as novas de chans. infórmate
DESCRIPTION
prensa escolarTRANSCRIPT
Nº 11, MARZO 2012
Curso 2011/2012
EDLG: Obradoiro de xornalismo
Obras en Chans No colexio fixeron obras no tellado e na fachada. As reporteiras
de Infórmate foron a investigar. Fixé-ronlles unhas preguntas aos obreiros e…
Dixéronlles que non querían contestar!!!!! Moi sospeitoso, moi sospeitoso, tra-marán algo??
Que tal polo colexio?
Ben, encántame.
Gústache o galego?
Si, gustaríame apren-
der moito máis.
Sabes falalo?
Non.
A que te dedicas en
América?
Fun profesor , traballei na construción e
nunha estación de esquí.
Gústanche os teus traballos?
Si, moito.
Votas de menos a túa casa?
Un pouquiño.
Grazas Edward pola túa simpatía.
Un ano máis a nosa escola acolleu a exposición
de "África, cuestión de vida. África, cuestión
debida" promovida por REDES VIGO. Este ano
presentan imaxes do fotógrafo Augusto Ro-
dríguez Criado sobre a saúde na África Sub-
sahariana. Tamén tivemos
charlas e como novidade,
este ano invitáronnos a par-
ticipar na creación duns
contos viaxeiros que irán
completando todas as esco-
las participantes. Tivemos a
sorte de seren o primeiros, e a verdade é que tanto
o de infantil como o de primaria quedaron especta-
culares.
O luns, día 5 de marzo, co-
mezou un torneo de Bádminton que ten lugar durante os recreos.
Nel participa o alumnado de 4º, 5º e 6º. Este ano o torneo é moi
interesante porque todos os par-ticipantes teñen un nivel moi al-to, tal como amosan algúns re-
sultados. Antes de cada partido teñen que quentar para logo co-
mezar a acción. Clasificáronse para cuartos de final cos seguintes empare-llamentos:
CLAUDIA 5ºB
NICOLÁS 5ºB
ZOEL 6ºB YAGO 5ºB
RAMON 4ºA BRUNO 6ºB
AARON 6ºB YACOB 5ºB
H U M O R Estaban dúas ovellas xogando ao pimpón e de súpeto escápaselles
a pelota. Unha ovella di: Beeeeee E a outra di: Veeeeee -túuuuuuuu
Van dous globos polo deserto e un di: Mira, un cactusssssssss…
Queres saír no próximo periódico e recibir un agasallo exclusivo? Pois participa no primeiro concurso organizado polas NOVAS DE CHANS.
Terás que investigar cal é a árbore máis alta da escola. Dinos cal é, onde está e porque crees que a máis alta. Cubre a ficha que vai neste xornal e
métea na nosa caixa de correos. Haberá tres agasallos, pero non imos dicir agora cales son. Para os que non gañen temos diplomas exclusivos. Este é o primeiro concurso, se amosades interese haberá novos concursos e
máis agasallos A g a r d a m o s a v o s a p a r t i c i p a c i ó n .
Queres saber todo sobre Gerónimo Stil-
ton? Neste blogue terás todas as novidades sobre este rato. Ademais atoparas e terás
todo tipo de novas sobre os libros novos.
Neste blogue atoparedes información sobre
a celebración do día da Paz, o día da muller traballadora, o entroido e actividades varias
que se realizan na escola.
O blogue de inglés ten moitas actividades
para practicar este idioma. Tamén ten víde-os simpáticos, xogos e moito máis. Anda, anímate, entra nel !!
Información sobre as actividades que face-
mos na nosa escola , como fotos da celebra-ción de San Brais e do Entroido. Tamén po-
dedes ver todo aquilo que investigamos so-bre Bembrive.
Neste blogue a protagonista é a música.. Nel
poderás xogar cos instrumentos da orquestra, escoitar a canción da Paz do grupo 3+2 e re-
alizar un test de audición para ver que tal an-dan eses oídos!!!!
O pasado 28 de febreiro, os alumnos e alumnas de
sexto vistamos os museos da cidade de “A Coruña”, é pasámolo xenial. No acua-
rio o que máis nos sorpren-deu foron os tiburóns que
son enormes. No DOMUS ( A casa do home) fixemos un xogo de control mental,
foi impresionante! Na casa das ciencias sentí-
monos no centro do univer-so. Temos gañas de repetir experiencias coma esta, nas
que aprendemos xogando.
Queredes saber o que mandou traer o meco, o celebre boneco que nos visita sempre polo Entroido, este
ano? - O MARTES , traer algo na cabeza - O MÉRCORES, traer algo no pescozo - E o XOVES, traer algo na cintura
Hai que admitilo: este ano, comparado cos anteriores, foi un pouco SOSO.
Coma todos os anos celebra-
mos o Entroido en Chans. Todos os cursos, incluídos os mestres nos
disfrazamos. Coma seguimos co proxecto Achégate a Bembrive,
cada curso disfrazouse de algo relacionado con este tema. Os de infantil disfrazáronse de ESPANTA-LLOS, os de primeiro de PEREGRI-NOS, os de segundo de MÚSICOS,
os de terceiro de AGRICULTORES E GANDEIROS, os de cuarto de ESTACIÓNS do ano, os de quinto
de CANTEIROS E MEDIEVAIS, e os de sexto de VIUVAS e INMIGRAN-
TES e, por último, os profesores, que se disfrazaron de CARTAS DE
FURANCHO.
Coñeces o libro dos RÉCORDS do mundo? Pois na escola tamén queremos coñecer as vosas marcas ou RÉCORDS. Se tedes algo interesante, gracioso, asombroso... e queredes compartilo con nós, tan so te-
des que metelo na nosa caixa de correo de Infórmate. Os máis interesantes serán publicados no próximo número de As Novas de Chans. A n í m a t e a p a r t i c i p a r ! ! ! ! !
O pasado 2 de febreiro celebramos na nosa es-
cola A Festa de San Brais, o patrón de Bembri-ve, á nosa maneira.
Como é tradicional, o alumnado de 1º ciclo or-ganizou un pequeno furancho no patio da nosa
escola. Para poder comer nel, so tiñamos que inventar e recitar coplas e ditos relacionados con esta festa. Ademais veu visitarnos un
grupo de música formado por dous gaiteiros, e unha unha tamborileira, e outra señora que tocaba un bombo moi grande. Acompañáronnos tocando muiñeiras e
xotas . ¡ P a s á m o l o x e n i a l !
INFANTIL
TERCEIROS
PRIMEIROS
SEGUNDOS
QUINTOS
SEXTOS
CUARTOS
Colabora con nós … Esperamos as vosas noticias, historias, propostas …
http://informate-chans.blogspot.com/
Tamén na nosa caixa de correos….
S
O
M
O
S
Isabel Gradaille 5º B
Julia Villasur 5º B
Laura Mireya 5º B
Raquel Bahillo 5º B
Jessica Martínez 5º B
Claudia Álvarez 5º B
Candela Dasilva 5º B
Mariana Rodríguez 5º B
Sara Gil 5º B
Coord. Juan Carlos Abalde González
Este ano todos os nenos e nenas
do cole que son de Bembrive recibiron unha nota na que lles informaban que
este ano tiñan que traer fotos de mulle-res da súa familia que traballasen sen
recibir ningún soldo. Están expostas todas as fotografías nun mural moi orixinal que está no recibidor
da escola. Visítao!!
O equipo da Biblioteca propuxo dedicar o mes de marzo
ao cómic e deseñou un montón de actividades que vos conta-mos.
No cole fixemos un cómic xigante e colectivo relacionado con Bembrive. O protagonista é un extraterrestre chamado Helios,
que chegou a Bembrive para coñecer a orixe do seu nome e algunhas costumes do noso lugar. Cada clase fixo unha ou va-rias das viñetas do cómic, polo que todos os cursos participa-
ron. FOI MOI DIVERTIDO! Polos corredores do centro puidemos ver unha marabillosa co-
lección de portadas de cómics, moitas moi antigas, que nos prestaron para a ocasión. Tamén tiñamos que adiviñar de quen eran as sombras dos personaxes de cómics coñecidos
que apareceron polos corredores. Quedaron unhas instalacións preciosas, cheas de animación e cor!!
Un ilustrador experto ía visitar a nosa escola para explicarnos un pouco máis sobre o cómic pero de camiño a escola tivo un
pequeno accidente de coche e fíxose unha escordadura cervi-cal. Esperamos que se recupere pronto!!!!!!!!
Máis información en http://bibliochans.blogspot.com
O luns 30 de xaneiro celebramos o día escolar pola Paz
e a Non-Violencia. Durante a semana anterior, cada aula , segundo un sorteo, foi visitada por compañeiros doutro curso
que descubriron aquelas cousas nas que eran sementes de paz .
Ese luns nos xuntamos todos no patio e cantamos a cantiga “Os nenos queremos a Paz”. Rematamos coa tradicional solta de dúas pombas brancas para que co seu voo nos traian paz.