as laudas gremiais de noia - … · lápida sepulcral con marcas profesionais-tesoira e vara de...
TRANSCRIPT
AS LAUDAS GREMIAIS DE NOIA
A Igrexa Sta. María A Nova foi construída sobre unha primitiva igrexa romana. Destacan as laudas gremiais que se gardan no seu interior e nos seus arredores. Isto permitiu crear o Museo das Laudas Gremiais, con máis de 200 laudas pertencentes a fidalgos, mariñeiros e grupos profesionais.
Igrexa Sta. María A Nova
Significado das laudas gremiais
Hoxe en día, gran parte destas laudas/lápidas consérvanse no interior da igrexa, que fai as veces de
sala de exposicións. Nelas aparecen escudos nobiliarios, estatuas e símbolos da profesión que o falecido tiña en vida:o coitelo e o machete eran do
carniceiro; as tesoiras e a vara de medir, do xastre; as sobreplantas, do zapateiro; o pico e a maza, do
canteiro...marcábanse así os sepulcros dos artesáns máis destacados e recoñecidos en vida, e en ocasións
eles mesmos o facían antes de falecer.
Lápida sepulcral con marcas profesionais
-Tesoira e vara de medir (xastre ou mercader-vendedor de panos ao por maior )
-Cuncha (mariñeiro)
Lápida sepulcral mixta
-Marcas profesionais(sobreplantas do zapaterio; agullas de coser redes e áncora do mariñeiro)
-Marcas familiares de identificación persoal.
Lápida funeraria S. XVII
Lápida con figura humana e instrumentos de traballo:Aos pés da figura: compás, machado, escuadra, un ¿pico ou machado?...Figura identificada como un pelegrín e tamén como mestre do gremio dos construtores ou carpinteiros, vestido con roupas solemnes.
Lápida sepulcral mixta
Lauda sepulcral con marcas familiares de identificación persoal.
Lauda con marcas profesionais
Lápida sepulcral con marca profesional:mariñeiro.
Lauda con epigrafía
Lápida sepulcral con marca profesional e epigrafía:sobreplantas dos zapatos (carpinteiro) e inscrición:
´´Es de Fernán Vietez``
Lápida con marcas profesionais
Lauda sepulcral con marcas profesionais:instrumentos de curtidores e ferreiros
Lápida sepulcral con marcas profesionais
Machado, agulla de coser redes, compás e áncora con marca familiar.Carpinteiro de ribeira.
Lauda con epigrafía
Lápida sepulcral Mixta:
Marca familiar con epigrafía.
Lauda con marcas profesionais
Lápida sepulcral con marcas profesionais,ferramentas de carpinteiro
Lauda heráldica
Lápida sepulcral heráldica.Escudo de familia Calderón.
Lauda con marcas profesionais
Lápida sepulcral con marcas profesionais, ferramentas de carpinteiro.