as máquinas tema 5
TRANSCRIPT
Que son as máquinas?As máquinas son aparatos que nos axudan a realizar tarefas con menos esforzo e, ademais, proporciónannos unha vida máis agradable.
Distinguimos dous tipos de máquinas: máquinas simples ou máquinas compostas.
Tipos de máquinas
As máquinas simples están formadas por moi poucas pezas, chamadas compoñentes.
Ex: Unha roda, un martelo ou unhas pinzas, etc
Tipos de máquinas
As máquinas compostas están formadas por moitos compoñentes.
Ex: Unha bicicleta, unha televisión, un coche ou un ordenador, etc
Como funcionan as máquinas?Para que unha máquina funcione necesita enerxía.
Dependendo do tipo de enerxía que utilicen para funcionar, clasificamos as máquinas en manuais, eléctricas ou térmicas.
manual eléctrica térmica
. As máquinas manuais funcionan grazas a nosa enerxía. Ex: unha pa ou unha bicicleta.
. As máquinas eléctricas utilizan a enerxía eléctrica. Ex: un teléfono ou un semáforo.
. As máquinas térmicas usan a enerxía obtida de queimar un combustible. Ex: coches, motos.
Cales son as máquinas simples máis comúns?-As máquinas simples máis comúns son:
A roda
O plano inclinado
A panca A polea
A roda é un disco circular que xira arredor dun eixe central. Serven para transmitir movementos.
O conxunto de dúas ou máis rodas dentadas encaixadas unhas con outras chámase engrenaxe.
O plano inclinado é unha rampla que se utiliza para baixar ou subir obxectos.
A panca é unha barra ríxida que se move apoiada sobre un punto de apoio.Nun dos extremos da barra hai un peso ou carga, e no outro, aplicamos a forza para mover esa carga.Úsanse para mover obxectos moi pesados ou para extraer obxectos que están encaixados nalgún lugar.
A polea é unha roda cun suco ou canal por onde se despraza a corda.Nun extremo da corda ponse unha carga e, desde outro extremo, tírase para subila ou sóltase a corda parra baixala.
Úsanse para subir e baixar obxectos de forma máis cómoda que se o fixéramos a pulso.
Porque aínda que son moi útiles poden causarnos problemas como accidentes e a contaminación.• Para evitar accidentes debemos utilizar as máquinas con precaución e seguir os consellos de seguridade.• Algunhas fontes de enerxía contaminan como a gasolina. Debemos usar máquinas que consuman pouca enerxía e que non liberen substancias tóxicas á atmosfera.
FIN