
• Bolsas á investigación. Dous, dotadas con 25.000 euros anuais por
alumno, prorrogable a dous anos. Están destinadas a doutores en calquera
disciplina cun proxecto investigador a desenvolver nunha universidade ou
centro de investigación de recoñecido prestixio.
• Bolsas de estudos e deporte. Dez, para potenciar a formación dos
estudantes e deportistas con discapacidade. Están destinadas a estudantes
de grao, ciclos formativos de grao medio ou superior e máster e posgraos,
que compatibilicen os estudos coa práctica deportiva e non reciban
contraprestación económica por iso. A contía nesta modalidade ascende a
3.000 euros.
Requisitos:
Poderán solicitar as bolsas e axudas contempladas no programa, todos os/as
estudantes e titulados/as universitarios/as que teñan nacionalidade española e
unha discapacidade legalmente recoñecida igual ou superior ao 33% e que reúnan
as condicións establecidas nas bases.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 3 de outubro de 2017
Máis información:
As solicitudes presentaránse por vía telemática no enderezo: http://becas.fundaciononce.es
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 14
Las solicitudes para as bolsas de movilidades, máster e posgrago e estudos de
deporte, deberán dirigirse a Fundación ONCE entre o 3 de xullo e o 3 de outubro.
As bolsas de doutorado e investigación poderán solicitarse dende o 29 e xulllo ata o
10 de outubro
BOLSAS NA AXENCIA ESPAÑOLA DE MEDICAMENTOS E PRODUTOS SANITARIOS
A Axencia Española de
Medicamentos e Produtos
Sanitarios convoca 14 bolsas
de formación.
Requisitos: Titulado/a universitario de Grao ou de Licenciatura, que finalizase os
estudos correspondentes do título esixido para a bolsa solicitada, dentro dos cinco
anos anteriores á data de publicación da mesma.
A contía das bolsas queda establecida en 1.686,33 euros/mes.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 17 de outubro de 2017.
Máis información:
http://www.aemps.gob.es http://www.boe.es/boe/dias/2017/09/18/pdfs/BOE-B-2017-53546.pdf
XI BOLSAS FUNDACIÓN UNIVERSIA PARA UNIVERSITARIOS CON DISCAPACIDADE
A Fundación Universia lanza a XI edición das Bolsas Fundación Universia para
universitarios con discapacidade.
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 15
Banco Santander, Indra, KPMG, Repsol, Fundación Repsol, Pfizer, American
Express, Northgate, Direct Seguros, BT, Endesa, Hilti, Daimler e American Express
Global Business Travel España colaboran como entidades participantes deste
programa consolidado da Fundación.
O Programa de Bolsas Fundación Universia pretende fomentar a inclusión
sociolaboral das persoas con discapacidade, contribuíndo a facer efectivo o principio
de igualdade de oportunidades a través dunha educación inclusiva.
Mediante a concesión de axudas económicas esta iniciativa persegue que os
estudantes universitarios con discapacidade poidan acceder e progresar no seu
proceso de formación académica universitaria ata a finalización de estudos,
incrementando deste xeito as oportunidades de consecución dun emprego de
calidade.
Contémplase a existencia de tres tipos de bolsas:
De Acceso: dirixidas a estudantes que se matriculan por primeira vez en
estudos universitarios de grao.
De Progreso: dirixidas a estudantes que xa accedesen á universidade.
De Mobilidade: dirixidas a estudantes que, en virtude dun programa de
intercambio da propia universidade, desexen realizar un período de
formación, como mínimo dun trimestre, nunha universidade distinta á súa
de orixe con destino internacional.
Requisitos:
Poderán solicitar as bolsas aqueles estudantes españois ou estranxeiros residentes
en España que se atopen matriculados ou estean en condicións de matricularse, por
primeira vez, en ensinos de grao e de máster impartidas por calquera universidade
do mundo e que acrediten legalmente unha discapacidade igual ou superior
ao 33%. Así mesmo, incluiranse os ensinos de plans de estudo antigos e títulos
propios de máster. As solicitudes serán unipersonales e só se admitirá unha
solicitude por persoa.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 27 de outubro 2017
Máis información:
Para obter máis información os interesados poden dirixirse
a www.fundacionuniversia.net Correo electrónico: [email protected]
Teléfonos: 91.289.56.03 (Horario de luns a xoves de 9:00 a 14:30 e de 15:30 a 18:00 e os
venres de 9:00 a 15:00 horas).
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 16
BOLSAS DE MOBILIDADE – PROGRAMA FARO 2015-2017
A nova edición do Programa FARO ten como finalidade a
realización de prácticas formativa en empresa no
estranxeiro para estudantes universitarios. O que se
pretende é un primer contacto coa realidade profesional
nun contexto internacional e contribúese a aumentar a empregabilidade dos futuros
estudantes.
As práctica formativas terán por obxectivo mellorar a cualificación profesional dos
estudantes universitarios, elevar o nivel de competencia en idiomas estranxeiros e
facilitar a internacionalización e inserción laboral posterior.
O numero de axudas a conceder será de 800. As empresas ou entidades de acollida
deberán ter súa sede en países de Europa, Estados Unidos e Canadá. Igualmente
poderán realizarse ditas prácticas en entidades e empresas españolas o
multinacionais con sede en Asia e Oceanía.
A Dotación económica da axuda variará en función do destino.
Requisitos:
Estudantes, españois e estranxeiros menores de 30 anos, con residencia
legal en España e que estén cursando estudos nunha universidade española.
Os solicitantes deberán estar matriculados en enseñanzas universitarias
conducentes a obtención dun título de Grao, Licenciatura, Enxeñaría,
Enxeñaría Técnica ou Arquitectura Técnica, e ter superado un mínimo do
70% dos créditos necesarios para a obtención de dito título. Asemesmo,
poderán participar no programa os estudantes que leven a cabo un proxecto
de fin de carreira establecido en planes de estudos universitarios
oficialmente recoñecidos.
Os candidat@s deberán cumprir cos requisitos de entrada e estancia esixidos
nos países de destino, previamente a súa incorporación.
Non poderán ter sido beneficiarios con anterioridade dunha bolsa de
mobilidade (Argo, Faro, Integrants) o calquera outra axuda financiada polo
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte co mesmo obxeto ou finalidade.
Non serán susceptibles de participar nesta convocatoria os estudantes
doutro tipo de Enseñanzas Superiores como son as impartidas nos
Conservatorios Superiores de Música ou Escolas de Arte, os denominados
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 17
títulos propios ou títulos universitarios u homologacións cursadas noutros
países.
Período de inscrición: ata o 31 de Decembro 2017
Máis información: http://www.boe.es/boe/dias/2014/09/08/pdfs/BOE-A-2014-9180.pdf
PRACTICAS ESTUDANTES/TITULADOS FUNDACION UNIVERSIDADE EMPRESA GALEGA (FEUGA)
FEUGA promove a través de bolsas de formación a inserción laboral de estudantes e
titulados universitarios e titulados de Formación Profesional. Actúa de elemento
condutor para que a transferencia de coñecementos circule entre os centros
educativos e a empresa, neste caso, a través de recursos humanos.
Trátase dunha dos acenos de identidade da Fundación e unha liña de actuación
especialmente valorada, tanto polos alumnos como polas empresas. Proba diso son
as cifras crecentes ano a ano de mozos solicitantes, de empresas participantes e de
contratación laboral: ao termo das estancias de formación en prácticas, máis do 50
% dos beneficiarios dunha bolsa atopan emprego.
Podes consultar os requisitos e condicións na páxina web da FUE
• Requisitos: http://www.becasfeuga.es/
• Portal de becas: http://www.feuga.es/es/becas.html
• Convocatoria aberta durante todo o ano.
PRACTICAS ESTUDANTES/TITULADOS FUNDACION UNIVERSIDADE DA CORUÑA (FUAC)
O Programa de Formación empresarial FUAC materializase coa realización de
prácticas en empresas, institucións ou entidades, as cales quedan reguladas a
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 18
través do correspondente Convenio entre a Empresa de acollida e a Fundación
Universidade da Coruña (FUAC).
Podes consultar os requisitos e condicións na páxina web da FUE
• Requisitos: https://www.fundacion.udc.es/practicas-informacion.asp
• Portal de bolsas: https://www.fundacion.udc.es/practicas.asp
• Convocatoria aberta durante todo o ano.
PRACTICAS DE TITULADOS EN EMPRESAS: PROGRAMAS DA FUE
A Fundación Universidade Empresa desenvolve diferentes programas de
prácticas en empresas para os recen titulados de calquera universidade española
PROGRAMA CITIUS
PROGRAMA OPTIMUS
PROGRAMA GAIA (Sedes de Empresas no estranxeiro)
PROGRAMA BRIDGE
A través destes programas poderás coñecer cómo funciona unha empresa de
primeiro nivel desde dentro, formando parte dela e sendo un mais, mentres
aprendes e pos en práctica os teus coñecementos.
Estes programas son retribuídos e gran parte da xente que os cursa, acaba
contratada pola empresa.
As convocatorias están abertas durante todo o ano.
Podes consultar as condicións destes programas, coñecer as empresas e as prazas
convocadas na páxina web da FUE
Requisitos: www.fue.es
Portal de becas: https://www.talentoteca.es/
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 19
OUTRA INFORMACIÓN - PRÁCTICAS
Ultimas bolsas publicadas no BOE
http://www.boe.es/legislacion/enlaces/becas.php
Boletín quincenal de axudas, bolsas e subvencións
http://www.060.es/060/appmanager/portal/desktop/page/boletinQuincenal
Bolsas e Axudas - Rede Galega de Información Xuvenil
http://xuventude.xunta.es/
II Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea
http://bit.ly/1MRu8cd
EUROPA. Prácticas para titulados, universitarios, lingüistas e
estudantes
http://europa.eu/about-eu/working-eu-
institutions/traineeships/index_es.htm#students-tab
Bolsas do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia
http://consellodacultura.gal/noticias.php?categoria=convocatoria
Boletín informativo Eurodesk. O boletín Eurodesk, editado polo Instituto
da Xuventude, presenta información actualizada sobre programas españois
e iniciativas europeas, así como novas relativas ás areas de educación,
formación e xuventude
http://www.juventudenaccion.injuve.es/
Bolsas da deputación da Coruña.
http://www.dicoruna.es/cultura/bolsas/
Bolsas da deputación da Pontevedra
http://bit.ly/2ftpLXT
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 20
ACTIVIDADES
EMPRÉGA-T: POTENCIA O TEU TALENTO
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais en Santiago e a
Facultade de Administración e Dirección de Empresas en Lugo poñen en
marcha este programa que quere servir de encontro entre o seu alumnado e o
mundo empresarial.
Nos meses de outubro e novembro de 2017 terá lugar un abano de actividades
divididas en tres grandes bloques: formación, adestramento e relación co entorno.
Quérese ofrecer unha formación complementaria aos estudantes nas
denominadas competencias brandas ou habilidades persoais, sociais e
emprendedoras, co fin último de mellorar as súas competencias profesionais
de cara a afrontar o seu futuro laboral, nunha dobre vertente:
• Mellora da empregabilidade
• Desenvolvemento do potencial emprendedor
O programa está formado por 3 tipos de actividades:
Máis información:
http://50aniversarioestudioseconomiagalicia.gal/emprega-t/
ACTIVIDADES/FORMACION/AXUDAS
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 21
FORMACIÓN
CURSO DE INNOVACIÓN “AKADEMIA YOU PROJECT”
Alumnos/as de grao e de posgrao son o público ao que vai
dirixido a novena edición do curso de innovación ‘Akademia
You Project’, iniciativa formativa da Fundación Innovación
Bankinter en colaboración coa USC e Uninova. A súa finalidade é
familiarizar ás persoas que se inscriban coas tendencias de
innovación que xerarán valor no futuro inmediato.
Dende 2008, máis de mil estudantes de toda España participaron neste programa
que se apoia na utilización dun material e metodoloxía innovadores mesturando
sesións presenciais con persoal expertos xunto con encontros con
emprendedores/as. As persoas que o cursen traballarán igualmente no
desenvolvemento dun proxecto sobre unha idea innovadora cun equipo de traballo
multidisciplinario.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 17 de outubro 2017.
Máis información: Dirixirse á incubadora de empresas Uninova no teléfono 881
815 596 ou no correo electrónico [email protected].
As inscricións poden realizarse a través da web do curso.
BOLSA XOVE FUNDACIÓN AFIM
As bolsas son ofertadas a mozas de entre 18 anos a 35 anos, de España,
latinoamérica e hispanohablantes de todo o mundo.
Cada bolsa está formada por un curso de libre elección a
escoller polo bolseiro, de entre os máis de 100 dos que dispón
a plataforma de formación en www.formacionsinbarreras.com.
Unha vez seleccionado o curso e enviada a solicitude, non
poderá ser cambiado por outro distinto.
Cada bolsa ten unha duración de 3 meses naturais desde a
data de concesión da bolsa, tempo durante o cal, o bolseiro terá acceso á
plataforma de formación On-line para realizar o curso que seleccionase.
Unha vez finalizado cada curso, o bolseiro poderá imprimirse o diploma acreditativo
de Formación sen Barreiras do curso realizado. Se adicional ou opcionalmente, o
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 22
alumno desexa algún outro tipo de certificación ou diploma, leva unha taxa de 20
euros cada un. Deberá solicitalo directamente a Formación Sen Barreiras.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 31 de decembro 2017
Máis información:
https://www.fundacionafim.org/convocatoria-beca-joven.php
OUTRA INFORMACIÓN -FORMACION
Másteres Oficiais. USC
http://www.usc.es/masteres/
Master – Cursos de especialización – Formación continua. USC
http://www.usc.es/cptf/Postgrado/CursosPostgrado/CpM2015-2016g.htm
Outros cursos da Universidade Santiago
http://www.usc.es/gl/cursos/
Centro de Novas Tecnoloxía de Galicia – Consellería de Traballo e
Benestar (No que se imparte formación para as persoas que desenvolven ou
queren desenvolver o seu labor profesional no eido das novas tecnoloxías da
información e comunicación)
https://cntg.xunta.es/web/cnt/formacion
Cursos da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela
http://www.camaracompostela.com/index.asp?ind=1C0A0A0&p=210#.VkBWp9I
ve70
Cursos do Centro Multimedia de Galicia
http://www.cmg.xunta.es/of_cursosonline.php
Servizo Publico de Emprego Estatal. Formación para o emprego.
http://www.sepe.es/contenidos/personas/formacion/cursos/buscador_cursos.html
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 23
PROGRAMA MENTORING USC 2017-2018
Abrase o prazo para a inscrición no Proxecto Mentoring USC 2017-2018.
O obxectivo do proxecto PROXECTO MENTORING USC. DESENVOLVEMENTO
PROFESIONAL é poñer en contacto ao estudantado de máster, de último ano de
grao e graduados (“mentorizados”) con directivos de empresas e profesionais
(“mentores”) co fin de que estes poidan apoialos para o desenvolvemento da súa
carreira profesional.
Quén pode participar?
Estudantes de último curso de grado
Graduados nos cursos 2015/16 e 2016/17
Estudantes de máster ou titulados de máster no curso 2016/17
O programa de execución do PROXECTO MENTORING USC.
DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL terá unha duración estimada de cinco
meses, comprendidos prioritariamente entre os meses de xaneiro e maio de 2018.
Si o mentor/a e persoa mentorizada, de mutuo acordo, estimasen necesario
ampliar o prazo para completar o programa iniciado, poderá prorrogarse polo
período necesario ata a súa conclusión.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 5 de outubro 2017
Máis información:
http://www.usc.es/gl/proxectos/mentoring/estudantes.html AXUDAS PARA MÁSTER UNIVERSITARIO EN GALICIA
NOVAS
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 24
A Consellería de Educación convoca axudas para a matrícula nun máster
universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de
desemprego, para o curso 2017/18.
Requisitos:
Estar en situación de desemprego na data de publicación desta orde.
Ter rematados os estudos universitarios que lle dan acceso aos estudos do
máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2015.
Estar matriculado/a no curso académico 2017/18 nun máster universitario
oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun
mínimo de 60 créditos.
Residir na Comunidade Autónoma de Galicia polo menos nos dous últimos
anos anteriores á data da publicación desta convocatoria.
Estar inscrito/a como demandante de emprego durante un período igual ou
superior a 180 días no ano inmediatamente anterior contado ata o último día
de prazo para a presentación de solicitudes.
Non ter gozado desta axuda en convocatorias anteriores.
A contía da bolsa cubrirá o importe correspondente a 60 créditos de primeira
matrícula do máster universitario.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 16 de outubro de 2017
Máis información:
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170914/AnuncioG0164-050917-
0004_gl.pdf
BOLSAS DE CARÁCTER XERAL DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN
Ensinanzas universitarias:
Ensinos universitarios adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior
conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster.
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 25
Ensinos universitarios conducentes aos títulos oficiais de Licenciado,
Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto
Técnico.
Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos
impartido por universidades públicas.
Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e
créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou para
proseguir estudos oficiais de licenciatura.
Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos
correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin
títulos propios das universidades.
Compoñentes das bolsas e contías:
Contías fixas. Serán as seguintes:
Bolsa de matrícula para estudantes universitarios. A contía da bolsa de
matrícula cubrirá o importe dos créditos de que se matriculou o estudante
por primeira vez no curso 2017-2018.
Contía fixa ligada á renda do estudante: 1.500 euros tanto para estudantes
universitarios como non universitarios.
Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar: 1.500
euros tanto para estudantes universitarios como non universitarios.
2. Contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da
ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar e
cuxo importe mínimo será de 60 euros.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 17 de outubro 2017
A solicitude de bolsa farase a través da páxina web www.mecd.gob.es mediante
formulario online, picando no enlace "Acceso ao servizo online" que figura na parte
superior desta páxina
Máis información:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oiu/descargas/bec78.
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 26
ARGOS: CREANDO EQUIPOS EMPRENDEDORES
ARGOS é unha iniciativa conxunta da área de Valorización, Transferencia e
Emprendemento (AVTE) da USC e da incubadora de empresas UNINOVA,
que conta coa colaboración das Facultades de Ciencias Económicas e Empresariais
de Santiago e a de Administración e Dirección de Empresas de Lugo, os concellos
de Santiago de Compostela e de Lugo, o IGAPE e GAIN. Tomando como eixos o
“traballo en equipo” e o “aprender facendo” ao longo do programa acompáñase aos
participantes no proceso de definición dunha idea de negocio, e avalíase a súa
capacidade de chegar alun proxecto empresarial convincente.
As tres ideas clave do programa son:
A complementariedade de perfís persoais e profesionais no equipo que incide
na eficiencia e eficacia do traballo e, por tanto, na posibilidade de obter
mellores resultados.
Que cada equipo sempre contará cunha persoa con coñecementos de xestión
empresarial
Poñerase a disposición dos participantes unha carteira de resultados de
investigación da USC que poderá ser a base do seu plan de empresa.
O programa está dirixido a:
alumnos/as dos últimos anos de licenciatura ou grao;
alumnos/as de posgrao, máster ou doctoramiento;
egresados das últimas promocións e colaboradores ou persoal integrado en
grupos de investigación
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 27
Estrutúrase en tres fases:
Sesións informativas e de adestramento para o traballo en equipo.
Constitución dos equipos multidisciplinares con catro ou cinco integrantes
Baixo a tutorización de persoal asignado polo programa ARGOS, os equipos
desenvolverán o seu plan de empresa que deberán presentar ante un
xurado. Como apoio complementario nesta fase realizaranse outras accións
formativas e diferentes visitas a empresas que contribuirán ao avance do
plan de empresa.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 20 de outubro 2017
Máis información:
Bases: http://bit.ly/2xLrodJ
Folleto: http://bit.ly/2fq2Axh
PROGRAMA “VIVES EMPLEA Santiago”
Vives Emprega BUSCA CANDIDATOS E CANDIDATAS para participar nun proxecto
piloto e innovador dirixido a mellorar a empleabilidad das persoas desempregadas
na localidade de SANTIAGO DE COMPOSTELA , que desexen xerar oportunidades de
emprego.
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 28
En que consiste?
O proxecto consiste nun equipo de vinte e cinco (25) PERSOAS EN DESEMPREGO,
SIN EXPERIENCIA LABORAL OU CON MENOS DE 1 ANO que de maneira voluntaria e
proactiva, organízanse para impulsar a procura de emprego por conta allea.
O equipo será o que, co apoio constante da figura dunha coordinadora que estará
presente en todas as sesións grupales e individuais, traballe para crear os pasos
necesarios para atopar de maneira máis eficaz un emprego.
A PARTICIPACIÓN É VOLUNTARIA E GRATUITA pero esixe un alto compromiso en
canto á participación e asistencia durante todo o período de duración, o cal SE
ESTENDE DE XULLO A DECEMBRO.
Este programa ven impulsado pola "Fundación Acción Contra a fame" que o
desenvolve en Santiago co financiamento de Obra Social A Caixa e Fondo Social
Europeo.
Podese ampliar a información nesta web:
https://www.accioncontraelhambre.org/es/encuentra-trabajo
Video: https://www.youtube.com/watch?v=flYZtciOsGE
PARA SOLICITUDE OU CONTACTO PERSOAL:
Marta Martínez Naveiro
Técnica de Inclusión Sociolaboral Vives Emplea Santiago de Compostela/
Fundación Acción contra el Hambre | ACF-Spain
Coworking da Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 15707, Santiago de
Compostela (A Coruña)
Teléfono: 681 010 273
Email: [email protected]
Skype: [email protected]
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 29
MAIS INFORMACIÓN:
ÁREA DE ORIENTACIÓN LABORAL E EMPREGO
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSELA
Casa Jimena y Elisa Fernández de la VegaCasas Reais nº 8. 15782
Santiago de Compostela
Tlf.: 881812850
Enderezo electrónico: [email protected]
BIP outubro 2017 http://www.facebook.com/areadeorientacionlaboral.usc http://www.usc.es/gl/servizos/saee/aol/ 30