arco da vella

41
vella

Upload: iesasorey

Post on 16-Apr-2017

576 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Arco da vella

Arco da vella

Page 2: Arco da vella

OUTROS NOMESCASTELÁN:

Arco irisINGLÉS: Rainbow

FRANCÉS: Arc en ciel ALEMÁN:

RegenbogenPORTUGUÉS:

Arco íris, arco celeste, arco da aliança, arco da

chuva, arco da velha

Page 3: Arco da vella

O arco da vella é un efecto óptico que se aprecia como un arco de bandas de cores, desde o vermello ata o violeta.Fórmase cando o Sol baixo ilumina unha cortina de chuvia que cae diante dun espectador que está de costas a el.

Page 4: Arco da vella

A razón da súa formación é que a luz ao refractarse e reflectirse dentro das pingas dispérsase e sepáranse as cores que a compoñen.Non sempre que chove e fai sol se ve un arco da vella. As pingas de auga deben ser esféricas. A chuvia non debe ser torrencial nin estar afectada polo vento.

Page 5: Arco da vella

O “ángulo do arco da vella” foi descuberto por René Descartes en 1637. Os raios de luz que forman o arco saen das pingas de chuvia cun ángulo aproximado de 138º respecto á dirección que levaban antes de entrar. Un raio de luz solar dos que forman un arco da vella cambia de dirección tres veces mentras se move a través dunha pinga de chuvia. A descomposición en cores é posible porque o índice de refracción da pinga de auga é lixeiramente distinto para cada lonxitude de onda (para cada cor que forma o arco).

Page 6: Arco da vella

As cores máis intensas fórmanse coas pingas de auga máis grandes.

Page 7: Arco da vella

En determinadas condicións pódese ver un arco da vella circular. Esto é posible desde lugares moi altos ou desde os avións.

Page 8: Arco da vella

Os arcos da vella máis espectaculares aparecen cando a metade do ceo está aínda escuro polas nubes de chuvia e o observador está situado nun punto co ceo claro na dirección do sol, o resultado é un arco da vella luminoso que contrasta co fondo escuro.

Page 9: Arco da vella
Page 10: Arco da vella

Aínda que non ten un especial significado meteorolóxico a longo prazo, a súa aparición indica que entre el e o Sol está o ceo limpo.

Page 11: Arco da vella
Page 12: Arco da vella

O efecto de arco da vella tamén se ve frecuentemente preto de fervenzas, fontes ou do salseiro do mar.

Page 13: Arco da vella
Page 14: Arco da vella
Page 15: Arco da vella
Page 16: Arco da vella
Page 17: Arco da vella
Page 18: Arco da vella

O arco da vella secundario aparece habitualmente a 50-53 graos respecto do primario e presenta as cores na orde inversa a este. É debido á luz que sofre unha reflexión adicional antes de saír da pinga de auga. Só é visible cando o primario é moi intenso.

Page 19: Arco da vella
Page 20: Arco da vella

FENÓMENOS SEMELLANTES:HALOS, COROAS, E OUTRAS MANCHAS LUMINOSAS:Luminosidades circulares que rodean ó Sol ou á Lúa producidas pola difracción (reflexión e refracción) da luz que emiten nos cristais de xeo. A súa aparición indica a presenza de humidade en altura e, como consecuencia, o empeoramento do tempo.

Page 21: Arco da vella

Halos solares

Page 22: Arco da vella

ARCO CIRCUMHORIZONTAL. Orixínase en cristais de xeo. É de cor vermella no interior e azul no exterior.

Page 23: Arco da vella

ARCO CIRCUNCENITAL:Prodúcese pola refracción da luz solar a través de cristais de xeo.Fórmase no mesmo lado que o Sol. As cores van de azul no interior a vermello no exterior.Semella un arco da vella ao revés.

Page 24: Arco da vella

PARHELIO, coñecido tamén como “bicho”. Fórmanse pola intersección de distintos halos solares nun punto

Page 25: Arco da vella

ARCO DE NÉBOA. Fórmanse como os arcos da vella pero cando o sol atravesa as finas pingas da néboa que difractan a luz de forma extensiva. As cores son moi tenues debido a que o arco en cada cor é moi amplo e as cores superpóñense.

Page 26: Arco da vella

GLORIA (ou anthelion) es un fenómeno óptico producido por la luz retrodispersada (una combinación de difracción, reflexión e refracción) sobre a súa fonte por una nube de diminutas pingas de auga de tamaño uniforme. Ten múltiples aneis coloreados aínda que xeralmente só se ve un.

Page 27: Arco da vella

Os ARCOS DA VELLA LUNARES ou ARCOS LUNARES prodúcense pola refracción da luz da Lúa sobre chuvia ou néboa nocturna. Son raros pero ás veces pódense observar en noites de lúa chea aínda que con cores máis tenues, xa que a percepción visual dos humanos para as cores é pobre con pouca luz polo que os arcos da vella lunares percíbense como brancos.

Page 28: Arco da vella

Arco da vella lunar nas Cataratas Vitoria. En fotografías de longa exposición pódense apreciar ben diferenciadas as cores.

Page 29: Arco da vella

Joseph Anton Koch (1805).

O ARCO DA VELLA NA CULTURA POPULAR

Page 30: Arco da vella

O arco da vella aparece citado na Biblia como símbolo da alianza entre Deus e os homes despois do diluvio.

Page 31: Arco da vella

LENDA DE GILGAMESHNa epopeia de Gilgamesh o arco da vella é o “colar de pedrería da gran madre Isthar” que levanta cara ao ceo como unha promesa de que nunca esquecerá os días da gran enchenta que destruiu aos seus fillos.

Page 32: Arco da vella

Para os gregos o arco da vella era unha deusa mensaxeira entre o ceo e a terra chamada IRIS, filla de Taumante e a Oceánide Electra.

Page 33: Arco da vella

Na maioría dos lugares asóciase a unha vella ou a unha deusa relacionada co inverno, o clima ou as colleitas.En moitas culturas asóciano co arco dun deus: Marduk de Mesopotamia, deus das Treboadas en Finlandia, de Zeus, en Homero, dos Vedas, de Rama Chandra, de Rustán/Saitán no Irán...Tamén pode ser un arco de trunfo, unha porta ou unha ponte: Pont du Saint-Esprit, Pont Saint-Bernard; ponte das almas en Escandinavia...Noutras partes é unha serpe, unha amalloa, un cinto, unha faixa, un acueduto que leva as augas dos ríos ao mar...Na antiga Roma crian que o arco da vella bebía a auga dos mares.

Page 34: Arco da vella

O ARCO DA VELLA NA CULTURA POPULAR GALEGA

Page 35: Arco da vella

OUTROS NOMES RECOLLIDOS EN GALICIA: contrasol, arco de vella, arco das vellas, arco de vellas, arco das noivas, arco das bruxas, arco de lúas, arco do ceo, arco do trono, circo da vella, gancho da vella, marco da vella, marco das vellas, risco da vella, seña da auga, a ponte coloreada, as sete cores, barco da vella, ponte coloreada...

-Cando o arco da vella é máis grande chámase arco das mozas ou arco das novas e cando é doble ou de cores máis ténues arco novo.Arco das mozas,cheo de pozas,crco das vellas,cheo de pedras.

Page 36: Arco da vella

CRENZAS:-O arco da vella aliméntase da auga do mar e dos ríos.-A cor azul representa o diluvio de auga que fixo renacer o mundo e a vermella o diluvio de lume que o vai destruír.-No lugar onde o arco toca a terra existe un tesouro agochado.-Para os mariñeiros é unha soga. Os barcos que pasan por baixo del quedan malfadados.-O arco da vella sobre o ceo é sinal de boas novas. -O arco da lúa é sinal de mal agoiro.

Page 37: Arco da vella

-A vella utilizaba o arco para baixar á terra para levarse algún meniño o unha moza. Sobre todo en época de fame.

Cantigas para defenderse: Arco da vella, vaite de ahí, que as nenas bonitas non son pra ti. Arco da vella,vaite de aí,que as mozas de agora non son para ti. Arco da vella,vaite de aí,que andan os porcosa fosar en ti.

Page 38: Arco da vella

-Segundo polo lado que se vexa o arco da vella pode anunciar o tempo. Sobre o mar indica bo tempo; sobre a terra, chuvia e neve; entre lusco e fusco, un bo mencer; no mediodía chuvia todo o día; se se ve no poñente indica mal tempo; e se é ao raiar o sol indica bo tempo. Cando anuncia chuvia pódese esconxurar dicindo:Arco da vellarevírate pedra,non botes chuvia,nin pingadela.

Page 39: Arco da vella

REFRÁNSArco da vella, auga na terra.Arco da vella, nin chove nin nevaArco da vella a levante, fala ós bois para adiante.Arco da vella ó levante, anda cos bois para adiante.Arco da vella ó radiante, dálle ós bois para diante.Arco da vella ó raiante, ei, boi! ei!, pra adiante.Arco da vella ó raiante, afala os bois para diante.Arco da vella ó raiante, fala ós bois e vente.Arco da vella ó raínte, anda boi pra diante.Arco da vella ó mediodía, chuvia pra todo o día.Arco da vella ó anoitecer, bo tempo ó amañecer.Arco da vella ó poñente, antepón os bois e vente.Arco da vella ó poñente, ceiba os bois e vente.Arco da vella ó poñente, colle os bois e vente.Arco da vella ó poñente, recolle os bois e vente.Arco da vella ó poñente, mariñeiro alerta!Arco da vella ó poñente, mariñeiro en pé.Arco da vella ó poñente, saca os bois e vente.Arco da vella ó poñente, solta os bois e vente.Arco de vella ó poñente, pícalle ós bois e vente.Cando chove e fai sol, anda o demo por Ferrol

Page 40: Arco da vella

O arco da vella emprégase en distintas bandeiras relacionadas coa paz e como simbolo de varios movementos sociais e reivindicativos.

Page 41: Arco da vella

IMAXES: Adela Leiro, WikipediaDOCUMENTACIÓN: Wikipedia“Diccionario dos seres míticos galegos”, de Xoán R Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda. Ed. Xerais.

Setembro 2014