aprendendo a escunchar na leira de manuel
TRANSCRIPT
Todo comezou buscando os tesouros que se gardan nestes cofres de pedraOS CABAZOS
Isto é unha ringleira de chea de sorrisos, emocións… Chegou o día de practicar todo canto falamos na clase sobre a recollida do millo. As nenas e nenos de 3º e 2º camiñamos xuntos a un lugar da Ponte chamado…
A GRISA.
CANTAS COUSAS VIMOS NA REDONDA!!!!PARECÍA QUE NON ESTABAMOS NA PONTE. HABÍA CABAZOS, UN CAMPANARIO, PAREDES
FEITAS CON PEDRA…E O MELLOR DE TODO!!!ESPERABA POR NOS O SEÑOR MANUEL.
TODOS E TODAS MOI ATENTOS AS EXPLICACIÓNS DO MESTRE:
- QUITAMOS AS FOLLAS E ARRANCAMOS A ESPIGA.
PARECÍA DOADO PERO… ÁS VECES NECESITABAMOS A FORZA DE CATRO MANS!!!!
XA VEDES QUE ALGUNHA RAPAZA FACÍA TRAMPAS. ESA MAZORCA VAI COAS COCHAS. - NON, NON, NON!!!!! ASÍ NON SE FAI!!!!!- REPETÍA MANUEL- E VOLTA A EXPLICAR.
CON TODO TIÑA TEMPO PARA IR PREPARANDO OS CALDEIROS E A CARRETA.
Axiña lle collemos o truco a esfollar e veña a gozar do millo, do aire libre e das
carreiras.
Despois levamos o millo ao cabazo.
Para rematar tan so nos quedaba meter as espigas
dentro…VAIA PASADA!!!!
TODAS AO MONTÓN!!!
Foi moi divertido facelotodos xuntos!!!!
UNHA MÁQUINA PARA QUITARLLE O GRAN AS
ESPIGAS. ASÍ CALQUERA DEBULLA!!!!!
UNHA MUIÑEIRA ELÉCTRICA.
AO TRABALLAR XUNTOS TIVEMOS TEMPO DE DESCUBRIR…
Co traballo rematado chega o momento da conversa. Manuel explicounos a diferenza entre o millo do país e o millo de fóra; que a broa era comida de pobres e o pan dos ricos. So podían comer o pan días especiais… Abriunos camiño para ir descubrindo mais cousas sobre o millo xa que nos falou que cando era rapaz ían moer a unsmuíños que están á beira do río Grande. Vaia cousa!!!!
E aquí estamos descansando… as labreguiñas e os labreguinospor un día!!!!
Deica a próxima viaxe…RUMBO AOS MUÍÑOS DO RÍO DA
PONTE!!!!