as tecnoloxías da información e a comunicación como tecnoloxías parao desenvolvemento humano

16
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano Contidos 1 Introducción............................................................................................................................................................... 2 2 Penetración das TIC na sociedade............................................................................................................ 3 3 Papel das TIC......................................................................................................................................................... 9 4 Tecnoloxía para o desenvolvemento humano..................................................................................... 11 5 Electrónica ética................................................................................................................................................... 12 Andrés Estévez Costas Enxeñería Sen Fronteiras - Galicia

Upload: enxeneria-sen-fronteiras-galicia

Post on 22-Jan-2018

941 views

Category:

Technology


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías para

o Desenvolvemento Humano

Contidos1 Introducción............................................................................................................................................................... 22 Penetración das TIC na sociedade............................................................................................................33 Papel das TIC......................................................................................................................................................... 94 Tecnoloxía para o desenvolvemento humano..................................................................................... 115 Electrónica ética................................................................................................................................................... 12

Andrés Estévez Costas

Enxeñería Sen Fronteiras - Galicia

Page 2: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicacióncomo Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

1 IntroducciónAs tecnoloxías da información e da comunicación, coñecidas polas súas siglas TIC, representan os dispositivos e infraestruturas electrónicas para permitir aos usuarios o acceso á información. Na nosa contorna, no chamado mundo desenvolvido, un grande espectro da poboación ten acceso habitual ás mesmas (o setenta1 por cento da poboación en 2011 ten acceso a Internet segundo datos da ITU2 nos países desenvolvidos). De feito, unha parte desta porcentaxe está constituída polos chamados nativos dixitais, é dicir, aquelas persoas “rodeadas dende moi temperá idade polas tecnoloxías da información e os novos medios de comunicación que consumen masivamente, desenvolvendo outra maneira de pensar e de entender o mundo”3. Avanzamos, pois, cara un modelo onde as TICs están enraizadas na sociedade, entendéndoas como un elemento máis da mesma. Debido a esta normalización poderíase correr o risco de obviar o impacto real que teñen no mundo. Ao longo do presente artigo darase unha visión máis ampla. Así, tras unha amosar unha fotografía do acceso global ás mesmas, analizarase o impacto que supoñen en distintos campos, como a sociedade, a política e a industria (aínda que é difícil separar tales conceptos). O campo da enerxía, tan en boga nestes tempos por mor do chamado cambio climático e das enerxías renovables, é tamén un actor relevante para as TIC. Así, amosarase o impacto enerxético que supoñen as infraestruturas necesarias para as TIC e como estas poden xogar un papel relevante nas futuras formas de xestión enerxética. Máis aló do estritamente tecnolóxico, as TIC están irrompendo na sociedade como ferramentas facilitadoras doutras formas de comunicación entre as persoas. Esta nova canle de comunicación pode ser a solución á cada vez máis reclamada democracia participativa ou, cando menos, a outras formas de relación entre a poboación e os gobernantes.

Sendo tecnoloxías relativamente recentes, alomenos dende unha perspectiva histórica, é destacable como encaixan perfectamente en textos como a Declaración Universal dos Dereitos Humanos ou a Constitución Española de 1978. Así, farase un breve percorrido por cada un deles expoñendo o papel que as TICs poden xogar para o seu cumprimento.

Con todo, temos que as TICs teñen un potencial enorme e será o uso que se lle dea o que permita desenvolvelo da maneira máis eficaz e eficiente posible. Agora ben, que camiño deben seguir? En Enxeñería Sen Fronteiras – Galicia manéxase concepto “Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano” (TpDH), que trata de dar resposta a esta cuestión.

1 “Measuring the information society 2012, páx. 6” (International Telecommunication Union)2 International Telecommunication Union3 Digital Natives, Digital Immigrants (Marc Prensky)

Páxina 2

Page 3: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicacióncomo Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

2 Penetración das TIC na sociedadeNesta sección detállase o acceso ás distintas patas das TICs, como son a cobertura móbil ou o acceso a Internet, en países do Norte e do Sur, proporcionando desta maneira unha comparativa obxectiva entre ámbalas dúas realidades.

A ITU publica anualmente un estudio sobre a penetración das TIC no mundo. O corresponde ao ano 2011 deixa ver grandes diferencias entre países desenvolvidos e países empobrecidos. Na figura Figura 2 apréciase como nos países desenvolvidos un 74% dos fogares dispón de alomenos un ordenador na casa, a diferencia do 25% dos países en vías de desenvolvemento4. En canto o acceso a Internet a diferencia tamén é notable, sendo dun 20% nos países empobrecidos e dun 71% nos países do Norte.

Mais, nestes días, a auténtica revolución no Norte en canto ás TIC estase a desenvolver no mundo da telefonía móbil. É esta unha tendencia global? As barras azuis da gráfica da Figura 1 ilustran a resposta: existe unha gran diferencia entre unhas rexións e outras, excedendo amplamente o 100% nunhas, é dicir, máis móbiles que poboación, e non chegando ao 50 % en África. Agora ben, máis aló da foto estática, como é a tendencia? Na gráfica apréciase tamén a variación entre os anos 2009 e 2010. Nas rexións cunha alta penetración esta variación é case nula. Isto é debido á saturación do mercado. Pola contra as zonas con menos penetración experimentaron un incremento do número de terminais. Este incremento é especialmente salientable en Asia debido ao enorme pulo das economías emerxentes, como a chinesa.

4 O informe da ITU emprega os termos “Países desenvolvidos” e “Países en desenvolvemento”. Existen outras maneiras de facer esta diferencia: Norte e Sur ou Ricos e Pobres. Máis, cada vez é máis habitual empregar “ricos” e “empobrecidos”, en lugar de pobres. Esta é a aproximación empregada tamén en Enxeñería Sen Fronteiras, xa que os países non son pobres por natureza, hai unha serie de consecuencias ou factores que os empobrecen.

Páxina 3

Figura 1: Evolución da penetración da telefonía móbil en distintas rexións

Page 4: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicacióncomo Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

Os últimos datos da ITU reflicten que hai 5.9 mil millóns de subscricións móbiles, acadándose unha penetración global do 85%. Nos países en desenvolvemento acádase o 77%5. Ámbalas dúas rexións seguiron evolucións paralelas nos últimos 10 anos (Figura 3), non sendo así no caso de acceso a Internet de alta velocidade dende o móbil, onde os países desenvolvidos evolucionan moito máis rápido (Figura 4).

Os datos presentados ata o de agora reflicten a situación actual de penetración de distintas tecnoloxías dentro do mundo TIC. Constitúen unha foto fixa e obxectiva pero pouco útil á hora de comparar distintos países entre si. Para 5 “ICT Facts Figure 2011” (International Telecommunication Union)

Páxina 4

Figura 3: Subscrición móbiles Figura 4: Subscricións móbiles de banda larga

Figura 2: Fogares con PC e con acceso a Internet (ITU - 2011)

Page 5: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicacióncomo Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

solventar esta problemática a ITU define o IDI (ICT Development Index ou Índice de Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación), que mide o seguinte:

• a evolución ao longo do tempo das TICs nos distintos territorios, así como constituír unha medida de comparación entre eles

• o progreso en países desenvolvidos e en desenvolvemento. O índice debe ser global e reflectir os cambios que acontecen nas TICs nos distintos países a distintos niveis de desenvolvemento en TIC

• a fenda dixital

• o potencial das TICs ou ata que punto estas poden mellorar o crecemento e desenvolvemento, baseándose nos perfís e habilidades dispoñibles.

Na Táboa 1 resúmense os indicadores empregados para o cálculo do IDI. Amósase tamén o peso que ten cada un deles para o cálculo final. Na Táboa 2 lístanse os países con maior e menor IDI, así como os valores comparados cos obtidos en 2010. Na Figura 5 estes datos se agregan por rexións. Apréciase como a media dos IDI decrece dende Europa, que acada o maior valor, ata África. Tamén chama a atención a desigualdade nos países da rexión asiática, onde os máis altos son comparables aos europeos.

Páxina 5

Figura 5: IDI agregado por rexións (fonte: ITU)

Page 6: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicacióncomo Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

Acceso ás TICValor de referencia

(%)

40

Número de liñas de telefonía fixa por 100 habitantes

60 20

Número de subscritores de telefonía móbil por 100 habitantes

180 20

Ancho de banda internacional (en bits/s) por usuario de Internet

408813 20

Porcentaxe de fogares cunha computadora 100 20

Porcentaxe de fogares con acceso a Internet 100 20

Uso das TICValor de referencia

(%)

40Porcentaxe de persoas que usan Internet 100 33

Subscricións de Internet de banda larga por 100 habitantes

60 33

Subscricións activas de banda larga móbil por 100 habitantes

100 33

Capacidades TICValor de referencia

(%)

20Grado de competencia nas TIC dos adultos 100 33

Taxa bruta de matriculación en ensinanza secundaria

100 33

Taxa bruta de matriculación en ensinanza superior

100 33

Táboa 1: Indicadores e pesos para o cálculo do IDI (fonte: ITU)

Páxina 6

Page 7: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicacióncomo Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

País2010 2011

País2010 2011

Posición IDI Posición IDI Posición IDI Posició

n IDI

Corea 1 8.56 1 8.45 Níxer 155 0.88 154 0.88

Suecia 2 8.34 2 8.21 Chad 154 0.94 155 0.85

Dinamarca 3 8.29 3 8.01 Rep. Centroafricana

153 0.97 153 0.96

Islandia 4 8.17 4 7.96 Eritrea 152 1.09 151 1.08

Finlandia 5 8.04 5 7.89 Burkina Fasso 151 1.14 152 1.06

Holanda 6 7.82 7 7.60 Etiopía 150 1.15 150 1.09

Luxemburgo 7 7.76 6 7.64 Liberia 149 1.26 148 1.20

Xapón 8 7.76 8 7.57 Guinea 148 1.28 146 1.25

Reino Unido 9 7.75 14 7.35 Mozambique 147 1.28 145 1.26

Suíza 10 7.68 9 7.48 Congo 146 1.30 149 1.18

Táboa 2: Países con maior e menor IDI. Datos comparativos entre 2010 e 2011 (Fonte: ITU)

Existe correlación entre o IDI e outros indicadores? Abofé que si. A Figura 6 ilustra a relación existente entre o IDI e o produto nacional bruto6. Pola súa banda a Figura 7 amosa a relación entre o IDI e o prezo dos servizos TIC. Máis aló de decidir cal é a causa e cal o efecto, o feito é que existe unha relación obxectiva entre o índice de desenvolvemento nas tecnoloxías da información e as comunicacións e a economía dunha rexión.

6 GNI polas súas siglas en inglés (gross national income)

Páxina 7

Page 8: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicacióncomo Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

Páxina 8

Figura 7: Comparativa do IDI cos prezos de acceso aos servicios TIC (fonte: ITU)

Figura 6: IDI e producto nacional bruto (fonte: ITU)

Page 9: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicacióncomo Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

3 Papel das TICNa sociedade actual as TIC extendéronse por campos moi diversos: ocupan unha gran parte do tempo de ocio, así as videoconsolas e xogos online desprazaron aos tradicionais xogos de mesa; empréganse como medios de comunicación, de maneira que a grande maioría de xornais dispoñen edición impresa e edición dixital, ademais dos medios de comunicación colaborativos, como son os blogues ou os servicios de microblogging como Twitter ou Idéntica. Constitúen tamén unha parte fundamental de moitos postos de traballo, así os correos electrónicos, as plataformas de teletraballo ou a telefonía por Internet supoñen un cambio moi grande respecto á operativa tradicional de moitas empresas. Tampouco a industria é allea ás ferramentas proporcionadas polas TIC, xa que estas teñen un papel fundamental na automatización de procesos, nos sistemas intelixentes de control ou nas redes de distribución intelixente de enerxía, ou Smartgrids, como se coñecen polo seu nome en inglés.

Con todo, queda patente que as TIC están enraizadas na sociedade actual. A comunicación é, se cabe, o campo onde está a ter un impacto máis forte na sociedade, xa que non só constitúe unha mellora sobre as ferramentas anteriores, senón que permite un novo paradigma na relacións entre os cidadáns, as entidades públicas e calquera tipo de organización. De feito, estas novas formas de comunicación encaixan en textos legais de referencia como son a Declaración Universal dos Dereitos Humanos ou a Constitución Española. Vexamos como.

O Artigo 19 da Declaración Universal dos Dereitos Humanos é o seguinte:

Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser amoestados por mor das súas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión.

En 1948, cando foi aprobada a Declaración, a irrupción das TIC quedaba aínda moi lonxe. É salientable, sen embargo, como as condicións de acceso á información ás que refire o artigo encaixan perfectamente nas posibilidades que bridan as ferramentas TIC actuais. Así, os medios dixitais e os medios colaborativos, como as redes sociais, permiten o fluxo libre de información, posibilitando que as persoas sexan partes activas da mesma, podendo elixila, filtrala ou incluso participar nela, establecéndose así un fluxo bididireccional.

A Constitución Española é outro dos textos que recolle, nos artigos adicados a comunicación, cuestións nas que as TICs poden xogar un rol moi importante. A continuación se achegan os artigos 20 e 105:

Artigo 201. Recoñécense e protexen os dereitos:

a. A expresar e difundir libremente os pensamentos, ideas e opinións

Páxina 9

Page 10: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicacióncomo Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

mediante a palabra, o escrito ou calquera outro medio de reprodución.

b. Á reprodución e creación literaria, artística, científica e técnica.

c. Á liberdade de cátedra.

d. A comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión. A lei regulará o dereito á cláusula de conciencia e ao segredo profesional no exercicios destas liberdades.

2. O exercicio destes dereitos non pode restrinxirse mediante ningún tipo de censura previa.

3. A lei regulará a organización e o control parlamentario dos medios de comunicación social dependentes do Estado ou de calquera ente público e garantirá o acceso a ditos medios dos grupos sociais e políticos significativos, respectando o pluralismo da sociedade e das diversas linguas de España.

4. Estas liberdades teñen o seu límite no respecto aos dereitos recoñecidos neste Título, nos preceptos das leis que o desenvolvan e, especialmente, no dereito á honra, á intimidade, á propia imaxe e á protección da xuventude e a infancia.

5. Só poderá acordarse o secuestro de publicacións, gravacións e outros medios de información en virtude de resolución xudicial.

Da mesma maneira que no caso anterior, as TICs teñen un papel de facilitador dos dereitos citados.

Artigo 105:

A lei regulará:

a. A audiencia dos cidadáns, directamente ou a través das organizacións e asociacións recoñecidas pola lei, no procedemento de elaboración das disposicións administrativas que lles afecten.

b. O acceso dos cidadáns aos arquivos e rexistros administrativos, salvo no que afecte á seguridade e defensa do Estado, a averiguación dos delitos e á intimidade das persoas.

c. O procedemento a través do cal deben producirse os actos administrativos, garantindo, cando proceda, a audiencia do interesado.

Tradicionalmente a información pública estaba recollida en papel, pero coa irrupción dos medios dixitais isto xa non é necesario. O papel dificulta a busca e indexación de información, dificulta tamén o acceso á mesma polo gran público, problemas que non existen se está dixitalizada. Pódense establecer vínculos entre distintos documentos de maneira que sexa doado seguir un fío documental. Pódese distribuír de maneira masiva sen necesidade de grandes esforzos, nin

Páxina 10

Page 11: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicacióncomo Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

humanos nin económicos, xa que é suficiente con colgar os documentos nun sitio en Internet. Isto permite un cambio de paradigma nas relacións entre as institucións públicas e a cidadanía, posibilitando non só o ditado no segundo apartado do artigo, senón constituíndo unha ferramenta para acadar unha xestión transparente das organizacións, públicas e privadas. É o cada vez máis en boga paradigma dos datos abertos7. A dispoñibilidade desta información sumado ás posibilidades de comunicación bidireccional que ofrecen as ferramentas TICs (comentarios en blogues, twitts directos a políticos ou institucións, etc) son un dos alicerces sobre os que pode xirar a construción dun sistema onde os cidadáns poidan participar nas decisións políticas. Estaremos, entón, ante o empoderamento8 da poboación.

4 Tecnoloxía para o desenvolvemento humanoA tecnoloxía para o desenvolvemento humano é a ferramenta a través da cal Enxeñería Sen Fronteiras busca construír unha sociedade mundial xusta e solidaria. Defínese como:

“aqueles mecanismos e estratexias que fan que solucións técnicas dignifiquen e melloren a calidade de vida das persoas. Estas tecnoloxías deben ser apropiadas e permitir solucións cultural, ambiental e socioeconomicamente sustentables”

A definición é global, é dicir, aplica a calquera comunidade, no Sur e no Norte, xa que se considera que eses son os criterios que debe de cumprir a tecnoloxía para emponderar á poboación, facilitando o control da mesma sen crear ataduras con institucións alleas. Sen embargo, na sociedade globalizada na que vivimos, a deslocalización dos distintos procesos involucrados na xeración dos bens de consumo é a norma, o cal constitúe un obstáculo para evitar as devanditas ataduras. Desta maneira, cúmprese máis que nunca o proverbio chinés “o aleteo das alas dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo”. O simple feito de mercar un produto ten moitas implicacións humanas e medioambientais, tal como se analizará na sección Electrónica ética. Débenos importar isto? Alejandra Boni presenta o concepto de cidadanía global, como sigue:

“cidadáns que se recoñecen como pertencentes a unha comunidade mundial de iguais, preocupados por temas colectivos e que reclaman o seu protagonismo no desenvolvemento dos procesos sociais e políticos”

É evidente, xa que logo, que si. Ademais, as propias TICs poden xogar un papel relevante na creación de cidadáns globais. Este foi un dos temas sobre os que xirou, entre2010 e 2011, un encontro que tivo lugar en Valencia onde un grupo de docentes reflexionaron sobre a Cidadanía Global no marco da Educación para o

7 Emprégase habitualmente o termo en inglés open data8 Empoderamento. Segundo Hegoa (http://www.dicc.hegoa.ehu.es/) é o proceso polo cal as

persoas fortalecen as súas capacidades, confianza, visión e protagonismo como grupo social para impulsar cambios positivos das situacións que viven

Páxina 11

Page 12: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicacióncomo Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

Desenvolvemento9. Entre outras moitas reflexións, concluíuse que “as TIC posibilitan o coñecemento mutuo, permitindo compartir realidades diversas e descubrir problemas comúns, baseándose no lema pensa globalmente, actúa localmente”. Programas como “ConectandoMundos”10 baséanse nesta característica das TICs.

5 Electrónica éticaBaixo este nome englóbanse ás boas prácticas necesarias nas distintas fases do ciclo de vida dos produtos electrónicos. Por desgracia, os procesos actuais deste sector distan moito desa definición xa que a explotación laboral, a explotación infantil, o dano medioambiental, os conflitos armados e incluso a morte, están presentes.

Son ben coñecidas, ou alomenos deberían de selo, as condicións de traballo nas que se extraen algúns dos minerais que se empregan para a fabricación de moitos dos dispositivos ou, en xeral, utensilios cos que vivimos no día a día. Trátase da casiterita, empregada para a elaboración de latas, do ouro, da tantalita/columbita que da lugar ao máis coñecido coltán, empregado en algúns compoñentes electrónicos que darán lugar aos nosos móbiles ou portátiles; ou o wolframio, empregado en bombillas. A República Democrática do Congo é un dos países onde a situación é especialmente delicada. O comercio dos citados minerais está controlado por grupos armados. Isto é debido á falta de regulación existente e á devastación na que quedou sumida o país tralas guerras dos anos noventa. Este control permite que os beneficios se queden nos propios grupos armados, realimentando así o sistema.

Por desgracia non se trata só de grupos marxinais, senón que o mesmo exército participa nesta trama de corrupción, involucrando a soldados de todos os rangos, o que complica aínda máis, se cabe, a saída deste problema. As asociacións prodereitos humanos que operan na zona denuncian arrestos e torturas cara aqueles artesáns que non acceden ás extorsións do exército. Estas teñen varias formas, como ter que entregar a produción dun día enteiro ao exército, ou unha porcentaxe da total. Son tamén habituais os checkpoints, isto é, puntos nas

9 A concepción de Educación para o Desenvolvemento empregada nese encontro foi “Un proceso educativo (formal, non formal e informal) constante encamiñado, a través de coñecementos, actitudes e valores, a promover unha cidadanía global xeradora dunha cultura da solidariedade comprometida na loita contra a pobreza e a exclusión así como coa promoción do desenvolvemento humano e sostible”. En Enxeñería Sen Fronteiras aprobouse en Ourense, o 17 de novembro de 2012, unha definición similar: “proceso educativo constante que favorece a comprensión sobre as interrelacións económicas, políticas, sociais e culturais entre Norte e Sur, que promove unha conciencia crítica, así como valores e actitudes relacionados coa solidariedade e a xustiza social e busca vías de acción para alcanzar un desenvolvemento humano e sostible. Parte dunha análise en profundidade, que cuestiona o modelo de desenvolvemento e promove accións para o cambio a nivel individual, local e global a medio e longo prazo.”

10 http://www.conectandomundos.org/

Páxina 12

Page 13: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicacióncomo Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

estradas que unen as minas coas comunidades onde o exército detén aos coches que veñen cargados das minas para expropiar o material e/ou os cartos.

A situación das minas en si mesmas é deplorable tamén. A falta de ferramentas e material apropiado obriga ás persoas a facelo directamente coas mans. A isto hai que sumar as condicións de inseguridade reinantes, que favorecen que os accidentes sexan moi frecuentes. Sen embargo, non é isto dabondo para que as autoridades poñan freo dalgunha maneira. Máis ben ao contrario. Son frecuentes as presións á que someten aos artesáns para que retomen o traballo despois dun accidente mortal sen ter revisado ou subsanado as carencias que deron lugar ao mesmo. Exemplo disto é o accidente na mina de caserita de Bisie, o 15 de novembro de 2007.

Por último, salientar que a explotación non entende de idade, sendo moitos os nenos e nenas que traballan nas minas sometidos ás violacións descritas.

Algunhas das grandes multinacionais do eido da electrónica, lonxe de mirar cara outro lado, están a facer esforzos para garantir que os seus produtos non empreguen minerais obtidos en zonas de conflito. As motivacións poden ser varias, tanto éticas ou simplemente froito das presión de moitas organizacións que levan anos traballando sobre esta problemática. Así, o informe de Enough11, organización que traballa para acabar cos xenocidios e crimes contra a humanidade, amosa que compañías como Intel ou HP están a facer importantes progresos, non sendo o caso doutras como Nintendo ou HTC. A listaxe completa ilústrase na Figura 8. As barras escuras representan os valores en 2011 e as máis claras os correspondentes a 2010.

Pero a elaboración dun produto electrónico non remata coa extracción de mineral, é necesario o proceso de fabricación dos compoñentes así como a súa ensamblaxe. Neste eido o gran pulo experimentado por economías emerxentes como a chinesa é, en parte, gracias á proliferación de fábricas de compoñentes e dispositivos. Neste caso, destaca Foxconn, unha das compañías ás que Apple confía a fabricación dos seus dispositivos. A axencia Reuters informa12 das degradantes condicións humanas que se dan nesta fábrica, onde ademais das condicións laborais en si mesmas, os traballadores comparten habitacións de oito ou 10 persoas, con restritivas normas que atentan contra a súa liberdade individual.

11 http://www.enoughproject.org/ 12 http://www.reuters.com/article/2012/09/27/us-china-foxconn-idUSBRE88Q1QS20120927

Páxina 13

Page 14: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicacióncomo Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

Estas circunstancias levaron a unha morea de traballadores a optar polo suicidio en xaneiro de 2010, o cal puxo o nome de Foxconn no panorama internacional, máis aló do ámbito estritamente tecnolóxico. Este feito propiciou unha mellora, a priori, das condicións laborais reducíndose o número de horas de traballo, baixando das 60 semanais, incluíndo as horas extras, e subindo os salarios [CHI1]. Sen embargo, a redución do número máximo de horas extras provoca que a cantidade percibida total sexa menor, o cal motiva as queixas dalgúns traballadores13.

No eido do impacto medioambiental as compañías de electrónica tamén xogan un rol moi importante, pois o aumento no uso destas tecnoloxías nos últimos anos implica unha maior produción o cal redunda nun impacto medioambiental maior. De feito, a situación é aínda máis grave debido á diminución do ciclo de vida dos produtos. Así, é aínda máis imperativo promover políticas neste campo. A organización Greenpeace elabora unha lista das compañías máis respetuosas co medio14. Ilústrase na Figura 9.

13 http://usa.chinadaily.com.cn/epaper/2012-08/24/content_15703341.htm 14 Guía da electrónica verde

http://www.greenpeace.org/international/Global/international/publications/climate/2012/GuideGreenerElectronics/Guide-Ranking-Criteria-v18.pdf

Páxina 14

Figura 8: Progreso das compañías de electrónica nos conflitos dos mineráis

Page 15: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicacióncomo Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

Para a elaboración da lista téñense en conta os seguintes obxectivos:

• redución de emisións de efecto invernadoiro mediante a implementación dun Plan de Electricidade Limpa

• eliminación de sustancias perigosas dos produtos

• retorno e reciclaxe dos produtos cando queden obsoletos

• deixar de usar materiais non sostibles nos produtos e no empaquetado

• deixar de usar minerais que proveñan de países en conflito

A citada diminución no ciclo de vida dos produtos electrónicos (que segundo Greenpeace pasou de 6 anos en 1997 a 2 en 2005) agrava un dos últimos problemas do ciclo de vida. Trátase de que facer cos residuos tecnolóxicos, é dicir, que facer con aqueles produtos que xa non cumpren ou seu cometido inicial ou simplemente, que son reemprazados por outros máis novos e potentes, froito da vertixinosa espiral de consumismo tecnolóxico na que vivimos. Estes dispositivos están constituídos por unha gran cantidade de compoñentes químicos (entre 500 e 1000) moitos dos cales son tóxicos, co cal implican un grave perigo para a saúde e o medio ambiente se non se manipulan tomando as precaucións adecuadas. É o caso do chumbo, o mercurio ou o cadmio, entre outros moitos. Por outra banda, posúen tamén compoñentes axeitados para ser reutilizados, como son o paladio, o indio ou o xermanio.

¿Existe capacidade de procesamento a nivel global para dar saída a todo o lixo tecnolóxico existente? A resposta é non. Alomenos se temos en conta consideracións humanas e medioambientais. Desta maneira, existe un tráfico descontrolado de residuos tecnolóxicos dende países do Norte a países do Sur. En concreto, países do oeste africano, como Liberia, Cote d'Ivoire, Ghana ou Nixeria, ou as cidades de Karachi, en Pakistan, Delhi en India ou Guiyo en China, posúen importantes vertedoiros onde vai a parar unha gran parte dos desperdicios tecnolóxicos do Norte. Segundo Nacións Unidas, o 85% deste material vén de

Páxina 15

Figura 9: Guía da electrónica verde Novembro 2012 (fonte: Greenpeace)

Page 16: As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvolvemento Humano

Enxeñería Sen Fronteiras Galicia As Tecnoloxías da Información e a Comunicacióncomo Tecnoloxías para o Desenvolvemento Humano

produtos de consumo doméstico que, por outra banda, segundo Greenpeace, entre o 50 e o 85% ían destinados á reciclaxe.

Nun intento de regularizar esta situación en 1992 firmouse a “Convención de Basilea sobre o control dos movementos transfronteirizos de refugallos perigosos e a súa eliminación”. Sen embargo, é un tratado moi feble15 xa que, como vimos, os casos de violación de dereitos humanos aínda son unha constante. Ademais, lonxe de mellorar, a insaciable fame de novos dispositivos electrónicos no Norte provoca cada ano un incremento de 40 millóns de novas toneladas de lixo16. Nos próximos anos a reciclaxe xogará un papel importante, pero os vertedeiros de lixo tecnolóxicos seguirán crecendo17.

15 http://www.greenpeace.org/international/en/campaigns/toxics/toxic-trade/ 16 http://www.law.northwestern.edu/journals/jihr/v10/n3/2/index.html 17 http://www.pikeresearch.com/newsroom/e-waste-environmental-crisis-is-being-mitigated-by-

strong-growth-in-electronics-recycling-and-reuse

Páxina 16