as vivendas e o seu contorno

26
As vivendas e o seu contorno Unha introdución á construción, a arquitectura e ao urbanismo. Tecnoloxía Xosé M. Rodríguez

Upload: xose-rodriguez

Post on 26-May-2015

708 views

Category:

Education


4 download

DESCRIPTION

Unha introdución á arquitectura para o alumnado de segundo ciclo da ESO. Introdúcese o termo feísmo explicando as súas características.

TRANSCRIPT

Page 1: As Vivendas e o seu Contorno

As vivendas e o seu contorno

Unha introdución á construción, a arquitectura e

ao urbanismo.

TecnoloxíaXosé M. Rodríguez

Page 2: As Vivendas e o seu Contorno

Índice1 A construción. Materiais de construción

- Materiais pétreos.- Materiais cerámicos.- Vidros.- Madeira.- Materiais aglomerantes: cementos e formigón. - Fibrocemento.

2 Urbanismo e arquitectura.2.1 Definicións.2.3 Que é o feísmo?

Page 3: As Vivendas e o seu Contorno

A construción. Materiais de construción.

Materiais pétreos.As rochas atópanse na natureza en grandes dimensións, sen forma determinada e constituíndo o principal compoñente da códea terrestre. É un elemento natural que require que para o seu uso se extraia e se lle confira a forma desexada.

Granito: rocha eruptiva intrusiva mistura de cuarzo, feldespato e mica. En Galiza hai importantes xacementos, por exemplo no Porriño. Pulido adquire maior resistencia á intemperie.

Arxila: é unha agregado de partícula moi finas que se emprega para a construcción de materiais cerámicos.

Pizarra e mármore: son rochas metamórficas (transformación no interior da Terradas rochas eruptivas e das sedimentarias.

Usos:Muros, cubertas, solos e grandes obras como peiraos etc.Vantaxes:Son resistentes ás condicións medioambientais.Resisten os golpes.Resisten moi ben os esforzos de compresión.

Usos:Muros, cubertas, solos e grandes obras como peiraos etc.Vantaxes:Son resistentes ás condicións medioambientais.Resisten os golpes.Resisten moi ben os esforzos de compresión.

Desavantaxes:Non soportan os esforzos de tracción nin flexión.Son caras.Elevado peso e fráxiles.

Desavantaxes:Non soportan os esforzos de tracción nin flexión.Son caras.Elevado peso e fráxiles.

Page 4: As Vivendas e o seu Contorno

Materiais cerámicos.

Os máis empregados na construción son os ladrillos, as tellas, baldosas, azulexos e bovedillas.

Ladrillo: peza obtida por moldeo, secado e cocción a temperatura elevada (1000 ºC), dunha pasta arxilosa destinada á construción de de muros. Poden ser: ladrillo común ou visto. Poden ser macizos ou perforados.

Tella: son pezas de arxila cocida. Obtéñense por moldeo, secado e cocción dunha pasta arxilosa coa finalidades de cubrir tellados. Poden ser: curvas, planas ou mixtas.

Baldosas: son planchas de pouco grosor fabricadas de arxilas, sílice, fundentes, colorantes e outros materiais. Empregados xeralmente como recubrimentos de chans, paredes e fachadas. Segundo o seu nivel de absorción de auga:

- Gres: baixa absorción de auga.

- Semigres: media absorción de auga.

- Azulexos: elevada absorción de auga.

Materiais refractarios: teñen un punto de fusión moi elevado e soportan moi altas temperaturas.

Page 5: As Vivendas e o seu Contorno

Vidro.

Obtense a partir da fusión de area de cuarzo que contén unha gran cantidade de sílice. Engádeselle tamén cal, que actúa como estabilizante e aumenta a resistencia, dureza e brillo; e carbonato sódico, que baixa o punto de fusión da sílice.

Propiedades:

Transparente

Duro

Fráxil

Soporta ben ataques químicos de moitas ácedos e lixivias.

Page 6: As Vivendas e o seu Contorno

Madeira

É a parte sólida dos troncos das árbores que se atopa debaixo da cortiza. O principal elemento da madeira é a celulosa.

Propiedades:

-Anisótropo: non ten as mesmas propiedades en tódalas direccións.

-Pouca condutividade térmica e eléctrica.

-Resiste ben os esforzos de tracción e compresión.

-Higroscopicidade: capta ou cede auga co contorno. A madeira aumenta de volume coa humidade e disminúe cando seca.

-Combustíbel.

-Viscoelastica: é fácil de cravar e difícil de retirar os cravos.

Aplicacións:-Material estrutural.-Revestivementos interiores e exteriores.-Ebanisteria, etc

Derivados:-Contrachapados.-Laminada.-Formica ou aglomerado.

Page 7: As Vivendas e o seu Contorno

Tipos de madeira

Contrachapado

Aglomerado

Laminada

Page 8: As Vivendas e o seu Contorno

Materiais fomáceos.Cemento.

Material conglomerante que provén do Clinker (resultante da calcinación de caliza e arxila), combinado cun pouco

(<3%) de alxez (tipo de xeso). É un conglomerante hidráulico, é dicir pode fraguar incluso mergullado na auga.

Emprégase fundamentalmente amasado con auga e con outros materiais para constituír formigóns e morteiros.

Morteiro é o que comunmente chamamos “masa”. É unha mistura dun conglomerante (cemento), áridos e auga, ben misturado da lugar a unha masa pastosa que co tempo fragua e endurece como consecuencia duns procesos químicos. Emprégase para unir os elementos das obras (ladrillos, bloques…) e o seu revestimento.

Formigón (moteiro + grava).

É un material que provén da mistura de cemento, auga, area e grava, que ao fraguar endurece adquirindo unha dureza coma a dos materiais pétreos.

Vantaxes

• Carácter formáceo con propiedades semellantes aos materiais pétreos.

• Inconvenientes:

• Non reciclábel.

• Require encofrados.

• Require coidados na elaboración, as condicións climáticas inflúen.

Fibrocemento (Uralita é unha marca comercial)

Son elementos (planchas onduladas para tellados, tubos, etc) constituídos por cemento e certas fibras (antes empregábase o amianto, pero demostrouse que é moi canceríxeno).

Page 9: As Vivendas e o seu Contorno

Urbanismo e arquitecturaLe Corbusier (o máis importante arquitecto do século XX) escribíu:O home e a muller, ese home e esa muller que sempre están ante nós, coas súas dimensións, os seus sentimentos e o seu xeito de ver as cousas, están sentados, por exemplo ante a súa mesa.Os seus ollos póusanse sobre os espazos e os obxectos que os rodean: mobles, cadros, libros… e outras moitas cousas ás que lles dan importancia… As paredes da habitación péchanse ao seu redor, abríndose ao exterior a través das ventás… Agora, póñense en pé, camiñan, abandoan a habitación, pasan a outro sitio, a calquera sitio.Aí os tendes, máis tarde, abrindo a porta da súa casa… un corredor, escaleiras, un ascensor… Xa están no portal. Van saír á rúa.Como é o exterior?. Hostil?. Acolledor?... Camiñan polas rúas da súa cidade e poden, nun breve tempo, encontrarse fóra dela, no campo.A arquitectura non os abandoou nin un só instante. Primeiro, a vivenda: habitacións, mobles… Logo, a rúa, o sitio urbano, a cidade… Máis tarde, o campo, os seus camiños, as súas casas, as súas pontes, verde e ceo, natureza…A arquitectura actuou sobre cada unha das súas decisións estimulando os seus sentidos. Arquitectura é todo: as súas cadeiras e as súas mesas, os muros e as súas habitacións, as súas escaleiras, os seus ascensores, as súas rúas, a súa cidade…Beleza e fealdade, felicidade ou desgraza marcarán as súas vidas a través da arquitectura.

A arquitectura abarca todo aquelo que nos rodea.

Page 10: As Vivendas e o seu Contorno

O xurdimento dunha nova arquitectura

Aproveintando a existencia dun novo material, o formigón armado, a principios do século XX xurdeu unha nova concepción arquitectónica. Podíanse eliminar os muros de carga (os que soportan a edificación) por un esqueleto que daba total liberdade á hora de abrir fiestras e distribuír o espazo interior da edificación.

Le Corbusier enunciou o que se denominou “cinco puntos para unha nova arquitectura”:

1. Estrutura de piares.

2. A libre estrutura da planta.

3. A libre estrutura da fachada.

4. A fiestra apaisada e corrida.

5. Azoteas-xardíns.

Page 11: As Vivendas e o seu Contorno

Le Corbusier puxo en práctica estes cinco puntos na Ville Savoye, rematada no 1931.

Page 12: As Vivendas e o seu Contorno

Nestas dúas columnas de imaxes

pódese ver unha clara comparación entre a

arquitectura tradicional, imaxes 1 e

3 do Museo de Pontevedra e as 2 e 4

da Vila Savoye que encarna a nova

arquitectura.

Page 13: As Vivendas e o seu Contorno

Estes principios non se aplicaron soamente a vivendas illadas senón tamén a vivendas colectivas, nas que ían vivir ao redor de 1600 persoas, en 337 apartamentos e en 12 andares.

1. Unité Marsella

2. Axonometría das dúas plantas dunha vivenda tipo.

3. Vista dos pilares 4.Vista interior do cuarto de estar e a terraza 5. Vista dun dormitorio pequeno 6.Vista da zona de xogos na cuberta

Page 14: As Vivendas e o seu Contorno

Séguense estes criterios de deseño na maioría das vivendas en Galiza?

Por que falan de feísmo?

Page 15: As Vivendas e o seu Contorno

Que che parece?

Coexistencia non harmoniosa de estilos arquitectónicos e mistura de materiais construtivos.

É frecuente que xunto a casas tradicionais de pedra de varios séculos se levanten edificios modernos que rompen a harmonía do conxunto, ou que se rematen fachadas do século XIX con ladrillo e fibrocemento. A mistura de materiais tamén é común, un primeiro andar de pedra, un segundo de ladrillo á vista e un último de bloques con fibrocemento, ou materiais non axeitados (un hórreo de ladrillo).

Page 16: As Vivendas e o seu Contorno

Que che parece (2)?

Inexistencia de remates e acabados exteriores.

Moitas edificacións carecen de revestimento, quedando o ladrillo ou o bloque de formigón á vista.

Page 17: As Vivendas e o seu Contorno

Que che parece (3)?

Convivencia de moi distintas alturas nas edificacións.

A necesidade de ordenación urbana. Para conseguir harmonía, luz, salubridade…

Convivencia de moi distintas alturas nas edificacións.

A necesidade de ordenación urbana. Para conseguir harmonía, luz, salubridade…

Page 18: As Vivendas e o seu Contorno

Que che parece (4)?

Edificacións sen rematar, ou cunha construción que se prolonga durante décadas. Deseños que non satisfacen ningunha necesidade, nin práctica, nin estética.

Page 19: As Vivendas e o seu Contorno

Que che parece (5)?

Simultaneidade de usos nas mesmas zonas.

A construción dun almacén adosado a unha igrexa románica,

ou unha granxa de pitos no medio da aldea, naves industriais

misturadas con vivendas unifamiliares…

Page 20: As Vivendas e o seu Contorno

Que che parece (6)?Ornamentacións desproporcionadas ou incongruentes,

remates aberrantes, que se colocan nas fachadas e xardíns na busca de orixinalidade ou distinción, en recordo de los anos de emigración, ou como simple ostentación.

Page 21: As Vivendas e o seu Contorno

Cuestión de cartos?Cal dos interiores cres que está mellor aproveitado?, que ten máis luz?, que presenta maior espazo?

En cal escollerías vivir?

Page 22: As Vivendas e o seu Contorno

Ambas construcións valeron máis ou menos o mesmo....

Page 23: As Vivendas e o seu Contorno

Outros modelos en Galiza

Page 24: As Vivendas e o seu Contorno

Casas tradicionais nun contorno coidado. Neste exemplo unha foto de Allariz.

Page 25: As Vivendas e o seu Contorno
Page 26: As Vivendas e o seu Contorno

O teu contorno pódese cambiar. Para empezar hai que imaxinar o que un desexa