“a música do peregrino”“a música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais...

19

Upload: others

Post on 03-Jan-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,
Page 2: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

“A Música do Peregrino”C I C L O E U R O P E O D E

C O N C E R T O S D E Ó R G A N O

Lugano—Lugo—Milán—Morbio Inferiore—Saronno

Organiza: Diocese de Lugo — Centro Eucarístico Lucense

Patrocina: Concelleria de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción Lingüística do Concello de Lugo

Colabora: “A música do peregrino”— Ciclo Europeo de Concertos Espirituais

ɪ Parrocchia Santa Maria degli Angiloli — Lugano (Suiza) ɪ Parrocchia S. Vincenzo in Prato — Milán (Italia) ɪ Comunitá Pastorale Crocefisso Risorto — Saronno (Italia) ɪ Parrocchia di Morbio Inferiore ɪ Associazione Bernardino Luini

Dirección: José Antonio Ferreiro Varela

Dirección Artística: Giulio Mercati

Dirección Técnica: Luis Varela Castiñeira

Edición, deseño e maquetación:

ɪ Anxo Vizcaíno ɪ La Voz de la Verdad

Imaxe: Delegación de medios de comunicación Diocese de Lugo

Participantes:

Johannes Skudlik (Alemania) Wladimir Matesic (Italia) Lidia Basterretxea Vila (España) Giulio Mercati (Italia) Miquel González (España) Lindy Rosborg (Dinamarca) Stanislav Surin (Eslovaquia) Cuarteto Cadencia (Lugo) Stefan Kagl (Alemania) Jean-Christophe Geiser (Suiza) Mario Ciferri (Italia) Roman Perucki (Polonia) Juan de la Rubia (España) Grupo Vocal Sólo Voces (Lugo) Jakob Lorentzen (Dinamarca) Fabio Ciofini (Italia) Noemi Mazoy (Lugo) Eugenio Maria Fagiani (Italia) Arturo Barba (Valencia)

Page 3: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

Alfonso Carrasco RoucoB I S P O D E L U G O

+

O “Festival internacional de Órgano do Corpus Christi”, que ten como obxectivo principal solemnizar a festa do Corpus Christi, que se celebra en Lugo de modo singular, acada este ano a súa quinta edición no contexto dunha celebración senlleira como é o 350 aniversario da Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento. Nesta cidade e na súa Diocese, parte determinante do Camiño de Santiago, a fe é comprendida e profesada dende fai moitos séculos a partir do sacramento do Corpo e do Sangue de Cristo, da súa Presenza permanente entre nós. Este saber da entrega amorosa do Señor, totalmente real na Eucaristía, é seguramente a herdanza primeira deixada entre nós polo Apóstolo. Na música sacra, interpretada ao órgano, resoará a beleza desta Presenza plena, percibida e expresada por artistas ao longo de séculos, e axudarásenos a introducirnos na anchura e a profundidade deste milagre sin-gular do amor, en que se xuntan xa nesta terra Deus e o home. Pois “a música, verdadeira linguaxe universal da beleza, é ca-paz de unir aos homes de boa vontade e de invitalos a levantar a mirada cara ao Alto abríndose ao Ben e á Beleza absolutas, que teñen como última fonte Deus mesmo” (Benedito XVI). Este Festival lucense inclúese nunha rede de festivais internacionais de música sacra, denominada “A música do Peregrino”, que serán celebrados en Lugano e Morbio Inferiore (Suiza), Milán e Saronno (Italia). Todos teñen como vínculo común o Camiño de Santiago, singular vía europea de comunicación do anuncio apostólico, e a expresión sensible desta fe gracias á música de órgano e ás riquezas artísticas das distintas Igrexas e Basílicas.

Presentación

Page 4: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga-no e Morbio Inferiore, e dous no norte de Italia, no centro de Milán e Saronno. Os cinco festivais, ademais de compartir a di-rección artística, teñen sobre todo en común a idea do Camiño de Santiago, declinada en múltiples aspectos e suxestións. Trátase en primeiro lugar dun camiño espiritual e litúrxico. De feito, os catro festivais musicais están marcados polo calendario litúrxico romano, no que se refire a Lugo, Lugano e Morbio Inferiore, e o calendario litúrxico ambrosiano, no que se refire a Milán e Sa-ronno. O Festival Organístico Lucense nace para solemnizar a festa do Corpus Christi nunha cidade tradicionalmente eucarística. Os Concertos Espirituais de Lugano sinalan os momentos máis fortes do ano litúrxico romano, con particulares referencias ás festas marianas, dada a ubicación dos concertos da espléndida igrexa de Santa María degli Angioli. O festival milanés de Vésperas de órgano en S. Vincenzo in Prato en cambio inspírase no calendario litúrxico ambrosiano e xorde baixo o signo de S. Ambrosio, punto de referencia espiritual, teolóxica e musical. De feito, cada concerto leva o título do himno ambrosiano ligado ó período litúrxico correspondente. En Saron-no o ciclo dos Concertos Espirituais “In festis Sanctorum” propónse exaltar as figuras dos Santos ás que están adicadas as numerosas igrexas da cidade, na ocasión das respecti-vas festas.

En Morbio Inferiore o festival do Setembro Organístico, que ten lugar no Santua-rio-Basilica da Beata Virxe dos Miragres, está programada non casualmente ó longo dun mes rico de festividades marianas. Este camiño é ademais un percorrido pola historia e a tradición musical, que é ver-dadeiramente europea e compartida. As antigas melodías eucarísticas que dan título ó Festival de Lugo retómanse en distintas paráfrases nos respectivos concertos, así como sucede nos himnos ambrosinaos nas vésperas milanesas. As antífonas marianas teñen amplo espazo nos concertos de Luga-no e o Proprium Sancoturm dos concertos espirituais en Saronno.

Os cinco festivais seguen evidentemente un percorrido de beleza, non só musical, senón arquitectónica e artística en xeral. Moitas das Igrexas que acollen os concertos son de moi antiga construción e distínguense pola harmonía dos complexos arquitectónicos e pola riqueza das obras que conteñen. Os catro festivais ubícanse no Camiño de Santiago, sendo as catro cidades etapas históricas das vías de peregrinación, como Lugo e Milán, ou ben situadas preto destas vias: esta vocación vese confirmada pola gran cantidade de peregrinos que chegan a Santiago dende Ticino ou Lombardía, todos en camiño cara ó Campus Stellae.

A música do Peregrino: Ciclo Europeo de Concertos Espirituais

Programa

Martes 4, 20:30 hIgrexa de San Pedro

Orquesta Vigo 430Giulio Mercati (Italia), órganoIsabel Rubio Molina, directora

Martes 11, 20:30 hCatedral de Sta. María

Fabio Ciofini (Italia), órganoGiulio Mercati (Italia), órgano

Martes 18, 20:45 hCatedral de Sta. María

Sergio Orabona (Alemaña), órgano

Venres 21, 20:45 hCatedral de Sta. María

Grupo Vocal Solo Voces (Lugo)Ulrike Northoff (Alemaña), órgano

Luns 24, 20:30 hIgrexa de Santiago “A Nova”

Karin Richter (Suiza), mezzosopranoJean-Christophe Geiser (Suiza), órgano

Giulio MercatiD I R E C T O R A R T Í S T I C O

Page 5: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

9

Orquesta

Vigo 430

A Orquestra Vigo 430 ten como obxectivo ofrecer á cidadanía un contido cultural do máximo nivel, diversificado en varias liñas especializadas: a Orquestra Sinfónica OSV430, os conxuntos de Música de Cáma-ra EV430, a Orquestra Barroca OBV430, a Orquesta Xove OXV430, concibida como canteira de músicos novos. Forma parte da filosofía deste proxecto o feito de que o corpus principal da orquestra está formado por músicos procedentes da excelente can-teira existente en Galicia, feito que dota á Orquestra dunha identidade xenuína e con-fírelle máis lexitimidade se cadra para servir coma unha fiestra máis da cultura galega cara ó mundo. Como non podía ser doutra forma no moderno modelo de sociedade

multicultural cara á que nos encamiñamos, a contribución dos músicos fai que a formación se enriqueza máis aínda coa experiencia aportada desde outras culturas musicais. A Orquestra Vigo 430 recibiu o Premio Martín Códax da música no ano 2014. Mantén unha canle activa de YouTube na que se difunden periodicamente os seus concertos. Colabora habitualmente con grandes solistas de nivel internacional e ten diversas grava-cións discográficas. En decembro de 2011, a Orquestra Vigo 430 asinou un convenio coa Universidade de Vigo, e en xaneiro de 2019 foi aprobada a incorporación da Orquestra como orquestra adherida na Asociación Española de Orquestas Sinfónicas (AEOS).

Edward Elgar (1857-1934)Serenata para cordas, op. 20

Allegro piacevole, Larghetto, Allegretto

Francis Poulenc (1899-1963)Concerto en sol menor, para órgano, cordas e timbais

Samuel Barber (1910-1981)Adagio para cordas

Samuel Barber (1910-1981)Tocata festiva op. 36, para órgano, cordas, trompeta e timbais

Martes 4, 20:30 hIgrexa de San Pedro

Vigo 430O R Q U E S T A

Giulio Mercati (Italia)Ó R G A N O

Isabel Rubio MolinaD I R E C T O R A

Page 6: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

1110

Órgano Directora

Isabel Rubio MolinaGiulio Mercati

Naceu na vila de Abarán (Murcia) e medrou en Águilas, onde comezou os seus estudos musicais na especialidade de percusión. É li-cenciada en xestión de orquestra e percusión con honores nos conservatorios superiores de Murcia e Bruxelas. Ten un máster en for-mación de profesores. Estudou dirección cos profesores José Miguel Rodilla, José Rafael Pascual-Vilaplana e Cristóbal Soler. Amplía a súa formación cos profesores Juan Miguel Romero, Milanés Norman, Enrique García Asensio, Angel Martin, Eugene Corporon, Philippe Gerard, George Pehlivanian, Nico-las Pasquet, Alex Schillings, Ives Segers, Jan Van der Roost, Johan de Meij, Douglas Bos-tock, Sergio Alapont, Rubén Gimeno, Álvaro Albiach, John Carewe e Dima Slobodeniouk. Foi membro da Orquestra Xuvenil da Rexión de Murcia, a Chapelle Musicale de Tournai, Orquestra Filarmónica de Bruxelas e da Orquestra Sinfónica da Rexión de Murcia. Ademais, gañou o primeiro premio do Con-curso Nacional de Música Entre Cuerdas y Metales de Cartaxena (Murcia). Dirixiu a Orquestra de Valencia, a Orquestra FSMCV, a Orquestra de Cámara Sine Tempore e a Orquestra Xuvenil Nacional de España (JONDE). Foi seleccionada pola AESDO xunto coa academia da SMR para dirixir no

Festival Internacional da Semana da Música Relixiosa en Cuenca. Foi convidada por bandas da Rexión de Murcia, Andalucía, Castela a Mancha, Canarias e Valencia, destacando a Youth Orchestra UE Wind, a Banda Municipal Sinfónica de Madrid, Municipal de Alacante, Bilbao e Municipal de Santiago de Compostela. Coma directora titular, dirixiu as bandas de Santomera e San Pedro del Pinatar, en Murcia, e maila Banda de Lalín, ademais de dirixir o Coro Xuvenil e a Coral Luis Areán foi profesora de Música de Cámara, Análise e Banda no Conserva-torio Profesional de Música de Lalín. Isabel traballou como xurado en concursos nacio-nais de composición de marchas: Villa de San Pedro del Pinatar, Concurso Rexional de bandas de Murcia e logo no concurso inter-nacional de bandas Ciudad de Benavente. Tamén foi invitada como profesora de dirección no conservatorio Liceo da Paz da Coruña. Actualmente é directora asociada da Xoven Orquestra Sinfónica de Granada e directora asistente da Orquestra de Valen-cia con Ramón Tebar como director titular. Ademais segue ampliando a súa formación na Academia Internacional de Dirección de Orquestra José Collado (AIDO) en Valencia, con Cristóbal Soler como director artístico.

Nado en Saronno (Italia), ós seis anos co-mezou no mundo da música da man de seu avó, o mestre Lamberto Torrebruno, membro dunha importante familia de músicos. Perfec-cionouse logo no órgano, na composición e no clavicémbalo, con músicos do calibre de Luigi Toja, Jean Boyer, Olivier Latry ou Bruno Bettinelli. Músico versátil, é concertista moi solicitado, activo e apreciado internacional-mente: como solista ó órgano e ó clavicém-balo ten actuado en máis de vinte países de todo o mundo, exhibíndose nas Catedrais máis importantes e nas salas de concertos máis prestixiosas: dende a Catedral de St. Patrick en Nova York ó Gran Salón da Filar-mónica de San Petersburgo. Tamén actúa de forma regular como intérprete de continuo en importantes formacións: digna de mención particular é a colaboración coa Orquestra da Suíza Italiana, xunto á cal traballou con directores como Alain Lombard, Vladimir Ashkenazy, Juraj Valcuha, Alexander Ve-dernikov, Heinz Holliger, Hubert Soudant, Howard Griffiths, Markus Poschner, Pablo González e moitos outros. Exhíbese regu-larmente en dúo co coñecido pianista Vovka Ashkenazy, primoxénito do grande Vladimir Ashkenazy. Ten gravado para RTSI, Bottega Discantica e Tactus. A súa última obra son as músicas de escena para o espectáculo teatral Interrogatorio a María, de Giovanni Testori, con Angela Demattè e a dirección de

Andrea Chiodi. No maio de 2019 será pre-sentado un disco integramente dedicado ás súas composicións, publicado por Tactus titu-lado Giulio Mercati: Interrogatorio a Maria e altre opere sacre. É organista titular da Basí-lica Prepositural de San Vincenzo in Prato en Milán, na Igrexa de S. María degli Angioli en Lugano e no Santuario da Beata Vergine dei Miracoli en Saronno. É un compositor activo principalmente no campo do órgano e da música coral. En 1996 graduouse con honores en Filosofía na Università Católica do Sacro Cuore de Milán, cunha tese sobre estética musical. Apreciado musicólogo e conferenciante moi traballador: a súa publicación máis extensa é un ensaio musi-colóxico titulado Bruno Bettinelli: a viaxe dun músico, dedicado á figura e á obra do com-positor milanés Bruno Bettinelli, en relación ás conclusións máis recentes das correntes filosóficas hermenéuticas. En 2018 publicou un amplio artigo na Rivista teologica di Lu-gano, titulado “Nacemento, evolución e uso do Kirchenlied: entre o modelo católico e as exixencias do canto comunitario”. É director artístico de prestixiosos festivais internacio-nais en Italia, Suíza e España, dos cales é ademais o creador, cofundador e director do Curso de Música Litúrxica do Corpus Christi de Lugo, e mais profesor de Música Sagra-da na Facultade de Teoloxía de Lugano.www.giuliomercarti.it

Page 7: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

12

N O T A S Ó P R O G R A M A

O concerto ábrese coa Serenata para cor-das, op. 20 de Edward Elgar, considerado un dos máis importantes compositores ingleses de todos os tempos: a súa contribución á evo-lución da música británica na era vitoriana e eduardiana foi notable. O estilo peculiar de Elgar, marcado pola refinada vena melódica e mailo equilibrio das formas, é evidente nes-ta Serenata, composta en 1892 e articulada en tres curtos movementos. O Concerto en sol menor de Francis Poulenc para órgano, cordas e timbais é unha obra representativa do repertorio de órgano do século XX. Resal-tan todos os recursos expresivos do órgano con pasaxes extremadamente delicadas e momentos de grande elocuencia. A peza naceu dunha comisión da princesa Edmond de Polignac, así era coñecida a mecenas Winnaretta Singer, que en 1934 pedira unha obra para orquestra de cámara cunha parte fácil para o órgano; Poulenc, pronto abandona esta hipótese, avanzando cara a unha composición grandiosa e esixente, que o manterá ocupado ata 1938. O composi-tor, que antes deste traballo nunca escribira para órgano, estuda con moita atención a música de Bach e Buxtehude e confía na colaboración de Maurice Duruflé, o primeiro intérprete da obra, o 16 de decembro de 1938, na residencia da princesa de Polig-nac. Concibida como un único movemento,

a peza divídese en sete seccións diferentes que se executan sen interrupción: Andante; Allegro giocoso; Subito andante moderato; Tempo allegro – Molto agitato; Molto calmo – Lento; Tempo dell’Allegro iniziale; Tempo dell’Introduzione – Largo. O Adagio para cordas é certamente a composición máis coñecida de Samuel Barber, compositor estadounidense, que morreu en Nova York en 1981. Trátase do movemento lento do Cuarteto n. 1, escrito por Barber en Roma en 1936. O éxito recollido polo Adagio con motivo das primeiras execucións, fixo que o compositor o transcribise para orquestra: nesta versión foi interpretado por primeira vez en 1938 pola Orquestra da NBC, baixo a guía de Arturo Toscanini. O programa remata con outra peza de Barber, a Toccata Festiva. A obra foi composta para a inaugu-ración do novo órgano da Academy of Mu-sic de Philadelphia. Paul Callaway, organista e mestre da capela da Catedral Nacional de Washington, interpretou a parte solística con ocasión da primeira actuación, o 30 de setembro de 1960, acompañado pola Phila-delphia Orchestra por Eugene Ormandy. A peza adopta a estrutura típica do primeiro movemento dun concerto romántico, desde a introdución pianística ata a cadencia final, de virtuosismo exasperado dedicado só ao pedal do órgano.

Page 8: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

15

Órgano

Fabio Ciofini

Estudou órgano, piano e fortepiano no Con-servatorio de Perugia, respectivamente con W. Van de Pol, M.F. Spaventi e C. Veneri e clavicémbalo na Scuola di Musica di Fiesole con A. Fedi. Continuou os seus estudos de órgano no Conservatorio de Amsterdam con J. Van Oortmerssen obtendo no 1999 o “Pos-graduado” en música barroca. No 1995 foi nomeado organista titular da Co-lexiata de Santa María a Maior en Collesci-poli no órgano barroco W. Hermans (1678). Realiza regularmente concertos e Master-class en Italia, Europa, Estados Unidos, Ca-nadá e Xapón sendo invitado habitual dos Festivais de Música Antiga máis importantes (Lufthansa Festival, Oude Muziek - Utrecht, Vantaa Baroque Festival, Javea– Internatio-nal Baroque Music Festival, California State University of Chico, Arizona State University of  Phoenix e Washington State University of Seattle) master class de órgano (Oundle International Festival, Conservatorio de Pamplona, Banska Bystrika, etc). Gravou e interpretou concertos en directo para as máis

importantes radios nacionais europeas (BBC, ZDF, YLE, RAI, etc). As súas interpretacións de música antiga e barroca acadan importantes consensos. Fabio Ciofini é tamén activo como director e concertista. Grava para a Bottega Discantica de Milán, para a Loft Recordings de Seattle, a Brilliant classics de Amsterdam, e Glossa de Madrid. É director da Academia Hermans, na que traballa cos máis grandes solistas: o violinista Enrico Gatti, a soprano Roberta Invernizzi, o fortepianista Bart Van Oort (co cal gravou os concertos KV 466 e 467 di W.A. Mozart para piano e orquestra, xulgado pola crítica “excepcional”, 5 estre-las na Rivista di Música, etc). O seu último disco da obra de 4 de Corelli gravado coa Ensemble Aurora vén de gañar o Diapason d’oro e o Deutschen Schallplattenkritik. Ensi-na teclado histórico no Istituto Superiore di Studi Musicali G. Briccialdi de Terni. Dende o 2010 é Director Artístico da Fondazione Brunello e Federica Cucinelli (Solomeo, Perugia).

Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)Sinfonía n. 40 en sol menor, K 550

Allegro molto, Andante, Menuetto, Allegro assai

Francisco Olivares (1778-1854) Verso de 8º tono para dous órganos

Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)Eine kleine Nachtmusik, K 525

Allegro, Romanze, Menuetto, Rondo

Martes 11, 20:30 hCatedral de Sta. María

Fabio Ciofini (Italia)Ó R G A N O

Giulio Mercati (Italia)Ó R G A N O

Page 9: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

16

N O T A S Ó P R O G R A M A

A segunda cita do festival prevé o uso conxunto dos dous órganos dos que a Ca-tedral está equipada: o concerto para dous órganos converteuse agora nunha feliz tradi-ción do Festival. En realidade, era moi común que as catedrais españolas tivesen dous ór-ganos próximos, colocados na tribuna: hoxe en día, é moito máis difícil atopar dous instru-mentos en bo estado e afinados coa mesma afinación. O repertorio para dous órganos constitúe un fascinante patrimonio musical digno de redescubrir. Esta literatura consiste en transcricións, especialmente de páxinas orquestrais e pezas orixinais, case sempre de gran beleza. A transcrición foi, durante moito tempo, o instrumento privilexiado de análise e divulgación, reservado ás páxinas orixina-rias concibidas para grandes formacións e convertidas xa en imprescindibles. A trans-crición para formacións reducidas e, sobre todo, para tecla, piano, harmonio e órgano, tamén tiñan como obxectivo evidenciar a capacidade virtuosística do intérprete. O programa é dedicado case por completo a dúas obras de Mozart moi populares, trans-critas para dous órganos: a Sinfonía KV 550 e a Serenata KV 525. Dinnos moito sobre os últimos e atormentados anos de vida o com-positor o feito que, a pesar de ser unhas das pezas máis coñecidas do compositor e en

xeral do repertorio musical culto, non sabe-mos nada sobre a xénese e as circunstancias da súa composición. A Serenata foi incluída por Mozart no seu catálogo persoal o 10 de agosto de 1787, cando o compositor traba-llaba no segundo acto de Don Giovanni. A Sinfonía pertence ó tríptico das últimas tres sinfonías mozartianas, escritas no verán de 1788, un período moi escuro para o compo-sitor, entre o fracaso vienés de Don Giovanni e as continuas peticións de préstamos ó seu amigo Pucheberg. Os dous monumentos mozartianos enmarcan unha obra orixinal, extraída da produción para dous órganos dun autor vinculado á catedral de Cuenca, Francisco José Olivares. Nado en Rubielos Bajos (Cuenca) en 1778, Francisco José Olivares formouse con Pedro Aranaz e Juan Manuel del Barrio entre os Pueri Cantores da Catedral de Cuenca. Deixou a súa cidade no 1796 para converterse no segundo organista da Catedral de Orihuela e máis tarde orga-nista titular da Catedral de Salamanca, onde morreu no 1854. As obras para dous órga-nos de Olivares non se refiren á tradición de órganos españois, feita de contrapunto complexo e retórica exuberante. Son pezas influenciadas polo estilo galante europeo e polas formas da ópera italiana.

Page 10: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

19

Órgano

Sergio Orabona

Nado no 1978 en Nápoles nunha familia de artistas, emprendeu estudos musicais a unha temprana idade. No 1998 consegue o diploma de Órgano e Composición Orga-nística co máximo de votos e a loanza baixo a guía do Mestre Vincenzo de Gregorio. Especializouse sucesivamente con Arturo Sacchetti, Daniel Roth, Harald Vogel, e no Instituto Pontificio de Música Sacra de Roma con Giancarlo Parodi. No 2000 consegue os diplomas de Pianoforte e de Música Coral e Dirección de Coro. No 1994 grava un disco editado pola casa discográfica Terzo Millennio e dedicado ós autores da escola organística napolitana no órgano Thomas de Martino (1750) da Catedral de Nápoles. De 1995 a 2001 foi organista titular da Basílica-Santuario da Madonna do Carmine en Nápoles. No mesmo período, colabora con The Choral Scholar da Igrexa Anglicana de Nápoles, participando nas xornadas dos concertos, e actuando baixo a dirección de Ronald Butts-Boehmer, o Requiem de

Maurice Duruflè para coro e órgano, en vivo en Rai Uno. Concertista internacional, ac-tuou nas igrexas máis importantes de Italia, Francia (Boulogne sur mer, Alpe d’Huez, La Madeleine e San Clotilde en París), Alemaña (Catedral de Fulda, Catedral de Ingolstadt, Catedral de Ulm), Polonia (Catedral de Varsovia), Suíza (Catedral de San Gal), Portugal (Catedral de Porto), Catedral de Luxemburgo. En Norteamérica actuou en Nova York (Igrexa de St. Thomas), Washing-ton (National City Christian Church, National Shrine), Buffalo, Chicago, Milwaukee e en Toronto no órgano máis grande de Canadá na Metropolitan United Church. Tamén fixo gravacións radiofónicas, incluíndo a execu-ción de temas inéditos de Francesco Durante, Giovanni Furno e Carlo Cotumacci para a Radio bávara. Dende 2012 é organista titular no St. Nikolaus Kirche de Stuttgart e director artístico do Internationales Stuttgarter Orgel-festival. É membro da Asociación Organísti-ca Giovanni Maria Trabaci.

Johann Sebastian Bach (1685-1750)Passacaglia, BWV 582

Alexandre Guilmant (1837-1911)Marcha sobre un tema de Händel,op. 15 n. 2

Louis James Lefébure-Wély (1817-1869)Marcha en Do

Claude Debussy (1862-1918)Arabesque n. 1

Transcrición de Léon Roques

Marco Enrico Bossi (1861-1925)Estudio sinfónico op. 78

Jeanne Demessieux (1921-1968)De 12 Preludios Corais: Ubi caritas

Naji Hakim (*1955)De Bocetos gregorianos: Ave verumDe Bocetos persas: Raqs

Martes 18, 20:45 hCatedral de Sta. María

Sergio Orabona (Alemaña)Ó R G A N O

Page 11: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

20

N O T A S Ó P R O G R A M A

O programa ábrese co Passacaglia BWV 582 de Johann Sebastian Bach: esta obra colosal e sublime non ten equivalente na música de Bach nin nos autores anteriores: como acontece moitas veces coa obra do Kantor, non se pode localizar cronoloxica-mente e a súa colocación nos últimos anos de Bach en Weimar non é máis que unha simple hipótese. De acordo co xénero, a peza está construída como unha serie de variacións (20 para ser exactos) sobre baixo ostinato. A melodía do baixo ostinato é usada por Bach como tema para a fuga que pecha a páxina. O resto do programa dedícase case por completo ó repertorio francés entre os séculos XIX e XX, a partir de Marcha sobre un tema de Händel, de Alexandre Guilmant, titular dos órganos da Trindade en París entre 1871 e 1901 e gran protagonista do último romanticismo organístico. A obra seguinte é a Marcha en Do de Louis James Lefébu-re-Wély, organista máis vencellado, por estilo e gusto, co Segundo Imperio. Orabona

propón despois o famoso Arabesque nº. 1 de Debussy, obra para piano, adecuada ó órgano de Léon Roques. Marco Enrico Bossi interrompe a longa serie de compositores franceses co seu virtuoso Estudo sinfónico op. 78: a peza, que, como moitas das obras da vasta produción de Bossi, é de influencia francesa, é concibida coma verdadeira peza virtuosística do concerto, alternando pasaxes rápidas entre o manual e o pedal. Un alumno de Marcel Dupré, pero sensible á nova linguaxe proposta por Messiaen, Jeanne Demessieux atopou co seu traballo para órgano o bo equilibrio entre a música pura, pedagóxica e litúrxica, tal e como de-mostraron os 12 Preludios corais, compostos en 1950, dos que hoxe escoitamos o Ubi ca-ritas. Dúas pezas de Naji Hakim, compositor libanés e nacionalizado francés, pechan o concerto. Alumno de Langlais e sucesor de Messiaen na Trinité, Hakim é quizais o autor vivo máis interpretado do mundo.

Page 12: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

23

Grupo vocal

Solo Voces

Nace en Lugo en 1992. Sempre baixo a di-rección de Fernando Gómez Jácome traballa dende os seus inicios en diversos ámbitos do repertorio coral, pero sobre todo, poñendo especial énfase nos autores galegos e particularmente nos lucenses, cunha clara vocación de difundir as súas obras. Froito destes intereses vanse sucedendo distintos concertos e colaboracións nas que o grupo fai gala da súa fonda raíz lucense con obras de Xoán Montes, Pascual Veiga, Bal y Gay e distintos músicos da catedral lucense. Soan as obras destes autores en colaboración coa

Orquestra Municipal de Xove (2001 e 2011), Orquestra Vigo 430 (2011), co pianista Aurelio Chao (Via Stellae 2007), e a orga-nización en Lugo da exposición e ciclo de conferencias sobre concertos titulados Xoán Montes, sóache? (2011), sobre o autor de Negra Sombra. E xa de recente o Concerto das Letras Galegas 2014 coa Orquestra Real Filharmonía de Galicia e o Collegium Compostellanum, dirixidos por Maximino Zumalave, onde se estrenou Penélope, obra do tamén lucense Octavio Vázquez.

Felix Mendelssohn (1809-1847)Verleih uns Frieden gnädiglich

Transcrición para órgano e coro de Benjamin Righetti

Georg Muffat (1653-1704)Tocata primeira

Para órgano

Josef Rheinberger (1839-1901)Stabat mater

Stabat mater dolorosaQuis est homoEja materVirgo virginum præclara

Para coro e órgano

Craig Sellar Lang (1891-1971)Tuba Tune

Para órgano

Vicente García Julve (1903-1997)Genitori

Para coro e órgano

Johann Sebastian Bach (1685-1750)Toccata e fuga in re minore, BWV 538

Para órgano

José Castiñeira Pardo (1928 – 1989)Reina del cielo

Para coro e órgano

Théodore Dubois (1837-1924)Toccata

Para órgano

Venres 21, 20:45 hCatedral de Sta. María

Solo Voces (Lugo)G R U P O V O C A L

Ulrike Northoff (Alemaña)Ó R G A N O

Page 13: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

2524

Órgano

N O T A S Ó P R O G R A M A

Un dos concertos do Festival sempre está dedicado, xa de acordo cunha tradición consolidada, á posta en valor do Arquivo Musical da Catedral de Lugo. O redescu-brimento dos arquivos musicais da Catedral, importante e pouco coñecido, é de feito unha das vocacións peculiares da mostra organística. Hai dúas obras tomadas do arquivo e propostas polo programa, unha de José Castiñeira Pardo, Reina del cielo e unha peza eucarística de Vicente García Julve, Genitoque, última estrofa do Pange lingua. José Castiñeira é unha personaxe importante na historia musical de Lugo. Natural de San Cibrao de Aspai ingresa no seminario no 1941 onde obten unha bolsa para estudar Filosofía na Universidade Gregoriana de Roma, onde permanece dous anos. Tras unha pausa, retoma os estudos de Filosofía e Teoloxía no Seminario Maior de Lugo, ordenándose sacerdote no 1953. Regresa a Roma para ampliar estudios, obtendo a licenciatura en Sagrada Teoloxía no Ange-licum e a licenciatura en Canto Gregoriano, a maxistratura en Harmonía, Composición e Dirección e o doutoramento ex tese así coma o Bacharelato en Musicoloxía e Paleografía Gregoriana no Pontificio Instituto de Música Sacra. Novamente en Lugo, en 1961 ocupou o cargo de Prefecto de Música da Catedral e foi nomeado profesor de música no seminario, dando pulo a Schola Cantorum e creando unha sección instrumental. Creou así mesmo a Coral Polifónica do Círculo das Artes, que dirixiu durante seis anos e dirixiu a Coral Polifónica de Lugo, dependente da Deputación Provincial. Presidente da

Comisión Diocesana de Música Sagrada, pertenceu como vogal a de Liturxia, Música e Arte Sacra. Foi reitor do Seminario entre os anos 1971 e 1981, e en 1982 fundou o Orfeón Lucense para e dar solemenidade as celebracións catedralicias e posteriormente a Escola de Canto da Deputación. Vicente García Julbe, naceu preto de Castelló. Co-meza os seus estudos de solfexo e violín na Academia de Música do Círculo Católico de cidade natal co Rvdo. Antolí. Posteriormente, ingresa no Seminario de Tortosa, recibindo formación. En 1928 publicase a oposición dun beneficio de Mestre de Capela na Ca-tedral de Lugo. Neste lugar, xunto co seu tra-ballo de docente no Seminario Maior funda e dirixe a Schola Cantorum do seminario, ata o 1942, cando se traslada a Lérida e dous anos despois a Valencia. Dúas obras mestras do repertorio romántico alemán, Verleih uns Frieden gnädiglich de Felix Mendelssohn e Stabat Mater de Josef Gabriel Rheinberger completan a parte do programa para coro e órgano. O programa tamén ofrece catro pezas para o órgano solo. En primeiro lugar a Tocata Primeira do Apparatus musico-or-ganisticus de Georg Muffat, Tuba Tune do organista e compositor británico Craig Sellar Lang, Tocata e fuga en re menor “Dorica”, BWV 538, obra probablemente escrita nos anos de Köthen, cunha primeira sección próxima ós modelos do concerto italiano e unha fuga de estilo arcaico ricercare e finalmente a famosa Tocata en Sol maior de Théodore Dubois, titular da Madeleine dende 1877, como sucesor de Saint-Saëns.

Ulrike Northoff

Organista de concerto internacionalmente recoñecida, fórmase na Escola de música eclesiástica de Esslingen preto de Stuttgart. Tras obter o seu diploma en música eclesiás-tica, especialízase en estudos de órganos na Heidelberg School for Church Music. Á vez, participou activamente en numerosas clases maxistrais realizadas por destacados orga-nistas (Prof. Bossert, Prof. Radulescu, Prof. Ruebsam). Dende entón, tivo unha activa carreira de concertos, actuando en órganos históricos e modernos en igrexas importantes de toda Europa. Deu recitais en solitario en lugares como a Catedral Marien de Riga, onde actuou no famoso órgano de Walcker. Tocou varias veces na Catedral de Meissen, un dos monumentos históricos máis importan-tes de Alemaña. Ulrike Northoff presentou re-citais de órganos en igrexas famosas de Ba-silea, Florencia, Padua, Londres (Catedral de Westminster), Copenhague e San Petersbur-go, así como en sés importantes de concertos en Alemaña, incluíndo o Palacio Solitude nas aforas de Stuttgart, a Catedral Imperial de Bamberg e a Catedral de Fulda. A miúdo é invitada a tocar en festivais de renome na-cional en Alemaña (International Organfes-tival Tübingen/Stiftskirche, o Organsummer Frankfurt-Höchst, Fränconian Musicfestival Alzenau, Concertsummer Niedermoos, Sum-mercartes in the Cathedral of Meldorf, etc.). É invitada a importantes festivais internacio-

nais de órgano nos Países Baixos, en Italia, en Francia, en Islandia, en Cracovia ou en Brno na República Checa e en Vilnius en Lituania. Foi invitada a facer concertos nos Estados Unidos, en Nova York (St. Thomas), en Princeton (Princeton University Chapel) e interpretou o maior e máis importante órgano en Toronto, Canadá. Tocou tamén en Boston e San Francisco. Os críticos subliñan a súa “palpable alegría ó tocar” (Frankfurter Allge-meine Zeitung/FAZ). Ela achega unha “rara frescura e vitalidade para o órgano” e toca “cunha bravura deslumbrante” (Stuttgarter Nachrichten). Ademais dos seus concertos en solitario, Ulrike Northoff aparece en pro-gramas Organ Plus con músicos e solistas de orquestras famosas (Gewandhaus Orchestra de Leipzig, Hesse Radio Orchestra) así como con outros solistas de Alemaña e outros luga-res, gañando eloxios para o seu “acompa-ñamento delicado e adaptable” (Frankfurter Rundschau). Despois de moitos anos como directora musical e de canto a tempo com-pleto en Bad Homburg, en 2001 Ulrike Nor-thoff converteuse na directora artística da serie de concertos Musik im Schloss (Música no Castelo). Dende 2006, como parte desta serie, comezou o festival internacional Bad Homburg, International Organsummer, que ten lugar agora en 5 cidades da rexión de Frankfurt. Producíronse CDs de órgano con Ulrike Northoff.

Page 14: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

27

Mezzosoprano

Karin Richter

Nada en Berna, estudou no Conservatorio de Bienne, onde obtivo o título de mestra de canto. Continúa a súa formación no Conservatorio de Lausanne, onde recibe o primeiro premio de virtuosismo. Durante os seus estudos preséntase como solista en moitos concertos e fai as súas primeiras ex-periencias no escenario. No Werdenberger Schlossfestspiele, interpreta Madame Reich en Les Joyeuses Commères de Windsor, o papel de Mercedes en Carmen de Georges Bizet. Na Ópera de Friburgo foi o Querubín das Noites de Figaro. Karin Richter cantou en varios concertos e creacións de música contemporánea, por exemplo en Berna na

primeira representación de Misa de Gloria de Isabel Ramos Triano. A súa interpretación do Lied Rosen de Sofia Gubaidulina foi transmitida pola televisión suíza. Karin Rich-ter dedícase con igual paixón ó oratorio. En varias ocasións cantou en Lausanne a parte de contralto da Paixón segundo San Xoán e na Paixón segundo San Mateo e a Misa en Si menor de J. S. Bach. Como membro do Coro de Cámara Suiza, Karin Richter participou en moitos prestixiosos concertos no Tonhalle de Zurich e Luzerner Festwochen nos que tamén participaron músicos de renome coma Daniel Barenboim, Claudio Abbado, David Zinman e Simon Rattle.

Luns 24, 20:30 hIgrexa de Santiago“A Nova”

Karin Richter (Suiza)M E Z Z O S O P R A N O

Jean-Christophe Geiser (Suiza)Ó R G A N O

Johann Sebastian Bach (1685-1750)Seis Lieder do Pequeno libro de Anna Magdalena Bach, BWV 511-514, 516, 517

Gib dich zufriedenGib dich zufriedenWarum betrübst du dichSchaffs mit mir GottWie wohl ist mirO Ewigkeit, du Donnerwort

Antonio Vivaldi (1669-1741)De Gloria RV 589

Qui sedes ad dexteram patris

Johann Sebastian BachPartita O Gott, Du frommer Gott,BWV 767

Para órgano

Da cantata O ewiges Feuer, o Ursprung der Liebe, BWV 34

Wohl euch, ihr auserwählten Seelen

Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)Dous cantos de Igrexa alemáns, KV 343Ave verum, KV 618

César Franck (1822-1890)De Misa solenne a tres voces, op. 12

Panis angelicus

Louis Vierne (1870-1937)De Pezas en estilo libre

PréludeChoralCanonEpitapheCarillon

Para órgano

Page 15: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

29

N O T A S Ó P R O G R A M A

28

Órgano

O último concerto do Festival ten lugar na igrexa de Santiago A Nova e sérvese do seu fermoso órgano Alberdi. É un concerto para órgano e mezzosoprano, cun progra-ma ecléctico e moi pracenteiro. Comezamos con seis lieder espirituais extraídos do Pequeno libro de Anna Magdalena Bach, unha colección de varias pezas de diversos xéneros que Johann Sebastian Bach regalou á súa segunda esposa en dous manuscritos diferentes, que probablemente se remontan a 1722 e 1725. Segue o Qui sedes, aria para contralto do famoso Gloria RV 589 de Antonio Vivaldi. A obra está dividida en doce seccións de distinta natureza, episodios corais homófonos ou en forma de motete, en imitación, arias e dúos solísticos. Volvemos a J. S. Bach, coas partitas sobre o coral O Gott, Du frommer Gott BWV 767. Esta é unha serie de oito variacións distintas sobre o coral mencionado, certamente un traballo xuvenil, probablemente composto en Lüneburg entre 1700 e 1702 e influenciado polo estilo de

Böhm e Pachelbel. Segue a aria Wohl euch, ihr auserwählten Seelen, o terceiro número da cantata BWV 34, O ewiges Feuer, o Urs-prung der Liebe (ou lume eterno, ou fonte de amor), presuntamente realizado en Leipzig en 1740 ou en 1746 para a solemnidade de Pentecostés. Achegámonos despois a Mozart, coa execución de Dous cantos de igrexa alemáns KV 343, situados polos musi-cólogos, a pesar do número de catálogo, no 1779 e polo tanto composto en Salzburgo; segue o famoso Ave verum KV 618, nunha versión para soprano e órgano. A homenaxe eucarística dos dous solistas continúa co igualmente famoso Panis Angelicus, motete da Misa solemne a tres voces, op. 12, de César Franck, unha obra que se remonta a 1860. O concerto péchase cunha suite de catro temas das Pezas en estilo libre de Louis Vierne, titular de Notre-Dame en París dende 1900 ata a súa morte, ocorrida por unha embolia durante un concerto na catedral en 1937.

Jean-Christophe Geiser

Jean-Christophe Geiser desenvolveu unha rápida carreira dende o ano 1991, cando ós 26 anos de idade gañou o prestixioso cargo de organista titular da Catedral de Lausanne, un dos templos góticos máis importantes de Suíza. En 1993 foi nomeado profesor de órgano para estudos profesionais na Uni-versidade de Música de Lausanne, onde é o actual director do departamento de órgano e clavicémbalo. Así mesmo é o director da Sociedade de Concertos da Catedral. Estu-dou na Berne University of Music, con Otto Seger, acadando o diploma en piano, e con Heinrich Gurtner, co que acada un diploma de solista con honores. Tamén foi galar-doado co Premio da Fundación Göhner, estuda órgano con François-Henir Houbart e asiste a numerosos cursos de interpreta-ción. Durante o seu período na University of Music, tamén estuda dereito e musicoloxía na Universidade de Berna. Jean-Christophe

Geiser realizou concertos nuns trinta países por toda Europa, América e na antiga Unión Soviética como concertista de órgano, re-gularmente patrocinados pola Pro Helvetia Foundantion. Foi invitado a numerosos con-certos nas catedrais de Hambrugo, Colonia, Helsinki, Bruxelas, Oslo e Washington DC, así como en Notre-Dame de Paris, St. Martin in the Philarmonie en San Petersburgo, Filar-mónica de Múnic, Stocklolm Organ Festival, Bach Festival in Warsaw, Tibor Varga Festi-val en Sión, Bodensee festival, no Festival de órgano de Bos Aires e en diversos festivais en España, Hungría e a Republica Checa. Jean-Christophe Geiser realizou así mesmo numerosas gravacións para radios suízas, Deutschland Radio, Südwestfunk, Radio Russie, VDE-Gallo, IFO-Verlag e FNAC-Mu-sique. Realizou así mesmo o proxecto para o novo órgano Fisk da Catedral de Lausanne. www.grandesorgues.ch.

Page 16: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

GRANDE ÓRGANO

Gamba 16´ Flautado principal Gamba 8´ Octaviante 4´ Ocarina 4´ Quincena-Veintidosena 2´-1´Trompeta 16´ Salicional 16´ Flautado 8´ Violón 8´ Octava 4´ Lleno 3 h Corneta Trompeta magna 16´ Trompeta de batalla 8´ Clarin 8´ Bajoncillo 4´ Clarin 2´ Trompeta sonora 8´

RECITATIVO

Flautado principal 8´ Flautado 8´Octaviante 8´

Corno de gamuza 8´ Octava 4´ Quincena 2´ Trompeta 8´ Flautado 8´ Violón 8´ Octava 4´ Oboe 8´ Voz humana 8´

PEDAL

Gamba 16´ Flautado 8´ Octava 4´ Trompeta 16´ Violón 16´

COMBINACIÓNS

Pedal de crescendoP-I, I-IICombinación libreExpresiónUnión de teclados Unión de oitavas no primeiro teclado

O actual órgano da Epístola da Catedral de Lugo substitúe ó anterior barroco, construído tamén a comezos do século XVIII por José de Arteaga. Numerosos defectos construtivos e a falta de mantemento, fixeron que o actual instrumento caese en desuso a finais do sécu-lo XVIII. O actual foi construído polo franciscano Frei Manuel Fernández coa axuda dun artesán local, José Sal. É un órgano único no mundo, sexa polo complicadísimo sistema de transmisión pneumático-tubular de invención orixinal, como pola disposición horizontal de todos os tubos agás do rexistro Octava de Fachada. A consola é de pupitre, exenta do moble. Consta de dous teclados de 56 notas e unha pedaleira de 27.2097 tubos. A caixa é de madeira sen policromía. O basamento está provisto de persianas de expresión. É utilizado diariamente na liturxia capitular. Unha recente intervención permitiu interromper o proceso de degradación deste extraordinario instrumento que utilizaremos de novo para o noso Festival.

Catedral de Santa María — Órgano da EpístolaÓrganos

Page 17: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

GRANDE ÓRGANO

Flautado violón 16´ Flautado principal 8´ Flauta armónica 8´ Octava 4´Quincena 2´ Trompeta Real 8´

RECITATIVO

Violón 8´ Viola de gamba 8´Ocarina 4´Voz celeste´ Fagot e oboe 8´ Voz humana 8´

COMBINACIÓNS

I-P, II-P, I-IIExpresiónReclamo de Trompeta Real

Construído por “Alberdi & Cia” en 1907. Dous teclados manuais de 56 notas cada un. Peda-leira de 27 teclas. 728 tubos. Transmisión mecánica (excepto no rexistro de Flautado Violón 16). Todos os tubos están encerrados nunha caixa expresiva.

Igrexa de Santiago “A Nova”

POSITIVO

Violón 8´ Octava 4´Tapadillo 4´ Quincena 2´ Decinovena 1 1/3´ Zimbala 3 hChurumbela 2 hOrlos 8´ Clarín 4´

GRANDE ÓRGANO

Flautado 16´ Flautado 8´ Flauta chimenea 8´ Octava 4´ Docena 2 2/3´ Quincena 2´ Lleno 4 hZimbala 3 h Trompeta de batalla 8´ (man dereita) Bajoncillo 4´ (man esquerda) Trompeta magna 16´ Violeta 2´ (man dereita) Oboe Corneta eco V (man dereita) Trompeta eco

PEDAL

Contras 16´ Violón 16´Flautado 8´ Bombarda 16´ Trompeta 8´ Clarín 4´

COMBINACIÓNS

I-P, II-P, I-I-8 Expresión Lengüetería-ex Mixture-ex Tutti Tremolo

Construído por José Arteaga entre 1703 e 1708. Reformado por Pedro Méndez Meilán e José Vicente Bedós (1820-1832), Mariano Tafall e Miquel (ca. 1860). Restaurado por Organería Española en 1973. Dous teclados manuais de 56 teclas cada un. Pedaleira de 30 teclas. 2.056 tubos. Tansmisión mecánica nos teclados manuais e eléctrica na pedaleira.

Catedral de Santa María — Órgano do Evanxeo

Page 18: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,

Para iniciar o necesario proceso de restauración dos órganos catedralicios, poñemos en marcha unha campaña de mecenado e apadriñamento de tubos. Colabora mediante trans-ferencia bancaria:

Grazas!

Nº CONTA

ES61 2080 0152 6630 4009 7634

CONCEPTO

Órganos

DONATIVO LIBRE

Tubo pequeno: 30 € Tubo mediano: 50 € Tubo grande: 100 € Tubo pequeno de fachada: 500 € Tubo grande de fachada: 1.000 €

BENEFICIOS

- A satisfacción de deixar a túa pegada na Catedral de Lugo e colaborar co mantemento destes instrumentos históricos. - Ao tratarse dun donativo a unha Fundación, danse certificados fiscais para a desgravación na declaración do IRPF.

Data límite matrícula:

25 de xuño de 2019

Modalidade de iniciación ao canto litúrxico:

Coordinadores ou responsables do canto litúrxico e/ou cantores/monitores de agrupacións musicais parroquiais.

Modalidade de dirección coral:

Dirixido a directores de coros polifónicos ou parroquiais.

Modalidade de órgano:

Dirixido a organistas litúrxicos e estudantes de piano ou órgano.

Modalidade de canto:

Dirixido a cantores, coristas e monitores de canto litúrxico.

6 de xullo: II Noite Coral Lucense (21.00 h. Capela de San Roque)

7 de xullo: Misa de Clausura (13.00 h. Catedral de Sta. María)

Apadriña os órganos catedralicios IV Curso de música litúrxica do Corpus ChristiL U G O , 2 A 7 D E X U L L O D E 2 0 1 9

Page 19: “A Música do Peregrino”“A música do peregrino” é unha rede de cinco festivais musicais internacionais, un en España, en Lugo, dous en Suiza, en Luga- no e Morbio Inferiore,