aquelarre 13

30
AQUELARRE 13 MAIO 2011 1

Upload: ma-dolores-mantinan-loureiro

Post on 20-Feb-2016

260 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Revista escolar

TRANSCRIPT

Page 1: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

1

Page 2: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

2

Eu entrei no colexio Juan Fernández Latorre cando tiñatres anos.

Lémbrome do primeiro día que comecei , un pouco asus-tado porque non sabía o que ía acontecer, que ben opasamos todos xuntos!

Con choros, risas, bromas, enfados, contando segredos,xogando e ás veces pelexando, xa que niso consiste aamizade, pero sobre todo bos momentos que nuncaesquecerei.

Xa queda pouco para rematar, sinto tristura e alegría.Alegría, porque xa son grande e comeza una nova eta-pa, que espero que sexa marabillosa.Tristura, xa que teño que despedirme do colexio ondelevo nove anos , dos meus profesores/as , dos meusamigos/as e compañeiros/as e de tantas lembranzas.

Quero agradecerlles aos meus mestres/as todo o queme ensinaron, grazas a eles aprendín todo o que seiata agora.

Teño que despedirme desexando que a etapa que voucomezar, sexa tan bonita coma a que remata.Grazas por todo.

David Blanco Fernández 6º A

DESPEDIDA DO COLEXIO

Page 3: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

3

O CAN PERDIDO

Había unha vez un leñador chamado Fernandoe tiña un can que lle gardaba a casa.Un día, Fernando decidíu ir apañar leña aomonte, pero non levou con el ao can.Cando volveu... o animal non estaba na casa!O home saíu buscalo e, por sorte, atopouno nomedio do bosque, preto da beira dun río.Os dous regresaron moi felices.

Daniel Mourelle Saavedra- 1º B

OS XIGANTES E OS ANANOS

Éranse unha vez dous países.Un era moi pequeno e nel vivían os ananos.O outro país era enorme e nel vivían os xigan-tes.Un día un xigante foi aopaís dos ananos e saudou aun deles:_Ola!, hai máis coma ti?_Sííí!Desde aquel día uns ían vi-sitar aos outros e todos se fixeron amigos.

Irene Gallardo Sierra-1º B

Page 4: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

4

Somos a clase de 1º A e ímonos presentar.Co1 empeza MarcoMarcoMarcoMarcoMarco, disparando un arco.Co 2 segue AndreaAndreaAndreaAndreaAndrea, experta en baleas.O 3 é GabrielGabrielGabrielGabrielGabriel, que atopa un papel.4, Inés BecerraInés BecerraInés BecerraInés BecerraInés Becerra, pintando unha xerra.O 5 é SaraiSaraiSaraiSaraiSarai, que chega coa nai.O 6 tráeo IcíaIcíaIcíaIcíaIcía, comendo sandía.O 7, AdriánAdriánAdriánAdriánAdrián, que é un pillabán.O 8 é de PauloPauloPauloPauloPaulo, co seu coello Mauro.No 9 está HéctorHéctorHéctorHéctorHéctor, debuxando recto.E o 10 é ÁlvaroÁlvaroÁlvaroÁlvaroÁlvaro, que o pasa bárbaro.O 11, SusanaSusanaSusanaSusanaSusana,cantando unha nana.O 12, AriadnaAriadnaAriadnaAriadnaAriadna, que ten linda cara.O 13 é de CarlosCarlosCarlosCarlosCarlos, xogando cos dardos.E o 14 é AlbaAlbaAlbaAlbaAlba, que case non fala.O 15, Mateo Mateo Mateo Mateo Mateo, vai lendo un tebeo.E o 16, InésInésInésInésInés, sempre move os pés.O 17, BraisBraisBraisBraisBrais, non berra de máis.O18, Joel Joel Joel Joel Joel,xoga cun pincel.19: María LuzMaría LuzMaría LuzMaría LuzMaría Luz, que baila “andaluz”.O 20, MatíasMatíasMatíasMatíasMatías, sorríndolle ao día.O 21, YanetYanetYanetYanetYanet, que xa ten carné.O 22,Dani SestayoDani SestayoDani SestayoDani SestayoDani Sestayo, veloz coma un raioE o 23, Ángel,Ángel,Ángel,Ángel,Ángel, quere ir de viaxe.Co 24 está ClaudiaClaudiaClaudiaClaudiaClaudia, cunha linda saia.O 25 é RebecaRebecaRebecaRebecaRebeca, linda coma unha boneca.

EN PRIMEIRO SOMOS POETAS

Page 5: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

5

Este bosque encantadoé un lugar moi animado.Aquí viven animaliñosgrandes e pequeniños.

Os coellos e a arañasoben pola montaña.

Os paxaros descansan no niñoenriba dun muiño.

escoita un paxariño.Os osos saen da oseirae botan unha carreira.

O esquío corre e salta nunha póla moi alta.

Ao cervo e a cervagústalles comer herba.

O lobo medo dácando vai daquí para alá

O sapo e o saltóncantan unha canción.

Revolotean as bolboretase nunca están quedas.

A xoaniña, na pradeira,camiña pola beira.

RIMAS DO BOSQUE

2ºB

Un raposo pequeniño

Page 6: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

6

O ALACRÁN QUE NON TIÑA VELENO

Érase unha vez un alacrán que non tiña veleno. Os demais alacráns ríansedel, porque non podía ir con eles para loitar contra os lagartos.O pobre alacrán sempre estaba deprimido. Os outros alacráns o engana-ban para que lles fixera as tarefas. A cambio eles dábanlle algo do seuveleno. Un día decidiu fuxir daquel poblado. Fixo quilómetros ata que atopou unbidón que poñía : “VELENO DE ALACRÁN”. (Era veleno para matar ala-cráns).O noso protagonista subiu ao bidón e entrou nel. Quedaban algunhaspingas do líquido, pero para el era máis que suficiente. Bebeu a pingaque estaba máis preto del e ao remate… morreu.Os seus compañeiros alacráns, enterados da súa morte, foron buscar oseu corpo para enterralo preto das súas casas.Recapacitaron sobre o mal comportamento que tiveran con el e acorda-ron non se burlar nunca máis de ninguén e ser máis solidarios.

Daniel Rojo Varela – 3º A

Page 7: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

7

Os nenos e nenas de 4 anos convertémonos en pintoresimpresionistas e recreamos dúas obras de Monet: “Campo deprimavera” e “As papoulas”. Pintamos a témpera, utilizan-do a técnica da impresión con esponxas e pinceis.Nesta actividade aprendemos a observar unha obra de arteademais de disfrutar moito. Somos uns verdadeiros artistas!

A PRIMAVERA DE MONET

Page 8: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

8

O CABEZÓN E A PIRULETA

1º PREMIO DO CONCURSO«CONTOS COMPARTIDOS».

EDUCACIÓN INFANTIL

Había unha vez un cabezón que tiña un amigotrasno. O cabezón chamábase Lucas e tiña unhapiruleta de fresa. Un día veu un crocodilo epapoulla co papel e todo. Lucas púxose a chorar eo seu amigo trasno, para que parara, preparoulleun xabrón máxico. Lucas lavou a cara con el eenseguidiña volveu estar conteto.

Inventado por Lucas Cerqueiro Espinosa (3 anos A), coa axuda da súairmá Irene

Page 9: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

9

1º PREMIO DO CONCURSO«CONTOS COMPARTIDOS».

PRIMEIRO CICLO

No mar de Fisterra había un peixiño azul e amarelo chamado Cometaque andaba na procura de amigos, porque o mar é moi grande e sentíasemoi só.Atopou unha estrela de mar que tomaba un raio de sol deitada na areado fondo do mar.

- Queres vir xogar comigo? -díxolle Cometa.- Ouh non! Estou moi a gusto aquí

descansando.-contestou a estrela Es-tela.E Cometa seguiu buscando e nadouata unha rocha onde había un polbochamado Raúl.

- Podemos xogar xuntos? pregun-tou Cometa.

- Ouh non! dixo o polbo. E me-teuse nunha furna sen máis explica-ción.Cometa apampou un anaco e logonadou amodo ata atopar ao señorCangrexo que camiñaba cara atrás.

- Queres que xoguemos xuntos?-propuxo Cometa.

- Ouh non! Estou a practicar os meus pasos de baile e non quero queninguén me moleste.Entón, unha bágoa asomou nos ollos de Cometa e nadou lonxe daquellugar.

- Queres xogar comigo? -escoitou Cometa.Mirou e viu un peixiño laranxa de raias negras que lle falaba.

- Eu son Tigre. Veña, imos pasalo moi ben!- Dacordo! -dixo Cometa.

E nadaron e xogaron coas ondas do mar de Fisterra, agocháronse daquenlla, seguiron aos golfiños... e foron os mellores amigos para sem-pre.

Xoán López Castro 2ºBMaría José Castro Papín

COMETA E TIGRE: OS MELLORES AMIGOS

Page 10: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

10

1º PREMIO DO CONCURSO«CONTOS COMPARTIDOS».

TERCEIRO CICLO

A TOUPA LOLA

Este conto comeza como todos os contos do mundo...

Érase unha vez unha toupa toupiña moi riquiña, chamábase Lola. Sabe-des como era? Pequeniña, escura coma o acibeche e cos olliños moipequerrechos, pero sobre todo era moi alegre e sempre cantaruxaba unhabonita canción: " Eva María se fue..."

Sabedes onde vivía? Eu si, vivía entre o xardín e a horta dunha familiaobreira, na aldea de Piñeiro. A familia chamábase Ríos. O pai era Antón,a nai, María, o fillo maior, Xoán e a pequerrecha da casa era Xulia. Vivíannunha casa pequena, pero ben feita, con céspede todo arredor e cunhasflores preciosas. Tiñan un castiñeiro, un carballo e algunha que outraárbore froiteira. Tamén tiñan unha horta chea de leitugas,tomates, pe-mentos, cebolas... Daba gloria vela!

Antón, o pai, pasaba moitas horas traballando na súa terra e xa estabacanso de tanta toupa que pasaba por ela. Cada día preparaba variastrampas pero parecía o conto de nunca acabar. Á pequena da casa, Xu-lia, dábanlle pena as pobres toupas. Cada vez que o seu pai levaba paraa casa unha toupa morta, ela non se cansaba de chorar. Pero nesa mañápasou algo inesperado.

Xulia levantouse ben cediño e foi dar unha volta arredor da casa. Antesde marchar cara a escola viu algo raro no xardín. Sabedes que atopou?Unha toupeira moi fonda e uns olliños tristes que daban moita lástima.Meteu a man no burato e acariciou á toupa Lola. Que linda era! Abra-zouna e meteuna na mochila. Xulia púxose moi nerviosa e marchou caraa escola contenta de librar a Lola dunha morte segura.

- E agora, que fago coa miña toupiña Lola? -Preguntabase Xulia.

Page 11: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

11

Ao chegar a hora do recreo acendéuselle unha luz ao mirar cara fóra e veraquel xardín tan bonito que tiña o seu colexio. Abriu a mochila e volveumirar aqueles olliños pequerrechos e díxolle:

- Tranquila Lola, atopei unha nova casa para ti. Vivirás no xardín domeu "cole", aquí non hai home que te atope e che faga mal. Estamosnun lugar sagrado onde os nenos e os profesores amamos a vida e avida eres ti.

Loliña saltou e brincou cara o xardín e meteuse na terra a seguir facen-do o seu traballo mentres cantaba a súa canción: "Eva María se fue..."Xulia quedou tranquila e voltou a ser feliz.

Ana María García Novo Carmela Novo Garea

Page 12: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

12

Adaptación do conto de Castelao «Memorias dun esqueleto»Jorge Crespo, 6º B

Page 13: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

13

MAGOSTO E SAMAÍN

Page 14: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

14

Este ano pola PAZfixemos unha carreira,tres voltas había que darse querías axudar.

Tivemos patrocinadoresque querían colaborar,aínda que eles non corrían,o diñeiro aportarían.

Os euros recadadosirán a un país moi pobre,moitos nenos comeráne ao colexio asistirán.

Ignacio Garrido Ortiz 5º A

DÍA DA PAZ

Page 15: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

15

Ao meu burro Carologústalle comer repolo;se lle damos toxo crú,ponse coma un tururú.

Carolo quere pasear,pero non lle gusta andar;e se vamos no autobús,non lle serve o bonobús.

Queremos moito a Carolocando rincha coma un tolo.Nosoutros vimos moi ledos,cando nos trae a Monelos.

Pablo Carro (5º A)

Unha rosa moi ledanon deixa de traballar,e tanto que traballa,non pode descansar.

Pobriña, a miña rosa,tan bonita que é,que cando a vou cortar,chora sen parar.

- Ai, que me cortan!- Vouna cortar. Pola miña culpa o farán; vana asasinar.

- Adeus, miña flor! que cantas como Deus, que me morro se te morres; non chores, meu ben.

Debuxo de 1º

DÍA DA POESÍA

Sam

uel

Fer

nán

dez

Monto

ya (5

º B)

UNHA ROSA

O BURRO CAROLO

Page 16: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

16

MEUS ANIMAIS

Teño unha ovelliñaque é moi suaviña.

Teño un gatiñoque é moi trastiño.

Teño un poldriñoque é moi moniño.

Teño unha galiñaque é moi canteira.

Teño unha vaquiñaque é unha presumidiña.

Raquel - 2º A

ÁNIMO DEPORTIVO!

O Deportivo para gañar,ten partidos que pensar,non pode pestanexar.

Esforzo e dedicación,facer o mellor partidosen faltas e con celebración.

Con Valerón se unirán,todos xuntos xogarán.Sí Depor, sí que podedes.Ánimo Deportivo!

Daniel Rueda - 4º A

Page 17: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

17

IMAXINANDO

Gustariame ser unha tartarugasubida nunca cunchaque me faga imaxinarque o tempo non pasaque todo pode pasarque estou na miña casaque esta noite vou soñar.

Lúa 3º B

O VERÁN

O verán está a chegar.Que ben o imos pasar!Tempo de calor.Tempo de disfrutar.Tempo de praia.Tempo de mar.

Todo este tempo,para pasalo ben será,para disfrutar coa familiaaínda que non se teña mar.

Sempre se poderá ir de vacaciónsa calquera lugar,un lugar bonito,un lugar sen mar?un lugar,no que ben se vaia pasar.A que dan gañas de que o verán chegue xa?Eu xa remato este poema.

Boh! de momento,haberá que esperar!

Alejandro Sanz, 6º A

Page 18: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

18

ENTROIDO de PELÍCULA

PREMIO 3º CICLO, 5º B

PREMIO 2º CICLO, 4º B

PREMIO 1º CICLO, 2º B

PREMIO INFANTIL, 5 anos B

CONCURSO DE CARTEIS

Page 19: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

19

O día 4 de marzo celebramos no colexio a festa do Entroido. Todos osnenos e nenas de Infantil disfrazámonos de personaxes de Disney e dedebuxos animados. ¡Mirade que guapos estamos!

Alumnado de 5 anos

OS NOSOS DISFRACES

Page 20: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

20

LETRAS GALEGAS

Son unha nena de nove anos que está moi preocu-pada polo uso da Lingua Galega. Gustariame queme botarades unha man para procurar que sigaempregándose entre nós.Sei que cantas máis persoas a coñezan e a usen,máis beneficioso será para ela.Por iso pídovos unha fada das linguas, paraque axite a súa variña máxica e consiga quese publiquen moitos libros en galego e taménrevistas e cómics. Que trate de que cada vezse use máis galego na música, no cine, noteatro... Tamén sería moi interesante quehoubese videoxogos en galego.

Pero pídolle a fada, por riba de todo, que fagaque as persoas, tanto nenos coma maiores,se interesen por ela e queiran coñecela e uti-lizala.Moitos bicos.

PARA QUE SEXA POSIBLE CELEBRALASTODOS OS DÍAS ANTÍA PIDE:

«Vivimos malos tempos para a reflexión e aresistencia neste imperio zombie de Microsoft mentalde autoestradas da información cando xa hai tanpoucas persoas con neuronas despostas a servirsede tanta información, e moito menos a utilizalas encontra dese mesmo poder que as invade coas peoresintencións».

Lois Pereiro

Este ano, as Letras Galegas adícanse a Lois Pereiro, escritor monfortino(1958-1996).

«Modesta proposición para renunciar a facer xirara roda hidráulica dunha cíclica historia universal

da infamia»

Antía López Vázquez- 4ºB

Page 21: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

21

ENTREVISTA A MIÑA AVOA, Mª CRISTINA ISA-BEL FRANCISCA IGLESIAS-USSEL LESTE

P: ONDE NACICHES?- No Ferrol (A Coruña).P: A QUE COLEXIO FUCHES DE PEQUENA?- Ao colexio público “Grupo Escolar de Niñas General Capaz” en Sidi Ifni(Marruecos-África).P: CON CANTOS ANOS DEIXACHES GALICIA E POR QUE?- Cun ano funme a Segovia por un destino do meu pai, que era profesorna “Academia de Artillería”.P: A QUE IDADE SACACHES O CARNET DE CONDUCIR?- No 1972, con 24 anos.P: QUE CARREIRA FIXECHES?- Secretariado.P: CANDO CONOCICHES AO AVÓ?- No 1964, en Sidi Ifni.P: ONDE CASACHES?- En Sidi Ifni, no 1969.P: A ONDE FUCHES DE LÚA DE MEL?- A Sevilla, a Málaga e a Madrid.P: ONDE CELEBRABADES AS FESTAS?- No casino ou na casa dalguén, chamá-banse guateques.P: A QUE XOGABAS DE PEQUENA?- Ao aro, á corda, ás tabas e á piola.P: ONDE PASAS OS VERÁNS?- En Bueu (Marín-Pontevedra).P: QUE GRUPOS DE MÚSICA ESCOITABAS?- “Los 5 latinos”, “el Dúo Dinámico” e “Enrique”.P: GANACHES ALGÚN TÍTULO?- Si, “Reina de las fiestas” en Sidi Ifni, en 1966.P: QUE CHE GUSTARÍA FACER DO QUE NON TES FEITO?- Viaxar máis.P: CAL FOI O DÍA MÁIS IMPORTANTE DA TÚA VIDA?- O día da miña voda.P: TES ALGÚN HOBBY OU AFECCIÓN- Coser e facer punto.

AS NOSAS AVOAS

Nacho Garrido Ortiz-5º A

Page 22: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

22

A AVOA VICENTA

A miña avoa Vicenta Royo Chueca, naceu en Tierga (Zaragoza) o 24 deagosto do ano 1921.

Polos problemas económicos, que había nesa época, non puido optar aunha educación, nin sequera puido ir ao colexio.

Na súa xuventude traballou comoparte do servizo dunha casa, co-brando cincocentas pesetas aomes, estivo repartindo periódicosno seu pobo durante quince anos,ata que no ano 1951 casou conXoan Vera Pérez, o que sería omeu avó. Despois de casar tras-ladáronse a Zaragoza onde tive-ron dous fillos, o meu tío, Jesús,e a miña nai, Maribel. Nese pe-ríodo traballou durante cinco anosna portería dos edificios cercanosa súa casa. No matrimonio che-gou a celebrar as vodas de pratae as de ouro.

Quedou viuva, fai un ano e medio,e dende entón os seus problemasde saúde agraváronse, pero aíndacon iso ela segue adiante co apoioe o amor que lle damos toda a súafamilia.

Para min, a miña avoa, é coma unha segunda nai. Estivo na Coruñacoidando de min e da miña nai cando eu nacín, e quedouse aquí duran-te tres anos. Aínda que esté lonxe nunca nos separaremos. Gustaríameque puidera chegar á miña voda, mais sei que para ela iso é un retodemasiado grande, pero se a apoiamos e a coidamos poderá chegar aconseguir iso é moitas outras cousas.

María Isabel González Vera - 5º B

Page 23: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

23

A miña avoa Manuela naceu en Xanceda, concello de Mesía (A Coruña),no ano 1937, o día 16 de setembro. Alí estivo ata o ano 1947.A súa infancia non foi coma a miña, xa que ela, desde ben pequena,tivo que axudar a coidar as vacas, apañar a herba, cortar a leña, lavara roupa no río... porque era a maior de seis irmáns.Gustaballe moito ir á escola, pero os seus paistivérona que sacar, cando tiña doce anos, pois tiñaque axudar a facer todos os traballos xa que erandunha familia moi humilde.Ela sempre me di: - Ai, miña neniña, cantas cousi-ñas tes hoxe en día! Eu, nos meus tempos, xoga-ba cos carolos do millo e facía bonecas cas espi-gas . O meu tío agasallárame cunha boneca detrapo e foiche o meu único xoguete.Cando tiña quince anos coñeceu ao meu avó Uxío.Casaron moi namorados, foron vivir a Lanzá - Me-sía e tiveron sete fillos. Un deles é o meu pai,Xavier.Dedicáronse á labranza, daquela non tiñan moi-tos cartos, e cando muxían as vacas, a metadedo leite vendiano e coa outra metade, a miña avoa,facía queixos que vendía na feira de Curtis, vilaque está a 7 Km de onde vivían, para eso levan-tabase moi cedo, porque tiña que ir camiñando.Cos cartos que facía cos queixos mercaba comida e roupa para os seusfillos, e ela cóntame que a esperaban ansiosos porque sempre lles traíaalgunha lambetada.Os seus fillos fóronse casando, e casaron todos.O meu avó faleceu no ano 1999; é decir, dous anos antes de nacer eu.Ela sempre me di: - Se estivera aquí o teu avó pasariades os díascorrendo un detrás do outro.Conta que cando enviudou a casa se lle facía moi grande, porque que-dara soa, e levou moita alegría cando os meus pais lle dixeron que íanacer eu, que son a neta máis pequena; porque ter ten sete netos eoutras sete netas, pero das nenas... o seu olliño dereito sonche eu!Sigue vivindo na casa que era tan grande e na que se encontraba tansoa, pero os fins de semana falta lle fai a casa porque, cando nosxuntamos todos, parece un día de festa.Miña avoa ponse moi leda cando nos ten a todos xuntos e dille o meupai: - Pareces a galiña cos pitiños.Ai, miña avoíña, como te quero!

Aroa Méndez - 4º A

A AVOA MANUELA

Page 24: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

24

TAMÉN APRENDEMOS FÓRA DA ESCOLA

Os nenos/as de 3 anos visitamos os Xardíns de MéndezNúñez e a Biblioteca Municipal.

En 4 anos fumos ao Macuf e a María Pita.

O alumnado de 5 anos visitamos os Cantóns e vimos apelícula a gatiña curiosa» no CGAI.«Komaneko ,

Page 25: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

25

Os nenos/as de 2º A, na semana adicada o Medio Ambiente, fixemospapel reciclado.Para facelo dimos estes pasos:

1º Cortamos papel de periódico enanaquiños e botámoslle un pouqui-ño de auga para que ablande.

2º Batemos a masa.

3º Botamos a mestura sobre unharexiña.

4º Estirámola.

5º Deixámola secar, polomenos unha semana. E...listo, xa temos o pa-pel!!! aínda que pareza car-tón

2ºA

O RECUNCHO DAS CIENCIAS

Fixemos papel reciclado

Page 26: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

26

COCIÑEIROS POR UN DÍA

A nosa receita: Flores de MelocotónIngredintes:AmorodosMelocotóns en almibarGuindas vermellas

Zume de laranxaNata montadaAzucre

1º. Limpamos e lavamos os amo-rodos.

2º. Cortámolos en anaquiños ebotámolos nun recipiente.

3º. Facemos zume de laranxae botámosllo por riba.

4º. Botamos tres culleradas deazucre, remexemos e deixamosmacerar media hora.

5º. Enchemos os melocotónscoa froita macerada.

6º. Decoramos con nata e guindas.

Xaestá!!!

Se vos animades a facelo, os nenos/asde tres anos e as súas mestras deséxan-vos... BO PROVEITO!

Page 27: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

27

MateriaisVolcánPigmentosBicarbonatoLavavaixelasVinagreCullerLuvas

1º PasoVerter media culler de bicarbona-to no volcán.

2º PasoAgregar un pouco de colorante.

3º PasoEngadir un tercio de cullerada delavavaixelas. Mesturar todo.

4º PasoBotar un bo chorro de vinagree, observa!

ConclusiónCando xuntamos bicarbonato con vinagre obtemos unha reacción "vio-lenta" na que se produce un burbulleo con escuma. Esto sucede porqueestamos mesturando unha base cun ácido e o resultado é dióxido decarbono, que é o que provoca o burbuxeo, e acetato de sodio e auga ,queé o líquido que permanece dentro do volcán.

Paula Fuentes, Marta Núñez, Claudia Buján, Diego Gómez 5º B

ACCIÓN NO VOLCÁN

Page 28: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

28

ENCONTRO CON FINA CASALDERREY

Entre as variadas actividades que os mestres nos organizaron paracelebrar o "Día do libro", os alumnos de 3º e 4º de EP destacamos oencontro que tivemos, o día 12 de abril, coa escritora galega FinaCasalderrey, gañadora de importan-tes premios da literatura infantil exuvenil.A visita de Fina gustounos moito por-que Fina é unha persoa simpática,agradable, divertida... que nos fixorir a todos.Contounos cousas moi interesantesda súa infancia, da súa vida, do seutraballo.Relatounos unha das súas curtas his-torias "Eu son eu", que é un libro para nenos moi pequenos e moiinteresante para a xente maior.Respondeu a moitas das nosas preguntas e así soubemos que:Empezou a escribir para representar as súas historias cos seus alum-nos.Escribe libros infantís porque o que máis lle importa é o que pensan osnenos.Pensa que nós, "pequenos lectores" de hoxe en día, somos moi inte-

lixentes; pero que necesitamos aprender.Unha das súas afeccións é intentar que osnenos aprendan.Ler e escribir son, case, as cousas máisimportantes para ela e tamén o deberíaser para nós.O título dun libro nunca debe desvelar nadaimportante sobre o libro.E... Por último, asinounos o libro "Un sacode estrelas" e despedímola cun forte aplau-

so.Unha visita entretida e moi interesante que se nos fixo... MOI CUR-TA!!!Grazas e ata pronto Fina!

Alumnos/as 4º A

ANIMACIÓN Á LECTURA

Page 29: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

29

Autor: Tim Bomly e Inés VilpiEditorial: Kalandraca

Autor: Agustín Fernández PazEditorial: XERAISEu salvaríao porque me gustaron as aventuras de Der-drín e Raquel. Sobre todo cando Derdrín foi ata o colede Raquel e mordeulle un dedo a Carlos, un neno quesempre molestaba a Raquel, e como gritaba aaaaaah!Foi divertidísimo!

Lía e Raquel, 2º A

Autora: Daniela KuloTEditorial: KalandracaFaime moita gracia a parella dunha xirafa e un crocodilo.

Sarai, 1º A

UNHA PARELLA DIFERENTE

Autor: Berdardino GrañaEditorial: XearaisÉ un libro moi fermoso e divertido.

Inés B, 1º A

Elexín este conto porque me gusta moito e taménporque me gustan os debuxos. Este libro está moiben e é moi gracioso e ademáis lino mooooooooitasveces! e non me cansarei nunca.

Clara Gagino Mato, 2º B

NO CORAZÓN DO BOSQUE

Autora: Ánxeles FerrerEditorial: Árbore, GalaxiaEu salvaríao porque é moi precioso e divertido.Gustoume moito o final porque o príncipe se enamorada princesa máis pequena, porque o seu vestido erao que lle gustaba, aínda que os das súas irmáns eranmáis bonitos.Lara e Lorena, 2º A

TRES PRINCESAS NAMORADAS

QUE LIBRO SALVARÍAS?

RATA LINDA DE COMPOSTELA

XAIME E AS LANDRAS

Page 30: AQUELARRE 13

AQUELARRE 13 MAIO 2011

30